Oroso - éxito da obra de teatro afeccionado "Non é a típica obra clásica"



MÁIS DE MEDIO CENTO DE VECIÑOS E VECIÑAS DE OROSO DISFRUTARON DE “NON É A TÍPICA OBRA CLÁSICA”, POSTA EN ESCEA POLO GRUPO DE TEATRO AFECCIONADO DE ORDES 
Máis de medio cento de veciños e veciñas de Oroso disfrutaron na noite de onte dunha sesión de teatro protagonizada polos once actores integrantes do Grupo de Teatro Afeccionado de Ordes, que representaron no centro cultural de Sigüeiro a súa obra “Non é a típica obra clásica”. Nenos e maiores disfrutaron desta simpática comedia programada polo Concello de Oroso dentro das súas Festas de Nadal.
Escrita por Pablo Meijide Santos e Eva Fernández Veiras, “Non é a típica obra clásica” recrea as peripecias dun rei medieval que tenta casar ao seu príncipe herdeiro cunha rica princesa, coa intención de que o seu reino non sucumba á decadencia máis absoluta. Unha obra que xa foi representada hai meses en Ordes e que tamén rexistrara gran éxito de público.

Ningún comentario: