Amosando publicacións coa etiqueta ROIS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ROIS. Amosar todas as publicacións

"Xente de Rois" organiza unha exposición de dúas fotografas do concello

Rois, 18/08/2016 - Con motivo da III Xornada Solidaria Xente de Rois, desde onte mesmo e ata finais de outubro podese gozar dunha exposición fotográfica de dúas artistas de Rois: Lara Barreiro e Zelta Iglesias. 

Xente de Rois reclama un plan director de obras e mantemento

Rois, 29/06/2016 - Xente de Rois presentou unha moción para debater no Pleno Ordinario de Rois do próximo luns 4 de xullo. Unha moción na que instamos ao equipo de goberno á redacción dun Plan Director de obras e mantemento, consensuado con asociacións de veciños, outras entidades, grupos de persoas implicadas no desenvolvemento do concello e mesmo as diferentes agrupacións políticas.

Queixas veciñais en Rois polo servizo de recollida de lixo

Rois, 14/6/2016 - O actual servizo de recollida de lixo de Rois amosa deficiencias, que veciños puxeron en coñecemento de Xente de Rois en reiteradas ocasións.

Xente de Rois - Demanda de cambio de hora dos plenos

Para incentivar a asistencia dos veciños aos plenos, onte tres agrupacións con representación no concello de Rois, BNG, PSdG e Xente de Rois, rexistraron unha moción para cambiar o día e hora do Pleno Ordinario e Extraordinario. Esta moción será defendida no Pleno Ordinario que se celebrará o próximo 7 de marzo.

O Pleno Ordinario de Rois celébrase actualmente o primeiro luns hábil de cada mes impar ás 09:30 horas. O Pleno Extraordinario, cando convoca Alcadía, polo menos os dous que se realizaron ata o día de hoxe, celébrase á mesma hora que o Ordinario, “un horario, en calquera caso, que non facilita a asistencia dos veciños, xa que coindice en xeral con obrigas laborais e doutro tipo”, declaran as agrupacións asinantes da moción.

Acompañando esta petición presentouse o apoio, con cadansúa sinatura, de 482 persoas maiores de idade censadas en Rois. “Hai que facer todo o posible por facilitarlles a asistencia os veciños, xa que é no Pleno onde se exerce a potestade normativa a nivel local”, apostillan os promotores da moción.

Xente de Rois - as obras no concello suporán un gasto de 16.399,84 euros para as arcas de Rois

No pasado Pleno de setembro o alcalde Ramón Tojo, na quenda de rogos e preguntas, dixo que as obras realizadas recentemente no edificio do concello "non ían costar moito porque temos unha subvención da Xunta".

Segundo a documentación en poder da agrupación de electores Xente de Rois, nunha resolución de alcaldía de 3 de xullo resolveuse aprobar un orzamento para estas obras, en concepto de “Arranxo en cuberta e fachadas exteriores en edificio do concello”, de 48.399,52 euros. As obras foron adxudicadas finalmente noutra resolución de alcaldía o 21 de xullo a Contratas y Construcciones Carrais SL, que, segundo consta nesta segunda resolución, “presentou a oferta máis vantaxosa (a día de hoxe o concelleiro de Xente de Rois non ten documentación con información sobre as diferentes ofertas).

Por outra parte, nunha resolución de alcaldía de 21 de xullo modifícouse un expediente de crédito pola recepción dun ingreso de31.999, 68 euros, con denominación “Transferencia de capital Xunta. Fondo Agrícola de Desenvolvemento Rural 2015”, para o gasto, da mesma cuantía que o ingreso, con denominación “Fondo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Arranxo en cuberta e fachadas en edificio do Concello”.

En resumo, segundo os cálculos da nosa agrupación, as referidas obras suporán un gasto de 16.399,84 euros para as arcas do concello.

Así as cousas, desde Xente de Rois insistimos na necesidade de fomentar unha maior información pública en todos os sentidos, e especialmente na xestión dos cartos públicos.

