Ames - reunións sobre as actividades de psicomotricidade



A próxima semana celebraranse dúas reunións de resumo das actividades do programa de psicomotricidade 

Os pais e nais poderán asistir aos encontros que terán lugar o luns, 18 de xuño, ás 18,00 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns, e o martes á mesma hora na sala multiusos da EEI do Milladoiro. 

Debido á alta demanda de preinscricións rexistradas para o próximo curso, o vindeiro martes, 19 de xuño, o salón de plenos do Concello de Ames acollerá ás dez da mañá un sorteo para cubrir as prazas ofertadas. A este sorteo poderán acudir todas as persoas interesadas. 

Esquerda Unida Santiago - moción sobre a xestión pública de Bancos e Caixas


MOCIÓN
XESTIÓN PÚBLICA DAS VIVENDAS DOS BANCOS E CAIXAS
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Esquerda Unida Compostela traballa co firme propósito de que o artigo 47 da Constitución Española, o que proclama o dereito a unha vivenda digna para todas as persoas, sexa unha realidade e non un imposible para a maioría social.
Por este motivo o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela presentara, o pasado 14 de marzo, unha moción pedindo a creación dunha axencia pública municipal de aluguer co obxectivo de incentivar a posta a disposición da cidadanía de vivendas en rexime de alugueiro social.

Ames - ampliase o prazo para participar no campus educativo de verán


Amplíase o prazo de inscrición para participar no Campus educativo de verán que organiza a Concellaría de Xuventude
A Concellaría de Xuventude, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), ampliou o prazo e inscrición para que todos os rapaces e rapazas que así o desexen se poidan apuntar ao Campus educativo de verán que se desenvolverá nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro durante os meses de xullo e de agosto. O prazo de inscrición rematará o vindeiro 28 de xuño, polo que haberá 10 días máis poder formalizar a inscrición.

Santiago - José Merce hoxe no Auditorio


Hoxe, sábado 16 de xuño a partir das 21.00h

José Mercé en concerto no Auditorio de Galicia

  • Presenta o seu espectáculo 'Nuevo Amanecer' no que por primeira vez canta todos os grandes éxitos da súa carreira.

  • As entradas, 30€+gastos, están xa á venta en Novagaliciabanco e na billeteira do Teatro Principal e estarán na do Auditorio o propio día do concerto a partir das 18h

oroso - cursos gratuitos de natación


O CONCELLO DE OROSO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS CURSOS GRATUÍTOS DE NATACIÓN VERÁN 2012

O prazo de solicitude remata o 27 de xuño e os únicos requisitos son cubrir a folla de inscrición e ter o carné de abonado da piscina

 O Concello de Oroso vén de abrir o prazo de inscrición nos cursos de natación Verán 2012, uns cursos gratuítos que se impartirán na piscina municipal de Sigüeiro entre o 2 e o 28 de xullo. A iniciativa está dirixida tanto a nenos de 4 a 16 anos, como a adultos, que deberán anotarse nas oficinas do complexo deportivo Juanito Amigo de Sigüeiro (981 92 79 01) antes do 27 de xuño.

Ames - 15 admitidos para o campamento urbano da Aula da Natureza




Un total de 37 nenos/as están admitidos no campamento urbano de verán que se desenvolverá na Aula da Natureza

Dende este venres, 15 de xuño, pola mañá xa están expostas as listas provisionais de admitidos no campamento urbano de verán. Todos os rapaces e rapazas están admitidos neste campamento e non haberá que realizar sorteo.

As listas pódense consultar nos taboleiros oficiais da Casa do Concello, en Bertamiráns, e nas Oficinas Xerais do Milladoiro. Entre o 25 de xuño e o 5 de xullo haberá que formalizar a matrícula para participar nesta actividade.

Brión - o concello amplía as ofertas de conciliación no verán




PAINTBALL, PIRAGÜISMO NO MAR, RUTA DO ANEL, TEATRO, COCIÑA E MANUALIDADES CONFIGURAN  A OFERTA DE VERÁN DO CONCELLO DE BRIÓN

O Concello amplía a súa oferta cun programa de conciliación familiar para a última semana de xuño e actividades en familia 

O Concello de Brión vén de ampliar a súa oferta de programas de conciliación familiar para as próximas vacacións escolares cun programa de conciliación familiar para a última semana de xuño, denominado “Chegaron as vacacións”, e unha nova iniciativa que pretende fomentar as actividades en familia, “Tardes de verán”. Dúas iniciativas que se suman aos tradicionais Obradoiros de Verán, para ocupar as mañás dos pequenos durante o mes de xullo, e os Obradoiros de

Ames - 250 persoas inscritas para a XII Milla Urbana



Arredor de 250 persoas inscribíronse para participar na XII Milla Urbana do Concello de Ames

 O prazo de inscrición aberto para participar na duodécima edición da Milla Urbana do Milladoiro pechouse hoxe con arredor de 250 persoas anotadas e que teñen previsto participar este domingo na proba deportiva. Un ano máis, o Concello de Ames organiza esta carreira na que as persoas participantes, tanto atletas profesionais como afeccionados percorren unha milla, algo máis de 1.600 metros, excepto para as categorías inferiores (prebenxamín, benxamín e alevín). Nesta ocasión, a cita terá lugar o domingo a partir das 11:00 horas na Travesía do Porto, situada na localidade do Milladoiro.

SOGACOT - presentados no XXV congreso distintas novidades médicas



PRESENTADOS EN EL XXV CONGRESO SOGACOT 2012 LOS ÚLTIMOS AVANCES DE LAS UNIVERSIDADES DE VIGO Y LUGO EN REGENERACIÓN DE HUESO Y NUEVOS BIOMATERIALES PARA LA MEJORA DE LAS PRÓTESIS 



El doctor Pío González presentó unos biomateriales que minimizan rechazos en las prótesis y el doctor Antonio González adelantó los resultados positivos en el tratamiento de la osteoartritis 

El Ayuntamiento de Santiago y la Consellería de Sanidade destacaron la importancia de estos simposios para avanzar en las prácticas médicas que permitan una prestación asistencial de calidad y más económica

Melide - campaña de desbroce e de prevención de incendios




O Concello de Melide a través do seu departamento de medio rural comenza a campaña de desbroce e prevención de incendios de cará o verán o vindeiro luns.

·
Vinteseis parroquias do Concello de Melide serán beneficiarias destes desbroces preventivos.
·         Máis de 180 hectareas serán obxecto dos traballos de acondicionamento de cunetas e pistas rurais.

Santiago - axenda sábado 16 e actuacións policía local



Sábado 16

10.45 h
Na Praza do Obradoiro, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, recibe os membros do Club de Remo Tirán que fan o Camiño de Santiago cunha trainera. Posteriormente farán a ofrenda ao Apóstolo.

12.00 h
Na Facultade de Medicina, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao acto de entrega da medalla de ouro a José Peña Guitián por parte do Colexio Médico da Coruña.

12.30 h
No pavillón de Santa Isabel, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asiste ao Campionato galego de natación alevín.

Santiago - axenda venres 15 e actuacións policía local


Venres 15

9.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao almorzo informativo organizado por Fórum Europa no que actúa como ponente a conselleira de Facenda, Elena Muñoz.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe o novo xeneral xefe da Garda Civil en Galicia, José María Feliz Cadenas.

Santiago - cortes de tráfico na Gracia e na rúa Poza de Bar


ASUNTO: Corte de tráfico na rúa Poza de Bar   


Con motivo da realización de obras de abastecemento de auga e saneamento da gardería sita na avenida das Burgas cortarase ao tráfico a rúa Poza de Bar o sábado 16 de xuño durante todo o día. Permitirase o paso aos garaxes e residentes.
Os desvíos para Noia faranse por Rosalía de Castro ou Figueiras, e o acceso a San Lourenzo farase polo Campus.

Ames - este domingo se clausura o obradoiro de baile e música tradicional



Este domingo celébrase o acto de clausura do obradoiro de baile e música tradicional
A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este domingo, ás 18:00 horas, a clausura do obradoiro de baile e música tradicional. Neste evento participan os grupo de baile e música dos Castros e do Concello de Ames. Este obradoiro estivo xestionado pola Asociación Cultural Os Castros. Os participantes asistiron a clases de baile, gaita, pandeireta, percusión e punteiro. As clases impartíronse dende o pasado mes de outubro nos centros socioculturais de Bugallido, Biduído, Trasmonte e na Casa Cultura de Bertamiráns.

Ames - o executivo non entende as críticas dos socialistas sobre o presuposto municipal




O Goberno amiense cualifica de “lamentables e demagóxicas” as manifestacións do PSOE sobre as contas de 2012, que están practicamente pechadas

O Executivo non entende as críticas dos socialistas, e en especial, do seu voceiro, José Miñones, que está a actuar con absoluta demagoxia cando coñece perfectamente cal é a situación na que se atopaba o Concello cando os socialistas remataron o seu mandato.

O actual Goberno lembra que nos últimos anos os socialistas gobernaron con orzamentos prorrogados, unha cuestión que noutros momentos non lles parecía criticable.

PSOE Ames - crítica do retraso nos presupostos


O GRUPO SOCIALISTA CRITICA QUE SANTIAGO AMOR FOSE INCAPAZ DE PRESENTAR UNS ORZAMENTOS MUNICIPAIS NO SEU PRIMEIRO ANO DE MANDATO

Os socialistas solicitan que se presenten na próxima sesión plenaria e que se facilite a documentación con tempo suficiente para a súa análise pola oposición

O grupo socialista de Ames critica os continuos e inxustificados retrasos do Goberno Local á hora de presentar os Orzamentos Municipais de 2012 e que supoñen que o Concello de Ames estea funcionando a día de hoxe cuns orzamentos prorrogados dende 2010.

Brión - inauguración do V premio internacional de arte gráfico Jesús Nuñez


DIEGO CALVO E XOSÉ LUÍS GARCÍA INAUGURAN EN BRIÓN A EXPOSICIÓN DO V PREMIO INTERNACIONAL DE ARTE GRÁFICO JESÚS NÚÑEZ

A mostra consta de 30 gravados seleccionados no certame e poderá visitarse na sala de exposicións ata o 27 de xuño

Ames - segunda xornada de "Cultura de Bar"



Celso Sanmartín, o Mago Romarís e Paul Black serán os protagonistas da segunda xornada do programa Cultura de Bar 

Esta fin de semana desenvólvese a segunda xornada do programa Cultura de Bar no que participan 16 establecementos hostaleiros de Bertamiráns e do Milladoiro. Este programa alterna actuacións musicais, contos de tradición oral, humor, espectáculos de maxia, monólogos, etc.

Santiago - este sábado Romaría POP en Belvís


Sete grupos galegos ademais de mercadillo, programación infantil e presentacións culturais
Música e actividades diversas na Romaría Pop, un novo concepto de Festival, este sábado en Belvís


  • A romaría, con acceso de balde, está organizada por Desconcierto Cultural xunto cos departamentos de Cultura e Medio Ambiente do Concello de Santiago

  • As informacións meteorolóxicas din que o tempo dará unha tregua este sábado polo que todo indica que a Romaría se poderá celebrar sen ningún problema

Ames - festas en Covas



Covas celebra as festas na honra do Santísimo Sacramento

A parroquia amiense de Covas celebra esta fin de semana as festas na honra do Santísimo Sacramento. O venres, 15 de xuño, a partir das 10:30 horas actúa a Orquestra Ismael. Este mesmo día a veciñanza de Covas gozará da actuación do humorista Lito de Arzúa.

Teo - aprovase a segnda fase do pago a provedores


O PLENO APROBA SEN VOTOS EN CONTRA A SEGUNDA FASE DO PLAN DE PAGO A PROVEDORES


·        Ascende a 459.569,34 euros e incorpora facturas de empresas que tramitaron a súa incorporación tras o primeiro prazo de Hacienda

·        O Concello de Teo mantén unha saúde económica mellor que a media das administracións locais do país

Melide - este sábado programa "Conecta" da consellería de xuventude centrado no deporte



MELIDE ACOLLE O SÁBADO O PROGRAMA CONECTA DE XUVENTUDE QUE SE CENTRARÁ NO DEPORTE COMO UN SECTOR PARA O EMPRENDEMENTO

 O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, presentou hoxe a iniciativa que se está a desenvolver por toda Galicia

A actividade, financiada polo programa de cooperación transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal da UE, ofrece á mocidade unha alternativa para promover novos proxectos empresariais a través da participación

 No sexto foro ‘Conecta’ que se celebra na Comunidade autónoma participarán persoas que fixeron do deporte o seu medio de vida, como Javier Anido, do comité de organización do Rally de Históricos de Galicia

SOGACOT - o XXV congreso en Santiago desde hoxe


LOS ÚLTIMOS AVANCES Y TÉCNICAS EN CIRUGÍA ORTOPÉDICA Y TRAUMATOLOGÍA, A DEBATE MAÑANA VIERNES EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

El XXV Congreso de la Sociedad Gallega de Cirugía Ortopédica y Traumatología, que será inaugurado a las 12:00 horas, reunirá a más de 200 profesionales en el Hotel Monumento San Francisco

PSOE Teo - valoración pleno Maio


VALORACIÓN DOS SOCIALISTAS DE TEO
DO PLENO EXTRAORDINARIO DO 14/06/12
O Pleno Extraordinario celebrado o dia 14 de xuño tivo como único punto da orde
do día, a modificación á alza da operación de endebedamento vinculada ao
plan de axuste 2012-2022 para o pagamento de facturas pendentes a
provedores, conforme ao Real Decreto Lei 4/2012, do 26 de febreiro.
Lembremos que en data 15 de marzo de 2012, o Concello de Teo enviou unha
relación de facturas pendentes de pagar a provedores, facturas anteriores ao
31/12/2011, por unha contía total de 1.531.705,62 euros.
Tras diversos axustes, no Pleno ordinario de marzo de 2012 aprobouse, só cos
votos a favor do equipo de goberno e o voto de calidade do Alcalde, un Plan de
axuste vinculado a unha operación de endebedamento por 1.320.000 euros, co fin
de facer fronte ao pagamento destas facturas.
En data 11 de maio, unha vez aprobado o Plan de axuste polo Ministerio de
Facenda, por Resolución de Alcaldía aprobouse a operación de préstamo por un
importe de 826.412,43 euros, imposte xustificado en que non todos os provedores
amosaran a súa vontade de acudir a este procedemento de pago.
Agora, un mes despois desta Resolución de Alcaldía, e polas novas manifestacións
dos provedores, a operación total de préstamo ascende finalmente a
1.285.981,77 euros, case 214 millóns das antigas pesetas, un importe por
enriba do 10% dos recursos ordinarios do orzamento municipal, e así, polo tanto,
operación que debe ser aprobada polo Pleno.
Con tal motivo, celebrouse un Pleno extraordinario hoxe, 14 de xuño, ás 9
horas, onde a operación de crédito aprobouse cos votos a favor do equipo
de goberno, e as abstencións do resto dos partidos políticos con
representación no Concello.
A abstención da concelleira Uxía Lemus foi coherente coa posición mantida no Pleno
de marzo de 2012 con relación ao Plan de Axuste. Amosando a súa
desaprobación sobre as medidas incluídas neste Plan, centradas
principalmente nun aumento dos ingresos a través dunha inaudita suba de
taxas e impostos, Lemus entende que deixar aos provedores sen cobrar o
que lexitimamente lles corresponde non é a solución.
Polo tanto, á crítica a un plan de axuste, ligado a un plan de saneamento,
centrados en aumentar a presión tributaria sobre a cidadanía teense, mentres se
conxela parte da oferta pública de emprego, as inversións ou as subvencións, únese
á responsabilidade que deben ter todos os integrantes nunha corporación
cando hai facturas sen pagar a pequenas e medianas empresas, como
consecuencia da nefasta xestión económica do equipo de goberno, con
Martiño Noriega ao fronte, vendo os datos oficiais dos anos 2010-2011.
COMISIÓN EXECUTIVA LOCAL TEO
2
Polo tanto, a abstención dos Socialistas de Teo amosa a súa responsabilidade, ao
igual que a do resto dos partidos da oposición, ante a aprobación dunha operación
de crédito que, ademais, de non ser aprobada podería provocar unha maior
asfixia do Concello, incluídos problemas para o pagamento das nóminas aos
traballadores e traballadoras do Concello, como se observou noutras
administracións locais.
Coa nova operación de endebedamento, e tendo en conta os datos oficiais
proporcionados polo Concello, A DÉBEDA BANCARIA DO CONCELLO DE TEO
ASCENDERÁ A MAIS DE 3.089.000 EUROS, CUN AUMENTO DUN 64% DESDE
O ANO 2010 (cando no ano 2007 ascendía a 2.928.310,07 euros).
Por outro lado, o PSdeG de Teo quere amosar o seu apoio ás negociacións
dos concellos da comarca para a consecución dun parque comarcal de
bombeiros, coñecendo as dificultades do tema, co fracaso dos intentos pasados de
comarcalización do servizo.
Un dos obxectivos primordiais do Concello de Teo, o seu crecemento ata superar os
20.000 habitantes, significa tamén un aumento das competencias obrigatorias a
prestar polo Concello, conforme a normativa estatal, incluíndo a prevención e
extinción de incendios, así como protección civil.
Valorando moi positivamente o traballo exercido polos servizos de protección civil
do Concello neste tema, os Socialistas de Teo amosamos o noso apoio a unha
comarcalización do servizo, que permitiría que mellorase un servizo fundamental
para o Concello de Teo, desgraciadamente moi afectado tradicionalmente polos
incendios forestais.

