Actuarán o coro de cámara Madrigalia, tres sopranos, catro violinistas e a pianista Ludmila Orlova, que interpretarán panxoliñas, cancións populares e música popular para coro
O salón de actos do Centro Social Polivalente acollerá mañá sábado 22 de decembro, ás 20:30 horas, un gran Concerto de Nadal presentado por Ludmila Orlova, pianista da Orquestra Sinfónica de Galicia e directora do Coro de Cámara Madrigalia. A oferta é moi variada, xa que o programa do concerto inclúe panxoliñas, miniaturas para violín e viola, cancións populares, música popular para coro e unha selección de famosos temas musicais. A entrada é libre e de balde.
No escenario brionés estarán presentes tamén os compoñentes do coro de cámara Madrigalia, Milena e David Poghosyan (violinistas de 7 e 14 anos, respectivamente), Yana Antonyan (violín) e Karen Poghosyan (viola), e as sopranos Clara Jelihovski Pana, Estíbaliz Espinosa e Olga Vázquez Cobos. Un gran Concerto de Nadal organizado polo Concello de Brión en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario