Onte foi presentada en rolda de prensa a progamación da XII Foliada de Melide que conta coa colaboración do Concello de Melide, da Deputación da Coruña, e particularmente dos locais comercias e locais de hostalería de Melide. Presentase unha programación para para o desfrute da xente, de cativos e de maiores, dos veciños de Melide e dos que chegan de fóra, tres días completos de actividades, de diversión, de contacto có noso… coa nosa música, coa nosa artesanía, coa nosa cultura, coa nosa tradición.
A Foliada é moito máis ca un evento musical e vai moito máis alá da fin de semana de celebración. A Foliada é un espazo a disposición da cultura e todo o que a rodea. Os exemplos claros son os concursos organizados a carón da Foliada; Concurso de debuxo "Xente cativa" que se desenrola en colaboración cóscolexios da comarca Terra de Melide e no que a partir da semana que ven estarán todos os traballos expostos na biblioteca municipal.
Outro exemplo é o Concurso fotográfico que organizamos en colaboración coa Asociación Enfócame no que poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sen restricción de idade. As fotos deben realizarse durante os tres días da Foliada e deberán estar relacionadas coas actividades da Foliada . Na web están publicadas as bases, os prazos e os premios do concurso, entrando en foliadamelide.com atoparedes toda a información referente a este concurso.
Nesta edición tamén se quixo dar un paso máis alá e embarcamonos nun novo proxecto, a gravación dunha curtametraxe "O tesouro da ferreña" , unha producción en exclusiva para a Foliada de Melide que se estreará o venres 22 de abril, na primeira xornada da Foliada, a partir das 22h na Casa da Cultura.
A continuación imos desglosar o programa de actividades desta 12ª edición da FOLIADA de MELIDE e comezamos polo VENRES 22 DE ABRIL
VENRES 22 DE ABRIL
A primeiraxornada da Foliada comezaráás 8 da tarde cunpasarrúas a cargo do grupo local 3 redobres.
A partir das 10 da noite a programación transládase á Casa da Cultura onde se estreará a curtametraxe "O TESOURO DA FERREÑA" e de seguido o concerto de CANTATA VERNÁCULA, un dúo formado por SusoVaamonde e Xoán Porto no que a través de temas tradicionais e outros de autoría propia achegarán o folclore ao público dunxeito totalmente diferente e cheo de humor.
SÁBADO 23 DE ABRIL
Inauguración daMOSTRA DE ARTESANÍA E INTRUMENTOS que abrirá as súas portasa partir das 11:00 da mañáe permanecerá instalada na Praza do Convento durante toda a fin de semana. Reunirá a artesáns de todo o pais repartidos en 20 postosque abarcan dendeinstrumentos de percusión, gaitas, zanfonas, instrumentos folk, confección de traxestradicionais, talla de madeira, pedraoucoiro.
Un dos pratosfortesdesta segunda xornada serán os CANTOS DE TABERNA. Este ano celébrase a oitava edición e as novidades con respecto a outrasedicións están no incremento dos grupos participantes. Contaremos con dezanovegruposedezanovelocais de hostalería.
Cada grupo fará un percorrido por oitolocais no que recibirán a puntuación do taberneirocorrespondente. Os tres grupos con maior puntuación serán os gañadores. Os premios nesta ocasión están patrocinados pola Asociación Casco Vello, o primeiro premio consistirá nunhaceanun restaurante de Melide e o segundo e o terceironunhas cestas de productos típicos.
Os grupos participantes proveñen de lugaresmoi diversos, A Coruña, Sada, Bergondo, Mondoñedo, Sarria, A Pobra do Brollón, O Pino, Touro, Arzúa, Vila de Cruces, Santiso, Melide e dende a emigración no País Vasco visitarannos os grupos das casas galegas de Barakaldo e Santurtzi.
Xa pola tardea partir das 17:00h a ANIMACIÓN DE RÚA será a protagonista, os grupos A Rexouba da Coruña e Os Treboeiros da Muimenta serán os encargados de encher de colorido musical as rúas de Melide.
Ás 17:30h haberáunha representación do "Antroido de Torea" a cargo da Asociación Cultural Faltriqueira de Muros
Xa a partir das 6 da tarde na Praza do Conventorealizarase o OBRADOIRO "Entra no baile a bailar" un obradoiro de baile tradicional que Carme Campo e Chus Caramés se encargarán de impartir e que estarádirixido a todo o público, enfocado a ser totalmente participativo coa intención de contar con nenos e nenas e maiores interesados en aprender recursos de baile tradicional. O grupo Bico da Balouta de Agolada serán os encargados de poñela música
As sete da tarde. Un dos clásicos da Foliada, a MARCHA GAITEIRA. Un percorrido musical que encheas rúas de Melide de música. Participarán vinteagrupaciónsmusicais que se repartirán por diferentes rúas e prazas. Un pasarrúas multitudinario que anima ávila e nos encamiñaao centro mesmo da festa, a Praza das Coles, ondeterá lugar o Serán.
