Axenda sábado 12 de xaneiro - Corte de tráfico, exposicións, mercados, actuacións


TRÁFICO
Con motivo da retirada dun guindastre de obra, a rúa do Hórreo quedará cortada ao tráfico, no tramo comprendido entre as rúas República do Salvador e Gómez Ulla, dende as 7:00 ás 18:00 horas do vindeiro domingo, 13 de xaneiro. 

Teo - anuncio de licitación da piscina municipal

O CONCELLO DE TEO PUBLICA O ANUNCIO DE LICITACIÓN DA XESTIÓN DAS PISCINAS MUNICIPAIS

PP Ordes - o PP critica a falta de ideas do goberno local

O PP de Ordes cuestiona a “clamorosa falta de ideas do Goberno local” e recorda que a bonificación do ICIO foi proposta polos populares

Silleda - o concello da 10 días a concesionaria da AP-53 para arranxar o vial Moalde - Bandeira

O Concello de Silleda esixe á concesionaria da AP-53 que arranxe os desperfectos no vial Moalde-Bandeira nun prazo de dez días

Ordes - preinscripción nos cursos para obter os CELGA

O Concello de Ordes abre o prazo de inscrición para as clases de galego de cara á obtención dos certificados Celga

Santiago - Dani Mateo en Falabaratos

Dani Mateo inaugura o Falabaratos 2013 no Auditorio de Galicia 
Será hoxe sábado, 12 de xaneiro, a partir das 21.00h

Oroso - preinscripción para un curso gratuito de CELGA 3

O CONCELLO DE OROSO ABRE A PREINSCRICIÓN  NO CURSO GRATUITO DE GALEGO CELGA 3

Ames - preinscripción para cursos de galego preparatorios do CELGA

Ames abre o prazo de preinscrición nos cursos de galego preparatorios para obter o Celga

PSOE Teo - enmendas os orzamentos da Xunta no caso do aulario de Calo

EMENDAS AOS ORZAMENTOS DA XUNTA: O AULARIO DE CALO, SÓ PRESUPOSTADO NUN 40%

Brión - xadrez e mercadillo de segunda man na fin de semana

XADREZ E MERCADIÑO DE OBXECTOS USADOS, PROPOSTAS PARA ESTA FIN DE SEMANA EN BRIÓN

Esquerda Unida Comarcal - o concello de Santiago gasta en actuacións estéticas en non en gasto social

O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA CRITICA O GASTO EN ACTUACIÓNS ESTÉTICAS PROXECTADAS POLO GOBERNO LOCAL DO PP

Axenda venres 11 xaneiro - exposicións


SANTIAGO
Venres 11
11.30 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde da cidade, Ángel Currás, e do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar a programación do ciclo Infantil&Familiar de xaneiro a abril do 2013

PSOE Ordes - os incumprimentos da Xunta co concello están preto dos 5 millóns de euros

O PSOE CIFRA EN MÁIS DE 4,79 MILLÓNS DE EUROS O IMPORTE DOS INCUMPRIMENTOS DA XUNTA CON ORDES

Teo - preinscripción para os cursos CELGA de lingua galega

O CONCELLO DE TEO ABRE UN PRAZO PARA PREINSCRIBIRSE NOS CURSOS CELGA DE LINGUA GALEGA

Santiago - presentada a programación do ciclo Falabaratos ata Maio

FALABARATOS 2013 (xaneiro-maio)

Falabaratos (monólogos, contos e outros shows) foi unha das novidades na programación da cidade no 2012. Neste ciclo as palabras convértense en humor e a ironía e o bo facer dos monologuistas, contadores de contos e protagonistas doutros tipos de shows materialízase en espectáculos de primeira fila a procura dun espectador disposto a pasalo ben. 

Tordoia - o roubo de cobre supera os 22000 euros de valor

O ALUMEADO PÚBLICO DE TORDOIA SOFRE ROUBOS DO CABLEADO POR UN IMPORTE DE MÁIS DE 22.000€
A Policía Local e a Garda Civil van inciar patrullas nocturnas para poñer fin a esta vaga

Silleda - nos próximos días comenzarán as obras do albergue de Bandeira

As obras de instalación do albergue de peregrinos da Bandeira comezarán nos vindeiros días O luns 14, responsables de Aopil, a empresa adxudicataria, e técnicos municipais, visitarán a parcela para establecer o inicio dos traballos

Oroso - o concello denuncia dous novos robos de cobre valorados en 24000 euros

O CONCELLO DE OROSO ESTIMA EN 24.000 EUROS O IMPORTE DO COBRE ROUBADO ESTE NADAL NA AVENIDA DA GRABANXA E NO PARQUE DO CARBOEIRO

Santiago - comezan as obras de reurbanización da rúa Virxe Branca no Castiñeiriño

Comezan as obras de reurbanización  da rúa Virxe Branca (O Castiñeiriño)
Na xornada de hoxe comezaron as obras de reurbanización da rúa Virxe Branca, situada entre os SUNP 11 e 12, no Castiñeiriño. A obra, executada cun orzamento procedente de remanentes, ten un prazo de execución de tres meses

Ames - a aula CEMIT acolleu 260 usuarios o longo do 2012

Un total de 260 usuarios/as participaron nos cursos que organizou a Aula CeMIT de Ames ao longo de 2012

As Cancelas SXXI - doces solidarios

Doces ‘solidarios’ en As Cancelas para axudar a un neno de sete anos que padece unha enfermidade dexenerativa

SyC - recollemos as distintas formas de ver o partido do Obradoiro

Este domingo o Obradoiro podería conseguir algo histórico clasificandose para Copa del Rey e por iso na cidade tes varias opcións para ver a retransmisión da TVG, as recollemos todas para que elixas e si sabes dalgunha máis ¡avisa¡ e a incorporamos

Axenda xoves 10 xaneiro - concertos e exposicións


SANTIAGO
Xoves 10
10.00 h No Colexio Apóstolo Santiago, a concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, visita o centro xunto co arquitecto da Unidade Técnica da Xefatura territorial de Educación da Coruña, para tratar sobre as obras do comedor. 

Frades - a deputación comprometese a mellorar a seguridade vial no concello

O ALCALDE DE FRADES DESTACA O COMPROMISO DO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA CO MUNICIPIO 

Santiago - pago fraccionado do IBI

O pago fraccionado dos recibos do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) pode solicitarse ata o 28 de febreiro

Silleda - a nova web recibe máis de 2600 visitas

A web municipal de Silleda recibiu máis de 2.600 visitas dende a súa renovación
As declaracións de bens dos concelleiros e o espazo do programa Silleda Emprega, son dúas das seccións máis vistas polos usuarios

Santiago - El Columpio Asesino no Compostela Rock

El columpio asesino inaugura a programación do Compostela Rock 2013 co final da xira Diamantes
Será este xoves 10 de xaneiro a partir das 21.30h na sala Capitol

Ames - primeiro curso no Centro de Formación do concello

O centro de formación de Ames bota a andar coa posta en marcha do obradoiro de emprego Encontro Verde, froito da colaboración entre Ames e Brión

Teo - nova excursión dentro do programa "coñece o teu país"

O CONCELLO COMEZARÁ O PROGRAMA DE EXCURSIÓNS PARA MAIORES ESTE ANO CUNHA NOVA VISITA ÁS TERMAS DE OUTARIZ

Esquerda Unida Santiago - moción sobre a instalación do radar fixo

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela considera que as medidas tomadas polas Administración Públicas teñen que ter como único fin o benestar da cidadanía

Ames - o concello felicita os corpos de seguridade do estado

O Concello felicita ás forzas e corpos de seguridade do Estado pola operación levada a cabo onte en Ames

Axenda mércores 9 - exposicións e concertos


SANTIAGO
Mércores 9
12.00 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA para presentar o 'Implícate 2013. Noite de música e palabra solidaria' que se celebra o domingo 13 no Teatro Principal. Na rolda estarán María Reimóndez, presidenta de Implicad@s no Desenvolvemento; e Luis Tosar e Yolanda Castaño, que presentarán a gala

PP Brión - preocupación pola mala situación económica da piscina municipal

EL PP DE BRIÓN SE PREOCUPA POR LA MALA SITUACIÓN ECONÓMICA DE LA PISCINA MUNICIPAL: EL AYUNTAMIENTO LE DARÁ 100.000 € POR LAS PÉRDIDAS.

Frades - aprobanse os orzamentos para o 2013

O PLENO DE FRADES APROBA OS ORZAMENTOS DE 2013, QUE ASCENDEN A 1,5 MILLÓNS DE EUROS E QUE PRESENTAN UN SUPERÁVIT DE 131.000 EUROS

Silleda - aberto o prazo para o programa de termalismo Social do Inserso

Aberto o prazo para participar no programa de Termalismo Social do Imserso

Ames - a exposición "Ilusións Opticas" recibiu preto de 2000 visitas

A exposición de Ilusións ópticas recibiu preto de 2.000 visitas
O concelleiro de Promoción Económica, Bernardo Moar, salientou que “esta exposición tivo unha grande aceptación entre a veciñanza amiense. Tanto ás persoas adultas coma aos nenos e nenas gustoulles moito”

Silleda - gañadores do concurso de decorados de Nadal

Veciños e colectivos de Silleda e A Bandeira, entre os premiados polos seus decorados de Nadal-En Silleda elixiuse a decoración de José Antonio Nogueira e María Eduarda Gonçalves (Rúa Trasdeza 33- piso A) e na Bandeira a de María Teresa Tato Otero, residente en A Moa nº 7

