PP BRION


EL PP DE BRIÓN SE ENTREVISTA CON AUGAS DE GALICIA PARA EL ARREGLO DE ACERAS EN OS ÁNXELES. CARLOS TOMÉ PIDE UN ESFUERZO ECONÓMICO PARA UNA NECESIDAD VECINAL.

El Partido Popular de Brión acaba de cumplir con lo prometido la semana pasada a los vecinos de Os Ánxeles. Concretamente en las aldeas de Gundín y Lago, las recientes obras de saneamiento y aceras en estos lugares, han dado muchas quejas vecinales, debido al acabado de éstas y a problemas de inundaciones y accesos a las viviendas.

Los populares se hacían eco de este malestar, y se reunieron con los vecinos y un técnico, visitando las obras y buscando posibles soluciones. En esta visita, el portavoz popular Carlos Tomé, se comprometió a llevar el asunto a la Xunta de Galicia, e intermediar para que se busquen soluciones lo antes posible.

El Organismo Augas de Galicia fue el encargado de realizar las obras citadas, por ello ayer por la mañana, Tomé pudo entrevistarse con su Presidenta, Ethel Vázquez Mourelle, llevándole un informe fotográfico de las zonas afectadas y explicándole los problemas surgidos.

Según Tomé: “agradezo a celeridade cá que se nos atendeu. Confío plenamente en que a Xunta faga un esforzo económico para atender a estas necesidades veciñais, porque non son un capricho senón unha necesidade”.

Por parte de la Presidenta de Augas, ésta se comprometió a estudiar el asunto de inmediato, y a ponerse en contacto con la empresa que ejecutó las obras, para buscar posibles soluciones y un presupuesto de las mejoras.

Las obras realizadas  costaron unos 200.000 euros y comprendieron el saneamiento y construcción de aceras en los lugares de Gundín y Lago (Os Ánxeles) y Vexo (A Luaña). Las mejoras ahora solicitadas, según los populares podrían costar entre 15.000 y 20.000 euros, pero tal y como apunta Tomé: “sei que o meu partido goberna na Xunta e que ten as arcas case valeiras, pero non me queda máis remedio que pedirlle máis gastos, defendendo sempre aos meus veciños e os seus problemas”.

AYUNTAMIENTO DE AMES


Renóvase o convenio co IES de Ames para usar as súas instalacións fóra do horario escolar

[09/03/2010] O goberno municipal acordou, en Xunta de Goberno local, aprobar de novo o convenio de colaboración co IES de Ames para usar as súas instalacións fóra do seu horario lectivo. O convenio recolle unha compensación económica de 19.000 euros a este centro educativo para sufragar os gastos que lle ocasionen ás actividades programadas ata o mes de outubro deste ano 2010. Eses gastos corresponderanse cos que non son imputables ao seu funcionamento normal, tales como luz, calefacción, auga ou os honorarios do conserxe que abre o centro durante esas horas.
O Concello de Ames continúa traballando para fomentar que os nenos e nenas amienses ocupen o seu tempo de lecer con actividades formativas ao mesmo tempo que se divirten. Así varios departamentos do equipo de goberno asinaron un convenio de colaboración coa directora do IES de Ames, Mº Soledad Louro Lestón, que permita a utilización das súas instalacións fóra do horario escolar para a realización das distintas actividades incluídas nas programacións anuais das concellarías implicadas.

Concellaría de Educación
As actividades incluídas na programación desta Concellaría que se celebran nas instalación do IES de Ames son moi diversas e variadas. Así neste centro desenvólvense toda a programación relativa aos Lúdicos (Nadal Lúdico, Primavera Lúdica, Xuño Lúdico e Setembro Lúdico). En verán acolle as escolas de verán que se celebran durante os meses de xullo e agosto.

Ademais durante o curso o pavillón deportivo do IES de Ames emprégase para realizar diversas actividades. Como o servizo de comedor escolar deste colexio ten varias quendas, os nenos e nenas aproveitan o tempo de lecer antes e despois de comer para divertirse no ximnasio do IES de Ames.

As clases da Escola Municipal de Adultos tamén se imparten no IES de Ames. As persoas maiores de 18 anos que desexan obter o Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) poden formarse a través da Escola Municipal de Adultos que o Concello de Ames pon en marcha cada ano ao comezo do curso escolar. Os alumnos e alumnas amienses que asisten ás clases deste programa reciben axuda para preparar os exames e deste xeito poder obter o título.

Concellaría de Cultura e Deportes
A programación desta Concellaría inclúe as actividades da Escola de Musica, os cursos de lingua galega e diversas actividades deportivas, así como os obradoiros de radio e o de teatro.

Nas clases da EMMA impártense leccións de Música e Movemento, dirixidas aos cativos de catro a seis anos, e de Linguaxe Musical ou práctica instrumental, para rapaces e rapazas maiores de sete anos. As clases da EMMA son impartidas no IES de Ames e no CEIP de Ventín.

Os obradoiros de radio e teatro organizados polo Concello de Ames tamén requiren dunhas instalacións que se adecúen ás súas propostas para ofrecer aos participantes a mellor aprendizaxe posible nun entorno adecuado para desenvolvela.

Concellaría de Mocidade
Nas instalacións do IES de Ames tamén se desenvolven varias actividades programadas pola Concellaría de Mocidade. Entre elas, destacan o obradoiros de graffittis, dentro das xornadas de cultura urbana, ou o obradoiro de artes escénicas onde os participantes aprenden o manexo do son e a iluminación nesa profesión.

Ademais, requírese o uso das aulas do centro educativo de Bertamiráns para o programa de apertura polas tardes co obxectivo de continuar co reforzo educativo.

Concellaría de Servizos Sociais
Este departamento é o encargado de organizar os cursos de alfabetización de adultos así como os cursos de atención a inmigrantes. Nas aulas do IES de Ames estase organizando o obradoiro de lingua e cultura no que participan arredor de 60 persoas de 15 nacionalidades diferentes co obxectivo de achegárense a nosa lingua e a nosa cultura dun xeito práctico e ameno. As clases comezaron o 22 de febreiro e rematarán o próximo día 22 de marzo.

Vantaxes
As instalacións do IES de Ames son idóneas para a súa utilización nas actividades desenvolvidas polo Concello, máxime tendo en conta a vantaxe que supón o feito de que se atopen todas nun mesmo emprazamento, o que facilita a xestión e evita o riscos e incomodidades que se derivarían de hipotéticos desprazamentos dos usuarios.

As instalacións do IES de Ames son ademais as únicas do municipio que ofrecen as características de equipamento precisas, xa que pola súa diversidade en espazos deportivos e docentes poden albergar as múltiples actividades desenvoltas polo Concello, considerándose que non existe alternativa ás mesmas dentro do termo municipal.

Este convenio recolle unha compensación económica de 19.000 euros ao IES de Ames para os gastos que lle ocasionen ás actividades programadas fóra do horario escolar e que non son imputables ao seu funcionamento normal, tales como luz, calefacción, auga ou conserxería. Ademais, a fin de compatibilizar no posible ambos usos e evitando no posible coincidencias de espazos e horarios, as dúas entidades presentarán as súas propostas con tempo sempre para que os usuarios de ambas resulten os auténticos beneficiarios finais deste acordo.

AYUNTAMIENTO DE MELIDE


·         A alcaldesa, Socorro Cea, e a concelleira de Igualdade, Casé Rodríguez, ofreceron unha rolda de prensa no Centro de Información á Muller para presentar os tríptico e tamén uns marcapáxinas sobre mulleres ilustres galegas que dan nome a rúas de Melide.

·         O material distribuirase entre os centros educativos de Melide, e tamén á veciñanza das rúas ás que dan nome.

No pleno do 6 de agosto de 2008 o equipo de goberno de Melide incluíu o nome de sete mulleres galegas ilustres no rueiro da vila.

Xa naquel momento, o Concello iniciara unha campaña nalgunha destas rúas máis importantes para dar a coñecer a vida e obra das mulleres que pasaran a formar parte do rueiro. Agora, e con motivo das actividades programadas co gallo do Día da Muller, a concellaría de Benestar e Igualdade vén de editar unha tirada de trípticos sobre estas figuras femininas, ás que se suma ademais unha tirada de marcapáxinas conmemorativos destas mulleres.

A alcaldesa de Melide, Socorro Cea, explicou que “como administración pública temos a obriga de facer o posible para que os nomes destas mulleres insignes que dan nome ás nosas rúas estean na memoria e no corazón da veciñanza, pois o seu papel, por unhas razóns ou outras, foi fundamental na cultura e sociedade galegas”.

Nesta edición elaboráronse doce trípticos monográficos, que teñen por protagonistas a Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Concepción Arenal, Francisca Herrera, Clara Campoamor, María Barbeito, Maruxa Mallo, María Casares, Filomena Dato, Olimpia Valencia, Inés de Castro e Sofía Casanova.

Socorro Cea destacou “a intención do Concello de Melide de sacar adiante esta iniciativa con motivo do 8 de marzo, xa que moitas destas mulleres foron determinantes na independencia feminina, como é caso de Clara Campoamor, impulsora do dereito das mulleres ao voto, ou Francisca Herrera, primeira muller que formou parte da Real Academia Galega”.

A concelleira de Benestar, Casé Rodríguez, informou de que este material será difundido entre os centros educativos de Melide, a través dos seus titores, ademais de ser remitido a cada domicilio nas rúas que leven o nome da muller homenaxeada. Ademais, tanto os trípticos coma os marcapáxinas estarán a disposición de quen o desexe na biblioteca municipal de Melide.

O contido dos trítpicos recolle tanto aspectos da vida persoal como da vida profesional destas doce figuras da sociedade e da cultura galegas. En palabras de Socorro Cea, “cremos que é unha boa iniciativa para dalas a coñecer, e seguiremos potenciando a divulgación destas figuras destacadas da nosa historia”.

Ademais da edición deste material, a concelleira Casé Rodríguez lembrou que seguen en marcha moitas actividades organizadas polo Concello con motivo do 8 de marzo. Entre elas destacou a exposición de pintura feita por catorce mulleres (e dous homes), que pode verse na Sala de Exposicións do Concello; o curso de cociña para nenos, que dará comezo esta tarde nas dependencias do Concello, ou o curso de cociña para homes adultos, que conta xa con dúas quendas debido á elevada demanda de participación.

PSOE SILLEDA


O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA  CALIFICA COMO “UN BRINDIS Ó SOL” AS DECLARACIÓNS DE REY SOBRE A IMPLANTACIÓN DO NOVO PLAN MEDIOAMBIENTAL



9 de marzo de 2010.-  Os socialistas califican de “brindis ó sol” o anuncio feito pola alcaldesa de que “está a traballar na xestión dun proxecto máis ambicioso que permita a implantación de novos modelos de reciclaxe para que comecen a ser instaurados na vida cotiá dos veciños do municipio (textual da web municipal)” sen dar ningunha información sobre o mesmo, nin datas de posta en marcha nin unha simple cuantificación económica de aforro no servicio municipal “o goberno adícase a lanzar propostas sen saber que é o que van a facer”

Para os socialistas que Rey estea pensando en implantar novos modelos de reciclaxe choca radicalmente co que está facendo na actualidade xa que sigue  a ter os contedores de aceite usado “agochados na nave almacén do concello” ou a non recoller correctamente a selectiva nas parroquias,  ou a ter os contedores de Silleda e Bandeira “que da noxo tocalos”, ou a non cumprir coa recollida de vidro “a denuncia feita polo contedor de vidro de Cira segue sen estar resolta”

Para os socialistas, o anuncio de que van a recibir máis contedores da Consellería de Medioambiente, é recibido con satisfacción pero creen que “que soamente é un parche para aliviar a situación actual pero non a solución definitiva”

Os socialistas creen que Rey debería retomar a proposta iniciada polo anterior goberno consistente en buscar financiación para equipar os cascos urbanos de Silleda e Bandeira dunha contenerizacion de 500 l, esto é contedores de palanca con moita máis capacidade e mellor imaxe para unha vila. Unha vez implantado este servizo todos os contedores actuais quedarían a disposición dos cidadáns do resto do concello, para instalar nos novos puntos que sexan necesarios, ou para sustituir os que se vaian deteriorando

Esta proposta ía ser incluída polo anterior goberno dentro do Plan E estatal, xa que ademais era unha demanda das asociacións de veciños que  agora non se cumpren, pero a falla de planificación a nivel medioambiental provoca que Rey perdera esta oportunidade “eso si, Fomento e a Xunta van ter unhas rotondas mais bonitas arranxadas polo Concello”

Os socialistas, indícanlle á Alcaldesa que para iniciar unha campaña para concienciar á cidadanía dos beneficios da reciclaxe, o primeiro que ten que facer é dar exemplo, limpando  os contedores, recollendo adecuadamente  o lixo, dotando de novos sistemas como os contedores de aceite ou os mini puntos limpos , aumentando a frecuencia na recollida dos contedores amarelos “e por suposto empezar a crer na reciclaxe, para poder despois  empezar a  formar á cidadanía” 

AYUNTAMIENTO DE OROSO


O CONCELLO DE OROSO ABRE HOXE O PRAZO DE
INSCRICIÓN NO PROGRAMA DE CONCILIACIÓN FAMILIAR “DIVER PRIMAVERA”

O programa, dirixido a nenos en idade escolar, busca axudar ás familias a conciliar a vida laboral e familiar nas vacacións de Semana Santa

09 de marzo de 2010.- O Concello de Oroso abre hoxe o prazo de inscrición no programa de conciliación familiar “Diver Primavera”, dirixido a nenos e nenas en idade escolar e que terá lugar nas instalacións do CEIP de Sigüeiro ao longo de catro días (29, 30 e 31 de marzo e 5 de abril), coincidindo coas vacacións escolares de Semana Santa. O prazo para apuntarse estará aberto ata o luns 22 de marzo no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Con esta iniciativa, o Concello de Oroso pretende ocupar os pequenos con actividades educativas e divertidas, ao tempo que lles ofrece aos seus pais e nais unha alternativa para facilitarlles a conciliación da vida laboral e familiar durante as mañáns deses catro días de vacacións escolares. Os prezos de inscrición varían entre os 20 e os 50 euros, dependendo do número de horas nas que o rapaz participe na actividade (5 ou 8 horas) e de se queda ou non a xantar.

Así, o Concello de Oroso ten programados dous horarios (de 7:30 a 15:30 horas e de 9:00 a 14:00 horas) para que os pais poidan elixir aquel que mellor se adapte ás súas necesidades. No caso do turno de 7:30 a 15:30 horas, os prezos son de 32 euros (sen xantar) e de 50 euros (con xantar). No caso da quenda de 9:00 a 14:00 horas, as cotas son de 20 euros (sen xantar) e de 38 euros (con xantar).

PP ARZUA


El PP de Arzúa califica de “vergonzosa y bochornosa” la intervención del pregonero de esta XXXV  edición de la Festa do Queixo

·        La representante popular insta al alcalde Xaquín García a que dé una explicación sobre lo ocurrido en el acto oficial y se disculpe ante el pueblo y el Gobierno de la Xunta de Galicia

Arzúa, 8 de marzo de 2010.- La Portavoz del Partido Popular de Arzúa, Leyre Aldasoro, calificó de vergonzosa y bochornosa la intervención del pregonero de esta XXXV edición de la Festa do Queixo en el acto institucional de la lectura del pregón. Para Aldasoro, en un acto institucional como éste, pagado con dinero de todos los arzuanos no caben comentarios como los pronunciados por el pregonero donde más que ensalzar el producto y la fiesta se dedicó a hacer política en contra del presidente de la Xunta de Galicia y del gobierno de Galicia. “Es una vergüenza que desde el propio gobierno municipal se apoye y respalde este tipo de gestos que más que enaltecer descalifican la propia fiesta”, denuncia la representante popular.

Aldasoro insta al alcalde Xaquín García que dé una explicación sobre lo ocurrido y se disculpe ante el pueblo y ante el Gobierno de la Xunta de Galicia que en todo momento se mostró participativo  con Arzúa y la Festa do Queixo tanto a nivel económico como en presencia institucional, ya que tanto la portavoz popular y concejala del Partido Popular de Arzúa como el Director Gerente de Galicia Calidade de la Xunta de Galicia estuvieron presentes en todo momento. En palabras de la portavoz del Partido popular arzuano, “lo ocurrido el sábado en Arzúa fue un espectáculo muy poco afortunado fomentado y promovido por un alcalde y un gobierno municipal decadente y resentido por los resultados de las pasadas elecciones autonómicas”. Aldasoro espera una rectificación y que se haga extensiva a todos los vecinos de Arzúa.

AYUNTAMIENTO DE AMES


Rematan as intervencións do programa de inserción xuvenil no IES de Ames

[08/03/2010] O programa de inserción social e laboral da mocidade en risco de exclusión social xurdiu co fin de axudar á xuventude a loitar contra o desamparo e o risco de exclusión social. As sesións leváronse a cabo no IES Ames e no IES Eduardo Pondal con diversos grupos de mozos e mozas do municipio. Esta mañá remataron de xeito satisfactorio todas as intervencións que se desenvolveron no instituto de Ames, mentres que no IES Eduardo Pondal rematarán o vindeiro 24 de marzo.
Ames é un concello eminentemente xoven e en constante crecemento, polo que é preciso impulsar os novos xacementos de emprego e establecer un plan de actuación entre os diferentes departamentos municipais para dar cobertura ás necesidades educativas, formativas e laborais do grupo de mozos e mozas que están nesa idade comprendida entre os 12 e os 30 anos.

A finais do mes de outubro a Concellaría de Mocidade contratou, a través do programa de cooperación subvencionado pola Xunta de Galicia, a unha auxiliar administrativa e unha pedagoga, para poñer en marcha o programa de inserción social e laboral da mocidade en risco de exclusión social. Estas dúas traballadoras ofrecen un servizo que intenta favorecer a participación social e laboral dos rapaces e rapazas do noso concello, creando unha rede de colaboración e coordinación municipal na atención do colectivo en risco de exclusión social.

O programa de intervencións nas aulas, denominado "Falamos…?", comezou o pasado mes de xaneiro no IES Eduardo Pondal, que conta cun gran número de alumnado que reside no Milladoiro, pero tamén chegou ao IES de Ames durante os meses de febreiro e marzo para desenvolver diversas sesións entre os rapaces e rapazas de 2º de ESO e o alumnado do PCPI de xardinería.

IES de Ames
Os rapaces e rapazas de todos os cursos de 2º de ESO tiveron a oportunidade de aprender diferentes habilidades e destrezas básicas para mellorar as súas relacións sociais e persoais en diversos contextos.

Deste xeito, abordáronse temas de asesoramento, orientación educativa e laboral, formación permanente e eficaz, garantía da igualdade de condicións na busca de emprego e a mitigación dos efectos da precariedade do mercado de traballo, co fin último de favorecer a inserción social e laboral da elevada porcentaxe da poboación moza de Ames.

A primeira sesión estivo enfocada no concepto da autoestima, a segunda xirou en torno á asertividade e a resolución de conflitos de maneira adecuada e a última tivo como eixo principal a comunicación e a escoita activa. As clases vertebráronse arredor dunha exposición do significado de cada concepto dunha forma dinámica e próxima ao alumnado para que comprendesen de primeira man os contidos de cada sesión.

A partir de entón cobrou importancia a intervención e a participación dos mozos e mozas relatando exemplos da súa vida diaria para que reflexionasen acerca das situacións vividas e a resolución das mesmas a través de todo o transmitidos nas aulas.

Ao longo de 50 minutos, que durou cada sesión, os estudantes foron moi participativos relatando vivencias familiares onde recoñecían que os contidos aprendidos nestas sesións eran moi útiles para a súa vida diaria e para mellorar as súas relacións persoais.

Para completar as sesións, fíxose uso da técnica de interpretación ou role playing a modo de casos prácticos. O primeiro deles xirou en torno á resolución dun conflito mediante o uso da asertividade que foi todo un éxito. Ademais, completouse cun segundo xogo baseado na técnica do rumor, onde os participantes deron conta da importancia de saber comunicar pero tamén de escoitar aos demais.

"Estou moi satisfeita pola aceptación que tivo o programa entre o alumnado do IES de Ames. Todos os rapaces e rapazas mostraron unha gran disposición para participar nas sesións programadas", explicou a Concelleira de Mocidade, Patricia Conde.

PCPI de Xardinería
O Programa de Cualificación Profesional Inicial de Xardinería que se imparte no IES de Ames foi outro dos grupos que se beneficiou das vantaxes do programa de inserción social e laboral. Durante o mes de marzo, os 5 alumnos desta formación aprenderon, en dúas sesións de hora e media de duración, diversas técnicas de busca de emprego.

Os días 1 e 8 de marzo, os participantes tiveron a oportunidade de completar as súas ferramentas básicas para editar o seu propio Currículum Vitae ou unha carta de presentación solicitando traballo, por exemplo.

Continúa no IES Eduardo Pondal
O programa "Falamos…?" segue o seu transcurso no IES Eduardo Pondal onde acude unha gran parte da mocidade do Milladoiro pola súa proximidade xeográfica. Tres grupos de 1º da ESO participan nas sesións que leva a cabo o programa de inserción onde existe un alto número de alumnado inmigrante.

Este é un dos motivos principais para que este centro sexa clave no desenvolvemento do curso. Durante o mes de marzo as sesións estarán dedicadas á aceptación de normas e límites para que os rapaces mediten acerca do concepto.

Debido á elevada porcentaxe de fracaso escolar, arredor do 70%, dedicarase tamén parte das sesións para a aprendizaxe de técnicas de estudo e así combater o abandono temperán dos estudos e a conseguinte desmotivación.

O persoal que leva a cabo este programa, ademais, está dispoñible nos centros socio culturais dos principais núcleos de poboación do Concello de Ames, Bertamiráns (os luns, mércores e venres) e O Milladoiro (martes e xoves). Deste xeito, pódese prestar apoio a todos os mozos e mozas dun xeito máis individualizado e pormenorizado se o desexan.

AYUNTAMIENTO DE TEO


ABRE O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO PROGRAMA DIVERTEO PRIMAVERA  NAS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA


·        O prazo remata o 23 de marzo e no caso de que existan máis solicitudes que prazas terase en conta a orde de inscrición


08 de marzo de 2010. O Departamento de Benestar e Educación, dirixido por Carmen Diéguez, abre o prazo para inscribirse no programa de conciliación Diverteo Primavera, que se desenvolverá coincidindo coas vacacións escolares de Semana Santa.

A inscrición no programa pode facerse dende o 8 de marzo ata o 23 do mesmo mes. O número de prazas previstas son 150 entre os tres colexios nos que se desenvolve, Calo, Os Tilos e A Ramallosa. No caso de que existan máis solicitudes que prazas terase en conta a orde de inscrición.

A ficha de inscrición pode recollerse nas oficinas xerais do Concello, na Ramallosa, ou na páxina web municipal www.concellodeteo.com. A ficha e a documentación hai que entregala no rexistro do Concello de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas ou o sábado de 09.00 a 13.00 horas.

O Diverteo primavera realizarase os días 29, 30, 31 de marzo e o 5 de abril de 08.00 a 14.00 horas nos tres colexios de infantil e primaria do Concello. Nesta edición do programa non haberá servizo de comedor. A actividade custa 15€ para un só neno/a, 10 para o segundo e 5 para o terceiro e sucesivos da mesma unidade familiar.

O Diverteo está dirixido a nenos/as de entre 3 e 12 anos empadroados en Teo. Trátase dunha alternativa para as familias nas épocas de vacacións escolares. Os/as pequenos/as dispoñen dunha alternativa de ocio cunhas vacacións divertidas e os pais e nais teñen un servizo no entorno que lle axuda a conciliar a vida familiar e laboral.

AYUNTAMIENTO DE MELIDE


Aprobados os oito proxectos presentados polo Concello de Melide para o segundo Plan E, por importe de case 855.000 euros

·         O Concello de Melide comezará a licitar os proxectos estes días, que suporán o investimento de 855.000 euros en distintas infraestruturas.

·         A área recreativa de Furelos, saneamento en Folladela, mellora de locais socias, pistas deportivas, novo alumeado e mellora de viarios urbanos e contedores soterrados, integran estes proxectos.
O Concello de Melide presentou ao abeiro do Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local –coñecido como segundo Plan E-, oito proxectos cos que o Concello mellorará ostensiblemente distintas infraestruturas municipais, tanto na vila de Melide como nalgunhas parroquias.

En total, Melide investirá 854.157 euros a través dos proxectos que xa foron aprobados polo Ministerio na súa totalidade o pasado día 3, e que están agora só pendentes de licitación para poder comezaren as obras.

O proxecto de maior peso económico é o que suporá a mellora integral da área recreativa de Furelos, e que repercutirá tanto no saneamento sobre a canle do río como na importante mellora que se realizará nas zonas verdes. O investimento en Furelos será de 300.000 euros.

Nos demais proxectos o Concello incluíu actuacións moi diversas que atinxen tanto á vila como ás parroquias. No centro de Melide aprobouse a mellora do alumeado na Avenida de Toques e Friol, por un importe superior aos 80.500 euros; así como a instalación de contedores soterrados na Praza das Universidades cun investimento de 62.000 euros. A nivel de mellora viaria, o Concello executará tamén melloras nas rúas Campos, Camiño Real, Crego Xosé Manuel Rodríguez Pampín e Porto Rico, que inclúe tamén dotar a esas rúas de canalización para augas pluviais, por un importe de 95.000 euros.

En canto a infraestrutura deportiva –que xa no primeiro plan E se vira reforzada coa creación das pistas de pádel e dunha pista de multixogo-, nesta ocasión o Concello mellorará as pistas deportivas e exteriores dos colexios de Melide, e tamén a pista de tenis que se atopa a carón da piscina municipal, grazas á aprobación do proxecto que conta cun presuposto de 145.000 euros.

Actuacións nas parroquias
Como actuacións prioritarias nas parroquias, o equipo de goberno de Melide escolleu a mellora dos locais sociais de Piñor, O Leboreiro e Furelos –nos que se investirán máis de 31.000 euros-, e a acometida de obras de saneamento nunha zona das Cazallas e na parroquia de Folladela, no lugar das Figueiras, onde se desenvolverá un proxecto de canalización de alcantarillado para recoller as augas residuais, dado que neste lugar adoitan rexistrar moitos problemas coas enchentes. Nestes proxectos de saneamento investiranse 62.000 euros.

Tamén en materia de saneamento, no lugar do Ribeiro (parroquia dos Ánxeles), acometerase un proxecto de saneamento e de mellora da seguridade vial, que ten un presuposto de 78.000 euros.

Aprobados todos os proxectos polo Ministerio de Administracións Públicas, o Concello de Melide procederá nos vindeiros días a licitar as obras, para que poidan dar comezo o antes posible.

AYUNTAMIENTO DE OROSO



O CONCELLO DE OROSO CELEBRARÁ O VENRES UNHA MESA REDONDA CON MULLERES DESTACADAS DO ÁMBITO SOCIAL E POLÍTICO DO MUNICIPIO

O Concello traslada ao venres os actos do Día da Muller Traballadora para facilitar a asistencia das veciñas do municipio e ofrecerá servizo de gardería de balde

08 de marzo de 2010.- O Concello de Oroso programou dúas actividades co gallo da conmemoración do Día da Muller Traballadora, que terán lugar este venres 12 de marzo e que inclúen a lectura dun manifesto de apoio e unha mesa redonda sobre a muller traballadora. A concelleira da Muller, Mari Carmen Liste, explica que “decidimos facer as actividades o venres e non o luns para que poidan participar moitas máis veciñas e poidamos tamén contar con máis participantes na mesa redonda”.

Así, os actos comezarán coa lectura dun manifesto de apoio á muller traballadora por parte da concelleira da Muller, en nome do Concello de Oroso. Un acto que terá lugar ás 12:00 horas na praza Isaac Díaz Pardo. Xa pola tarde, ás 19:00 horas, o auditorio do Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro acollerá unha mesa redonda sobre a muller traballadora na que participarán mulleres destacadas do ámbito social e político orosá.

Un acto ao que están invitados todos os veciños e, especialmente, todas as veciñas de Oroso que o desexen, xa que “pretendemos entablar un diálogo entre todas sobre as nosas situacións e experiencias, non se trata dunhas conferencias”. De feito, para facilitar a asistencia do maior número de persoas, o Concello de Oroso ofrecerá un servizo de gardería gratuíto no propio centro cultural de Sigüeiro, dende o inicio da mesa redonda ata a súa finalización.

PSOE SILLEDA


O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DE SILLEDA DI QUE REY DESCOÑECE QUE PROXECTOS ESTAN APROBADOS EN SILLEDA
LAMENTAN QUE LLE SOLICITARA A LETE PROXECTOS PARA OS QUE XA EXISTE FINANCIACION

8 de Marzo de 2010.- O grupo municipal socialista, solicitará no próximo pleno que Rey  explique porque lle solicitou o Director Xeral de Deportes, Lete Lasa, que se arranxen as pistas de tenis de Ocastro “cando esa obra xa está incluída, aprobada e pendente de adxudicación nos proxectos dos plans anticrisis da Deputación”
Para os socialistas, esto demostra que “Rey non sabe nin que obras ten concedidas, nin que proxectos se presentaron as distintas administracións” : Recomendanlle a Rey que acuda a Deputación a interesarse polas adxudicacións dos proxectos do plan anticrisis “porque logo de cinco meses de governo non se avanzou nada” en vez de perdelo tempo pedindo cousas que xa están concedidas.
Os socialistas recordan que se presentaran os proyectos do plan anticrisis da diputación antes da moción de censura e que un deles incluía o arranxo da casa dos camineros en O Castro, asi como  o seu entorno, incluídas as pistas de tenis: Que estos proxectos foron ademáis aprobados, e que somentes están pendentes da súa adxudicación por parte da Deputación de Pontevedra
Como Rey tamén lle pideu a Lete,  a dotación dun parque biosaudable, os socialistas preguntaranlle tamén se sabe que o governo socialista tiña tramitada unha subvención na Consellería de Presidencia para a dotación dun parque biosaudable na Bandeira, e pediranlle que se interesa por la mesma, “senon renunciou a ela como fixo con outras”

AYUNTAMIENTO DE BRION


UNHA DUCIA DE RAPACES DE BRIÓN CONSEGUEN
A PEDRONÍA DE PADRÓN TRAS FACER UNHA PEREGRINACIÓN ENTRE BRIÓN, SANTIAGO E PADRÓN

O éxito da primeira iniciativa da asociación xuvenil “O Esquío no Piñeiro” anímaos a organizar en breve dúas novas rutas: polos montes Rañalonga e Altamira (Brión) e entre Laxe-Camelle-Camariñas

08 de marzo de 2010. Unha ducia de mozos brioneses participaron este sábado nunha peregrinación en bicicleta entre Brión, Santiago e Padrón, organizada polo Concello de Brión e a asociación xuvenil “O Esquío no Piñeiro”. Un éxito de participación, sobre todo para ser a primeira activade deste clube, que anima a “O Esquío no Piñeiro” a preparar outras dúas novas rutas que terán lugar en breve: unha polos montes de Rañalonga e Altamira (Brión) e unha ruta pola Costa da Morte, concretamente entre as localidades de Laxe, Camelle e Camariñas.

Os participantes sairon ás 9:00 horas do sábado da Carballeira de Santa Minia para facer unha viaxe de 45 quilómetros, aínda que para recoller a pedronía só fan falla 18 quilómetros. A expedición viaxou a Compostela seguindo o Camiño de Fisterra. Despois da parada de rigor na Catedral, onde selaron as credenciais na Oficina do Peregrino, retomaron as bicis camiño de Padrón, a onde chegaron ás 12:30 hora despois de visitar a igrexa parroquial de Iria, a Fonte do Carme, o Santiaguiño do Monte e o Pedrón.

BNG A ESTRADA


As UXFOR son un modelo de xestión esperanzador para os propietarios e para o conxunto do sector forestal
O PP paraliza as UXFOR por unha decisión baseada no rancor político

Esquecer as UXFOR servirá para seguir desviando os fondos de xestión forestal cara os servizos de extinción de incendios facendo perdurar no tempo o caos do monte


A Estrada, 7 de marzo de 2010: A paralización das UXFOR responde a unha actuación caprichosa por parte do PP, consecuencia dun discurso maliciado cando estaba na oposición, que mesmo foi incapaz de fundamentar ideoloxicamente -por canto  a propiedade aínda sae reforzada e clarificada despois da identificación da propiedade e rexistro da sociedade e dos socios copartícipes coa correspondente participación- e  que, unha vez que pasa a asumir funcións de goberno, resulta unha actuación  desleal cos afectados aos que, amais, causa prexuízos.
O monte é un caos retroalimentado, entre outros factores, por unha pequena propiedade fragmentada en moitas parcelas nas que hoxe é imposíbel realizar xestión forestal mecanizada e sustentábel. As UXFOR implantadas polo BNG cando dirixía a Consellaría de Medio Rural na lexislatura pasada, son o resultado dunha reflexión,  xa vella no sector, que atopou na unidade de xestión o xeito de resolver a fragmentación da propiedade.  Isto permite, á súa vez, dirixir cara a propiedade forestal e cara un monte ordenado e produtivo as partidas orzamentarias que a nivel europeo, estatal e autonómico foron creadas para realizar xestión e ordenación. Esquecer as UXFOR servirá para seguir desviando os fondos de xestión forestal cara os servizos de  extinción de incendios facendo perdurar no tempo o caos do monte.
Estando de acordo, como di López Campos, coa filosofía e utilidade das UXFOR e diante dun feito tan evidente como é a positiva recepción que por parte da sociedade tivo a utilidade das mesmas, -48 constituídas ou en proceso en menos dun ano-, a única acción  fundamentada que lle cabe ao Goberno da Xunta  é, a través de modificacións ao decreto, realizar aquelas correccións que, a criterio dos servizos xurídicos, resolvan os "defectos do modelo" e permitan iniciar o rexistro das UXFOR como persoas xurídicas. Xa o di o propio López, Portavoz Municipal do PP, se a propiedade da terra está garantida legalmente, e grazas á xestión conxunta pasa a ser unha participación nunha sociedade, daquela só lle resta dicir sociedade "limitada de propietarios" e, como López debera ter certos coñecementos de dereito mercantil, sabe que só falta rexistrar a sociedade no rexistro mercantil e o proceso é incuestionábel en dereito.
Se despois dun ano isto non se fixo e se segue a falar dos "defectos" sen concretalos e presentar a solución respectiva, para o BNG é evidente que a paralización das UXFOR é unha decisión baseada no rancor político exclusivamente e non unha decisión tomadas por cuestións técnicas ou xurídicas. Ademais, se o PP liquida as UXFOR estará derramando un valioso traballo de intervención social, toma de decisións e organización dos propietarios, que estaba actuando como revulsivo e modelo de xestión esperanzador para estes e para o conxunto do sector forestal.

PSOE SILLEDA


O PSdeG-PSOE ESTREA  EXECUTIVA LOCAL.

6 de marzo de 2010.- O sábado 6 o PSdG PSOE celebrou a asamblea extraordinaria para a elección dunha nova executiva. Este acto puso fin o proceso de renovación da agrupación municipal Silledense iniciada co nomeamento de Paula Fernández no ano 2009.

A executiva se renova con sete novos afiliados e pasa de ter 11 membros a 15. A media de idade é de 40 anos, sendo o máis novo Klaus Brey  de 26 anos e Benito Saavedra de 58 anos.

Dentro da nova executiva hai universitarios, empresarios,  formadores, funcionarios y trabajadores asalariados

A incorporación das Xuventudes Socialistas, e o punto forte da nova executiva “ un grupo de homes e mulleres  dipostos a dalo todo de cara  ó 2011” di a Secretaria Xeral.

A proposta presentada pola Secreataria Xeral e que foi refrendada pola asamblea inclue a:

·         Manuel Cuiña Fernández. Secretaría de Organización e Política Municipal. Ten 43 anos e é empresario do transporte e concelleiro do PSdeG-PSOE no Concello de Silleda. Veciño de Bandeira
·         María Dolores García Troitiño, Secretaria de Igualdade, Servizos Sociais e Sanidade, ten 40 anos e é funcionaria e concelleira do PSdeG-PSOE no Concello de Silleda. Veciña de Laro
·         Klaus Brey Montaña, Secretario de Xuventude do PSdeG-PSOE de Silleda é tamén Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas. Ten 26 anos, e  traballa na empresa familiar. Veciño de Cira
·         Javier González Sánchez, Secretario de Industria e Comercio, ten 37 anos e é licenciado en económicas. Veciño de Silleda
·         Manuel Pena Framiñán, Secretario de Educación, e é licenciado en matemáticas. Ten 50 anos. Veciño de Bandeira
·         María Concepción Cochón Núñez, Secretaria de Emprego. Licenciada en psicopedagoxía, ten 27 anos . Veciña de Silleda
·         José Manuel Castro Iglesias. Secretaría de Acción Electoral. Ten 42 anos e é empresario da madeira. Veciño de A Mera
·         Luís Rodriguez Vázquez, Secretario de Medio Ambiente. Ten 45 anos e é técnico en electricidade e electrónica. Veciño de Negreiros



·         Adolfo Dapena Sánchez, Secretaría de Medio Rural . Empresario do transporte de 38 anos. Veciño de Fiestras
·         Pilar Peón Iglesias, Secretaria de Afiliación e Participación Cidadá. Ten 41 anos e é administrativa na Fundación Formación e Emprego de Galicia (FOREM GALICIA). Veciña de Taboada
·         Benito Saavedra Vázquez. Secretaría de Política Institucional.Ten 58 anos e é traballador asalariado. Veciño de Margaride
·         Javier Estévez Parada,  Secretario de Deportes. É autónomo e ten  33 anos. Veciño de Silleda
·         Antonio Sesto Gontán, Secretario de Novas Tecnoloxías e Análise Político. Ten 41 anos e é enxeñeiro  técnico industrial. Veciño de Laro
·         Carmen Caramés Maceira. Secretaria de Cultura. Ten 43 anos e é protésico dental. Veciña de Bandeira.

