Atletas de todas as idades daranse cita o vindeiro día 23 na celebración da IV Milla Urbán Concello de Ordes
O prazo de inscrición para poder participar nesta competición permanecerá aberto ata ás 22 horas do día 21 na páxina www.millaordes.blogspot.com.es
O vindeiro 23 de decembro a vila de Ordes será parada obrigatoria para todos aqueles afeccionados ó atletismo, grazas á celebración da IV Milla Urbán Concello de Ordes. Dende os seus comenzos esta cita deportiva, unha das máis importantes de toda a comarca, leva congregando en cada unha da súas edicións a centos de corredores e corredoras de todas as idades chegados de diversos puntos da xeografía galega.
Este ano as categorías que se convocan son as de pitufos (nados dende 2008 e posteriores), benxamín, infantil, cadete, absoluto e veteráns. Os percorridos trazados transcurrirán polas rúas da vila así como polas súas inmediacións. Irán dende os 100m no caso dos máis pequenos ata os preto de 1.610m no caso dos veteráns. Aqueles que se animen a participar nesta convocatoria poderán apuntarse ata ás 22 horas do próximo 21 de decembro a través da páxina www.millaordes.blogspot.com.es. Tamén se poderá solicitar máis información no teléfono 660694586 ou ben enviando un correo electrónico a millaordes@yahoo.es.
Unha vez finalizadas todas as probas procederase á entrega de galardóns aos 3 primeiros clasificados de cada carreira, mentres que os rapaces recibirán medallas. Ademais a organización porá a disposición de todos os participantes duchas e aseos.
A IV Milla Urbán de Ordes está organizada polo Clube Atletismo Ordes e patrocinada polo Concello de Ordes, Eurofrut, Coca-Cola, hamburguesería A Bolera, zumos naturales Tahiti, María Fraga, Deputación da Coruña e auga mineral A Fonte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario