Curtocircuito, un festival consolidado que celebra este ano a súa 11ª edición
‘Noite Curta’ cerebra o V aniversario Marving&Wayne na Praza das Pratarías
· xoves 14 de agosto, as 22.30h. Entrada libre.
Tras a exitosa xornada do pasado xoves, ‘Noite curta’ o cine de verán ao aire libre programado e organizado polo Festival Internacional de Curtametraxes – Curtocircuíto, trae a Pratarías unha nova cita co cinema de curtas.
A distribuidora Marvin & Wayne está de aniversario. Cumpre cinco anos de vida, os mesmos que leva colaborando con Curtocircuíto. Actualmente é a distribuidora de curtas máis activa do Estado español. Para celebralo, van levar a cabo unha ruta de proxeccións por máis de quince cidades: Barcelona, Madrid, Avilés, León, Girona, Tenerife, Santiago de Compostela, Bogotá, México DF, Berlín, Bruselas, Rabat, Tánxer ou Moscova, entre outras. Neste programa dobre proxectaranse 10 curtas españolas, unha arxentina e tres galegas.
1. Sequence, Carles Torrens / 20 min / 2013 / España, Estados Unidos / Ficción
Que pasa se un día espertas e te das de conta de que todo o mundo soñou contigo?
What if you wake up one day and realise the entire world has dreamt about you?
2. Tryouts, Susana Casares / 14 min / 2013 / España, Estados Unidos / Ficción
Ser adolescente non é doado, especialmente para Nayla, unha rapaza estadounidense musulmá que quere entrar no equipo de animadoras do seu novo instituto.
Being a teenager isn't easy, especially for Nayla, a Muslim-American girl who wants to join her new high school's cheerleading squad.
3. Buenos Aires, Daniel Gil Suárez / 12 min / 2013 / España / Ficción
Un arxentino afincado en España debe roubar unha roda de reposto dun coche no porto marítimo.
An Argentine immigrant must steal a car's spare wheel from a Spanish seaport.
4. Love Wars, Vicente Bonet / 4 min / 2012 / España / Ficción
No interior da Estrela da Morte, dous soldados imperiais libran a súa propia batalla.
Inside the Death Star, two Imperial Stormtroopers strike their own battle.
5. O Xigante, Luís da Matta Almeida, Julio Vanzeler / 10 min / 2012 / Galiza / Animación, ficción
Un xigante leva unha rapaza no corazón, que é como unha gran fiestra desde onde a rapaza descobre e entende o mundo no que vivimos. Un día, ela terá que marchar. Coa súa maleta chea de soños e esperanzas, comezará a crear un novo mundo coa herdanza dos seus pais. Isto é medrar!
A giant carries a little girl in his heart. His heart is like a large window from where the little girl discovers and understands the world where we live… One day she will have to leave. With her bag full of dreams and hopes she will start to create a new world from her parent’s heritage. This is growing up!
6. Inside the Box, David Martin-Porras / 14 min / 2013 / España, Estados Unidos / Ficción
Cando a fiscal do distrito chama á porta da casa dun policía en Texas, este vese forzado a facer fronte a un segredo que lle agocha á súa muller polo ben de manter a familia unida.
When the local District Attorney comes knocking, a Texan cop is forced to face a secret that he's been hiding from his wife in an effort to keep his family together.
7. Koala, Daniel Remón / 16 min / 2012 / España / Ficción
Un psicólogo entrevista os traballadores dunha empresa a raíz dun incidente: Mercedes, unha das directivas, insultou o seu novo secretario, un mozo con síndrome de Down.
A psychologist interviews the members of a company due to an incident: Mercedes, one of the executives, has insulted his new assistant, a young man who suffers from Down syndrome.