O SERÁN foi o xermolo da Foliada. O nacementodesta aventura,foi un serán, unha reunión de amigos para tocar e bailar que pronto se fixo grande e colleu vida propia. A partir do serán xurdiu todo o demáis. O serán é unhafesta. Uns tocan para que outrospoidamos bailar. Haiquen se inicia no baile, outrosmáisavanzados… “e o que non canta nen baila, qué ven facerao serán? Aprender catro mentiras para ir contar mañán”. Pois non, tamén se pode vir a desfrutar dunhanoite de música e bon ambiente na que participarán vinteagrupaciónsde música tradiconal.
E xa como fin de festa e como remate do Serán, a partir das doce da noite actuarán OS D´ABAIXO e os FALPERRYS.
OS D´ABAIXO é un grupo folk de Santiago de Compostela formado por músicos que tocan por afección e que levan toda a vida vencelladosaofolcoregalegoxunto con músicos profesionais de gran traxectoria. Ofrecerán un concerto conmoitaforza e enerxía, cun repertorio variado no que animarán ao público a bailar
FALPERRYS é un grupo de Vigocun estilo que se podería etiquetar dentro do do punk-folkou folk-rock influenciado tanto polo folk galego coma irlandés, cancións para cantar na compaña dos amigos, nas tabernas... Pecharán a segunda xornada da Foliada con veloces e rabiosas melodías.
DOMINGO 24 DE ABRIL
Nestaxornada as actividades da mañádesenvolveranse na súamaior parte na Praza do Convento onde a Mostra de Artesanía e Instrumentos será o principal atractivo.
Ás 12 do mediodía na Capela de Santo Antón o Gaiteiro da Ulloa Bruno Villamor, presentará o seu libro "O gaiteiro de Santo Xusto. O son da Ulloa". Neste acto actuará o grupo Tango en Xaneiro
As 2 do mediodía o grupo Leirabuxo será o encargado da Sesión Vermú na Praza das Ichoas
Durante toda a fin de semana a ANIMACIÓN DE RÚAestará conducida por diferentes grupos musicais que acompañarán a xigantes e cabezudose que encherán as rúas e prazasde Melide de colorido musical.
Xapola tarde os protagonistas serán os máis cativos. Poderán desfrutar do espectáculo "Zona de Obras" de Brais das Hortas
Tamén se entregarán os premios do concurso XENTE CATIVA, un concurso de debuxodirixidoaosnenos e nenas dos colexios da comarca da Terra de Melide
A partir das 6 da tarde na Praza do Pozo Pequenoa Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional realizará un OBRADOIRO DE XOGOS POPULARESdirixido a todos os públicos.
A exhibición do baile tradicional sempretivo presencia dentro da programación da Foliada. Este ano na MOSTRA DE BAILE TRADICIONAL contaremos coa Escola de baile e música tradicional de O´Bringuelo de Arzúa. Actuarán ás 18:30h na Praza do Convento
E xa coma fin de festapoderemos desfrutar do concerto de XABIER DÍAZ E AS ADUFEIRAS DE SALITRE a partir das 20h na Praza das Coles.
XABIER DÍAZ compaxina as súas facetas de músico e compositor cunha laboriosa actividade como investigador e compilador do folclore tradicional galego. Presentará na Foliada o seutraballo discográfico "Tambourineman" xunto coas Adufeiras, un grupo de 11 percusionistas e cantoras de música tradicional. Neste disco realizaron un traballo de renovación da música popular galega engadíndolle un enfoque vangardista e diferenciado.
Estaránademaisacompañados por Gutier Álvarez na zanfoña e violino, e Javier Álvarez coacordeón diatónico.
Esteano dende a organización estamos facendo un esforzomoi grande, e levamos meses traballandopara poder presentarvoshoxe aquí esta programación.Posiblemente é un dosmellorescarteis e programación que tivo a Foliada nestes doceanos de vida.
E como estamos convencidos das posibilidades de futuro e proxección que ainda ten a Foliada dende a organización seguimos moi ilusionados e con moitas gañas de traballar.Melide necesita un evento coma este e grazas a Foliada, Melidesituouse como un referente da cultura e música tradicional deste país.
Dende a Asociación O Castelo queremos contaxiarvos o entusiasmo que poñemosaoorganizala e as ganas que temos de que a desfrutedes, einvitámosvos e animámosvos a participar desta XIIFOLIADA e esperamos que esta edición reafirme este evento como un referente no calendario musical e cultura de Galicia. Moitasgrazas