Axenda e tempo do sábado 26 de xullo - Apóstolo, flamenco, exposicións

Festas do Apóstolo

Praza Rodrigo de Padrón (enriba do parking)
Xornada de cultura urbana con Vella Escola
Concellaría de Servizos Sociais

17:00 a 18:30 Obradoiro de graffiti / Obradoiro de Hamabeads

18:00 a 19:00 Obradoiro de Beatbox

19:00 a 20:00 Obradoiro de Breakdance / Obradoiro de skate

20:00 a 21:00 Obradoiro de Turntablism Dj

21:00 a 22:00 Show de breakdance. Vella Escola / Show de beatbox + rap. Davbeat & Risk

21:00 a 22:00 Sesión Dj’s: Dj Mil +Dj Webo +Dj Cro

19.00 h Praza das Praterías

Concurso de traxes de época e coches antigos
21.00 h Museo Centro Gaiás
(Anticipada: 14 € zona A, 12 € zona B e 10 € zona C ) (Mesmo día: 16 € zona A, 14 € zona B e 12 € zona C)

Chick Corea & Stanley Clarke Duet
The Songs of Return to Forever

22.00 h Praza da Quintana
(Entrada: 20 € anticipada / 25 € día do concerto)
Crystal Fighters
en concerto

22.30 h Orquestras na Alameda
The Machine Boys



Outras actividades

Santiago - Cante: The way of flamenco

Santiago - circo de gorra en distintas prazas 

Santiago - vive o verán 


Santiago - 75 años do exército do aire

Santiago - Fundación Granell - Ana Gesto - a volta dun plato

Santiago Fundación Nova Caixa Galicia  - Maside en Compostela


Santiago - Fonseca - Valle - Inclán traducido

O Tempo

Touro - XII Festival de bandas

Touro celebra mañá domingo, 27 de xullo, o seu XII Festival de Bandas

O Concello de Touro celebrará mañá domingo, 27 de xullo, o seu XII Festival de Bandas, organizado pola Banda de Música Isabel II de Touro e polo propio Concello. 

A cita musical comenzará ás 17.00 horas no Campo da Festa de Fonte Díaz, capital do Concello de Touro. No programa participarán a Banda de Música Vila de Cedeira, que abrirá o concerto. Logo seguirá a Xove Banda de Narón e a Banda de Música Isabel II de Touro será a encargada de pechar o festival. Cada formación musical ofrecerá un repertorio elexido para esta cita.

 O Concello convida aos veciños e forasteiros para disfrutar dunha xornada de música.

Teo - Campaña de apoio os servizos sociais

Benestar realiza unha campaña de difusión na que incide sobre a capacidade de apoio dos servizos sociais 
Teo, cos dereitos sociais quere chegar a aquelas persoas que tendo necesidades non coñezan os recursos municipais dos que dispoñen 
Xa se está distribuíndo un cartel en centros de saúde, piscinas municipais, bibliotecas, escolas infantís e entre o tecido asociativo 

O departamento de Benestar do Concello de Teo quere que calquera persoa que precise axuda para cubrir as necesidades básicas saiba a onde acudir. E para eso vén de poñerse en marcha unha campaña de difusión sobre o papel dos servizos sociais comunitarios. Nestes días xa se está distribuíndo un cartel informativo en lugares como os centros de saúde, piscinas municipais, supermercados, escolas infantís ou entre o tecido asociativo. 

“Queremos estar seguros de que as persoas que estean pasando dificultades saiban onde estamos e o que podemos facer por eles” destaca Ignacio Iglesias, concelleiro de Benestar. A imaxe da campaña destaca que os servizos sociais son unha garantía para a calidade de vida. Lembra ademais que as consecuencias da crise son inxustas e anima ás persoas que estean padecendo unha situación de dificultade a que acudan aos servizos sociais. 

Iglesias destaca que dende o departamento que coordina se atenden aquelas necesidades básicas e urxentes como pode ser a alimentación ou o vestido ademais de coordinar e xestionar a tramitación de axudas supramunicipais. Dende o servizo inciden en que o seu obxectivo principal “é apoiar a quen se atopa débil neste momento e poder buscar un camiño cara a solución a esa situación que debe ser transitoria”. 

Dende os servizos sociais xestiónanse catro programas de atención alimentaria e o roupeiro municipal polo que estes temas básicos se poden cubrir dun xeito áxil e directo para as persoas que teñan esas parcelas sen cubrir. 

Para poñerse en contacto cos Servizos Sociais comunitarios do Concello de Teo pódese chamar ao número 981 809 707, escribir un mail a servizossociais@concellodeteo.com ou achegarse ao primeiro andar do Centro Sociocultural da Ramallosa onde traballa o equipo técnico municipal.

Ordes - VI Curso escola de Xóvenes Gandeiros

Mesón do Vento acollerá a vindeira semana o VI Curso-Escola de Xóvenes Gandeiros
O último día de celebración se entregará a insignia de ouro Fefriga 2014 ao propietario da primeira vaca capaz de producir 200.000 litros de leite

Dende o vindeiro luns ata o venres o recinto feiral do Mesón do Vento acollerá o VI Curso-Escola de Xóvenes Gandeiros, no que participarán 14 alumnos e alumnas con idades comprendidas entre os 6 e os 30 anos de idade. Para elo disporán de 15 cabezas da gando provintes da granxa As Travesas Agropecuaria. 

No programa previsto inclúense, entre outros, aspectos relacionados coa morfoloxía das vacas, mantemento de camas e establos, alimentación, tarefas de manexo e revisión, prácticas de pelado, lavado e doma, etc. Para o último día de celebración está confirmada a asistencia da directora xeral de produción agropecuaria, Patricia Ulloa. A xornada arrancará co lavado e preparación dos exemplares para a súa exposición e co xulgamento dos stands de exposición e dunha sección de Xovencas. Tamén se celebrará o concurso de preparadores, manexo e presentación en pista. Xa ás 14 horas terá lugar a chamada Festa Holstein, consistente nun gran xantar de irmandade, seguido da entrega de diplomas do curso e dos premios ás mellores explotacións de Galicia Fefriga 2013. Para rematar imporase a insignia de ouro Fefriga 2014, que nesta ocasión recae no lucense Manuel Herbón Díaz, propietario da primeira vaca de España que ao longo de toda a súa vida productiva foi capaz de superar os 200.000 litros de leite.

O VI Curso-Escola de Xóvenes Gandeiros én unha iniciativa na que colabora activamente o Concello de Ordes, dada a importancia que o sector gandeiro e agrícola ten para a economía da zona. Está organizado polo Cluve de Xóvenes Gandeiros en colaboración coa Deputación da Coruña, a Federación Frisona Galega e a gandeiría As Travesas.

Santiago - Concerto da Real Filharmonía na Quintana

A Real Filharmonía de Galicia ofrece un concerto no marco das festas do Apóstolo, na Praza da Quintana, este domingo ás 21:30 horas
O concerto, dirixido por Paul Daniel, é gratuíto previa retirada da invitación na billeteira do Teatro Principal

Transmitirase por streaming a través da web da Real Filharmonía

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) participa un ano máis nas celebracións das festas do Apóstolo, conmemorativas do Día de Galicia. A compostelá Praza da Quintana acollerá este domingo, 27 de xullo, ás 21:30 horas, un concerto dirixido polo mestre titular da orquestra, Paul Daniel. Transmitirase en directo por streaming a través da web da RFG. A entrada é gratuíta, previa retirada da invitación na billeteira do Teatro Principal. 

