Melide - reúnese a mesa do comercio para preparar o nadal

Reúnese a Mesa de comercio local co fin de expoñer as actividades do Nadal 2012.
A alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez xunto co concelleiro de promoción económica, Santos López reuníronse na mesa de comercio local á que asistiron a delegada territorial da Xunta de Galicia, Camino Triguero, un representante de ASETEM e un representante da Asociación de Consumidores e usuarios, co fin de dar a coñecer as distintas accións que se van a levar a cabo durante o Nadal para dinamizar o comercio local. 

“Agasalla e leva a túa mesa produtos da túa terra” e un rastrillo solidario no que todo o recaudado irá para Cáritas 

Por unha banda, o concello incrementou para esta campaña de Nadal o alumeado público en relación a outros anos, extendéndose as distintas rúas comerciais da vila e ao casco antigo. O acendido do mesmo está previsto para o día 5 de decembro, un alumeado de nadal composto por lámpadas leds que supoñerá unha reducción no custo para as arcas municipais. A esta animación engadiuselle tamén megafonía con cancións e panxoliñas propias desta época que convidan aos veciños e foráneos a pasear pola rúa. Unha das iniciativas que se vai poñer en marcha este Nadal terá lugar o día 15 e 16 do vindeiro mes baixo o lema "Agasalla e leva a túa mesa produtos da terra", unha iniciativa conxunta co GDR 23 UTM para incentivar a compra de produtos naturais e propios da comarca. Esta iniciativa veráse complementada cunha iniciativa de comercio solidario que terá lugar entre o venres 21 e o domingo 23 no que se porán á venda produtos doados por comerciantes, hostaleiros, particulares, industriais e que a súa venda solidaria irá a para integramente á Cáritas, subliñando o eido da responsabilidade social do comercio melidá. Ámbas iniciativas celebraránse na Praza do Convento da vila, e acompañaránse así mesmo con actividades culturais varias como o concerto da Orquestra Sinfónica o día 21 e outras, que se pecharán o día 5 de xaneiro cunha orixinal cabalgata de reis na que están a traballar voluntarios de varias asociacións.

Ningún comentario: