Brión - o concello presenta contencioso administrativo contra a Xunta de Galicia


O CONCELLO DE BRIÓN PRESENTARÁ UN CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO CONTRA A XUNTA POR DESISTIR DUN CONVENIO ASINADO POR NÚÑEZ FEIJOO

A Axencia Galega de Infraestruturas comunicou hoxe que desiste de xeito unilateral de cumprir o convenio asinado en 2005 e que permitiu que a autovía Santiago-Brión pase por terreos municipais indebidamente ocupados pola Xunta

Ames - o goberno advirte sobre a legalidade das decisións na tasa do lixo


O Goberno de Ames advirte de que as decisións en torno ao cobro da taxa do lixo no rural tomáranse sempre coa seguridade xurídica
Na sesión plenaria de onte deuse conta da situación dos catro concelleiros da Corporación que comunicaron a súa baixa do Bloque Nacionalista Galego. Segundo a lexislación vixente, o grupo municipal do BNG queda sen representación e os catro edís pasan ao grupo dos non adscritos.

Silleda - o concello novamente denunciado por temas do anterior goberno



O Concello de Silleda, demandado agora por unha empresa á que o anterior alcalde lle encargou as campanas de dúas igrexas
-A empresa reclama 9.117,60 euros máis intereses pola fabricación e instalación, no ano 2006, de campanas na igrexa de Silleda e na de Martixe
-Paula Fernández Pena lamenta que sigan chegando herencias coma esta dos gobernos do PP
-O ex rexidor José Fernández Viéitez recoñeceu ante notario o pasado día 11 de xuño, a petición da empresa demandante, que foi él quen encargou as campanas por conta do Concello

Ordes - o goberno rexeita as últimas acusacións do PP


O Concello de Ordes rexeita as acusacións verquidas por Sanjurjo sobre “vacacións pagadas con cartos públicos”
A Cuantía ascende a tan só 160 euros por dúas habitacións a dous gandeiros vidos dende Francia e Cantabria, que aceptaron correr cos gastos do traslado dos animais durante a XIV Feira do Lacón con Grelos

PSOE Ordes - o pleno aproba 3 mocións socialistas


O PLENO DE ORDES APROBA AS TRES MOCIÓNS SOCIALISTAS DE APOIO Á CUSTODIA COMPARTIDA E DE REXEITAMENTO AOS DECRETOS DE RECURTES EN SANIDADE E DE DESENVOLVEMENTO DA LEI DE AUGAS

O alcalde de Ordes comprometeuse co voceiro socialista, Xesús Pedreira, a instar a Cesuga a que os seus camións con animais mortos non circulen polo centro de Ordes “e se non fixeran caso, que a Policía Local poida sancionalos”

BNG Teo - o BNG rexeita no último pleno os recortes da Xunta


O grupo municipal do BNG denunciou no pleno os recortes da Xunta de Galiza no fomento do emprego e nos programas de cooperación

Con estes recortes o Concello de Teo terá serias dificultades para reforzar as brigadas municipais
O BNG de Teo consegue aprobar tres mocións no pleno municipal sobre a revisión da exención do IBI da Igrexa, a solicitude dun referendo ante o rescate bancario e a restitución das axudas destinadas á creación de emprego

BNG Ordes - aprobada polo pleno a moción do BNg contra os recortes da Xunta


O PLENO APROBA A MOCIÓN DO BNG CONTRA O RECORTE DE 61 MILLÓNS DE EUROS DE AXUDAS AOS CONCELLOS PARA O FOMENTO DO EMPREGO
- Aprobada tamén a moción dos nacionalistas contra o rescate e en apoio dos perxudicados pola fraude das preferentes.

Ordes - clusura do curso de habilidades sociais


Clausurase o curso de Habilidades Sociais coa esperanza de que cheguen as subvencións que lle permita ter continuidade
Familiares dos alumnos, monitores e auxiliares agradécenlle a Manuel Regos a axuda e as aportacións prestadas dende o Concello de Ordes

Silleda - 15 traballos no concurso de microrelatos e microcurtas


Presentados 15 traballos aos concursos de microcurtas e microrrelatos convocados polo departamento municipal de Normalización Lingüística

-O prazo aínda remata hoxe sábado. Os gañadores de cada unha das seccións terán como premio un e-book e unha tablet, respectivamente

Ames - o luns comeza o servizo de bibliopiscinas


O servizo de bibliopiscinas ponse en marcha o luns
. O Concello de Ames leva a lectura e outros servizos da Biblioteca aos lugares de ocio de todo o municipio. Por iso, pon en marcha, outro ano máis, a campaña das bibliopiscinas baixo o lema "Móllate na lectura, 2012!".

