Tordoia, 07/07/2016 - A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo rexeita a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do Concello de Tordoia polas múltiples deficiencias que presenta e pola non inclusión das observacións indicadas polos informes sectoriais.
Amosando publicacións coa etiqueta TORDOIA b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TORDOIA b>. Amosar todas as publicacións
O PSOE de Tordoia pedirá a documentación da nave da Pontraga
Tordoia,
28/06/2016 - O PSOE de Tordoia vai solicitarlle ao Concello toda a
documentación sobre a situación actual da nave da Pontraga, construída por
Adriva Collection e na actualidade utilizada como almacén para feirantes,
despois das afirmacións públicas realizadas polo alcalde, Antonio Pereiro, nas
que aseguraba que coñecía ao novo dono e que “teno todo ao día”.
O PSOE de Tordoia denuncia que o alcalde utiliza recursos públicos para fins privados
Tordoia, 16/6/2016 - O secretario xeral do PSOE de Tordoia, Carlos García, vén de presentar unha denuncia diante da Garda Civil de Ordes pola utilización durante esta fin de semana de operarios do Concello de Tordoia para fins privados e electorais do alcalde, Antonio Pereiro.
O PSOE de Tordoia lamenta que o alcalde rexeite bonificar cun 95% o IBI
1/6/2016 - O PSOE de Tordoia lamenta que o Grupo de Goberno do Partido Popular rexeitara en pleno establecer unha bonificación dun 95% no Imposto de Bens Inmobles (IBI) para as edificacións de Tordoia nas que se desenvolven actividades agrarias e gandeiras. O voceiro municipal socialista, Carlos García, considera que “a actitude do señor Pereiro, que nos pediu tempo para estudiar a proposta, demostra o que vimos denunciando dende o PSOE de Tordoia: que un imposto cun único afán recadatorio para tratar de sanear as contas do Concello, que están desorbitadas”.
Psoe Tordoia - O concello utiliza cartos públicos en obras particulares
O PSOE de Tordoia denuncia que o Concello volve a utilizar cartos públicos para a realización de obras de particulares e en propiedades privadas do municipio. Se meses antes das pasadas eleccións municipais se fixeron obras en fincas privadas do lugar de Tarroeira, neste mes de novembro trece camións dunha coñecida empresa construtora fixeron o propio no lugar de Saboy, ambas localidades da parroquia de Castenda.
O voceiro municipal do PSOE de Tordoia, Carlos García, denuncia que “cada vez que se achegan unhas eleccións, o señor alcalde envía as hormigoneras a repartir formigón para obras particulares. Xa o fixo en Tarroeira o pasado mes de maio e agora que se achegan as eleccións xerais, o señor Pereiro volve tirar de formigón na busca de réditos electorais a costa de cartos públicos”. García non culpa en ningún momento aos veciños, “pois aquí o máximo responsable é o señor alcalde, que mesmo lles di aos veciños que se non o queren, pois envía os camións a outra aldea”.
Tras comprobar que as súas queixas non foron atendidas en ningún momento polo Goberno do PP de Tordoia, os socialistas anuncian que “poremos en coñecemento tanto do Ministerio Fiscal como da Unidade de Delitos Económicos e Fiscais (UDEF) da Policía Nacional a trama organizada en Tordoia, onde todas as obras se trocean para así poder aprobalas en Comisión de Goberno, onde só está representado o PP, e así adxudicar a unha única empresa case todas as obras que se fan no municipio a cambio de facer gratis estas obras privadas”.
Incremento da débeda
Unha situación totalmente ilegal e irregular, pois a lei prohíbe expresamente fragmentar unha obra en varios contratos coa finalidade de eludir tanto o trámite plenario, no que hai que dar conta á oposición municipal, como procedementos de contratación abertos e transparentes, nos que todas as empresas teñan a oportunidade de poxar pola obra, o que adoita supoñer importantes aforros para as arcas municipais.
Pola contra, “cos seus métodos de contratación o Concello de Tordoia non fai máis ca elevar a débeda municipal a rexistros nunca coñecidos nun concello de menos de 5.000 habitantes: case 2,1 millóns de euros”. Todo elo dirixido dende unha Comisión de Goberno “onde só hai concelleiros do PP e dende alí adxudicarllas sempre á mesma empresa, que é a que aparece antes das eleccións repartindo formigón nas eiras dos veciños e que calquera veciño de Tordoia ao que se lle pregunte recoñecerá que se leva facendo dende hai moitos anos e que a Xustiza non está actuando”.
Psoe Tordoia - Cerceda - Posta en valor da senda verde ata Santiago
Os socialistas de Tordoia e Cerceda solicitan a posta en valor da senda verde entre Santiago e Cerceda a través de 37 kms de camiños de ferro abandonados
Súmanse á petición dos socialistas de Ordes, Oroso e Santiago e presentarán mocións para conseguir o apoio dos seus respectivos plenos municipais
Tordoia - Programa de envellecemento activo "En forma"
Actividades como obradoiros de memoria, ximnasia para maiores, ou contacontos desenvólvense nos locais sociais do municipio
Tordoia - Quinta edición da Carreira Pedestre
A V Carreira Pedestre de Tordoia, Tordoia in Essence cumple este ano a súa quinta edición plenamente consolidada como unha cita imprescindible nas carreiras populares da comarca aínda que coa novidade de que se traslada de xullo a setembro.
Tordoia - O concello pon en marcha un programa de eficiencia enerxética
O proxecto compartido con Cerceda e Mesía ascende a máis de 124.000 euros e desenvolverase no marco do convenio subscrito entre o INEGA e o IDAE
Tordoia - cada vez máis preto de recuperar o dolmen de Castenda
Resta só o informe de Patrimonio para determinar o lugar o e o xeito de reconstrucción do monumento megalítico
Tordoia - as obras da escola infantil permitirán rematar o edificio en agosto
O BO AVANCE DAS OBRAS DA ESCOLA INFANTIL DE TORDOIA PERMITIRÁ TER REMATADO O EDIFICIO EN AGOSTO
A gardería contará con 3 aulas, 2 dormitorios, cociña, comedor e vestiarios e podería estar en funcionamento para o vindeiro curso
Tordoia - rematados dous cursos de iniciación a xardineria
VINTE VECIÑOS FORMÁRONSE NOS PRINCIPIOS DA XARDINERÍA GRAZAS A DOUS CURSOS DE INICIACIÓN IMPARTIDOS NO CONCELLO DE TORDOIA
Tordoia - aprobado o inicio do expediente para externalizar a axuda no fogar
O CONCELLO DE TORDOIA APROBA O INICIO DO EXPEDIENTE PARA EXTERNALIZAR O SERVIZO DE AXUDA AO FOGAR
O obxectivo é axilizar o servizo e darlle asistencia aos veciños en fins de semana e festivos
Tordoia - o alumnos do CPI Pecalama coñecerán como se desenrola unha investigación sobre violencia de xénero
O ALUMNOS DO CPI PECALAMA DE TORDOIA ABORDARÁN A INVESTIGACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO CUN SEMINARIO IMPARTIDO POLO SUP
Tordoia - homenaxes no Día da Muller Traballadora
O CONCELLO DE TORDOIA HOMENAXEA A CATRO DAS SÚAS VECIÑAS CON MOTIVO DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA
A iniciativa promovida desde Sociais tenta poñer en valor o traballo da muller no difícil contexto sociocultural do municipio nos anos da emigración
Tordoia - veciños do concello participarán nunha viaxe a Portugal
VECIÑOS DE TORDOIA PARTICIPARÁN NUNHA VIAXE A PORTUGAL PARA OS VINDEIROS 9 E 10 DE ABRIL
Tordoia - pleno xaneiro
TORDOIA ÚNESE AO PROTOCOLO DA SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE E FEGAMP PARA A LOITA CONXUNTA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Tordoia - a parroquia de Anxeriz celebra a III Festa de exaltación do Grelo
ANXERIZ CELEBRA ESTE SÁBADO A 3ª EDICIÓN DA FESTA DE EXALTACIÓN DO GRELO
Tordoia - aberto prazo para solicitar axudas de emerxencia social
ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL NO CONCELLO DE TORDOIA
Tordoia - aprobase o Plan de Obras e Servicios (POS) para o 2013
TORDOIA APROBA O POS 2013 ADICADO Á MELLORA DE VIAIS E ACCESOS POR IMPORTE DE MÁIS DE 200.000€
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
