Xornada do sábado no #Feitoaman2016

A Urkestra do Medio na actuación de onte venres
Santiago, 20/08/2016 - Despois dunha mágnifica xornada de venres no que a chuvia non impediu a diversión chega o sábado con máis música no #feitoaman2016

Comunicada da ANPA do CPI Camiño de Santiago en O PIno sobre as obras no colexio

O Pino, 20/08/2016 - Diante da novas que están a coñecerse estes días, a ANPA do CPI Camiño de Santiago quere facer as seguntes aclaracións:

O CPI Camiño de Santiago non ten ximnasio. Para desenvolver as clases de educación física e realizar outras actividades que deberían facerse no ximnasio que non hai, os mestres e alumnos do CPI Camiño de Santiago utilizan o vello pavillón polideportivo municipal que está ao carón do colexio.

Obras de reparación e mantemento nas instalacións municipais de Compostela

Martiño Noriega na rolda de prensa
Santiago, 20/08/2016 - A Xunta de Goberno acordou abrir o procedemento de obras de reparación e mantemento en diversas instalacións dependentes do Concello de Santiago, ás que se destinarán un total de 630.680 euros, IVE incluído. Desa cifra, a maior partida será para o Departamento de Educación, que disporá de 400.000 euros para actuacións de mellora nas dependencias da súa responsabilidade.

O BNG da estrada apoia as reclamacións dos veciños sobre melloras nas praías fluviais

A Estrada, 20/08/2016 - O BNG da Estrada apoia as reivindicacións dos veciños e veciñas de Barcala para mellorar e acondicionar a praia fluvial da parroquia, á que asisten non só os que viven no val de Vea, senón tamén ás persoas de concellos de preto da Estrada, xa que é un areal moi coñecido e apreciado.

Arzúa rende homenaxe a Avelino Pousa Antelo, no cuarto aniversario da súa morte

Arzúa, 20/08/2016 - Os Concellos de Arzúa e Teo serán escenarios dos actos preparados pola Irmandade Avelino Pousa Antelo para a conmemoración do cuarto aniversario do seu falecemento hoxe sábado, día 20 de agosto.

A Semana Cultural trae a Oroso unha vintena de actividades para todos os públicos

Oroso, 20/08/2016 - A programación da Semana Cultural do Concello de Oroso ofrecerá unha vintena de actividades para todos os públicos desde o vindeiro luns 22 de agosto ata o venres 2 de setembro.

Carreiras e motos no concello de Vedra

Vedra, 20/08/2016 - Xornada no concello de Vedra para combinar deporte e diversión.

O BNG de ordes solicita a convocatoria dun pleno extraordinario

Ordes, 19/08/2016 - O BNG de Ordes ven de presentar unha solicitude para a convocatoria dun pleno extraordinario no que se inclúa na orde do día a súa moción en contra do vertedoiro que Reciclaje ambiental Lesta S.L. intenta implantar na parroquia de Lesta.

Teo convoca un curso de animación de actividades de tempo libre

Teo, 19/08/2016 -  O Concello de Teo convoca un curso de animación de actividades de tempo libre, en colaboración coa Escola Galega de Tempo Libre Don Bosco de Santiago. O curso comezará o vindeiro 24 de setembro e concluirá o 5 de xaneiro de 2017.

Xornada de fútbol gaélico co SD Esclavitude

Padrón, 19/08/2016 - A SD Esclavitud colabora cos Irmandinhos A Estrada na organización dunha actividade de divulgación do fútbol gaélico na Comarca do Sar.

Mistura de músicas na xornada do #feitoaman2016

Santiago, 19/08/2016 -  Xornada de misturas no #feitoaman2016, desdeos ukeleles ata o flamenco ou o jazz.

Comeza unha fin de semana chea de actividades no concello de Vedra

Vedra, 19/08/2016 - Unha xornada moi intensa no concello de Vedra a de este venres, conacontos, espantallos ou cine son algunhas das actividades que abren unha fin de semana moi intensa.

O Esmorga Folk protagonista do programa festivo do venres na Bandeira

Silleda, 19/08/2016 - O coñecido como prado de Valladares acolle hoxe venres unha nova edición do Esmorga Folk, unha das citas máis veteranas en Galicia coa música tradicional.

Un centenar de nenos e nenas participan no campamento infantil do concello de Teo

Teo, 19/08/2016 - Un total de 106 nenos e nenas de Teo inician o campamento infantil programado polo Concello na súa programación estival. A primeira hora de onte, partiron desde A Ramallosa os dous autobuses que os trasladaron ata a localidade de Santa Cruz, no municipio coruñés de Oleiros.

Inaugurada a exposición de pintura dos cativos do ‘Summer Camp’ de Oroso

Teo, 19/08/2016 - Os nenos e nenas participantes no programa de conciliación ‘Summer Camp’, do Concello de Oroso, inauguraron unha exposición de arte no Museo Hortensia Ramos, situado no centro cultural de Sigüeiro. Na inauguración estiveron acompañados polos concelleiros de Deporte e Cultura, Luis Rey, e de Ensino e Benestar, Beatriz Rodeiro. 

Xornada do #feitoaman2016

Santiago, 18/08/2016 - Hoxe no #feitoaman2016 moita música feita aquí, é o momento da banda residente dun dos organizadores e da música satírica.

A asociación amiense Rutasapie organiza en outubro unha saída á Serra de Cazorla

Ames, 18/08/2016 - A asociación amesá de sendeirismo e montañismo “Rutasapie” levará a cabo unha nova saída no mes de outubro, cuxa inscrición permanece aberta. O destino desta saída é o parque natural da serra de Cazorla, Segura e as Vilas, na provincia de Xaén. Para os días 29, 30 e 31, que coinciden coa ponte de Todos os Santos, a asociación preparou tres rutas distintas, de dificultade leve a moderada, por distintos recunchos desta serra declarada Reserva da Biosfera pola UNESCO. O prezo de inscrición é de 239 euros, o xeral, e de 230 para persoas federadas.

Soncello Quartet hoxe na noite de Arzúa

Arzúa, 18/08/2016 - O programa de concertos ao aire libre que enche de música e cultura as nosas rúas e espazos públicos, programado polo Departamento de Cultura do Concello de Arzúa para o mes de agosto, está resultando todo un éxito, avalado polo numeroso público que xa desfrutou das dúas primeiras actuacións.

Aberto o prazo de inscrición para participar na XXI Carreira Popular Concello de Ordes

Ordes, 18/08/2016 -  Ata o 7 de setembro o Concello de Ordes manterá aberto o prazo de inscrición para todas e todos aqueles que queiran participar na XXI Carreira Popular, a cal terá lugar o vindeiro 11 de setembro durante toda a mañá.

Torneo solidario de fútbol este domingo en Silleda

Silleda, 18/08/2016 - O vindeiro domingo día 28 disputarase no campo de Os Mularedos, en Lamela, unha nova edición do torneo solidario no que participan os 4 equipos de fútbol do municipio silledense: S.D. Silleda, CF Laro, S.D Bandeira e Lamela C.F.

Teo homenaxea a Ánxel Casal no octoxésimo aniversario do seu pasamento

Teo, 18/08/2016 - O Concello de Teo homenaxeará este venres 19 de agosto a Ánxel Casal, no octoxésimo aniversario do pasamento do último alcalde republicano de Santiago. Os actos de lembranza terán lugar na Estivada da Ribeira, en Cacheiras, a partir das 20:00 horas. 

"Xente de Rois" organiza unha exposición de dúas fotografas do concello

Rois, 18/08/2016 - Con motivo da III Xornada Solidaria Xente de Rois, desde onte mesmo e ata finais de outubro podese gozar dunha exposición fotográfica de dúas artistas de Rois: Lara Barreiro e Zelta Iglesias. 

O "Efecto Proximidade" volve este xoves ao Mercadiño de Salgueiriños

Santiago, 18/08/2016 - A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou as actividades doEfecto Proximidade que terán lugar no Mercado de Salgueiriños os xoves 18 e 25 de agosto e o 1 de setembro. Esta acción enmárcase nas actividades do programa municipal Compostela Móvese, plan que recolle as múltiples actividades que desenvolve a Oficina de Promoción Económica municipal para impulsar un novo modelo económico para Santiago apoiándose nas principais fortalezas da cidade.