Brión - 30 persoas na andaina familiar de Brionatura


UNHA TRINTENA DE VECIÑOS PARTICIPARON NA ANDAINA FAMILIAR CONVOCADA POR BRIONATURA

Un total de 31 veciños e veciñas de Brión participaron o pasado domingo na andaina familiar convocada polo programa medioambiental Brionatura, organizado polo Concello de Brión. Unha pequena andaina polo entorno do campo do Santo Arandel, na parroquia de Bastavales, de apenas 4,8 quilómetros para percorrer en familia, ben andando, ben en bicicleta.

BNG Ordes - no 2011 houbo máis de 1 millón de euros de gasto sen contabilizar



A INTERVENCIÓN ADVIRTE QUE NO 2011 HOUBO MÁIS DUN MILLÓN DE EUROS DE GASTO SEN CONTABILIZAR

Nun informe sobre a liquidación dos Orzamentos de 2011, o interventor confirma que o Concello de Ordes ten unha débeda de máis de 10 millóns de euros, perto de 800 euros por habitante

O portavoz municipal do BNG, Gonzalo Castro alertou da existencia dun informe da intervención municipal que “confirma a existencia de máis dun millón de euros de gasto que non se contabilizaron nos Orzamentos de 2011, o que fai sospeitar da existencia de gastos de difícil xustificación por parte do alcalde e o seu goberno”

Teo - Chevere ofrece 3 "ultranoiteo" esta fin de semana


A COMPAÑÍA CHÉVERE OFRECE TRES ‘ULTRANOITEO’ ESTA FIN DE SEMANA


·        Aos dous espectáculos nas noites do venres e do sábado únese unha sesión vermú especial o domingo a mediodía

·        As entradas poden adquirirse por anticipado en redenasa.tv e en tres establecementos do municipio, e en billeteira o propio día

 A compañía Chévere Teatro, residente en Teo, ofrece esta vindeira fin de semana tres actuacións do seu espectáculo ‘Ultranoiteo’ no auditorio do Centro Sociocultural da Ramallosa. Ás representacións das noites do venres e do sábado, as dúas ás 23 horas, únese unha especial o domingo a partir das 13 horas, a modo de sesión vermú con opción de xantar degustación.

Oroso - hoxe comezan os Dias Verdes


VOLUNTARIOS DE OROSO ADECENTARÁN O CAMIÑO INGLÉS E ELIMINARÁN PUNTOS DE VERQUIDO DE LIXO DURANTE A CELEBRACIÓN DO PROGRAMA “DÍAS VERDES”

A iniciativa desenvolverase durante as mañás do xoves e do venres

 O Concello de Oroso inicia hoxe xoves o programa “Días Verdes”, unha iniciativa que pretende concienciar aos veciños e veciñas na necesidade de preservar a nosa natureza e adoptar actitudes que propicien un maior respecto ao medio ambiente.

Ames - programa de actos da Festa da Naturez


O Concello de Ames xa ten preparado o programa da Festa da Natureza
O venres 29 de xuño realizarase na Aula da Natureza a actividade Noite de estrelas, na que se farán observacións astronómicas co Club Vega de Astronomía.
Para o domingo 1 de xullo queda a celebración da Festa da Natureza que se desenvolverá na Praia fluvial de Tapia. As actividades comezarán ás 11:00 horas cunha andaina circular ambiental polas beiras do río Tambre e polo lugar de Oca.

Teo - xornadas deportivas no río Ulla


O CONCELLO ORGANIZA TRES XORNADAS DEPORTIVAS NO RÍO ULLA EN XULLO

·        Hidro-speed, rafting e canoa para maiores de 14 anos

·        O prazo para inscribirse comeza o vindeiro 18 de xuño

. O departamento de Deportes do Concello de Teo organiza tres xornadas de actividades acuáticas no río Ulla o vindeiro mes de xullo, dentro do programa Aventura-Teo. As propostas son hidro-speed, rafting e canoa, cunha oferta total de 68 prazas para maiores de 14 anos. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición e o prazo para anotarse comeza o vindeiro 18 de xuño.

