BRION - EXPLICACIÓN POLÉMICA PUNTO LIMPO



O CONCELLO DE BRIÓN NON CONSTRUIRÁ PUNTO LIMPO, POLO QUE NON COMPRARÁ PARCELA ALGUNHA

Xosé Luís García di que “non se trata máis ca dunha nova mentira do PP de Brión, que gusta de remexer en papeis de hai anos para inventarse contos cos que tratar de enganar aos veciños para sacar un beneficio electoral” 

O Concello abandonou en 2009 o proxecto xa que sáelle máis económico o actual sistema de recollida da Mancomunidade Serra do Barbanza que construir e manter un punto limpo 

2 de marzo de 2011. O Concello de Brión non vai construir un punto limpo no seu municipio, xa que renunciou a ese proxecto no ano 2009, nin vai comprar (nin está obrigado a comprar) parcela algunha para ese fin. O alcalde brionés, Xosé Luís García, amosa a súa total indignación coas mentiras e invencións do voceiro do PP de Brión, quen asegura que o Concello vai comprar un terreo á empresa FCC pagando un importe 6 veces superior ao seu prezo inicial.

Xosé Luis García sinala que “non se trata máis ca dunha nova mentira do PP de Brión, que gusta de remexer en arquivos e papeis de hai anos para inventarse contos cos que tratar de enganar aos veciños para tratar de desprestixiar ao Concello de Brión na busca rastreira dun beneficio electoral”. Neste sentido, García explica que o Concello de Brión nin comprou nin ten previsto comprar parcela algunha para a construción dun punto limpo. “O señor Tomé andou a xogar co expediente do punto limpo e, como non atopou nada, decidiu crear a súa propia realidade na busca dunha noticia para tratar de saír nos medios de comunicación”, explica Xosé Luís García.

Abandono do proxecto do punto limpo

O Concello de Brión abandonou no ano 2009 o proxecto de construción dun punto limpo no monte de Rañalonga (Viceso) por motivacións económicas e administrativas. Por unha banda, a recollida deste tipo de residuos en Brión realízase a través da Mancomunidade Serra do Barbanza do seguinte xeito: o veciño chama ao Concello ou á planta de Servia e ese refugallo se lle recolle na casa e sen custe para él.

Ademais, en Lousame tamén está operativa unha planta de reciclaxe de escombros, coa que colabora o Concello de Brión. E para o Concello de Brión é moito máis barato levar os residuos a esta planta e á de Servia que o que suporía construir e manter un punto limpo. “Os veciños están perfectamene atendidos, os seus residuos se recollen e reciclan, e o prezo é moito menor que o que tería un punto limpo”, explica Xosé Luís García. Canda isto, o Concello de Brión tamén ten en marcha campañas de recollida selectiva de aceite usado e de móbiles.

No que atinxe á tramitación administrativa do punto limpo, o Concello de Brión tentou construir inicialmente esta instalación a través da Mancomunidade Serra do Barbanza. Sen embargo, o desembolso económico esixido fixo que o Concello decidise non acometer o proxecto.

Coa chegada da Xunta bipartita, a Consellería de Medio Ambiente ofrécese a financiar as obras de construción do punto limpo, o que conlevou a realización das correspondentes catas arqueolóxicas no Monte Rañalonga para a consecución de todos os permisos pertinentes. O expediente seguíu adiante ata o cambio de Goberno, momento no que se informa ao Concello de que hai que volver a iniciar o proceso. Diante desta situación, e ao non ter asegurado o apoio económico da Xunta como ben recoñece o propio Partido Popular, o Concello de Brión decidiu non seguir adiante co expediente.  

PP BRION - SOSPEITAS PUNTO LIMPO


EL PP DE BRIÓN LAMENTA QUE TODAVÍA NO HAYA PUNTO LIMPIO POR MALAS GESTIONES MUNICIPALES Y QUE OBLIGAN AHORA A COMPRAR EL TERRENO MULTIPLICANDO POR SEIS SU VALOR.

VEN EXTRAÑEZAS EN LA COMPRA POR FCC Y PIDEN AL ALCALDE QUE ASEGURE UN COMPROMISO DE LA XUNTA.


El Partido Popular de Brión lamenta que tres años después de que el Ayuntanmiento publicara la inminente construcción del punto limpio, todavía se encuentre sin construir ni funcionar debido a las malas gestiones municipales.

1)-  El portavoz popular Carlos Tomé, destaca la extrañeza de esta compra, según los datos que constan en el expediente. En el año 2000 la empresa FCC compra en principio, por su propia voluntad, un terreno en el monte brionés de Rañalonga. Casualmente en el 2003, el Ayuntamiento aprueba el PXOM y elige justo esa finca para ubicar el punto limpio, aparentemente sin saber que era propiedad de esa empresa.

Dos años después, FCC envía un escrito al Ayuntamiento diciendo que se ha enterado de que Brión quiere construir un punto limpio, e informándoles que casualmente, ellos tienen ahí un terreno y que lo cederían temporalmente, condicionado a que se integre la gestión del punto limpio en el contrato que FCC tiene adjudicado por la Mancomunidad de Concellos “Serra do Barbanza”, y mientras el Ayuntamiento de Brión permanezca adherido a la Mancomunidad y FCC sea concesionaria de la gestión de residuos sólidos urbanos. Es decir, asegurándose que la empresa llevaría la gestión del punto limpio.

Ahora el Ayuntamiento, va a comprar el terreno a la empresa, pagando un importe 6 veces superior a su precio inicial.

Según Tomé: “nos queren facer crer que unha empresa merca un terreo nun monte de Brión, sin ningún tipo de acordo previo. Logo o Concello elixe ese terreo por pura casualidade no PXOM, e terá que darlle a xestión do punto limpo xusto a esa empresa. E agora, debe mercarlle o terreo á propia empresa pagando 6 veces máis o seu valor inicial. Isto non é normal”.

2)-  Por otro lado, los populares inciden en que las gestiones municipales se hicieron mal desde el principio. La ubicación elegida, consideran que no era la más idónea dado que la finca se encontraba justo en el límite de la zona de protección de las mámoas de Rañalonga. Por ello, el servicio de Patrimonio ordenó ya en el 2008, hacer unas catas arqueológicas que dilatarían los plazos de la autorización.

Vecinos de la zona y los populares, se preguntan cómo se puede potenciar las mámoas y el patrimonio artístico y cultural de Brión, si el propio Ayuntamiento coloca justo al lado, todo un almacén de chatarra.

De igual modo, la Xunta de Galicia exigía al Ayuntamiento la acreditación de la disponibilidad del terreno, refiriéndose a la titularidad municipal. Pero en cambio la administración local, envió un escrito de FCC como auténtico titular, en el que cedía temporalmente el terreno con la condición de que llevaría ella la gestión del citado punto limpio.

Lógicamente la Xunta no aceptó ese documento y exige que el terreno sea propiedad municipal, cuestión que según los populares, el Ayuntamiento debiera haber hecho bien desde el principio para no llegar a esta situación.

A consecuencia de ello, ahora el Ayuntamiento comprará el terreno a la propia empresa, casualmente concesionaria de estos servicios en la planta de Lousame, multiplicando por 6 el precio del valor inicial del terreno pagado por FCC.

Carlos Tomé considera desproporcionadísima esa subida, teniendo en cuenta que el terreno se encuentra en un monte, y se pregunta porqué los montes de los vecinos no se revalorizaron de esta manera.

Por ello y ante esta situación, los populares piden al Alcalde que antes de gastar ese dinero, se asegure y confirme que la Xunta aceptará después subvencionar el punto limpio, dado que ahora hay muchos Ayuntamientos interesados en la idea, y los tiempos económicos y ayudas ofertadas han variado. “Non queremos que gaste esta cantidade de cartos, e logo non poda facer o punto limpo”.

BNG ORDES - DEBATE RADIO ORDES


GONZALO CASTRO LAMENTA QUE O ALCALDE E O PP NON PARTICIPASEN NO DEBATE SOBRE A LEI DE AUGAS
Os nacionalistas celebrarán un acto informativo e de recollida de sinaturas no Restaurante O Túnel, este xoves, ás 21:00
O candidato do BNG á alcaldía de Ordes, Gonzalo Castro, lamentou a ausencia do alcalde e do PP no debate sobre a Lei de Augas celebrado en Radio Ordes, o que demostra, a xuizo do nacionalista, que “o alcalde, en lugar de defender aos veciños e veciñas de Ordes, diante dun problema tan grave como o da Lei de Augas, que vai supoñer unha inxusta subida de impostos, está actuando como un simple colaborador e cómplice do PP”.
O debate na radio municipal contou coa presenza de Gonzalo Castro, candidato do BNG á alcaldía ordense, de Francisco Menendez, Presidente de Augas de Galicia, e de Xesús Pedreira, representante do goberno municipal ordense.
Gonzalo Castro fixo balance da campaña pola derogación da Lei de Augas que desenvolveu o BNG nas parroquias rurais do concello, salientando que “nos 18 actos informativos realizados nas parroquias rurais do concello, temos constatado que os veciños e veciñas de Ordes rexeitan de forma clara e contundente esta lei de augas, como o demostra a asistencia de máis de 800 persoas aos actos e a recollida de máis de 2.000 sinaturas”.
O alcaldábel nacionalista manifestou que “o BNG seguirá a defender aos veciños e veciñas de Ordes, diante deste grave problema”, e anunciou que “unha vez finalizada a campaña nas zonas rurais do concello, trasladamos a mesma á vila urbana de Ordes, onde unha persoa que viva soa verá como a carga tributaria do seu recibo se incrementará en máis dun 363%; e unha familia de tres membros, terá que soportar un incremento do 171%”.
Gonzalo Castro informou de que o BNG de Ordes iniciará na vila urbana de Ordes a campaña pola derrogación da Lei de Augas, cun acto informativo e de recollida de sinaturas contra a Lei de Augas, que terá lugar no Restaurante O Túnel, este xoves, 3 de marzo, ás 21:00,
Castro fixo fincapé en que “non hai política máis antisocial que incrementar o custo de servizos básicos nun contexto de forte crise económica, e por isto mesmo, opoñémonos ás modificacións da Lei de Augas, ao igual que á suba do prezo da electricidade e do gas”. 

AMES - PROGRAMA MONTE ESCOLA


Monte escolar con denominación de orixe
O Concello de Ames dispón de dúas fincas onde desenvolve o Programa de Valorización do Monte e Prevención de Incendios Forestais. As parcelas foron cedidas ao Concello por parte de dúas veciñas do lugar de Carballo, Socorro García e Fina Casas, e son xestionadas pola Aula da Natureza. Estas fincas serven para que os rapaces e rapazas dos centros escolares de Ames poidan realizar diferentes actividades educativas e medio ambientais. O ano pasado un total de 160 nenos e nenas de Ames participaron nas actividades deste programa co fin de seguir traballando no mantemento do monte escolar. Para que a veciñanza amiense poida identificar esta parcela, hoxe pola mañá, os operarios da brigada de garda medio ambiental estiveron colocando un cartel nestas parcelas de Trasmonte. Ames é o único concello de Galicia que desenvolve un proxecto deste tipo. Ata ese lugar achegouse a concelleira de Medio Ambiente, Úrsula Seijas, que estivo falando coas propietarias das fincas.
“Monte escolar do Concello de Ames”, iso é o que se pode ler no cartel que acaban de colocar os operarios da brigada de garda medio ambiental. Para identificar as parcelas onde se desenvolve o Programa de Valorización do Monte e Prevención de Incendios Forestais o Concello de Ames acaba de instalar un panel informativo nas parcelas de Trasmonte onde se desenvolven actividades medio ambientais e que están dedicadas ao monte-escola.
O Concello de Ames dispón de dúas parcelas en Trasmonte, cedidas por dúas veciñas amienses, onde o alumnado dos centros de ensino poden levar a cabo actividades de carácter ambiental como a recuperación do patrimonio forestal do concello, analizar os efectos dos incendios forestais no medio, diferenciar entre as distintas especies forestais, etc.
Os traballos nestas parcelas comezaron a finais de 2006 despois da vaga de lumes que asolou todo Galicia. Posteriormente, en abril de 2008, asinouse un convenio coas dúas propietarias das fincas co obxectivo de formalizar esta colaboración beneficiosa para ambas partes. Así, o Concello dispón de fincas onde desenvolver o Programa de Valorización do Monte e Prevención de Incendios Forestais, e as propietarias gozan de terreos recuperados despois dos incendios do ano 2006.
A concelleira de Medio Ambiente, Úrsula Seijas, destacou que “coa colocación do cartel será máis doado atopar a finca, tanto para os que van por primeira vez como para aqueles que aínda non saben que somos dos poucos concellos que contan cun monte escolar”.
Estas dúas fincas arderan por completo no 2006 e despois da tala os nenos e nenas de diferentes colexios de Ames traballaron nela recoñecendo os efectos do lume na terra, limpando a finca e realizando plantacións forestais. As actividades de reforestación permiten que os nenos e nenas manteñan un contacto directo co monte e os espazos naturais ao tempo que contribúen á súa conservación. Este é o principal obxectivo do Programa de Valorización do Monte e Prevención de Incendios Forestais.
Os máis de 1.000 nenos e nenas dos centros escolares de Ames que visitaron esta finca son testemuñas do cambio que se foi producindo ano a ano. Deste xeito na súa retina vai desaparecendo a cor negra do primeiro ano polo verde das árbores plantadas, baixo as cales a todos os rapaces e rapazas lles gusta comer o seu bocadillo cando visitan o monte-escola.
Traballos medio ambientais
Durante os dous últimos anos fíxose un seguimento das árbores plantadas, a reposición daquelas que non saíron adiante e controlouse o crecemento anual das árbores en altura e grosor. Ademais vixiáronse os rebrotes de especies favorecidas polos lumes como os eucaliptos, as acacias e os piñeiros. Tamén se prestou atención aos aproveitamentos complementarios da terra, como o crecemento de cogomelos.
En 2008 os alumnos e alumnas do colexio de Ventín comprobaron o estado das plantacións de castiñeiros, carballos, freixos e cerdeiras realizadas o ano pasado e repoñendo as árbores que non prenderon. Uns 250 alumnos e alumnos do colexio Agro do Muíño, pola súa banda, estiveron plantando frondosas, realizando todas as fases da plantación, dende a apertura dos regos e a aplicación do abono ata a colocación da planta no oco e o posterior tapado. Un traballo semellante desenvolveron na mesma parcela uns 150 cativos do colexio de Barouta. Neste caso, as plantas eran resultado da recollida de sementes realizada o ano anterior polos estudantes, sementes que foran plantadas e coidadas ata ese mesmo día. Os alumnos e alumnas do CEIP A Maía tamén participaron nestas actividades de repoboación e coidado das novas árbores.
No 2009 os alumnos aprenderon a diferenciar as herbas aromáticas que se poden encontrar no espazo forestal, mentres que en 2010 a Aula da Natureza encargouse de elaborar cos rapaces destes centros accións de recuperación e mellora do medio. Así, arredor de 160 rapaces e rapazas encargáronse de coordinar os traballos de mantemento do bosque escolar para o que se levaron a cabo labores de limpeza e un proceso de marcación de amarras entre abril e outubro do pasado ano. Tamén se levou a cabo dúas plantacións, a primeira realizárona 100 alumnos e alumnas do colexio Ventín, e outra que estivo a cargo das pequenas mans de 60 nenos e nenas da Escola Infantil O Bosque de Bertamiráns.

Ademais, dende a área de Medio Ambiente levouse a cabo a tramitación da documentación necesaria sobre este proxecto de "Monte escola" para a súa presentación ao Concurso CONAMA 2010.

TEO - XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE


CONSTITÚESE A XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE EN TEO COA PRIORIDADE DE  TRABALLAR NAS ÁREAS DE SEGURIDADE CIDADÁ E  VIOLENCIA DE XÉNERO


·        O primeira xuntanza contou coa presencia do Subdelegado do Goberno na Coruña José Manuel Pose



02 de marzo de 2011. O alcalde de Teo, Martiño Noriega, co-presidiu esta mañá a constitución da Xunta Local de Seguridade na Casa do Concello. Na reunión, que tiña como único punto da orde do día a propia constitución, participou o Subdelegado do Goberno na Coruña, Manuel Pose, en representación do Delegado do Goberno.

A Xunta Local de Seguridade conta cunha representación de persoal das diferentes administracións relacionados co tema da seguridade nun sentido amplo. Así, unha das primeiras decisións adoptadas é establecer liñas de traballo que profundicen nas áreas da seguridade cidadá e da violencia de xénero.

Para atallar estas problemáticas crearanse dúas mesas de traballo sobre estas áreas nas próximas semanas. Na xuntanza de hoxe acordouse que a mesa sobre seguridade conte con membros dos corpos e forzas de seguridade pero que tamén inclúa representación veciñal, a través da participación do movemento asociativo.

A Xunta Local de Seguridade contou tamén coa presenza do Coronel Xefe da Comandancia da Garda Civil e de representantes da Policía Autonómica. Por parte do Concello participaron na reunión o xefe da Policía Local, o responsable de Protección Civil e a coordinadora dos Servizos Sociais Comunitarios. Este organigrama da XLS permitirá un tratamento transversal dos problemas de seguridade que se detectan.

A posta en funcionamento da Xunta servirá, ademais de para establecer canles de traballo entre os distintos axentes implicados nas tarefas de seguridade, para achegar á sociedade o traballo destes corpos.

A Xunta Local de Seguridade, a súa constitución e outros elementos como organigrama ou periodicidade das xuntanzas está regulado no Real Decreto 1087/2010 no que se aproba o Regulamento das Xuntas Locais de Seguridade.

MELIDE - ANTROIDO


Melide concentra no seu martes festivo o groso da programación de Entroido

Este ano o martes de Entroido é festivo local en Melide.

Dende as 17h haberá festas e xogos infantís, comparsas, charangas, degustación de doces de entroido, concurso de disfraces e queima co meco na Praza das Coles.

A Concellería de Cultura vén de presentar a programación para o Entroido, que como xa é tradicional, está deseñada con especial interese de cara ao público infantil. O Concello de Melide aprobara en pleno a celebración do martes de Entroido como festivo local –xunto do 29 de xuño, San Pedro-, dado que o día do Carme coincide a sábado.

Aproveitando esta circunstancia, o martes de Entroido será en Melide o día grande desta programación festiva, que dará comezo ás 17 horas cunha festa infantil e de disfraces no Cantón de San Roque. Pouco despois as gaitas do grupo Axóuxere animarán co seu pasarrúas acompañando ao meco, que como cada ano está a elaborar a asociación cultural e ecoloxista sobre un personaxe de actualidade.

Contra as 19.30h a actividade, os disfraces e a música da charanga Tralla 101 desprazaranse á Praza das Coles, onde como cada ano se ofrecerá unha degustación gratuíta de produtos de Entroido: filloas, rosquillas, caldo limpo e tamén refrescos. Todas as persoas ou grupos disfrazados que se inscriban para participar no concurso de disfraces, optarán a premios ao mellor disfrace individual, ao mellor grupo (formado por ata oito persoas), ou á mellor comparsa (máis de oito persoas). Os premios, que consistirán nun vale para comidas de Entroido en restaurantes da vila, entregaranse despois da tradicional lectura do pregón que como cada ano lembrará en ton de humor e sarcasmo os feitos máis destacados da actualidade e das últimas datas, da voz e autoría de Carlos Parrado.


Programación infantil na fin de semana
Pero antes do día grande de martes de Entroido, os nenos e nenas de Melide teñen tamén propostas nas que participar durante a fin de semana. O sábado ás 17h no Cantón de San Roque celebraranse talleres de Entroido completamente gratuítos de construción de monicreques de larpeiradas, para maiores de catro anos. O tradicional meco paseará polas rúas de Melide o sábado despois das 19h con acompañamento dun grupo musical.

O domingo a cita dos máis pequenos cos obradoiros de Entroido é tamén ás 17h no Cantón, conde poderán participar nunhas Olimpíadas de Entroido, un divertido circuíto de xogos multideportivos pensado para nenos e nenas de máis de sete anos.

O luns, tamén ás 17h no Cantón de San Roque, organizarase para maiores de sete anos unha xincana de entroido con xogos de pistas nos que o obxectivo será resolver o misterio de Don Entroido.

O Entroido pecharase en Melide o martes festivo coa queima co meco e a música da charanga, logo dun día cheo de actividades. Dende o Concello agárdase que este ano continúe consolidándose o Entroido como o vén facendo nos últimos anos, nos que a recuperación desta tradición establece xa unha data fixa no calendario festivo melidense.

AMES - ANTROIDO


O Entroido volve a Ames con música e moita diversión
Un ano máis Ames prepárase para recibir o Entroido, a festa que permite a todo o mundo cambiar de identidade por un día e deixar voar a súa imaxinación. Este sábado Bertamiráns e O Milladoiro celebrarán o comezo destas datas con festa e reparto de cestas. A Praza de Chavián en Bertamiráns e a de Manuel Murguía no Milladoiro acollerán música, animación, chourizos e moitas orellas e filloas. As celebracións comezan pola tarde, entre as 17:00 h. e as 18:00 horas. Ademais, o venres ás 20:30 horas, a Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá o concerto de Entroido da Escola Municipal de Ames, nas que os rapaces e rapazas interpretarán unha serie de pezas de piano, guitarra e outros instrumentos disfrazados.
O Entroido é unha festa con amplo arraigo en Galicia na que a imaxinación voa completamente libre e todo o mundo pode por uns días vivir unha identidade por completo diferente á súa propia. Ames prepárase un ano máis para recibir estas datas con moita festa e un programa completo de actividades coas que gozar destas celebracións. O sábado comezan oficialmente estas datas cunha tarde de festa, disfraces e produtos propios desta celebración como as filloas ou as orellas en Bertamiráns e O Milladoiro, pero o venres xa terá arrincado o Entroido co tradicional concerto a cargo dos rapaces e as rapazas da Escola Municipal de Música de Ames.
Os alumnos e alumnas da EMMA interpretarán un total de 18 pezas de varios estilos musicais en piano, guitarra, violín, frauta, saxofón e percusión, ademais de canto. Ademais, os alumnos de Linguaxe Musical de Bertamiráns e O Milladoiro tamén participarán interpretando para o público tres destas pezas, así coma os alumnos de Música e Movemento, dando comezo ao concerto coa súa interpretación en grupo. Co seu concerto de Entroido, que é xa unha tradición en Ames, a EMMA tentará dar comezo a estas datas cun anaco agradábel de música variada, facendo posible un ameno comezo das festas para a veciñanza. A cita será este venres, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns.
O día grande do Entroido amiense será o sábado. A Praza de Manuel Murguía do Milladoiro e a de Chavián en Bertamiráns acollerán pola tarde cadansúa festa ás que están convidados todos os veciños e veciñas para que asistan ataviados cos seus disfraces e pasen unhas horas divertíndose. A partir das 17:00 horas as charangas recorrerán e animarán co seu bo humor as rúas das dúas localidades. Máis tarde, a partir das 17:30 horas, nas carpas das prazas haberá animación para que os máis pequenos participen da festa.
Ás 18:00 horas poderanse mercar os tickets que por 2 euros dan dereito a unha orella, unha bebida, unha filloa doce e outra con chourizo. Cada ticket levará un número co que a persoa posuidora participará no sorteo de varias cestas de Entroido con produtos como unha botella de viño, unha botella de caña, chourizos e mel. Haberá tamén un concurso no que poderán participar todos os rapaces e rapazas que acudan cos seus disfraces, e no que se sorteará unha cesta infantil ateigada de larpeiradas. Así mesmo, a comparsa da Biblioteca Municipal tamén participará na festa, cantando e divertindo aos asistentes, ademais de sorprendelos sen dúbida cos seus disfraces e o espectáculo preparado para ese día. Con todos estes espectáculos e festas o Entroido volve un ano máis a Ames cargado de actividades.

BRION - MOVILÍZATE POR LA SELVA


O CONCELLO DE BRIÓN COLABORA NA CAMPAÑA “MOBILÍZATE POLA SELVA”, DE RECICLAXE DE MÓBILES PARA PROTEXER OS ECOSISTEMAS AFRICANOS

O Concello de Brión puxo a disposición dos veciños unhas caixas para a recollida dos móbiles. Por cada 30 móbiles entregados, os veciños apadriñarán un chimpancé

2 de marzo de 2011. O Concello de Brión está a colaborar na campaña "Mobilízate pola selva" lanzada polo Instituto Jane Goodall España, entidade sen ánimo de lucro que leva o nome da famosa primatóloga e conservacionista británica. Trátase dunha campaña de reciclaxe de móbiles coa que os veciños de Brión poden colaborar cos programas educativos, de conservación e desenvolvemento dos ecosistemas africanos organizados polo Instituto Jane Goodall no Congo.

O Concello de Brión xa puxo á disposición dos veciños e veciñas de Brión unhas caixas para proceder á recollida dos móbiles usados, funcionen ou non. Unhas caixas que se atopan no IES Brión, no CEIP de Pedrouzos, na Casa da Cultura, no Centro Social Polivalente, na Escola de Música e no campo de fútbol municipal. Por cada 30 teléfonos depositados nestas caixas, antes do vindeiro mes de xuño, os veciños de Brión apadriñarán un chimpancé dos que a fundación recolle no seu centro de recuperación do Congo.

Os veciños de Brión tamén poden optar por reciclar gratuitamente o seu teléfono descargando a etiqueta pre-franqueada dende a web www.movilizateporlaselva.org, pegándoa nun sobre e mandándoo por correo sen custo á fundación. Neste caso, participará nun sorteo mensual que lle permitirá apadriñar persoalmente un destes animais.

A campaña "Mobilízate pola selva", ademais de ser unha forma sinxela e gratuíta de reciclar os terminais en desuso, permite colaborar cos programas de conservación levados a cabo no Congo polo Instituto Jane Goodall: campañas de educación, plantacións, proxectos de desenvolvemento sostible e o mantemento do Centro de rescate de chimpancés de Tchimpounga. Un centro onde os chimpancés rescatados son atendidos por experimentados coidadores, dirixidos pola veterinaria española Rebeca Atencia, e viven en grupos nun ámbito natural, de cara á súa futura reintrodución na selva. 

TEO - ANTROIDO CEIP A RAMALLOSA


O Ceip A Ramallosa, a proposta do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, está desenvolvendo neste curso un proxecto denominado AS NOSAS FESTAS sobre o aproveitamento das festas tradicionais galegas como eixo integrador das actividades de normalización lingüística.
   Con este proxecto pretendemos fomentar no alumnado o interese por coñecer e respectar as distintas manifestacións culturais e artísticas do noso patrimonio contando sempre coa participación e colaboración das familias.
   Entre todas as celebracións traballadas cómpre salientar a do Entroido xa que a nosa escola está situada na comarca do Ulla, onde se celebra un Entroido ben característico, o Entroido dos Xenerais. Como xeito de divulgar e valorar dito patrimonio, decidimos organizar  unha xornada festiva aberta a toda a comunidade educativa o venres día 4 de marzo a partir das 11.30 horas que contará cun desfile de disfraces sobre o tema dos oficios, cantigas de Entroido, e cuxo elemento central será a representación dun “atranque” (batallas dialécticas entre dous xenerais sobre temas de actualidade) a cargo de nenos e nenas do terceiro ciclo de primaria que, ataviados coa vestimenta axeitada falarán coa entoación característica dos xenerais sobre asuntos da nosa realidade escolar.
   A xornada rematará cun xantar para todo o alumado no polideportivo municipal Ezequiel Mosquera.

AMES - CONVENIO MILLADOIRO SD


O Concello de Ames vén de asinar un convenio de colaboración co Milladoiro SD
O alcalde de Ames, Carlos Fernández, e o presidente do Milladoiro SD, Cristian Aldax Mella, asinaron un convenio de colaboración que compromete o goberno municipal a aboar ao club 10.000 euros ao longo de 2011 en virtude da colaboración pola cal o Milladoiro SD continuará coa xestión das escolas deportivas municipais de fútbol-7 e fútbol sala desde a categoría de infantís. Este convenio súmase ao que xa existe actualmente co Bertamiráns FC.
O Concello de Ames e o Milladoiro SD veñen de asinar un convenio de colaboración para o presente ano 2011. Por este convenio o club comprométese a continuar xestionando as escolas deportivas municipais de fútbol-7 e fútbol sala desde a categoría de infantís. No acto de sinatura estiveron o alcalde de Ames, Carlos Fernández, o concelleiro de Deportes, Francisco Villaverde, e o presidente do Milladoiro SD, Cristian Aldax Mella, acompañado dun membro da directiva do club. O Concello e a sociedade deportiva Milladoiro reforzan así a súa liña de traballo conxunto a prol do deporte de Ames.
En cumprimento do convenio, o Milladoiro SD comprométese a continuar coas devanditas escolas deportivas como vén facendo xa desde o ano 2009. Ademais, asume o compromiso de dotarse de monitores coa preparación axeitada para atender os adestramentos e a formación deportiva e educativa integral dos asistentes aos mesmos.
O Concello de Ames ofrece un amplo abano de actividades deportivas co fin de mellorar a calidade de vida de toda a cidadanía amiense. Para iso no pasado mes de outubro púxose en marcha unha nova edición das escolas deportivas, que se desenvolven nas localidades de Bertamiráns e O Milladoiro. As escolas deportivas contan con 803 usuarios/as. Ademais hai que ter en conta que 968 amienses asisten as actividades físicas para adultos. A Administración local fai unha forte aposta por este servizo ao que lle dedica unha partida de 410.000 euros.

Nas escolas deportivas impártense deportes como poden ser o fútbol sala, o baloncesto, patinaxe, tenis, predeporte, tenis de mesa, voleibol e natación. Son moitos os cativos que asisten polas tarde aos pavillóns de Bertamiráns e do Milladoiro para practicar estes deportes. Un dos obxectivos deste servizo é iniciar aos nenos e nenas na práctica deportiva para que adquiran o hábito de realizar exercicio a miúdo. As actividades que máis rapaces atenden son a de patinaxe con 176 usuarios/as, tenis (173), baloncesto (129), predeporte (123) e fútbol sala (85). Cun menor índice de participación están as actividades de natación (65), tenis de mesa (32) e voleibol (20).
Por outra banda, o club deberá facer cursiños de preparación para actualizar e reciclar monitores coa colaboración da Concellaría de Deportes. Ademais deberán facerse cunha persoa cualificada como director técnico para organizar e coordinar os diferentes equipos e monitores-adestradores, supervisando o programa de adestramento de cada un deles.
Por último, debe constar o logo do Concello na vestimenta do club de forma ben visíbel, e debe constar a colaboración do Concello en toda a súa propaganda, alén de informar á Concellaría de Deportes da marcha de todas as seccións deportivas. A Concellaría será a que coordine horarios e usos de campos de fútbol e de pavillóns deportivos.
10.000 euros de axuda
En virtude do acordo, o Concello de Ames comprométese a aboar ao club unha cantidade de 10.000 euros en concepto de contraprestación polas obrigas que este asume. Os pagos desa cantidade realizaranse en tres prazos ata o vindeiro mes de xullo.
O Milladoiro SD fai un labor notábel polo deporte amiense. Desde hai anos desenvolve programas de formación e adestramento en fútbol, fútbol sala e fútbol campo. Ademais participan nas competicións oficiais con varios equipos: tres equipos benxamín de fútbol 7, 2 alevín da mesma modalidade; un infantil, un cadete e un xuvenil de fútbol; e dous alevíns, tres benxamíns, dous prebenxamíns e un feminino de fútbol sala.
A día de hoxe conta con máis de 200 deportistas en formación e competición. Desde a tempada 2008-2009 asumía as escolas deportivas municipais anuais de fútbol, polo cal se considerou conveniente por parte do club e do Concello formalizar unha canle de colaboración como é o presente convenio.
Esta contía súmase a achega proporcionada dentro da convocatoria de axudas para a promoción das actividades culturais e deportivas. O Milladoiro SD, recibirá 4.239,83 euros a través desta liña de axudas. En total o Concello achégalle a este club unha contía de 14.239,83 euros para que poida seguir fomentando o deporte entre a veciñanza amiense.

OROSO - ORDES - OBRADOIRO CREACION DE EMPRESAS


DOCE EMPRENDEDORES DE OROSO E ORDES PARTICIPAN NUN CURSO DE CREACIÓN DE
EMPRESAS NO TELECENTRO DE SIGÜEIRO

2 de marzo de 2011.- Doce emprendedores de Oroso e Ordes participan nun curso de Creación de Empresas convocado polo Concello de Oroso no marco da Rede Xiana. Un curso de 150 horas lectivas, presenciais e on-line, que pretende fomentar o desenvolvemento de iniciativas emprendedoras entre os desempregados, que reciben a formación precisa para transformar as súas ideas de empresa en proxectos reais.

O telecentro de Sigüeiro acolleu onte martes a primeira xornada presencial deste curso. Ao longo de oito horas, en horario de 9:00 a 15:00 e de 17:00 a 20:00 horas, os alumnos comezaron a coñecer os recursos existentes e os pasos a dar para a posta en marcha das súas ideas empresariais. Ao longo dos vindeiros días, estes doce emprendedores aprenderán a elaborar un Plan de Empresa, o que lles permitirá constratar a viabilidade económica do seu proxecto, ao tempo que o dotan dunha maior credibilidade diante de terceiras persoas ou entidades financeiras.

Este curso de Creación de Empresas está incluido dentro da programación da Rede Xiana, iniciativa promovida pola Deputación da Coruña e á que o Concello de Oroso se uniu en 2010. A Rede Xiana (acrónimo de Rede para a Xestión Integral, Accesibilidade, Novas Tecnoloxías e Adaptabilidade no mercado laboral galego) pretende fomentar o emprego nos municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia da Coruña como un xeito para dinamizar a base económica do medio rural, mellorar o nivel de servizos de proximidade da poboación destes municipios e complementar as asccións xa iniciadas por outras Administracións. 

CONVOCATORIA ASOCIACIÓN DE USUARIOS DE BANCOS, CAJAS Y SEGUROS


Adicae organiza o día  3 de marzo en Santiago de Compostela, unha reunión informativa sobre a demanda colectiva de Adicae polas cláusulas solo das hipotecas
O día 2 de marzo terá lugar outra en Bertamiráns

Centos de consumidores galegos contactan coas nosas oficinas en Galicia para sumarse á demanda colectiva polas cláusulas solo que poden supoñen un perxuizo de máis de 200€ ao mes.


Tra-la admisión a trámite da demanda colectiva interposta por ADICAE contra 45 bancos e caixas pola aplicación indebida das denominadas “cláusulas solo” das hipotecas, a Asociación está a realizar unha campaña informativa dado que afectados de todo o país están a contactar coas nosas oficinas para obter información sobre como adherirse a esta actuación xudicial colectiva. O xoves 3 de marzo no Centro Sociocultural O Ensanche, Adicae ofrecerá unha charla informativa aberta a tódolos interesados sobre as cláusulas solo das hipotecas e que afecta a milleiros de familias en Galicia.

Debido a que Adicae detectou promocións enteiras subrogadas a hipotecas do promotor, fará unha asamblea informativa o mércores 2 de marzo en Bertamiráns, no Residencial Rosalía, que foi afectado destas prácticas abusivas. Nestes días, estamos recibindo máis chamadas con este mesmo problema que afecta a outras promocións en diversos lugares de Galicia.


As "cláusulas solo" establecen un límite á baixada do tipo de xuro que pagan os consumidores nas súas hipotecas, de maneira que, aínda que o  Euríbor descenda, as entidades financeiras manteñen os seus ingresos por riba destes límites e non permiten que a baixada do euríbor se traslade as suas hipotecas. Trátase dunha cláusula non negociada pola consumidor, imposta polas entidades e que só beneficia a unha das partes, polo que a Asociación e os consumidores considérana abusiva.

Os consumidores denuncian a falta de información, a colocación de condicións financeiras de forma imperativa e o pago dunhas cuotas inxustas e caras nun momento en que o euríbor baixo podería aliviar a situación económica de moitas familias que ven peligrar as súas vivendas por mor do desemprego e os baixos ingresos. Ao perxuizo económico nestes casos únese a amenaza dos embargos.




Adicae xa realizou reunións informativas por toda Galicia en cidades como A Coruña,  Vigo, Pontevedra e Ferrol para informar sobre o proceso xudicial colectivo dos consumidores e responder a tódalas dúbidas dos asistentes que poidan xurdir e que se esperan numerosas. nos próximos dias realizaranse nas cidades de Ourense, A Coruña e Vigo.

Asambleas informativas:

* Mércores, 2 de marzo ás 19.30 horas.
   Residencial Rosalía (Rúa Xesteira, 7-9) – Bertamiráns

*Xoves, 3 de marzo ás 19.00 horas
  CSC O Ensanche (Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16 bajo) – Santiago de Compostela


AMES - SERVIZOS COMPLEMENTARIOS


Ábrese o prazo para preinscribirse e renovar praza nos servizos complementarios
Dende o día 1 ata o 31 de marzo estará aberto o período de preinscrición e para renovar praza nos servizos complementarios de educación que inclúen a rede de comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas. Con estes servizos a Concellaría de Educación pretende conciliar a vida laboral e familiar de todos os pais e nais durante o curso escolar 2011-2012. Este ano a principal novidade é que hai que realizar a renovación de praza non só no servizo de comedor senón tamén en Bos días cole e Tardes divertidas. Para renovar a praza nos comedores hai que pagar 10 euros en concepto de taxas, mentres que en Bos días cole e Tardes divertidas a renovación é gratuíta. Os usuarios/as que desexen obter praza por primeira vez terán que realizar a correspondente preinscrición.
Hoxe comeza o prazo de preinscrición para os servizos complementarios da rede de comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas para todos aqueles pais e nais que desexen seguir beneficiándose destes programas no próximo curso escolar. Este servizo, ten como principal obxectivo conciliar a vida familiar e laboral de todos os veciños e veciñas de Ames. Durante este curso son 1.342 os nenos e nenas que participan nas actividades dos servizos complementarios, o que amosa o éxito destes programas educativos.
O Concello de Ames é un dos municipios galegos cun maior incremento de poboación moza. Debido a este crecemento que se produce ano a ano aumenta paralelamente a demanda dos servizos complementarios destinados á poboación máis nova do municipio. Por este motivo, o goberno municipal aposta por incrementar periodicamente a oferta destes servizos, polo que cada mes son máis os que se benefician de proxectos como Bos días cole, Tardes divertidas e da Rede Municipal de Comedores Escolares.
Rede municipal de comedores escolares
O servizo da rede de comedores escolares, do que na actualidade se benefician un total de 983 persoas, está dirixido ao alumnado de infantil e primaria, funcionando actualmente no CEIP A Maía, no CEIP Agro do Muíño, no CEP de Ventín e na Escola de Educación Infantil do Milladoiro. Con este programa realízase por unha parte un servizo público, facilitando aos cidadáns a conciliación da vida laboral e familiar e por outra, un proxecto educativo no que o obxectivo é que o alumnado aprenda hábitos alimenticios sans e un correcto comportamento na mesa, así como as normas básicas de hixiene, respecto, tolerancia, convivencia e educación en igualdade.

Bos días cole e Tardes divertidas
Os programas Bos Días Cole e Tardes divertidas volven un ano máis para facilitarlles a vida aos pais e nais que teñen dificultades para conciliar a súa vida laboral e familiar. Trátase dunha oferta educativa e de ocio que pretende ocupar o tempo de lecer dos máis cativos dun xeito divertido e educativo.

Este programa comezou a funcionar no ano 2004 en dous centros públicos do concello (CEIP A Maía e no CEP de Ventín) cun número de 42 usuarios fixos e un número variable de nenos e nenas que asistían de xeito ocasional. Na actualidade está funcionando en catro centros educativos como son o CEIP A Maía, o CEIP Agro do Muíño, a EEI Milladoiro e o CEP de Ventín, dirixíndose ao alumnado de 2º ciclo de Educación Infantil e Primaria, cun total de 359 usuarios.
Os rapaces e rapazas que forman parte de Bos días cole acoden antes á escola e permanecen nela ata o inicio das clases, facilitándolle así aos pais e nais que teñan que entrar aos seus traballos a unha hora moi temperá a posibilidade de deixar os fillos e fillas na escola. Actualmente hai 242 usuarios/as empregando este servizo.
Tardes divertidas é unha oferta educativa e de ocio promovido polo goberno municipal para permitir que os pais e nais que traballan durante a tarde teñan un lugar onde deixar aos seus fillos para que poidan estudar e xogar baixo o control duns monitores. É un programa que tamén vai dirixido aos nenos e nenas que cursan 2º ciclo de Educación Infantil e Educación Primaria. O horario do servizo é desde o remate do comedor escolar ata as 21:00 horas da noite e nel participan un total de 117 usuarios. Este servizo está dirixido tanto a familias empadroadas no concello, como persoas non empadroadas nel pero que traballan no municipio.

Prazo de preinscrición e renovación
O prazo de preinscrición e de renovación estará aberto dende hoxe mesmo ata o vindeiro 31 de marzo. Este ano a principal novidade é que hai que realizar a renovación de praza non só no servizo de comedor senón tamén en Bos días cole e Tardes divertidas. Para renovar a praza nos comedores hai que pagar 10 euros en concepto de taxas, mentres que en Bos días cole e Tardes divertidas a renovación é gratuíta. Os usuarios/as que desexen obter praza por primeira vez terán que realizar a correspondente preinscrición.
Entre hoxe e maña seralle entregado un impreso aos nenos e nenas que xa son usuarios deste servizos para que llo entreguen aos seus pas e nais co obxectivo de que poidan realizar a renovación de praza. No caso de perda, este impreso poderá recollerse nas oficinas municipais de Bertamiráns e do Milladoiro. No caso de non realizar a renovación no período de tempo estipulado perderase a praza. O mesmo acontece se non se está ao día no pagamento do servizo no que están inscritos.
É importante recordar que os usuarios admitidos terán que realizar posteriormente a inscrición para poder gozar dos servizos ofertados para a conciliación da vida laboral e familiar no próximo curso escolar.

Os interesados poderán recoller o impreso de preinscrición, onde posteriormente o entregarán, na oficina municipal do Milladoiro ou no departamento de educación en Bertamiráns, en horario de 9:00 h. a 14:00 horas. Asemade tamén está dispoñible na sección de AVISOS da web municipal. Non haberá que achegar documentación xunto coa preinscrición, aínda que se poderá requirir no caso de non haber prazas suficientes nalgún dos servizos.

Para máis información pódese poñer en contacto coa oficina municipal do Milladoiro ou co departamento de Educación en Bertamiráns, chamando ao teléfono 981 891 476.

BRION - ANTROIDO


O CONCELLO DE BRIÓN ABRE O PRAZO DE
INSCRICIÓN NO SEU CONCURSO DE DISFRACES

A festa, con máis de 2.200 euros en premios, terá lugar o domingo 13 de marzo no pavillón polideportivo de Pedrouzos

1 de marzo de 2011. O Concello de Brión abre o prazo de inscrición no seu tradicional Concurso de Disfraces, que terá lugar o domingo 13 de marzo, ás 16:30 horas. Un certame ao que o Concello de Brión destina este ano 2.200 euros en premios e cuxo prazo de inscrición estará aberto ata o sábado 12 de marzo na Casa da Cultura. Tamén se admitirán anotacións o mesmo día do concurso, concretamente entre as 15:00 e as 16:00 horas na Casa da Cultura.

As bases do concurso de disfraces establecen un total de tres categorías. Na primeira delas participarán nenos e nenas menores de 11 anos, que se repartirán tres premios de 50, 40 e 20 euros en material didáctico. Na categoría xuvenil, de 12 a 17 anos, os premios serán de 55, 40 e 20 euros en material didáctico.

Os cambios nesta edición teñen lugar na categoría de adultos, onde ademais da modalidade individual créase unha modalidade por parellas. Os premios en ambos casos serán de 100 e 75 euros, respectivamente. Finalmente, na categoría xeral establécense tres modalidades de concurso: Grupos (de 3 a 9 persoas), Comparsas (10 ou máis persoas) e Carrozas. Nestas tres categorías repartiranse un total de 1.550 euros en premios.

Todos os participantes no concurso de disfraces participarán previamente nun desfile de Entroido polas rúas de Pedrouzos. O desfile sairá ás 16:30 horas da Carballeira de Santa Minia e fará un percorrido ata o pavillón polideportivo, onde terá lugar o concurso e unha gran festa de disfraces final. 

AMES - CONFERENCIA HAITI


A técnica que supervisou o proxecto do Fondo Galego de Cooperación en Haití impartiu unha conferencia en Ames
Victòria Planas impartiu onte pola tarde unha conferencia no local do Club de Xubilados e Pensionistas do Milladoiro, que está situado na rúa Figueiras. A técnica que vén de supervisar en Haití o proxecto impulsado polo Fondo Galego de Cooperación e o Fons Català explicou que se trata dunha iniciativa “planificada co obxectivo de mellorar a situación que había antes do terremoto, pois as accións teñen que transformar e mellorar as condicións anteriores”. Nesta charla estiveron o alcalde de Ames, Carlos Fernández, a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Isabel González, e o responsable da Secretaría Técnica do Fondo Galego, Ánxelo González. Ademais moitos veciños e veciñas de Ames ateigaron o local de JUPEMI para asistir a esta conferencia. Ames é un dos Concellos asociados ao Fondo que realizaron as súas achegas á conta de emerxencia aberta tras o devastador terremoto de xaneiro de 2010.
A técnica catalá indicou que o proxecto chamado ‘Fortalecemento do desenvolvemento local sostible e inclusivo no Nordeste de Haití como resposta aos efectos do sismo do 12 de xaneiro’ estase a desenvolver nas vilas de Carice, Vallières e Monbin Crochu, na fronteira coa República Dominicana. Trátase de “crear capacidades conxuntas para a prevención e a protección da poboación, diminuíndo así o grao de vulnerabilidade de cara á tempada ciclónica”, apuntou. En xaneiro de 2012 agárdase verificar os catro resultados previstos.
O primeiro é o establecemento dunhas normas para a prevención de riscos e desastres, ordenando o territorio, e para o control de epidemias. O segundo resultado é a adaptación de tres plans de estudos de formación profesional no Centro de Formación Profesional de Carice, con obxecto de que as novas promocións saiban xestionar convenientemente os novos recursos forestais de que se van dotar os territorios (módulo de agroecoloxía), estean capacitadas para construír vivendas resistentes a ciclóns e sismos (módulo de construción), e sexan emprendedoras (módulo de socioeconomía).
A esta formación vincúlase a terceira meta: erguer un prototipo de edificio, que será centro comunitario para os tres municipios, e que incorporará os novos criterios de construción, no ánimo de que poidan ser replicados na zona e en todo o país. Trátase dunha construción baseada no bambú e o piñeiro caribeño, materiais extraordinariamente resistentes e adaptados ao clima local, que foron os únicos que soportaron o terremoto. Son tamén materiais autóctonos cuxa demanda contribuirá a activar a economía local e reforestar os montes.
Ademais, na adaptación do plan de estudos do módulo de construción participa unha asociación de mulleres local, con experiencia no traballo da arxila, que ensinarán ao alumnado a fabricar filtros de auga para eliminar as bacterias causantes do cólera e outras enfermidades gastrointestinais; os fornos onde se coce a cerámica funcionan queimando os restos do bambú. Como cuarto resultado do proxecto, crearase un sistema de información xeográfica para dispor de mapas que sitúen as zonas de risco ante posibles catástrofes naturais e, ao tempo, reactivaranse os comités de protección civil municipais, implicando a xente nova e mulleres.
Victòria Planas deixou claro que a actuación se rexe por unha serie de principios que, ademais de mellorar a situación previa ao terremoto, contemplan a coordinación coas autoridades locais e estatais e mais un vínculo horizontal “de igual a igual” co parceiro local, o Centro para a Cultura e o Desenvolvemento de Carice (SKDK). A responsable de proxectos de Centroamérica, México e Caribe no Fons Català defendeu que “os protagonistas no esforzo de reconstruír o seu país son os propios haitianos” e que “ a resposta internacional ten que basearse no respecto á soberanía de Haití e de acordo coas necesidades e demandas da poboación”. Apuntou tamén que “a construción de cidadanía é un contrapeso importante cando os poderes están tan fráxiles, de aí que este proxecto aproveite o potencial humano, da sociedade civil organizada que hai no territorio, onde a xente está loitando por un futuro mellor”.
Testemuño de primeira man
A conferenciante retratou un contexto de emerxencia complexa, onde se produce un colapso do Estado, pois faleceron moitas autoridades e funcionariado. “Afúndese a economía formal porque se derrubaron as fábricas, a poboación xa non come tres veces ao día, hai un éxodo da capital aos municipios, que se ven desbordados, e prodúcese unha violación dos dereitos humanos, porque os campos de refuxiados están colapsados. A construción de vivendas complícase ademais porque non hai catastro, e resulta difícil demostrar quen tiña unha casa. A maioría das escolas son privadas, e o sistema de saúde non dispón de recursos”, explicou.
Victòria Planas ofreceu cifras dramáticas: 250.000 mortos contabilizados, 1.600.000 persoas desprazadas e 3 millóns de damnificados. “Un ano despois do acontecido, a crise a todos os niveis tense agudizado e a vulnerabilidade medrou”, asegura. “Os cascallos continúan nas rúas de Port-au-Prince e dá a impresión de que non se fixo nada, aínda que tamén se fan cousas que non se ven”, apuntou. Sobre o polémico papel da ONU, segundo a técnica “a xente non quere aos cascos azuis, dunha banda porque Haití non supón unha ameaza internacional e sufrir unha ocupación militar é moi duro, e doutra porque, como non é o seu mandato, non empregan as súas maquinarias e vehículos na reconstrución”. “Hai un millón e medio de persoas vivindo en campos de refuxiados, son tendas de campaña instaladas nas prazas públicas e na zona do aeroporto. E só se construíu a cuarta parte dos 100.000 refuxios previstos, e que deberían ser temporais pero estanse a converter en permanentes”, sostén.
“Nos programas de ‘comida por traballo’, tráense os alimentos de Estados Unidos ou Europa, e isto prexudica aos agricultores haitianos, que non poden darlle saída ao seu produto. Agora funciona o sistema de ‘diñeiro por traballo’, co que os campos fican sen xornaleiros e pérdese a colleita, pero os contratos na cidade son só por quince días”, relatou a técnica. “Isto non está solucionando as cousas, por iso dicimos que ten que haber outro xeito de cooperar”, reclama.
No entanto, “con este escenario tan adverso, nunha zona rural que recibiu poboación desprazada, estamos a traballar dende o poder local pensando no futuro”, apuntou. “Podemos actuar en rehabilitación, empezar a reactivar os municipios para favorecer o desenvolvemento local”, remarcou. Victòria Planas apostou pola “transparencia na xestión e nas contas, a coordinación con outros actores do territorio, e a descentralización das decisións e actuacións”. Avogou asemade pola “participación dos municipios e organizacións, contar cos medios locais e xestionar a fraxilidade institucional co fortalecemento e empoderamento dos actores locais”.
Colaboración dos Concellos
O alcalde de Ames, Carlos Fernández, remarcou na presentación do acto o “orgullo” do seu Concello por pertencer ao Fondo Galego de Cooperación. “A pesar da crise, temos que ser conscientes do moito peor que o están pasando noutras zonas do mundo e sempre debe haber unha parte da nosa economía que debe ir camiño de favorecer esa solidariedade internacional”, apuntou. Como presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Carlos Fernández lembrou que existen uns estreitos lazos de colaboración entre a Fegamp e o Fondo Galego.
Pola súa parte, o responsable da Secretaría Técnica do Fondo Galego, Ánxelo González, agradeceu a contribución de Ames á conta de emerxencia aberta xusto despois do terremoto “porque intuíamos que se ía xerar unha vaga de solidariedade, e de feito produciuse unha cantidade de doazóns importante, que ascende a 170.000 euros”, sinalou.


