Estrella Galicia presenta o completo programa do Fórum Gastronómico de Santiago
Manel Pérez Piñón, Responsable de Trade Marketing de Hijos de Rivera, destacou o apoio que a empresa ofrece a este tipo de iniciativas que dan valor ao sector, mentres que o cociñeiro Xosé Cannas quixo subliñar a importancia deste evento para o desenvolvemento da cociña galega
Estrella Galicia presentou esta mañá o completo programa da nova edición do Fórum Gastronómico que se celebrará no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago do 26 ao 28 deste mes de febreiro. A Cervecería de Estrella Galicia en Catro Camiños foi o marco para este encontro que contou coa presenza de Manel Pérez Piñón, Responsable de Trade Marketing de Hijos de Rivera; Xosé Torres Cannas, cociñeiro do restaurante Pepe Vieira “Camiño da Serpe”; e cos codirectores do Fórum, Pep Palau e Jaume von Arend.
Manel Pérez Piñón, Responsable de Trade Marketing de Hijos de Rivera, destacou que: “A nosa presenza como patrocinadores do Fórum Gastronómico persegue apoiar as iniciativas que acheguen valor á canle da hostalería e a restauración”.
A cita supón a plataforma adecuada para mostrar as novidades e innovacións que se dan no sector e por iso, en palabras de Manel Pérez: “apostamos unha ano máis polo Forum Gastronómico como plataforma para a presentación dos nosos produtos máis innovadores, como Magma de Cabreiroá”.
Pep Palau foi o encargado de debullar o programa oficial, así como de facer unha pequena aproximación aos relatores desta cita. O obxectivo do Fórum é converterse nun escaparate de todo o sector agroalimentario galego e ser o punto de encontro enogastronómico profesional.
Sesións maxistrais no Auditorio, Obradoiros, Aula Activa, Fórum Doce, Fórum Viño, premio InnoFórum, actividades e atraccións organizados polos expositores… o programa total conta con 80 sesións impartidas por máis de 100 cociñeiros e profesionais.
Palau desvelou que a terceira edición do afamado concurso de polbeiras celebrarase no propio recinto do Fórum o domingo 26, a xornada cun cariz máis aberto ao público xeral. Pola súa banda, os días 27 e 28 teñen un carácter máis profesional, aínda que neles tamén se poden achegar os amantes da gastronomía.
Toda a información da cita atópase no portal www.forumsantiago.com que tamén é a ferramenta para conseguir unha praza para as distintas actividades.
Jaume von Arend quixo agradecer o apoio que supoñen os distintos patrocinadores, como Estrella Galicia que é patrocinador principal. Apuntou o éxito que supuxo a Feira do Fórum, con todo o espazo vendido e máis de 350 empresas representadas.
Por último, Xosé Cannas quixo subliñar o papel clave que o Fórum xogou no despegue da cociña galega e dos seus profesionais, desde a súa experiencia en edicións anteriores e a súa presenza no programa desta edición, cun obradoiro o martes 28. O seu restaurante, situado en Raxó – Poio, ostenta unha estrela Michelin desde 2008.
Programa
Pep Palau destacou que o programa está construído desde a vontade de servizo ao sector e coa vocación de seguir contribuíndo á formación e a aprendizaxe e de ofrecer novas ferramentas. No Fórum falarase de cociña, agricultura, pesca, economía pero tamén de ciencia. Destacou o papel que Galicia terá nesta edición e a posta en valor que nel conseguirán os produtos galegos.
A entrada xeral ao recinto é de 5 euros o domingo, e a entrada profesional é de 15 euros o luns e o martes. Con esa entrada accédese gratuitamente ao Auditorio, onde terán lugar sesións maxistrais a cargo de relatores de recoñecido prestixio, o que supón unha novidade en Galicia.
Nos Obradoiros terán lugar as demostracións a cargo dos mellores especialistas, con auténticas degustacións dos pratos elaborados polo cociñeiro. Trátase dun espazo reducido, próximo, que permite interactividade, cun límite de 60 prazas que precisa de inscrición previa. A súa duración é de 1 hora. O prezo dos Talleres o domingo é de 3€ e nas xornadas profesionais, luns e martes, é de 20€.
Unha novidade destacada en Santiago desta edición do Fórum é a Aula Activa. É un espazo experimental e interactivo no que os asistentes terán o privilexio de estar xunto ao mestre e probar os seus pratos. A súa duración é de tres horas, con capacidade exclusiva para 20 persoas tras inscrición previa. O prezo será de 10€ o domingo e de 50 € o luns e martes.
