AMES - as 3 notas de prensa sobre os orzamentos

notas de prensa sobre os orzamentos de ames
CONCELLO
Apróbase o presuposto do exercicio de 2012
O orzamento deseñado polo Concello para este exercicio prevé uns gastos de23.063.225,82 millóns de euros e uns ingresos de 23.576.370 millóns.

Brion - o servizo de emerxencias extingue un lume en Ames

O SERVIZO DE EMERXENCIAS DE BRIÓN EXTINGUE UN LUME NUN ALPENDRE DE PROUPÍN, EN AMES

Silleda - o domingo 9 celebrase "Trasdeza, o pan que arrecende"

A parroquia de Rellas acolle mañan domingo día 9 a xornada ‘Trasdeza, o pan que arrecende, de exaltación do pan de Silleda
A sesión contará cunha recreación da malla, degustación de produtos e un xantar popular por 12 euros

Ordes - o Compostela gaña a supercopa da deputación

A S. D. Compostela proclámase en Ordes campión da I Supercopa Diputación
A media hora de finalizar o encontro os campións desta edición viron como o Silva remontaba un 3 a 0 que foi sentenciado na rolda de penaltis

Ames / Brion - asinouse o convenio para desenvolver o obradoiro de emprego conxunto "Encontro Verde"

Asínase o convenio de colaboración entre Ames e Brión para desenvolver o obradoiro de emprego Encontro verde
O alcalde de Ames, Santiago Amor, e o alcalde de Brión, José Luís García, destacaron que este acordo de colaboración subscrito entre os concellos de Ames e Brión é o primeiro paso de cara a manter futuras colaboración noutros ámbitos da administración local.

Frades - o concello investirá 145000 euros na rede viaria

O CONCELLO DE FRADES INVESTIRÁ PRETO DE 145.000 EUROS NA CONSERVACIÓN DA REDE VIARIA MUNICIPAL 
O pleno aproba solicitarlle á Xunta un obradoiro de emprego conxunto con Curtis e Mesía que contaría con 45 alumnos 

Ames - o alcalde recibe os nenos saharauis que pasaron o verán no concello

O alcalde e a concelleira de Servizos Sociais reciben aos nenos saharauís que pasaron o verán en Ames

Silleda - mañán pechan as piscinas municipáis

As piscinas municipais pecharán as súas portas mañán domingo día 2, logo de recibir preto de 5.000 entradas
Tamén se venderon 28 bonos familiares e individuais para toda a tempada
As instalacións cerran polo vencemento do contrato dos socorristas

Ordes - remataron as actividades de conciliación familiar

Os nenos e nenas de Ordes despídense das actividades de conciliación familiar cunha gran festa de clausura
Cunha gran festa onde non faltaron os xogos, a diversión e ata as batallas con pistolas de auga esta mañá os nenos e nenas de Ordes despedíronse das actividades de conciliación familiar. 

Ames - rematou a escola de verán animando la Vuelta a España

Os nenos/as da Escola de Verán animan aos ciclistas de la Vuelta a España
Uns 350 nenos/as participaron na Escola de verán ao longo dos meses de xullo e agosto.

Psoe Oroso - encontro con veciños e simpatizantes



MÁIS DE 350 PERSOAS DARANSE CITA NO ENCONTRO SOCIALISTA OROSÁN NA PENATEIXA
Pachi Vázquez, Francisco Caamaño, Salvador Moreda ou Ceferino Díaz, entre os cargos socialistas que se darán cita na xornada

Santiago - finalizou Curtocircuito na Rúa

Finaliza Curtocircuíto na Rúa cunha alta participación de público
O premio do Público, dotado con 1.000 euros, foi para ‘Tuba Atlantic’ de Witzo Hallvar (Noruega), unha das curtas máis premiadas deste ano en todo o mundo
Curtocircuíto continúa a súa proxección internacional e estará presente no Festival de Cine Iberoamericano de Nova Inglaterra nos EEUU do 22 ao 30 de setembro

Araguaney - remodelada a cafetaría do hotel

O Hotel Eurostars Araguaney abre ao público a súa renovada cafetaría

Hoxe sábado o afamado Hotel Araguaney de Santiago de Compostela abre ao público a súa cafetaría cunha nova entrada pola Rúa Montero Ríos.

Santiago - axenda Frades, Oroso, e cortes de tráfico



ATENCIÓN: O CORTE DE TRÁFICO NO ACCESO AO POLÍGONO DO TAMBRE (PERIFÉRICO E N-550) INICIALMENTE ANUNCIADO PARA AS NOITES DO 31 DE AGOSTO E 1 E 2 DE SETEMBRO, QUEDA POSPOSTO ATA NOVO AVISO. 

Ames - asinado o contrato para instalar dúas máquinas expendedoras no pabellón de Bertamiráns

Asínase o contrato para instalar dúas máquinas expendedoras no pavillón de Bertamiráns
Esta mañá o alcalde de Ames, Santiago Amor, e o representante da empresa Gadisvén SA, Pedro Pajarrón, asinaron o contrato para a instalación de dúas máquinas expendedoras e a explotación do servizo de vending no pavillón polideportivo de Bertamiráns. Unhas das máquinas conterá bebidas quentes (café, chocolate e infusións), mentres que a outra disporá de bebidas frías (augas, zumes, refrescos e lácteos) e produtos sólidos non perecedoiros (snacks e doces).

Frades - o arcebispo de Santiago, Julian Barrio, preside este sábado a misa da Romería das Virtudes



JULIÁN BARRIO PRESIDE ESTE SÁBADO A MISA MAIOR E A PROCESIÓN DA ROMARÍA DAS VIRTUDES 
Antes da misa principal presentaranse os traballos de restauración do retablo barroco da capela, nos que se investiron 12.000 euros 
A romaría agarda superar os 3.000 participantes, con numerosas familias da comarca nos tradicionais xantares de campo 

Silleda - o concello sumarase o convenio coa deputación de Pontevedra para a recollida de animáis abandonados

O Concello de Silleda sumarase ao convenio coa Deputación de Pontevedra para a recollida de animais abandonados

O acordo para incorporarse ao servizo adoptarase no vindeiro pleno

Ames - hoxe rematan os cursos de natación

Hoxe rematan os cursos de natación de verán aos que asistiron preto de 200 rapaces e rapazas
As piscinas municipais de Bertamiráns e do Milladoiro acollen hoxe a última xornada dos cursos de natación de verán. O Concello de Ames ten preparado un pequeno acto de clausura no que os rapaces e rapazas que participaron nestas actividades farán unha pequena demostración do aprendido. Ademais, todos os nenos/as terán de obsequio unha camiseta como recompensa do esforzo e recordo do curso. En Bertamiráns a celebración terá lugar ás 11:00 horas, mentres no Milladoiro a clausura realizarase ás 12:00 horas.

Oroso - hoxe remata a Semana Cultural do Concello

UNS TRINTA NENOS E NENAS SÚMANSE AO XOGO DE RASTREXO PIRATA DA SEMANA CULTURAL DE OROSO
A programación conclúe este venres pola tarde co espectáculo de cabaré de ‘Manicómicos’ para todos os públicos 

Ames - os cativos da Escola de Verán disfrutarán do paso de La Vuelta a España polo concello

A Volta ciclista a España pasará por Ames

Os nenos e nenas que participan este mes na Escola de verán están traballando arreo para preparar as pancartas e bandeirolas coas que animarán aos ciclistas que participan este ano en La Vuelta ciclista a España. Ademais, os rapaces e rapazas de 7 a 12 anos irán disfrazados de ciclistas cunha camiseta amarela, casco e gafas de sol.

Axenda - venres 31 - Santiago, Tráfico, Ames, Ordes. Oroso, Silleda

SANTIAGO
11.00 h
Na rúa República Checa, 17 (Polígono Empresarial Costa Vella), as concelleiras Paula Prado e María Castelao visitan as instalacións centrais de Coregal, empresa de reciclaxe que forma parte de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade).

Plataforma lixo Ames - este xoves convocatoria de asistencia o pleno de hoxe


Este xoves 30 de agosto haberá Pleno municipal de Ames ás oito da tarde onde se tratarán os orzamentos municipais 2012. 

A Plataforma do lixo estará presente como público facendo valer as súas demandas diante do goberno: o cobro retroactivo do lixo é inxusto e ilegal. Animamos a asistir ao Pleno a todos os veciños afectados e a toda a cidadanía de Ames para reivindicar o que é xusto.A Plataforma ten pensado expresar de forma imaxinativa a súa reivindicación no Pleno.

