Santiago - axenda sábado 26 e actuacións policía local


Sábado 26

11.45 h
Na piscina de Santa Isabel, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, fai entrega das medallas a todos os escolares participantes no programa Á AUGA PATOS.

12.00 h
Na Galería Sargadelos, a concelleira de Educación e Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, asiste á sesión especial de contos e música para as familias que clausura a XII Campaña Municipal de Animación á Lectura, organizada pola concellería de Educación e Kalandraka Editora. O acto contará coa colaboración do alumnado da Escola Municipal de Música.

Ames Novo Ames - acto constituinte de Ames Novo


Ames Novo, o novo impulso dunha iniciativa cidadá

Este xoves á noite, no Pazo da Peregrina, tivo lugar o acto constituínte de Ames Novo. Neste encontro participaron arredor de 100 persoas, xentes moi plurais da sociedade amesá, persoas significativas do ámbito educativo, do deporte, do comercio, da cultura ou das asociacións de veciños, ademais de algúns convidados de municipios próximos.

Oroso - apertura da inscripcións nas "tardes divertidas"


O CONCELLO DE OROSO DÁ CONTINUIDADE AO PROGRAMA DE CONCILIACIÓN “TARDES DIVERTIDAS” E ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CURSO 2012-13

O programa inclúe actividades, obradoiros, accións de reforzo escolar e mesmo transporte e recollida para aqueles rapaces que estén practicando calqueroutra actividade deportiva ou cultural

Silleda - selección de integrantes do GRUMIR


O Concello de Silleda convoca un proceso de selección para o servizo do Grumir

-O principal requisito para optar ás prazas (9 operarios e 3 capataces) será estar desempregado/a e inscrito na bolsa municipal de emprego
-Primaranse criterios coma a experiencia nas tarefas propias do servizo, coñecementos relacionados coa actividade ou as cargas familiares

PP Provincial - campaña para explicar as medidas adoptadas polo goberno central


El PP apuesta por “desintoxicar” a la opinión pública de las mentiras de la oposición sobre las reformas del Gobierno  

·        Representantes del Partido Popular de A Coruña están realizando una campaña por toda la provincia para explicar las medidas que está adoptando el Ejecutivo central y desmentir las informaciones erróneas que genera la oposición

Brión - obradoiros para emprendedores


O CONCELLO DE BRIÓN ORGANIZA OBRADOIROS FORMATIVOS PARA EMPRENDEDORES E TALLERES
DE ORIENTACIÓN LABORAL PARA DESEMPREGADOS

Serán sesións monográficas de 2 horas con temas de interese para estes colectivos: ferramentas para buscar emprego, elaboración de CV, novas tecnoloxías, alta en autónomos ou protección de datos

Melide - solicitude de axudas para o parque empresarial


O Concello de Melide solicitou as axudas á Consellería de Economía e Industria para un proxecto de eficiencia energética do Parque Empresarial de Melide.

Teo - o luns comeza a semana do ciclismo


O CONCELLO DE TEO DEDÍCALLE AO CICLISMO A SEMANA DO 28 DE MAIO AO 3 DE XUÑO


·        O ‘Ciclo Teo 2012’ inclúe xornadas de seguridade viaria e ciclismo nos centros educativos, unha charla coloquio e o Día da Bicicleta

·        Nesta programación colabora a Federación Galega de Ciclismo, o Club Ciclista Teo, o Restaurante Pórtico e Protección Civil

Esquerda Unida Santiago - moción sobre avisos audiovisuais nas paradas de bus


MOCIÓN
AVISO AUDIOVISUAL DE PARADAS
EXPOSICION DE MOTIVOS
Esquerda Unida Compostela, tal e como reflicte nos seus programas electorais, fai unha defensa do transporte público, sustentable económica e medioambientalmente, tanto para a cidade de Santiago como para a súa comarca.

Ames - prazo de inscripcións nas escolas deportivas e nos obradoiros


O 28 de maio ábrese o prazo para renovar praza nas escolas deportivas e nos obradoiros culturais 2012-2013

Este ano decidiuse adiantar o prazo de renovación de prazas ao mes de maio porque deste xeito xa se lle informou do novo programa de actividades a todos/as os usuarios/as deste servizo antes de que rematen as clases do presente curso.

Silleda - este Domingo ruada polos muiños de Parada


A parroquia silledense de Parada celebra unha ruada polos seus muíños o vindeiro domingo

Silleda, 22 de maio de 2012. A música e a tradición popular encherán a parroquia silledense de Parada o vindeiro domingo día 27 de maio.

Ames - celebrouse un obradoiro de enerxía solar na Aula da Natureza


Un grupo de 50 nenos/as de quinto de educación primaria do CEIP Agro do Muíño participan nun obradoiro sobre o sistema solar
A actividade, impartida pola coordinadora da Aula da Natureza, contou cunha breve explicación do tema e diferentes exercicios prácticos, adaptados á idade do alumnado. O obradoiro desenvólvese entre as 10:00 h e as 13:30 horas.
Os rapaces e rapazas coñeceron como se formou o sistema solar e diversos aspectos sobre os planetas que forman o sistema solar (composición dos planetas, distancia respecto ao sol, etc).

Melide - instalación de contedores de vidro


O Concello de Melide ubicará dez novos contenedores de recollida de vidro nas parroquias e no casco urbano da vila.

Dende a Concellaría de Obras do Concello de Melide ao fronte da cal se encontra a popular Rosa Cabado, levarase a cabo a ubicación de novos contenedores de recollida do vidro nas parroquias e no casco urbano da vila.

Silleda - semana cultural de Laro


A Semana Cultural de Laro comeza hoxe
 sábado cunha xornada adicada aos nenos

-O ciclo contará con xogos populares e unha mostra de fotos antigas da parroquia, entre outros

Silleda, 25 de maio de 2012. A parroquia silledense de Laro comeza hoxe sábado día 26 a súa Semana Cultural. O ciclo está organizado pola Asociación de Amigos da Romaría da Tortilla, presidida por José Antonio Ramos Canabal, en colaboración co Concello de Silleda, a través da Concellería de Cultura e Participación Cidadá.

Ames - I Andaina solidaria


Un total de 50 persoas participarán o domingo na I Andaina Solidaria por Ames

Trátase dunha actividade deportiva para recadar fondos para as persoas máis desfavorecidas do concello. Os fondos recadados entregaránselle a Cáritas Diocesana do Milladoiro e Bertamiráns. Todos os participantes terán que facer unha pequena doazón de 3 euros. Nesta iniciativa tamén colabora o Club de Atletismo Milla Raio.

Silleda - entrega dos galardóns do Obradoiro Interxeneracional de Pintura


Paula Fernández e Dolores García entregaron os diplomas aos participantes no Obradoiro Interxeracional de Pintura

-Esta actividade abre a programación que busca fomentar o encontro entre maiores e nenos do municipio

Silleda, 25 de maio de 2012. A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, e a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Dolores García Troitiño, participaron hoxe na clausura do Obradoiro Interxeracional de Pintura, no que participaron dende o pasado mes de outubro un total de 15 persoas de idades moi diversas.

Ordes - gañadores do V Certame de Poesía "Día das Letras Galegas"


O Concello de Ordes entrega os galardóns do V Certame de Poesía organizado con motivo do Día das Letras Galegas



Radio Ordes emitirá ó longo da vindeira semana os títulos premiados na voz dos seus propios autores

Ordes 25 maio 2012. Esta tarde o Concello de Ordes fixo entrega dos galardóns ós gañadores do V Certame de Poesía organizado con motivo do Día das Letras Galegas. Unha celebración que tivo lugar o pasado 17 de maio e que estivo adicado á figura e obra de Valentín Paz Andrade. Na convocatoria participaron xente de todas as idades e a ela se presentaron un elevado número de obras.

Ames - festas en Piñeiro e Agrón

As parroquias de Piñeiro e Agrón están de festa esta fin de semana
As celebracións en Piñeiro comezan hoxe cunha verbena na que estarán a orquestra Principal e o Trío Orquídea. O domingo, ás 13:30 horas, celebrarase unha misa solemne e despois actuarán o grupo de gaitas Os Castros e o Trío Orquídea.

Santiago - Brass Ensemble no ciclo "Música de Cámara"


Omega Brass Ensemble en concerto dentro do ciclo ‘Música de Cámara’

  • Xa en xuño poderemos escoitar neste ciclo ao Trío Pifa e a Pamina Trío

O ciclo da concellería de Cultura, ‘Música de Cámara, ofrece hoxe un novo cocnerto a partir das 20.30h no Auditorio de Galicia. Nesta ocasión será con Omega Brass Ensemble, un dos proxectos musicais máis interesantes e inquedos dos últimos anos en Galicia.  As entradas, a 6€, poden mercarse na billeteira do Teatro Principal ou hoxe mesmo na do Auditorio de Galicia desde as 18.00h e ata o comezo do concerto.

Santiago - axenda venres 25 e actuacións policía localsanti


Venres 25

10.00 h
Na Casa do Concello, recepción aos traballadores municipais con motivo da celebración da súa patroa, Santa Rita.

10.00 h e 11.30 h
No Colexio A Inmaculada cunha sesión ás 10.00 h e no CEIP Quiroga Palacios  ás 11.30 h,  continúa o 2º Ciclo de concertos didácticos nos centros de educación infantil e primaria de Santiago “Os cantos no país do xeo”, organizados pola Concellería de Educación, a través da Escola Municipal de Música.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente, María Castelao, para presentar o IV Concurso de Balcóns. 

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

Ordes - viaxe de apoio a Ivan Raña na copa do mundo que se celebra en Madrid


O Concello de Ordes organiza unha viaxe a Madrid para animar a Iván Raña na Copa do Mundo de Triatlón

Partirá este sábado dende a Alameda ás 4 horas e o regreso será unha vez concluida a proba, puntuable para a selección de cara ás olimpiadas

PSOE Ordes - solicitude de ensanchamento das beirarruas de Alfonso Senra


OS SOCIALISTAS DE ORDES SOLICITAN MELLORAS NA SEGURIDADE VIARIA DOS PEÓNS NA RÚA ALFONSO SENRA

Xesús Pedreira denuncia que “hai varios puntos onde os peóns, as cadeiras de rodas e as sillas de nenos teñen obrigatoriamente que baixarse á N-550 para poder circular”

A Agrupación Socialista de Ordes presentará unha moción ao pleno municipal do vindeiro martes 29 de maio para solicitar melloras na seguridade viaria dos peóns na rúa Alfonso Senra, que atravesa a vila de Ordes a ambos lados da N-550. O voceiro municipal do PSdeG-PSOE en Ordes, Xesús Pedreira, explica que “coa entrada en funcionamento da rolda leste e o desvío de gran parte do tráfico pesado do centro da Vila de Ordes, podemos recuperar a rúa Alfonso Senra para os veciños e humalizala de tal maneira que as beirarrúas cumpran coa legalidade vixente”.

Frades - a metade dos alumnos do concello están nas redes sociais sen ter idade e sen os pais o sepan


MÁIS DO 50% DOS ALUMNOS DE FRADES DISPÓN DE PERFIL NAS REDES SOCIAIS SEN TER A IDADE LEGAL MÍNIMA REQUERIDA E SEN COÑECEMENTO DOS SEUS PAIS

Unha vintena de nais e profesores do CPI Pontecarreira participaron no primeiro obradoiro “Familias e redes sociais” e acordaron facer unha nova sesión o vindeiro mes de setembro

Silleda - este sábado máis de 100 tractores no encontro de emprendedores agrarios


Máis de 100 tractores participan no I Encontro de Novos Emprendedores Agrarios en Siador


A comitiva partirá dende a rúa Entremesóns ata o recinto da Saleta, onde se celebrará a concentración e  actividades coma o concurso de manexo dos tractores

O recinto da Saleta, na parroquia silledense de Siador, acollerá o vindeiro sábado día 26 o primeiro Encontro de Novos Emprendedores Agrarios, unha cita coordinada  pola Concellería de Medio Rural e Medio Ambiente, que dirixe Antonio Couso Álvarez.

Plataforma do lixo de Ames - convocatoríia de concentración


A “Plataforma do lixo” valora positivamente as xuntanzas veciñais

A Plataforma levou a cabo convocatorias en todas os centros culturais do Concello.

Participación masiva nas reunións informativas das parroquias como mostra da preocupación existente.

Dende Gabinete de Alcaldía comunicaron á Plataforma un atraso na reunión prevista co Alcalde, agora para a vindeira semana.

Convocamos a todos os veciños a unha concentración nas portas do Concello ó día 31 de Maio como medida de mobilización.

Ordes - o alcalde asegura que o ministerio de Facenda confía na xestión do concello


Regos asegura que o ministerio de Hacienda confía na xestión económica do Concello de Ordes

O alcalde ven de asinar un convenio con La Caixa para o cobro de Plan de Pagamento a Proveedores

Melide - o concello será un dos 9 de Galicia incluidos no programa conéctate


O Concello de Melide será un dos nove concellos elixidos pola Dirección Xeral de Xuventude para levar a cabo unha xornada de ocio e emprendemento dentro do programa Conectate.
  • Técnicos da Dirección Xeral de Xuventude mantiveron unha reunión coa Alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez, maila concelleira de xuventude, Dalia García co fin de expoñerlles as actividades que terán lugar en Melide o vindeiro día 23 de xuño.
  • Melide foi un dos nove concellos elixidos para levar a cabo unha xornada adicada ao ocio e o emprendemento centrados no caso de Melide no mundo do motor, dada a aficción que existe neste concello por este deporte.

Brión - a biblioteca estrea blog e actividades


A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE BRIÓN ESTREA BLOG E VARIAS ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN DA LECTURA

Hoxe iníciase o bookcrossing e mañá venres terá lugar un obradoiro de traballos manuais para nenos e nenas de 3 a 6 anos

24 de maio de 2012.- A biblioteca municipal de Brión aproveita o mes no que se conmemoran as Letras Galegas para estrear web e realizar varias actividades de dinamización da lectura, entre as que destaca unha campaña de bookcrossing (intercambio de libros) realizada en colaboración co Departamento de Mocidade e Voluntariado de Brión.

Silleda - o concello promoverá a creación dunha asociación de maiores


A Concellería de Benestar promoverá a creación dunha asociación para dinamizar o Centro Social dos Maiores

-A creación deste colectivo suporía unha maior implicación dos usuarios na organización das actividades e no propio funcionamento do centro

-Máis de 20 usuarios estarían dispostos a formar parte da directiva, segundo unha enquisa 

Ordes - os xuvenís do SD Ordes intentan o ascenso a liga nacional contra o Compostela



Os xuvenís da S.D. Órdenes xogarán este sábado o seu ascenso á liga nacional contra a S.D. Compostela

Os máis novos do Concello teñen organizada unha quedada antes do partido na que todos irán vestidos de verde para animar ó seu equipo

Teo - despidese no concello o espectáculo "contos coas mans abertas"


‘Contos coas mans abertas’ despídese en Teo tras máis de 60 actuacións por toda Galicia

- O espectáculo creado pola compañía A Tropa de Trapo para o Fondo Galego de Cooperación percorreu nos últimos dous anos 48 Concellos socios da entidade
- Sensibilizar sobre a solidariedade é o obxectivo deste contacontos dirixido a público adolescente e adulto, que incorpora instrumentos de diferentes países

Ames - o concello abona as axudas para a promoción da actividade comercial


O Concello de Ames abona as axudas para a promoción da actividade comercial
A Concellaría de Comercio, Promoción Económica, Traballo, Turismo e Educación quere agradecer “a colaboración e o traballo conxunto” que están levando a cabo as asociacións comerciais do municipio amiense.

Ordes - esta tarde contos na biblioteca municipal


'Contos con guitarras' hoxe nas Tardes de contos e lendas da biblioteca municipal de Ordes 

Nesta nova sesión a música e a literatura daranse a man para deleite dos nenos e nenas do Concello

Hoxe venres a partir das 18.30 horas a biblioteca de Ordes acollerá unha nova sesión de Tardes de contos e lendas.

Fundación Rosaleda - o máximo responsable da Garada Civil en Galicia eespuxo os cambios do corpo no último século


El máximo responsable de la Guardia Civil en Galicia expuso los cambios del cuerpo desde su fundación a mediados del s. XIX

·         El general de brigada de la Guardia Civil Faustino Álvarez explicó en el foro Aula Aberta la evolución del Instituto Armado hasta convertirse en “un cuerpo policial moderno”

El general jefe de la 15 zona de la Guardia Civil Faustino Álvarez Sola impartió, invitado por la Fundación La Rosaleda, una conferencia titulada “La Guardia Civil. Un cuerpo policial moderno”. El general de brigada de la Guardia Civil participó en el ciclo Aula Aberta de la fundación compostelana para relatar los cambios producidos por el Instituto Armado en más de siglo y medio de existencia.

Teo - máis de 60 persoas participan xa nas actividades de xinnasia terapeutica


AS ACTIVIDADES DE XIMNASIA TERAPÉUTICA DAN COMEZO CON MÁIS DE 60 USUARIOS


·        Comezaron con dous grupos, un en Calo e outro na Ramallosa

·        Os exercicios están adaptados a todas as persoas, maiores de 60

23 de maio de 2012.- O Concello de Teo acaba de poñer en marcha dúas actividades de ximnasia terapéutica para maiores de sesenta anos, con cadanseu grupo de trinta persoas en Francos (Calo) e na Ramallosa (Lucí). As clases teñen unha periodicidade semanal e están abertas á participación de máis cidadáns. Todas as persoas interesadas en sumarse a estas actividades poden solicitar información no departamento de Servizos Sociais do Concello.

Ames - clausura das escolas deportivas


O pavillón de Bertamiráns acolle este sábado o acto de clausura das escolas deportivas municipais

Nesta edición son arredor de 1.400 persoas as que acoden todas as semanas ás actividades das escolas deportivas. O servizo municipal das escolas deportivas atende a preto de 800 nenos e nenas. Mentres que nas actividades deportivas dirixidas aos adultos participan arredor de 600 persoas.

Silleda - os alumnos do IES Pintor Colmeiro fan hoxe unha ruta histórica


Alumnos do IES Pintor Colmeiro participan
 hoxe nun percorrido histórico por Trasdeza

O xeógrafo do Concello guiará aos estudantes do ciclo de Actividades Físico- Deportivas no Medio Natural por varios enclaves

Os alumnos do ciclo formativo de Actividades Físico-Deportivas no Medio Natural do IES Pintor Colmeiro de Silleda participarán hoxe venres na realización dun roteiro por varios lugares históricos do municipio. 

Santiago - axenda xoves 24 e actuacións policía local


Xoves 24

11.00 h
Nas oficinas da SD Compostela no estadio de San Lázaro, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á inauguración da sala de trofeos da SD Compostela en honra á figura do ex presidente Santiago Albarrán Juárez, acto enmarcado no 50 aniversario da entidade.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Marisa  del Río, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Familia, Benestar Social e Muller, Paula Prado, sobre asuntos de carácter local.

Ames Novo - acto constituinte da formación


O xoves día 24 terá lugar o acto constituínte da iniciativa política Ames Novo e a súa presentacion en sociedade.
Temos un proxecto ambicioso para Ames e para Galicia, comprometido na defensa do público e do Estado do Benestar, tamén co desenvolvemento do autogoberno e dunha democracia avanzada.

Brión - José Luis García representante da FEGAMP


A FEGAMP NOMEA A XOSÉ LUÍS GARCÍA COMO REPRESENTANTE DOS MUNICIPIOS GALEGOS NO CONSELLO REITOR DA AXENCIA GALEGA DE EMERXENCIAS

22 de maio de 2012.- O alcalde de Brión, Xosé Luís García, acaba de ser nomeado como representante titular da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) no consello reitor da Axencia Galega de Emerxencias. Un nomeamento que lle foi confirmado esta mañá polo secretario xeral da FEGAMP, Eduardo Ramonde Rodríguez.

Teta e Coliño - charlar sobre conservación do leite materno


A Asociación Teta e Coliño celebrará o sábado en Bertamiráns unha charla sobre a extracción e conservación do leite materno
Ames, 23 de maio de 2012. O grupo de apoio á lactación materna de Ames, Teta e Coliño, organiza para este sábado unha charla informativa sobre a extracción, conservación e administración de leite materno. Esta charla, que terá lugar na Casa de Cultura de Bertamiráns ás 18,00, está destinada ás nais que volven ao traballo tras o nacemento dos seus fillos.

Oroso - abrese o prazo de preinscripción no "Bo proveito"


O CONCELLO DE OROSO ABRE A PREINSCRICIÓN NO PROGRAMA “BO PROVEITO” 2012-3, UN SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR PARA NENOS E NENAS DO MUNICIPIO

23 de maio de 2012.- Oroso abre o prazo de preinscrición no programa “Bo Proveito”, un servizo de comedor escolar posto en marcha polo Concello de Oroso o pasado mes de outubro para resolver as carencias existentes no CEIP de Oroso, que só dispón de 184 prazas de comedor fronte aos 587 nenos escolarizados (dos que 214 proceden de fóra de Sigüeiro). O prazo de preinscrición para o curso 2012-2013 estará aberto ata o vindeiro 15 de xuño no centro cultural de Sigüeiro.

Silleda - resposta a CIGA sobre a comisión paritaria de persoal


Paula Fernández lamenta as difamacións da CIG, que aínda non nomeou aos seus representantes na comisión paritaria, preceptiva para iniciar calquera negociación sobre Persoal

-A alcaldesa advirte que foi outro sindicato, e non o maioritario, quen solicitou a convocatoria deste organismo para iniciar as negociacións

-O goberno silledense segue agardando a resposta da CIG dende o día 16 de maio, para que nomeen entre outros aos seus representantes nesta comisión. “Será que o presidente do comité de empresa non tivo tempo de miralo, pese a que pediu libre o día 18 de maio solicitando horas sindicais”, engade a Fernández Pena  

Teo - Titerehop este domingo en Teo


O PROGRAMA FALAREDES! TRAE ESTE DOMINGO A TEO A SÚA ACTIVIDADE XUVENIL TITEREHOP


·        Consisten un obradoiro de hip hop conducido por García Mc. e un obradoiro de expresión plástica con Monicreques Viravolta

·        Estes obradoiros terán lugar a partir das 18 horas no Centro Sociocultural da Ramallosa e poden participar xóvenes de 13 a 17 anos

Fundación Rosaleda - conferencia "La guardia civil, un cuerpo policial moderno"


El general responsable de la zona 15 habla en Santiago sobre “La Guardia Civil. Un cuerpo policial moderno”

·         La Fundación La Rosaleda ha invitado al general de brigada de la Guardia Civil Faustino Álvarez, experto en temas de terrorismo y delincuencia organizada, a participar en el ciclo Aula Aberta

·         El acto, abierto a todo el mundo, será a las 20.00 h. en el Hotel Monumento San Francisco


Silleda - comezan os traballos na áreea recreativa de Lamela


A Concellería de Obras e Servizos xa comezou os traballos para a dotación da área recreativa de Lamela

-As tarefas para a instalación dun parque biosaudable adquirido pola Asociación de Veciños, dotación de céspede e dun peche serán asumidas con fondos municipais

-O concelleiro Manuel Cuíña explica que as obras, na parcela contigua ao centro social de Lamela, quedarán listas nas vindeiras semanas

Ordes - asínase un convenio con La Caixa para o pago a proveedores


Regos asina un convenio con La Caixa para realizar o Plan de Pagamento a Proveedores

O alcalde de Ordes confía en que os primeiros ingresos comencen a facerse a partir da vindeira semana

Fundación Araguaney - exposición do noies Nacho C. Beiro


A Fundación Araguaney inaugura a exposición do noiés Nacho C. Beiro

A Fundación Araguaney inaugurará este venres, día 25 de Maio, a obra retrospectiva do artista noiés Nacho C. Beiro. “Diálogos de cor” é o nome da mostra composta por 20 cadros, na súa maioría acrílicos sobre tea, onde hai un claro predominio das cores cálidas. Nacho C. Beiro decidiu expor na Fundación Araguaney a súa obra retrospectiva, que elaborou nun taller que posúe en Noia, o seu pobo natal e onde reside habitualmente.

Santiago - La Habitación roja hoxe no Compostela Rock


La Habitación Roja presenta hoxe no Teatro Principal ‘Fue eléctrico’ dentro do Compostela Rock

  • Estará de teloneiro Sethler, que presenta o seu primeiro disco, ‘Batalla’
  • As entradas para o concerto custan 10€ anticipada e 14€ o día do concerto
Santiago de Compostela, 23/05/2012.- La Habitación Roja (Valencia pop-rock) estarán no Teatro Principal hoxe xoves 24 de maio ás 21.00h. nun concerto enmarcado na súa xira ‘Fue eléctrico’ e dentro do Compostela Rock. Como teloneiro estará Sethler presentando en acústico o seu primeiro álbum, ‘Batalla’. As entradas para ver a este clásico do pop español, precedido dunha novidosa proposta custan 10€ anticipada, e 14€ o día do concerto, e poden mercarse en Novagaliciabanco ou na billeteira do propio Teatro Principal.

Ames - cursos da aula de informática do Milladoiro en Xuño


A Aula CeMIT do Concello de Ames organiza tres cursos para o mes de xuño
A primeira das actividades celebrarase do 4 ao 8 de xuño e nela os usuarios aprenderán a empregar o sistema operativo Linux. Do 11 ao 13 de xuño, impartiranse todos os coñecementos necesarios para o emprego do DNI electrónico, mentres que o día 25 de xuño comezará un obradoiro de mecanografía infantil.

Santiago - "Pinocho, un cuento musical" este domingo no auditorio


Dirixido por José Tomás Cháfer, foi finalista ao mellor espectáculo infantil nos Max 2011

‘Pinocho, un cuento musical’ chega este domingo ao Auditorio de Galicia

  • Será a partir das 18.30 e as entradas, a 12€, poden mercarse na billeteira do Teatro Principal, en Novagaliciabanco e o día do espectáculo no propio Auditorio de Galicia

  • Chega dentro da xira que xa permitiu a máis de corenta mil espectadores achegarse ao entrañable monicreque de madeira

Santiago - axenda mércores 23


Mércores 23

12.00 h
Na Consellería de Presidencia (San Caetano), o alcade compostelán, Ángel Currás, reúnese en audiencia co conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación e Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, sobre asuntos da súa área.

PSOE Teo - resposta as palabras de Martiño Noriega


RESPOSTA ÁS CRÍTICAS DE MARTIÑO
NORIEGA SOBRE A LABOR DA OPOSICIÓN DO
PSDEG-PSOE EN TEO
Ante as críticas que Martiño Noriega, Alcalde de Teo, realiza sobre a labor da
oposición que realiza o PSdeG PSOE de Teo, Uxía Lemus quere puntualizar o
seguinte:
Primeiro. Na nota de prensa do día 19/05/12, os Socialistas de Teo só
constataban realidades como que só tiñan coñecemento do estado do
expediente de aprobación da operación de crédito para pago a provedores
a través das novas de prensa, polo que se solicitou a información
pertinente, conforme á normativa estatal que regula o dereito de calquera
membro da Corporación a obter do Alcalde cantas informacións sexan precisas para
o desenvolvemento da súa función como concelleiro/a.

PSOE - o Psoe pidelle a Xunta un plan estratéxico para o sector textil de Ordes



O PSOE PÍDELLE Á XUNTA UN PLAN ESTRATÉXICO PARA O SECTOR TÉXTIL DA COMARCA DE ORDES, QUE PERDEU MÁIS DE 500 EMPREGOS NOS ÚLTIMOS 4 ANOS

Méndez Romeu asegura que “a singularidade da comarca de Ordes esixe unha resposta acaída ás necesidades daquí, onde se destruíu un tercio do emprego neste sector”

Xesús Pedreira lembra que “Ordes é unha comarca de 40.000 persoas que viven principalmente dos sectores agrogandeiro e téxtil. Non podemos permitirnos máis parados, temos que apostar por un emprego de calidade no téxtil”

Esquerda Unida Santiago - moción sobre imposto os caixeiros automáticos


APLICACIÓN DE IMPOSTOS ÓS CAIXEIROS AUTOMÁTICOS
EXPOSICION DE MOTIVOS
O Tribunal Supremo deu vía libre ós municipios para poder cobrar a caixas e bancos pola utilización intensiva que os caixeiros automáticos fan dos espazos públicos, contrariamente ó defendido pola patronal das caixas de aforros, a CECA. Nesta sentencia a Sala de lo Contencioso-Administrativo recoñeceu finalmente a lexitimidade para poder cobrar una taxa municipal ós caixeiros automáticos instalados nas fachadas das entidades financeiras.