Esquerda Unida Santiago - supresión do aluguer de bicicletas


O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA OPONSE A
SUPRESIÓN DO ALUGUER DE BICICLETAS .
O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA ESIXE, UNHA VEZ MÁIS, O
DEBATE CIDADÁ NECESARIO PARA A ELABORACIÓN DUN PLAN GLOBAL DE
MOBILIDADE SUSTENTABLE.
Esquerda Unida Compostela traballa para un cambio no modelo de mobilidade urbana. Un
cambio que permita, dunha vez, camiñar cara a urxente redución do tráfico privado mentres se
impulsa o uso de transportes colectivos menos perxudiciais para a nosa saúde medioambiental.

Ames - o concello se presenta o concurso de Actuacións Accesibles da Fundación ONCE


Ames presenta as obras de mellora de accesibilidade da Casa da Cultura de Bertamiráns ao concurso Actuacións Accesibles, organizado pola Fundación ONCE e COAM

 O Concello de Ames vén de presentar ao concurso Actuacións Accesibles, organizado pola Fundación Once en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Madrid (COAM), as obras de mellora da accesibilidade da Casa da Cultura de Bertamiráns. A convocatoria Actuacións Accesibles ten como obxectivo elixir as obras de arquitectura e enxeñería nas que a accesibilidade fose tratada de xeito exemplar, máis alá do cumprimento normativo. Esta iniciativa pretende demostrar que se poden deseñar edificios de calquera tipoloxía baixo parámetros de deseño para todos.

Brión - 260 veciños recorreron as Rías Baixas


 MÁIS DE 260 VECIÑOS E VECIÑAS DE BRIÓN PARTICIPARON NA EXCURSIÓN DA TERCEIRA IDADE, QUE TIVO COMO DESTINO AS RÍAS BAIXAS

Máis de 260 veciños e veciñas de Brión participaron na tradicional excursión da terceira idade, celebrada a pasada fin de semana e que tivo como destino as Rías Baixas. A choiva converteuse nunha inesperada acompañante e deslucíu especialmente a travesía martíma pola ría de Arousa, entre O Grove e Cambados.

Santiago - ampliación de prazas no escola de verán de inglés


AMPLIACION DE PRAZO DE SOLICITUDES PARA A
ESCOLA DE VERÁN DE INGLÉS
A Escola Municipal de Verán de Inglés 2012, English Summer School, organizada
polo Departamento de Educación do Concello de Santiago, quere informar da oferta
de prazas vacantes para aquelas familias que estean interesadas en que os seus
fillos/as participen neste programa.
Todas aquelas familias que fixeron a solicitude correspondente nos prazos fixados e
que cumpriron os requisitos da convocatoria, teñen adxudicada a praza.

Frades - o S.E. Abellá ascende a primeira autonómica


O S.E. ABELLÁ ASCENDE A PRIMEIRA AUTONÓMICA

13 de xuño de 2012.- O S.E. Abellá vén de conseguir o ascenso á Primeira Autonómica, logo de impoñerse no segundo partido da liguiña de ascenso, disputado este domingo no campo de fútbol de Elviña (A Coruña). Destte xeito, o conxunto de Frades impúxose nos dous encontros da liguiña de ascenso, que se disputou a un único partido diante do Cultural Maniños e do Oza Xuvenil, polo que conseguíu o tan desexado ascenso directo a Primeira Autonómica.

Santiago - Sarabela Teatro e Arte Libre do Brasil pechan a programación de teatro and Danza


‘Tango’ de Sarabela Teatro e ‘O retrato de Dorian Grey’ de Teatro Arte Livre pechan a programación de Teatro&Danza

  • ‘Tango’ poderá verse os días 15 e 16 ás 21.00h no Teatro Principal dirixido por Ánxeles Cuña e con Fina Calleja e Fernando Dacosta, entre outros.

  • ’O retrato de Dorian Grey’ chegará ao Principal os días 19 e 20 baixo a dirección de Roberto Cordovani e con Bruno Portela, Javi Toste e Cristina Collazo.

Esquerda Unida Santiago - dia internacional do orgullo LGTB


DÍA INTERNACIONAL DO ORGULLO LGTB
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Esquerda Unida Compostela ten a defensa dos dereitos e liberdades das persoas como punto
esencial de calquera das súas propostas programáticas.
O 28 de xuño de 1968 sucedéronse diversas revoltas en Stonewall (EE.UU.) para denunciar a
criminalización a que estaban sometidas as persoas LGTB no país, por iso, neste día, se
conmemoran reivindicacións que deben ser acollidas por políticas públicas por parte das
institucións destinadas a velar polos dereitos destas persoas.
As fobias cara ás expresións da sexualidade consideradas “diferentes”, lonxe de desaparecer, continúan habitando en aulas, fogares, centros de traballo e ocio, e, por desgraza, tamén nas administracións e servizos públicos.

Ames - 100 persoas na representación de "Luces de Tolemia"


Arredor de 100 persoas asistiron á representación de Luces de Tolemia do grupo de teatro do Hospital psiquiátrico de Conxo
Esta mesma obra de teatro representarase na Casa da Cultura do Milladoiro o próximo martes, 19 de xuño, ás 18:30 horas. Esta peza teatral será de balde. Poderase acceder ao auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro ata completar aforo.

Santiago - axenda xoves 14 e actuacións policía local



Xoves 14

10.45 h
No Salón Amarelo, o alcalde compostelán, Ángel Currás, manterá un encontro cos medios de comunicación sobre a reunión cos tratantes de gando.

