Agrupación Socialista de Oroso

AS 17 AGRUPACIÓNS LOCAIS DO PSOE DE SANTIAGO E COMARCA ELIXEN POR UNANIMIDADE A ANTONIO LEIRA COMO COORDINADOR COMARCAL

 

Antonio Leira asume como próximos retos "achegar o partido aos cidadáns, aumentar o censo de militantes e realizar actividades e actuacións para coordinar ás 17 agrupacións locais"

 

Os secretarios xerais das 17 agrupacións locais do PSOE en Santiago e Comarca, reunidos onte en Compostela, elixiron por unanimidade a Antonio Leira, vogal da Agrupación Socialista de Oroso, como primeiro Coordinador da Comarca de Santiago. Deste xeito, Antonio Leira será o enlace destas 17 agrupacións locais socialistas co Comité Provincial.

 

Antonio Leira asume como próximos retos "achegar o partido aos cidadáns algo básico e inprescindible, aumentar o censo de militantes e realizar actuacións e actividades para mellorar a coordinación entre as 17 agrupacións locais da comarca aproveitando o saber i experiencias de cada unha delas e abordar as problemáticas de cada agrupación e da cada concello". O novo Coordinador da Comarca de Santiago do PSOE sinala que "poreime de inmediato a traballar na coordinación das distintas agrupacións da comarca entre sí onde existe un enorme potencial de homes e mulleres e na  que pretendemos organizar actos en conxunto para as próximas municipais onde temos como obxetivo prioritario aumentar o número de alcaldías e concelleiros e concelleiras aumentar o número de escaños na Deputación da Coruña asi como nos organismos oficiais cunha maior presencia para poder recuperar o Goberno da Xunta de Galicia, e por suposto potenciar e aumentar ás agrupacións onde estamos na oposición e tamén seguir traballando e mellorando nos concellos onde somos goberno".

 

Na reunión, celebrada na noite de onte luns na sede da Agrupación Socialista de Santiago, participaron as 17 agrupacións locais do PSOE en Santiago e Comarca: Ames, A Baña, Boqueixón, Brión, Negreira, Ordes, Oroso, O Pino, Rois, Santa Comba, Santiago, Teo, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra e Vedra. Antonio Leira sinala que "nesta primeira reunión xa tomei contacto coas distintas problemáticas de cada agrupación local e veremos o xeito de organizar actuacións coordinadas para conseguir resolvelas o mellor posible". A intención de Antonio Leira é que o PSOE de Santiago e Comarca poida realizar actuacións coordinadas, como seminarios e reunións nas que compartir as experiencias das distintas agrupacións.

 

O cargo de Coordinador da Comarca de Santiago do PSOE substitúe aos antigos Comités  Comarcais, que desaparecen ao integrárense no Comité Provincial. Deste xeito, o Coordinador Comarcal será a partir de agora o enlace das 17 agrupacións socialistas da Comarca de Santiago co Comité Provincial.

NOTA DE PRENSA CONCELLERÍA DE CULTURA E TURISMO DO EXCMO. CONCELLO DE PADRÓN


A Concellería de Cultura e Turismo do Excmo. Concello de Padrón, presentará hoxe 21 de decembro de 2009, ás 20:00 h no Auditorio Municipal, a primeira Guía da Hostalería que se fai no Concello, co obxectivo de complementalo Plan de Dinamización Turístico, posto en funcionamento fai dous anos en que me fixen cargo de responsabilidades de goberno.

Con esta ferramenta informativa, pretendese que o turista, viaxeiro ou peregrino dispoña dunha completa información sobre os establecementos hostaleiros padroneses, das especialidades e servizos que se ofertan nos mesmos e de difusión das materias primas e produtos que se poden adquirir na Vila de Padrón, berce das tradicións xacobeas.

. A guía conta cun orzamento de 9.498,93 € e ten unha tirada de 25.000 exemplares, nela anúncianse gratuitamente 109 establecementos divididos en seccións de: Restaurantes, Bares e cafeterías, Mesóns/Tascas e Pulperías. Hoteis, hostais, Casas de Turismo Rural e Outros Establecementos. Conta asemade cunha breve axenda telefónica dos principais teléfonos de servizos básicos do Concello.

A publicación financiase integramente pola Excma. Deputación Provincial de A Coruña a quen lle agradecemos publicamente o seu patrocinio e o compromiso nesta tarefa de difusión turística do municipio, xa que sen o súa colaboración esta publicación non sería posible

A coordinación xeral de contidos foi realizada polo Concelleiro de Cultura o deseño da publicación é obra de Serxio Suárez.

Esta publicación ven a sumarse á posta en funcionamento de 4 roteiros culturais, a unha nova guía turística de Padrón e un plano do turístico do municipio, así como unha bolsas conmemorativas da tradición xacobea de Padrón, traballos que se levan realizados durante os dous últimos anos de xestión municipal co obxecto de contribuír á difusión turística dos nosos recursos.


Eloy Rodríguez Carbia

Concelleiro de Cultura e Turismo

Agrupación Socialista de Oroso

93 FAMILIAS DE OROSO PERDERON A GRATUIDADE DOS LIBROS ESCOLARES COA XUNTA DO PP.

As familias de Oroso tiveron que desembolsar 22.000 euros para que os seus fillos puidesen estudiar, fronte á gratuidade total que establecera o goberno socialista.

 

A Agrupación Socialista de Oroso denuncia que un total de 93 familias do municipio non recibiron ningún tipo de axuda económica para a compra dos libros de texto escolares por culpa da decisión da Xunta do Partido Popular de suprimir a gratuidade dos libros de texto. Unha decisión que supón que o 63,24% das familias de Oroso perderon a gratuidade dos libros escolares, segundo recollen os datos ofrecidos pola propia Consellería de Educación.

O modelo implantado polos populares fixo que seis de cada dez nenos e nenas de Oroso escolarizadas no CEIP de Sigüeiro tiveran que facer este ano desembolsos de ata 200 euros para pagar os libros de texto, cando o ano pasado os recibiron totalmente de balde grazas ao modelo de préstamo implantado polos socialistas.

 A política mal entendida de aforro do Goberno de Alberto Núñez Feijoo fixo que a Consellería de Educación investira un 48,12% menos en axudas económicas ás familias de Oroso, pero obrigou aos veciños e veciñas orosáns a desembolsar case 22.000 euros dos seus petos para que os seus fillos puidesen estudiar. E todo isto en plena crise económica. Porque se o Goberno de Emilio Pérez Touriño cubrira os máis de 45.000 euros do custe dos libros escolares para as familias de Oroso, o Partido Popular rebaixou esta cifra ata os 23.626 euros. 
Este  modelo que o Señor Nuñez Feijoo ven a ser unha liñea que a actual Xunta de Galicia entende comos de aforro a costa de que os cidadáns teñamos que soportar unha medidas total mente desafortunadas e que para nada favorecen que os cidadáns puidamos afrontar a actual situación economica.

Os Socialistas de Oroso esiximos o Partido Popular que a educación e o ensino deben ser un ben de todos, e que as medidas a tomar pasan por reconciliar a facilitar as familias medidas de aforro e conciliación da vida laboral e familiar, e estas medidas non pasan polo recorte das prestacións, veñen dadas por  medidas de apoio como as postas en marcha polos socialistas na anterior lexislatura e polo tanto deben aproveitarse estas iniciativas e si acaso fomentalas, mais nos tempos que nos toca a vivir e máxime cós mais necesitados.

Lembrarlle tamén os populares que estas decisións desafortunadas forón tomadas no seu día sen tempo para o debate, sen contar coa opinión dos grupos politcos e sen contar coas familias, verdadeiros afectados e o que é peor sin que as familias tivesemos opcións de planificar o que se nos viña encima.


E recordalle o Partido Popular de Oroso que no verán pasado cando se tomaron estas medidas,"démonos un tempo para ver os resultados que marcaran unha mellora" forón as  palabras da voceira popular MºJose Mira, pois a mellora e ben clara…o desenvolso de mais diñeiro para as familias, por certo a voceira popular pideu un tempo, tempo que o Goberno do Sr. Nuñez Feijoo non nos dou ás familias para poder dixerir estas medidas.

Estes son os acordos que tomaron os populares.. menos prestacións para as familias e maís recortes en educación, e o mesmo tempo nun etapa de crisis económica medidas que pasan porque os cidadáns paguemos mais, esperemos que non sexa esta a linea a seguir, pois entendemos que o ensino e a educación son un dos grandes pilares que temos para dar os nosos fillos, de eso sabemos ben no Concello de Oroso.

Maís información na web :www.oroso.psdeg-psoe.org
oroso@psdeg-psoe.org

Convocatoria de Rolda de Prensa

Prezados amigos,
prezadas amigas:

Pola presente mensaxe quedades convocados/as a unha rolda de prensa do BNG da Estrada, prevista para mañá martes 22 de decembro ás 12 horas, no local do BNG da Estrada. O motivo da rolda de prensa é a presentación de alegacións ao PXOM, e asistirán Raquel López Doce, Portavoz Municipal do BNG, e Xosé Magariños Maceira, Responsábel da Comisión de Urbanismo do BNG.

Agardando a vosa presenza, despídome cun cordial saúdo nacionalista.

--
Asdo.: Xosé Manuel Baños.-
http://twitter.com/ixosemanuel

Nota de prensa do BNG da Estrada: A Autovía Santiago-A Estrada ten que beneficiar a todos

logo_feedburner.gif
A Autovía Santiago-A Estrada ten que beneficiar a todos


A alegación do PP non resolve nada, salvo os intereses particulares de algún dos seus militantes

A Estrada, 20 de decembro de 2009: Tiveron que pasar varias semanas para que se empezaran a coñecer os detalles que se agochan detrás da "reunificación" do PP Estradense. Hoxe un medio de comunicación dá conta dunha das condicións do retorno de CIDEGA ao fogar popular estradense, e non é outra que unha posíbel modificación do trazado da autovía Santiago-A Estrada, que afecta a unha finca dunha das recentes fichaxes do PP estradense. Isto fainos sospeitar que o tan cacareado regreso sen condicións dos "enfant terribles" era mentira, e detrás deste regreso hai oscuros intereses, que, como neste, se irán descubrindo co paso do tempo.

Isto demostra o que xa sabíamos todos, que o PP só se move por intereses persoais, non polo interese xeral e o beneficio de todos e todas. O trazado elixido pola Consellaría para a autovía Santiago-A Estrada e que defendeu o PP local con uñas e dentes, e que parecía inamovíbel,  podería mudar sutilmente para beneficiar a un dos seus, se prospera a alegación presentada polo PP da Estrada, e non para beneficiar a todos os veciños da Estrada,.

Malia todo, esta alegación do PP, que contempla unha mínima variación do trazado, non resolve o principal problema que ten o deseño feito pola Consellaría de Política Territorial e Infraestruturas, que non é outro que a comunicación cos polígonos industriais de Toedo e da Cidade do Móbel, así como a necesaria consignación nos orzamentos da Xunta para que esta autovía sexa unha realidade en 2013 tal e como pide o BNG na súa alegación. No BNG agardamos que, polo interese de todos e non duns poucos, sexa considerada a alegación presentada por nós; se é rexeitada o PP demostrará que só pensa en nos seus intereses persoais.

Teléfono de Raquel López Doce: 618812600