Tordoia - obradoiro de emprego


ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO OBRADOIRO ‘EMPRÉGATE’ DIRIXIDO AOS MOZOS DE TORDOIA

A xornada, de carácter gratuíto, terá lugar o vindeiro 1 de xuño na Casa da Cultura

22 de maio de 2012.-  Ferramentas para a busca activa de emprego ou como enfrontarse con éxito a unha entrevista de traballo serán algúns dos puntos que se tocarán no Obradoiro Emprégate que a Casa da Cultura do Concello de Tordoia acollerá o vindeiro venres, 1 de xuño. Trátase dunha iniciativa promovida pola Dirección Xeral de Xuventude co obxectivo de dotar a mocidade do municipio das ferramentas necesarias para poder optimizar as súas posibilidades na busca de emprego. A xornada, de carácter gratuíto, celebrarase en horario de tarde, de 19h a 22 horas, e para participar tan só é necesario inscribirse antes do 25 de maio.

Oroso - aberto o prazo de inscripción para os Bos días Cole


O CONCELLO DE OROSO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA “BOS DÍAS COLE” PARA O CURSO 2012/13

O prazo de anotación estará aberto ata o vindeiro 15 de xuño

22 de maio de 2012.- O Concello de Oroso abre hoxe o prazo de inscrición no programa “Bos Días Cole”, un servizo de gardería e almorzo dirixido a rapaces e rapazas de entre 3 e 12 anos de idade que terá lugar no CEIP de Sigüeiro durante o curso escolar 2012-2013. O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 15 de xuño no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro.

Santiago - Abe Rabade no ciclo íntimo e acústico


Abe Rábade Trío presenta o seu novo disco, ‘A modo’ dentro do ciclo Íntimo&Acústico

  • As entradas, a 12€, poden mercarse en Novagaliciabanco ou na billeteira do Teatro Principal aberta de martes a sábado de 18.00 a 21.00h.

  • Abe Rábade presenta o seu oitavo traballo como líder, acompañado pola súa sección rítmica habitual: Pablo Martín-Caminero (contrabaixo) e Bruno Pedroso (batería).

Teo - visita as obras da piscina climatizada


A CORPORACIÓN MUNICIPAL DE TEO VISITA AS OBRAS DA PISCINA CLIMATIZADA


·        O pleno aprobou por unanimidade un modificado do proxecto que inclúe múltiples melloras sen ningún custo adicional.

·        Esta infraestrutura supón un investimento superior aos 1,6 millóns de euros e está financiada nun 68,6% pola Deputación.

Ames - reunión informativa da escola municipal de música


A Escola de Música realizará unha reunión para informar dos prazos de matrícula para o curso 2012-2013
Toda a información necesaria sobre organización da EMMA, novas materias, prazos de matrícula, cotas mensuais, situación da escola, etc, darase nesta reunión que se celebrará este xoves, 24 de maio ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns.
A EMMA abre un primeiro prazo de reserva de matrícula para o próximo curso 2012/2013, dirixido aos alumnos/as que xa estiveron matriculados na EMMA este curso. Este prazo abrangue dende o día 28 de maio ata o 1 de xuño.

Ordes - ábrese a rua do recreo despois da sua renovación


A rúa Recreo, no centro de Ordes, ábrese novamente ó tráfico tras a súa remodelación

A obra supuxo un investimento de 120.000 euros

Orde 22 maio 2012. A rúa Recreo, situada no centro urbán de Ordes, xa está novamente aberta ó tráfico. O vial permanecera pechado durante os últimos 15 días debido ás obras que se estaban a realizar no pavimento e que supuxeron un investimento de 120.000 euros. As labores que se realizaron durante este periodo inclúen a nova pavimentación e o seu repintado.

Santiago - nova intervención na Zona C "Políptico"


‘Políptico. Un comentario sobre a posta en valor do patrimonio’ de Enrique Lista, nova intervención na Zona “C”

  • O proxecto está realizado no marco do convenio de colaboración entre a concellería de Cultura e o Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporánea da USC e foi o seleccionado entre todos os que presentaron os alumnos do máster

  • Na inauguración participarán, ademais do artista e a comisaria; Amelia González, tenente de alcalde; José Víctor Carou, director-xerente do Auditorio de Galicia; o director do máster, Federico López Silvestre; e o coordinador Pedro de Llano

Brión - os alevins do Bastabales campións da copa de Rois


OS RAPACES DAS E.M. BASTAVALES U.D. ALEVÍNS PROCLÁMANSE CAMPIÓNS DA PRIMEIRA COPA CD ROIS

Gañaron os 6 encontros e acadaron os trofeos ao máximo goleador (Manuel Xiraldez, 21 goles) e ao menos goleado (Dani Casal, 2 goles)

22 de maio de 2012.- Os alevíns das Escolas Municipais Bastavales UD (Brión) proclamáronse campións invictos da I Copa C.D. Rois de fútbol-7, disputada esta fin de semana no campo da Braña Seira (Rois). Un torneo organizado polo C.D. Rois nas modalidades prebenxamín, benxamín e alevín, categoría na que participaron os rapaces das EM Bastavales UD canda outros 15 equipos da comarca.