Xente de Rois - A Conselleria faltou a palabra dada en xuño sobre o CPI Os Dices

Educación imcumpriu o acordo ao que chegou, nunha reunión o día 10 de xuño, Indalecio Cabana, Xefe Territorial da Coruña, con representantes de pais e nais e membros do claustro de profesores do CPPI Os Dices, coa presenza do alcalde Ramón Tojo. Nesa reunión acordouse ampliar as liñas de transporte e garantiuse o servizo de comedor no centro non só como xa estaba establecido, senón que se afirmou que non había problema en amplialo a cinco días á semana sempre que se respectase o número máximo de comensais que ten asignado o centro.

A día de hoxe o funcionamento do centro é ben distinto: este mes de setembro, como pasará tamén en xuño, non hai comedor ningún día cando antes había cada día. E durante o resto dos meses, segundo orde emitida por Educación, só haberá comedor cando o alumnado teña clase pola tarde, ou sexa, na ESO un día á semana e, en Infantil e Primaria, dous. Amais, hai que ter en conta que Educación suprimiu o transporte ao mediodía para o alumnado que non queda a comer e, por outra parte, non garantiu praza de comedor aos alumnos que antes eran transportados ao mediodía, coa conseguinte carga para os pais destes alumnos que terían que ir recoller e levar os seus fillos ao centro os días que comesen. 

Por todo o dito, desde Xente de Rois amosamos o noso máis profundo reixetamento pola decisión de Educación, xa que faltou á palabra dada na reunión do 10 de xuño. Diante desta actitude hipócrita, apoiamos calquera acción dos diferentes colectivos integrantes da comunidade educativa de Rois que conleve o restablecemento do acordado na dita reunión. E, por suposto, tamén pedimos a profunda implicación do concello de Rois, rogándolle que, dunha vez por todas, esqueza a súa política de decisións sectarías que, á práctica, supón máis atrancos na resolución de problemas.

Xente de Rois - Sengunda xornada solidaria

A asociación cívica Xente de Rois organiza este venres 11 de setembro, a partir das 18 horas, a segunda xornada solidaria a base de xogos para rapaces, manualidades, talleres de animación e maquillaxe, coa colaboración de Arenaria Coordinación e a cesión de material do concello de Rois. 

A xornada terá lugar nas instalacións preparadas para a ocasión na taberna o Tallón, a carón do Sisto. A finalidade é recadar fondos para material escolar destinado a familias de Rois con nenos que o necesiten. 

Na primeira xornada solidaria conseguiron recadarse uns 400 euros. Estes fondos serán canxeados por cheques para material escolar na libraría Pensamentos de Padrón, que sobre o total recadado engadirá un 10%. Os cheques serán distribuidos polos servizos sociais de Rois. Amais, entre os rapaces participantes sortearanse agasallos cedidos pola xoguetería Tiko Doco e a propia libraría Pensamentos.

Xente de Rois - Mocións de control, participación e mellora da accesibilidade

Xente de Rois presenta 3 mocións encamiñadas a mellora da accesibilidade en distintos locais do concello, o control do traballo das persoas con dedicacións exclusivas o parciais e para por en marcha un reglamento de participación cidadá

Moción reglamento de participación


Instar ao equipo de goberno de Rois á redacción, consensuada con todas as agrupacións políticas e tendo en conta a opinión da veciñanza do noso concello, dun regulamento de participación cidadá, na que as liñas mestres sexan:

-Participación dos veciños nos Plenos mediante entrada en rexistro das súas preguntas, cunha resposta por escrito se fose necesario.

-Reunións periódicas coas asociacións de todo tipo con sede no concello, establecendo mecanismos de participación deste teixido.

-Creación dun consello asesor con representación de cada parroquia, así como un específico de xuventude.


-Itinerancia polas parroquias do Pleno, para facilitar a participación e o coñecemento direto da xente do transcurso das diferentes sesións

Moción sobre control das dedicacións

Polo que fai á alcaldía:
-Instaurar unha axenda pública, na que conste unha franxa horaria de atención ao público.
-Reducir a retribución de maneira proporcional ao que se corresponda ao tempo investido noutras tarefas da administración pública que estean remuneradas, por exemplo, como pasou na lexislatura pasada coa dedicación á Deputación.
-Velar porque a dedicación sexa exclusiva e, en todo caso, non se solape con ningunha outra actividade privada ou pública allea ao labor de alcalde. Neste sentido, estaría ben remarcar que, como é público e notorio, ningún empregado da administración local teña a obriga de ir levar documentación a asinar polo alcalde fóra da casa consistorial, sempre que non sexa de maneira excepcional e nunca a negocios propios de índole privada.