Intercambio europeo en Vedra

Vedra, 18/08/2016 - “Algo noso 2.0” é o nome do proxecto que está promovendo un intercambio entre 36 xóvenes de Galicia e Portugal; das entidades ACUXUVE de Vedra e AJ Deao de Viana do Castelo; e que ten como finalidade recuperar e promocionar a cultura e as tradicións galegoportuguesas.

Brión inviste 25.000 euros no parque infantil de Guitiande (Os Ánxeles)

Brión, 17/08/2016 - O Concello de Brión vén de rematar as obras de instalación de pavimento continuo de caucho no parque da aldea de Guitiande, parroquia dos Ánxeles, nos que investiu un total de 25.157,05 euros.

Frades e a Xunta invisten preto de 40.000 euros no mantemento no CPI da Ponte Carreira

Frades, 17/08/2016 - O Concello de Frades e a Xunta de Galicia invisten durante estas semanas preto de 40.000 euros en diversos traballos de reparación e mantemento das instalacións do Colexio Público Integrado (CPI) da Ponte Carreira. Os traballos acométense durante os meses de xullo e agosto para non interferir no desenvolvemento do curso lectivo, aproveitando as vacacións escolares.

O PSOE de O Pino, demanda o comezo das obras comprometidas para o CPI Camiño de Santiago

O Pino, 17/08/2016 - Os Socialistas de O Pino denuncian, que cando falta menos de un mes para que de comezo o novo curso escolar, as obras comprometidas para o Centro da localidade están sen empezar.

Teo inviste preto de 20.000 euros no acondicionamento dos colexios

Teo, 17/08/2016 - O Concello de Teo está investindo preto de 20.000 euros este verán en tarefas de acondicionamento dos colexios de infantil e de primaria do municipio. A principal intervención son tarefas de pintura, que se acometen aproveitando as vacacións escolares do verán. Benefician a 27 aulas dos centros educativos de Calo, da Ramallosa e dos Tilos. 

O cuarteto Tetramorph pecha o ciclo Noites en Vela este venres

Ames, 17/08/2016 - Este venres, 19 de abril, a Pontemaceira acolle a última sesión das Noites en Vela deste Verán. Pechará este ciclo de concertos o cuarteto de música clásica Tetpamop, que actuará ás 22:00 horas. Remata así unha iniciativa nada da colaboración entre os departamentos de cultura dos Concellos de Ames e Negreira.

O Bandeirock Solidario abre mañá o cartel festivo da Empanada na Bandeira

Silleda, 07/08/2016 -  Logo da celebración do campionato de canicas da S.D Bandeira que terá lugar hoxe no campo da Gandareira (21:30 horas) a localidade da Bandeira vistese de festa coa empanada como grande protagonista.

Swing, rap e covers na xornada do #feitoaman2016

Continúa o #feitoaman2016 cunha programación que comeza coa sesión vermut as 13.30 no Curro da Parra e remata cos gatos bizcos en Mazarelos.

O Concello de Ordes adícalle a última xornada das festas patronais aos seus emigrantes

Ordes, 17/08/2016 - A homenaxe á diáspora ordense e a tradición musical e folclórica galega puxeron punto e final ás festas patronais de Santa María de Ordes. Milleiros de persoas desfrutaron de catro días de celebración e diversión nos que non faltaron música, baile, tradición, oficios relixiosos, deportes etc. 

Recoñecemento de Touro a sete mestres recén xubilados

Foto 1. De esquerda a dereita: 1º Ignacio Codesido, 
2ª Dolores Rodríguez Feliz, 5º Francisco Álvarez Vázquez,
6º Roberto Casal, 7º Rosario Tarrío, 8º Julián González. 
As persoas que que non están identificados son 
esposas ou esposos dos homenaxeados.
Touro, 17/08/2016 - O Concello de Touro non deixou pasar a ocasión de brindar un recoñecemento dos veciños e veciñas a sete mestres e mestras do Colexio de Fonte Díaz recén xubilados nos últimos dous cursos.