12.20 h
Na Coruña, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á toma de posesión do novo xeneral xefe da Garda Civil en Galicia, José María Feliz.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

Olimpiadas Populares Galegas - segunda edición das Olimpiadas esta fin de semana en Ponte Vea


Dezassete equipas pelejarám polo trofeu da segunda ediçom das Olimpiadas Populares Galegas

Duascentas atletas se juntarám em Ponte Vea na festa desportiva dos movimentos sociais galegos


As II Olimpiadas Populares Galegas arrancarám no vindeiro sábado 16 de Junho, com o traslado por relevos do facho olímpico desde A Ramalhosa até a ponte romana de Ponte Vea (Teu).

Ames - permisos para as cacharelas de San Xoan



Xa se pode solicitar o permiso para facer cacharelas durante a noite de San Xoán 

Todas as persoas, organizacións ou comunidades que desexen realizar unha fogueira na noite de San Xoán deberán presentar a solicitude correspondente no rexistro do Concello de Ames antes das 13:00 horas do vindeiro xoves 21 de xuño.

Para evitar problemas o Concello de Ames publica, como vén facendo nos últimos anos, unha serie de normas que deberán cumprir todas as persoas ou agrupacións que fagan unha fogueira durante o mes de xuño.

Teo - creación de un Banco de Libros para axudar as familias


O CONCELLO DE TEO CREA UN BANCO DE LIBROS PARA APOIAR A ECONOMÍA DAS FAMILIAS

       Pódense doar libros en bo estado de conservación válidos para o curso 2012-2013, entre o 25 de xuño e o 6 de xullo

·        Os textos outorgaranse priorizando a situación socioeconómica e con criterios adicionais como ser donantes de libros e ter máis dun fillo

Ames - ultimos días para inscribirse na XII Milla Urbana


Últimos días para inscribirse na XII Milla Urbana do Concello de Ames 
A cita terá lugar o domingo 17 de xuño a partir das 11:00 horas na Travesía do Porto, situada no Milladoiro. Todas as persoas que estean interesadas en participar nesta proba terán de prazo para apuntarse ata o día 15 de xuño ás 14:00 horas. As inscricións realizaranse enviando un correo electrónico a inscricionsFGAsantiago@gmail.com

Santiago - axenda mércores 13 e actuacións policía local


Mércores 13

10.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, reúnese co presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey.

11.30 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou; Roberto Cordovani e Bruno Portela, de Teatro Arte Livre, e Fernando Dacosta e Fina Calleja, de Sarabela Teatro, para presentar 'O retrato de Dorian Grey' e 'Tango', as dúas obras teatrais coas que se pecha a programación de 'Teatro&Danza'.

BNG A Estrada - declaración contra o rescate

Manifesto 12 Xunho contra o Resgate. Un roubo ao pobo. Referéndum

XA!

Amigos e amigas, queremos expresar hoxe aquí a nosa xusta indignación e a nosa
firme oposición perante o resgate ao Estado español. Este resgate é un roubo ao pobo e unha monumental estafa
O resgate vai significar a entrega de 100.000 millóns de euros á banca para que estapoda pagar as súas débedas e sanear os seus balanzos.

Ames - solicitude de axudas para familias numerosas

Xa se poden solicitar as axudas destinadas ás familias numerosas do concello de Ames

A contía total destinada a estas axudas é de 120.000 euros e as familias que obteñan a axuda recibirán entre 900 e 1.100 euros por unidade familiar, dependendo do número de fillos que figuren no título de familia numerosa.

As familias interesadas poden presentar a súa solicitude ata o vindeiro 9 de xullo no rexistro Xeral na Casa do Concello en Bertamiráns ou no Rexistro existente na oficina municipal do Milladoiro.

Silleda - o venres comezan as xornadas Novidades da Arqueoloxía Galega


Silleda será o punto de arranque das xornadas de Aega para dar a coñecer á cidadanía o valor da arqueoloxía e o patrimonio

-A cita comezará o venres día 15 na biblioteca pública municipal, ás 20.30 horas, con tres charlas e continuará o sábado cunha visita didáctica aos Castros de Toiriz
-A iniciativa da Asociación de Empresas Galegas de Arqueoloxía continuará en Boiro, nos Castros de Neixón

Santiago - aCadaCanto no teatro principal


aCadaCanto, O PROXECTO DE GUADI GALEGO, XABIER DÍAZ, GUILLERME FERNÁNDEZ E XOSÉ LOIS ROMERO, EN DIRECTO EN SANTIAGO

hoxe ás 21 horas no Teatro Principal

Hoxe ás 21 horas terá lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela dentro do ciclo ‘Íntimo&Acústico’ o concerto de Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero co proxecto aCadaCanto, o novo disco de Músicas de Salitre no que conflúen por primeira vez de maneira conxunta as carreiras musicais destes catro músicos. Compañeiros en outras formacións coma Berrogüetto, Espido, ou Nova Galega de Danza, os catro xúntanse na gravación do sexto disco de Músicas de Salitre.

Ordes - sexta mostra de obradoiros culturáis



MÁIS DE DOUSCENTOS VECIÑOS E VECIÑAS DA COMARCA DE ORDES PARTICIPARON NA APERTURA
DA SEXTA MOSTRA DE OBRADOIROS CULTURAIS

A exposición estará aberta ao público ata o domingo 17 de xuño no Museo do Traxe Juanjo Liñares, en Ordes

Máis de duascentas persoas acudiron ao acto de apertura da sexta edición da Mostra de Obradoiros Culturais da Comarca de Ordes, que permanecerá aberta ao público ata o vindeiro domingo 17 no Museo do Traxe Juanjo Liñares, en Ordes.