Plataforma do lixo de Ames

Teo - texto de agradecemento remitido pola familia de Avelino Pousa Antelo

GRAZAS DA FAMILIA DE AVELINO POUSA ANTELO

Nestes intres de fonda tristura na que a ausencia se impón coma un gran baleiro nesta casa de Teo que el enchía co seu ollar tenro, a súa actividade inesgotable, o seu sabio consello, as súas palabras animosas que nos facían sentir capaces de todo, o seu sorriso que enchía as nosas facianas, o seu inconformismo e a súa ética que nos alentaba a ser mellores ou cando menos a intentalo …

Ames - repintado de pasos de peóns no Milladoiro

O Concello de Ames está repintando os pasos de peóns de varias rúas do Milladoiro

Os traballos estanse realizando nos pasos de peóns das rúas Agro do Medio, Agro da Madalena e Cereixos. Ademais, estas actuacións tamén comprenden o cruce de Agro do Medio coas rúas Pardiñeiros e Curuxa.

Brión / Ames - os concellos de Brión e Ames impulsarán un obradoiro de emprego conxunto

O CONCELLO DE BRIÓN E O DE AMES IMPULSAN UN OBRADOIRO DE EMPREGO CONXUNTO PARA FORMAR A 35 DESEMPREGADOS DURANTE SEIS MESES

As accións formativas desenvolveríanse a partir de decembro, sempre e cando acaden a subvención da Consellería de Traballo e Benestar

Enlata e Lliria ´a punto de rematar a inscrición no taller de mascara e coro

ÚLTIMOS DÍAS PARA INSCRIBIRSE NO TALLER QUE SE DESENVOLVERÁ DO 10 AO 14 DE SETEMBRO EN SANTIAGO, IMPARTIDO POLO DRAMATURGO ÁNGEL SIMÓN

Enlata e Iliria organizan un taller sobre a máscara e o coro

Ordes - mañan venres clausúranse os curso de natación cunha festa

Xogos e competicións deportivas pecharán este venres os cursos de natación impartidos polo Concello 
Tamén se clausurarán as actividades de conciliación coa celebración dunha festa e o reparto de diplomas entre os asistentes

Frades - final do IV Campionato de Padel de Frades

JOSÉ VIQUEIRA E JOSÉ LUIS DEL RÍO PROCLÁMANSE CAMPIÓNS DO IV CAMPIONATO DE PÁDEL DE FRADES 

Oroso - os nenos do verán lúdico reciben aprenden hábitos alimentarios saudables

OS NENOS E NENAS DO ‘VERÁN LÚDICO’ DE OROSO APRENDEN HÁBITOS ALIMENTARIOS SAUDABLES
Coa supervisión dos monitores, elaboraron menús divertidos con alimentos que os máis pequenos adoitan rexeitar 

Ames - visita da escola de verán a Cidade da Cultura de Galicia

Os 111 rapaces e rapazas que participan este mes na Escola de verán visitaron a Cidade da Cultura

Axenda - Xoves 30 - Santiago, Silleda, Verán na Rúa e cortes de Tráfico

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

Silleda - a alcaldesa pídelle o voceiro do PP seriedade nas súas críticas

A alcaldesa pídelle ao voceiro do PP seriedade política nas súas críticas 
Recordalle que o seu grupo “votou a favor do plan de axuste e polo tanto do apagado das farolas”

Recomendalle infomarse antes de criticar “pídenos que incluamos a Ponte de Portodabalde no plan de acción municipal (PAM) que é un plan da Deputación para subvencionar actividades culturais e deportivas”

Silleda - este venres concerto no mosteiro de Carboeiro con aCadaCanto

‘aCadaCanto’chega ao mosteiro de Carboeiro o vindeiro venres día 31 de agosto
-Guadi Galego, Xavier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero intregran a formación

O concerto está programado pola Concellería de Cultura e Turismo, co obxectivo de contar cunha oferta de calidade durante o verán

Oroso - o concello acusa a deputación e o ministerio de fomento de deixación de funcións

O CONCELLO DE OROSO CONSIDERA INADMISIBLE A DEIXACIÓN DE FUNCIÓNS DA DEPUTACIÓN E DE FOMENTO NAS ESTRADAS DA SÚA TITULARIDADE

O ministerio ten abandonada a N-550, con graves problemas no seu firme e nas vías de servizo, e a Deputación non limpa os seus viais

Teo - o Cacheiras gañador do Torneo de Fútbol de Modestos


O CACHEIRAS FAISE CO TORNEO DE FÚTBOL DE MODESTOS CONCELLO DE TEO

O equipo gañador impúxose á S.C. Praíña por catro goles a tres no campo de fútbol municipal da Cañoteira

Frades - celebrouse o Día da bicicleta

O DÍA DA BICICLETA DE FRADES PROMOVE HÁBITOS SAUDABLES ENTRE UNHA TRINTENA DE PARTICIPANTES

Unha trintena de persoas de todas as idades participaron na celebración da quinta edición do Día da Bicicleta, evento organizado polo Concello de Frades para a promoción de hábitos saudables a través da práctica do ciclismo.

Oroso - entrega de premios do Torneo de fútbol Concello de Oroso

O TORNEO DE FÚTBOL DO CONCELLO DE OROSO PROCLAMA CAMPIÓNS AO ‘DEIXEBRE VINOTECA RAQUEL’ EN CATEGORÍA VETERANOS E AO ‘SIGÜEIRO FC’ NA CATEGORÍA AFECCIONADOS 

O alcalde, Manuel Mirás, e o concelleiro de Deportes, Luis Rey, entregaron os trofeos nun acto conxunto para as dúas categorías 

Silleda . o concello publica 20000 folletos turísticos

O Concello de Silleda edita 20.000 folletos turísticos para difundir o patrimonio de Trasdeza

“Con esta publicación preténdese mostrar a potencialidade turística do municipio fuxindo do tradicionalismo e apostando por un turismo de interese patrimonial e paisaxístico”, indica o concelleiro Matías R. da Torre

Santiago - axenda mércores 29 y Verán na Rúa



11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Ángel Currás; do presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo; e do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar a etapa número 13 da Volta Ciclista a España, que sairá de Santiago o vindeiro venres.

Ames - desde o 3 de setembro o roupeiro municipal volta a recoller prendas


A partir do 3 de setembro o roupeiro municipal volve a recoller roupa
Dende a Oficina de Voluntariado de Ames (OVA), que xestiona este servizo, prevese que no mes de setembro se experimente un incremento no número de pedidos de roupa xa que moitos nenos/as que pertencen a familias con poucos recursos comezan o colexio.

Silleda - presentadas máis de 30 solicitudes de axudas para actividades culturáis

Presentadas un total de 30 solicitudes á convocatoria de axudas municipais para actividades culturais
No caso das subvencións para entidades deportivas, o prazo remata aínda o venres 

Psoe Oroso - este sábado encontro da agrupación socialista de Oroso con veciños e simpatizantes

A AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE OROSO CELEBRA ESTE SÁBADO UNA NOVA EDICIÓN DO ENCONTRO SOCIALISTA OROSÁ CON VECIÑOS E SIMPATIZANTES

Desde hoxe pódense retirar as invitacións de balde para asistir ao acto no que estarán presentes, entre outros, Francisco Caamaño e Pachi Vázquez

Silleda - adxudicada a compra dunha furgoneta con cargo o Fondo de Compensación Medioambiental

Adxdicada a Ditram Automoción SLU a compra dunha furgoneta con caixa aberta basculante

-A adquisición, mediante procedemento negociado sen publicidade, realizarase con cargo á axuda do Fondo de Compensación Ambiental

Oroso - máis de douscentos nenos na festa da piscina


AS FESTAS DE INCHABLES E DA ESCUMA ATRAEN A MÁIS DE 200 NENOS NA PISCINA DE OROSO 
Máis de douscentos nenos e nenas participan esta tarde na Festa de Inchables que se celebra entre as 16 e as 19 horas na piscina municipal de Oroso, en Sigüeiro. A festa culminará a partir das 19:15 horas coa Festa da Escuma, unha proposta xa clásica na programación estival do Concello.

Ames - a unidade do Centro de Transfusión está hoxe en Bertamiráns


A unidade móbil de doazón de sangue está hoxe en Bertamiráns

O pasado 20 de agosto a unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estivo no Milladoiro, onde doaron un total de 72 persoas, das cales 9 foron novos doadores/as.

Santiago - axenda martes 28 e Verán na Rúa

11.15 h
Na Porta do Camiño (inmediacións do Centro Sociocomunitario), a concelleira de Familia e Benestar Social, Paula Prado, participa na campaña Hidráta-T, do Urbana Santiago Norte, na que se repartirán botellas de auga e información aos maiores para evitar estados de deshidratación.

Ames - resultado e imaxes do XXVII descenso do Tambre

Un total de 450 padexeiros participaron este domingo na XXVII edición do Descenso do Tambre
Un total de 62 padexeiros participaron no descenso dende Portomouro ata a praia fluvial de Tapia, mentres que 388 nenos e nenas participaron no circuíto que se instalou na praia fluvial de Tapia.

