Ames Novo / Psoe Ames - a oposición de Ames califica de fracaso os campamentos de verán

A OPOSICIÓN DE AMES CUALIFICA DE FRACASO A CAMPAÑA DE CAMPAMENTOS DE VERÁN DO CONCELLO DE AMES, QUE SE ENCARECERON NUN 
56% E TIVERON UN 25% MENOS DE PARTICIPANTES

PSOE e Ames Novo denuncian que, coa suba xeralizada de prezos, Santiago Amor deixou sen campamentos a máis dun cento de rapaces e rapazas de Ames

Santiago - horarios de inverno dos autobuses urbáns

NOVOS HORARIOS DE INVERNO NO TRANSPORTE URBANO 
A tempada de inverno comezará o vindeiro 10 de setembro

Axenda sábado 8 - Santiago, Oroso, Ordes, Centro Transfusión

Santiago 

Sábado 8

12.30 h
No Centro de Proxecto Home en Santiago (rúa Cottolengo, 2), o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á XXI Festa de Solidariedade.

19.15 h
No mosteiro de Belvís, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste aos actos con motivo da festividade da Virxe do Portal.

Psoe Ordes - Xesús Pedreira di que o PP segue a atribuirse obras feitas polo bipartito

XESÚS PEDREIRA: “SE MARTÍNEZ SANJURJO FALARA COS SEUS ANTECESORES COMPROBARÍA QUE O PP DE ORDES PUXO TODAS AS TRABAS POSIBLES Á ROLDA LESTE” 

O concelleiro socialista rexeita entrar na estratexia do insulto persoal adoptada polos populares ordenses, “que semellan moi nerviosos ante a perspectiva de perder a Xunta” 

Silleda - o empresario Avelino Ramos dona 200000 euros para unha residencia de maiores

Un empresario dona 200.000 euros para a construcción dunha residencia de maiores en Silleda 
A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, e a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Dolores García, deron a coñecer hoxe a iniciativa, e agradeceron a Avelino Ramos López a súa “importantísima aportación”

Melide - aprobado o orzamento para o arranxo integral da piscina

O Concello de Melide aprobou en Xunta de Goberno local un orzamento de 151.700,00 € para o arranxo integral da Piscina Municipal. 

Silleda - mañán celébrase a xornada de exaltación "Trasdeza, o pan que arrecende"

Centos de persoas participarán mañán domingo en Rellas na xornada ‘Trasdeza, o pan que arrecende’
A sesión de exaltación do pan de Silleda contará cunha recreación da malla, de oficios tradicionais, degustación de produtos e un xantar popular por 12 euros
A cita está organizada pola Concellería de Cultura e Turismo en colaboración coa asociación de veciños Guadalupe de Rellas, a asociación de Mulleres Rurais San Martiño e as 7 panaderías do municipio, entre outros

Ordes - programa deportivo e cultural 2012 - 2013

O Concello de Ordes presenta o seu programa Educativo, deportivo e cultural 2012-13 
Decenas de actividades conforman este plan lúdico e didáctico dirixido a todos os colectivos presentes no municipio

Ames - a brigada de obras preparou os colexios para o inicio do curso

A brigada de obras estivo acondicionando os centros de ensino amienses antes do comezo do curso escolar
Trátase de traballos que na maioría dos casos son de mantemento das instalacións dos colexios, pero que son necesarios para o correcto funcionamento destes centros de ensino que comezan a súa actividade o vindeiro mércores 12 de setembro.

Ordes - inaugúrase a mostra Áreas mariñas protexidas

O Concello de Ordes albergará ata finais de mes a mostra ‘Áreas mariñas protexidas’ 

Ademais de paneis os visistantes dispoñen tamén dunha área audiovisual 

BNG A Estrada - o informe do concello permite bonificacións ou a revogación nos recibos dos veciños de Lagartóns

O informe do concello indica que a revogación pode facela a Deputación de Pontevedra

“É incríbel que o PP conceda unha amnistía fiscal para os defraudadores á facenda pública e non sexa quen de aplicar unha bonificación ou unha revogación a un cento de veciños e veciñas de Lagartóns”

Brión - perto de 300 ciclistas participan mañán na ruta solidaria polo Tambre

UNS 300 CICLISTAS PARTICIPARÁN ESTE DOMINGO EN BRIÓN NA RUTA SOCIAL EN BICICLETA RÍO TAMBRE 
A iniciativa organizada pola asociación “O Esquío no Piñeiro” inclúe unha recollida solidaria de alimentos 

Melide - o concello formará a 15 desempregados

O Concello de Melide formará a 15 desempregados/as a través da Conselleria de Traballo e Benestar.

A Dirección Xeral de Formación e Colocación da Xunta de Galicia ven de aprobar a solicitude que o Concello de Melide executou dun curso para desempregados sobre actividades de tempo libre que contará cunha carga lectiva de 328 horas durante tres meses dirixido a persoas desempregadas.

Silleda - solicitude de obradoiro medioambiental

Silleda solicitará un obradoiro ecoambiental á Consellería de Traballo, con dúas especialidades
Serían de carpintería e xardineiría, cada un con 15 alumnos-as/traballadores-as
Entre as actuacións propostas figuran a dotación dun invernadoiro municipal, adecentamentos de zonas verdes ou a contrucción de sinais de madeira

Ames - novos cursos da aula CEMIT este mes

A Aula CeMIT do Concello de Ames organiza dous cursos durante o mes de setembro

No primeiro obradoiro os usuarios/as coñecerán máis polo miúdo como traballar cunha folla de cálculo, no segundo curso os participantes aprenderán a realizar trámites electrónicos.

Silleda - o concello inicia a xestión da Escola de Fútbol

A Escola de Fútbol inicia unha nova etapa baixo a tutela do Concello de Silleda

A entidade buscará novas vías de financiamento coa organización de torneos, patrocinios e outras actividades 

Oroso - ICampionato de Equitación "Doma de Oroso"

O CLUBE HÍPICO AMAZONAS E CABALEIROS DE OROSO CELEBRA ESTA FIN DE SEMANA O I CAMPIONATO DE EQUITACIÓN “DOMA DE OROSO” 2012 EN PORTO AVIEIRA
Será o primeiro concurso social que organiza este clube e contará coa participación de dez xinetes e de Marina Buján Prévot, unha das xuices máis prestixiosas deste deporte

Axenda venres 7 - Santiago, Silleda, Centro transfusión

Santiago


Venres 7

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG, Elvira Cienfuegos, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía, Reyes Leis, e dos representantes da Asociación Club Emprende MAS, Román Iglesias e Natalia Gómez, para presentar o seminario dirixido a emprendedores “Ata onde queres chegar?”.

Fundación Araguaney - aberto o prazo de inscrición para participar coma voluntario en Amal

Apúntate como voluntario no Festival Internacional de cine Euroárabe Amal

Afeccionados ao xornalismo, aos idiomas, ás relacións públicas, edición de audio e vídeo, animación, e a internet ou á informática… ou simplemente ter ganas de pasar unha semana divertida.
Con dispoñibilidade total ou parcial a semana do 14 ao 20 de Outubro

Axenda - Santiago, tráfico, Ordes, Silleda, Centro Transfusión

Santiago
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, para presentar a Semana Cultural de Conxo.

Psoe Ordes - o PP minte o atribuirse obras feitas polo goberno bipartito

XESÚS PEDREIRA: “O PP DE ORDES TRATA DE ENGANAR AOS VECIÑOS ATRIBUÍNDOSE OBRAS DA XUNTA BIPARTITA AO SABER QUE NON PODE PRESENTAR OBRAS PROPIAS”

Ordes . o censo electoral pode consultarse de forma informática

O Concello de Ordes facilita a consulta electrónica do seu censo electoral de cara aos comicios autonómicos de outubro
Ata o próximo 10 de setembro poderán comprobarse os datos dos españois residentes en territorio nacional e no extranxeiro a través dun equipo informático instalado no primeiro andar da casa consistorial

Ames - II Noite de cine e Repostería organizada pola asociación Riamontes nas Tres Aldeas

A Asociación de Veciños de Riamontes organiza este próximo domingo, 9 de setembro, a II Noite de Cine e Repostería nas Tres Aldeas Haberá un concurso de repostería no que poden participar todas aquelas persoas que así o desexen, pero terán que inscribirse antes do venres 7 de setembro.

Oroso - construcción dunha pista multideportiva no paseo do Carboeiro en Sigüeiro

O CONCELLO DE OROSO INVISTE CASE 65.000 EUROS NA CONSTRUCIÓN DUNHA GRAN PISTA MULTIDEPORTE NO PASEO DO CARBOEIRO EN SIGÜEIRO

A nova pista, que estará rematada a finais de setembro, contará co equipamento preciso para a práctica de futbito, baloncesto e tenis 

Silleda - comeza a segunda fase do programa de formación Aurora

Comeza a segunda fase do programa Aurora, que incluirá formación e prácticas en empresas 
A concelleira de Emprego, Margarita Campos, acudiu hoxe á presentación do ciclo, que comezou con 20 alumnas

Ordes - exposición de oleos de Silvia Fraga na biblioteca municipal

A artista Silvia Pedreira Fraga expón os seus óleos na biblioteca municipal de Ordes

Ames - comeza o curso nas escolas infantís

Un total de 305 nenos e nenas comezan un novo curso nas escolas infantís de Ames

No mes de xaneiro deste ano, o pleno amiense aprobou por unanimidade o último trámite de cesión dunha parcela de 3.389 metros cadrados, que se atopa situada no contorno do Rego dos Pasos Sur (IV), para a construción dunha segunda escola de educación infantil en Bertamiráns.

Tordoia - excursión da terceira idade o Barbanza

UN TOTAL DE 300 PERSOAS VIAXARON AO BARBANZA NA EXCURSIÓN DA TERCEIRA IDADE PROMOVIDA POLO CONCELLO DE TORDOIA

A excursión promovida polo Concello de Tordoia para os seus veciños da terceira idade rematou o pasado venres coa última quenda de maiores que viaxaron á comarca do Barbanza. En total, foron 300 veciños e veciñas do Concello de Tordoia maiores de 65 anos os que tiveron a oportunidade de achegarse ata as paisaxes e a natureza desta parte da costa galega. 

Fundación Araguaney - concerto de Jazz en Porto do Son da vocalista francesa Coralie Yap

Concerto de Coralie Yap Chine Quintet en Porto do Son para abrir o Ciclo Ghazal

A vocalista francesa Coralie Yap Chine actuará mañán venres, 7 de Setembro, no marco das festas patronais de Porto do Son. Será un concerto de jazz e improvisación, organizado pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas en colaboración co AGADIC (Axencia Galega de Industrias Culturais) e que forma parte do Ciclo de música Ghazal.

Axenda - Santiago, Tráfico, Centro Transfusión


10.00 h
No Departamento de Servizos Sociais (Isaac Díaz Pardo, 2-4), a concelleira de Familia e Benestar Social, Paula Prado, reúnese coa coordinadora de equipo da Fundación Secretariado Xitano, Isabel Suárez.

PSOE Ordes - os socialistas presentarán alegacións a reapertura da Canteira de Leira

OS SOCIALISTAS PRESENTARÁN ALEGACIÓNS Á REAPERTURA DA CANTEIRA DE LEIRA PARA NON MERMAR A CALIDADE DA AUGA POTABLE DOS VECIÑOS DE ORDES

Xesús Pedreira lembra que “sería perxudicial para os veciños de Leira e para a calidade de auga que consumen os veciños de Ordes”

Silleda - o concelleiro de deportes califica de "pateticas" as declaracións do PP sobre o peche da piscina

Klaus Brey califica de “patéticas” as críticas do Partido Popular sobre as piscinas
O concelleiro de Deportes pregúntase se para o señor Espiño os veciños da Bandeira son máis importantes que os de Silleda 
Descoñece “de onde saca a oposición que as piscinas estiveran 17 días pechadas”, salvo que “o goberno municipal teña tamén a culpa de que chovera algún día”

Teo - aberto o prazo para inscribirse na liga de Fútbol Sala e solicitar o uso dos pabellóns

Ábrese o prazo para inscribirse na XV Liga de Fútbol Sala e para solicitar os pavillóns municipais

Os equipos que desexen participar na XV Liga de Fútbol Sala Concello de Teo teñen de prazo ata o vindeiro 28 de setembro para formalizar a inscrición nesta competición.

Oroso - as obras de acceso os polígonos reatanse nos próximos días

AS OBRAS DE MELLORA DO ACCESO AOS POLÍGONOS EMPRESARIAIS DE SIGÜEIRO E OROSO PEQUENO REMATARANSE NOS VINDEIROS DÍAS

As obras retrasáronse varias semanas debido a un erro nos planos da Compañía Loxística de Hidrocarburos (CLH) 

Esquio no Piñeiro - último día para anotarse na ruta ciclista social polo Tambre

ÚLTIMAS PRAZAS PARA PARTICIPAR ESTE DOMINGO 
9 DE SETEMBRO NA RUTA SOCIAL EN BICICLETA RÍO TAMBRE, ORGANIZADA POR “O ESQUÍO NO PIÑEIRO” 

Ames - ata o luns está exposto o censo electoral

A exposición do censo electoral remata o 10 de setembro
Para poder realizar unha consulta ou reclamación hai que achegar o DNI, o Pasaporte ou o Permiso de Conducir. O teléfono de consulta da Oficina do Censo Electoral é o 901 101 900.

Silleda - novo roteiro circular de senderismo no entorno do Mosteiro de Carboeiro

O mosteiro de Carboeiro e o seu entorno
contan cun roteiro de sendeirismo circular 

A Concellaría de Turismo sinaliza o percorrido, de 1,9 kilómetros, que combina o aliciente paisíxistico e natural cos patrimonio artístico-cultural

Axenda - Santiago, Tráfico, Silleda, Centro de Transfusión

Santiago


9.00 h No Salón Verde, reunión da Comisión Especial de Contas. 

Corte de tráfico na rúa Xeneral Pardiñas

Con motivo de obras de reparación na calzada, a rúa Xeneral Pardiñas permanecerá cortada ao tráfico mañá martes, 4 de setembro, entre as 9:00 e as 13:00 horas, no tramo comprendido entre as rúas Montero Ríos e Carreira do Conde.

Silleda - IMPORTANTE a visita da unidade da Fundación da Construcción trasladase o xoves e venres

Silleda, punto de referencia na formación
no sector da construcción
Unha unidade móbil da Fundación Laboral da Construcción informará o xoves e venres a empresas e particulares de toda a comarca do Deza

Ordes - prazo de solicitudes de axuda o transporte e material escolar

O Concello de Ordes concederá 20.000 euros en axudas á adquisición de material didáctico e transporte escolar 

O prazo de presentación das solicitudes rematará o 11 de outubro

Ames - implantación da segunda fase da administración electrónica

Coa implantación da segunda fase da administración electrónica vaise a desenvolver un proceso de xestión documental a través do cal se van implantar arredor de 35 procedementos administrativos telemáticos

Ordes - prazo para solicitar axudas as actividades culturáis e deportivas

O Concello de Ordes abre o prazo para solicitar as subvencións de actividades culturais e deportivas

Este ano a cuantía das axudas ascende a 12.000 euros. Os interesados terán ata o 11 de outubro para presentar a documentación requerida

Oroso - o concello convoca catro cursos en novas tecnoloxías

O CONCELLO DE OROSO PROMOVE CATRO CURSOS DE FORMACIÓN GRATUITOS EN NOVAS TECNOLOXÍAS NO MARCO DA AULA DE FORMACIÓN EDUCAOROSO

Haberá 15 prazas por curso, para o que é preciso reservar posto na Aula de Formación EducaOroso ou no CeMit

Ordes - ata o xoves está aberta a inscrición para un curso de socorrista en instalacións acuaticas

Ordes acollerá ata o mes de decembro un curso de socorrista en instalacións acuáticas de 400 horas

Brión - máis de 500 participantes na XXIV Festa dos Vellos

UNS 580 VECIÑOS PARTICIPARON  NA XXIV FESTA DOS VELLOS DE BRIÓN

03 de setembro de 2012. Uns 580 veciños e veciñas de Brión, entre maiores de 65 anos e acompañantes, participaron este domingo na XXIV Festa dos Vellos de Brión. Unha celebración que tivo lugar no pavillón polideportivo de Pedrouzos e na que os brioneses asistiron a unha misa, cantada pola coral de Padrón, e disfrutaron dun xantar de confraternidade.

Axenda - Santiago, cortes tráfico, Silleda, Centro Transfusión

SANTIAGO

12.30 h
O alcalde compostelán, Ángel Currás, visita a rúa Virxe Branca (Castiñeiriño) xunto coa concelleira de Urbanismo, María Pardo, e veciños da zona. Punto de encontro: igrexa do Castiñeiriño.

BNG A Estrada - as queixas pola suba da contribución duplican as do ano pasado

O BNG xa ten constancia de máis dunha ducia de queixas por mor da subida da contribución, que se multiplica por dous a respecto de 2011

“Subida do IBI, subida do IVE, subida do prezo da auga,... moitos veciños e veciñas vivirán un auténtico drama familiar para afrontar os pagos nos próximos meses”

Teo - periodo de exposición do censo electoral


O CONCELLO INFORMA QUE O PERÍODO DE EXPOSICIÓN DO CENSO ELECTORAL SERÁ ATA 10 DE SETEMBRO
Destácase a importancia de revisión dos datos debido á numeración e novo rueiro establecido en Teo nos últimos anos

Silleda - aberto prazo de inscrición para un curso sobre planificación de actividades de ocio

A Concellería de Xuventude celebrará un curso sobre Deseño, Planificación e Desenvolvemento de actividades de Ocio, dentro do programa Actívate
A iniciativa, gratuita, está dirixida a mozos e mozas de entre 16 e 35 anos e os interesados poderán anotarse no Rexistro Municipal entre os días 1 e 20 de setembro

Asociación riamontes - aberta a inscripción a noite de cine e repostería


Por segundo ano consecutivo, voltan o cine e a repostería ás Tres Aldeas!!!

A idea partiu da directiva da Asociación de Veciñas e Veciños de Riamontes o ano pasado co afán de facer unha actividade de contido cultural e que ao mesmo tempo fose unha xornada de encontro e convivencia para os habitantes das tres aldeas (Pedrouzos, Vilar e Lamas)

Ordes - dende hoxe abre de novo a biblioteca municipal polas tardes

A biblioteca municipal de Ordes volverá a abrir as súas portas en horario de tarde dende hoxe

Brión - aberto o prazo de inscripcións para as actividades deportivas e culturáis

O CONCELLO DE BRIÓN ABRE HOX O PRAZO DE INSCRICIÓNS PARA AS ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS DE 2012-2013

A programación dará comezo o 1 de outubro e contempla actividades extraescolares para nenos e nenas e diversas propostas para adultos 

Silleda - unha unidade da Fundación laboral da Construcción estará hoxe e mañán no concello

Unha unidade móbil da Fundación Laboral da Construcción en Galicia visitará Silleda hoxe e mañán
Informará a empresas e particulares sobre o sector. Estará situada na avenida do Parque

Frades - máis de 4000 persoas na Romería de Vitre

MÁIS DE 4.000 PERSOAS PARTICIPAN NA ROMARÍA DAS VIRTUDES DE VITRE, QUE RECIBIU A VISITA DO ARCEBISPO JULIÁN BARRIO 
Julián Barrio destacou o labor das restauradoras do retablo da capela e animou a manter a fe porque “donde no está Dios no hay futuro”

Ames - clausura das Bibliopiscinas

Obradoiros e contos para despedir unha nova edición do servizo de Bibliopiscinas

Ames, 31 de agosto de 2012. Este venres pola tarde púxose o punto e final a unha nova edicion do programa de Bibliopiscinas, que se desenvolveu dende o día 2 de xullo na área recreativa de Tapia, de luns a sábado, e nas piscinas municipais descubertas de Bertamiráns e do Milladoiro, de luns a venres.

Ordes - clausurados os cursos de natación

Xogos, competicións e entrega de medallas e diplomas na clausura dos cursos de natación na piscina de Ordes

Teo - aberto o prazo de preinscrición nas escolas deportivas e culturáis


ÁBRESE O PRAZO PARA A PREINSCRICIÓN NAS ESCOLAS DEPORTIVAS E CULTURAIS DO CONCELLO DE TEO

O prazo para preinscribirse remata o 20 de setembro e admisión farase por orde de entrada no Rexistro Xeral do Concello

axenda - cortes de tráfico, Silleda

SANTIAGO - CORTES DE TRAFICO

Corte de tráfico na Costa do Vedor
Con motivo das obras de reparación da rede de abastecemento, quedará cortada ao tráfico a Costa do Vedor, á altura do nº 1, dende o vindeiro luns, 3 de setembro, ata o sábado 8 de setembro. Durante o período de obras permitirase o paso a residentes e garaxes pola avenida Quiroga Palacios. 

BNG A Estrada - a variante non estará construida antes de 10 anos

A Variante é a gran débeda histórica do Estado coa Estrada
O alcalde ten que ser inflexíbel e firme co goberno de Mariano Rajoy para que a Variante sexa unha realidade no prazo de dous ou tres anos

Santiago - os orzamentos do estado contemplan o plan especial do Castela da Rocha

Iniciada a tramitación e redacción do Plan Especial do Parque Arqueolóxico da Rocha

Os orzamentos do Estado para 2012 consignan unha subvención ao Concello de Santiago para o acondicionamento e valorización o Castelo de “A Rocha Forte”, por importe dun millón de euros. Agora acaba de iniciarse a tramitación e redacción o Plan Especial do Parque Arqueolóxico da Rocha.