Santiago – cambios no programa da Banda Municipal este domingo

Cambios no programa que ofrecerá a Banda Municipal este domingo

  • Causas de forza maior obrigan a cambiar o programa do concerto que será igualmente no Teatro Principal ás 12.00h.

Santiago de Compostela, 09/03/2012.- Por causa de forza maior vémonos na obriga de cambiar o programa que a Banda Municipal de Música ofrecerá este domingo no seu concerto habitual, ás 12.00h. no Teatro Principal. O novo programa estará dividido en dúas partes dirixindo a primeira delas Braulio Manuel Cao Ledo e a segunda, Juan Lois Diéguez, ambos membros da Banda Municipal. Interpretarán pezas de Soutullo, García Rey, Talens Pelló e Gerónimo Giménez.

Desde a concellería de Cultura pedimos desculpas polas molestias que poidan supoñer este cambio de programa que, como diciamos, tivemos que facer por causas de forza maior.

PROGRAMA COMPLETO

I

Ponteareas ……………..R. Soutullo

Rapsodia Galega ………………..E. Garcia Rey

La Leyenda del Beso……………… R. Soutullo e J. Vert

Director: Braulio Manuel Cao Ledo

II

Cançons de Mare…………………… R. Talens Pelló

I.   Cançó (Mareta)

II.  Mare, "Visanteta" es casa

III. Cançó (Baix del Pont de Cullera)

La Boda de Luis Alonso …………. Gerónimo Giménez

Director: Juan Lois Diéguez

Andaina Bisbarra do Sar – información inscripcións para a quinta edición

ORGANIZADORES: Asoc. Colectivo Remonte e Concellos de Rois e Padrón

5ª Andaina Bisbarra do Sar

(Proba incluida na Copa Galega de Andainas de 50 Km)

SABADO, 21–-ABRIL—2012

Por favor: al hacer los ingresos hacerlos personalizados y poner el nombre del participante (no del que ingresa y no va a participar). No olvidarse de hacer la inscripción. Gracias por vuestra colaboración.

A partir del MARTES-20 todas las inscripciones son a 16 €. El plazo finaliza el 18 de abril.

IMPORTANTE: sorteo de regaloS.

Entregado el dorsal, cada participante cojerá un boleto (habrá tantos boletos como dorsales) y mirará en el tablón expuesto si el número que figura en su boleto tiene premio.

Información: www.andainabisbarradosar.com ( FALTAN………..40 DIAS )

elevacións-1

Santiago – axenda sábado 10 e actuacións da policía local

Sábado 10

12.30 h

Na Galería Sargadelos, celebración do primeiro dos Concertos dirixidos ás familias compostelás “OS CANTOS DO PAÍS DO XEO”, que a Concellería de Educación organiza a través da Escola Municipal de Música.

17.00 h

Na praza Roxa, obradoiro de creación de broches cunha temática relacionada co Día da Muller. O taller está destinado a un público infantil, acompañado dos seus pais e nais.

21.00 h

No Teatro Principal, 'Chamada desde o máis alá' de Fusa Guillén dirixida por Lúa Testa nunha produción de Vilano Producións. Con Maite da Costa, Helga Méndez, Carlos Basoa e Fusa Guillén.

22.00 h

Na Sala Moon (República Arxentina, 25), actuación dos grupos Vizarros e Vicky Polard, dentro do festival 'MusiCompostela', actividade enmarcada no Plan de Acción Local na Prevención de Drogodependencias.

SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL

(Desde as 08:00 h do día 8 ata as 08:00 h do día 9 de marzo).

ACCIDENTES

Nas últimas 24 horas o Equipo de Atestados da Policía Local rexistrou DOUS accidentes na cidade:

  • Ás 10.00 horas, produciuse unha colisión entre dous vehículos na rúa Fonte de Santo Antonio, con resultado de danos materiais.
  • Ás 18.50 horas, en Xoán XXIII houbo unha saída de vía, con danos materiais.

CONTROIS

Identifícase a varios mozos que se atopaban consumindo bebidas na vía pública na rúa Marques de Sargadelos e na rúa das Ameas.

   

Silleda – a alcaldesa pídelle a asociacion Olaia que falen co concello antes de acusalo de falta de rigor

A Alcaldesa chamou persoalmente á Asociación de Veciños Olaia para solucionar as súas dúbidas

ñ Tamén deu resposta a asociación de veciños de Taboada que reclamou a través do rexistro municipal melloras para as vivendas da estación

Silleda, 9 de marzo de 2012

Respecto das peticións feitas pola Asociación de Veciños de Silleda “Olaia” a Alcaldesa, Paula Fernández Pena, informa:

· Limpeza de solares: 14 fincas ás que se lle fixeron requirimentos de limpeza, xa o cumpriron e actualmente hai 8 solicitudes de licenza para peche, das que 5 xa están concedidas e en espera de que se inicien os traballos. Outros catro casos está agardando a resolución de conflitos coa titularidade. O resto dos propietarios aínda non contestaron aos requirimentos e os seus datos foron xa trasladados aos servizos xurídicos para incoarlle o oportuno expediente sancionador. No caso concreto do solar do Barrio de Campo, está pendente de resolución xudicial a súa propiedade polo, lamentablemente, teremos que agardar ata poder ter unha solución definitiva.

· Petición dun lombo de burro para a rúa María Colmeiro: existe un acordo da Xunta de Goberno Local, para facer unha mellora integral de toda a contorna do colexio María Inmaculada para a mellora da seguridade dos pequenos, que contempla, entre outras medidas, a creación dun lombo e burro e a ampliación das beirarrúas no paso de peóns. Dentro deste plan, entra a carga e descarga pintada estes días que permitirá aos pais e nais deixar aos seus fillos sen interromper a circulación. O resto de actuacións acometeranse a medida que o vaia permitindo o orzamento.

· Cerrado de obras en construción: actualmente, a empresa das obras do casco urbano de Silleda, que segue a manter os valados sobre as beirarrúas (sitos na rúa Progreso e Morón) está embargada e pendente de resolución xudicial, polo que mentres esta situación continúe, nada pode facer o executivo local. Recordan que no caso similar que houbera en A Bandeira (edificio de Gulías), foi posible a retirada do cerrado no momento en que a obra foi adxudicada a unha entidade bancaria

· Reparación da boca de rego: este problema derivouse, como corresponde, ao servizos municipais e será arranxado no menor tempo posible.

· Recollida de lixo: a pesar de estar aprobada a ordenanza sobre os horarios de depósito de desperdicios no colector, non se vai a instaurar o sistema de horarios ata que se lle dea unha solución definitiva ao servizo de recollida de lixo, xa que, tal e como se comentou nos ultimos días nos medios de comunicación,estase a traballar para establecer que sistema interesa mais ao concello (externalización, servicio propio o provincial). Será entón cando se establezan de forma definitiva os horarios e condicións óptimas para un mellor servizo.

· Construción da rotonda: na última reunión mantida co presidente da Deputación de Pontevedra, plantexouse este tema, ao que contestou que a situación económica das administracións complicouse respecto da data da promesa, polo que ata dispoñer de capital, non se poderá levar a cabo, e aínda que as cousas non semellan sinxelas, comprometeuse coa rexedora de Trasdeza a non deixar de traballar nesta mellora.

· Sobre o mural de Carboeiro: trasladoulle a información facilitada polo Concelleiro de Cultura e Turismo, de que o mural neste momento atópase en dependencias municipais e, como xa se anunciou en diferentes redes sociais, ante a curiosidade dos membros de Olaia, cabe dicir que se repoñerá en breves, nun lugar con visibilidade, que actualmente se está a xestionar.

A Alcaldesa de Silleda agradeceu en nome de todo os membros do goberno á asociación Olaia a súa preocupación por este pobo e convidou persoalmente á presidenta a poñerse en contacto con ela cando precise calquera aclaración "quizais así, houbera comprobado que existen problemas, tanto xudiciais como de tramitación ordinaria ou económica, que impiden a celeridade que a todos nos gustaría ter, antes de lanzar mensaxes de falla de rigor".

E puxo como contrapunto á Asociación de Veciños de Taboada quen, simplemente presentou, un escrito reclamando ao Concello que se colocaran máis luminarias públicas e colectores de lixo na contorna das casas da estación de ferrocarril ao aumentar o número de residentes nesta zona. A Alcaldesa, contestoulles, que as limitacións económicas do concello son grandes e que os colectores deberan esperar, ao igual que na petición de Olaia, a que estea resolto o conflito de lixo, comprometéndose a colocalos se a disposición económica o permitira.

Sobre o alumeado, trasladouse a petición ao departamento de electricidade para que informe sobre a súa necesidade.

Club W.Latorre y Salmo - primeiro salón pescaValga

Este domingo 11 de marzo tendrá lugar el 1º Salón PescaValga, organizado por el Club W.Latorre y Salmo com la colaboración del Concello de Valga.cartel3

Tendrá lugar en el marco incomparable de A Lagoa da Mina Merced, recientemente catalogado como coto intensivo de pesca sin muerte.

Desde las 10:00am a las 8:00pm, se podrá disfrutar de talleres de pesca, con demostraciones de montaje de moscas y cucharillas donde los más jóvenes podrán poner en práctica estos señuelos con las truchas de la laguna.

También varias tiendas tendrán a la venta artículos de pesca de oferta, cañas, carretes moscas….

El acto de inaguracion tendrá lugar a las 11:00 de la mañana a cargo de Sr. Alcalde de Valga acto seguido tendrán el honor de empezar a pescar integrantes del Centro de Discapacitados de Baño (Valga).

 

DSC_0356-1

BNG A Estrada – concentración este sábado contra a reforma laboral

Tod@s contra unha reforma laboral que non creará emprego
O Consello Local do BNG da Estrada fai un chamamento a todos os veciños e veciñas da Estrada a secundar a concentración convocada pola CIG este sábado, ás 20 horas, diante do concello, contra a reforma laboral aprobada polo Partido Popular, unha reforma que non creará emprego e que afundirá máis aínda a economía local e a economía galega que conta xa 271.284 parados/as, unha cifra record do goberno de Feijóo, 2.237 deles no noso concello

A Estrada, 9 de marzo de 2012: Onte o Partido Popular aprobou a reforma laboral que supón a maior agresión aos dereitos da clase traballadora. Baixo o pretexto da creación de emprego avanzamos cara o despedimento gratuíto e á baixada de salarios que poderán facer libremente as empresas sen ningún tipo de capacidade de negociación por parte das e dos traballadores.
Pero non serán estes os máis prexudicados con esta reforma agresiva da lexislación laboral, tamén as pequenas e medianas empresas, así como o comercio, sufrirán as consecuencias desta reforma coa caída do consumo, co conseguinte peche de empresas e comercios, cousa que no noso concello estamos a ver todas as semanas.
Por outra banda, se xa é especialmente grave esta reforma, no caso do noso concello as consecuencias poden ser catastróficas, por culpa dun goberno municipal e da Xunta, ambos en mans do PP, que non son quen de concretar proxectos vitais para o desenvolvemento socio-económico da Estrada, como son a Cidade do Móbel e o PXOM.
A isto temos que engadirlle a subida do prezo da auga e do IBI, por mor da eliminación da bonificación do IBI aprobada  polo goberno local e polas “reformas” do central, que afectan a este imposto, que disminuirán notabelmente a capacidade adquisitiva de todos os traballadores e traballadores e dos pensionistas.
O BNG ten alternativas a esta política de terra queimada do PP: apostar por unha banca pública, promover unha reforma fiscal que faga pagar a quen máis ten, redución dos gastos militares, supresión das deputacións e dos ministerios que invaden competencias do goberno da Xunta, aprobar o PXOM, Cidade do Móbel, polígonos industriais públicos ... son algunhas das propostas do BNG para saírmos da crise económica, que defende o BNG alí onde ten representación institucional, pero tamén na rúa, alí onde está o pobo que sofre as reformas do PP.
Neste sentido, o Consello Local do BNG da Estrada, fai un chamamento a todos os veciños e veciñas da Estrada a secundar a concentración convocada pola CIG este sábado, ás 20 horas, diante do concello, contra a reforma laboral aprobada polo Partido Popular, unha reforma que non creará emprego e que afundirá máis aínda a economía local e a economía galega que conta xa 271.284 parados/as, unha cifra record do goberno de Feijóo, 2.237 deles no noso concello.

Teo – a chegada de Chevere amplía a programación cultural

A CHEGADA DE CHÉVERE COMO COMPAÑÍA TEATRAL RESIDENTE AMPLÍA CON MEDIO CENTO DE ACTIVIDADES A OFERTA CULTURAL DE TEO teochevere1

· O convenio entre o Concello e a compañía contempla a estrea da nova produción, varios espectáculos e actividades de formación

· O auditorio da Ramallosa acolle a presentación pública de Chévere este sábado 10 de marzo ás 22 horas, con entrada de balde

09 de marzo de 2012. O alcalde de Teo, Martiño Noriega, e a representante de Chévere, Patricia de Lorenzo, asinaron esta mañá o convenio de colaboración que permitirá desenvolver o proxecto da prestixiosa compañía teatral como residente do Concello. Este acordo permítelle á administración local contar cunha ampla programación anual no municipio, con preto de medio cento de actividades, entre funcións teatrais, proxeccións e obradoiros.

O plan de actividades suscrito contempla a produción dun novo espectáculo de Chévere, que se estreará en Teo o vindeiro mes de abril e será representado noutras cinco ocasións. Do mesmo xeito, durante o ano a compañía ofrecerá seis ‘Ultranoiteo’, o seu espectáculo con teatro e cabaré. Tamén se estableceron dúas funcións de ‘Citizen’ e un ciclo de teatro e danza no que se prevén catro actuacións. Todas estas actividades terán lugar no Centro Sociocultural da Ramallosa, o espazo que a compañía utilizará para os seus ensaios e traballo escénico, con entradas a dez euros.

Porén, o convenio suscrito esta mañá recolle outras propostas de balde, que buscan a implicación, formación e sensibilización de todos os públicos e que se desenvolverán tanto no auditorio da Ramallosa como noutros locais públicos distribuidos por todo o municipio. Así, prevense seis obradoiros do espectador na rede de Casas Comúns e no auditorio, que consistirán nunha sesión de adestramento previa e na asistencia a un espectáculo cun coloquio posterior co grupo.

Outra iniciativa nesta liña de formación e sensibilización son os ‘NanoTeo’, campamentos escénicos para nenos e nenas de entre seis e once anos previstos para o mes de xullo. Ademais, Chévere programa dous obradoiros para mulleres ‘Ser home x un día’ en Casas Comúns e dous concertos didácticos para adolescentes no IES de Cacheiras, baixo o título de ‘I`ll be watching you’.

O programa complétase con catro sesións de proxección de longametraxes, curtas e videocreacións comentadas en primeira persoa, que se repartirán entre o centro sociocultural e as Casas Comúns. E ademais, como complemento aos espectáculos principais, desenvolveranse obradoiros, campañas de promoción e ensaios abertos.

Presentación pública

Para dar a coñecer o novo programa, Chévere organizou para este sábado 10 de marzo un acto de presentación pública, no que participarán Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés e Xesús Ron, integrantes da compañía, ademais do alcalde de Teo, Martiño Noriega, e a concelleira de Cultura, Carme Hermida. No acto, a partir das 22 horas no auditorio do Centro Sociocultural da Ramallosa, vaise presentar unha exposición sobre os vintecinco anos de traxectoria de Chévere e actuará a Orquestra Os Modernos cun amplo repertorio de bailes. A entrada é de balde e aberta a todos os públicos.

O alcalde, Martiño Noriega, asegura que a chegada de Chévere a Teo como compañía residente terá “un retorno en dinamización e programación cultural” e amosouse convencido de que a cidadanía “disfrutará do bo facer dunha compañía de tanto prestixio”. Noriega explica que esta iniciativa é unha clara aposta pola industria cultural galega como un sector económico estratéxico.

Dotación técnica para o Centro Sociocultural

A concelleira de Cultura, Carme Hermida, agarda tamén unha “grande aceptación” por parte da sociedade e destacou que, ademais da programación, o Concello beneficiase coa dotación técnica de recursos de iluminación, son, vídeo e maquinaria da compañía. Todos estes elementos pasan e estar no Centro Sociocultural da Ramallosa e poderán ser utilizados para as programacións propias do Concello sen custo adicional, e tamén polas entidades do tecido asociativo teense que organicen actividades no centro.

Neste sentido, Miguel de Lira puxo de manifesto que a chegada de Chévere a Teo supón “ter aquí o espírito da Sala Nasa” e tamén que o espazo do centro sociocultural teña unha dotación técnica profesional, cun equipamento de iluminación polivalente, maquinaria escénica que lle dá novas posibilidades ao auditorio, e material de son e vídeo de última xeración.

Sobre Chévere

O grupo Chévere naceu no ano 1987 polo que ademais en 2012 cumprirá 25 anos e esa celebración terá lugar en Teo. Dende finais dos 80 tense convertido nunha referencia no mundo escénico galego, destacando a apertura da Sala Nasa no 1992 onde estrea todas as súa obras. Nos anos 90 realiza máis de 200 funcións en España e Portugal co musical Río Bravo. No 1995-96 estrea Annus Horríbilis, con temporada en Madrid e Barcelona onde recibe o Premio da Crítica de Barcelona. No 2005-06 Chévere co-produce para a TVG a serie “Pepe o Inglés”. Máis recentemente co-produce a longametraxe “Crebinsky” e as obras Testosterona e Citizen.

Auditorio de Galicia - “Chamada desde o máis ala” no Teatro Principal

Chamada desde o máis alá’ de Fusa Guillén, este sábado no Teatro Principal Funcionaria cantando

  • As entradas, 10€ (6€ no anfiteatro) poden mercarse en Novagaliciabanco e na billeteira do Teatro Principal de 18 a 21h.

  • Dirixida por Lúa Testa, é unha comedia aceda que critica o alienamento da nosa sociedade actual por mor das novas tecnoloxías

Santiago de Compostela, 09/03/2012.- Este sábado continúa a programación de Teatro&Danza da concellería de Cultura con ‘Chamada desde o máis alá’ de Fusa Guillén. A obra, de Vilano Producións, poderá verse no Teatro Principal ás 21.00h. e as entradas, a 10€ (6€ no anfiteatro) poden mercarse en Novagaliciabanco e nas billeteiras do Teatro Principal de 18.00 a 21.00h.

‘Chamada desde o máis alá’, dirixida por Lúa testa, conta no seu elenco con Maite Da Costa, Helga Méndez, Carlos Basoa, e Fusa Guillén. É unha comedia ácida que sen intención didáctica, non deixa de ser unha crítica ao alienamento que sufrimos na sociedade actual debido as novas tecnoloxías. Faino a través da personaxe principal e a súa dependencia dos móbiles, chegando a situacións tan absurdas coma cómicas que serven de espello propio.

A COMPAÑÍA: VILANO PRODUCIÓNS

Vilano Producións nace no ano 2004 có propósito de apoiar e favorecer a creación no ámbito do teatro e a narración oral, levando aos escenarios textos propios e orixinais que permitan  expresar as nosas inquedanzas actuais.

Vilano Producións apoia tamén aos novos talentos e permite un espazo de expresión á xente nova, chea de ilusión e que non ten medo de utilizar as novas tecnoloxías pare levar a cabo os seus espectáculos.

FICHA ARTÍSTICA

Obra/Espectáculo: Chamada desde o máis alá

Autor: Fusa Guillén

Dirección: Lúa Testa

Adaptación: Fusa Guillén / Lúa Testa

Escenografía: Lúa Testa

Deseño son: Lúa Testa

Deseño iluminación: Lúa Testa

Vestiario: Lúa Testa

Música: Sweet Oblivion Band

Elenco artístico: Maite Da Costa, Helga Méndez, Carlos Basoa e Fusa Guillén

Santiago – comeza Musicompostela, concertos sen alcol

O ciclo de concertos sen alcol MusiCompostela comeza este sábado coa actuación de Vizarros e Vicky Polard

comeza na sala Moon, ubicada na rúa República Arxentina nº 25, o ciclo de concertos sen alcol que se encadra no Plan Local de prevención de drogodependencias do Concello de Santiago,

“MusiCompostela” arranca coa actuación dos grupos composteláns Vizarros e Vicky Polar a partir das 22.00 horas, con entrada de balde. Seguirán outros sete concertos na Sala Moon nos que non se servirá alcol, como forma de fomentar un ocio alternativo e saudable entre a mocidade compostelá.

O 30 de marzo terá lugar a segunda actuación con Drink and Tonic e Touret; xa para abril quedan os concertos de Manolo e Fillos e Lío e Mayu (día 13) e de The Free Riders e Free Lance (día 27). As seguintes convocatorias serán o 11 de maio, con Hellorice e Agoraphobia, e o 19 dese mesmo mes, con Labazada e Las Colillas Aquí. Pecharán o ciclo, o 1 de xuño, Crying Wolves e Erglis.

Silleda – a alcaldesa reuniuse coa directora xeral de urbanismo

A Alcaldesa de Silleda e a Directora Xeral de Urbanismo reuníronse hoxe para falar do PXOM e trataron temas coma os prazos do mesmo e a inclusión do Polígono Industrial de Chapa

Silleda, 9 de marzo de 2012

A Alcaldesa de Silleda e Concelleira de Urbanismo, Paula Fernández Pena, vén de manter unha reunión coa Directora Xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, na que trataron varios temas, entre eles os prazos so PXOM, trala que a rexedora se mostrou satisfeita polas solucións acadadas.

En canto aos prazos do PXOM trasdezao, a Directora Xeral comprometeuse a resolver o informe previo do PXOM no prazo establecido por lei, dous meses como máximo, trala presentación do mesmo á Xunta de Galicia. Rivas tamén se ofreceu a manter reunións, posteriores á que se realizará o mércores na Casa Consistorial, con da corporación municipal para aclarar as dúbidas que poida surxir na explicación dos documentos por parte da empresa redactora.

Ante a situación do Polígono Industrial de Chapa, a Directora Xeral mostrouse de acordo coa modificación, ao abeiro da Lei do Solo do PXOM plantexada en consenso cos empresarios afectados, delimitando a superficie que pasará a ser industrial. A responsable de urbanismo do goberno autonómico cualificou positivamente esta iniciativa. Cabe recordar que esta delimitación foi presentada no Concello polos empresarios da zona, logo de que a Alcaldesa mantivera varias reunións con eles nos que lle propuxo incorporar a proposta no PXOM.

No tocante ao campo de fútbol a Alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, explicou a Encarnación Rivas que no PXOM proposto plantéxase converter toda a zona coñecida como “prado de María” xunto co campo de fútbol, nunha área de reparto fixando a superficie deportiva como zona de cesión obrigatoria quedando, desta maneira, ese espazo como dotacional. Con esta solución a propietaria poderá desenvolver o chan no momento en que quixera, xa que tería máis do 50% da propiedade da Area de reparto, aínda que non houbera acordo coa Xunta de Galicia, quedando de esta forma o espazo de campo de xogo como tal, ao estar definido dentro da area como zona dotacional. A Directora Xeral de Urbanismo afirmou que a solución era positiva, e afirmou que dese xeito o goberno autonómico mantería unha parte porcentual da área para construír un edificio de vivendas protexidas cando a situación económica o permita.

Finalmente, en canto á inclusión da circunvalación a Silleda, na reunión mantida hoxe, entre a alcaldesa e a directora xeral acordaron eliminala do PXOM xa que se entende que, ao non haber agora mesmo dispoñibilidade económica para a súa construción, será máis interesante modificar puntualmente o plan no futuro, cando si exista ese diñeiro para a realización deste proxecto “é demasiado complicado incluír esta vía non só por cuestións técnicas senón porque non se da xustificado economicamente”.

Ames – inaugurada a oitava Feira de Comercio Val da Maía

Santiago Amor asegura que a oitava edición da Feira do Comercio Val da Maía será “sinónimo de éxito” feira_comercio3-1

O alcalde de Ames presidiu esta tarde o acto inaugural da feira, que se desenvolverá ata o próximo domingo no Pavillón Polideportivo de Bertamiráns coa participarán dunha trintena de expositores. Segundo Amor, “a calidade da vosa oferta e a contrastada excelencia da vosa atención ao público respaldan con garantías a celebración desta Feira do Comercio.

Os asistentes poderán mercar produtos aos mellores prezos e gozar dunha ampla oferta lúdica e grastronómica. Trátase da primeira edición organizada de forma conxunta pola Asociación de Comerciantes de Bertamiráns e pola Asociación de Empresarios do Milladoiro. A entrada é de balde.

Como novidade deste ano, a organización ten confirmada a presenza de 8 artesáns que realizarán demostracións en directo do seu traballo nalgún dos expositores. Hai atraccións inchables para os nenos e servizo de gardería. No exterior do recinto, instaláronse dúas pallozas que serven pizzas artesanais e chourizos ao viño. Ademais, a feira conta cunha polbaría, un posto de churros e rosquillas e servizo de cafetería.

Ames, 9 de marzo de 2012. A Feira do Comercio Val da Maía abriu hoxe as portas da súa oitava edición, organizada por primeiro ano de forma conxunta pola Asociación de Comerciantes de Bertamiráns e a Asociación de Empresarios do Milladoiro coa colaboración do Concello de Ames. A inauguración foi presidida polo alcalde Santiago Amor e contou coa participación do concelleiro de Comercio, Promoción Económica, Traballo e Turismo, Bernardo Moar, e representantes da Asociación de Comerciantes de Bertamiráns e da Asociación de Empresarios, Comerciantes e Profesionais do Milladoiro, ademais doutros membros da Corporación.

No seu discurso, o alcalde de Ames asegurou que o evento “está en condicións de responder, grazas ao impulso e á iniciativa do comercio do noso concello, ás grandes expectativas xeradas”. Neste sentido, afirmou que a feira será esta fin de semana “unha cita de referencia” e amosouse convencido de que será “sinónimo de éxito”. “A calidade da vosa oferta e a contrastada excelencia da vosa atención ao público respalda con garantías a celebración desta Feira do Comercio”, apuntou.

Na súa intervención, Santiago Amor incidiu no feito de que por primeira vez a Asociación de Comerciantes de Bertamiráns e a Asociación de Empresarios do Milladoiro colaboren de forma conxunta na organización da feira. A este respecto, sinalou que hoxe Bertamiráns exerce como “anfitrión pero, como xa anunciamos desde a Concellaría de Comercio, Promoción Económica, Traballo e Turismo, a intención é que a próxima actividade relacionada co sector sexa no Milladoiro”. “Alternar os dous núcleos urbanos na celebración dos principais eventos do calendario só pode deixar beneficios para todos”, engadiu o alcalde.

Segundo Santiago Amor, “esta é a liña de traballo que queremos seguir desde o Concello, avanzando en iniciativas conxuntas que impliquen a cada vez máis comerciantes que desenvolven o seu traballo en Ames”. Nesta tarefa, “as asociacións deben protagonizar un esforzo clave para sumar novas adhesións”, manifestou.

En referencia aos comerciantes que participan na feira, Santiago Amor subliñou: “somos sensibles ás vosas necesidades e temos claro que o diálogo coa iniciativa privada é fundamental para procurar fórmulas imaxinativas de colaboración sen esquecer un reto prioritario: construír proxectos co mellor retorno económico posible”. Con isto, dixo o alcalde, “todos sairemos gañando: primeiro os propios negocios, despois as asociacións e, en definitiva, os veciños de Ames”.

“Sodes un sector dinámico e esencial no noso tecido económico, máis aínda nestes momentos difíciles. En consonancia, o compromiso do Concello será sempre o de explorar xuntos novos camiños que redunden no progreso de Ames”, concluíu.

Produtos aos mellores prezos

A VIII Feira do Comercio Val da Maía desenvolverase no pavillón polideportivo de Bertamiráns ata o próximo domingo 11 de marzo. Con 400 metros cadrados para expositores, a Feira do Comercio conta coa participación de arredor de trinta establecementos locais e, por primeira vez nesta oitava edición, amplía a súa duración a tres xornadas. O sábado 10, a Feira de Comercio prolongará o seu horario dende as 11:00 ata as 22:00 horas, mentres que o domingo 11 o horario de apertura será de 11:00 ata as 20:00 horas. Hai que destacar que a entrada é de balde.

Os comercios participantes ofrecen nesta feira unha amplía variedade de produtos aos mellores prezos, abarcando todo tipo de sectores: téxtil, calzado, electrónica, óptica, roupa, artesanía, fogar, regalos, chemineas e instrumentos musicais. En total, ocúpanse máis de 400 metros cadrados para os expositores. Como novidade deste ano, a organización ten confirmada a presenza de 8 artesáns, que realizarán demostracións en directo do seu traballo nalgún dos stands, e unha tenda de instrumentos musicais. Ademais, o pavillón polideportivo está dotado dunha rede wifi para que os comerciantes que o precisen poidan conectarse á rede.

No stand que ten montado o Concello de Ames hai un oco para dar conta dos proxectos que ten en marcha a Oficina de Voluntariado de Ames (OVA). Deste xeito, proporcionarase información sobre o voluntariado e recolleranse tapóns para a campaña en favor de Paula, unha nena de 16 meses que ten agenesia sacra. Tamén se recollerá material escolar para outra das campañas que se está desenvolvendo dende a Oficina de Voluntariado.

Oferta lúdica e grastronómica

Ademais de realizar as súas compras, as persoas que asistan á VIII Feira do Comercio Val da Maía poderán gozar dunha ampla oferta lúdica e grastronómica. No interior do recinto hai un servizo de gardería, atendido por persoal cualificado, para nenos de entre 2 e 12 anos en horario de 12:00 h a 14:00 horas e de 16:30 h a 20:30 horas. Do mesmo xeito, complementando o espazo de lecer educativo instaláronse inchables como atracción lúdica para os máis pequenos baixo a supervisión de monitores. No interior hai un parque de bolas, mentres que no exterior do recinto instalouse unha carpa cos inchables de maior tamaño.

No eido gastronómico hai que destacar que no exterior do pavillón hai instalados varios postos de churros e rosquillas. Ademais, este ano, como novidade hai dúas pallozas que serven pizzas artesanais e chourizos ao viño. Ofrécese tamén un servizo de cafetería, tanto no interior coma no exterior do recinto, incluíndo un posto de venda de polbo.

Actos de conmemoración do Día da Muller

Pero as novidades non rematan aí, xa que este ano como a Feira do Comercio coincide en datas próximas á conmemoración do Día da Muller o Concello de Ames preparou unha serie de actos que se realizarán no propio recinto onde se desenvolve a feira. Deste xeito, instalouse no pavillón polideportivo o "Mural pola Igualdade", elaborado en colaboración coas bibliotecas municipais, no que se presenta o conto "Paconeves e as sete ananiñas", unha revisión do relato tradicional no que os roles aparecen cambiados coa intención de promover unha reflexión sobre a situación da muller na sociedade. Todos os interesados poderán colaborar deixando a súa mensaxe relacionado co Día da Muller sobre o mural. A cambio, recibirán unha chapa co lazo violeta que conmemora a xornada.

Ademais, mañá sábado 10 de marzo ás 12:00 horas, darase lectura á declaración institucional do Concello de Ames con motivo da conmemoración do Día da Muller. Na lectura desta declaración institucional participarán representantes dos tres grupos municipais. Este acto faise no recinto da Feira do Comercio co fin de procurar a maior implicación posible da cidadanía. Pola tarde, ás 17:00 horas, desenvolverase un obradoiro con nenos que aprenderán a elaborar monicreques mentres se conversa con eles co fin de difundir, tamén a través dos xoguetes, valores de tolerancia e educación non sexista.

Consello da Cultura Galega – concluiron os XIV encontros sobre normalización lingüistica

Concluiron os XIV Encontros para a Normalización Lingüística

MOCIDADE, LINGUA E REDES SOCIAIS, CASE TODO POR FACER EN GALEGO

A PRESENZA DO IDIOMA GALEGO NAS REDES PERCÍBESE ESCASA E INSUFICIENTE
SEGUNDO O AVANCE DUN ESTUDO QUE ESTÁ A ELABORAR O PROFESOR FERNANDO RAMALLO

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2012.- A mocidade e o seu uso das
redes sociais suponen para o idioma galego unha oportunidade evidente con
todo por facer, xa que a presenza do galego percíbese “escasa e
insuficiente”. Así o reflicte o avance dun informe que está a elaborar
Fernando Ramallo, profesor da Universidade de Vigo, que hoxe presentou un
avance nos XIV Encontros para a Normalización Lingüística. O informe parte
dunha enquisa entre 1.295 estudantes de bacharelato, ciclos e universidade
e foi encargado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. A atención
ao comportamento da mocidade galega nas redes sociais dominou a segunda e
última xornada dos Encontros organizados polo Centro de Documentación
Sociolingüística do Consello da Cultura Galega e celebrados na Cidade da
Cultura de Galicia coa asistencia de máis de cen investigadores e xestores
lingüísticos.