Teo - gañadores carreira pedestre Batalla de Cacheiras


NEMESIO LÓPEZ E INMA RODRÍGUEZ GAÑAN A CARREIRA PEDESTRE BATALLA DE CACHEIRAS


·        Xosé Luis Otero foi o primeiro teense clasificado

·        Nas categorías de adultos participaron case 150 corredores e na proba para escolares preto de 300

Brión - o voluntariado medioambiental sinalizará unha nova ruta este sábado


O VOLUNTARIADO MEDIOAMBIENTAL DE BRIÓN SINALIZARÁ ESTE SÁBADO UNHA NOVA RUTA DE SENDEIRISMO POLAS PARROQUIAS DOS ÁNXELES E BRIÓN

O Concello de Brión retoma unha iniciativa que permitiu sinalizar as distintas rutas de sendeirismo existentes no municipio

21 de maio de 2012.- O voluntariado medioambiental de Brión vai sinalizar unha nova ruta de sendeirismo polas parroquias dos Ánxeles e Brión. Unha actividade que terá lugar este sábado 26 de maio e que está aberta á participación de todos os mozos e mozas de Brión que se animen a botar unha man ao medio ambiente. Os xóvenes interesados en participar nesta iniciativa deberán inscribirse como voluntarios na Casa da Cultura ou ben a través do teléfono 981 509 908.

Ames - os alumnos de INserAmes recollen os seus diplomas


Os alumnos do programa InserAmes, que xa rexistrou 17 insercións laborais, recolleron esta mañá os seus diplomas
O concelleiro de Comercio, Promoción Económica, Traballo, Turismo e Educación, Bernardo Moar, estivo acompañado da directora xeral de Promoción do Emprego da Xunta, Ámparo González, no acto celebrado esta mañá no edificio de usos múltiples de Aldea Nova.

Santiago - axenda martes 22 e actuacións policía local



Martes 22

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á apertura do paso subterráneo das Cancelas.
Punto de encontro: avenida do Camiño Francés (na entrada de acceso ao túnel en dirección San Lázaro). (SÓ GRÁFICOS). Haberá declaracións aos medios unha vez rematado o acto.

PSOE - iniciativa para recuperar o sector textil na comarca de Ordes


XOSÉ LUÍS MÉNDEZ ROMEU E XESÚS PEDREIRA PRESENTAN UNHA SERIE DE INICIATIVAS PARA RECUPERAR O SECTOR TEXTIL DA COMARCA DE ORDES

Os numerosos peches que se teñen producido nos últimos meses xeraron arredor de 500 parados do sector na comarca ordense

21 de maio de 2012.- Os deputados socialistas Xosé Luís Méndez Romeu e Silvia Fraga, acompañados do secretario xeral da Agrupación Socialista de Ordes, Xesús Pedreira, e dos representantes socialistas nos municipios de Trazo, Frades e Tordoia presentarán mañá martes 22 de maio unha serie de iniciativas para recuperar o sector téxtil na comarca de Ordes.

Teo - resposta as palabras da concelleira socialista


O GOBERNO DE TEO LAMENTA QUE A CONCELLEIRA SOCIALISTA SE DEDIQUE A SEMENTAR DÚBIDAS SOBRE A TRANSPARENCIA DO CONCELLO EN VEZ DE INFORMARSE ANTES


·        A primeira parte da operación de crédito para o pago a provedores foi aprobada o 11 de maio por resolución de alcaldía, de acordo coa normativa xurídica vixente.

·        A operación será ampliada na medida en que novas empresas se adhiran na seguinte fase, entre os meses de xuño e de xullo.

Ames - esta fin de semana teatro no Milladoiro


A veciñanza amiense poderá gozar dunha fin de semana chea de teatro

A programación teatral que ten preparada a concellaría de Cultura para este trimestre de Primavera continua este venres, 25 de maio ás 21:00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns coa representación da peza teatral “Oeste Solitario”, da compañía Produccións Teatrais Excéntricas, que está dirixida ao público adulto.
As entradas para asistir á función teñen un prezo de 5 euros para os maiores de 12 anos. Haberá un desconto do 50 por cento para os menores de 12 anos, estudantes con carné e maiores de 65 anos. As entradas pódense reservar ata o venres ás 14:00 horas a través do teléfono 981 535 940 ou no enderezo cultura.milladoiro@concellodeames.org.

Oroso - gañadores do concurso de marcapaxinas


DIEGO GÓMEZ, AMINA FERNÁNDEZ E MIGUEL ANGEL BOADO, GAÑADORES DO VII CONCURSO DE MARCAPÁXINAS DO CONCELLO DE OROSO

21 de maio de 2012.- A biblioteca municipal de Sigüeiro (Oroso) fixo entrega dos premios da sétima edición do seu concurso de marcapáxinas, que foi gañado por Diego Gómez Casas, de 5 anos (na cateogría de 3 a 5 anos); Amina Fernández Rodríguez, de 7 anos (na categoría de 6 a 8 anos) e Miguel Ángel Boado Fernández, de 10 anos (na categoría de 9 a 11 anos). O concelleiro de Cultura, Antonio Leira, foi o encargado de entregar os premios aos gañadores, consistentes en sendos lotes de libros.

Mancomunidade de Ordes - xornadas sobre riscos das redes sociais nos menores


PAIS E NAIS DE FRADES E TRAZO PARTICIPAN ESTA SEMANA NUNHAS XORNADAS SOBRE OS RISCOS DAS REDES SOCIAIS NOS MENORES, ORGANIZADAS POLA MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DE ORDES

O obradoiro “Familias e redes sociais” pretende fomentar o uso responsable das novas tecnoloxías

21 de maio de 2012.- A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes organiza esta semana en Frades e Trazo as dúas primeiras sesións do obradoiro “Familias e redes sociais, estamos conectados?”. Uns obradoiros gratuitos dirixidos a pais e nais para que “se familiaricen con este novo entorno que crean as Redes Sociais na Internet e coñezan as súas posibles ameazas para os seus fillos: fraudes, acceso a contidos inaxeitados, ameazas á privacidade, ciberbullying... e sobre todo para coñecer estratexias de prevención e actuación ante estas posibles actuacións”, explica Mónica González, técnico do Servizo de Prevención  de Drogodependencias da Mancomunidade de Ordes.