Polo que fai á concellería de obras:
-Instaurar unha axenda pública.
-Dado que o labor desta concellería se solapa en grande medida coa do arquitéctico técnico contratado polo concello, sería conveniente reducir a dedicación da concellería de obras.

Redistribución das cuantía empregadas en dedicacións:
-Tendo en conta todo o exposto, sumando a parte proporcional deducible á dedicación da alcaldía e mais a deducible á concellería de obras, dedicar a cuantía resultante a unha dedicación, na medida que se considere oportuno, a outras concellerías que, ao noso parecer, terían que ser potenciadas neste sentido, nomeadamente a Concellería Educación, Cultura, Xuventude e Deportes e a Concellería de Asuntos Sociais e Emprego.

Moción accesibilidade

Instar ao equipo de gobernode Rois a solicitar, á instancia pertinente, a adecuación e mellora dos accesos de aqueles locais de Rois que o necesiten e nos que se exerce o dereito a voto en todos os comicios. 

Xente de Rois - Impiden o noso candidato entrar nun acto público

Cada 15 de maio no concello de Rois celébranse diversos actos para conmemorar a festa de San Isidro Labrador, como por exemplo o tradicional xantar. Este ano tamén, con xantar no polideportivo de Rois programado para as tres da tarde e un acto previo, previsto para as duas, coa preceptiva presentación, dúas homenaxes e unha entrega de premio.

Pouco antes da dúas, o noso candidato a alcaldía, Pere Tobaruela, personouse no polideportivo para asistir ao acto previo e cal foi a súa sorpresa cando a el, e mais a un grupo de veciños que só quería asistir a este acto sen quedar a comer, foille vetada a entrada por non ter pagado o tiquet para o xantar.

Diante deste feito, desde Xente de Rois queremos denunciar publicamente que se impedise a entrada a un acto público polo feito de non ter adquirido un tiquet para un xantar. Segundo lle manisfestaron a Pere Tobaruela algunhas das personas que intentaron entrar, cando foron a falar coa concelleira de cultura para pedirlle que as deixara pasar que despois marchaban, a edil tratounos dunha maneira bastante incorrecta. En Xente de Rois preguntamos para nós: como se pode impedir o acceso a un acto público? Non sería máis sinxelo organizalo ben e posibilitar que as persoas que só queran ver o acto previo tamén teñan dereito a estar presentes? 

Psoe Rois - Demanda no Parlamento de horarios legais para o CPI de Dices

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, sinalou a situación do CPI dos Dices, en Rois, que incumpre os horarios legais de docencia polos problemas co transporte escolar. Levou á Comisión de Educación unha pregunta oral sobre a situación das familias dos alumnos, que están encerradas no Concello dende o 7 de abril reclamando a atención da Xunta.

Docasar esixiulle ao goberno galego que escoite as “peticións razoadas e razoables” das familias para garantir “uns horarios xustos, racionais e legais” con “certa flexibilidade” para permitir que os rapaces reciban a formación que lles corresponde e as familias compatibilicen a súa vida laboral e familiar.

A situación, explicou, deriva da implantación dun novo horario en 1999, coincidindo coa transformación de centro de EGB en CPI, moi condicionado polo transporte escolar compartido con outros centros da zona. A situación provocou un “auténtico despropósito” nos horarios do centro, con clases de duración inferior ao mínimo legal e recreos mais curtos do mínimo estipulado.

Ademais, os rapaces e rapazas non teñen marxe de ir comer á casa, polo que o servizo de comedor atópase saturado e o alumnado da ESO ten á semana 50 minutos de clase menos do estipulado por Lei.

Salientou que “durante todo este tempo a comunidade educativa do CPI dos Dices de Rois intentou modificar o horario para adaptalo á legalidade e conseguir unha situación mais racional para estudantes e familias, con enormes dificultades para conciliar a vida laboral e familiar”. 

A falla de resposta do goberno, dixo, “ten levado ás familias a un profundo estado de malestar por non sentirse atendidas polas autoridades educativas”, que os levou a tomar a decisión de chegar ao estremo de instalarse no Concello como medida de protesta.

Lembrou que un servizo de transporte que garanta uns horarios xustos, racionais e legais é un dos eixos dun sistema educativo equitativo, máxime cando se trata dun dos custes mais importantes que afronta a Consellería de Educación cada ano, acadando en torno aos 119 millóns de euros nos orzamentos correspondentes ao ano actual.

BNG Rois, As demandas dos país do CPI lévanse o Parlamento

Durante a noite de onte a deputada do BNG, Ana Pontón, e o portavoz municipal do BNG no concello de Rois, Xan Cabo, mantiveron un encontro coas nais e pais do CPI de Dices (Rois). Esta ANPA leva anos reclamando un horario que respecte a normativa, é dicir que sexa legal, e que favoreza unha aprendizaxe axeitada así como a conciliación da vida persoal e laboral.

Para a deputada do BNG a reclamación desta ANPA é “totalmente xusta” e pensa que o “irracional é a cerrazón da Consellaría de Educación”. Para Pontón “ a actitude da Xunta é irrespectuosa e non se entende a falta de diálogo e vontade de solucionar este asunto”. A nacionalista destacou “que o dereito a unha educación de calidade debe estar por riba dos problemas das empresas de transporte” e “que este caso supón unha discriminación para os nenos e nenas que viven no rural, algo absolutamente intolerábel”

A deputada do BNG rexistrou no día de hoxe diversas iniciativas que reclaman unha solución a este problema. Para Pontón non é de recibo que “se priorice o beneficio das empresas do transporte fronte a dereito a educación”. A negativa da Xunta de Galiza a atender esta petición da ANPA residenciase nos problemas que xera na organización do transporte. Mais unha vez, afirman no BNG, “compróbase como os intereses particulares das empresas teñen máis peso que uns horarios racionais, que fomenten a aprendizaxe e favorezan a conciliación da vida laboral e familiar.” 

Desde o Grupo Parlamentar do BNG apoian esta demanda e a necesidade de avanzar cara horarios que realmente prioricen os intereses da comunidade educativa fronte ás empresas do sector do transporte. 

Nese sentido trasladarase unha pregunta ao Conselleiro de educación e unha proposición non de lei na que se solicita á Xunta de Galiza que “presente unha modificación do horario do CPI de Dices (Rois), contando coa participación e opinión de nais e pais, co obxectivo de garantir que se cumpra a normativa vixente que regula os centros públicos integrados de ensinanzas non universitarias e que se favoreza a conciliación da vida laboral e familiar.”

BNG Rois - Os orzamentos de Rois son os mais desastrosos dos últimos anos

O pasado sábado aprobouse o orzamento do concello de Rois para o ano 2015. Desde o BNG fixemos unha intervención moi crítica cos mesmos xa que desde o noso punto de vista, e cos datos na mán, resultan ser os máis desastrosos desde que Ramón Tojo está ao frente da alcaldía de Rois. Polo tanto amosamos o noso rexeitamento aos mesmos e votamos en contra deles.

Algunhas das razóns que demos para xustificar este voto en contra foron:

1.- Estes son os peores orzamentos do concello nos últimos dez anos, sendo os máis baixos de todo o mandato de Ramón Tojo como alcalde de Rois. Redúcense a 2.599.065,43 €.

2.- O capítulo de inversións redúcese nun 6% (arredor dos 166.000 €) mentres que a partida de gasto en bens correntes e servizos aumenta nun 8% (arredor dos 145.000 €). Son os orzamentos onde as inversións caen ao nivel máis baixo dos 8 anos do PP en Rois. O grupo de goberno sigue sin facer esforzo algún para controlar o excesivo gasto neste capítulo.

Aínda así, siguese mantendo unha dedicación exclusiva para o concelleiro de obras que nos costa a todos/as arredor dos cincuenta mil euros anuais.

3.- Materialízase a privatización de servizos públicos, tales como a xestión da escola de música ou a limpeza dos colexios de Dices e Urdilde. Decisión que vai supoñer un encarecemento do servizo.

4.- A débeda actual de arredor de 371.000 € sigue sen amortizarse prolongándose no tempo ata dentro de 2 ou 3 mandatos. Feito que vai hipotecar o futuro económico do concello para os vindeiros anos (dez ou doce).

En resumo, uns orzamentos nefastos que van servir para empeorar os servizos que debe dar o concello aos veciños e veciñas de Rois co agravante de privatizar algúns deles co cal, é previsible que no futuro, sufran un encarecemento para os propios veciños. Sin deternos nada a falar das críticas que fai o informe de intervención a algúns aspectos dos mesmos, tales como as contratacións feitas de xeito irregular, o exceso de servizos contratados sin cumplir os requisitos mínimos de publicidade, transparencia, etc. ou o descenso que se prevé dos ingresos que veñen das administracións provincial, autonómica ou estatal.

Compromiso X Galicia Rois - Apertura de primarias

A Agrupación Local de Compromiso por Galicia en Rois vén de abrir o pasado sábado o proceso de presentación de candidaturas para as primarías abertas á cidadanía que se celebrarán na localidade, e que finalizará o vindeiro venres 21 ás 00.00 horas. 

Poderán ser candidatas a encabezar a lista de Compromiso por Galicia en Rois ás vindeiras eleccións municipais do 2015 todas aquelas persoas maiores de 18 anos que compartan os principios básicos da organización e que non militen noutro partido político. 

De igual xeito, informan dende a Agrupación, non poderán ser candidatas aquelas persoas a respecto das que se ditara auto de procesamento ou de apertura do xuízo oral. Pola súa banda, poderán votar nas primarias todos os veciños e as veciñas de Rois, maiores de 16 anos que simpaticen co proxecto político de Compromiso.

Xente de Rois - Éxito da xornada solidaria

A asociación cívica Xente de Rois organizou o pasado venres 5 de setembro pola tarde unha xornada solidaria a base de xogos para rapaces en instalacións preparadas para a ocasión na taberna o Tallón, a carón do Sisto. A finalidade era recadar fondos para material escolar para familias de Rois con nenos que o necesiten. Precisamente, os nenos foron os que mellor o pasaron xogando durante horas en compañía dun bon número de adultos que se congregaron para facer unha aportación económica.

O total recadado foi 293,48 euros, aos que, sumados o 10% que aporta a libraría Pensamentos de Padrón, fan un total de 325 euros. Unha cantidade á que hai que engadir material escolar valorado en 85 euros que algunhas persoas trouxeron in situ.

Xente de Rois - denuncia do mal estda da Fonte do cruceiro

A ASOCIACIÓN CÍVICA XENTE DE ROIS DENUNCIA O MAL ESTADO DA FONTE DO CRUCEIRO

O estado actual da fonte situada na aldea do Cruceiro, na parroquia de Seira, é lamentable. Aí atrás, había o picho e decidiuse facer unha fonte con pedra e escaleiras e todo. En Xente de Rois preguntámonos, ¿para que un gasto deste tipo se despois non se fai un mantemento axeitado? De feito, os veciños que van á fonte do Cruceiro non poden acceder ao picho sen mollar os pés. A auga non baleira ben e, amais, a vexetación empeza a disimular as paredes de pedra. Esta é, sen dúbida, unha mostra máis do abandono xeneralizado que se padece hoxe no concello de Rois.

Andaina Bisbarra do Sar - este sábado 5º edición - 50KM en 12 horas


5ª   A N D A I N A   B I S B A R R A  do  S A R

Concellos de PADRON e ROIS  e  ASOC. COLECTIVO REMONTE

50 Km en 12 Horas   (21-ABRIL-2012)

                              Información: www.andainabisbarradosar.com

PREVISION TIEMPO SABADO 21 ABRIL

Teo – preparanse novos equipos para o club de debate

OS CONCELLOS DE AMES, ROIS, SANTIAGO E TEO PREPARAN NOVE EQUIPOS DE ESCOLARES PARA O CLUB DE DEBATE

· Esta mañá os participantes asistiron no Pazo da Peregrina (Ames) a un curso de formación de cara á fase comarcal que se celebrará en Santiago o 14 de abril

08 de marzo de 2012. Os concellos de Ames, Rois, Santiago e Teo preparan un total de nove equipos de escolares de secundaria que participarán nunha Liga de debate posta en marcha a través dos Servizos de Normalización Lingüística destes municipios. Esta iniciativa busca traballar nos escolares conceptos como a comunicación, a oratoria e a lingua a través dunha ferramenta como son os equipos de debate, cunha posta en escena que lles pode resultar moi atractiva.

Esta mañá os alumnos/as participantes asistiron a un curso de formación no Pazo da Peregrina (Ames) de cara a prepararse para a fase comarcal do concurso que terá lugar en Santiago o 14 de abril. Algo máis de 60 alumnos/as e os seus preparadores estiveron atentos a un curso no que se atendeu por un lado á estrutura do debate dende un punto de vista teórico e por outra unha formación más práctica na que viron métodos de expresión e realizaron técnicas de oralidade, habilidades sociais e comunicativas. Para iso fixeron exercicios en equipos dinámicos para mellorar a expresión, a improvisación ou mesmo as técnicas de relaxación. A xornada de traballo de hoxe rematou cun enfrontamento entre dous equipos nun debate. O tema elixido para este exercicio preparatorio foi a paridade entre homes e mulleres. Un dos equipos tiña que defender as virtudes da paridade e o outro o contrario. Un xurado decidía sobre o debate e aínda que o traballo dos dous equipos foi moi destacable, non houbo un claro gañador.

Os concellos de Ames, Rois, Santiago e Teo contan con nove equipos en total que participarán neste Club de Debate que ten unha fase final en Pontevedra o 28 de abril. De Ames participan tres equipos do IES de Ames e teñen como mestres preparadores a María Xesús García Otero, Carmen Fariña Miranda e Xosé Manuel Fernández López. De Rois anotouse un equipo do CPI dos Dices co profesor Luis Gómez Aldegunde como titor. Santiago achega dous equipos, da Compañía de María e terán como preparadoras a Ángela Trillo Díaz e a Laura Rodríguez Fraga. Finalmente Teo conta con tres equipos do IES de Cacheiras e os seus mestres preparadores son Ramón Cruces Colado, Xosé Manuel Maceira Fernández e Leonardo Fernández Campos coñecido artísticamente como Leo i Arremecaghona. Tamén cabe destacar o traballo de coordinación dos equipos de normalización dos centros escolares, que mantiveron unha estreita colaboración cos equipos municipais.

O Club do Debate é unha idea impulsada dende os Servizos de Normalización Lingüística dos Concellos na que participan outros municipio coma Betanzos, Ferrol, Carballo, As Pontes, Carral, Pontevedra, A Coruña, Oleiros e Vigo. De feito esta iniciativa recolle a proposta das cidades de Pontevedra ou A Coruña que levan tempo desenvolvendo proxectos similares.

Na fase local na que participan Ames, Rois, Santiago e Teo cada equipo participante traballará sobre o tema “Deben os poderes públicos protexer e promover a diversidade lingüística?”. Cada equipo terá que defender unha postura a favor no debate inicial e unha contraria no seguinte, sempre contra equipos diferentes. A puntuación total deses dous debates de cada equipo será o que marque o gañador final. O alumnado participante ten entre 16 e 18 anos.

O premio deste concurso na fase comarcal é de 500 euros para o equipo gañador e 300 para o segundo. Os dous equipos gañadores de cada fase comarcal participarán na fase final na que o premio será unha viaxe de contido cultural para un máximo de 25 persoas valorado en 5 000 euros.

Ames / Rois / Santiago / Teo – liga de debate entre escolares

OS CONCELLOS DE AMES, ROIS, SANTIAGO E TEO POÑEN EN MARCHA UNHA LIGA DE DEBATE ENTRE OS ESCOLARES DE SECUNDARIA Club_de_debate_2012_A

· Esta iniciativa, impulsada dende os Servizos de Normalización Lingüística dos Concellos, promove o emprego da lingua ademais de traballar a oratoria e o pensamento crítico

· Esta iniciativa recolle a proposta de concellos coma Pontevedra que levan dous cursos desenvolvendo un proxecto similar

08 de febreiro de 2012. Os concellos de Ames, Rois, Santiago e Teo traballan na posta en marcha dunha Liga de debate dirixida aos escolares de educación secundaria que contará con fases local, comarcal e galega. Con este Club do debate, que comezará a funcionar de xeito inmediato, trátase de incentivar entre os máis novos/as o emprego da lingua, traballar a fluidez comunicativa a través da oratoria ademais de incitar o pensamento crítico e a tolerancia.