Ames - festas en Bugallido


Bugallido celebra as festas na honra de San Pedro

. A parroquia amiense de Bugallido celebra durante esta fin de semana as festas na honra de san Pedro. Este sábado celebrase o día do Sacramento. A partir das 12:30 h, realizaranse as primeiras comuñóns dos nenos e nenas da parroquia.

Santiago - o luns comeza o Vía Stellae co violinista Enrico Casazo


O festival celébrase en distintos sitios de Santiago de Compostela do 2 ao 13 de xullo 
O violinista Enrico Casazzo interpreta a Vivaldi no concerto inaugural do Vía Stellae
  • Farao dirixindo La Magnifica Comunitá, agrupación barroca que está entre as máis recoñecidas no ámbito internacional
  • As entradas poden mercarse xa na billeteira do Teatro Principal e en Novagaliciabanco a un prezo de 8 euros

Brión - cambio de horario da biblioteca durante o verán


A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE BRIÓN CAMBIA
O SEU HORARIO DURANTE O MES DE XULLO

 A biblioteca municipal de Brión cambiará o vindeiro luns 2 de xullo o seu horario co gallo da tempada de verán.

Tordoia - aberto o prazo de inscripción para a carreira pedestre


ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA
PARTICIPAR NA IV CARREIRA PEDESTRE DE TORDOIA

Ata o 4 de xullo poderase facer efectiva a reserva de praza, que é de balde, nas doce categorías que se disputan

Teo - ruta polos montes de Rarís esta tarde de sábado


O CONCELLO DE TEO ANIMA A PARTICIPAR NUNHA RUTA CIRCULAR POLOS MONTES DE LOUREIRO E RARÍS ESTE SÁBADO POLA TARDE

·        Organizan o Concello e as asociacións de veciños de Lampai, Rarís e Luou, para coñecer os lugares onde pretenden instalar un parque eólico

·        A zona conta cunha gran riqueza patrimonial, con trinta e cinco mámoas catalogadas e multitude de petróglifos

Fundación Araguaney - Jesús Nuñez novo patrón da Fundación


La Fundación Araguaney nombra a Jesús Núñez Villaverde como nuevo patrono

Santiago de Compostela, Viernes 29 de Junio de 2012. El patronato de la Fundación Araguaney-Puente de Culturas que preside Ghaleb Jaber Ibrahim, ha incorporado a Jesús Núñez Villaverde a su equipo tras la reunión celebrada el viernes 29 de Junio a las 18,30 de la tarde en uno de los salones del Hotel Eurostars Araguaney.

Santiago - axenda sábado 30, cortes de tráfico e actuacións policía local


Sábado 30

12.00 h
No colexio de Roxos, o concelleiro Francisco Noya asiste á homenaxe ao director Jaime Fraiz Vázquez, con motivo da súa xubilación

19.00 h
No Campus Sur (pistas de atletismo), o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, participa no I circuito de carreiras saudables “Corre San”, organizado pola Concellería de Deportes.

Ames - hoxe comeza o I trofeo de fútbol base


Un total de 43 equipos participan no I Torneo de fútbol base Ames Cup Verán
Esta competición celebrarase entre o 29 de xuño e o 1 de xullo no campo municipal de Bertamiráns e do Milladoiro. O torneo dispútase na modalidade de fútbol 7 para as categorías prebenxamín, benxamín e alevín.

Ordes - noites psicoeducativas


O Concello de Ordes celebrará hoxe venres a última das súas  Noites psicoeducativas con todas as prazas cubertas

Obradoiros de fieltro, tiro con arco, talleres de cociña fría e de decoración culinaria ou karaoke serán algunhas das actividades previstas

Ames - última xornada de Cultura de Bar


Esta fin de semana remata a primeira edición do programa Cultura de Bar con cinco novas actuacións
O venres 29 estarán en Bertamiráns, Miguel Alonso e Paul Black, mentres que no Milladoiro actuarán o grupo Duodeno e o Mago Romarís.

BNG Ordes - acto público sobre o rescate


O BNG DE ORDES CELEBRARÁ UN ACTO PÚBLICO SOBRE O RESCATE CO TÍTULO: “RESCATE PARA A BANCA, ROUBO PARA O POBO”

- O acto contará coa participación do deputado do BNG, Carlos Aymerich, e terá lugar este venres, 29 de xuño, ás 21:00, no salón de actos dos baixos da alameda.

Santiago - corte de tráfico na Rúa República do Salvador mañá sábado


Corte de tráfico na rúa República do Salvador

Con motivo da instalación dun guindastre á altura do número 17 da rúa República do Salvador pecharase ao tráfico a devandita rúa entre as 6.00 e as 8.00 horas do sábado 30 de xuño.

Mentres dure o corte o servizo de transporte urbano desviarase polas rúas Doutor Teixeiro, Rosa, San Pedro de Mezonzo e praza Roxa.

O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.

Santiago - axenda venres 29 e actuacións policía local


Venres 29

10.40 h
Na Alcaldía, Xunta de Voceiros.

11.00 h
Na Casa do Concello, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, reúnese coa presidenta de Executivas de Galicia, Montserrat Sánchez-Agustino. 

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

Música na Noite - a decimoquinta edición o 6 e o 7 de xullo


Músicas emerxentes e tracicionais converxen no 15º Festival Música na Noite
Celébrase en Calo (Teo) os días 6 e 7 de xullo

 A Asociación Cultural Lúa Chea presentou esta mañá, na Casa Común de Calo, en Teo, a 15ª edición do Festival Música na Noite. O festival vaise celebrar nas noites do venres, 6 de xullo, e do sábado 7, no lugar de Solláns, na mesma parroquia na que se presentou. No acto estiveron presentes os membros da A.C. Lúa Chea Xoán Carlos Portos, Ana Fernandez e Jesús Parajó, o concelleiro de Mocidade e Servizos de Teo, Xurxo Francos, o alcalde da localidade, Martiño Noriega, e o músico Leo i Arremecághona, que ofreceu unha pequena mostra da que vai ser a súa actuación no festival.

Ames - o concello concorre as axudas de AGADER


O Concello de Ames concorre con catro proxectos ás liñas de axuda de Agader para a dinamización das áreas rurais
 O Concello de Ames presentou catro proxectos á convocatoria de subvencións da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) para proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia promovidos polos concellos e mancomunidades, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

Santiago - axenda xoves 28 e actuacións policía local


Xoves 28

9.00 h
No Palacio de Congresos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á inauguración do Pleno do Consello de Comunidades Galegas.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, sobre asuntos da súa área.

Ames - atentos a moción que se debate hoxe no pleno


A Plataforma do Lixo estará atenta ao debate da moción sobre a taxa do lixo no rural
Confía en que os motivos expostos durante o diálogo no pleno deste xoves  sirvan para mudar a vontade política do goberno de Ames
Representantes da Plataforma do Lixo estarán presentes mañá xoves, 28 de xuño, no pleno do Concello de Ames, no que se retomará o debate da Moción sobre a taxa por actividades e servizos relacionados coa hixiene urbana, presentada conxuntamente polo grupo socialista e Ames Novo en nome da Plataforma do Lixo.

Ames - a plataforma do lixo falta a verdade sobre a última reunión


O Goberno de Ames acusa á Plataforma do Lixo de faltar á verdade sobre a reunión mantida o luns, na que non se achegaron nin informes nin alternativas legais
Nese encontro, o único que entregaron os representantes deste colectivo foi unha tarxeta de visita dun bufete de avogados. O Concello segue agardando a que se lle traslade unha valoración contrastada, mentres segue traballando e solicitando todos os informes necesarios.

BNG Ordes - moción contra a subida dos prezos da piscina


O BNG PRESENTA UNHA MOCIÓN CONTRA A ABUSIVA SUBA DOS PREZOS DA PISCINA MUNICIPAL E PARA A FINALIZACIÓN INMEDIATA DAS OBRAS QUE IMPIDEN O SEU USO
- Os nacionalistas denuncian que o alcalde pretende case dobrar o prezo do carnet de temporada e dos cursos de natación para a piscina municipal, e propoñen a conxelación dos prezos, mantendo os do ano pasado.

Brión - nova web de emprego


O CONCELLO DE BRIÓN ESTREA UNHA NOVA WEB NA QUE CENTRALIZARÁ TODO O RELACIONADO CON FORMACIÓN, EMPREGO E EMPRESAS NO MUNICIPIO

Patricia Vázquez indica que “pretendemos crear un punto de encontro entre ofertantes e demandantes de emprego para axilizar a busca de traballo”

Psoe Ordes - petición de retirada da lei de augas


O PSOE DE ORDES PEDIRÁ AO PLENO A
RETIRADA DA LEI DE AUGAS DE GALICIA

Xesús Pedreira asegura que “esta lei só busca recadar máis e subir o prezo da auga para o conxunto da cidadanía, incrementando o gasto corrente de concellos como Ordes ao facernos responsables da xestión do cobro”

Ames - modificación do prezo das escolas infantís


O Pleno debaterá mañá a modificación do prezo público das escolas infantís para adaptalas á normativa autonómica e poder optar a subvencións
 A sesión plenaria de mañá debaterá a aprobación inicial da modificación da ordenanza que regula o prezo público pola prestación do servizo das escolas infantís municipais do Concello de Ames. A suba proposta nos servizos afectará só ás rendas máis altas e, seguindo a política levada a cabo por este Goberno, os prezos para as rendas máis baixas non se tocarán, senón que mesmo terán bonificacións.

PSOE Teo - puntualizacións sobre as subvencións as asociacións


NOTA PRENSA
SUBVENCIÓNS DO CONCELLO DE TEO
Os Socialistas de Teo queremos facer varias puntualizacións sobre a nova aparecida nos medios de comunicación sobre as subvencións ao tecido asociativo convocadas polo Concello.
O PSdeG de Teo, en primeiro lugar, amosa a súa sorpresa pola contía dalgunha destas subvencións, xa que no Plan de saneamento 2012-2017 aprobado no Pleno de xaneiro de 2012 se sinalaban outros importes, producíndose un recorte dos mesmos.

Oroso - reparacións de vías e beirarruas


O CONCELLO DE OROSO ANCHEA AS BEIRARRÚAS FRONTE AO COLEXIO E REPARA ALGÚNS TRAMOS EN MAL ESTADO EN SIGÜEIRO

Técnicos da Deputación Provincial visitaron Oroso e confirmaron que a construcción das beirarrúas de Senra, orzamentado en 416.000 euros, comezará a vindeira semana

Melide - visita as obras do IES de Melide do xefe territorial de educación


O xefe territorial de educación visitou as obras do colexio nº 1 e do IES de Melide.
  • O montante ascende a 32.194 € no caso do colexio nº1 e 15000 € no caso do IES de Melide. No caso do grupo escolar nº1 as obras tratan da adaptación de baños en infantil e no caso do IES supoñen unha mellora na eficiencia enerxética do edificio. 

Silleda - memoria de actividades da mea contra a violencia de xénero


A Mesa de Coordinación para a Erradicación da Violencia de Xénero  presentou a memoria de actividades
-A entidade, celebrou hoxe a segunda sesión desta lexislatura, na que se analizaron os casos no que vai de ano, o programa de sensibilización no nurarl e se presentou a Paz Pérez Asorey,  xefa da Unidade contra a Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno en Pontevedra

Teo - ampliación de servizos do cemiterio


O CONCELLO DE TEO AMPLÍA A OFERTA DE SERVIZOS DO CEMITERIO MUNICIPAL COA OPCIÓN DE SOLICITAR COLUMBARIOS 

A sesión plenaria ordinaria de xuño adaptará a ordenanza fiscal reguladora da taxa por servizos funerarios a esta nova opción

Ordes - festas de San Pedro de Ardemil en Mesón do Vento


Mesón do Vento celebrará esta fin de semana as súas festas patronais en honor a San Pedro de Ardemil

Serán tres días de celebracións nas que as orquestas Galilea, Costa Oeste, Marca e La Bámbola serán os encargados de poñer a nota musical

Ordes - En vacacións ... disfruta da biblioteca


Máis de 100 contos novos para sobrelevar o verán en Ordes

A biblioteca municipal inaugura a mostra 'En vacacións... desfruta a biblioteca' dirixida aos rapaces e rapazas do municipio

Santiago - éxito de participación nas actividades de Vive o Verán


Éxito de participación nas actividades de Vive o Verán

O 25 de xuño rematou o prazo de presentación de solicitudes para participar nas actividades matinais organizadas dentro do programa Vive o Verán. En particular, destaca a boa acollida das actividades propostas para as parroquias do rural, xa que se cubriron as 90 prazas ofertadas.