Fundación Araguaney - conferencia de Uri Davis


Uri Davis: “Israel está cometendo un crime contra a humanidade”

“Son un cidadán do Reino Unido e de Israel, un estado, este último, que perpetra crimes no meu nome. Por iso, quero dicir abertamente que o goberno de Israel non me representa e por iso estou aquí, para que todos coñezan a realidade e saiban que Israel está cometendo un crime contra a humanidade”

Consello da Cultura Galega - xornada aberta sobre Celso Emilio Ferreiro


O xoves 24 de maio no Consello da Cultura Galega

Xornada aberta sobre “Xigantes ou ananos? Celso Emilio Ferreiro e o debate sobre a emigración galega”, no Consello da Cultura 

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2012.- O Consello da Cultura Galega, celebrará o 24 de maio a xornada “Xigantes ou ananos? Celso Emilio Ferreiro e o debate sobre a emigración galega”. Tres relatorios ao longo da mañá e unha mesa redonda pola tarde abordarán a biografía político-intelectual de Celso Emilio (Celanova, 1912-Vigo, 1979) no marco dos actos conmemorativos do seu centenario.

Santiago - Sonatas a Italiana no auditorio


SONATAS Á ITALIANA
Martes 22 de maio - 20.30 horas - Auditorio de Galicia

Sonatas á italiana é un grupo de música barroca formado polos violoncellistas Carolina Landriscini e Carlos Garcia Amigo e polo laudista Diego Rojo. O seu traballo conxunto iniciouse no festival Via Stellae 2008 en Santiago de Compostela e desde entón teñen ofrecido numerosos concertos en festivais galegos e cataláns.

Santiago - proximos concertos en Compostela


La Habitación Roja, The Last Internationale+The Ripe e Wanda Jackson+Pedrito Diablo & Los Cadáveras no Compostela Rock

  • Aos 11 concertos que se celebraron xa no ciclo, asistiron más de 3.500 persoas

  • En vindeiras datas anunciaránse os primeiros concertos da nova edición do ciclo que comezará despois do verán

Do Paraná - avance de actividades primavera verán



AVANCE PRIMAVERA-VERÁN EN DO PARANÁ, Espazo Serigráfico

§  “XERMOLAN SERÍGRAF@S”
MOSTRA + FESTA + SORTEO DE OBRA
Venres 25 de Maio - 21 h.

DO PARANÁ, Espazo serigráfico convida á mostra de traballos realizados polos seus talleristas.

Poderanse apreciar probas de ensaio de edición de obra, en tiradas limitadas sobre papel e impresións téxtiles.

É unha boa oportunidade para coñecer o proceso serigráfico no seu espazo de produción  e compartir a ledicia dos que aprenderon creando.

Haberá música, brinde e un sorteo sorpresa entre os asistentes. 
A entrada é libre e de balde. 

Alvaro Muras - concerto este venres en Santiago

Una noticia agradable para nosotros es que este viernes nos desplazamos a Santiago para estrenarnos en esta localidad con la formación FUNKATRO.
Una noche para vibrar a ritmo funk, disfrutar con los cuatro músicos con su diversidad musical con influencias del jazz, blues y el rock y también poder subir al escenario para interactuar con ellos a modo de jam-session.

PSOE Ames - o PSOE nunca acordou cobrar a taxa do lixo de xeito retroactivo

O grupo Socialista de Ames en ningún momento acordou
cobrar a taxa do lixo de xeito retroactivo
O acordo asinado coa empresa Espina e Delfín non contemplaba as decisións que o goberno de Amor está a tomar.
O goberno anterior iniciou o procedemento de regularización do
servizo cun traballo de confección do Padrón do lixo mediante
procedemento negociado.
A empresa concesionaria pasou de cobrar o 7% que tiña
comprometido do Goberno de Astray ao 4,35%.
O Goberno de Ames quere votar todas as culpas á xestión do anterior grupo socialista, como é costume,
e reclama estas cantidades tan altas pola recollida dos residuos sen dicir a verdade. E totalmente falso
que teñamos que ver en nada disto.

Santiago - axenda luns 21 e actuacións policía local


Luns 21
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, sobre asuntos da súa área.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar os próximos concertos do ciclo Compostela Rock.

Ames - prazo de matricula para os campamentos de verán


O próximo mércores comeza o prazo de matrícula para os campamentos de verán nos que participarán 312 nenos/as

Dende este venres, 18 de maio, pola mañá xa están expostas as listas definitivas de admitidos nos campamentos de verán 2012. As listas pódense consultar nos taboleiros oficiais da Casa do Concello, en Bertamiráns, e nas Oficinas Xerais do Milladoiro.
O martes 22 de maio realizarase o sorteo para determinar os 40 rapaces e rapazas que poderán participar no campamento xuvenil en Aveiro (Portugal).

Melide - o concello saberá este mes as adxudicacións de vivenda de protección oficial



O Concello de Melide conocerá neste mes a resolución de adxudicación da vivenda vacante existente nas casas de protección oficial da vila.
·        A concelleira de Igualdade e Benestar, Mª Jesús López, trasladouse a semana pasada ate a sede do Instituto Galego de Vivenda e Solo co fin de manter unha xuntanza co presidente da comisión provincial de vivenda da provincia da Coruña.
·        A vivenda de protección oficial vacante en Melide será finalmente ocupada a principios do vindeiro mes de xuño unha vez coñecida a resolución e sempre e cando todos os papeis sexan presentados en tempo e forma.