Amosando publicacións coa etiqueta NEGREIRA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta NEGREIRA. Amosar todas as publicacións

O cuarteto Tetramorph pecha o ciclo Noites en Vela este venres

Ames, 17/08/2016 - Este venres, 19 de abril, a Pontemaceira acolle a última sesión das Noites en Vela deste Verán. Pechará este ciclo de concertos o cuarteto de música clásica Tetpamop, que actuará ás 22:00 horas. Remata así unha iniciativa nada da colaboración entre os departamentos de cultura dos Concellos de Ames e Negreira.

As Maianas e Xabier Díaz hoxe nas Noites en Vela da Ponte Maceira

Ames, 15/07/2016 - As persoas amantes da música tradicional teñen unha cita en Ames este venres, 15 de xullo, que comeza cedo, ás 11:30 horas no local social de Agrón. Alí o músico, compositor e investigador Xabier Díaz impartirá un obradoiro de percusión tradicional galega. Durará tres horas cunha pausa para o xantar. Pola noite o músico ofrecerá un concerto en solitario na Ponte Maceira, onde compartirá este escenario tan especial coas Maianas, agrupación de pandereteiras ben coñecida entre a veciñanza amesá e nos escenarios e prazas alén do Val da Maía.

Boa participación na xornada cabalar de Negreira

Negreira, 11/07/2016 - Este domingo Negreira acolleu a XII Feira Cabalar con éxito de público.

Este venres en Ponte Maceira e Agrón Noite en Vela e obradoiro con Xabier Díaz e As Maianas

Negreira, 11/07/2016 - Os Concellos de Ames e Negreira poñen en marcha conxuntamente “Noites en Vela”, unhas fermosas xornadas que nacen para valorizar o entorno de Ponte Maceira.

Mañá domingo XII Festa Cabalar en Negreira

Un ano máis a Festa Cabalar de Negreira engade un atractivo as festas de San Cristobo que rematan esta noite, Concurso de saltos, roteiro, ximcana, enganches... un montón de actividades desde as dez e media da mañá que se celebran na explanada do IES Magariños.


Comezan os traballos de limpeza nas beiras da Ponte Maceira

Ames, 05/07/2016 - Os alcaldes de Ames, José Miñones, e de Negreira, Jorge Tuñas, achegáronse ata A Ponte Maceira, para ver de primeira man o inicio dos traballos de limpeza e roza que están realizando varios operarios das brigadas municipais de ambos concellos nas marxes do río Tambre ao paso por este lugar. Nesta visita tamén participaron os concelleiros amesáns Blas García e David Santomil, a concelleira amesá, Isabel González, e mailo concelleiro nicrariense, Ángel Leis.

Nueva comisión de festas en Negreira e a París de Noia e Panorama para abrir o cartel

Negreira, 04/07/2016 - A nova comisión de festas de, composta polos propietarios de varios establecementos hostaleiros leva máis dun mes traballando para que esta edición "estea á altura do que os veciños se merecen", tal como apuntaban nunha reunión celebrada recentemente.

Ames e Negreira reúnense cos veciños da Ponte Maceira para coordinar os traballos de limpeza

Ames, 23/06/2016 - Os alcaldes de Ames, José Miñones, e de Negreira, Jorge Tuñas, reuníronse cos membros da asociación de veciños da Ponte Maceira. Nesta xuntanza tamén participaron o concelleiro de Urbanismo, Obras Públicas e Servizos Básicos de Ames, Blas García, e maila concelleira amesá de Participación e Atención Veciñal, Isabel González.

Ames e de Negreira poñen en marcha as “Noites en vela” da Ponte Maceira

Ames, 17/06/2016 - Os departamentos de Cultura dos Concello de Ames e de Negreira, en colaboración coa Deputación da Coruña, organizaron un programa de concertos denominado “Noites en vela” na Ponte Maceira, que se desenvolverán durante tres venres de xuño, xullo e agosto. Esta iniciativa comeza hoxe venres, 17 de xuño, cunha actuación de Xan Solo´s, que presentan o seu primeiro traballo discográfico “Electrolírica”. O concerto comezará ás 22:30 horas e terá como escenario un lugar de tanta beleza como é a Ponte Maceira.