O estudo do profesor Fernando Ramallo, que estará rematado en abril, parte
dunha enquisa a 1.295 estudantes na procura de referencias útiles para
elaborar hipótesis e tomar decisión a respecto da mocidade galega e as TIC.
A mostra incluíu un 54 por cento de castelanfalantes, un 25 por cento de
galegofalantes e un 21 por cento que se desempeñaban nas dúas linguas. Os
consultados consideran as redes imprescindibles nas súas vidas e usan os
dispositivos electrónicos para as súas relacións sociais, a busca de
información, o chat, o disfrute da música ou o recurso do correo
electrónico, preferentemente.

O avance fala dunha boa disposición da mocidade para co galego, así o
declara o 50 por cento da mostra, pero tamén dun uso moi moderado nas redes
sociais, que converte as redes galegas en algo minoritario e residual. O
predominio do castelán é claro, á marxe de que o 54 por cento dos
galegofalantes afirmen empregar exclusivamente o galego en Tuenti e o 20
por cento dos consultados declaren usar o galego en xeral.

En calquera caso, as tecnoloxías da información e a comunicación
posibilitan a existencia dun espazo de interacción social ao que non poden
ser alleas as políticas relacionadas coa lingua, máxime tendo en conta a
complexidade lingüística das sociedades contemporáneas e a súa moi dinámica
realidade, en expresión de Fernando Ramallo.

A xornada final dos XIV Encontros para a Normalización Lingüística, foro
que o Consello da Cultura Galega ven organizando anualmente desde 1998,
coñeceu tamén un relatorio de Manuel Barreiro sobre “Os movementos sociais
emerxentes e a mobilización xuvenil en Galicia” referido aos dez últimos
anos “e ofreceu dous coloquios sobre distintos aspectos e desafíos do
traballo dos Servizos de Normalización Lingüística e dos Equipos de
Normalización e Dinamización Lingüística.

Acolleu asemade unha presentación sumaria de novos medios en galego. Os
dixitais “Praza Pública” e “Dioivo”, xa operativos, e “Sermos Galiza”, de
próxima aparición na Rede e que proxecta tamén unha presenza semanal en
papel.

Santiago – axenda 9 de marzo e actuación da policía local

Venres 9

11.15 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Persoal e Réxime Interior, Amelia González, sobre asuntos da súa área.

11.30 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social, Paula Prado, sobre asuntos da súa área.

16.30 h

Na Aula Magna da Facultade de Medicina, a concelleira Amelia González asiste ao acto inaugural do XXI Congreso da Sociedade Española de Medicina da Adolescencia.

17.00 h

Na praza Roxa, obradoiro de creación de broches cunha temática relacionada co Día da Muller. O taller está destinado a un público infantil, acompañado dos seus pais e nais.

21.00 h

Falabaratos

No Teatro Principal, Quico Cadaval presenta 'Zona portuaria' dentro do ciclo Falabaratos.

SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL

(Desde as 08:00 h. do día 07 ata as 08:00 h do día 08 de marzo).

ACCIDENTES

Nas últimas 24 horas o Equipo de Atestados da Policía Local rexistrou CATRO accidentes na cidade:

  • Ás 13.45 horas, produciuse o choque dun turismo contra un farol na rúa Doutor Teixeiro, con danos materiais.
  • Ás 15.10 horas, na rúa Dublín, produciuse unha saída de vía dun vehículo que ocasionou danos noutros dous coches que se atopaban estacionados.
  • Ás 15.15 horas, produciuse en accidente entre dous vehículos na Avenida da Liberdade, con resultado de danos materiais.
  • Ás 14.22 horas produciuse o ATROPELO a un ciclista na rúa Rosalía de Castro, resultando ferido leve.

Mercado entre Lusco e Fusco – II feira de inverno

IIFeiraInverno

Teo – o concello e Chevere asinan o convenio de colaboración

O CONCELLO DE TEO E A COMPAÑÍA CHÉVERE ASINAN O CONVENIO DE COLABORACIÓN POLO QUE A COMPAÑÍA TERÁ A RESIDENCIA NO MUNICIPIO

· A primeira actividade desta nova colaboración será unha festa do 10 de marzo no Auditorio do CSC da Ramallosa

08 de marzo de 2012. O alcalde de Teo, Martiño Noriega, e Patricia de Lorenzo, como representante de Chévere asinarán mañá un convenio de colaboración para desenvolver o proxecto de compañía residente neste municipio. A sinatura terá lugar no salón de plenos da Casa do Concello, na Ramallosa, mañá venres 9 de marzo ás 11:30 horas. A continuación ofrecerase unha rolda de prensa na que se presentará este proxecto ós medios de comunicación.

O alcalde de Teo estará acompañado da concelleira de Cultura, Carme Hermida. Por parte de Chévere estarán presentes tamén Miguel de Lira e Xesús Ron. Mañá adiantarase parte da programación que se realizará nos vindeiros meses por parte da compañía e tamén se informará da primeira actividade froito desta colaboración. O primeiro acto será unha festa de presentación deste novo proxecto en Teo o sábado 10 de marzo ás 22:00 horas no Auditorio do CSC da Ramallosa, a sede estable da compañía dende este momento.

O programa de compañías residentes, que conta tamén coa colaboración de Agadic, permite asociar o traballo dunha compañía a un espazo escenográfico público. Deste xeito este proxecto permitirá o uso por parte de Chévere do CSC da Ramallosa e o Concello de Teo contará cunha programación cultural estable de excelente calidade.

O alcalde de Teo, destacaba no seu momento, que este proxecto permitirá que “o espíritu da mítica sala Nasa de Compostela viaxe a Teo”.

Teo – preparanse novos equipos para o club de debate

OS CONCELLOS DE AMES, ROIS, SANTIAGO E TEO PREPARAN NOVE EQUIPOS DE ESCOLARES PARA O CLUB DE DEBATE

· Esta mañá os participantes asistiron no Pazo da Peregrina (Ames) a un curso de formación de cara á fase comarcal que se celebrará en Santiago o 14 de abril

08 de marzo de 2012. Os concellos de Ames, Rois, Santiago e Teo preparan un total de nove equipos de escolares de secundaria que participarán nunha Liga de debate posta en marcha a través dos Servizos de Normalización Lingüística destes municipios. Esta iniciativa busca traballar nos escolares conceptos como a comunicación, a oratoria e a lingua a través dunha ferramenta como son os equipos de debate, cunha posta en escena que lles pode resultar moi atractiva.

Esta mañá os alumnos/as participantes asistiron a un curso de formación no Pazo da Peregrina (Ames) de cara a prepararse para a fase comarcal do concurso que terá lugar en Santiago o 14 de abril. Algo máis de 60 alumnos/as e os seus preparadores estiveron atentos a un curso no que se atendeu por un lado á estrutura do debate dende un punto de vista teórico e por outra unha formación más práctica na que viron métodos de expresión e realizaron técnicas de oralidade, habilidades sociais e comunicativas. Para iso fixeron exercicios en equipos dinámicos para mellorar a expresión, a improvisación ou mesmo as técnicas de relaxación. A xornada de traballo de hoxe rematou cun enfrontamento entre dous equipos nun debate. O tema elixido para este exercicio preparatorio foi a paridade entre homes e mulleres. Un dos equipos tiña que defender as virtudes da paridade e o outro o contrario. Un xurado decidía sobre o debate e aínda que o traballo dos dous equipos foi moi destacable, non houbo un claro gañador.

Os concellos de Ames, Rois, Santiago e Teo contan con nove equipos en total que participarán neste Club de Debate que ten unha fase final en Pontevedra o 28 de abril. De Ames participan tres equipos do IES de Ames e teñen como mestres preparadores a María Xesús García Otero, Carmen Fariña Miranda e Xosé Manuel Fernández López. De Rois anotouse un equipo do CPI dos Dices co profesor Luis Gómez Aldegunde como titor. Santiago achega dous equipos, da Compañía de María e terán como preparadoras a Ángela Trillo Díaz e a Laura Rodríguez Fraga. Finalmente Teo conta con tres equipos do IES de Cacheiras e os seus mestres preparadores son Ramón Cruces Colado, Xosé Manuel Maceira Fernández e Leonardo Fernández Campos coñecido artísticamente como Leo i Arremecaghona. Tamén cabe destacar o traballo de coordinación dos equipos de normalización dos centros escolares, que mantiveron unha estreita colaboración cos equipos municipais.

O Club do Debate é unha idea impulsada dende os Servizos de Normalización Lingüística dos Concellos na que participan outros municipio coma Betanzos, Ferrol, Carballo, As Pontes, Carral, Pontevedra, A Coruña, Oleiros e Vigo. De feito esta iniciativa recolle a proposta das cidades de Pontevedra ou A Coruña que levan tempo desenvolvendo proxectos similares.

Na fase local na que participan Ames, Rois, Santiago e Teo cada equipo participante traballará sobre o tema “Deben os poderes públicos protexer e promover a diversidade lingüística?”. Cada equipo terá que defender unha postura a favor no debate inicial e unha contraria no seguinte, sempre contra equipos diferentes. A puntuación total deses dous debates de cada equipo será o que marque o gañador final. O alumnado participante ten entre 16 e 18 anos.

O premio deste concurso na fase comarcal é de 500 euros para o equipo gañador e 300 para o segundo. Os dous equipos gañadores de cada fase comarcal participarán na fase final na que o premio será unha viaxe de contido cultural para un máximo de 25 persoas valorado en 5 000 euros.

BNG Santa Comba – Felipe García Calvo novo responsable local

Felipe García Calvo, elixido responsábel local do BNG de Santa Comba

clip_image001Santa Comba, 7 de Marzo de 2011. O BNG de Santa Comba celebrou Asemblea Local, e cumprindo cos mandatos da XIII Asemblea Nacional, tivo lugar a elección do Responsábel e Vicerresponsábel Local do BNG na localidade. Foron eleitos por unanimidade Filipe García Calvo e Rafael Vilariño Suarez como responsábel e vicerresponsábel respectivamente.

Dentro da Asemblea local tamén se acordou:

  • Instar ao goberno municipal de Santa Comba a que se manifeste publicamente contrario a iniciar coa gardería municipal un proceso que conleve a privatización da xestión ou da explotación da gardería pública municipal. E que adquira o firme compromiso perante a cidadanía de non incrementar as taxas alén do incremento que anualmente se produza no índice de prezos ao consumo a nivel estatal (I.P.C.)
  • Levar a cabo campaña informativa no Concello facendo un chamamento a todos os veciños e veciñas de Santa Comba para que se mobilicen en contra da reforma laboral e as políticas antisociais do Goberno do Partido Popular, con reparto de información o vindeiro Luns 12 de Marzo durante a celebración da feira.
  • Apoiar as mobilizacións reivindicativas dos dereitos das mulleres convocadas para o 8 e o 11 de Marzo polas organizacións feministas actuantes na Galiza

Auditorio de Galicia – Quico Cadaval en falabaratos

Quico Cadaval presenta ‘Zona Portuaria’ dentro do ciclo Falabaratos

  • As entradas poden mercarse a un prezo de 8 euros nas billeteiras do Teatro Principal de 18.00 a 21.00h.

  • Despois de Cadaval chegarán a Falabaratos Sergio Pazos, Luis Piedrahita, Godoy, Pepo Suevos, Oswaldo Digón e de novo David Amor

Santiago de Compostela, 08/03/2012.- O ciclo Falabaratos da Concellería de Cultura que se inaugurou o pasado 14 de febreiro con David Amor, continúa coa súa programación neste mes de marzo. Así, este venres, 9 de marzo, chega a cita con Quico Cadaval e a súa ‘Zona Portuaria’. Será no Teatro Principal ás 21.00h e as entradas poden mercarse, a un prezo de 8 euros, nas billeteiras do propio Teatro en horario de 18.00 a 21.00h. Despois de Cadaval chegarán ao Principal, dentro deste ciclo, Sergio Pazos, Luis Piedrahita, Godoy, Pepo Suevos, Oswaldo Digón e de novo David Amor.

Quico Cadaval, leva desenvolvendo desde os anos noventa un tipo de espectáculo unipersoal a medio camiño entre a narración tradicional, a épica escénica e o cabaret literario. Un espectáculo de narración oral que se leva transformando nos últimos quince anos acomodándose ás circunstancias ambientais, inclemencias do clima, ás experiencias persoais do artista e aos terrores mais íntimos do público.

O espectáculo ‘Zona Portuaria’ criase a partir de historias da tradición oral que se deformaron pouco a pouco, na xira mundial inacabada na que Quico Cadaval traslada aos públicos dos catro continentes as historias da súa terra natal para comprobar se son universais. Como sempre, por Zona Portuaria, aparecerán tiranos, piratas, funcionarios, putas, taberneiras, cregos, valentes, estudantes, chaboleiros, filósofos, cans, vacas e outros fantasmas. Ou non.

QUICO CADAVAL

Nacido en Ribeira en 1960, é contador de historias, director de escena e dramaturgo. Comezou o seu traballo a mediados dos anos 80 baixo o mestrado de Xoán Cejudo, que estimulou o seu autodidactismo. Funda a compañía O Moucho Clerc con grandes artistas do teatro galego. Entre os seus traballos destacan Obra (No comment), Um códice clandestino e Shakespeare para ignorantes, esta última en colaboración con Mofa&Befa, pola que recibiron o premio MAX.

Como director lémbrase o seu traballo sobre Cunqueiro titulado O ano do cometa para o CDG e a obra de Shakespeare Noite de reis co CDG. Como contador de historias saíu do café Atlántico e de aí divulgou a narrativa galega por festivais tan importantes como o Iberoamericano de Bogotá, o FILBA de Bos Aires e as Palavras Andarilhas de Beja. En relación coa música, vasto territorio no que é un profano, iniciou os seus contactos en Operaçao Triunfo da RTP, colaborou no Son de Aquí con Treixadura e Leilia, foi director de escena da Ópera de tres reás da Consellería de Cultura e ultimamente ligouse a proxectos do TAC como a Ópera das 4 notas.

As últimas distincións recibidas foron o Pregón da Pisa da Castaña de Froxán e o Premio da Cultura Galega, na categoría de Artes Escénicas.

Ames – VIII feira Val da Mahia

Xa está todo preparado para a apertura da oitava edición da Feira do Comercio Val da Maía feira_comercio1

Por primeiro ano, a Feira do Comercio Val da Maía, que se desenvolverá os días 9, 10 e 11 de marzo, organízase de forma conxunta pola Asociación de Comerciantes de Bertamiráns e a Asociación de Empresarios do Milladoiro. Participarán arredor de 30 comerciantes. Hai que destacar que a entrada será de balde.

Como novidade deste ano, a organización ten confirmada a presenza de 8 artesáns que realizarán demostracións en directo do seu traballo nalgún dos expositores. Ademais, o pavillón polideportivo estará dotado dunha rede wifi para que os comerciantes que o precisen poidan conectarse á rede.

Ademais de poder comprar diversos produtos aos mellores prezos, as persoas que asistan a VIII Feira do Comercio Val da Maía poderán gozar dunha ampla oferta lúdica e grastronómica. No exterior do recinto haberá un espazo de ocio educativo e dúas pallozas que servirán pizzas artesanas e chourizos ao viño. Ademais haberá unha polbaría, un posto de churros e rosquillas e servizo de cafetería.

O alcalde de ames, Santiago Amor, inaugurará a VIII Feira do Comercio. O acto de inauguración contará co presenza do concelleiro de Comercio, Promoción Económica, Traballo e Turismo, Bernardo Moar, e representantes da Asociación de Comerciantes de Bertamiráns e da Asociación de Empresarios, Comerciantes e Profesionais do Milladoiro.

Ames, 8 de marzo de 2012. Mañá a partir das 17:00 horas quedará aberta ao público a VIII Feira do Comercio Val da Maía. Por primeiro ano, a Feira do Comercio Val da Maía organízase de forma conxunta pola Asociación de Comerciantes de Bertamiráns e a Asociación de Empresarios do Milladoiro. Este evento desenvolverase no pavillón polideportivo de Bertamiráns os días 9, 10 e 11 de marzo. Con 400 metros cadrados para expositores, a Feira do Comercio contará coa participación de arredor de trinta establecementos locais e, por primeira vez nesta oitava edición, ampliará a súa duración a tres xornadas. Así, o venres 9 a feira estará aberta entre as 17:00 h e as 21:00 horas. O sábado 10, a Feira de Comercio prolongará o seu horario dende as 11:00 ata as 22:00 horas, mentres que o domingo 11 o horario de apertura será de 11:00 ata as 20:00 horas. Hai que destacar que a entrada será de balde.

Durante esta fin de semana os comerciantes de Bertamiráns e do Milladoiro, en colaboración co Concello de Ames, organizan a oitava edición da Feira do Comercio Val da Maía. Deste xeito, os comerciantes participantes poderán dar a coñecer os seus produtos en diversos sectores coma o téxtil, calzado, electrónica, óptica, roupa, artesanía, fogar, regalos, chemineas e instrumentos musicais. O goberno municipal pretende alternar entre Bertamiráns e O Milladoiro a organización dos principais eventos que se desenvolven no municipio, polo que en 2013 a Feira do Comercio será no Milladoiro.

Os comercios ofrecerán unha amplía variedade de produtos como roupa, complementos, calzado, produtos do fogar, electrónica, gafas, instrumentos musicais, produtos de artesanía, etc. As instalacións disporán dunha gran amplitude e comodidade xa que serán 400 metros cadrados dedicados á colocación das casas de comercio. Como novidade deste ano, a organización ten confirmada a presenza de 8 artesáns que realizarán demostracións en directo do seu traballo nalgún dos expositores, e unha tenda de instrumentos musicais. Ademais, o pavillón polideportivo estará dotado dunha rede wifi para que os comerciantes que o precisen poidan conectarse á rede.

No stand que terá montado o Concello de Ames haberá un oco para dar conta dos proxectos que ten en marcha a Oficina de Voluntariado de Ames (OVA). Deste xeito, proporcionarase información sobre o voluntariado e recolleranse tapóns para a campaña en favor de Paula, unha nena de 16 meses que ten agenesia sacra. Tamén se recollerá material escolar para outra das campañas que se está desenvolvendo dende a Oficina de Voluntariado.

Oferta lúdica e grastronómica

Ademais de poder comprar diversos produtos aos mellores prezos, as persoas que asistan a VIII Feira do Comercio Val da Maía poderán gozar dunha ampla oferta lúdica e grastronómica. No interior do recinto haberá un espazo de ocio educativo, atendido por persoal cualificado, para nenos de entre 2 e 12 anos en horario de 12:00 h a 14:00 horas e de 16:30 h a 20:30 horas. Do mesmo xeito, complementando o espazo de gardería instalaranse inchables, tanto no exterior como no interior, como atracción lúdica para os máis pequenos baixo a supervisión de monitores. No interior haberá un parque de bolas, mentres que no exterior do recinto instalarase unha carpa cos inchables de maior tamaño.

No eido gastronómico hai que destacar que no exterior do pavillón haberá instalados varios postos de churros e rosquillas. Ademais, este ano, como novidade haberá dúas pallozas que servirán pizzas artesanais e chourizos ao viño. Ofrecerase tamén un servizo de cafetería, tanto no interior coma no exterior do recinto, incluíndo un posto de venda de polbo.

Actos de conmemoración do Día da Muller

Pero as novidades non rematan aí, xa que este ano como a Feira do Comercio coincide en datas próximas á conmemoración do Día da Muller o Concello de Ames preparou unha serie de actos que se realizarán no propio recinto onde se desenvolve a feira de saldos. Deste xeito, instalarase no pavillón polideportivo o "Mural pola Igualdade", elaborado en colaboración coas bibliotecas municipais, no que se presenta o conto "Paconeves e as sete ananiñas", unha revisión do relato tradicional no que os roles aparecen cambiados coa intención de promover unha reflexión sobre a situación da muller na sociedade. Todos os interesados poderán colaborar deixando a súa mensaxe relacionado co Día da Muller sobre o mural. A cambio, recibirán unha chapa co lazo violeta que conmemora a xornada.

Ademais, o sábado 10 de marzo ás 12:00 horas, darase lectura á declaración institucional do Concello de Ames con motivo da conmemoración do Día da Muller. Na lectura desta declaración institucional participarán representantes dos tres grupos municipais. Este acto faise no recinto da Feira do Comercio co fin de procurar a maior implicación posible da cidadanía. Pola tarde, ás 17:00 horas, desenvolverase un obradoiro con nenos que aprenderán a elaborar monicreques mentres se conversa con eles co fin de difundir, tamén a través dos xoguetes, valores de tolerancia e educación non sexista.

Esquerda Unida Samtiago – día internacional da muller traballadora

image

Galería Caroni - “Árboles” de Erre Mota

O artista Erre Mota inaugura a súa mostra de pintura “Árboles” na Galería Caroní

Santiago de Compostela, Xoves 8 de Marzo de 2012. O artista Erre Mota, inaugurará o vindeiro martes 13 a súa exposición “Árboles”, unha mostra de 18 cadros de pintura abstracta composta por acrílicos sobre tea e acrílicos sobre papel, na que predominan as cores vivas e a presencia da árbore coma o elemento protagonista en cada unha das obras. mailingOkJavierOtero

“Árboles” inaugurarase o vindeiro martes día 13 de Marzo, ás 20,00 horas, na Galería Caroní da Fundación Araguaney, (Rúa do Vilar, 21). O traballo actual de Erre Mota, que se inclúe no que se define como pintura abstracta na arte contemporánea, é unha obra eminentemente intuitiva e paixonal. O artista busca na cor e na imperfección unha linguaxe visual autónoma.