Os músicos interpretarán a obertura de La gazza ladra (A pega ladroa), do compositor italiano Gioacchino Rossini (1792-1868), coñecido polas súas óperas, en particular polas cómicas. Esta obra, creada en 1817, é un melodrama, unha ópera semiseria que consta de dous actos. Especialmente popular é a súa obertura, que é a parte que interpretará a Real Filharmonía de Galicia no marco deste concerto.

Unha famosa obertura, empregada dende “La naranja mecánica” ata Bob Esponja

Esta obra interpretouse por primeira vez no Teatro da Scala de Milán. Rossini, famoso pola súa rapidez ao escribir, compúxoa o día anterior á súa presentación e logo modificouna para producións posteriores. A música desta recoñecida obertura aparece, entre outras películas, en “La naranja mecánica” de Stanley Kubrick e ten sido incluída en diversos anuncios de radio e televisión ao longo dos anos. Na novela de Haruki Murakami “Crónica do paxaro que dá corda ao mundo” faise alusión a esta peza en varios apartados do libro. Ten formado parte da banda sonora de varias series animadas como Bob Esponja. E o grupo de folk metal Mago de Oz emprega esta canción como introdución dalgún dos seus discos e habitualmente tamén como inicio dos seus concertos.

A sinfonía da viaxe á Lúa
Na segunda parte do concerto a orquestra achegará ao público a Sinfonía nº 9 “Do novo mundo”, do compositor austrohúngaro Antonín Dvořák (1841-1904). Compúxoa en 1893 nos Estados Unidos, en pouco máis de catro meses, moi influenciado pola música nativa americana. Trátase dunha das sinfonías máis interpretadas e coñecidas do mundo, mesmo se di que en 1969 os astronautas estadounidenses puxérona durante a súa viaxe á Lúa.

Ames - Continúa o plan de formación das hortas urbanas en Bertamiráns

Continúa o plan de formación nas hortas urbanas de Bertamiráns coa elaboraron dun composteiro

O Concello de Ames está desenvolvendo un plan de formación de xeito paralelo á posta en marcha das hortas urbanas. Nesta ocasión, a coordinadora dos programas de compostaxe de ADEGA, impartiu un obradoiro para que os usuarios/as das hortas urbanas de Bertamiráns elaboraran o seu propio composteiro.

A finais de 2013 o Concello de Ames habilitou un total de 34 parcelas en Bertamiráns, e en marzo de 2014, cedeu 51 parcelas no Milladoiro dedicadas á iniciativa das hortas urbanas. A vindeira semana impartirase un novo obradoiro que se enmarca dentro do plan de formación.

O Concello de Ames está desenvolvendo un plan de formación de xeito paralelo á posta en marcha das hortas urbanas. Nesta ocasión, a coordinadora dos programas de compostaxe de ADEGA, impartiu un obradoiro para que os usuarios/as das hortas urbanas de Bertamiráns elaboraran o seu propio composteiro. Esta actividade tamén se vai impartir entre os usuarios/as das hortas urbanas do Milladoiro. A finais de 2013 o Concello de Ames habilitou un total de 34 parcelas en Bertamiráns, e en marzo de 2014, cedeu 51 parcelas no Milladoiro dedicadas á iniciativa das hortas urbanas. A vindeira semana impartirase un novo obradoiro que se enmarca dentro do plan de formación. Neste caso abordaranse diferentes nocións sobre as conservas vexetais.

O Concello de Ames, en colaboración con ADEGA, acaba de impartir un obradoiro de elaboración de composteiros entre os usuarios/as das hortas urbanas de Bertamiráns. Esta actividade enmárcase dentro do plan de formación, que puxo en marcha a concellaría de Medio Ambiente, de xeito paralelo á cesión das 34 hortas urbanas de Bertamiráns e das 51 parcelas do Milladoiro. Este obradoiro tamén se vai impartir entre os usuarios/as das hortas urbanas do Milladoiro.

A coordinadora dos programas de compostaxe de ADEGA foi a encargada de impartir esta actividade na cal os usuarios/as da hortas urbanas de Bertamiráns elaboraron un composteiro común para todos/as. Ademais, explicáronselle diferentes nocións para poder sacarlle o máximo aproveitamento ao devandito composteiro. Deste xeito, aprenderon a forma de incrementar os restos de compost, as necesidades de aireación, a porcentaxe de restos vexetais e non vexetais que hai que depositar no composteiro, etc.

O obxectivo deste obradoiro foi que os usuarios/as das hortas urbanas de Bertamiráns poidan elaborar o seu propio compost, para despois poder aboar e mellorar a calidade da terra das súas parcelas. Así, tamén se lle dá un utilidade aos restos da poda e a outros restos vexetais que se extraen dos cultivos que se plantaron nas devanditas hortas. A vindeira semana impartirase un novo obradoiro que se enmarca dentro do plan de formación. Neste caso abordaranse diferentes nocións sobre as conservas vexetais.

Prácticas sostibles nas hortas urbanas
Coa posta a disposición da veciñanza amiense destes espazos hortícolas preténdese que a poboación adopte unha actitude activa na ocupación do seu tempo libre e de ocio. Trátase de facilitar a intervención de cidadáns no desenvolvemento sostible, facilitar a relación de coexistencia xeracional entre os veciños/as, e así mesmo, unha contribución ás economías familiares que se vén favorecidas polos cultivos de autoconsumo.

Segundo explica a concelleira de Medio Ambiente, María Eugenia Martín, “estas hortas urbanas están sendo un éxito. En Bertamiráns houbo máis solicitudes que parcelas ofertadas polo que houbo que elaborar unha lista de agarda e no Milladoiro completáronse as 51 parcelas postas a disposición dos veciños/as. A través deste cursos e obradoiros do plan de formación trátase de formar aos usuarios/as das hortas urbanas para que lle saquen o máximo aproveitamento a estes espazos hortícolas”.

Axenda e tempo do venres 25 de xullo - Apóstolo, Festigal, circo, exposicións

Festas do Apóstolo

Venres 25
Día do Apóstolo

10.00 h Procesión do Padroado do Apóstolo Santiago
Ofrenda nacional ao Apóstolo na S.A.M.I. Catedral

12.30 h Pasarrúas
Charanga de cabezudos

21.00 h Praza da Quintana (Entradas: 20 € anticipada / 25 € o día do concerto)
Los Planetas en concerto
+Disco las Palmeras!

23.00 h Orquestras na Alameda
Orquestra América

Outras actividades

Santiago - Festigal 

Santiago - circo de gorra en distintas prazas 

Santiago - vive o verán 


Santiago - 75 años do exército do aire

Santiago - Fundación Granell - Ana Gesto - a volta dun plato

Santiago Fundación Nova Caixa Galicia  - Maside en Compostela


Santiago - Fonseca - Valle - Inclán traducido

O Tempo

BNG A Estrada -.O concello incumple a Lei de Normalización Lingüistica

O concello da Estrada incumpre a Lei de Normalización Lingüística

O concello da Estrada vén de instalar un sinal de prohibido aparcar no Souto de Vea na que figura unha lenda en perfecto castelán indicando os días e horas nos que non se pode aparcar nesa rúa.

