PP PADRON - PRESENTACION DO CANDIDATO

El PP presenta a Antonio Fernández como “el único alcalde capaz de hacer frente a los retos de futuro de Padrón”

 

·        El secretario de organización recalcó que es el momento de que Padrón cuente con un gobierno del PP serio, con cabeza y sin improvisaciones

 

Padrón, 9 de abril de 2011.- El secretario de organización, Manuel Álvarez - Campana, y el presidente del PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, han participado en el acto de presentación de la candidatura del PP de Padrón, que lidera Antonio Fernández Angueira. El representante provincial destacó que en Padrón ha llegado el momento del cambio porque el 22 de mayo se acabarán las improvisaciones y este municipio tendrá con Antonio Fernández un gobierno serio que volverá a generar confianza. Álvarez - Campana subrayó que “vuestro futuro alcalde está trabajando para presentar las mejoras propuestas en positivo, porque este municipio tiene importantes retos de futuro que afrontar en los próximos años y necesita un gobierno serio y eficaz”. El representante popular subrayó que “nosotros no necesitamos hacer una política contra nadie, sino que triunfamos sumando, a nosotros nos gusta sumar y unir”.

 

“El alcalde debe tener capacidad de gestión para implicarse y sacar el mejor partido, y os puedo asegurar que Antonio está preparado para liderar todo este proceso”, subrayó el representante del PP. “Padrón necesita un gobierno –añadió- con sentidiño, con cabeza y que no improvise, y Antonio lo puede hacer porque tiene una buena formación y está preparado para que este municipio se consolide con buenos cimientos”. En esta línea, añadió que “vienen tiempos difíciles y se necesitan políticos que creen oportunidades y que planifiquen”.

 

El secretario de organización destacó que la capacidad de liderazgo de Antonio Fernández Angueira se verá reflejada en que no dudará en tomar el timón y resolver los problemas comunes que afectan a sus vecinos, empezando por incentivar la actividad económica del municipio. El representante popular hizo también hincapié en que “en los difíciles momentos económicos, se necesitan trabajadores incansables, que transmitan esperanza y que tengan una presencia constante en la vida social del municipio, para hacer buenos equipos desde las bases y reflejar en su ideario las demandas y preocupaciones de sus vecinos, y Antonio y su magnífico equipo reúnen todos esos requisitos”. “Tenemos la fuerza y la capacidad –añadió- para lograr que Padrón se vista de azul popular”.

MANCOMUNIDADE DE ORDES - GALA DO DEPORTE

MÁIS DE CATROCENTOS VECIÑOS APLAUDIRON

AOS 35 PREMIADOS NA IV GALA DO DEPORTE DA MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DE ORDES

 

Miguel Prado felicitou aos premiados dos sete concellos por ser “unha excelente representación da importancia que lle dan ao deporte os nosos veciños”

 

9 de abril de 2011.- A discoteca LP 45 de Ordes quedou pequena para acoller ao máis de catrocentos veciños e veciñas que participaron na noite de onte venres na cuarta edición da Gala do Deporte da Mancomunidade de Ordes. Unha gala na que se entregaron as distincións aos 35 deportistas e entidades deportivas máis destacados no ano 2010 nos concellos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo.

 

O presidente da Mancomunidade de Municipios de Ordes, Miguel Prado Patiño, dedicou a súa intervención a felicitar aos premiados dos sete concellos, que son "unha excelente representación da importancia que lle dan ao deporte os nosos veciños". Prado Patiño destacou tamén o considerable esforzo que as administracións locais fan nesta materia para programar actividades e competicións e para dotarse de infraestruturas. Neste sentido, lembrou a evolución de equipamentos en todos os concellos, que a día de hoxe contan con instalacións para practicar todo tipo de deportes: fútbol, fútbol sala, baloncesto, balonmán, natación, hockei, tenis, tenis de mesa, atletismo, ximnasia, pádel, squash, tiro con arco... Miguel Prado avogou por seguir traballando nesta liña e prestarlle atención ao mantemento de todas estas infraestruturas, á vez que animou aos veciños da comarca a seguir practicando deporte.

 

Pola súa parte, o alcalde de Ordes, Manuel Regos, como anfitrión da gala, amosou o seu orgullo por que Ordes acollese esta cita anual do deporte comarcal e suliñou que "é imposible premiar a todos os deportistas que o merecen, porque afortunadamente temos moitos e moi destacados, e os premiados esta noite sodes un gran expoñente". O rexedor ordense tamén suliñou que o investimento en deportes nunca debe ser deixado en segundo plano "porque expresa a calidade de vida da sociedade, que é polo que traballamos".

 

Á gala asistiron todos os alcaldes que integran a Mancomunidade de Ordes: José García (Cerceda), Miguel Prado (Frades), Mariano Iglesias (Mesía), Manuel Regos (Ordes), Manuel Mirás (Oroso), Antonio Pereiro (Tordoia) e Xosé Dafonte (Trazo). Os sete rexedores, acompañados de concelleiros do seu municipio, foron os encargados de felicitar e entregar os galardóns aos tres mellores deportistas ou entidades deportivas do seu municipio no curso 2010-2011. Así mesmo, tamén entregaron dous premios especiais por concello: á mellor promesa e un recoñecemento especial á traxectoria dun deportista ou clube deportivo.

 

 

 

Premiados

 

Os premiados nesta terceira Gala do Deporte da Mancomunidade de Ordes foron:

 

CONCELLO DE CERCEDA

 

1º PREMIO-INÉS BARBEITO GENDE

2º PREMIO-RODRIGO PARAFITA BESTILLEIRO

3º PREMIO-EQUIPO VETERANO FEMININO DE ATLETISMO

PROMESA-SARA GENDE RODRÍGUEZ

RECOÑECEMENTO ESPECIAL-JOSÉ MANUEL GARCÍA BERMÚDEZ

 

 

CONCELLO DE FRADES

 

1º PREMIO-EQUIPO INFANTIL DE FÚTBOL SALA EDM FRADES 2010-2011

2º PREMIO-ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE PATINAXE

3º PREMIO-ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE JUDO

PROMESA-RUBÉN SÓÑORA DOPAZO

RECOÑECEMENTO ESPECIAL-TELMO JOSÉ GÓMEZ PÉREZ

 

 

CONCELLO DE MESÍA

 

1º PREMIO-ACTIVIDADES FÍSICAS PARA A 3ª IDADE

2º PREMIO-ACTIVIDADES FÍSICAS PARA ADULTOS

3º PREMIO-ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

PROMESA-TERAPIA PSICOMOTRIZ

RECOÑECEMENTO ESPECIAL-JESUSA GONZÁLEZ RODRÍGUEZ

 

 

CONCELLO DE ORDES

 

1º PREMIO-AC ORDES SENIOR

2º PREMIO-DAVID SANTOS DOMÍNGUEZ

3º PREMIO-XUVENÍS S.D. ORDES

PROMESA-CLUB COUTO JOGAFÁN ORDES F. SALA

RECOÑECEMENTO ESPECIAL-ROBERTO FAYA CERQUEIRO

 

 

CONCELLO DE OROSO

 

1º PREMIO-SILVIA ÁLVAREZ MOSQUERA

2º PREMIO-DANIEL RAMA VILLAVERDE

3º PREMIO-MARTÍN PENA VARELA

PROMESA-ALBERTO VIEITES CORES

RECOÑECEMENTO ESPECIAL-JORGE RICO DOMÍNGUEZ

 

 

CONCELLO DE TORDOIA

 

1º PREMIO-MARTÍN LISTE VIAÑO

2º PREMIO-MARÍA PALLAS OTERO

3º PREMIO-FÁTIMA BALEATO RAMA

PROMESA-MARTA E JACOBO ROSENDE GONZÁLEZ

RECOÑECEMENTO ESPECIAL-PEDRO PEREIRA SILVEIRA

 

 

CONCELLO DE TRAZO

 

1º PREMIO-MARIO RÍOS SÁNCHEZ

2º PREMIO-MANUEL DUBRA VÁZQUEZ

3º PREMIO-S. PATRICIO E SALCHICHÓN DE LEYMA

PROMESA-ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS BENXAMÍNS

RECOÑECEMENTO ESPECIAL-JOSÉ A. BREA DOMÍNGUEZ (caza)

AMES - RECADACION DE MAIS DE UN MILLON DE EUROS

O Concello de Ames recada 1.322.276,29 euros a través do plan de inspección do imposto de construcións, instalacións e obras

A Administración local aprobou e puxo en marcha a comezos de 2009 un plan de inspección dos tributos municipais. Deste proceso encárgase o departamento de Tesourería municipal, que traballa de xeito conxunto coa empresa adxudicataria do servizo de recadación, Gestión Tributaria Territorial. O primeiro plan de inspección do ano 2009 contou cunha recadación de 662.978,93 euros. O plan de 2010 contempla unha recadación de 640.998,38 euros, e durante o ano 2011 xa se liquidaron actas por valor de 367.975,44 euros. O importe total é de 1.671.952,75 euros, pero hai que quitarlle dúas baixas por valor de 349.676,46 euros, polo que dende que se puxo en marcha esta plan de inspección recadouse un total de 1.322.276,29 euros. Para darlle continuidade a este traballo o goberno municipal aprobará nas vindeiras semanas o terceiro plan de control e inspección tributaria no Concello de Ames para o exercicio 2011.

O Concello de Ames está realizando unha forte inspección sobre todos os tributos que recada durante o exercicio fiscal. Nese aspecto, estase a realizar un traballo especial cada ano co imposto de construcións, instalacións e obras (ICIO) e co imposto de actividades económicas (IAE). Para iso, a comezos do ano 2009 aprobouse e púxose en marcha un plan de inspección que redunda especialmente no control das liquidacións do imposto de construcións, instalacións e obras e de todas as liquidacións provisionais deste imposto con efecto retroactivo.

Este traballo faise a través do departamento de Tesourería municipal, que está levando a cabo unha forte inspección de todos os impostos que se recadan ao longo do ano. Neste traballo tamén colabora a empresa adxudicataria do servizo de recadación, Gestión Tributaria Territorial. Para darlle continuidade a este traballo o pasado ano aprobouse o segundo plan municipal de control e inspección tributaria, que ampliou a inspección sobre outro tipo de impostos e taxas municipais. A actividade da inspección tributaria local do Concello de Ames durante o ano 2010 dirixiuse cara a consecución de dous obxectivos básicos que foron a corrección dos incumprimentos tributarios e a prevención dos que se puideran producir nun futuro próximo.

O plan de inspección consiste en comprobar que o custo de execución material da obra era o que figuraba no presuposto inicial emitido pola empresa adxudicataria no momento de solicitar a licenza de obra. A contía do imposto está constituída polo custo real e efectivo da construción, instalación ou obra, e enténdese por tal, o custo de execución material dos traballos realizados. Este custo soamente se coñece ao finalizar a obra.

En moitos casos as empresas adxudicatarias de licenzas de construcións elaboran un proxecto técnico que é unha primeira previsión dos gastos que carrexará a execución da devandita obra seguindo o proxecto elaborado. Pero posteriormente realízanse diversas modificacións ou melloras que levan consigo un aumento do presuposto. Debido a iso faise preciso facer un seguimento dos traballos executados para realizar a obra e comprobar que o orzamento inicial coincida co custo final das obras. De non ser o caso a compañía deberá aboar a parte proporcional desa diferenza que existe no presuposto en forma de imposto ao Concello.

Por conseguinte, no ICIO, a remuneración tería que situarse ao finalizar os traballos, cando estea rematada a obra en cuestión e cando se poida coñecer o custo real e efectivo deses traballos. É por iso que este imposto hai que pagalo en dous momentos, unha remuneración adiantada ou liquidación provisional, e unha final que vai unida á realización de melloras ou outro tipo de arranxos na obra que se levou a cabo anteriormente, que dá lugar á liquidación definitiva do imposto.

Plan inspección 2009

O goberno municipal decidiu inspeccionar as empresas promotoras que deixaban de tributar por parte das obras que facían, danando ao erario público e o interese cidadán. Durante o exercicio 2009 aprobáronse actas de conformidade e desconformidade que suman unha contía de 662.978,93 euros.

Despois de rematar o proceso de inspección sobre o ICIO correspondente ao exercicio 2009, aprobouse a liquidación definitiva destas contías correspondentes ao ICIO e procedeuse a notificarlle este acordo ás empresas co fin de que fixeran o aboamento deste tributo no prazo estipulado. Algunhas das empresas que tiñan que efectuar este pagamento mostraron o seu desacordo e presentaron alegacións. Por esta vía optou a promotora Santiago Sur Galicia SL que presentou catro recursos de reposición fronte aos acordos de liquidación derivados das actas de desconformidade emitidas o pasado 19 de maio de 2010.

Despois de que dende os servizos técnicos municipais revisasen toda a documentación presentada pola devandita promotora, a Xunta de Goberno Local, acordou anular a liquidación derivada destas actas de desconformidade e aprobar a liquidación de catro expedientes de inspección por valor de 300.380 euros. Esta contía é resultado da diferencia de custos que mantiña a empresa que lle ocasionara a execución de catro proxectos e o que defendía o Concello de Ames.

Outro caso é o da promotora inmobiliaria Mahía que interpuxo nove recursos contra o acordo adoptado pola Xunta de Goberno local do 30 de decembro de 2009, no que se recollía a liquidación de varias actas de conformidade e desconformidade do plan de inspección do ICIO.

Ata o de agora os xulgados do contencioso administrativo de Santiago de Compostela e a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia déronlle a razón ao Concello de Ames en cinco recursos interpostos pola promotora inmobiliaria Mahía en relación con liquidacións polo imposto de construcións, instalacións e obras (ICIO) viradas na fase de fin de obra e na que se detectou que o orzamento consignado nos correspondentes proxectos non respondía á realidade.

Concretamente as sentencias emitidas din que se desestiman os recursos presentados por unha promotora inmobiliaria contra o acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria celebrada o día 30 de decembro de 2009, pola que se aproba a liquidación con carácter definitivo de cinco actas de desconformidade, que ascenden a un total de 31.002,24 euros.

Plan inspección 2010

O plan de 2010 contempla unha recadación de 640.998,38 euros, con 538 actuacións en total. Durante o ano 2011 xa se liquidaron actas por valor de 367.975,44 euros. O importe total é de 1.671.952,75 euros, pero a esta contía hai que quitarlle dúas baixas por valor de 349.676,46 euros, polo que dende que se puxo en marcha esta plan de inspección recadouse un total de 1.322.276,29 euros. Para darlle continuidade a este traballo o Concello de Ames ten previsto aprobar o terceiro plan municipal de control e inspección tributaria no Concello de Ames para o exercicio 2011.

BRION - ACTIVIDADE GRUMIR

O SERVIZO DE EMERXENCIAS DE BRIÓN

REALIZOU 433 INTERVENCIÓNS EN 2010

 

Brión e Ames concentran o 94% das intervencións, entre as que destacan 100 intervencións en lumes e 124 en sinistros de tráfico

 

8 de abril de 2011.- O Servizo de Emerxencias de Brión (SEBRI) realizou en 2010 un total de 433 intervencións, das que máis da metade se corresponden con extinción de lumes e actuacións en accidentes de tráfico. Unhas actuacións que, xeográficamente, se concentraron en Brión (318 intervencións) e Ames (89 actuacións), o que representa o 93,99% de todos os casos rexistrados.

 

Ademais, Brión e Ames, concellos que se atopan nun proceso de integración dos servizos de emerxencias, protección civil e policía local, son tamén os municipios que máis chamadas de petición de auxilio rexistraron ao longo de 2010, con 160 e 98 chamadas cada un. Un dato significativo é que desas 258 chamadas, tan só 94 chegaron de Emerxencias 112, é dicir, o 36,43%.

 

Así mesmo, das 98 chamadas realizadas para petición de axuda no municipio de Ames, tan só 48 chegaron a través de Emerxencias 112. É dicir, que unha de cada dúas veces que os traballadores do Servizo de Emerxencias de Brión actuaron en Ames o fixeron sen estar obrigados a acudir á chamada. Unhas actuacións nas que non están contabilizadas outras colaboracións puntuais que os membros do SEBRI realizan no veciño concello, como aconteceu esta pasada fin de semana coa segunda edición da carreira-andaina solidaria no Milladoiro.

 

Ademais das actuacións en Brión e Ames, os operarios do SEBRI tamén realizaron actuación en Teo (11), Negreira (7), Rois (6) e Santiago (2).

 

Actuacións realizadas

 

As intervencións en tráfico e na extinción de lumes centraron as 433 intervencións durante o ano 2010, case 130 máis que en 2009. Así, o SEBRI realizou un total de 124 intervencións en accidentes de tráfico, nas que realizaron 10 excarcelacións, 32 atencións sanitarias, 58 limpezas de vía tras accidentes, 18 casos de sinalización e 6 casos de asistencia a vehículos. No caso dos lumes, os operarios do SEBRI fixeron un total de 100 actuacións: 41 extincións en lumes forestais, 31 en incendios urbanos, 10 en vehículos e outros 17 casos máis.

 

Cuantitativamente, a maior parte das actuacións concentráronse en pequenas intervencións en Brión, como para desatascar alcantarillas (75) ou retirar animais mortos (56). Así mesmo, tamén é significativa as importantes actuacións realizadas durante os distintos temporais que azotaron Galicia o ano pasado, onde se fixeron 69 intervencións entre retirada de árbores e escombros (38), anegamentos (20), sinalización (3), desprendementos (3) e arroxar sal na estrada contra as placas de xeo (5).

 

Un equipo de profesionais

 

O Servizo de Emerxencias de Brión está composto por 16 profesionais: 4 membros que serían persoal estable (un xefe de protección civil e tres oficiais-xefes de grupo) e 12 persoas encadradas dentro do apartado de persoal eventual (3 oficiais-capataces e 9 peóns, para as que o pleno de municipal de Brión xa acordou realizar a súa contratación en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar).