O Club do Debate é unha idea impulsada dende os Servizos de Normalización Lingüística dos Concellos na que participan outros municipio de fóra desta Comarca coma Betanzos, Ferrol, Carballo, As Pontes, Carral, Pontevedra, A Coruña, Oleiros e Vigo. De feito esta iniciativa recolle a proposta das cidades de Pontevedra ou A Coruña que levan tempo desenvolvendo proxectos similares.

Ames, Rois, Santiago e Teo incorpóranse mediante a sinatura dun protocolo de colaboración. Durante o mes de febreiro ábrese o prazo ata o 24 de febreiro para inscribirse nos SNL municipais. O Club do Debate está dirixido aos centros de educación secundaria, bacharelato e ciclos, con alumnado matriculado en 3º e 4º de ESO, 1º de Bacharelato ou nun curso equivalente de ciclos formativos, nunca maiores de 18 anos.  Club_de_debate_2012_B

Na fase local na que participan Ames, Rois, Santiago e Teo cada equipo participante traballará sobre o tema “Deben os poderes públicos protexer e promover a diversidade lingüística?”. Como en todos os debates un equipo defenderá unha postura a favor e outra en contra, cuestión que non coñecerán ata o momento de debater.

O Club do Debate desenvolverase entre os meses de febreiro e finais de abril cando se celebrará a fase final na cidade de Pontevedra, a onde chegarán os mellores equipos de cada comarca. Ademais do propio concurso os participantes recibirán un curso de formación o 8 de marzo antes do propio concurso na súa fase local, que se celebrará o 14 de abril no Pazo da Peregrina de Ames.

Este concurso, ademais de traballar no uso da lingua e nos valores do traballo en equipo e da diversidade, terá tamén un interesante premio para os mellores participantes. Na fase comarcal haberá un primeiro premio de 500 euros, un segundo de 300 euros ademais de darlle acceso á fase final ó grupo gañador. Na fase final o premio para os gañadores será unha viaxe de contido cultural para un máximo de 25 persoas valorado en 5 000 euros.

ANDAINA BISBARRA DO SAR - 4ª CAMIÑATA por PARELLAS del CONCELLO de ROIS

SABADO, 10-SEPTIEMBRE-2011

Amigas/amigos:

Os vamos a dar una información más detallada del recorrido de esta “4ª CAMIÑATA por PARELLAS del CONCELLO de ROIS”.

El recorrido constará de 15 kilómetros, casi todo nuevo (apenas se repiten los 3.000 últimos metros del año pasado, que se harán al principio y en sentido contrario), y aunque es de dificultad media-baja, es recomendable tener una mínima preparación física.

Pasará por pequeños núcleos del município de Rois: Iglesia parroquial de Roís, Infesta, Casas do Porto, Formarís, con sus horreos, cruceiros y fuentes, además de por caminos de pescadores y senderos inéditos ( “Camiño da Misa”).

La salida (17:00 horas) y llegada será en el mismo sitio del año pasado ( Polideportivo Municipal de Rois), donde estará todo centralizado (aparcaderos/recogida dorsales/duchas/pinchos). La entrega de dorsales será entre las 16:00 y las 16:50. Ser puntuales, pues el 1º Kilómetro no estará señalizado.

Como de costumbre, tendrán premio las 2 parejas (de mayor y menor edad) que logren finalizar la marcha, y el resto participará en un sorteo de regalos.

Si algunos no logran formar pareja, tendremos gente de la organización para subsanar el tema y procuraremos “aparejar” por condición física.

Os volvemos adjuntar las fichas de inscripción (habrá de plazo hasta el 8 de Septiembre o al completar las 150 plazas dispuestas por la organización) e información del recorrido (perfiles,mapas). Recordar que este año no habrá botellines de agua, por lo que se recomienda llevar una cantimplora, que podréis rellenar en los avituallamientos.

Toda la información en la web: www.andainabisbarradosar.com; Concello de Rois (Deportes: 981.81.60.61) o móvil 630.708.435

IV camiñata rois 2011 (01-08-11)