O BNG denuncia que o que podía ser anecdótico convértese en norma no concello da Estrada desde que goberna o Partido Popular, ignorando por completo a obriga que ten toda administración pública galega de utilizar o noso idioma propio, promovendo o uso normal da lingua galega, oralmente e por escrito, nas súas relacións cos cidadáns.

Hai case un ano denunciamos tamén publicamente a deturpación dos topónimos oficiais no noso concello, concretamente na estrada Portela-Souto de Vea, de competencia da Deputación de Pontevedra, e tanto o organismo provincial como o alcalde, que forma parte da xunta de goberno do ente provincial, fixeron caso omiso, non só ás denuncias feitas polo BNG, senón as dos propios veciños e veciñas que reclaman o uso correcto dos topónimos das nosas parroquias e lugares.

Neste sentido, temos que recordarlle ao PP que a mesma Lei de Normalización Lingüística, que xa conta con máis de 30 anos, recoñece que a única forma oficial e correcta de denominar os nosos nomes de lugar é a orixinal, isto é, a galega, e que esa debe ser, a todos os efectos, a única forma de rotulalos e de escribilos. Mais no PP teiman en deturpar a nosa rica toponimia, non só no concello da Estrada, senón en toda Galiza onde hai sobrados exemplos. Sen ir máis lonxe, hai uns días A Mesa pola normalización Lingüística denunciaba que a Deputación de Pontevedra e o concello do Grove apoian economicamente un evento que se celebrará en “La Toja”, no canto de “A Toxa”, que é o topónimo oficial desta illa galega.

Desde o BNG pedimos ao alcalde que respecte o noso idioma, o galego, tanto no concello que goberna como na Deputación, e esiximos a modificación inmediata dos sinais con lendas e topónimos en castelán.

Por outra parte, sospeitamos que este sinal de prohibido aparcar colocouse sen consultar cos veciños e veciñas do Souto de Vea, porque xa nos chegaron queixas dos afectados, que verán restrinxidas a zona de aparcar nunha rúa moi concorrida, coincidindo coa asistencia do autobús de A Banca, unha entidade bancaria que conta cun local perfectamente acondicionado ao lado e que non está a usar.

Psoe Ames - Proposta de rescisión do contrato das escolas deportivas

Hoxe 24 de Xullo de 2014, e logo de mais de 5 meses dende a última convocatoria, celébrase esta última reunión da comisión das escolas deportivas para establecer as conclusións sobre o cumprimento do contrato das escolas deportivas municipais.

Dende o pasado 23 de Decembro no que se constituiu esta comisión e ata o día de hoxe os concelleiros/as da corporación estivemos solicitando e consultando diversa documentación, ademais de facer un seguimento das actuacións da empresa concesionaria, Eulen SA, sobre o servizo prestado ao longo do curso 2013/14.

Os pregos que rexeron o proceso de contratación deste servizo no seu punto 18 sinalan que “O adxudicatario (Eulen SA) desenvolverá os seus traballos con estrito cumprimento do previsto no presente prego administrativo e técnico”. Baixo esta premisa os concelleiros abaixo asinantes establecen as seguintes CONCLUSIÓNS:

1ª) No punto 19 dos pregos indícase que “o adxudicatario disporá do persoal necesario segundo a relación incluída na docuimentación administrativa”. A empresa adxudicataria, Eulen SA, cando entregou a documentación administrativa para dito concurso non contaba con dito persoal, feito demostrado polos diferentes anuncios publicitados a unha semana de inicio da actividade na que se buscaban monitores para as distintas actividades.

2ª) Neste mesmo punto 19 dos pregos indícase que “notificarase ó Concello (con periocidade trimestral) os nomes, categorías e demais circunstancias persoais dos traballadores que cubran a plantilla para o desempeño do servizo”. A empresa Eulen SA incumpriu este punto dos pregos, xa que o 9 de Xaneiro de 2014 o Concello tivo que solicitarlle mediante escrito nº 118 unha carta ao Grupo Eulen na que se pedían os Curriculum de todos os profesores xunto coa relación de monitores de cada escola, o cal evidencia que o Concello non dispoñía de dita información logo de tres meses de servizo da empresa.

3ª) No punto 19 dos pregos tamén se indica que “con independencia do material que o Concello poña a disposición da adxudicataria, o Concello entenderá que o material, maquinaria, productos, etc., ofertados como melloras nas propostas foi considerado polo licitador como suficiente para a realización do servizo, e de non ser así, o adxudicatario deberá adquirir ó seu risco e ventura, o preciso para a súa correcta prestación...”. A empresa Eulen SA adxudicataria do servizo non contaba co material necesario para levar a cabo o servizo xa que non contaba coas bicicletas necesarias para a realización das clases de spinning, material que foi adquirido polo Concello por importe de 12.305,7€ con rexistro de factura do 7 de outubro de 2013, data na que xa se iniciara a actividade. Polo tanto non se cumpriu novamente o prego xa que a adxudicataria non tiña o material necesario suficiente ao inicio da actividade e non adquiriu dito material para a correcta prestación tal e como sinalaba o prego.

4ª) No punto 23 dos pregos establécese que “o contratista está obrigado a sufraga-los gastos de transporte do persoal”, o cal non nos consta que así se fixera nin queda reflexado nas nóminas dos traballadores.

5ª) Nas prescripcións técnicas no seu 2º punto e no apartado das obrigas do adxudicatario dícese que “O persoal contratado deberá contar, antes do inicio da prestación, ca cualificación exisida (monitor de cada actividade específica, ou bem titulación superior), e mantelo durante o tempo de vixencia do contrato”. Visto o informe da empresa e os curriculum dos traballadores, novamente incúmprese este punto do prego xa que existen certos monitores que non contan coa cualificación necesaria para o desenvolvemento da actividade específica.

6ª) Neste mesmo 2º punto das obrigas tamén indícase que “O coordinador do servizo deberá ter a titulación de licenciado em Ciencias da actividade física e do deporte”. A empresa Eulen SA volve a incumprir as súas obrigas xa que dende o comezo da prestación do servizo, no mes de Outubro, e ata o mes de Xaneiro, as funcións de coordinador estiveron desempeñadas por Jorge López Poceiro, monitor da empresa que non conta coa titulación exisida, tal e como confirmou o propio Coordinador da empresa na súa comparecencia do mes de Febreiro na comisión. A empresa afirma nesa comparecencia que apartires do mes de Xaneiro existen dúas persoas facendo as funcións de coordinación contando sólo un deles coa titulación exisida nos pregos. Polo tanto durante o primeiro trimestre do curso o coordinador non posuía a titulación exisida nos pregos. É evidente e demostrable o incumprimento dos pregos neste punto o cal ven corroborado polos pagos realizados en nómina a Jorge López dende o inicio das escolas nos que cobraba un plus de responsabilidade, tal e como confirmou o propio coordinador da empresa.

7ª) Nos pregos tamén se indica a obrigatoriedade de presentación duns informes por parte da empresa onde se recollan os partes de asistencia mensual a cada actividade. Revisada a documentación coa que conta o Concello existen numerosos meses onde non existen tales actas de asistencia en diferentes actividades, incumpríndose novamente as obrigas do adxudicatario.

8ª) Na oferta presentada por Eulen SA fálase de presentación de dúas enquisas de satisfacción do servizo que se realizarán aos usuarios. A data de hoxe tan só existe constancia de realización de unha enquisa ao final do curso, sen que teñamos a día de hoxe os resultados da mesma. É por tanto obvio que a empresa non cumpriu coa súa oferta de realizar dúas enquisas do grao de satisfacción, o cal à vista das ausencias repetidas dos usuarios (ata 400 usuarios non acudiron nos últimos meses a ningunha hora da actividade), a pouca renovación de prazas (próxima ao 50% de usuarios) e as múltiples queixas presentadas polos mesmos, parece correcto afirmar que existe un gran descontento co servizo prestado pola empresa adxudicataria Eulen SA.

9ª) A oferta da empresa Eulen para concursar á licitación incúmprese xa que a empresa di que os monitores teñen titulación para cada actividade o cal incumpriuse en numerosos casos, e por extensión incumprindo o contrato co Concello.

10ª) Imcúmprese a participación en competicións, o que ademais obrigaría a asegurar aos deportistas, evitando situacións que se produciron como a lesión de membros das escolas sen cobertura.

11ª) Incidimos na obrigatoriedade de afiliación a un clube de Santiago que facían a todos os membros da escola de judo, precisamente ca escusa de ter que asegurarse.

12ª) Todas éstas situacións crearon unha merma na calidade das escolas deportivas debido a

- Porque os prezos fixados para o pago dos monitores foron rebaixados considerablemente, o que provoca que os máis cualificados e con máis experiencia abandonaran as escolas.

- A inestabilidade provocada polos continuos cambios de monitores por parte da empresa concesionaria condicionou que as actividades que se impartiran non tiveran unha constancia no método de aprendizaxe. 

13ª) O incumprimento dos pregos pon de manifesto o descoñecemento do funcionamento das escolas deportivas por parte da empresa tal e como manifestou un dos responsables da mesma nunha das comisións; ao igual que a responsabilidade dos responsables políticos que optaron por premiar o tema económico en detrimento da calidade do servizo

14ª) Á vista dos resultados e da consulta da documentación o Goberno mentiu nas declaracións onde afirmaba que non había un número de baixas importantes segundo os partes de asistencia do mes de Xaneiro e que as clases discurrían con normalidade, cando a realidade é que xa no mes de xaneiro o número de baixas ou usuarios que non acudiron ningún día do mes de xaneiro era de preto de 200. Tamén faltouse a verdade ao afirmar públicamente que o goberno entregara toda a documentación solicitada aos compoñentes da comisión e ao afirmar que o número de queixas era moi reducido. Todas estas mentiras, así como a inacción de goberno ante este asunto e a sabendas das irregularidades denunciadas dan a entender a esta comisión a falta de imparcialidade do Goberno neste asunto.



Por todo o exposto e tal e como se di ao final do punto 19 do prego “O Concello pode inspeccionar o servizo... e en caso de discrepanza proceder de acordo co estabelecido no prego ou sancionar ou resolver o contrato”, esta comisión conclúe que a empresa Eulen SA incumpriu o contrato na súa oferta ao Concello, incumpriu os pregos en asuntos tan importantes como a titulación e formación dos monitores ou na compra de material e incumpriu as súas obrigas tanto na titulación esixida do coordinador como na presentación dos informes emitidos nas actas de asistencia. 



Conclúese por tanto que a comisión creada para coñecer o cumprimento do contrato das escolas deportivas municipais na súa maioría ACORDA:



1. Que o Alcalde de Ames, á vista dos reiterados incumprimentos da empresa Eulen SA, rescinda o contrato con dita empresa. 



2. Que as conclusións desta comisión sexan comunicadas ao pleno da corporación na primeira sesión ordinaria.

Ames - Adxudicada a limpeza de 22 centros municipales

A Xunta de Goberno Local adxudica o servizo de limpeza de 22 centros municipais de Ames
Este contrato, que foi adxudicado por un importe de 113.546 euros, terá unha duración inicial de dous anos prorrogable expresamente por períodos dun ano, por mutuo acordo das partes, ata un máximo de catro anos (incluído o período inicial e prórrogas).

Adxudícase o servizo de limpeza de 4 centros do Milladoiro, 7 dependencias de Bertamiráns, 9 locais sociais do ruralamiense, así como das instalacións da Aula da Natureza, situadas na parroquia da Ameixenda, e do centro social da urbanización de Aldea Nova.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ames vén de adxudicar o servizo de limpeza de 22 centros e dependencias municipais por un importe de 113.546 euros. O contrato terá unha duración inicial de dous anos prorrogable expresamente por períodos dun ano, por mutuo acordo das partes, ata un máximo de catro anos (incluído o período inicial e prórrogas). Deste xeito, adxudícase o servizo de limpeza de 4 centros do Milladoiro, 7 dependencias de Bertamiráns, 9 locais sociais do rural amiense, así como das instalacións da Aula da Natureza, situadas na parroquia da Ameixenda, e do centro social da urbanización de Aldea Nova.

O Concello de Ames, mediante acordo en Xunta de Goberno Local, acaba de adxudicar o servizo de limpeza dun importante paquete de instalacións e dependencias municipais. Este lote inclúe un total de 22 centros e dependencias municipais, que se atopan repartidas entre as localidades de Bertamiráns e do Milladoiro, así como na urbanización de Aldea Nova e no rural amiense. Este servizo foi adxudicado por un importe de 113.546 euros. O contrato terá unha duración inicial de dous anos prorrogable expresamente por períodos dun ano, por mutuo acordo das partes, ata un máximo de catro anos (incluído o período inicial e prórrogas).

Deste xeito, adxudícase o servizo de limpeza de 4 centros do Milladoiro (Casa da Cultura; Biblioteca municipal, incluída a recente ampliación deste centro municipal; centro de saúde; e oficinas municipais desta localidade), 7 dependencias de Bertamiráns (oficias de urbanismo; oficinas da Policía Local; oficinas do xulgado de paz; nave de obras; radio municipal; local anexo á Casa da Cultura; e edificios do Pazo da Peregrina), 9 locais sociais do rural amiense (Cruxeiras; Piñeiro; Ortoño; Agrón; Augapesada; Trasmonte; Biduído; Ameixenda; e Tapia), así como das instalacións da Aula da Natureza, situadas na parroquia da Ameixenda, e do centro social da urbanización de Aldea Nova.

Servizo de limpeza dos centros educativos
Cómpre lembrar que o ano pasado o Concello de Ames tamén adxudicou o servizo de limpeza dos centros educativos de infantil e primaria do municipio por un importe de 318.099 euros. Este servizo foi adxudicado por un período de dous anos, prorrogables por dous máis. O obxecto deste contrato foi reorganizar e agrupar a prestación dos servizos de limpeza dos centros de educación infantil e primaria, así como das escolas unitarias do Concello de Ames (CEIP A Maía, CEIP Barouta, CEIP Agro do Muíño, CEP de Ventín, EEI Milladoiro e escolas unitarias de Agrón, Covas, Ortoño e Bugallido).

Esta foi a primeira vez que se licitou en conxunto o servizo de limpeza destes centros, mentres que o das escolas infantís fíxose a través doutro proceso no que se investiron máis de 97.700 euros por dous cursos escolares Este proceso de contratación correspondeulle ao servizo de limpeza das escolas de O Bosque (Bertamiráns), A Madalena e da Galiña Azul, estas dúas últimas situadas no Milladoiro. A duración inicial desta contratación tamén foi de dous anos, prorrogables por dous máis.

Psoe Ordes - O Psoe pide no congreso a limpeza urxente da N-550

La diputada socialista Paloma Rodríguez pide en el Congreso el acondicionamiento y la limpeza urgente de la N-550 en Ordes
En consonancia con las reivindicaciones de la Agrupación Socialista de Ordes, solicitó actuaciones para evitar riesgos de siniestralidad, incendios e inundaciones 

La diputada socialista ferrolana Paloma Rodríguez ha registrado en el Congreso una batería de iniciativas parlamentarias con las que solicita que el Gobierno acometa con urgencia las necesarias actuaciones de acondicionamiento y limpieza de la N-550 a su paso por Ordes. Rodríguez lleva así a las Cortes las reivindicaciones realizadas por la agrupación socialista de Ordes a través de su Secretario Xeral, Xesús Pedreira, para que Fomento lleve a cabo la adecuación de la calzada y el desbroce de los márgenes de la N-550 a su paso por la localidad

Los socialistas advierten de que el mal estado en el que se encuentran, tanto la propia carretera como sus márgenes, conlleva importantes riesgos de incendios forestales e inundaciones. Apuntan que esta “no es una situación nueva” y reprueban la “desidia” de Fomento durante los dos últimos años. De hecho, la agrupación socialista ha alertado en reiteradas ocasiones sobre este hecho si bien Fomento continúa desatendiendo las demandas de los ciudadanos en este sentido.

Del mismo modo, la diputada resalta que “el deterioro de la calzada puede influir de manera muy negativa en un elevado grado de siniestralidad vial”, por lo que acusa además a la Dirección General de Tráfico de “irresponsabilidad”.

Rodríguez recuerda que en los últimos meses se ha elevado de forma significativa el número de accidentes de tráfico en las carreteras nacionales que discurren por la Comunidad Autónoma de Galicia de modo que “Galicia ha cerrado junio con casi el doble de fallecidos en accidentes de tráfico en relación con el mismo periodo del año anterior”. Por ello, incide en que “la Dirección General de Tráfico debe dar solución urgente a aquellos factores de riesgo que con pequeñas actuaciones -como sería en este caso la adecuación de la calzada y el desbroce de los márgenes- puede evitar, pues de lo contrario las consecuencias pueden ser fatales para las personas y sus familias”

Espera así que estas iniciativas parlamentarias contribuyan a “que Fomento y Tráfico se coordinen” para evitar accidentes y la inseguridad vial existente para peatones y vehículos. Reclama “que el PP abandone de una vez esta inacción y se ponga a trabajar”.

Oroso - A empresa espectáculos Torres organizará as festas do Sacramento

O Concello de Oroso informa de que a empresa local Espectáculos Torres ofreceuse a organizar as festas do Sacramento

O Concello de Oroso informa de que a empresa local Espectáculos Torres ofreceuse como parte colaboradora para a organización das festas do Sacramento de Sigüeiro, que tradicionalmente teñen lugar o último domingo de agosto. Unhas festas que non se ía celebrar logo da disolución da comisión de festas de San Andrés de Barciela-Sigüeiro, que os membros da comisión xustificaron “debido á escasez de colaboración por parte da meirande parte do veciñado”.

O Concello de Oroso informa aos veciños, veciñas e establecementos comerciais e hostaleiros da capital municipal de que Espectáculos Torres tomará o relevo da comisión de festas de San Andrés de Barciela-Sigüeiro para tentar preparar un programa de actividades para o próximo 31 de agosto. Finalmente, o Concello de Oroso agradece o xesto altruísta desta empresa local de afrontar o desafío de organizar unhas festas de tanta tradición en Sigüeiro e con tan pouca marxe de tempo.

Axenda e tempo do xoves 24 de xullo - Apóstolo, concertos, exposicións

Corte de tráfico 

Por mor dunhas obras de canalización que Unión Fenosa ten que facer na rúa de Amio, esta estará cortada á circulación desde hoxe e durante 20 días. Permitirase o paso aos residentes.

Actividades e Festas do Apóstolo

2.00 h Praza da Quintana
Encontro de xigantes
e cabezudos

12.30 h Praza do Toural
Encontro de xigantes
e cabezudos

20.00 h Pasarrúas
Charanga Compostela

21.00 h Atardecer no Gaiás Entrada libre
Austrian Sound Scapes

23.30 h Praza do Obradoiro
Espectáculo nocturno
e fogos do Apóstolo
Acciona Producciones y Diseño / Ricasa

24.00 h Praza da Quintana Entrada libre ata completar aforo
Loquillo en concerto

24.00 h Orquestras na Alameda
Los Satélites
Outras actividades

Santiago - Festigal 

Santiago - circo de gorra en distintas prazas 

Santiago - vive o verán 


Santiago - 75 años do exército do aire

Santiago - Fundación Granell - Ana Gesto - a volta dun plato

Santiago Fundación Nova Caixa Galicia  - Maside en Compostela


Santiago - Fonseca - Valle - Inclán traducido

O Tempo

Festigal - Primeira xornada da edición de este ano

O Festigal despega coa potencia de Nao, Sés, Festicultores e A Quenlla
A zona de acampada será un dos alicientes para a mocidade achegarse a Santiago de Compostela e participar nas máis de 100 actividades programadas

O Festigal 2014 despegará na véspera do Día da Patria coa potencia sonora de Nao, Sés, Festicultores e A Quenlla, que se completará na tarde do 25 de xullo no campus sur con García MC, Os da Ría, Grampoder e Bouba. Galiza Nova, a Fundación Galiza Sempre e a Comisión organizadora programan este evento consolidado entre as feiras culturais con máis afluencia de Galiza.

Ademais da galería de artesanía, onde se poderán adquirir pezas orixinais e a bo prezo; do espazo deportivo, que disputará o tradicional Aberto de Billarda do Día da Patria, a exhibición de artes marciais históricas e a “All Stars Liga Gallaecia” de fútbol gaélico; Tasmina Ahmed, do Scotish National Party, participa na Galería das Ideas; a Escola de Ensino Galego Semente exporá as súas iniciativas na Galería de Centros Sociais; presentarase “50 preguntas e 50 argumentos para a soberanía de Galiza”; Xurxo Souto traerá “Contos do mar de Irlanda”, Teresa Moure “Uma Mãe Tão Punk”; “Autores e autoras para o 25 da patria” ofrecerán un recital poético; proxectarase “A Fazaña da Liberdade” sobre a vida de Alexandre Bóveda; e haberá obradoiros, danza e teatro para as crianzas. Mais, sobre todo, o Festigal converteuse nun lugar de encontro e de referencia para celebrar a gran festa do nacionalismo galego.

A Quenlla
A Quenlla, formada en 1984, é unha das formacións clásicas da nosa música, nove persoas que interpretan cancións tradicionais e de autor desde unha postura crítica e un compromiso activo e claro diante dos acontecementos que vive o noso país. Poderiamos dicir que A Quenlla non canta por cantar, senón que o fai para expresar o seu propio punto de vista, mostrar a riqueza da nosa música e cultura e manterse leal á defensa do noso idioma e da nosa Matria.