A exposición estará na Caroní desde o 13 ata o 30 de Marzo en horario de 10,30 a 14,00 e de 16,30 a 20,00 h de luns a venres, e de 11,00 a 14,30 h os sábados.

SOBRE O AUTOR

Erre Mota nace en 1999 como seudónimo do xornalista Javier Otero Llovo (Santiago de Compostela, 1951), cando decide poñer á venda o que está pintando.

Tras catro exposicións en locais de Compostela, outra no Casino de Santiago en 2007, así coma na Galería José Lorenzo nos anos 2008 e 2010, Erre Mota decide expoñer a súa mostra de pintura máis reciente na Galería Caroní.

Silleda – instalación de marquesiña de transporte escolar en Sante

A Alcaldesa de Silleda e o Concelleiro de Obras reuníronse en Sante con Cores Tourís para supervisar o estado das obras da parada para transporte escolar

Na vindeira semana retomaranse as obras para a instalación da marquesiña

Fernández Pena solicitará que os liñas regulares de autobuses contemplen ese punto coma unha nova parada nas súas rutas

Silleda, 8 de marzo de 2012

A Alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, e o Concelleiro de Obras, Manuel Cuíña, acudiron hoxe a Sante para reunirse co delegado territorial en Pontevedra, Cores Tourís, para supervisar as obras que se están a levar a cabo para a instalación da parada e marquesiña no lugar de Sante, parroquia de Laro. Ao encontro adudiron tamén o enxeñeiro xefe de estradas e un técnico da empresa que acomete os traballos.

Neste encontro, determinouse levar a cabo a obra tal como o executivo local a plantexara dende un primeiro momento. A marquesiña, non quedará instalada inmediantamente ao pé estrada, senon que se situará uns metros máis atrás, nunha beira da pista que dá servizo ás casas da aldea. Para isto, crearase un novo espazo, e será preciso canalizar unha vía de auga que pasa por ese punto. Deste xeito, os usuarios da parada, sobre todo os máis pequenos, non estarán tan expostos ao tráfico da vía principal, garantindo, aínda máis se cabe, a súa seguridade. Ademais, ampliarase a zona de quitamedos de proteccion, no espacio preparado onte, para permitir que o bus poida incorporarse á zona da marquesiña.

O goberno autonómico será o que correrá con todos os gastos da obra, tanto da ampliación da calzada, como da marquesiña, e da súa instalación, que será moderna e de cristal. A próxima semana retomarán as obras, e está previsto que nun curto periodo de tempo, poidan realizarse os servizos de recollida escolar neste punto.

A bisavoa da rapaza Natalia, agradeceu encarecidamente as labores que o goberno municipal levou a cabo, así como o esforzo feito ao longo destes últimos meses co que ao final se acadaron os obxectivos previstos: que Natalia, unha meniña con problemas de saúde, e a súa bisavoa, non teñan que camiñar cada día máis un kilómetro para poder utilizar o transporte escolar, así como dotar deste servicio a toda á aldea, posto que en vindeiros cursos, haberá máis rapaces que o necesiten.

A Alcaldesa declara que “con esta medida, conseguimos unha solución para o particular caso de Natalia, sen descuidar nin olvidar que prima o interese xeral, xa que a partires da súa posta en funcionamente, os veciños contarán co servizo de parada que intentaremos ampliar á liña regular de autobuses que pasan por aquí hacia Pontevedra”, trámites que o delegado territorial en Pontevedra, Cores Tourís, se comprometeu a tratar coa rexidora.

Como nota curiosa, cabe dicir que catro concelleiros do grupo popular que quixeron acudir ao lugar para atoparse con Courís, pasaron de largo a parada, posto que non coñecían o punto en donde se atopaba o problema, a pesares de todo o que, segundo eles, se preocuparon polo tema.

Ames – cubertas as prazas do curso de monitor de tempo libre

O Concello de Ames cobre a totalidade de prazas ofertadas para o curso de monitor de tempo libre

A falta de cinco días para o remate do prazo de inscrición xa se completaron as 25 prazas dispoñibles. Esta mañá realizáronse as últimas inscricións.

O curso consta de 350 horas lectivas e desenvolverase entre o 16 de marzo e o 19 de maio no Centro de Usos Múltiples de Aldea Nova.

Ames, 8 de marzo de 2012. O curso de monitor de tempo libre, que organizou a Concellaría de Asociacionismo, Igualdade, Muller e Xuventude, tivo un grande éxito entre a mocidade amiense. A falta de cinco días para o remate do prazo de inscrición xa se completaron as 25 prazas dispoñibles. Esta mañá realizáronse as últimas inscricións. Isto é mostra clara de que os programas formativos postos en marcha dende a Oficina de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Ames espertan un gran interese entre os mozos e mozas amienses. O curso consta de 350 horas lectivas e desenvolverase entre o 16 de marzo e o 19 de maio no Centro de Usos Múltiples de Aldea Nova. Primeiro realizarase a parte teórica que dispón de 200 horas lectivas. A continuación, os alumnos deberán completar a súa formación cun período de prácticas (150 horas), nun prazo máximo de dous anos.

O Concello de Ames pretende contribuír á inserción laboral da súa mocidade a través dunha formación útil e versátil. Para iso púxose en marcha o curso de monitor de tempo libre que capacitará aos mozos e mozas para que poidan deseñar, programar e pór en práctica ou avaliar actividades para o tempo libre ou socioculturais, orientadas á infancia, á xuventude, aos maiores ou ás persoas con necesidades especiais. O devandito tivo un gran éxito de participación e xa se completaron as 25 prazas ofertadas antes de que rematase o prazo de inscrición o próximo 13 de marzo.

O curso de monitor de tempo libre comezará o vindeiro 16 de marzo. Primeiro impartirase unha parte teórica de 200 horas lectivas que se desenvolverán na aula, en liña e noutros espazos adaptados ao proceso de aprendizaxe. Abordaranse, por exemplo, técnicas de acampada e actividades deportivas. As datas de celebración son as seguintes: 16, 17, 23, 24, 30 e 31 de marzo; os días 2, 3, 4, 13, 14, 20, 21, 27, 28 do mes de abril; e o 4, 5, 11, 12, 17, 18 e 19 de maio.
A continuación, o alumno deberá realizar un período de prácticas de 150 horas lectivas baixo a tutela dun director ou responsable. Para completar esta segunda fase de formación, o alumno deberá deseñar previamente unha programación na que se contemplen os elementos básicos de toda intervención educativa e, ao remate, entregar unha memoria de elaboración propia e individual. As prácticas poderán realizarse de xeito intensivo, concentrándoas en 14 días de actividade (en bloques non inferiores a 3 días) ou cursando as 150 horas nunha entidade que traballe no eido da educación no tempo libre.

Os contidos do curso abarcan as seguintes áreas: bases psicosociolóxicas da educación no tempo libre, bases pedagóxicas de educación no tempo libre, técnicas e recursos de animación e lexislación vixente. Unha vez rematado o curso o alumnado acadará a titulación oficial de monitor de tempo libre, documento que será expedido pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado (co pagamento de 11 euros en concepto de taxas).

BNG Negreira – o BNG critica o mal ambiente político

O BNG CRITICA O MAL AMBIENTE POLÍTICO CANDO A SOCIEDADE MÁIS O NECESITA

Antonio Ponte asegura que o voceiro socialista luciuse no Pleno con expresións como “expúlseme se ten o que hai que ter

Negreira, 8 marzo:

O Bloque Nacionalista Galego manifesta a vergoña que lle producen as malas relacións entre o Partido Socialista e o Grupo de Goberno, mentres a sociedade está vivindo un momento complicado e a débeda do Concello segue en aumento. O voceiro nacionalista, Antonio Ponte, subliña que “os veciños merecen máis nivel dialéctico no debate político e non expresións como as utilizadas no Pleno por Jorge Tuñas (“expúlseme se ten o que hai que ter” ), que demostran unha falta de educación inaceptable en alguén que pretende gobernar nun futuro.”

Acceso á radio municipal.

O BNG apoiará sempre as peticións de liberdade de expresión e de posibilidade de acceso á Radio Municipal, pero queremos recordar que este problema ven de moi vello, sendo tamén Gobernos socialistas os que impediron, no seu día, o acceso a concelleiros nacionalistas. Nas pasadas eleccións municipais, gobernando o Psoe, a manipulación informativa chegou a extremos intolerables onde mediante a linguaxe radiofónica, se chegou a insultar ó candidato nacionalista.

O BNG proporá, no seu día, unha radio municipal realmente libre sen presións aos traballadores.

Crecente débeda bancaria.

O BNG tamén quere mostrar a súa preocupación polo novo crédito solicitado polo Concello, que aumentará a xa abultada débeda actual cos bancos.

Silleda – reunión sobre o plan xeral de ordenación urbana

A Alcadesa reunirase hoxe coa Secretaria Xeral de Urbanismo para falar do PXOM

Silleda, 8 de marzo de 2012

Logo de que a empresa redactora do PXOM trasdezao entregara este martes a documentación completa no Concello de Silleda, a Alcaldesa e Concelleira de Urbanismo, Paula Fernández Pena, acompañada do Tenente de Alcaldesa e Concelleiro de Obras, Manuel Cuíña, manterá mañá unha reunión en San Caetano, coa Secretaria Xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, para falar dos plazos que agora se van a manexar para a súa aprobación inicial e presentarlle o traballo realizado nos últimos meses.

Asemade, no encontro de mañá trataranse outros temas vinculados ao devandito documento como as solucións que se lle poden dar ao conflito de propiedades do campo de fútbol de Silleda, ou a inclusión do solo industrial en Chapa plantexado polos empresarios en colaboración co Concello.

Tamén pretende a Alcaldesa defender a posibilidade da inclusión da circunvalación a Silleda deseñada no documento presentado en 2009 e que fora rexeitada no informe da Xunta de Galicia dese mesmo ano. Esta vía unía o lugar de O Foxo coa rotonda do instituto, conectando así a N-525 coa estrada Silleda-Folgoso. A administradión autonómica argumentou cuestións técnicas, ao ter o terreo demasiada pendente, e económicas, ao non poder xustificar axeitadamente a súa construción na memoria económica financeira do plan. "Temos que seguir buscando opcións e quero comentalo con ela para analizar outras posibles alternativas" declara a Alcaldesa, Paula Fernández.

Ademais desta xuntanza, a Alcaldesa xa ten programda outra para o vindeiro mércores, á que están convidados os membros da corporación, para que coñezan de primeira man o documento a través dunha  presentación que farán os redactores do PXOM na Casa Consistorial.

Salienta a rexidora que xa lle foi remitida aos portavoces a documentación que está xa revisada "para que a poidan ir estudando antes da xuntanza". Destaca ademais que o documento "contempla todas modificacións esixidas pola Lei do Solo e as recollidas no informe emitido pola Xunta de Galicia en 2009" e confía que a tramitación poida cumprir o obxectivo fixado de aprobacion inicial co horizonte de 2012 "lamentablemente, estamos na mesma posicion documental que en Marzo de 2009, este é o exemplo claro do dano que supuxo para o noso futuro a moción de censura"

Teo – declaración institucional polo Día da muller traballadora

image

Ordes – acción solidaria de recollida de tapóns

O Concello de Ordes recadará tapóns para axudar na curación da parálise cerebral da pequena Lola

Con tres anos de idade esta rapaza de Cambre presenta unha artrofia cerebral hipoplasia do corpo calloso e precisa dun costoso tratamento médico que non cubre a Seguridade Social

Ordes 8 marzo 2012 2012. O Concello de Ordes súmase á campaña de recollida de tapóns usados co obxetivo de recadar fondos para a curación de Lola. Esta pequena rapaza coruñesa de tres anos presenta unha parálise cerebral, ademáis dunha artrofia cerebral hipoplasia do corpo calloso con ausencia de xiro de cíngulo. Está previsto que nesta mes Lola se someta a un tratamento en Palencia denominado Therasuit, o cal lle axudará a manter erguidos o seu corpo e cabeza. Un tratamento moi costoso ó que os seus pais non poden facer frente e que non cubre a Seguridade Social. A súa duración será dun mes e posteriormente Lola iniciará unha serie de intervencións para tratar de correxir, na medida do posible, a espasticidad que percorre o seu corpo.

Todos aqueles que queiran contribuir para mellorar a calidade de vida de Lola pódeno facer depositando os tapóns de botes, botellas, bebibles, etc, nos contedores ubicados no primeiro andar da Casa Consistorial. Os que prefiran doar cartos pódeno facer na conta 2080 0036 66 3000073012 de Nova Caixa Galicia.

As persoas que estén interesadas en seguir a evolución de Lola , coñecer con máis detalle o seu caso, ou incluso establecer contacto coa rapaza e os seus coidadores, poden facer uso da súa páxina en Facebook ‘Para que Lola alcance ella solita su caramelo’, a través do seu Twitter @TodosconLOLA ou ben na páxina www.todosconlola.weebly.com.

Tapóns a compartir entre Aitana e Lola

Dende o pasado mes de outubro o Concello de Ordes xa ven recadando tapóns co fin de participar na campaña ‘una sonrisa para Aitana’. Aitana é unha rapaza de 9 anos de Zaragoza que padece unha cardiopatía conxénita e que precisa un dobre transplante de corazón e pulmón. Esta operación sería levada a cabo polo doutor Pedro del Nido no Children´s Hospital de Boston. Ata alí esperan poder trasladala grazas á recadación acadada, xa que a Seguridade Social non cubre este gasto. Para facer isto posible o Concello de Ordes conxuntamente cos seus veciños e veciñas xa levan entregados máis de 500 kilos. Para poder axudar as dúas rapazas determinouse que a partir de agora agora dividiranse en dous lotes os tapóns conseguidos.

Brión – a piscina municipal ofrece noas actividades gratuitas

A PISCINA MUNICIPAL DE BRIÓN OFRECE NOVAS ACTIVIDADES GRATUITAS: INICIACIÓN AO SALVAMENTO ACUÁTICO, ENTRENAMENTO FUNCIONAL E GAP

Durante os mes de marzo, os novos socios recibirán material deportivo de agasallo e os que asistan a cursos terán un vale de compra de 30 euros no comercio local

08 marzo de 2012. A piscina municipal de Brión ofrecerá durante este mes de marzo unha serie de actividades gratuitas para os seus abonados, que a día de hoxe superan as 1.200 persoas. “Trátase de actividades de dinamización e formación, que teñen lugar ao longo da semana”, explica Carlos Amado, responsable de Aquafit Gestión SL (empresa adxudicataria da piscina municipal brionesa).

Así, neste mes de marzo a piscina ofrece unhas xornadas de iniciación ao salvamento acuático e primeiros auxilios e dúas accións no ximnasio como son o Entrenamento Funcional e o GAP (Glúteo, Abdominal, Perna). O GAP é unha actividade de media hora nas que os alumnos fan circuitos de 40 segundos de duración nos que fan exercicios para traballar os glúteos, os abdominais e as pernas. No caso do Entrenamento Funcional trátase dun circuito moito máis amplo e trabállase todo o corpo.

Natación sincronizada e promoción do comercio

“O noso obxectivo é seguir ofrecendo estas actividades gratuitas de dinamización para aquelas persoas que se anotan aos cursos, polo que para o mes de abril xa temos pensado outro de iniciación á natación sincronizada”, adianta Carlos Amado. Ademais, para seguir fomentando a chegada de novos socios, cada novo aboado durante o mes de marzo recibirá un kit de material deportivo de agasallo (composto por gorro de baño, gafas e chanclas).

Así mesmo, cada socio que se inscriba nun curso recibirá de regalo un vale de compra de 30 euros para mercar no comercio local de Brión. Trátase da continuación da campaña posta en marcha o pasado mes de xaneito pola piscina municipal de Brión, en colaboración con dez locais brioneses, e que xa permitiu o reparto de vales de compra por valor de 2.000 euros.

Os comercios que participan neste convenio de colaboración coa piscina municipal son: Restaurante Casa Filiberto, Mesón-Asador Abelleira, Hotel Gastronómico Casa Rosalía, Adegas Santa Minia, Bebiños Puericultura, Solpor Deportes, Súper Couso, Comercio Rivas, Carnicería Blanco e Farmacia Eva Núñez.

Oroso – curso de horta ecolóxica

O CENTRO CULTURAL DE SIGÜEIRO ACOLLE HOXE VENRES A PRESENTACIÓN DO CURSO DE HORTA ECOLÓXICA, NO QUE AÍNDA É POSIBLE ANOTARSE

Juan Gaiteiro, da Asocación Cultural Mourisca, explicará aos asistentes os obxectivos desta iniciativa

08 de febreiro de 2012.- O auditorio do centro cultural de Sigüeiro acollerá mañá venres 9 de marzo, ás 20:30 horas, unha presentación dos obxectivos do obradoiro de Horta Ecolóxica, que organiza a Asociación Cultural Mourisca en colaboración co Concello de Oroso. A asistencia é totalmente libre e de balde.

A charla será impartida por Juan Gaiteiro, director do curso, que explicará as materias e as prácticas previstas durante os sábados dos vindeiros doce meses. “Queremos facer un curso moi completo, con moitas horas prácticas. Teremos unha parcela onde cada alumno disporá dun espazo para facer prácticas con vinte especies de cultivo, para que coñezan as prantas e os sistemas de prantación e de coidado das mesmas, e tamén ensinaremos a cultivar grandes superficies con trigo, centeo, pataca ou millo”.

O curso de Horta Ecolóxica está dirixido a maiores de 16 anos, que aínda poden inscribirse no centro cultural de Sigüeiro ou no 981 69 09 03. O prezo da matrícula é de 15 euros, con doce mensualidades de 30 euros, para os veciños e veciñas empadroados en Oroso.

Ames – manifesto 8 de marzo día da muller traballadora

Manifesto institucional do Concello de Ames con motivo da conmemoración do día 8 de Marzo de 2012

Neste día 8 de marzo de 2012, Día Internacional das Mulleres, desde o Concello de Ames queremos manifestarnos pola Igualdade real de oportunidades entre homes e mulleres.

Na actualidade, a taxa de actividade feminina é quince puntos inferior á masculina, e perciben un salario anual entorno a un 22% menor que ao dos homes por traballo de igual valor. Súmase tamén a isto o drama do desemprego, con máis de 2 millóns de mulleres que queren traballar e non poden, e as dificultades de conciliación entre a vida familiar, laboral e persoal.

Desde fai tempo as mulleres son maioría nas Universidades, e as que obteñen os mellores resultados en todos os niveis educativos, estudan máis e mellor, porén atopan máis dificultades para o seu acceso ó emprego, para a súa permanencia, e tamén para a súa promoción.

Pero non debemos desalentarnos, xa que cada unha das estadísticas é un motivo para seguir traballando. A igualdade de oportunidades é un elemento clave para relanzar a economía e que saiamos desta crise. Existe unha correlación entre a Igualdade, desenrolo e competitividade. Os países nos que as cotas de igualdade son maiores, tamén son os máis competitivos. Para mellorar isto debemos facer un maior esforzo para incorporar a un maior número de mulleres no mercado laboral, e facelo de xeito que dispoñan das mesmas oportunidades que os homes, en canto a diversificación e promoción profesional e se lles remunere de igual maneira, xa que é indiscutible que a igualdade entre mulleres e homes ten un impacto positivo no crecemento económico.

Tamén a conciliación é determinante na carreira profesional de calquera persoa, sobre todo no caso da muller, que sofre unha sobrecarga desta responsabilidade en relación co home, o que afecta a que en moitos casos deba limitar a súa proxección profesional por razón familiares. Polo que se debe continuar apostando por políticas que garantan este dereito á conciliación e propor novas medidas tendentes a favorecelo.

Desde a Administración local de Ames seguiremos traballando para promover a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres, e remover os obstáculos e estereotipos sexistas que impidan alcanzala, así, logo do I Plan de Igualdade de oportunidades entre homes e mulleres do Concello de Ames, neste ano 2012 comezamos a traballar no II Plan, adquirindo o compromiso de seguir executando e mellorando unha política integral que implique a todas as áreas de xestión municipal na consecución do principio de igualdade.

É preciso pois, que se continúen adicando esforzos a avanzar e reforzar conquistas adquiridas e seguir impulsando actuacións que fagan efectivo o dereito a decidir, a protección eficaz fronte á violencia de xénero, a igualdade no emprego, a igualdade salarial e o dereito á conciliación, en definitiva, á igualdade de oportunidade efectiva entre mulleres e homes en todos os ámbitos da vida.

Santiago – axenda xoves 8 de marzo e actuacións da policía local

Xoves 8

10.30 e 12.00 h

No Teatro Principal, Concerto Didáctico 'O metal e as súas cores', unha produción da Fundación La Caixa enmarcada dentro da programación didáctica da concellería de Cultura.

11.00 h

Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reúnese co rexedor da Estrada, José López Campos.

12.00 h

No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, e de Quico Cadaval para presentar 'Zona portuaria' que Cadaval presenta no Principal o venres 9 dentro do ciclo Falabaratos.

12.30 h

No Centro Sociocomunitario da Porta do Camiño, a concelleira de Familia, Benestar Social e Muller, Paula Prado, participa no acto conmemorativo do Día da Muller coas usuarias do centro, organizado polo Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte.

19.30 h

Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, preside o acto de homenaxe e recoñecemento a Victoria Seoane López, fundadora de Ultramarinos Victoria; a Mª del Carmen Ferreira Campos, fundadora da firma Maika Peluqueros; e a Ana Serra García, empresaria artesá e fundadora de Medialúa, con motivo do Día Internacional da Muller.

21.00 h

Ciclo de Piano Ángel Brage

No Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste ao concerto de Ingolf Wunder dentro do ciclo de piano Ángel Brage enmarcado na programación de abono. [Chopin]

SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL

(Desde as 08:00 h. do día 07 ata as 08:00 h. do día 08 de marzo).