O domingo, o programa oficial contará con: Alfonso González (Casa Pendás, Narón); Beatriz Sotelo (A Estación, Cambre); Benigno Campos (Larpeiros); Chef Rivera (Restaurante Chef Rivera); Cristo García e Juan Luis Fernández (Binomio, Sevilla); Germán Blanco (Amura, Puerto Calero Lanzarote); Gonzalo Rei (El Mercadito, Santiago); Héctor López (España, Lugo); Iago Castrillón (Acio, Santiago); Marcelo Tejedor e Iván Domínguez (Casa Marcelo, Santiago); Jordi Farrés (BCN Cookies, embaixador de Callebaut); Lucía Freitas (A Tafona, Santiago); María Mera (Garum, Santiago); Mercedes González (Gallaecia. Asociación de Sumilleres de Galicia); Pedro Roca (Pedro Roca, Santiago); Pedro Santana (Casa Brígida, Lanzarote); Rafael Centeno (Maruja Limón, Vigo); Salvador Lucena (Berenguela H. Puerta del Camino, Santiago); Sergio Arias (O Curro da Parra, Santiago); Sixto Tovar (Eslava, Sevilla); Xoán Manuel Crujeiras (A Estación, Cambre); Josep Maria Ribé (Profesor da Chocolate Academy, Callebaut); Víctor Gloger e Samuel Perea (Cocina por la Paz); Adrián Guerra (Enoteca Bagos, Pontevedra); Xabi Rúa (A viña de Xabi); Jorge Vila (Blog Cía Maria Fechoría); Antonio Portela (Blog Viticólogo dos bagos); Mariano Fisac (Blog Mileurismo Gourmet); e Iago Castrillón (Acio, Santiago).
A xornada do luns xuntará a: Ángel León (A Poniente, Puerto de Santa María, Cádiz); Javier Olleros e Santiago Pérez (O culler de Pau, O Grove e Finca Los Cuervos); Joan Roca (El Celler de Can Roca, Girona); Jordi Roca (El celler de can Roca, Girona); Josean Alija (Nerua, Bilbao); Marcos e Pedro Morán (Casa Gerardo, Carreño, Asturias); Nuno Mendes (El viajante, Londres); Paco Morales (Paco Morales H. Ferrero, Valencia); Ramón Morató (director de Chocolate Academy e Asesor Técnico Cacao Barry); Rodrigo de la Calle e Santiago Orts (Rodrigo de la Calle, Aranjuez); Iago Pazos (Abastos 2.0); Íñigo Lavados (Singular Foods, Irún); e Manuel Gago (USC).
O martes 28 estarán: Alberto González e Raquel Alonso (Silabario, Tui); Dani García (Calima, Marbella); Javier Torres (Dos Torres, Barcelona); Oriol Rovira (Els Casals, Sagàs, Barcelona); Paco Pérez (Miramar, Llançà, Girona); Pepe Solla (Solla, Poio); Rubén Álvarez (Asesor Técnico de Chocovic y Chocolate Academy); Xavier Pellicer (Can Fabes, Sant Celoni, Barcelona) Xoán Cannas (AGASU Asociación Gallega de Sumilleres); Xosé Cannas (Pepe Vieira, Poio); Luis Padín (Gallaecia Asociación de Sumilleres de Galicia); Ricardo Sanz (Kabuki, Wellington Madrid); Josep Roca (El Celler de Can Roca); Quico Sosa; Enric Rovira; Jaume Estruch e Josep de Haro (Soc. Española de Ciencias Sensoriales).
Durante a presentación do Fórum 2012 tamén se subliñou o papel que xogarán Fórum Viño e Fórum Doce, dúas miradas específicas á enoloxía e o mundo doce.
No portal www.forumsantiago.com atópase a programación desta cita.
Os patrocinios institucionais do Fórum Gastronómico son Xunta de Galicia, Concello de Santiago, Deputación da Coruña, Consorcio de Santiago e Turgalicia; os patrocinadores principais son Estrella Galicia e Schweppes; como patrocinadores tamén figuran Paradores, Chocolate Academy (Barry, Callebaut, Chocovic), Asociación Hostalería Compostela e Rosareiro-Angelo Po. Os patrocinios técnicos corren a cargo de Bragard, Josmaga, Castey, Noyamóvil, Kitchenrent, María Fechoría, Aceites Abril, CIEP Compostela, Mercado de Abastos de Santiago e Tesec Audiovisuales.