 

Conta cunhas amplas e modernas instalacións ubicadas en Pedrouzos, xusto na entrada/saída da autovía, e que foron ampliadas hai apenas dous anos para poder albergar todo o parque móbil dispoñible e dotar ao centro de maiores comodidades para os profesionais, como son unha cociña, un almacén e un pequeno ximnasio no que os traballadores do SEBRI se mateñen en plena forma.

 

Por outra banda o parque móbil está composto por 4 vehículos: un camión forestal, un coche de mando, un vehículo de intervención rápida con bomba e unha Bomba Urbana Lixeira (BUL). Un vehículo, este último, que polo seu completo equipamento é comparable cos que existen nos parques comarcais de bombeiros. Así, o BUL ten capacidade para 2.000 litros de auga, é dicir, cinco veces máis que as tradicionais “pick-up” que prestan os seus servizos noutros municipios.

 

Ademais, dispón dos máis avanzados equipos tecnolóxicos como: unha cámara térmica que permite localizar corpos humáns ou fontes de calor , explosimetro para a  medicion de gases, etc. No casos dos lumes, o BUL dispón de  lanzas,  mangueiras , turbo ventilador,   lanzas de espumóxeno (de baixa e media densidade),  equipos de respiración autónoma, extintores de polvo e de CO2. Nos casos de rescate, dispón dun completo equipo de excarcelación, coxíns elevadores, inhibidores de corte, un kit de elevación, e un completo xogo de ferramentas (radial, un equipo de oxicorte motoserra...)e un  equipo de rescate en altura. Ademais, dispón dun cabrestante cunha capacidade de arrastre de 5.400 quilos, un mástil de iluminación  de 2.000 vatios e dúas escaleiras  para accesos difíciles (garfios).

 

Así mesmo, o vehículo todoterreo pick-up do SEBRI ten unhas características especiais que fixeron que mesmo fose exposta no salón internacional de seguridade, vixianza e prevención de incendios (SICUR), celebrado en Ifema (Madrid). De feito, o carrozado do vehículo de Brión non é estandar, senon que foi realizado seguindo as indicacións dos profesionais Servizo de Emerxencias de Brión para facelo o menos voluminoso posible e ter así acceso a sitios estreitos ou de pouca altura. Ademais, dispón dunha gran capacidade para extinguir lumes debido á máquina de alta presión que leva instalada. Dúas características que o fan un vehículo moi atractivo e diferente ao empregado noutros concellos.

PP MELIDE - EDAR MADANELA

Socorro Cea e os membros da Xunta de Goberno Local declararán en calidade de imputados o vindeiro 4 de maio

 

Melide, 8 de abril de 2010. A representante popular Ánxeles Vázquez informou esta mañá de que o vindeiro 4 de maio a actual rexedora, Socorro Cea, e os catro integrantes da Xunta de Goberno Local terán que declarar en calidade de imputados no Xulgado de Instrución nº 1 de Arzúa polas presuntas irregularidades cometidas na EDAR do polígono industrial da Madanela. Tal e como informou a voceira popular, este é un proceso máis dentro das dilixencias de investigación que se están levando a cabo na fase instrutora do procedemento abreviado polos presuntos delitos de prevaricación, fraude e falsificación de certificados.

 

O pasado mes de febreiro a unidade orgánica da policía xudicial da comandancia da Coruña enviou un escrito ó Concello de Melide relativo á remisión das dilixencias previas sobre a EDAR, co fin de comprobar tódolos movementos contables efectuados ó longo deste proceso e en relación a este caso, informe que obra no Xulgado. Dende o PP e, a pesar de tódalas trabas que dende un principio se lle puxo para obter información sobre este caso e motivo polo que os populares tiveron que proceder á denuncia xudicial porque do contrario serían cómplices, púidose coñecer, a través dos decretos que obrigatoriamente por lei se teñen que presentar cada dous meses, que se procedeu no mes de decembro e mediante decreto da alcaldesa a realizar unha depuración de saldos contables.

 

Con data 28 de decembro de 2009 preséntase a certificación da depuradora por importe de 437.354,41 euros sendo aprobada por decreto e posteriormente ratificada por parte de tódolos membros da XGL e, un ano despois e con data 22 de decembro de 2010 e número de rexistro de facturas de intervención 2091, presentouse o abono da factura correspondente á certificación antedita  por importe dos 437.352,41 euros.

 

De todo este proceso daremos conta segundo nos chegue a información xa que por parte do equipo de goberno en ningún momento se está informando ós melidenses e o máis grave de todo é que o polígono segue a día de hoxe sen depuradora.