Amosando publicacións coa etiqueta ORDES b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ORDES b>. Amosar todas as publicacións
Ordes realiza obras de mellora no pavillón Castelao I
Ordes, 27/08/2016 - O Concello de Ordes continúa coas tarefas de mellora que está a acometer no pavillón polideportivo Castelao I, cun orzamento de aproximadamente 20.000 €. Dende hai algo máis de dúas semanas están a realizarse obras nos vestiarios, nos que se está a instalar un novo azulexado e chans antiescorregadizos, cambios no sistema eléctrico e a instalación dunha nova rede de fontanería e billame. 'Contos vellos para rapaces novos' para despedir o mes de agosto en Ordes
Ordes, 26/08/2016 - Ordes despedirase do mes de agosto cos contos de Xosé Neira Vilas. O vindeiro mércores, día 3, terá lugar o contacontos que leva por título 'Contos vellos para rapaces novos', o cal se desenvolverá na Alameda a partir das 11 horas, aínda que no caso de chuvia trasladarase ao local social municipal sitado na rúa Reconciliación. O BNG de ordes solicita a convocatoria dun pleno extraordinario
Ordes, 19/08/2016 - O BNG de Ordes ven de presentar unha solicitude para a convocatoria dun pleno extraordinario no que se inclúa na orde do día a súa moción en contra do vertedoiro que Reciclaje ambiental Lesta S.L. intenta implantar na parroquia de Lesta.
O Concello de Ordes adícalle a última xornada das festas patronais aos seus emigrantes
Ordes, 17/08/2016 - A homenaxe á diáspora ordense e a tradición musical e folclórica galega puxeron punto e final ás festas patronais de Santa María de Ordes. Milleiros de persoas desfrutaron de catro días de celebración e diversión nos que non faltaron música, baile, tradición, oficios relixiosos, deportes etc. O Concello de Ordes desviará o tráfico rodado no centro da vila durante as súas festas patronais
Ordes, 13/08/2016 - Con motivo das festas patronais de Santa María o Concello de Ordes levará a cabo distintos desvíos de tráfico ao quedar cortada a N-550 ao seu paso pola vila. Unhas variacións que se iniciarán dende este vindeiro sábado ás 16 horas ata as 9 horas do mércores, 17 de agosto, momento no que se restablecerá o itinerario habitual.
Ordes acollerá esta fin de semana o Trofeo San Roque e o Torneo Concello de Ordes
Ordes, 13/08/2016 - Nesta ocasión o deporte, e máis concretamente o fútbol, terá un lugar destacado nas festas patronais de Santa María de Ordes. Hoxe sábado, 13 de agosto, dende as 17 horas disputarase o Trofeo San Roque no complexo deportivo Vista Alegre. Unha cita na que participarán os veteranos dos equipos Mesón do Vento C.F., Poulo C.F., Peña Vilamaior, S.D.C. Ordes e Veteranos Ordes.
o BNG de ordes contrario ao novo vertedoiro que se quere implantar en lesta
Ordes, 09/08/2016 - O BNG de Ordes manifesta a súa total repulsa ao novo vertedoiro que “Reciclaje ambiental Lesta S.L.” pretende implantar na parroquia de Lesta, nas inmediacións do vertedoiro da Areosa.
O BNG de Ordes denuncia a situación de abandono da ponte de Pereira
Ordes, 08/08/2016 - O BNG denuncia que o alcalde prometera que en Xullo a ponte de Pereira ía estar amañada e a día de hoxe, despois de mais de medio ano coa estrada completamente cortada, as obras aínda non comezaron.
A Festa dos Cans terá continuidade este mesmo ano
Ordes, 08/08/2016 - A 'Festa dos cans', que tivo lugar esta pasada fin de semana na canceira municipal de Ordes, traduciuse na adopción de sete exemplares de distintas razas. Unha cifra considerada “como un verdadeiro éxito” por parte do Concello e a Asociación Amigos da Canceira de Ordes, organizadores desta iniciativa solidaria e de concienciación.
Ardemil resucita a tradición da malla
Ordes, 08/08/2016 - Un ano máis a parroquia de Ardemil reviviu a tradición da malla, ante centenares de veciños, veciñas e público chegado de distintos puntos da comarca ordense. Tal e como é costume os organizadores desta cita mesturan o humor coa realización deste arduo labor tan habitual nos tempos de antes.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