Negreira agradece a Deputación o esforzo económico

8/6/2016 - O Goberno Municipal do Concello de Negreira quere amosar públicamente o seu agradecemento á Deputación da Coruña polo esforzo económico que está a facer cara o noso Concello. Dito esforzo visualizase en achegas e subvencións que están facilitando a xestión local.

O BNG demanda nos concellos de A Baña e Negreira que se declaren “Municipio insubmiso e libre do TTIP”

Os responsábeis locais de A Baña, Serxio Peillet, e Negreira, Xabier Salgado, veñen de remitir aos seus respectivos concellos mocións para o seu debate no próximo pleno

Un grupo de Negreira e outro de Ames pasan á fase final do Club de Debate

O pasado venres 8 de abril o Auditorio de Negreira acolleu a fase Ames, Negreira, Teo do Club de Debate. Os dous equipos finalistas, que participarán na fase final deste torneo de debate, son o Grupo 1 do IES Xulián Magariños, de Negreira, e o grupo Os Miudiños do IES Plurilingüe de Ames. O tema dos debates foi: Galicia pode vivir do sector primario. A última fase terá lugar o 30 de abril en Pontevedra.

Á presentación acudiu a concelleira de Normalización Lingüística de Ames, Isabel Vaquero. Ás 9:45 a presidenta e os membros do xurado, Olalla Liñares, Socorro García, Antonio López, David Otero e Luz Zas deron á benvida aos rapaces e rapazas. Os primeiro catro debates tiveron lugar pola mañá e os dous últimos despois do descanso para xantar. Dende o xurado admiten que as decisións para escoller aos grupos finalistas foron complicadas, e destacan o bo nivel xeralizado de preparación. Ao comezo da mañá alumnas e alumnos "expoñían bastante nerviosas e nerviosos, pero foron collendo confianza a medida que avanzaba a xornada". As persoas compoñentes do xurado anímanos a continuar debatendo.

Ao remate da xornada déronse a coñecer as puntuacións finais. O grupo 2 do IES Xulián Magariños remataba o día con 288 puntos, o grupo Os Miudiños do IES Plurilingüe de Ames con 290 puntos, o grupo Nexos deste mesmo centro acadou 263 puntos, o Grupo 1 do IES Xulián Magariños 330 puntos- a puntuación máis alta desta fase-, o grupo do IES do Milladoiro finalizou cun total de 212 puntos e o grupo Alibabá e os nove ladróns, do IES Plurilingüe de Ames rematou con 280 puntos. 

A entrega de premios realizouse ás 18:00 horas. O grupo 1 do IES Xulián Magariños recibiu un premios valorado en 500 euros e o grupo Os Miudiños outro valorado en 300 euros. Ambos coincidirán de novo o 30 de abril en Pontevedra, na fase final. Á entrega de premios asistiron o alcalde de Negreira, Jorge Tuñas, a concelleira de Educación, Mª Jesús Veiga e o concelleiro de Educación e Cultura de Ames, David Santomil. 

Mª Helena Campos foi a mestra que preparou a Pedro González, Francisco Patiño, Javier Muñoz, Eduardo Gutiérrez, Victoria Huesca, Antía Fernández, Sabela Cadarso, Xián Ardións, Iria Cadavid e Mayte Arce, as alumnas e alumnos integrantes do grupo Os Miudiños. Agás Victoria Huesca, alumna de 4º de ESO, o resto de participantes cursa actualmente 1º de Bacharelato no IES Plurilingüe de Ames. Estes rapaces e rapazas elevan a dúas o número de veces que un equipo amesán consigue chegar á fase final do Club de Debate. 