Teo - o roteiro interxeneracional por Recesende xuntou a máis de 30 persoas


MÁIS DE TRINTA PERSOAS PARTICIPAN NO ROTEIRO INTERXERACIONAL POR RECESENDE

 Máis de trinta persoas participaron no roteiro de convivencia interxeracional pola parroquia de Recesende, organizado pola concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación Veciñal de Teo

Ordes - desenrolase un curso de creación de páxinas web para desempregados


Novo curso formativo de creación de páxinas web para desempregados e autónomos do Concello de Ordes

O Concello de Ordes acaba de emprender unha nova acción formativa dirixida tanto a desempregados como autónomos. Trátase dun novo curso de creación de páxinas web de 40 horas de duración cuxas cleses están a ter lugar na Casa da Cultura.

Caney - comenzou a semana Mexicana


Arrinca a Semana Gastronómica Mexicana no Caney cunha ampla carta de pratos típicos de México
 O Restaurante Caney do Hotel Eurostars Araguaney de Santiago xa loce un look inspirado en México. As distintas estancias do restaurante estarán decoradas, ao longo desta semana, cos típicos chapeus, banderitas e detalles inspirados no lugar das rancheiras por excelencia.

Ames Novo Ames - preocupación polas tasas dos comedores



Preocupación de Ames Novo pola aplicación das taxas dos comedores escolares no curso 2012-2013

Na semana pasada as familias usuarias dos comedores recibiron a notificación da admisión das nenas e nenos nos distintos servizos complementarios, e tamén cal sería cota que lle correspondería pagar. Bastantes persoas están poñéndose en contacto con nós interesándose tanto polos problemas da valoración económica das familias, como pola sorpresa da elevada cota que lles corresponde.

Oroso - prazo de inscrición no Verán Lúdico

O CONCELLO DE OROSO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA DE CONCILIACIÓN FAMILIAR 
“VERÁN LÚDICO”, PARA NENOS DE 3 A 12 ANOS

O programa ofrece obradoiros, xogos e excursións cun desconto do 20% para familias numerosas e aquelas que inscriban a dous irmáns 
O Concello de Oroso vén de abrir o prazo para inscribirse nunha nova edición do programa de conciliación familiar “Verán Lúdico”, que terá lugar os meses de xullo e agosto no CEIP de Sigüeiro. Concebido coma unha alternativa para conciliar a vida familiar e laboral ou, incluso, descansar durante as vacacións de verán, o programa ofrece obradoiros, xogos e excursións que ocuparán as mañás de xullo e agosto dos nenos e nenas do municipio, de idades comprendidas entre 3 a 12 anos. 

Ames - prazo de inscrición para os cursos de natación en verán



Aberto o prazo de inscrición para os cursos de natación dos meses de verán 

O primeiro curso realizarase do 2 ao 31 de xullo e o segundo, do 1 ao 31 de agosto. Ambos os dous serán de luns a venres nas piscinas descubertas do Milladoiro e de Bertamiráns. Hai un total de 126 prazas.

 A partir de hoxe xa está aberto o prazo de inscrición para os cursos de natación nos meses de verán que organiza o Concello de Ames. Estes cursos desenvolveranse en dúas quendas. 

Silleda - lista de agarda para os campamentos de verán

A oferta do campamento de verán conta con lista de 
agarda ao cubrirse xa as 75 prazas en Silleda

-Dende a Concellería de Educación anímase a formalizar a inscrición, tendo en conta que acostuma a haber cambios nas matrículas. O prazo remata o venres día 15
-Nas instalacións da Bandeira aínda quedan prazas libres

Ames - novas prazas na escola de música



A Escola Municipal de Música de Ames abre o prazo de matrícula nas novas prazas

Ata o próximo 22 de xuño está aberto o para realizar a matrícula nas novas prazas da Escola Municipal de Música de Ames de cara ao curso 2012-2013. As inscricións realízanse na Casa da Cultura do Milladoiro de 9:30h a 13:00h. e no Pazo da Peregrina Bertamiráns de 9:00h a 14:00h. O número de prazas e horarios pode consultarse na web do Concello.


Santiago - ciclo "A Escola na cidade" organizado pola Escola de Altos Estudos Musicais



 A Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia programa concertos en diferentes lugares de Santiago

A Orquestra de Cámara da Escola de Altos Estudos Musicais actuará o 12 de xuño no Teatro Principal
A recadación será destinada á Cociña Económica de Santiago

ofrecerán este días de xuño un ciclo de concertos en diferentes lugares singulares de Santiago. A iniciativa, chamada “A Escola na cidade”, inclúe un concerto da orquestra de cámara no Teatro Principal e seis concertos de cámara no Hostal dos Reis Católicos, na igrexa da Universidade, no Paraninfo e no Centro Galego de Arte Contemporánea. O ciclo é froito da colaboración entre o Concello e o Consorcio de Santiago, co apoio da USC, o CGAC e o Hostal dos Reis Católicos.

BNG Dodro - asamblea do BNG de Dodro



A Asemblea do BNG de Dodro reúnese para planificar o calendario político dos vindeiros meses

Marcaron a axenda de xuntanzas e actos que realizarán para explicar as propostas nacionalistas ante a situación que estamos a vivir

Silleda - bolseira para turismo e alegacións o proceso



Rocío Liñares Fernández é a persoa seleccionada
para a bolsa da oficina de turismo

-As posibles alegacións ao proceso de selección poden formalizarse ata as 12.00 horas do mércores día 13 no Rexistro Municipal

BNG A Estrada - concentración contra o rescate bancario



Concentración contra o rescate bancario
 O rescate ao Estado español por valor de 100.000 millóns de euros vai ter un beneficiario -a banca privada, que poderá pagar as súas débedas e sanear os seus balances- e unha vítima ben evidente -as maiorías sociais e os pobos, a comezar por Galiza- que somos os paganos da operación e os que teremos que pagar a factura en forma de novos recortes e do deterioro da nosa calidade de vida.

Santiago - concerto presentación da Romería Pop



Será hoxe, martes 12 de xuño,  ás 21.30h na Zona “C”

Os lucenses Holywater protagonizan o concerto de presentación da Romaría Pop

  • Ofrecerán o seu rock nun concerto no que estarán compañados polos tamén lucenses Mullet que fan música bizarre
  • As entradas, 7€ anticipada e 10€ o día do concerto, poden mercarse na billeteira do Teatro Principal, na Reixa Tenda e na billeteira da Zona “C”

Teo - "graduación" das escolas infantís municipáis


AS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS DE TEO DESPIDEN AOS CATIVOS DE TRES ANOS


Máis de oitenta nenos e nenas participaron no acto de despedida das aulas de tres anos das Escolas Infantís Municipais de Teo. Foi unha festa de graduación na que recibiron cadanseu diploma de recordo do seu paso polas escolas infantís, xa que no vindeiro curso iniciarán os seus estudos do segundo grao de infantil.

Brión - gañadores do IV Brionatura de fotografía




O BRIONÉS PABLO CONDE FERREIRA, GAÑADOR DO 
IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA BRIONATURA 2012

Nesta edición presentáronse un total de 93 fotografías de 38 concursantes, das que se escolleron 12 finalistas que están expostas no centro social polivalente

Ordes - "Cantigas de rúa" encheu a casa ca cultura


Unha abarrotada Casa da Cultura de Ordes acolle a representación da obra musical ‘Cantiga de rúa’
A obra, gañadora do Certame de Teatro Intercentros, narra as peripecias dunha particular peregrinaxe que ten como fin último a devolución do Códice calixtino

Ames - éxito da pimeira xornada de "Cultura de Bar"


Arredor de 300 persoas participan na primeira xornada do programa Cultura de Bar
Esta fin de semana continúa o programa de Cultura de Bar con novas actuacións. En Bertamiráns o programa comeza ás 21:30 h no Ferrenquín coa actuación de Celso Sanmartín, e continúa ás 22:30 h no Alborada coa actuación do Mago Romarís. Mentres que no Milladoiro a partir das 22:00 horas os establecementos O Pilón e Manhattan acollen a actuación de Paul Black, cantautor de música irlandesa.

Santiago - axenda martes 12 e actuacións policía local


Martes 12

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, reúnese co rexedor de Vedra, Carlos Martínez Carrillo.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o Campionato Galego Alevín de Verán de Natación, organizado polo Club Natación Cidade de Santiago e a Federación Galega de Natación.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.  

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, para presentar a Semana Europea da Música.

Ordes - noites psicoeducativas



O Concello de Ordes celebrará unha nova edición das Noites psicoeducativas os vindeiros 15 e 29 de xuño 

O obxetivo é ofrecerlle aos mozos e mozas alternativas ó ocio exentas de alcol e mellorar a súa autoestima e as relacións interpersoais

 Os vindeiros 15 e 29 de xuño o Concello de Ordes en colaboración coa Deputación da Coruña celebrará unha nova edición das súas Noites psicoeducativas.

Brión - anotados xa 25 postos para o primeiro rastriño de compra - venda


O PRIMEIRO RASTRIÑO DE COMPRA-VENDA DE OBXECTOS USADOS E DE SEGUNDA MAN REUNIRÁ MÁIS DE 25 POSTOS NA CARBALLEIRA DE SANTA MINIA

O Concello destaca a boa acollida da iniciativa entre a veciñanza, pois a metade das solicitudes corresponden a veciños e veciñas de Brión 

Teo - I marcha cicloturista Desafio Ezequiel Mosquera


A I MARCHA CICLOTURISTA DESAFÍO EZEQUIEL MOSQUERA TEN XA CONFIRMADA A PARTICIPACIÓN DE DESTACADOS PROFESIONAIS

· A primeira etapa discorrerá polos Ancares e a segunda por Teo e a súa contorna, os días 23 e 24 de xuño

· Poden inscribirse ciclistas federados e non federados, antes do 20 de xuño, a través da web www.desafioezequielmosquera.com

Santiago - visitas guiadas a "Poliptico" na Zona C

O Concello ofrece visitas comentadas a ‘Políptico’ de Enrique Lista, nova intervención na Zona “C” 
Guiarán estas visitas, que serán os días 14, 15, 21 e 22 de xuño o artista e a comisaria, María Marco  
Serán de balde e terán unha duración aproximada de 30 minutos, tempo no que o público poderá coñecer en maior profundidade a intervención
Os interesados teñen que anotarse ata as 14h do día anterior a cada unha das visitas escribindo ao mail exposicions@auditoriodegalicia.org

Santiago - axenda luns 11 e actuacións policía local



Luns 11

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais e Participación Cidadá, Francisco Noya, para presentar Vive o verán 2012.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Ángel Currás, e do director asociado da Escola de Altos Estudos Musicais, Maximino Zumalave, para presentar o programa 'A Escola na Cidade' a través do cal os alumnos e alumnas da Escola de Altos Estudos Musicais darán concertos en varios lugares da cidade.