Silleda - balance do programa emprega

O programa Silleda Emprega rexistrou un total de 290 mobilizacións no seu primeiro ano de funcionamento
A día de hoxe hai un total de 508 persoas inscritas, a gran maioría (401) veciños do municipio silledense
A concelleira de Emprego, Margarita Campos, destaca os bos resultados desta bolsa municipal, a que acudiron xa 28 empresas de diversos sectores e tamén particulares

Ames - campaña informativa sobre a Tarxeta Metropolitana Social

O Concello de Ames pon en marcha unha campaña informativa sobre a implantación da Tarxeta Metropolitana Social

O obxectivo é que a cidadanía amiense coñeza todos os trámites necesarios para solicitar esta axuda para o transporte, un trámite que poderá facerse a partir do vindeiro día 3 de setembro.

Silleda - este xoves actuación de Somos III


A praza da Feira Vella de Silleda acolle o vindeiro xoves día 30 o concerto do grupo SOMOS III
A Concellaría de Cultura e Turismo organiza o recital a proposta dos hostaleiros locais, logo do éxito do concerto de Chimango

BNG Teo - moción para impedir a perda de poder adquisitivo dos funcionarios públicos

O BNG presenta unha moción para impedir a perda de poder adquisitivo das traballadoras e traballadores públicos 

O BNG solicita un posicionamento unívoco de rexeitamento das medidas e dos recortes aprobados polo Goberno de Rajoy
O portavoz municipal denuncia que estas medidas repercuten gravemente en todos os sectores económicos, e nomeadamente na actividade do pequeno comercio local

Santiago - axenda luns 27 e Verán na Rúa

12.00 h
No edificio CERSIA (rúa Alcalde Raimundo López Pol, s/n – San Lázaro), a concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, visita as accións formativas que alí se están a realizar.

Plataforma Recuperación do Sar - novamente a voltas co Sar

Novamente a voltas co Sar
Toalliñas húmidas, bastonciños, compresas, preservativos, aceites, disolventes, deterxentes, lixivia, medicamentos... Cada día, centos de quilos de residuos van parar aos inodoros dos fogares galegos sen que os cidadáns sexan conscientes do dano que provoca esta acción.

BNG A Estrada - o PP retrasará 10 anos a variante (incluense o proxecto e os orzamentos para descarga)

O PP retrasará a Variante aínda 10 anos máis
"Os partidos estatais non teñen ningún interese nesta obra, xa que do orzamento de 2011, cuxa execución dependía do PSOE, non se gastou un só euro, e a respecto do consignado para este ano, o PP nin contesta á pregunta da deputada do BNG”

Silleda - hoxe inaugurase a reforma do campo de fútbol de Mularedos

A reforma do campo de fútbol de Mularedos inaugurase mañá cun encontro entre o Lamela C.F e os Xuvenís da División de Honra do Celta de Vigo
A cita será ás 17.00 horas, e antes do encontro descubrirase a placa que conmemora a mellora das instalacións

Oroso - éxito de Duelirium na semana cultural de Oroso

ÉXITO DO ESPECTÁCULO DE ACROBACIAS AÉREAS ‘O QUE QUEDA POR CHOVER’ DA COMPAÑÍA DUELIRIUM NA SEMANA CULTURAL DE OROSO

Máis de 150 espectadores asisten a un número que combina trapecio, danza vertical, teas, voo, contorsión, danza e malabares 

Silleda - cortado o transito de vehiculos pesados por Portodabalde

O Concello limita temporalmente o tránsito de vehículos pesados no vial de Portodabalde, en Parada, pola perigosidade que supón o mal estado do tramo
Xa se colocaron bandos e a sinalización para limitar o tráfico a vehículos de ata 4 toneladas
A medida será provisional ata que comecen os traballos na primeira semana de setembro

Frades - éxito dos Viaxes a Praia organizados polo concello

AS VIAXES Á PRAIA DE FRADES CUBRIRON PRETO DE 450 PRAZAS NO QUE VAI DE VERÁN
A derradeira saída prográmase para o vindeiro xoves 30 de agosto, a un prezo de 8 euros por persoa e cun límite de 55 prazas

Silleda - aberto o prazo de inscrición para un roteiro polo Deza


Aberto o prazo de inscrición para participar no roteiro de sendeirismo polo Deza
A cita, que terá lugar o sábado día 1 de setembro, está organizada pola Concellería de Deportes e as anotacións poden realizarse na Casa da Xuventude e no Centro Cultural Vistalegre
Inclúe unha visita guiada ao mosteiro e xogos tradicionais

Silleda - Manuel Cuiña resposta o PP sobre o apagado do alumeado público

Manuel Cuíña advirte ao PP que o “único criterio para o apagado das luces é paliar a bancarrota que deixaron os seus colegas de partido”

O concelleiro de Obras e Servizos lembra que outros Concellos da comarca gobernados polo Partido Popular “e que non tiveron que facer plan de axuste” tamén reduciron o alumeado