Sés
Sés é talento, forza, carisma: a gran revelación da música galega nos últimos anos. Aos poucos e grazas á transmisión boca-orella, a súa intensa personalidade e honestidade á hora de manifestarse foi conquistando o público cun caudal de enerxía que chama pola unión e o cuestionamento do estabelecido. “Co xenio destrozado”, o seu último disco, é un traballo feito desde o orgullo identitario, con frescura, vitalidade e actitude, temas de cantautora vestidos de blues, rock e sons do continente americano.

Nao
Nao preséntanse a si mesmos como unha “idea transformada en son, actitude e amizade”. Unha idea, tamén, transformadora, metáfora axitadora e rebelde que medra entre escenarios e estradas. Convertidos xa nunha referencia indiscutíbel da escena hadcore galega, esta banda da Estrada presentará o seu novo traballo “Cartas no caderno”.

Festicultores
Festa, humor, música, baile. Os Festicultores Troupe son unha banda galega totalmente atípica, que non deixan indiferente ninguén. Levan máis de 350 actuacións nos seus sete anos de existencia, en que compartiron escenario con artistas como Fanfare Ciocarlia, Gogol Bordello, Manu Chao ou Ojos de Brujo e tocaron –e foron premiados– en festivais internacionais de diferentes países como Polonia, Francia, Serbia ou Portugal. Co seu sadomusiquismo,a diversión e o baile están garantidos.

García MC
García Mc (Ghamberros, Dios Ke Te Crew, Labregos do Tempo dos Sputniks...) presenta "Abaixo e De Pé", un traballo en que amosa amor e rabia, unha mirada rebelde e zapatista que conduce a través dos ciclos naturais: a expresión das loitas de abaixo, as apegadas á terra. Será este un concerto de ritmo e oralidade, en que camiñaremos por Ordes, o Bronx ou a Selva Lacandona, acompañado por DJ Mil, todo desde unha posición clara: abaixo e de pé.

Os da Ría
Os da Ría Íntimos nace pola necesidade do público galego de conseguir un maior contacto con estes dous grandes divos da canción. Atendendo este reclamo, Arturito Puy e Fabián Santomé decidiron percorrer bares, salas e pubs coa maior parte do seu repertorio, adaptada neste caso á música dos teclados de Suso Pián. Eles tres son, pois, Os da Ría Íntimos... tres artistazos cos que o público non só gozará de boa música e divertidas letras senón tamén do contacto próximo directo cos 'admirados' artistas.

Grampoder
Grampoder son Le Roi e Martin Wu, antigos compoñentes de bandas como The Homens, Stay Pretty ou Fame Neghra. Fan rock portátil, pop campestre, folk psicodélico, punk acústico, hardcore comeflores. O seu set cabe nun Seat Ibiza e din que tanto poden tocar no Carnegie Hall como no hall dun piso de protección oficial. De feito, na súa curta traxectoria xa tiveron ocasión de actuar en bares, restaurantes, chiringuitos, museos de arte contemporánea, tendas de discos, galpóns e salas de estar. Porque o concepto é ese: facer boas cancións, con melodía, enerxía e compromiso, e poder adaptalas a calquera escenario. Presentarán “Golf Whiskey”.

Bouba
Bouba son cinco mozas pandereteiras que centran os seus esforzos en recoller a música tradicional do país para logo poder mostrar polo mundo adiante o poderío dos nosos vellos e das nosas vellas coa forza da nosa música. Coma din elas, festa? a nosa!!!

Brión - O concello homenaxeará a Roberto Vidal Bolaño cun busto

O Concello de Brión homenaxeará a Roberto Vidal Bolaño inaugurando un busto do dramaturgo na carballeira de Santa Minia
A inauguración terá lugar o vindeiro xoves 31 de xullo, ás 20:30 horas, coincidindo coa data de nacemento do escritor
O busto foi deseñado por Xosé Vizoso e elaborado polo propio Vizoso coa colaboración de Roge Fernández

“O Concello de Brión a Roberto Vidal Bolaño. 31 de xullo de 2014”. Esta é a escueta placa que acompañará o busto en bronce do insigne dramaturgo, que será inaugurado o próximo 31 de xullo, ás 20:30 horas, coincidindo co día do seu nacemento. Unha escultura que ocupará un lugar destacado no municipio: a carballeira de Santa Minia, concretamente no xardín situado en fronte da Casa da Cultura onde este ilustre veciño ensaiaba co seu grupo “Teatro do Aquí”. 

O alcalde de Brión, Xosé Luís García, entende que “é o emprazamento idóneo para este fermoso busto, xa que cómpre lembrar que a carballeira de Santa Minia foi tamén o escenario ao aire libre onde se representaron varias obras teatrais dirixidas e interpretadas por Roberto, como a A ópera de a patacón ou Touporroutou da Lúa e do Sol”. Ademais, na Casa da Cultura de Brión se representaron pezas como “Oé, oé, oé”, “Sen ir máis lonxe”, “Os Papalagüi” e “Animaliños”, obra inspirada nas vivencias cotiás de Vidal Bolaño no barrio brionés onde residía. 

“Un emprazamento, pois, cargado de moito simbolismo. Porque Brión non esqueceu en ningún momento a figura de tan ilustre veciño, que pasou entre nós os seus derradeiros anos na compaña da súa familia”, explica Xosé Luís García. De feito, a pegada de Vidal Bolaño en Brión aínda segue moi viva, como ben se puido comprobar en 2013, coincidindo coa súa elección como autor homenaxeado no Día das Letras Galegas. Unha homenaxe que chegou non só do Concello de Brión, senón da comunidade educativa brionesa,.

Características do busto
O busto de Roberto Vidal Bolaño foi deseñado polo recoñecido debuxante e deseñador gráfico Xosé Vizoso, residente en Brión. A escultura en bronce foi elaborada polo propio Vizoso en colaboración con Roge Fernández, a través da técnica de fundición en bronce á cera perdida (Fundición Wenceslao). A obra acompáñase dun audiovisual que recolle o proceso de elaboración do busto, con entrevistas relacionadas con Roberto Vidal Bolaño.

Pazo Faramello - Novo xardín en homenaxe as vitimas de Angrois

O alcalde de Rois asistirá á homenaxe que o Pazo do Faramello lles rende ás vítimas de Angrois

Hoxe xoves, día 24 de xullo, o Pazo do Faramello contará cun novo espazo nas súas instalacións. Será un xardín semipúblico e de acceso gratuíto situado en pleno Camiño de Santiago co que se homenaxeará as vítimas do accidente ferroviario de Angrois. Ás 11 da mañá plantaranse as primeiras árbores, será nun acto para o que xa confirmaron presenza Ramón Tojo Lens, alcalde de Rois, Gonzalo Ordóñez, director xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias da Xunta de Galicia e Yolanda Ferro, do departamento de márketing de Turismo de Santiago e coordinadora técnica do grupo Área Santiago.

O xardín estará dedicado ás vítimas do accidente de Angrois e constará de 79 cercis siliquastrum tamén coñecidas como 'árbores do amor'. A iniciativa partiu do director-xerente do Pazo, Gonzalo Rivero de Aguilar, e contou coa colaboración da Fundación Juana de Vega.