PP MELIDE - PREGUNTAS SEN RESPONDER


O PP denuncia que Cea continúe sen aclarar se cobrou o día que asistiu á folga

A representante popular lamenta que, despois de dous plenos, Cea se negue a responder canto lle descontaron a ela a ás concelleiras con dedicación exclusiva do seu soldo

Melide, 1 de marzo de 2011. “Cea vai remata-lo mandato municipal igual que comezou: con escurantismo sobre a súa xestión nas arcas municipais e poñéndolle trabas en todo momento a labor de oposición do PP”, denuncia Ánxeles Vázquez, voceira popular e candidata á Alcaldía de Melide. A representante do PP insta á actual rexedora a que explique os motivos polos que se nega reiteradamente a responder ás preguntas escritas, formuladas polos representantes populares en pleno, sobre a contía que deixou de percibi-la a propia Cea e os concelleiros nacionalistas do equipo de goberno por ir á folga. “Non ten ningún reparo en dicir canto se lles desconta a un traballador por ir á folga, pero pon todo tipo de escusar para dicir canto se desconta ela e os concelleiros”, subliñou.  

“É inadmisible que Cea se empeñe en non facilita-la información e que diga, despois de que o PP lle reclamara fai dous meses, que todo se fixo segundo o estipulado descontando o que corresponde a un día de folga, pero negándose a informar a contía exacta”, critica Vázquez. Neste senso, os populares lémbranlle a actual rexedora que o equipo de goberno ten a obrigación de renderlle contas á oposición e ós veciños, polo que debería dar a coñecer se os concelleiros do BNG non percibiron o soldo dos días de folga. Vázquez agarda que ás tres persoas con dedicación exclusiva do BNG no Concello, a alcaldesa e as concelleiras de Benestar e Rural, se lles desconte o día de salario, ó igual que a lle acontece ó resto de traballadores que decidiron facer uso do seu dereito á folga.

MELIDE - ACTIVIDADES MARZO


O Concello de Melide inicia a programación de marzo para maiores con catro obradoiros

A través da Concellaría de Igualdade e Benestar, organizaranse cursos de decoración con madeira, con papel de arroz, un obradoiro de taichi e xogos relacionados co baile.

Todos os cursos desenvolveranse no Centro Social en horario de tarde, e son completamente gratuítos.
As persoas maiores que queiran aproveitar o seu tempo libre para participar en actividades de lecer e formación teñen unha boa oportunidade de facelo este mes de marzo coas propostas da Concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Melide.

A concelleira deste departamento, Casé Rodríguez, presentou os catro obradoiros para os que xa está aberto o prazo de inscrición, e que se desenvolverán en horario de tarde no Centro Social. Todos eles, dirixidos a persoas que estean empadroadas en Melide, son completamente gratuítos.

Os luns e xoves os maiores de 60 anos teñen unha cita co Tai-chi. O Concello organiza un obradoiro co que se quere introducir esta técnica de relaxación e benestar entre os maiores, a través dun curso que durará dous meses e que dará comezo o luns 14 de marzo, en horario de 19 a 20 horas.

Os martes será o día do obradoiro de decoración de figuras con papel de arroz, unha técnica de manualidades que o Concello ten preparada para persoas nestes caso menores de 60 anos. Para organizar ben as clases, que son fundamentalmente prácticas, realizaranse dous grupos de catorce persoas, durante un mes cada grupo. As sesións serán de dúas horas os martes entre as 17.30h e as 19.30h.

Nas tardes dos mércores o Centro Social acollerá un obradoiro de decoración con mosaicos de madeira, unha nova iniciativa que está a espertar moito interese entre as persoas que habitualmente participan nas actividades da área de Benestar. Este curso terá tamén sesións de súas horas, entre 17.30 e 19.30h todos os mércores dende o día 16, e está dirixido especificamente a maiores de 65 anos.

Finalmente, e reforzando as actividades do luns, pero esta vez para persoa que non cheguen aos 55, o Concello organiza un obradoiro titulado “Xogamos co baile”, co que se pretende ir máis aló do baile clásico, e incentivar a participación destas persoas a través de propostas lúdicas e divertidas. A duración deste obradoiro é de dous meses e ten prazas limitadas, polo que as persoas interesadas deberán inscribirse no Centro Social canto antes.

O prazo de inscrición para as demais propostas está tamén aberto nestes momentos. A concelleira de Benestar, Casé Rodríguez, animou “a todas as persoas destes tramos de idade que dispoñan de tempo libre, a participar nestas propostas coas que ademais de aprender sempre se establecen lazos sociais e se fomenta a convivencia”.