Brión - sendeirismo pola Ribeira Sacra


UN TOTAL DE 52 VECIÑOS DE BRIÓN PARTICIPARON NUNHA EXCURSIÓN POLA RIBEIRA SACRA

Este sábado terá lugar unha ruta de sendeirismo por Ribadumia
  Un total de 52 veciños e veciñas de Brión participaron esta fin de semana nunha excursión pola Ribeira Sacra organizada polo Concello de Brión. A expedición, que partíu a primeira hora da mañá da carballeira de Santa Minia, realizou un pequeno roteiro de sendeirismo a pé, duns 6 quilómetros de lonxitude, dende o embarcadeiro de Doade ata o pobo de Doade. Un roteiro de dificultade medio/alto, xa que houbo que camiñar entre os fermosos canóns que acompañan o curso do río Sil.

Teo - clausura das escolas deportivas


MÁIS DE 400 PERSOAS PARTICIPARON NAS ESCOLAS DEPORTIVAS DE TEO NO CURSO QUE ACABA DE REMATAR

As escolas deportivas municipais do Concello de Teo veñen de pechar o curso 2011-2012 cunha serie de sesións nas que cada modalidade exhibiu todas as destrezas aprendidas ou perfeccionadas durante os últimos meses. En total, os dez grupos superan as 400 persoas.

Frades . entrega de equipamento os cadetes das escolas deportivas


O CONCELLO DE FRADES ENTREGA EQUIPAMENTO DEPORTIVO AOS CADETES DAS ESCOLAS DEPORTIVAS, CAMPIÓNS DA LIGA INTERMUNICIPAL DE DEPORTE ESCOLAR

O alcalde de Frades, Miguel Prado Patiño, vén de entregar equipamento deportivo aos integrantes das escolas deportivas municipais de fútbol sala, categoría cadete, que se proclamaron este ano campións da Liga Intermunicipal de Deporte Escolar.

Esquerda unida Santiago - petición de acordo defiinitivo sobre a feira de gando


O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA MANTÉN
FIRME O SEU APOIO A QUE A FEIRA DE GANDO SE CONTINÚE LEVANDO A
CABO NO CONCELLO DE SANTIAGO.
O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA ESIXE O GOBERNO LOCAL
DO PP UN ACORDO POR ESCRITO NO QUE SE ESTABLEZAN AS CONDICIÓNS
PARA A CELEBRACIÓN DA FEIRA EN SANTIAGO.

Santiago - Moncho Fernández pregoeiro das festas do Apostolo


O alcalde traslada ao entrenador do Obradoiro a petición formal para que sexa o pregoeiro das festas do Apóstolo

Ordes - hoxe remata o prazo para inscribirse nos cursos de natación


Hoxe mércores finaliza o prazo para inscribirse nos cursos de natación organizados polo Concello de Ordes

Este ano a piscina municipal abrirá dende o 1 de xullo ata o 15 de setembro

BNG Ordes - moción contra o recorte nas axudas os concellos


O BNG PRESENTA UNHA MOCIÓN CONTRA O RECORTE DE 61 MILLÓNS DE EUROS DE AXUDAS AOS CONCELLOS PARA POLÍTICAS DE EMPREGO E CONTRATACIÓN DE PERSOAS  NO PARO
A moción, que será debatida no Pleno do vindeiro xoves, demanda da Xunta a que dea marcha atrás e garanta que o Concello poida desenvolver tamén políticas de emprego nas escolas taller e nos obradoiros.