Será “algo sinxelo” en con “grande carga simbólica”, segundo explica Gonzalo Rivero de Aguilar, director-xerente das instalacións. A primeira árbore plantarase hoxe e o resto nos vindeiros días. Para tal fin tamén se organizará unha xornada de portas abertas na que o público poderá participar á hora de darlles unha nova ubicación ás restantes árbores.

A iniciativa conta coa colaboración da Fundación Juana de Vega, entidade galega que aboga pola protección e a posta en valor da agricultura e que se mostrou “encantada” e “interesada desde o primeiro momento” en facer parte da mesma, segundo relata Gonzalo Rivero de Aguilar.

Este novo xardín do Pazo será de acceso gratuíto e ten carácter semipúblico, xa que forma parte do terreo do propio Pazo pero, ao mesmo tempo, atópase no paso do Camiño portugués de Santiago. Estará situado na parte máis alta do terreo, “un lugar que convida ao recollemento e que ten unha beleza especial”, conclúe o director-xerente do Faramello.

Plataforma Preferentes - Mobilización na oficina principal de Abanca

A Plataforma de Afectados por Preferentes de Compostela e Comarca realizará unha mobilización na oficina principal de Abanca, en Compostela, denunciando que se están a recurrir sentenzas xudiciais favorabeis aos afectados, prolongando máis o tempo de espera para a recuperación dos seus aforros.

A Plataforma de Compostela e Comarca denuncia, que lonxe da imaxe que se está a dar de que o problema das preferentes está xa solucionado, ABANCA e o FROB están a recurrir sentenzas favorábeis aos estafados de diversas plataformas. En concreto, a semana pasada unha membro da plataforma recibíu a boa nova de ter resultado favorable a súa sentenza, máis uns días despois comunícanlle que esta foi recurrida pola entidade, o que supón meses de espera ata a recuperación efectiva dos cartos. No seu caso Abanca e o Frob ofrecéronlle en dúas ocasións trasacordos económicos, pero que supuñan unha perda patrimonial, recoñecendo a mala comercialización do producto. A Plataforma de Compostela mobilizarase este xoves na oficina principal de NGB esixindo que non se recurran as sentenzas favorabeis aos estafados, de xeito que recuperen o antes posíbel os seus aforros, e que se cumpran as promesas de solución para todos os estafados.

Xa son perto de 6.000 as demandas xudiciais presentadas a inicios deste ano, por un importe superior aos 325 millóns de euros, e cuns resultados de sentenzas favorábeis dun 99,6%. A entidade está a ofrecer acordos a algúns clientes para devolverlles os cartos, que agardamos se extendan á totalidade d@s estafad@s, e que as sentenzas favorabeis non sexan recurridas. 

Convocamos  á rolda de prensa do día de hoxe, ás 12:00 h. na oficina principal de Abanca
en Santiago de Compostela (Praza de Galicia)

Mentres haxa xuizos pendentes ou sentenzas recurridas, a Plataforma manterá as súas mobilización ata recuperar o 100% dos aforros. Porque non todo está resolto!. Non pararemos ata que cobremos!

Axenda e tempo do mércores 23 de xullo - Apóstolo, exposicións

Corte de tráfico 

Por mor dunhas obras de canalización que Unión Fenosa ten que facer na rúa de Amio, esta estará cortada á circulación desde hoxe e durante 20 días. Permitirase o paso aos residentes.

Carlos Blanco e Budiño onte martes na Quintana
Actividades e Festas do Apóstolo
21.00 h Praza da Quintana
Entrada libre ata completar aforo

Vintage Trouble en concerto
+Novedades Carminha

Outras actividades

Santiago - vive o verán 


Santiago - 75 años do exército do aire

Santiago - Fundación Granell - Ana Gesto - a volta dun plato

Santiago Fundación Nova Caixa Galicia  - Maside en Compostela


Santiago - Fonseca - Valle - Inclán traducido

O Tempo

Ordes - Comezan as obras de mellora da iluminación pública

Ordes inicia as obras de mellora do seu sistema de iluminación pública en varias rúas do seu casco urbán 
Conseguirase un aforro estimado nun 30%. O Concello pretende cumplir co Regulamento de Eficiencia Enerxética en Instalacións de Alumbrado Exterior

 O Concello de Ordes está continuar coas tarefas de mellora de moitas das luminarias e do sistema de iluminación pública emprendidas o pasado ano. Concretamente dita labor aplícase na travesía Piñeiro e nas rúas Mina, Casavella, Fábrica, Viriato Lamas, Galicia, e parte de Alfonso Senra. Un proxecto subvencionado en base á resolución do 23 de decembro de 2013 e publicada no Diario Oficial de Galicia, para o que se presentaron conxuntamente os municipios de Ordes, Trazo e Frades. En total investiranse algo máis de 60.000 euros para acometer tales obras.

Entre os obxetivos máis inmediatos que se pretenden alcanzar con esta medida están o aforro enrexético, estipulado nun 30% aproximadamente, e o aumento da calidade lumínica, conseguindo reducir a contaminación luminosa e a a luz intrusa ou molesta en horario nocturno. Con elo o Concello pretende cumplir co Regulamento de Eficiencia Enerxética en Instalacións de Alumbrado Exterior. Para elo instalaranse interruptores de encendido astronómico combinado con contadores para un correcto funcionamento en función da época do ano. Tamén se procederá coa instalación de reactancias electrógenas de doble ou triple nivel, o que propiciará un aumento de vida útil así como do fluxo luminoso das lámparas, as cales serán de 50, 100 e 150 vatios dependendo da zona. As luminarias irán instaladas sobre columnas de aceiro galvanizado de 9 metros de altura. No referente ao mantemento o proxecto indica que éste se realizará cada dous anos.

BNG Compostela - Demandas de mellora no transporte urbano

O BNG reclama melloras no servizo de transporte urbano
O Goberno local comprometérase en xaneiro a buscar solución á falta de frecuencias de bus e, coa chegada do verán, aínda recortaron máis

O Bloque Nacionalista Galego demandará, a través dunha iniciativa no vindeiro Pleno municipal, melloras no transporte urbano. En concreto, reclama a restauración do servizo de autobús para lle dar solución ás necesidades da veciñanza do Son de Abaixo e arredores; a prolongación do transporte urbano de Aradas até Lamascal con retorno por Vrins e que non se reduzan no verán as frecuencias a zonas que xa habitualmente contan cun servizo precario de transporte público.

O transporte público colectivo ten que servir para facilitar a mobilidade urbana e tamén para favorecer a vertebración territorial dos núcleos máis afastados do centro urbano, “ademais de supor a alternativa máis ecolóxica, económica e solidaria”, explicou a concelleira Elvira Cienfuegos en rolda de prensa, “xa que Santiago de Compostela conta con máis 250 núcleos de poboación”. “Xa que logo, o Concello de Santiago debe impulsar o uso do transporte público colectivo e favorecer a súa utilización”, indicou. Así se contemplaba, por outra parte, “no programa co que o PP se presentou as eleccións no 2011, no que ademais e no relativo ao medio rural, se comprometía a aumentar as frecuencias dos buses ao centro con regreso”.