Cs Negreira - Ciudadanos Negreira quiere reforzar los derechos sociales de los vecinos

El Grupo Municipal de Ciudadanos Negreira ha presentado una serie de mociones, que serán debatidas en el próximo pleno, con el objetivo de reforzar los derechos de los vecinos, entre las que destacan la creación de un Fondo de Cohesión Social, el acondicionamiento de la escuela infantil, la convocatoria para una plaza de matrona o la ubicación de un terreno para la construcción de un Centro de Día.

El portavoz municipal de Ciudadanos, José Manuel López Lago, declaró que "Con estas iniciativas, queremos contribuir a un mayor bienestar de nuestros vecinos, además de paliar las carencias sanitarias, sociales, económicas y educativas de las familias del concello".

López Lago añadió que "las mociones presentadas representan las prioridades sociales de nuestro partido, enfocadas hacia el bienestar y el interés general de todos los vecinos, siempre por encima de posiciones partidistas".

Negreira - Cabalgata de Reis

As súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, Gaspar, Melchor e Baltasar, acompañados de todo o seu sequito, arribarán este martes día 5 pola tarde a Negreira cargados de ilusión e xoguetes para os máis pequenos da casa, pero este ano non o farán a bordo das súas carrozas reais. O feito de que estemos baixo a influencia dunha borrasca centrada sobre as Illas Británicas con aire frío na columna atmosférica e, que polo tanto prevénse chuvias xeneralizadas e unha forte caída das temperaturas, con sensación térmica de frío, levou ó Concello de Negreira a suspender a tradicional cabalgada e centralizar os actos na recepción real no Pavillón do Colexio O Coto, a partir das seis do serán.

Os preparativos finais para a recepción os Reis Magos de Oriente xa están en marcha por parte do Concello e, este ano, entre tódolos colaboradores anotados para formar parte da comitiva real, vaise sortear unha bicicleta de montaña.

Gaspar, Melchor e Baltasar saudarán ós nenos e nenas e, faranlle entrega dun agasallo a cada un deles. Previamente, vaise entregar o premio ós gañadores do Concurso de Cartaces do Nadal, ca nesta edición recaeu no debuxo elaborado pola aula de 5 anos C do CEIP O Coto de entre preto de oitenta debuxos presentados por alumnado de distintos rangos de idade. Asemesmo, tamén entregaranse os premios para os tres mellores escaparates comerciais.

Buses

Como tódolos anos, haberá un servizo de bus que percorrerá as distintas parroquias nos horarios e paradas de costume, para que toda a xente poida participar na recepción dos Reis Magos.

Negreira - Ames e Negreira buscan colaboración no servizo de lacería e canceira

A concelleira de Medio Ambiente, Catuxa García, reuniuse co alcalde de Negreira, Jorge Tuñas, e coa concelleira nicrariense de Agricultura e Medio Ambiente, María del Mar García. Nesta xuntanza tamén participou unha técnica do departamento amesán de Medio Ambiente. Dende o goberno de Ames estanse barallando varias opcións para xestionar este servizo municipal. Unha delas sería integrarse, de forma conxunta con outros concellos, no refuxio de Bando. Outra posibilidade é levar a cabo un proxecto común entre os concellos da comarca para mancomunar o servizo.

Esta xuntanza realizouse a petición do Concello de Negreira para coñecer a idea que ten o goberno amesán sobre a futura xestión do servizo de lacería e canceira dos animais abandonados. O Concello de Negreira, ao igual que o de Ames, ten contratado este servizo coa empresa Servigal, que se encarga de recoller os animais abandonados nestes dous municipios e de darlle custodia mentres se busca unha persoas que os poida adoptar. 

A concelleira de Medio Ambiente, Catuxa García, explica que “o alcalde e a concelleira de Negreira querían coñecer de primeira man se dende Ames se está traballando para dispor dunha alternativa ao servizo que está realizando actualmente a empresa Servigal. En Ames o contrato que temos actualmente en vigor con esta empresa remata en outubro de 2016, polo que temos por diante 11 meses para resolver a fórmula de xestión deste servizo municipal”.

A edil amesá de Medio Ambiente indica que dende o goberno de Ames estanse estudando varias alternativas para prestar este servizo. A primeira vai ser falar co goberno de Santiago de Compostela para coñecer en que punto está a situación do refuxio de Bando. Hai que lembrar que a comezos deste mes de outubro a concelleira de Medio Ambiente, Catuxa García, xa mantivo unha xuntanza coa concelleira de Benestar Animal de Santiago de Compostela, Noa Morales, para ter un primeiro contacto e falar da situación na que se atopa o refuxio de Bando. 

Catuxa García explica que se vai falar cos Concellos de Teo e Brión para coñecer se están interesados en participar nunha mancomunidade que ofreza este servizo. “A idea que temos é realizar unha reunión conxunta entre os Concellos de Ames, Santiago de Compostela, Negreira, Santa Comba, A Baña, Teo e Brión para estudar a posibilidade de integrarnos en Bando. Outra opción sería mancomunar este servizo xa que hai un interese claro de realizar un proxecto común entre varios concellos da contorna”, explica a concelleira de Medio Ambiente de Ames.

Por último, Catuxa García destacou que “a campaña de concienciación sobre a obriga de censar as mascotas no Censo Municipal de Animais de Compañía está tendo moi boa acollida entre a veciñanza amesá. A través deste iniciativa o que pretendíamos era diminuír o número de animais abandonados e estámolo conseguindo”.

Negreira - O concello perde subvencións porque o anterior goberno non as tramitou

O anterior goberno local non tramitou en tempo e forma catro subvencións da Deputación dirixidas a financiar tanto a realización de actividades como investimentos nas áreas de cultura e deporte.

O goberno actual, da man do persoal administrativo do concello está a revisar con calma e a fondo todos os expedientes abertos ou de recentes datas que se atopan nas oficinas municipais.

Pois ben levando a cabo dita tarefa detectamos, de momento, catro expedientes de sendas subvencións da Deputación da Coruña, que foron denegadas polo ente provincial.

A causa da denegación esgrimida pola Deputación é a non presentación das solicitudes de subvención na plataforma telemática existente para tal fin.

Denegción asinada polo anterior Presidente da Deputación, Diego Calvo.

É dicir o Concello de Negreira non tramitou catro solicitudes de subvencións da Deputación, o que provoca a perda de financiamento tanto para inversións como para actividades culturais e deportivas.

As solicitudes en cuestión son as seguintes:

Solicitude para o pago dos profesores da escola municipal de música, cun importe solicitado de 30.000 euros.

Soliciude para a construcción dun kiosko de música, cun importe solicitado de 24.659,97 euros.

Solicitude para o pago dos monitores das escolas deportivas, cun importe solicitado de 30.000 euros.

Solicitude para a compra de diverso material deportivo, cun importe solicitado de 15.000 euros.

Pois ben aquí se pode observar á perfección a xestión tan boa e tan responsable que exercía o anterior equipo de goberno.

Si ben é certo que non poderemos saber con exactitude a cantidade de cartos que a Deputación nos ía facer entrega, si é certo que se perderon catro subvencións e dúas de suma importancia para o correcto funcionamento do Concello e dos seus servizos.

Hai que ter en conta que se perderon dous investimentos claves: un para pagar os docentes da Escola Municipal de Música e outro para pagar os monitores das Escolas Deportivas.

Ante esto temos que dicir: por unha parte valorar mais que negativamente a xestión do anterior equipo de goberno, xestión que como vemos pouco ou nada se preocupou dos cartos de todos os nicrarienses, e por outra parte pedir aos anteriores mandatarios que expliquen aos nosos vecinos do motivo de tal neglixencia.

Negreira - Reunión de Jorge Tuñas co presidente da Deputación

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu onte no seu despacho da institución provincial ao alcalde de Negreira, Jorge Tuñas, con quen tratou diferentes temas de interese para o municipio.

O rexedor nicraniense plantexou diversas peticións de mellora nas estradas provinciais que discorren polo termo municipal, entre elas a posibilidade de ampliación dun segundo tramo da estrada DP-5602 Negreira-Pontenafonso, concretamente entre Liñiao e Porqueira (Pk. 6,360 ao 12,00).

A Deputación xa acometeu, entre 2008 e 2010, obras de ensanche e mellora nos seis primeiros quilómetros desta estrada, pertencentes ao termo municipal de Negreira, por un importe de 1,23 millones de euros. Estes traballos incluiron o ensanchamento da plataforma, a construción de beirarrúas nos primeiros 500 metros e de variantes que melloraron notablemente o antigo trazado, eliminando os puntos máis sinuosos e facéndoo máis seguro. Na actualidade, a institución provincial está executando tamén obras de mellora entre os puntos 22,8 e 23,48 desta estrada, pertencentes ao termo municipal de Outes, cun orzamento de 140.232 euros.

Tuñas solicitou tamén a construción de beirarrúas na DP-1302 entre Negreira e Abeanca e na DP-5602 entre Gándara e Gonte, así como a execución dunha senda peonil paralela á DP- 5603 entre Negreira e Marco do Cornado, co obxecto de mellorar a seguridade do importante número de peregrinos que circulan a diario pola zona facendo o Camiño de Santiago.

González Formoso comprometeuse a estudar as peticións de investimentos formuladas polo alcalde e aceptou a súa invitación a visitar o Concello en próximas datas.

Negreira - Comunicado do equipo de goberno sobre o lavadoiro de Portocamiño

O 14 de xullo entrou no noso Concello escrito remitido por Augas de Galicia.

Concretamente unha proposta de resolución dun expediente de denuncia pola suposta construción dun lavadoiro no Lugar de Portocamiño, A Pena por parte do Concello de Negreira.

Dito expediente iniciase a raíz dunha denuncia presentada en Augas o 20 de marzo do ano en curso por dúas veciñas de A Pena.

En dita denuncia se acusa ao Concello de Negreira de construír un lavadoiro no lugar de Portocamiño, A Pena, sen as autorizacións oportunas do ente autonómico.

Sobre este tema hai moito que dicir e por suposto moito que facer.

Primeiro dicir que segundo os veciños de Portocamiño dito lavadoiro ten unha antigüidade considerable, polo que non chegamos a comprender o por qué desta problemática actual. Nin o por qué de acusar directamente ao Concello de Negreira de ser o actor único da construción de dita infraestrutura, cando os veciños recoñecen que non é así.

Despois dicir tamén que no inicio do expediente, Augas de Galicia concede ao Concello de Negreira un prazo de dez días para formular alegacións en favor de manter o lavadoiro en pé. Prazo que o anterior Alcalde deixou pasar sen que fosen presentadas ningunha alegación ao respecto, como así o recoñece Augas de Galicia na proposta de resolución, e cando o gabinete xurídico había enviado un modelo con data 29 de abril de 2015 para que fose presentada en forma e prazo.

Ante isto soamente nos queda por dicir, mellor dito por preguntar ao anterior Alcalde ¿ por qué non iniciou ningunha acción en favor de defender o lavadoiro, asumindo así presuntamente unha neglixencia intolerable ?

Este lavadoiro está incluído na parcela de Portocamiño, parcela tristemente famosa por todo o que sucedeu ao redor dela, onde no ano 2010 o Concello levantara unha zona de ocio e esparcemento, e a cal foi demolida polo goberno saínte do PP e do PBN e en base a outro expediente aberto por Augas de Galicia.