Santiago - o VII festival Vía Stellae do 2 ao 13 de xullo


O festival celébrase en distintos sitios de Santiago de Compostela do 2 ao 13 de xullo
 20  eventos musicais na sétima edición do Vía Stellae
  • O eixe central do festival será a música antiga e barroca pero sen esquecer outras épocas e xéneros, con especial atención á música contemporánea de creación actual
  • As entradas poden mercarse desde hoxe na billeteira do Teatro Principal para todos os concertos ou en Novagaliciabanco para os do Auditorio, Principal e Salón Teatro

Ames , Brión, Negreira - éxito do Feirón saudable


Entréganse os premios do primeiro certame de carteis Ames, Brión, Negreira-Día Internacional contra o uso indebido e o tráfico ilícito de drogas
Os concellos de Ames, Brión e Negreira conmemoraron hoxe pola tarde o Día Internacional contra o uso indebido e o tráfico ilícito de drogas, cun Feirón Saudable que se celebrou na Carballeira de Santa Minia en Brión.

Silleda - o venres remata o prazo para anotarse o programa de balnearios


O prazo para participar no programa diurno de balnearios remata o vindeiro vernes día 29
-As sesións serán do 1 ao 5 de outubro no balneario de Cuntis

O CONCELLO DE OROSO E A DEPUTACIÓN DA CORUÑA ORGANIZAN UNHA CHARLA COLOQUIO SOBRE ESTILOS EDUCATIVOS DIRIXIDO AOS PAIS E NAIS DO MUNICIPIO
Terá lugar o xoves 28 de xuño, ás 10:00 horas, no centro cultural de Sigüeiro 

Silleda - a venda as entradas para a XIV Festa do Lacón


Xa están á venda as entradas para asistir á
XIV Festa do Lacón de Silleda

-Pódense adquirir en tres establecementos da localidade: no Bodegón Ester, Restaurante Ricardo e o Estanco Edita

Brión - festival internacional de folk 2012



GRUPOS DE TURQUÍA, RUSIA, MÉXICO, GRAN CANARIA, NARÓN E BRIÓN COMPOÑEN O CARTEL DESTE ANO DO FESTIVAL INTERNACIONAL DE FOLCLORE DE BRIÓN

O festival, de entrada libre e gratuíta, terá lugar na carballeira de Santa Minia o domingo 22 de xullo, ás 21:30 horas
Previamente, celebrarase unha segunda edición do Rastriño de obxectos usados e de segunda man, debido ao éxito da primeira edición

Santiago .- axenda mércores 27, cortes de tráfico e actuacións policía local


Mércores 27

10.00 h
No Salón Verde, o alcalde compostelán, Ángel Currás, preside a reunión da Xunta Local de Seguridade. Haberá declaracións ao remate.

11.00 h
No Salón de Plenos, reunión da Mesa local de comercio.

Santiago - axenda martes 26


Martes 26

10.00 h
No Reitorado, as concelleiras Reyes Leis e Cecilia Sierra asisten ao Consello de Administración de Uninova.

11.00 h
CEIP Fontiñas. A concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, visita os centros educativos nos que se desenvolve o Programa de conciliación familiar e laboral “Escolas de Verán 2012”. Ás 11.00 h visitará o CEIP Fontiñas, a continuación o CEIP Ramón Cabanillas, e para finalizar o CEIP Raíña Fabiola.
NOTA: haberá un vehículo un disposición dos medios de comunicacion que sairá ás 10.45 h da Praza do Obradoiro.

Ames Novo Ames - o goberno continúa sen orzamentos


Ames, un goberno sen orzamentos
 O Concello de Ames leva a metade do ano sen orzamentos. Todas as Administracións deben aprobar antes do final do ano anterior os seus orzamentos, Ames continúa cuns presupostos de 2010, cun goberno de diferente signo político e noutra situación económica.