Non obstante, en setembro do ano 2013 e como consecuencia da aplicación dunha sentenza, reducíronse notabelmente as frecuencias do transporte urbano que prestaba servizo ao Son e arredores, unha zona con gran número de núcleos que, segundo a veciñanza, tivo servizo de buses dende a década de 1970. Á vista de que as demandas veciñais non eran tomadas en consideración, o BNG en xaneiro deste ano levou un rogo ao Pleno para que se restaurase o servizo para dar resposta satisfactoria ás súas necesidades, que foi respondido polo Goberno municipal coa promesa de buscar solucións sen que supoñan interferencias co cumprimento da sentenza. Na actualidade aínda non se puxeron en marcha, explicou, senón que se reduciron aínda máis.

Explicou Elvira Cienfuegos que tampouco se deu solución á demanda de prolongar a liña de Aradas até Lamascal con regreso por Vrins, unha proposta que segundo os responsábeis de mobilidade do Concello había tempo que estaba en estudo cando o BNG o demandou en decembro de 2013.

Ademais, no período estival redúcense as frecuencias de algunhas liñas de autobuses, o que engade dificultades a zonas e servizos que xa habitualmente non dispoñen dun transporte público axeitado, como no acceso á residencia de San Marcos ou o transporte a Figueiras. Así, citou como exemplos o bus que sae ás 7:25 do Son cun único regreso dende o centro ás 20:30 horas e o de San Marcos que quedou relegado só aos sábados, un día á semana, cando tiña frecuencia diaria.

Teo - Programa de envellecemento activo do concello

Benestar abrirá novos grupos de ximnasia e memoria dentro do programa de envellecemento activo de Teo
Case 250 persoas participan nas actividades de ximnasia adaptada, estimulación coginitiva e pintura que funcionan durante o curso 

O programa de envellecemento activo do Concello de Teo, coordinado polo departamento de Benestar oferta as actividades de ximnasia adaptada, estimulación cognitiva e pintura na que participan preto de 250 maiores cada tempada. O éxito e o bo funcionamento destas clases fixo que se acordara ampliar a oferta de grupos, abrindo polo menos dous novos grupos de ximnasia e memoria. 

Segundo explica Ignacio Iglesias, concelleiro de Benestar, “nos últimos anos impulsouse un programa específico para as persoas de máis de sesenta anos no que se potencia a súa autonomía funcional e se reforzan as súas habilidades para mellorar a súa calidade de vida”. 

A ximnasia adaptada está funcionando xa en Calo, Vilariño, Oza, Os Tilos, Cacheiras, Lucí, Rarís, Luou e Francos e participaron o ano pasado case 200 persoas. Os grupos de memoria realízanse en Vilariño, Recesende e Calo e trabállase a estimulación cognitiva para exercitar o cerebro e reforzar as habilidades mentais. As clases de pintura realízanse na Ramallosa e están dirixidas a potenciar a expresión persoal a través da arte. 

As actividades desenvólvense ao longo de todo o ano mais nos meses de xullo e agosto descansan xa que tradicionalmente a asistencia dimunuía considerablemente. Benestar quixo despedir o curso cunha pequena festa na Casa Común de Rarís na que participaron ó redor de 150 persoas dos asistentes ás actividades. O programa de envellecemento activo conta co financiamento da Deputación da Coruña.

Ames - O concello lamenta o accidente na piscina do Milladoiro

O Concello de Ames lamenta o accidente que se produciu onte na piscina do Milladoiro

Na mañá de onte, varios técnicos do Concello achegáronse ata esta instalación, para revisala e ordenar os traballos a executar e recuperar a normalidade da piscina infantil do Milladoiro, que estará pechada ata o venres por traballos de reposición. Asemade, tamén se están a revisar o resto de piscinas municipais.

A piscina infantil do Milladoiro contaba con todos os permisos para estar aberta ao público. Os controis sanitarios feitos no momento da súa apertura e nas últimas semanas resultaron positivos. Deste xeito, esta instalación pasou a correspondente inspección da Consellería de Sanidade, da Xunta de Galicia, realizada o pasado día 9 de xullo. Nesta inspección non se detectou ningún problema de seguridade.

O alcalde de Ames, Santiago Amor, lamenta o accidente que se produciu onte na piscina do Milladoiro e explicou que “o goberno municipal púxose a disposición dos pais dende o primeiro momento para coñecer a situación e evolución do neno”.

O Concello de Ames lamenta o accidente que se produciu na tarde de onte na piscina municipal do Milladoiro, no que un neno quedou enganchado ao meter unha man nun conduto de auga desta instalación. O goberno municipal púxose a disposición dos pais do neno implicado no devandito incidente dende o primeiro momento para coñecer a situación e evolución do rapaz. A concelleira de Deportes, María Eugenia Martín, achegouse ata a piscina do Milladoiro en canto tivo constancia dos feitos, e o alcalde de Ames, Santiago Amor, estivo no hospital na tarde de onte para interesarse polo estado do neno. Na mañá de hoxe, varios técnicos do Concello achegáronse ata esta instalación, para revisala e ordenar os traballos a executar e recuperar a normalidade da piscina infantil do Milladoiro, que estará pechada ata o venres por traballos de reposición. Asemade, tamén se están a revisar o resto de piscinas municipais.

A piscina infantil do Milladoiro estará pechada ata o vindeiro venres, 25 de xullo, debido ás obras de reparación que se están executando no seu vaso. Na mañá de hoxe, varios técnicos do Concello achegáronse ata esta instalación, para revisala e ordenar os traballos a executar e recuperar a normalidade da piscina infantil do Milladoiro, que estará pechada ata o venres por traballos de reposición. Asemade, tamén se están a revisar o resto de piscinas municipais.

Ata este mesmo lugar achegáronse o alcalde de Ames, Santiago Amor, e a concelleira de Deportes, María Eugenia Martín, para comprobar o inicio dos traballos de reparación. A piscina infantil do Milladoiro contaba con todos os permisos para estar aberta ao público. Os controis sanitarios feitos no momento da súa apertura e nas últimas semanas resultaron positivos. Deste xeito, esta instalación pasou a correspondente inspección da Consellería de Sanidade, da Xunta de Galicia, realizada o pasado día 9 de xullo. Nesta inspección non se detectou ningún problema de seguridade.

Unha vez rematen os traballos de reparación haberá que volver a encher de auga esta piscina e realizar os correspondentes controis sanitarios. Nestes controis avalíanse diferentes parámetros como o cloro, o PH e a turbidez da auga. Aínda que a piscina infantil estará pechada uns días, a piscina de adultos seguirá aberta no seu horario habitual de 10:30 h a 20:30 horas, de luns a domingo.

O alcalde de Ames, Santiago Amor, lamentou o accidente que se produciu onte na piscina de Milladoiro e explicou que “o goberno municipal púxose a disposición dos pais dende o primeiro momento para coñecer a situación e evolución do neno”. A concelleira de Deportes, María Eugenia Martín, achegouse ata a piscina do Milladoiro en canto tivo constancia dos feitos e o alcalde de Ames, Santiago Amor, estivo no hospital na tarde de onte para interesarse polo estado do neno.

O rexedor municipal tamén indicou que “esta mañá comezaron as obras de reparación nesta instalación, uns traballos que están sendo supervisados polos técnicos municipais”.