Dita parcela sigue agora mesmo inmersa nun expediente administrativo de investigación da propiedade, expediente que debería ter sido aberto no ano 2013, como así o aconsella o gabinete xurídico do Concello.

Dito expediente ten como obxectivo único clarificar a titularidade da parcela en cuestión. Saber si é dunha veciña como así o testifica ou si é do Concello como así o asegura tanto a Oficina Técnica Municipal coma o Gabinete Xurídico.

Por que o informe xurídico feito en outubro do ano 2013 di e afirma as seguintes cuestións:

“ a tenor da documental aportada non existen indicios de que a parcela na que se ubica a área recreativa sexa propiedade da denunciante e por tanto non sexa de titularidade municipal.”

“ existe unha clara diverxencia entre o titulo rexistral aportado pola denunciante e a documentación catastral. Segundo o rexistro da propiedade a finca da denunciante consta dunha superficie de 4.438 metros cadrados e segundo a ficha catastral a mesma finca consta de 4.744 metros cadrados, ao que habería que engadir os 399 metros cadrados da finca da área recreativa. O que faría que a finca da denunciante constase de 5.143 metros cadrados. É dicir 705 metros mais que os que consta na documentación rexistral. “

“ Consultada a Dirección Xeral de Catastro, aprécianse con claridade os lindeiros existentes entre a finca catastral da denunciante e a finca catastral correspondente á Area Recreativa. “

Termina o Informe Xurídico cunha serie de conclusións entre as que se atopan a incoación do expediente de investigación da titularidade da mesma, entre outras.

Expediente que non se abriu ata o 13 de abril deste ano, sen saber moi ben a motivación da tardanza, e despois de demoler todo o existente en dita área causando un grave dano tanto ao Concello de Negreira coma aos veciños de A Pena.

Aínda que xa foron moitas as veces que formulamos esta pregunta ao goberno do Concello de Negreira que xestionou toda esta situación, unha vez visto os distintos informes, técnicos e xurídicos, existentes dende o inicio do expediente e que parten da base de que a finca é de titularidade municipal, ou polo menos que hai base suficiente para defendela como tal. Temos a obriga de volver a facer as mesmas preguntas ao anterior Alcalde e equipo de goberno.

Cos informes existentes enriba da mesa, e que aconsellaban a incoación dun expediente de investigación de titularidade da parcela en cuestión, ¿ por qué non se iniciou dito expediente e pola contra se deixaron de presentar alegacións aos expedientes de Augas de Galicia, ata chegar ao efecto final de demoler o alí levantado ?

¿ Qué moveu o anterior Alcalde a presuntamente exercer unha neglixencia flagrante neste tema concreto ?

Gustaríanos que o anterior Alcalde respondese a estas cuestións diante dos veciños de A Pena.

Pola contra nós si imos facer todo o que estea na nosa man para: por unha parte defender o estado actual do lavadoiro e dúas finalizar o expediente aberto para dirimir así de quén é ou deixa de ser a finca en cuestión de Portocamiño.

E para iso imos utilizar todo o que a lei pon a nosa disposición, como así xa o estamos a facer.