Teo - 300000 euros para o tecido sociativo


O CONCELLO DE TEO DESTINA MÁIS DE 300.000 EUROS ESTE ANO A INCENTIVAR A ACTIVIDADE DO TECIDO ASOCIATIVO  

    A administración local ten abertos nestes momentos os prazos de solicitude de subvencións de cinco convocatorias competitivas

·     A pesar das dificultades económicas, o goberno municipal considera irrenunciable este esforzo para apoiar á sociedade organizada

PSOE Ordes - desvío dos camións de CESUGA do centro da vila


O PSOE DE ORDES PEDIRÁ AO PLENO QUE INSTE Á EMPRESA CESUGA A DESVIAR OS SEUS CAMIÓNS DO CENTRO DA VILA DE ORDES USANDO A ROLDA LESTE

Plataforma Lixo Ames - conclusións da reunión co goberno municipal


A Plataforma do Lixo dálle ó Goberno solucións legais para pechar o expediente do lixo
A Plataforma do lixo traslada ó goberno alternativas legais contrastadas con técnicos especializados na fiscalidade tributaria

O goberno ten a pelota no seu tellado e agora só depende da vontade política resolver o expediente de xeito favorable para os veciños

Silleda - aprobación definitiva do plan parcial Área 33


O BOP publica a aprobación definitiva da
modificación puntual do plan parcial de Área 33

Os cambios urbanísticos, que permiten ampliar os usos do parque empresarial silledense, e tamén o adosado das naves, entrarán en vigor o vindeiro 17 de xullo

Ames - a Xunta subvencionará os comedores escolares


O Concello de Ames segue traballando intensamente na mellora da rede de comedores escolares e acada coas súas xestións a subvención económica da Xunta de Galicia
Deste xeito, cúmprese o compromiso adquirido polo actual Goberno de lograr apoio da Consellería de Educación para os comedores de cinco centros escolares.

BNG Ordes - moción contra os recortes os concellos


O BNG PRESENTA UNHA MOCIÓN CONTRA O RECORTE DE 61 MILLÓNS DE EUROS DE AXUDAS AOS CONCELLOS PARA POLÍTICAS DE EMPREGO E CONTRATACIÓN DE PERSOAS  NO PAROA moción, que será debatida no Pleno do vindeiro xoves, demanda da Xunta a que dea marcha atrás e garanta que o Concello poida desenvolver tamén políticas de emprego nas escolas taller e nos obradoiros.

Ames - prazo de inscripción para o campamento da aula da natureza

Comeza o prazo para formalizar a matrícula no campamento urbano de verán que se desenvolverá na Aula da NaturezaUn total de 36 nenos/as están admitidos no campamento urbano de verán que se levará a cabo na Aula da Natureza.
Entre o 25 de xuño e o 5 de xullo haberá que formalizar a matrícula para o campamento urbano de verán.

Ames - xuño lúdico


Un total de 235 nenos e nenas participan no Xuño lúdicoEn Bertamiráns participan 73 nenos e nenas e no Milladoiro acoden a este servizo un total de 162 nenos e nenas.

Estas actividades desenvólvense durante os días 25, 26, 27, 28 e 29 de xuño, dende as 07:30 h. ata as 16:00 horas.

Santiago - hoxe estará a orquesta Gaos no auditorio


Será hoxe martes 26 de xuño ás 21.00h dentro do ciclo ‘Novas Orquestras’ 
Concerto da Orquestra Gaos no Auditorio de Galicia
  • Dirixida por Fernando Briones, e co frautista André Cebrián, interpretarán obras de Schifrin e Brahms
  • As entradas, a 3€ (de balde para os abonados do Auditorio) poden mercarse na bilelteira do Teatro Principal ou na do Auditorio o día do concerto

Santiago - axenda luns 25 e actuacións policía local


Luns 25

9.00 h
No salón verde, comisión informativa de Presidencia, Réxime Interior, Facenda e especial de Contas para informar da liquidación do orzamento de 2011.

10.00 h
Na Casa do Concello, a concelleira de Persoal, Amelia González, reúnese cos representantes da Xunta de Persoal e Comité de Empresa.

11.00 h
No salón de plenos, reunión da Mesa local de comercio. Enviarase nota de prensa.

Ames - Brión - Negreira - Feirón saudable mañán martes en Santa Minia


Ames, Brión e Negreira celebrarán o 26 de xuño un Feirón Saudable para concienciar aos mozos sobre a problemática das drogas
O martes conmemorase o Día Internacional contra o uso indebido e o tráfico ilícito de drogas. O Feirón Saudable comezará ás 17,00 horas na Carballeira de Santa Minia e incluirá actividades como xogos tradicionais e unha entrega de premios.

Ordes - a unidade do centro de transfusión hoxe e mañán en Ordes

A unidade móbil de extracción de sangue visitará o Concello de Ordes hoxe  luns 25 e o martes 26 de xuño, nun horario que irá dende as 16 ata as 21 horas. O lugar onde se situará dita unidade é o habitual, entre os parques municipais detrás do Concello. Para calquera información os interesados dispoñen do teléfono gratuito 900 100 828. Tamén se poden poñer en conctacto a través do correo electrónico doadoressangue.ctg@sergas.es

Santiago - este martes a orquesta Gaos no Auditorio


Será o martes 26 de xuño ás 21.00h dentro do ciclo ‘Novas Orquestras’ 
Concerto da Orquestra Gaos no Auditorio de Galicia
  • Dirixida por Fernando Briones, e co frautista André Cebrián, interpretarán obras de Schifrin e Brahms
  • As entradas, a 3€ (de balde para os abonados do Auditorio) poden mercarse na bilelteira do Teatro Principal ou na do Auditorio o día do concerto

Ames - a escola infantil a Madalena despideu o curso


Os rapaces da escola infantil da Madalena despediron o curso con baile e música
 A escola infantil municipal da Madalena celebrou esta tarde na Casa da Cultura do Milladoiro o seu festival de fin de curso.

Ordes - clausurado o curso de técnicas de emprego impartido por COGAMI

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) clausurou hoxe en Ordes o curso de técnicas de búsqueda de emprego.

Santiago - Chambao estará en outubro no Auditorio de Galicia


Estarán no Auditorio de Galicia o 19 de outubro  dentro da xira de presentación do seu quinto disco 
Chambao, unha das propostas de Sons’2012 para o último trimestre do ano
  • As entradas, a 20€ anticipada, 23€ o día do concerto, están xa á venta na billeteira do Teatro Principal, en Novagalicibanco e na Rede Ticketmaster
  • A programación deste primeiro semestre de Sons’2012 péchase mañá, xoves 21 de xuño, coa irlandesa Sharon Corr que presenta ‘Dream of you’

Santiago - axenda domingo 24 e actuacións policía local


Domingo 24

18.00 h
No campo municipal de Santa Isabel, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asiste á final da 45º Edición da Copa do Sar Afeccionados, que enfronta a Villestro SD e SD Escravitude.

19.00 h
Na Sala Capitol, concerto debut en Galicia de Simple Plan (Canadá, pop-punk) e Everlyn (Madrid, pop) dentro do festival Under 18.

Teo - o concello celebra esta semana o día do orgullo LGTB



O CONCELLO DE TEO CELEBRA O DÍA DO ORGULLO LGTB CUN CICLO DE ACTIVIDADES NA CASA COMÚN DOS TILOS
· O programa inclúe unha mesa redonda, unha conferencia dun experto e unha proxección cinematográfica con coloquio
· Proponse unha reflexión sobre canto falta para a normalización, coñecer mellor o proceso de elaboración da orientación sexual e ver como se tratan as personaxes homosexuais no cinema máis comercial

Ordes - a parroquia de Buscás celebra o martes o San Paio


A parroquia ordense de Buscás acollerá o vindeiro martes as súas festas na honra a San Paio
Os Satélites e Trébol serán os encargados de poñer a nota musical e esta celebración, que tamén contará con misas solemnes ás 13 e 20 horas

Ames - clausura do curso de prevención alimentaria (fotos no interior) en idade escolar


Un total de 95 persoas participaron no curso de prevención, tratamento e asistencia nos casos de alerxia e intolerancia a alimentos en idade escolar
O Pazo da Peregrina acolleu onte pola tarde o acto de entrega de diplomas deste curso. O alcalde de Ames, Santiago Amor, que estivo acompañado por varios/as concelleiros/as do grupo de goberno foi o encargado de facer entrega dos diplomas.

Teo - simulacro nas escolas infantís (fotos no interior)


AS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS DA RAMALLOSA E DE CALO SUPERAN CON ÉXITO UN SIMULACRO DE EVACUACIÓN POR EMERXENCIA

O desaloxo, supervisado por Protección Civil de Teo, serviu para avaliar o grao de cumprimento dos protocolos de seguridade 
· Persoal e nenos saíron dos centros con rapidez e orde, sen que se constatase ningún obstáculo relevante en caso de emerxencia real