Santiago - V ciclio de piano Angel Brage

Sebastian Knauer, Benjamin Grosvenor e Andrea Lucchesini no V Ciclo de Piano Ángel Brage
Todos os concertos son no Auditorio de Galicia ás 21.00h

Ames - novos cursos de informática na aula do Milladoiro

A aula de informática do Milladoiro impartirá tres cursos durante o primeiro trimestre de 2013

Ordes - novo curso de manipulador de alimentos

Ordes acollerá un novo curso de manipulador de alimentos

Esquerda Unida Santiago - pregunta sobre o Castelo da Rocha Forte

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela considera que as distintas Administracións Públicas deben de velar pola preservación do Patrimonio Cultural

Axenda martes 8 xaneiro - exposicións, centro de transfusión


SANTIAGO
Martes 8
11.30 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Tráfico, Albino Vázquez, sobre asuntos da súa área

Ames - perto de 40 actividades tiveron lugar no Nadal de Ames

Centos de persoas gozaron coas preto de 40 actividades que formaron parte da programación cultural e deportiva deste Nadal

Ordes - novo curso de carretilleiro

O Concello de Ordes abre o prazo de inscrición para participar nun novo curso de carretilleiro

Santiago - "Love of Lesbian" darán un segundo concerto o agotarse as entradas para o primeiro

Segundo concerto de Love of Lesbian no Compostela Rock tras esgotarse as entradas do primeiro
O xoves 14 de febreiro darán outro concerto tras esgotarse as entradas do día 15

Oroso - dende hoxe póderase admirar a mostra "Miradas" organizada por Down Compostela

OROSO ALBERGA DESDE MAÑÁ MARTES A EXPOSICIÓN ‘MIRADAS’ NO CENTRO CULTURAL CASAS E NOVOA

Ames - os comedores escolares do concello concurren os premios NAOS

A Rede Municipal de Comedores Escolares de Ames concorre aos premios NAOS dentro do apartado de promoción dunha alimentación saudable no ámbito escolar

Axenda luns 7 xaneiro - exposicións e roldas de prensa


SANTIAGO

Luns 7

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, sobre asuntos da súa área

Silleda - hoxe entreganse os premios do XIII concurso de Escaparates de Nadal

Librería Pili, Floristería Carmiña e Modas Carmiña gañan o XIII Concurso de Escaparates de Nadal do Concello de Silleda
A entrega dos galardóns terá lugar hoxe luns día 7

Santiago - Dani Mateos en Falabaratos o sábado 12 de Xaneiro

Dani Mateo inaugura o Falabaratos 2013 no Auditorio de Galicia 
Será o vindeiro sábado, 12 de xaneiro, a partir das 21.00h

Brión - éxito do obradoiro de títeres realizado o pasado xoves

UNHA VINTENA DE RAPACES PARTICIPARON EN BRIÓN NUN OBRADOIRO DE MONICREQUES OFRECIDO POLA COMPAÑÍA ARAGONESA “TÍTERES SIN CABEZA”

Ames - obradoiro de Break Dance

A Concellaría de Xuventude pon en marcha un obradoiro de Break Dance
Esta actividade, destinada a mozos e mozas amienses de máis de 12 anos, impartirase os mércores de 16,30 a 18,30 horas no ximnasio do IES de Ames

Silleda - os veciños seguirán no 2013 tendo descontos na cadea hoteleira Barceló nas Illas Canarias

Os silledenses volverán a ter descontos en establecementos da cadea hoteleira Barceló en Canarias ao longo do ano 2013

Axenda domingo 6 de xaneiro - exposicións e concerto


SANTIAGO
Domingo 6
12.00 h
No Teatro Principal, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns.

Silleda - entregaronse os xoguetes do programa Silleda Solidaria

O programa Silleda Solidaria distribúe os xoguetes e regalos de Nadal donados por centros educativos e particulares

Ames - resumo Cabalgata de Reis

Centos de persoas recibiron en Ames aos Reis Magos, que percorreron as rúas en tren
A primeira parada que fixeron foi no pavillón do Milladoiro ás 17:30 horas. Unha hora máis tarde, ás 18:30 horas, estiveron no pavillón de Bertamiráns. Previamente, recorreron en tren as rúas do Milladoiro e de Bertamiráns

Ordes - resumo Cabalgata de Reis

Máis de 4.000 persoas danlle a benvida as SSMM Os Reis Magos de Oriente na vila de Ordes

Brión - resumo Cabalgata de Reis

UNHA SEISCENTAS PERSOAS ENCHEN O POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE PEDROUZOS NA GRAN FESTA DE REIS DO CONCELLO DE BRIÓN

Oroso - resumo Cabalgata de Reis

CENTOS DE NENOS E NENAS SEGUIRON A CABALGATA DOS REIS MAGOS A CABALO POLAS RÚAS DE SIGÜEIRO