Negreira - Programa Galaeuropa 2015

PROGRAMA GALAEUROPA 2015. CONCELLO DE NEGREIRA
O concello de Negreira, participa por primeira vez  nun programa de mobilidade trasnacional europeo, solicitando un programa de prácticas laborais non remuneradas para os países de Alemania, onde se solicitan 3 mobilidades para o sector de automoción electromecánica, como é a primeira vez que participamos non temos socios europeos co que estamos  a espera de que a Dirección Xeral de Xuventude nos envíe os socios colaboradores no caso de que nos concedan o proxecto. Portugal (3 mobilidades) para o sector da hostalería, Italia (3 mobilidades) para o sector turístico e Reino Unido (3 mobilidades) para o sector do comercio e do marketing.
Obxetivos;
-          Aumentar a empregabilidades dos rapaces entre 16 e 25 anos, mediante a adquisición de coñecementos, de prácticas profesionais, e de mellora nun idioma. (disminución da taxa de paro juvenil)
-          Colaboración con empresas e con organismos de prestixio e foráneos onde poden darnos outro punto de vista á hora de traballar, de enfocar as saídas profesionais, de aumentar o abanico de posibilidades laborais.
-          Acceder a novas tecnoloxías que agora mesmo na nosa provincia se limitan por motivos evidentes de crise e endebedamento.
-          Incrementar a competitividade dos nosos mozos e mozas.
-          Internacionalización de recursos humanos, de profesionalidade, de enfoque, de vida, de posibilidades, etc...
-          Implantación efectiva do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil; ferramenta que axudará a apoiar a redución da taxa de desemprego xuvenil, mellorando as cualificacións e o fomento da contratación e o autoemprego da poboación xoven.
Consideramos que non só ten ventaxas dende o punto de vista profesional ou educacional senón tamén persoal.
Beneficiarios;
- Mozos/as maiores de 16 anos e menores de 25, ou menores de 30 anos con algunha minusvalía maior ou igual ó 33%.
- Inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (recurso ou medida que pon en marcha a Consellería de Traballo e Benestar para disminuir o paro xuvenil.
- Ter nacionalidade española ou ser cidadáns da UE.
- Non haber recibido accions educativas que supoñan máis de 40 horas mensuais en 90 días naturais anteriores á fecha de presentación de solicitude (no SNGJ)
- Presentar unha declaración de intereses e motivación para presentarse ó programa, adquirindo un compromiso de participación activa.
- Inscrición no Sistema Nacional de Garantía Juvenil (na páxina de Ministerio de Empleo e Seguridade Social).
- Ter formación relacionada coa práctica laboral solicitada.
Este programa ten unha duración de 2 meses de estancia, e ós rapaces  que se beneficien do programa tendrán os seguintes custos financiados;
-          Gastos da viaxe, ida e volta.
-          Gastos de manutención e estancia dependendo do país cerca de 1200€ mensuais.
-          Gastos para formación lingüística no país de orixe 150€.
-          Gastos excepcionais acreditables; gastos para vacunas, visados, seguridade social, etc,,
-          Transporte local financiado.
Para nos como entidade, financiannos a Organización e Planificación do proxecto; 1800€ e gastos posibles de execución e desenvolvemento aproximadamente 5.000€.
Os candidatos para este programa  de mobilidade pasarán un proceso selectivo onde se valorará; o seu interese, o seu nivel de idioma, si é a primeira vez que participan ou si xa o fixeron con anterioridade, obxectivos dos aspirantes, antigüedade inscrición no Sistema Nacional de Garantía Juvenil, etc...
Antes de realizar a mobilidade os rapaces, asistirán a un curso de perfeccionamento e posta en contacto de idioma entre 25 e 30 horas de duración, xunto cunhas xornadas de posta en contacto do país e da entidade socia asignada.
No caso das mobilidades a Alemania, tamén se solicitou un mentor a maiores para os rapaces que fagan alí as prácticas por  a dureza do idioma e por a  pouca flexibilidade dos alemans co idioma.
CRONOGRAMA;
XULLO; solicitude e preparación da difusión e publicidade.
AGOSTO; Seguimos coa difusión,  captación e selección de candidatos.
SETEMBRO; posta en  marcha do programa de mobilidade ata 31 de OUTUBRO.
Persoas asignadas ó programa; Sonia Nieto López (Orientadora Labora), Natalia Suárez García (Mestra de adultos) e Sonia Ponte Esturao (Axente de Emprego e Desenvolvemento Local) .
O Coste total do proxecto solicitado desglosase da seguinte forma;
-          CUSTO DAS 12 MOBILIDADES............................39.000€
-          CUSTO DA ORGANIZACION E EXECUCION.....6.800€.

TOTAL................................................................................................45.800€