Ordes comeza as súas festas patronais

Ordes, 13/08/2016 - O ambiente de festa e celebración xa se nota polas rúas de Ordes, as cales xa advirten a presenza de atraccións e postos de todo tipo que nestes días estanse a instalar. 

O jazz é a parte fundamental na xornada do #feitoaman2016

Santiago, 13/08/2016 - A xornada do sabado presenta no #feitoaman2016 3 concertos no que o jazz será unha peza importante dos dous primeiros, xa pola noite a xornada pechará cun pouco de indie Este son os concertos, os lugares e os horarios 

O Concello de Ordes desviará o tráfico rodado no centro da vila durante as súas festas patronais

Ordes, 13/08/2016 - Con motivo das festas patronais de Santa María o Concello de Ordes levará a cabo distintos desvíos de tráfico ao quedar cortada a N-550 ao seu paso pola vila. Unhas variacións que se iniciarán dende este vindeiro sábado ás 16 horas ata as 9 horas do mércores, 17 de agosto, momento no que se restablecerá o itinerario habitual. 

O Concello de Oroso pon en marcha un punto de información para peregrinos

Oroso, 13/08/2016 - O Concello de Oroso vén de poñer en marcha un punto de información sobre o Camiño Inglés, emprazado no exterior da piscina municipal de Sigüeiro e que ofrecerá información e asesoramento aos centos de peregrinos que se achegan ata o municipio. No acto de posta en funcionamento participaron esta mañá o alcalde, Manuel Mirás, e a concelleira de Turismo, Vanesa Boo.

Compostela pídelle a Fomento a redacción dun proxecto máis completo para a rotonda de Conxo

Santiago, 13/08/2016 - O concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, deu conta do proxecto remitido a finais do mes de xullo polo Ministerio de Fomento para a reurbanización e humanización da rotonda de Conxo.

Silleda abre o prazo para solicitar as becas para transporte e compra de libros e material escolar

Silleda, 13/08/2016 - A Xunta de Goberno Local de Silleda aprobou o pasado mércores a proposta da concelleira de Educación e Benestar Social, Pili Peón, das bases que regulan a concesión de becas para o transporte, destinados a universitarios/as e estudantes de ciclos formativos que cursen estudos oficiais en algún dos Campus e/ou institucións da Comunidade Autónoma.

Lousame acollerá o 21 de agosto o I Torneo de Fútbol a favor da Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva

Lousame, 13/08/2016 - O Concello de Lousame acollerá o domingo 21 de agosto a primeira edición do Torneo de Fútbol a favor da Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva (ASGPOH). Nesta competición solidaria, que conta con colaboración municipal, participarán o Outes F.C., o Lesende C.F., o Mazaricos C.F., e a U.D. Bastavales. 

Ordes acollerá esta fin de semana o Trofeo San Roque e o Torneo Concello de Ordes

Ordes, 13/08/2016 - Nesta ocasión o deporte, e máis concretamente o fútbol, terá un lugar destacado nas festas patronais de Santa María de Ordes. Hoxe sábado, 13 de agosto, dende as 17 horas disputarase o Trofeo San Roque no complexo deportivo Vista Alegre. Unha cita na que participarán os veteranos dos equipos Mesón do Vento C.F., Poulo C.F., Peña Vilamaior, S.D.C. Ordes e Veteranos Ordes.

Acrobacias aéreas para o público de Ordes

Ordes, 13/08/2016 -  'Soy ellas' é o título do espectáculo que o Concello de Ordes ofreceu recentemente na Alameda, dentro do programa 'Unha viaxe pola cultura'.

Xa á venda as entradas para o concerto dos ciganos Fanfare Ciocarlia e Radio Cos

Santiago, 12/08/2016 - O Festival Feito a Man vén de sacar as entradas online para a Gran Foliada BalGalaika, unha celebración do encontro entre as músicas ‘gipsy’ dos Balcáns e as músicas bailables da tradición galega; o encontro entre as músicas do oriente e do occidente europeo que reúne aos romaneses Fanfare Ciocarlia e aos galegos Radio Cos. Poden atoparse aquí, ademais de nos locais da asociación Cidade Vella, organizadora do festival:https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/gl/outras-musicas/praza-da-quintana/6564--a-gran-foliada-balgalaika-con-fanfare-ciocarlia-e-radio-cos.html

Bandeira, en Silleda, acollerá un Campionato de canicas e un Open Internacional de Petanca

Silleda, 12/08/2016 - Os xogos tradicionais tamén teñen cabida, como xa ven sendo habitual, nas festas de Bandeira. Así, a Sociedade Deportiva Bandeira, adiántase un día ao comezo das festas e organiza o mércores día 17, ás 21:30 horas un campionato de canicas no campo de A Gandareira.

Unha nena procedente da área de Chernóbil pasa o seu terceiro verán en Ames

Ames, 12/08/2016 - A finais do mes de xuño unha familia amesá, residente no Milladoiro, recibía a unha rapaza de 12 anos de idade procedente da rexión rusa de Briansk. Esta área, do país ruso, é a que presenta maiores niveis de contaminación radioactiva, procedentes do accidente nuclear de Chernóbil, que tivo lugar en 1986.

Centos de veciños y visitantes pasaron pola ‘Feira dos Emigrantes’ de Touro

Touro, 12/08/2016 - As rúas de Fonte Díaz enchéronse hoxe durante toda a mañán de xente. O bullicio dominou a ‘Feira dos Emigrantes’. O sol radiante tamén animou a veciños e forasterios a achegarse ata a capital do Concello de Touro.

O alcalde de Oroso responsabiliza a Fomento do caos de tráfico

Oroso, 11/08/2016 - O alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, amosa o seu malestar e contrariedade co Ministerio de Fomento, ao que responsabiliza do grave atasco de circulación que se produciu durante esta mañá na estrada N-550 ao seu paso por Sigüeiro, por mor da avaría dun camión de gran tonelaxe na ponte sobre o río Tambre.

Comezan as obras de Escarabuña e Pedreira correspondentes ao POS do exercicio 2015

Santiago, 11/08/2016 - O concelleiro de Medio Rural, Rafael Peña, deu conta do comezo dos traballos na Escarabuña e Pedreira, proxectos contemplados no Plan de Obras e Servizos (POS 2015) da Deputación da Coruña.

Silleda pon a punto os centros educativos para o inicio do curso

Silleda, 11/08/2016 - O Concello de Silleda continúa estes días realizando tarefas de mellora e acondicionamento nos centros educativos do municipio, de cara á posta a punto para o inicio do curso escolar o vindeiro mes de setembro.

O domingo agosto celébrase o XXXI Descenso do Tambre de piragüismo

Ames, 11/08/2016 -  A praia fluvial de Tapia será o escenario o próximo domingo, 21 de agosto, da XXXI edición do Descenso do Tambre. O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre, xunto co Concello de Ames, organizan esta competición que chega a súa trixésimo primeira edición.

O mercado de Melide trasladarase o día 14 a rúas contiguas do Cantón de San Roque

Melide, 11/08/2016 - A alcaldesa de Melide, Dalia García reúnise cos comerciantes ambulantes co motivo de reubicar o mercado dominical xa que o casco histórico da vila estará ocupado polos postos do V Mercado Medieval de Melide que comezará o vindeiro venres día 12 de agosto e que estará aberto ata o luns día 15.

Es un árbol no #feitoaman2016

Santiago, 11/08/2016 - Hoxe un poco de todo na xornada do Feito a Man, desde a música absurda de Es Un Árbol ata o blues de Sabela e Heartbreakers que pecharán a xornada.

Monicreques no verán cultural de Ordes

Ordes, 11/08/2016 -  'Unha viaxe pola cultura', o programa de actuacións e espectáculos que cada mes de agosto organiza o Concello de Ordes, continúa a súa andaina.

Nace Vía Centrum, un novo partido con sede en Ames e formado por antigos membros de Ciudadanos


Santiago, 10/08/2016 - Santiago de Compostela foi a cidade elixida para acoller a presentación dun novo partido político de centro que nace en Galicia con vocación nacional. Así o puxo de manifesto o presidente de Vía Centrum Partido Demócrata, José Luís Méndez Otero, quen destacou que Centrum ofrece “as garantías democráticas dunha efectiva participación cidadá e social na toma de decisións deste país”.

A Cámara de Santiago candidata para participar en catro proxectos europeos

Santiago, 10/08/2016 - A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela presentou a súa candidatura para participar en catro novos proxectos europeos, no marco do programa de cooperación transnacional Interreg e en concreto na primeira convocatoria do Espazo Atlántico para o período 2014-2020. As catro candidaturas da Cámara de Santiago resolveranse no mes de setembro.

Xornada do mercores 10 no #feitoaman2016

Santiago, 10/08/2016 - Xornada tranquila no #feitoaman2016 con dj e Sinestesia

Melide celebrará o Mercamelide de Verán o vindeiro 27 e 28 de agosto

Melide, 10/08/2016 -  O Mercamelide de verán celebrarase o último fin de semana de agosto por petición do comercio local nunha reunión co concelleiro do ramo, Luis Arias, para a organización do XVIII edición do Mercamelide.

Agrón comeza hoxe a celebración das súas festas estivais

Ames, 10/08/2016 - A comisión de festas de San Lourenzo de Agrón celebra un ano máis as súas festas estivais, facéndose oco no calendario de verán. A parroquia amesá acolle tres días de misas solemnes e concertos amenizadas por dúos e orquestras; hoxe día 10, mañá xoves 11 e venres 12 deste mes de agosto.

Brión mellora a estrada nos lugares de Lamiño e Liñares

Brión, 10/08/2016 - O Concello de Brión vén de iniciar as obras de ampliación de dous tramos de estradas nos lugares de Lamiño e Liñares, na parroquia de Brión, onde instalará tuberías para evitar as escorrentías de auga nun tramo de pista de 801 metros.

O mosteiro de Carboeiro celebra unha nova xornada de portas abertas

Silleda, 10/08/2016 - A entrada ao mosteiro de Carboeiro volverá a ser gratuíta no día de hoxe,  festividade de San Lourenzo, patrón do cenobio. Así o recolle a ordenanza que regula o acceso ao mosteiro, xunto coas xornadas do 18 de maio (Día Internacional dos Museos) e o 25 de xullo (Día de Galicia).

o BNG de ordes contrario ao novo vertedoiro que se quere implantar en lesta

Ordes, 09/08/2016 - O BNG de Ordes manifesta a súa total repulsa ao novo vertedoiro que “Reciclaje ambiental Lesta S.L.” pretende implantar na parroquia de Lesta, nas inmediacións do vertedoiro da Areosa.

Santiago actuará no rural coa cuarta fase do Plan de Acción Social

08/08/2016 O concelleiro de Medio Rural, Rafael Peña, deu conta hoxe de varias actuacións que se acometerán nos vindeiros meses en diversas parroquias de Santiago e que foron aprobadas en Xunta de Goberno o pasado 5 de agosto. En total investiranse máis de 200.000 euros.

A Xunta concede ao Concello de Silleda un Obradoiro de Emprego

Silleda, 09/08/2016 - O Concello de Silleda vén de recibir por parte da Xunta de Galicia o visto bo para a realización dun Obradoiro de Emprego. Baixo o título “Semente de Pedra”, o proxecto aprobado contará con dúas especialidades: colocación de pedra natural e xardinería e restauración da paisaxe, con 10 alumnos/as-traballadores-as por cada un deles, é dicir, 20 en total.

Teo licita o acondicionamento da praza circular dos tilos

Teo, 09/08/2016 - O Concello de Teo acaba de licitar as obras de acondicionamento da praza circular da urbanización dos Tilos. Os traballos están valorados en 209.391 euros e financiaranse con cargo ao Plan de Acción Social (PAS) 2015 da Deputación da Coruña.

TerraZeando presenta á banda madrilaña Remate

Santiago, 09/08/2016 - A banda madrileña Remate ofrece o seu surrealismo cínico e socarrón na nova cita de TerraZeando.

Xornada do martes no #feitoaman2016

Santiago, 09/08/2016 - Volven as sesión vermú ao Feito a Man, hoxe martes con Poesia Canalla a unha e media da tarde en Tras San Fiz de Solovío.

A hostaleria de Bertamiráns abrirá unha hora máis con motivo das festas da Peregrina

Ames, 09/08/2016 -  Os locais hostaleiros situados en Bertamiráns poderán ampliar o seu horario de peche nunha hora máis durante os días 9, 10, 11, 12, 13 e 14 de agosto de 2016 con motivo das festas da Peregrina.

Día do neno e nena con festa da espuma en Ordes

Ordes, 09/08/2016 - Centos de nenos e nenas desfrutaron do seu día no Campo da Feira de Ordes. A tarde deste pasado venres todas e todos eles foron os verdadeiros protagonistas da xornada grazas ás actividades organizadas polo Concello de Ordes dentro do programa 'Unha viaxe pola cultura'.

Tres boas opcións dentro do #feitoaman2016 na xornada de este luns.

Oima
Santiago, 08/08/2016 - Os organizadores do Feito a Man deixan durmir pola mañá e montan a festa a partir das seis da tarde; a esa hora e na praza de Cervantes actuará Oima, música tradiconal de baile galega e europea.

O BNG de Ordes denuncia a situación de abandono da ponte de Pereira

Ordes, 08/08/2016 - O BNG denuncia que o alcalde prometera que en Xullo a ponte de Pereira ía estar amañada e a día de hoxe, despois de mais de medio ano coa estrada completamente cortada, as obras aínda non comezaron.

A alcaldesa de Melide asina un convenio coa Consellería de Medio Rural para o arranxo da estrada Melide-Sobrado

Melide, 08/08/2016 - A conselleira de Medio Rural, Dona Ánxeles Vázquez, ven de asinar convenios cos concellos das catro provincias galegas co galo de arranxar e renovar os camiños municipais dentro do Plan de Emerxencias da Consellería de Medio Rural.

El Partido Popular de Ames pide a la Concejala de Economía y Hacienda valentía y coherencia.

Ames, 08/08/2016 - Los informes municipales de intervención y tesorería que trimestralmente se presentan al Pleno de la Corporación recogen un apartado referente a la “Información relativa al cumplimiento de los plazos en la ejecución de pagos”. Esta información tiene cierta complejidad técnica para el ciudadano normal, y a lo largo de la misma se refiere a diferentes tipos de periodos medios de pago; así, en la información de facturas o documentos justificativos pendientes de pago al final del trimestre se recoge un periodo medio del pendiente de pago de 130,11 días.

Ames está levando a cabo traballos de limpeza en beirarrúas e vías da zona rural

Ames, 08/08/2016 - O Concello de Ames, a través da concellaría de Obras Públicas, está realizando traballos de mantemento e limpeza das beirarrúas e das vías interiores da zona rural amesá. Estes traballos estanse realizando principalmente nas parroquias do rural e nos arredores de Bertamiráns e do Milladoiro. Para desenvolver estes traballos contratouse un equipo de xardinería composto de dous operarios, que traballan a xornada completa durante catro meses. Esta actuación ten un custo para o Concello de 18.694.50 euros.

A Festa dos Cans terá continuidade este mesmo ano

Ordes, 08/08/2016 - A 'Festa dos cans', que tivo lugar esta pasada fin de semana na canceira municipal de Ordes, traduciuse na adopción de sete exemplares de distintas razas. Unha cifra considerada “como un verdadeiro éxito” por parte do Concello e a Asociación Amigos da Canceira de Ordes, organizadores desta iniciativa solidaria e de concienciación.

Ardemil resucita a tradición da malla

Ordes, 08/08/2016 - Un ano máis a parroquia de Ardemil reviviu a tradición da malla, ante centenares de veciños, veciñas e público chegado de distintos puntos da comarca ordense. Tal e como é costume os organizadores desta cita mesturan o humor coa realización deste arduo labor tan habitual nos tempos de antes.

O Concello de Melide edita un rueiro para o sector hostaleiro da vila

Melide, 08/08/2016 - O concelleiro de Turismo, Luis Arias, mantivo unha reunión cos albergues do Camiño Francés e do Camiño Primitivo a quenes presentou a edición dun rueiro “fácil” para distribuir entre os peregrinos e visitantes de Melide co galo de promocionar os principais monumentos da vila e sitios de interese turístico.