ACCIDENTES

Nas últimas 24 horas, o Equipo de Atestados da Policía Local rexistrou DOUS accidentes con danos materiais na cidade.

- Ás 09.50 horas, na intersección Alfredo Brañas con República Arxentina, entre dous vehículos.

- Ás 18.45 horas, no Viaduto da Rocha, consistente en saída de vía.

CONTROIS

- Realizáronse controis de horarios de peche de varios locais e controis de dobre fila e paradas de bus.

- Identifícase e instrúense dilixencias a unha persoa que foi sorprendida cando se atopaba causando danos de maneira intencionada en diversos vehículos na rúa Pelamios.

AUXILIOS

Trasládase ao seu domicilio a unha persoa que se atopaba tirada na rúa en estado de embriaguez.

PP Oroso – crítica sobre o recorte en servicios sociais

image

image

BNG Ames – nos próximos días elixirase consello e responsable local

Os máis de 50 militantes nacionalistas en Ames seguirán a traballar polos veciños e veciñas da localidade

O BNG de Ames elixirá Consello e Responsábel local nos vindeiros días

Ames, 07/marzo/2012.- O Consello Local de Ames decidiu convocar Asemblea Local para que os militantes elixan o novo Consello Local así como Responsábel e Vicerresponsábel da localidade. Nesta Asemblea, composta na actualidade por máis de 50 militantes, logo das renuncias feitas públicas, completarase así o proceso derivado da XIII Asemblea Nacional do BNG, logo de ter elixido xa representantes nacionais e comarcais.

Así mesmo, o Consello Local avaliou a situación política en Ames, que tamén será obxecto de debate na Asemblea Local. O BNG de Ames considera que o recente abandono desta formación política dos concelleiros e concelleiras electos logo de integraren a lista do BNG nas últimas eleccións municipais, mais coa intención manifesta de manteren a súa condición de membros na corporación municipal, constitúe un acto de transfuguismo político en toda regra. Por iso, a dirección do BNG xa solicitou a devolución das actas de concelleiro, e no caso de que non se produza dita entrega, procederá a comunicar esta circunstancia ao concello de Ames, aos efectos de adecuar o seu estatus na corporación municipal, aplicando a normativa vixente en materia de réxime local, que recolle normativamente os acordos políticos asinados pola maioría de forzas políticas representativas para atallar o transfuguismo político.

O BNG vén desenvolvendo unha actividade política sostida e continuada no concello de Ames durante case dúas décadas, en base ao apoio obtido dunha parte representativa da súa cidadanía. Nos dous últimos procesos electorais celebrados en 2011, o BNG foi depositario da confianza de máis de 2.000 veciños e veciñas de Ames, aos que seguiremos a defender e representar en todas as institucións. Ademais, queremos manifestar publicamente a nosa vontade de manter canles de comunicación, información e colaboración con todas as asociacións e entidades representativas do concello de Ames, a fin de escoitar as súas xustas demandas e reivindicacións e ser instrumento para que as mesmas sexan debatidas nos foros institucionais axeitados.

En momentos tan críticos para unha parte importante da nosa poboación en Ames, o que realmente importa ao BNG é mudar as políticas nefastas e regresivas que se están adoptando e que incrementan actual devalar negativo da economía e o emprego. O afán en superar ditas políticas, é o que nos manterá vivo ao BNG en Ames. O ánimo de contribuír a que a maioría social de Ames mellore a súa situación económica e social manteranos firmes e visíbeis á hora de seguir representando tanto ás persoas que nos confiaron xa o seu apoio como a todas aquelas que coinciden na necesidade de manter un nacionalismo unido e activo na capital do val da Maía.

Varios concellos – actos do Día da muller traballadora

CERCEDA, MESÍA, OROSO E TRAZO CELEBRAN MAÑÁ XOVES ACTOS CONMEMORATIVOS DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Ordes e Frades uniranse ás celebracións este venres cunha charla informativa sobre a reforma laboral e un vídeo-fórum

7 de marzo de 2012.- Cerceda, Mesía, Oroso e Trazo abrirán mañá xoves o programa de actos conmemorativos do Día Internacional da Muller Traballadora, organizados polos Concellos da comarca ordense en colaboración con Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade. Unhas iniciativas de asistencia libre e totalmente de balde.

Uns actos que xirarán non só sobre os dereitos das mulleres e sobre a súa situación laboral, senón tamén chamarán a atención sobre as desigualdades salariais entre homes e mulleres. “En España, as mulleres perciben un salario anual medio dun 22% menos que os homes. Debemos tomar as medidas necesarias para eliminar esa fenda, garantindo salarios iguais para postos do mesmo valor”, explica o presidente da Mancomunidade, Manuel Regos Boquete.

Actos previstos mañá xoves

O Concello de Mesía acollerá o primeiro destes actos: unha xornada informativa sobre “Mulleres: formación e emprego”, que será impartida por Luis Baneira, secretario xeral da Comisión Executiva Provincial FSP-UXT da Coruña. O acto terá lugar na casa da Cultura de Mesía a partir das 16:30 horas e contará coa participación de persoal do CIM, que presentará esta entidade como recurso de información e asesoramento á muller na comarca de Ordes. Ademais, o Concello de Mesía ten programadas tamén outras actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora e que terán lugar ao longo de todo o mes (como clases de ioga e de punto) así como unha saída cultural para o vindeiro 23 de marzo.

Dúas horas e media máis tarde, concretamente ás 19:00 horas, Luis Baneira trasladarase ata a casa da cultura de Cerceda para impartir outra conferencia, nesta ocasión sobre “Os dereitos das mulleres”, na que contará co apoio de técnicos e concelleiros do Concello de Cerceda. Ao igual ca en Mesía, técnicos do CIM presentarán esta entidade aos veciños e veciñas de Cerceda presentes. Ademais, o Concello de Cerceda ten prevista a emisión dun programa especial sobre o Día Internacional da Muller Traballadora na televisión e na radio de Cerceda.

Paralelamente, o centro cultural de Sigüeiro (Oroso) acollerá a partir das 19:30 horas tres actos conmemorativos do Día Internacional da Muller Traballadora. A concelleira da Muller, María del Carmen Liste Raña, presentará un boletín con información especialmente útil para as mulleres de Oroso e moderará unha xornada informativa sobre a situación laboral da muller en Galicia e sobre as desigualdades salariais entre homes e mulleres, impartida pola axente de emprego e desenvolvemento local de Oroso, Rosa María Ramírez Campos.

Acto seguido, a directora do Centro de Información á Muller, Nazaret González Martínez, presentará os servizos que ofrece o CIM a prol da igualdade de oportunidades. Unha vez rematadas ambas ponencias, María del Carmen Liste fará entrega dos premios da segunda edición do concurso de fotografía “Muller traballadora”, á que este ano se presentaron un total de quince veciñas.

Esta xornada conmemorativa rematará en Trazo, onde entre as 20:00 e as 22:00 horas terá lugar unha xornada informativa sobre “Ansiedade e trastornos psicosomáticos”, impartido por persoal do CIM de Ordes na primeira pranta do Concello vello. Neste caso, as prazas xa cubertas, se ben aínda quedan prazas para a segunda charla, “A cotitularidade das explotacións agrarias e a nova regulación do servizo doméstico”, que terá lugar o vindeiro 13 de marzo.

Actos para o venres

Para o venres están programadas actividades nos concellos de Frades e Ordes. Así, o multiusos José Botana de Frades acollerá ás 16:00 horas un vídeo-fórum coa proxección da película “En tierra de hombres”, un filme dirixido pola neozelandesa Niki Caro e protagonizado por Charlize Theron que narra a vida dunha nai solteira que regresa ao seu pobo natal e busca traballo nas minas de ferro, un sector dominado polos homes. A asistencia á proxección é totalmente libre e de balde. Ao rematar a emisión, establecerase un debate moderado por persoal do CIM de Ordes.

Por último, o auditorio da Casa da Cultura de Ordes acollerá ás 20:00 horas a xornada informativa “A reforma laboral, principais cambios que afectan aos dereitos e deberes dos/as traballadores/as e a nova regulación do servizo doméstico”, impartida por Luis Baneira, secretario xeral da Comisión Executiva Provincial FSP-UXT da Coruña e organizada polo Concello de Ordes en colaboración co CIM. A entrada é libre e de balde.

Oroso – actos do Día da muller traballadora

SIGÜEIRO ACOLLE HOXE XOVES UN ACTO SOBRE A SITUACIÓN LABORAL DA MULLER E A PRESENTACIÓN DUN BOLETÍN INFORMATIVO SOBRE A MULLER

O Concello de Oroso entregará os premios do segundo concurso de fotografía “Muller traballadora”, na que participaron 15 veciñas

07 de marzo de 2012.- O Concello de Oroso conmemorará hoxe xoves 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, cunha serie de actividades: unha charla informativa, a presentación dun boletín informativo local sobre a muller e a entrega dos premios do concurso de fotografía “Muller Traballadora”. O centro cultural de Sigüeiro acollerá, a partir das 19:30 horas, estas dúas iniciativas, organizadas polo Concello de Oroso e que contan coa colaboración do Centro de Información á Muller da Mancomunidade de Ordes. A entrada en ambos casos é libre e de balde.

A concelleira da Muller, María del Carmen Liste Raña, será a encargada de presentar e moderar esta xornada, “na que presentaremos un boletín con información especialmente útil para as mulleres de Oroso, centrándonos nos recursos que están á súa disposición, sobre todo en materia laboral. Un boletín que pretendemos publicar dun xeito periódico”. Un boletín cuxo primeiro número será entregado hoxe xoves e que servirá de complemento ás charlas que se ofrecerán no centro cultural de Sigüeiro.

Así, a axente de emprego e desenvolvemento local de Oroso, Rosa María Ramírez Campos, falará sobre a situación laboral da muller en Galicia e sobre as desigualdades salariais entre homes e mulleres. De feito, os últimos datos indican que en España as mulleres cobran un 22% menos que os homes polo mesmo traballo. Acto seguido, a directora do Centro de Información á Muller, Nazaret González Martínez, fará unha presentación dos servizos que ofrece esta entidade da Mancomunidade de Ordes para garantir a igualdade de oportunidades.

Concurso de fotografía

Unha vez rematadas ambas ponencias, María del Carmen Liste fará entrega dos premios da segunda edición do concurso de fotografía “Muller traballadora”, á que este ano se presentaron un total de quince veciñas. Uns traballos fotográficos que reflicten o traballo das mulleres, en calqueira eido e que poderán contemplarse no auditorio do centro cultural de Sigüeiro. O Concello de Oroso entregará tres premios: 250 euros para a fotografía gañadora, así como 150 e 100 euros para o segundo e o terceiro clasificados.

Na primeira edición, o premio recaeu en Ana Vanessa Gende Fieira, veciña de Santa Cruz de Montaos (Ordes), coa obra “Oito décadas de traballo”. O segundo posto foi para Marcos Fernández Blanco, de Santiago de Compostela, coa obra “Control diario”. E o terceiro posto foi para María Nova Rodríguez, de Oroso, con “Y al llegar a casa sigues trabajando”.