Moitas actividades na axenda de este sábado
Área Central ofrece un ratro de antigüidade cun especial xoguetes tradicionais
21/5/2016 - Area Central ofrece para hoxe sábado unha ampla oferta de actividades lúdicas: o rastro de antigüidades cun apartado especial de xoguetes tradicionais, a sesión de "Sábados creativos" centrada en experimentos con leite, unha nova quenda de firmas comerciais participantes no "Pop-Up Shop Primavera" e o outlet do libro a cargo do Consorcio Editorial Galego. Fin de semana cultural en Lousame
21/5/2016 - O Concello de Lousame continúa coa súa programación especial neste Mes das Letras Galegas con dúas actividades culturais para esta fin de semana.
A Banda de Música Infantil de Arzúa participa nun intercambio cultural en Silleda
21/5/2016 - O Conservatorio Profesional de Música de Arzúa ten programado un intercambio cultural neste mes maio entre a Banda de Música Infantil de Silleda e a Banda de Música Infantil de Arzúa.
O PP de Santiago insta ao Goberno local a que reconsidere o cobro da taxa de vado
21/5/2016 - O concelleiro do Grupo Municipal Popular, Alejandro Sánchez-Brunete, alerta de que o concello está enviando requirimentos a varios veciños -propietarios de vivendas unifamiliares- para que abonen taxa por vado; cando neste tipo de urbanizacións non se dá un aproveitamento especial do dominio público, por non haber nin praza de aparcamento nin beirarrúa e, polo tanto, non se produce ningún tipo de dano sobre el nin menoscabo para o uso xeral do espazo.Teatro, música variada e cine na axenda do venres
A Biblioteca Concepción Arenal amplía o seu horario extraordinario de apertura
20/5/2016 - Ata finais de maio a Biblioteca Concepción Arenal ampliará o horario de apertura extraordinario, abrindo as súas portas ata as 5.00 horas.
A orquestra Los Satélites e o grupo Metrópolis actuarán hoxe venres en Sigüeiro
20/5/2016 - A alameda de Góis, en Sigüeiro (Oroso), acolle hoxe, a partir das 22:00 horas, unha sesión extraordinaria do Festival Oroso en Vivo,
A cita contará coa participación da orquestra Los Satélites e do Grupo Metrópolis. Unha actuación prevista inicialmente para o sábado 7 de maio, dentro das celebracións da XX Festa da Troita, pero que tivo que ser aprazada debido a que as malas condicións meteorolóxicas non permitían a súa celebración dentro dos parámetros mínimos de seguridade.
Para esta noite as previsións son de ceo parcialmente nublado, cunha temperatura entre os 13 e os 19 grados.
Ames Novo organiza unha charla e debate sobre a municipalización de servizos como o da auga
20/5/2016 - Ames Novo organiza un debate sobre a xestión pública, a cita as oito da tarde no Pazo da Peregrina de Bertamiráns
A Andaina Lingüística en Inglés celebrarase hoxe cun percorrido de dez quilómetros
20/5/2016 - A saída está programada para ás 17.00 horas dende a Biblioteca Concepción Arenal.
De cañas coa ciencia
20/5/2016 - Compostela será unha das 21 cidades españolas que celebren a vindeira semana o Pint of Science 2016, un festival internacional que leva a ciencia aos bares co único obxectivo de facela accesible ao público e co que colabora a USC. O GDR Ulla-Tambre-Mandeo traballa nunha ruta de sendeirismo de longo percorrido
Os concellos integrados no GDR Ulla-Tambre-Mandeo fixan en Fonte Díaz as medidas concretas e as accións de promoción deste territorio ata finais da década.
O goberno de Lalín insta a que se paralice a LOMCE
20/5/2016 - A Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa, en adiante LOMCE, aprobouse no parlamento español o 28 de novembro do ano 2013 a pesar de ser rexeitada pola case totalidade dos grupos políticos parlamentarios.
Lousame debaterá hoxe venres os Orzamentos para 2016
20/5/2016 - As contas ascenden a 2,8 millóns e incrementan nun 8,4% o gasto social. A partida de investimentos reais ascende a 860.000 euros e a débeda a longo prazo a finais de 2016 reducirase ata o 5,52%.
Santiago pon en marcha o Plan de Mobilización de Vivenda Baleira
20/5/2016 - O Concello de Santiago vai poñer en marcha un Plan de Mobilización de Vivenda Baleira, co obxectivo de facilitar o seu alugamento. O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade deu conta hoxe do inicio da primeira fase deste programa, que lle foi encargado á cooperativa de servizos sen ánimo de lucro SUMAE. O Festival folk de artistas emerxentes Val da Maía este sábado en Bertamiráns
Santiago acolle o Northwest Startup Day
20/5/2016 - A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois presentou o Northwest Startup Day (NOS Day), que se celebrará o vindeiro sábado 28 de maio no Palacio de Congresos. A concelleira estivo acompañada por dous dos organizadores do evento, David Pombar, CEO de SetPay, e Paloma Barreiro, directora de Barrabés Galicia.Axenda chea con música, teatro e obradoiros de canto
Área Central acolle a IV edición do mercadiño solidario "Trócame-Roque"
19/5/2016 - A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, presentou a cuarta edición do mercadiño solidario Trócame-Roque, que dende 2013 organiza a rede comunitaria de Fontiñas. Na rolda estivo acompañada de representantes das entidades que participan na organización do evento.Lalín creará un rexistro de lugares habilitados para esquelas
19/5/2016 - O Goberno municipal lembra que xa hai lugares reservados para esta función e esixirá ás empresas de pompas fúnebres que os empreguen. A medida responde ás numerosas queixas recibidas por esta práctica irregular e contraria á normativa
A historia da imprenta na biblioteca Municipal de Vedra
19/5/2016 - Dende o pasado venres 13 de maio e ata o 31 deste mesmo mes a biblioteca municipal de Vedra acolle unha mostra da historia da imprenta (do 4000 A.C. ata 1985). De luns a venres de 16 a 19 h está aberta ao público e tamén se poden concertar visitas guiadas con inscrición previa no teléfono 981 814 691 ou no enderezo electrónico cultura@concellodevedra.com
Teo continúa os encontros coa veciñanza cunha visita a Oza
18/5/2016 - A reunión será na Casa Común de Oza ás 20:30 horas e estará presente o alcalde acompañado de varios concelleiros/as
Oroso programa “Bibliocanto”, un obradoiro para que os cativos se acheguen ao cancioneiro tradicional galego
18/5/2016 - O Concello de Oroso organiza hoxe xoves 19 de maio, ás 19:00 horas, o obradoiro “Bibliocanto”, una iniciativa que pretende achegar aos nenos e nenas ao cancioneiro tradicional galego, saboreando ditos, recitados e cancións.
A USC lidera en España a produción científica en Matemáticas e Ciencias da Computación
19/5/2016 - Pola súa posición produción científica total, a USC sería a décimo segunda de España e a 360ª de entre 842 universidades de 53 países
A axenda de hoxe está marcada polo D'ia Internacional dos Museos
O curso ‘O medio ambiente en Galicia. Unha visión multidisciplinar’ alcanza a súa novena edición
18/5/2016 - Terá lugar o próximo mes dentro da Universidade de verán da USC
O PP cualifica o Mapa Literario de “improvisado e sen rigor”
18/5/2016 - Según o PP exclúe, entre outros, a Pardo Bazán, Blanco Amor ou Méndez Ferrín
O profesor Guido Kroemer recollerá mañá o V Premio de Investigación Oncolóxica Ramiro Carregal
18/5/2016 - O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, será un ano máis o encargado de presidir a gala de entrega no Hostal Parador de Santiago
O premiado, que desenvolve o seu labor no Instituto de Oncoloxía Gustave Roussy de París, é un dos científicos de maior relevancia mundial en Inmunología e Bioloxía celular
O Concello comezará en xuño as rozas na rede viaria e nas fincas municipais
18/5/2016 - O concelleiro de Medio Rural e Equilibrio Territorial deu conta do inicio, no próximo mes de xuño, dos traballos de rozas nos viarios e parcelas municipais. Rafael Peña lembrou que a Xunta de Goberno aprobou hai uns días a apertura do procedemento de adxudicación do servizo, mediante procedemento aberto e por un importe total de 220.000 euros.As Universidades de Santiago e Lancaster gañan o I Certame Internacional de Traballos de Investigación do Camiño Inglés
Manuel Mirás anuncia que unha delegación de Oroso viaxará ao Reino Unido para establecer unha colaboración entre o Centro de Estudos e Investigación do Camiño Inglés e a Universidade de Durham
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)









