“Este é o motor para poñer en marcha o novo PSdG-PSOE de Silleda” di a Secretaria Xeral 

AYUNTAMIENTO DE MELIDE


O Concello de Melide convoca sempre os plenos ordinarios en tempo e forma
. Melide aprobou hai dous anos, co voto  favorable de todos os grupos políticos, celebrar os plenos ordinarios o último mércores dos meses impares ás 13:00h.

. O goberno local lembra ao PP que ten dous meses para presentar as preguntas no rexistro e convídaos a que o fagan tamén en tempo e forma.

O equipo de goberno de Melide, a través do seu portavoz, Antonio Díaz, manifestou que a alcaldesa de Melide facilita sempre a información que require a portavoz do PP e responde todas as preguntas que presenta, como exemplo de transparencia e respecto á oposición municipal, o que se constata claramente nas actas dos plenos da Corporación municipal.
Por outra parte, o portavoz do goberno local engadiu que “é desexábel que o PP colabore coa administración local solicitando a información que queira con tempo suficiente para non colapsar o traballo do persoal municipal, e para evitar así que a información non se reciba puntualmente”.
Recordou o portavoz municipal que a rexedora melidense ten contestado preguntas presentadas polo PP no rexistro municipal con menos de 24 horas de antelación á celebración do pleno, cando legalmente xa non tería nin que respondelas, como signo claro da súa vontade de informar ao grupo da oposición.

Antonio Díaz pide encarecidamente ao PP que lea novamente a acta do pleno celebrado no mes de xullo de 2007 no que seu aprobou, tamén co voto favorable do PP, que “O Pleno reunirase en sesión ordinaria cada dous meses, iniciándose o cómputo no mes de xullo, o último mércores ás 13.00 h”. Se o PP tivese presente este acordo plenario, nunca os pillaría por sorpresa ningunha convocatoria de pleno ordinario. O goberno local convida, polo tanto, ao grupo do PP a que impugne aquel pleno ordinario que considere que non estivo correctamente convocado, así como a formular cantas preguntas queiran lembrándolles novamente que as relativas a demandar información do servizo de Intervención só as pode contestar a Interventora que se incorporou ao seu posto de traballo o pasado 1 de febreiro, dous días antes de que se celebrase o último pleno ordinario.
O portavoz do goberno local reitera finalmente a disposición total da alcaldesa de Melide para transmitir toda a información solicitada, así como a vontade e firme propósito da rexedora de traballar intensamente para que Melide deixe axiña de ser un dos corenta concellos galegos en risco de insolvencia financeira, segundo os últimos datos publicados polo Consello de Contas de Galicia despois de analizar as contas do Concello de Melide correspondentes ao ano 2006, gobernando o PP, con Ángeles Vázquez como alcaldesa. 

AYUNTAMIENTO DE MELIDE


O Concello de Melide agarda que o Consorcio habilite en breve novas prazas no Fogar Residencial

·         A alcaldesa, Socorro Cea, reuniuse esta semana co xerente do Consorcio para interesarse polos prazos para a dotación de equipamento, que permitan reducir a lista de agarda de 22 persoas que ten agora mesmo o Fogar Residencial.

·         O xerente dixo á alcaldesa non poder confirmar se neste ano 2010 se poden atender as súas demandas.

A alcaldesa de Melide, Socorro Cea, e a concelleira de Benestar e Igualdade, Casé Rodríguez, reuníronse esta semana co xerente do Consorcio Galego de Servizos Sociais, Roberto Rodríguez, para interesarse por dous proxectos fundamentais do ámbito social para Melide: a construción da Galescola e a dotación de equipamento do Fogar Residencial, inaugurado no pasado mes de setembro.

Nestes momentos, o Fogar Residencial conta cunha lista de espera de vinte e dúas persoas, motivo polo cal a alcaldesa lle trasladou a súa preocupación pola urxente dotación de equipamento que faga posible habilitar novas prazas. Nesta instalación, a día de hoxe é preciso instalar só as camas, así como poñer en funcionamento o ascensor, para que todas as persoas poidan acceder ao piso superior.

En relación a esta demanda, o xerente do Consorcio manifestou á rexedora que o Consorcio non soe xestionar grandes residencias de máis de 24 prazas, polo que, no caso concreto de Melide debería ser valorado pola propia Xunta de Galicia.
Por tal motivo, a rexedora municipal acaba de solicitar por escrito, por terceira vez, unha xuntanza coa conselleira de Benestar, Beatriz Mato, para clarexar esta cuestión de gran importancia para o goberno local.

Pendentes da Galescola
Outro dos asuntos tratados nesta reunión entre Roberto Rodríguez e Socorro Cea foi a construción da Galescola, para a que xa cederon os terreos no ano 2008.
A rexedora melidense trasladoulle ao xerente a importancia de que Melide conte en breve coa Galescola, posto que nestes momentos a escola infantil municipal acadou un número histórico de matrículas, con 91 alumnos inscritos, e con varios en lista de espera. A este respecto, o responsable do Consorcio afirmou non poder confirmar, de momento, se neste ano 2010 poderán dar comezo as obras ou non. Pediu agardar ao mes de abril para poder falar de prazos seguros.

O Concello de Melide agarda contar coa colaboración da Xunta de Galicia para poñer en marcha estes importantes servizos, para os que cedeu terreos e o inmoble co obxectivo de beneficiar así á poboación melidense.





A reiteración desta demanda será un dos motivos polos que o vindeiro mércores a alcaldesa de Melide se reunirá co xerente do Consorcio Galego de Servizos Sociais, nunha entrevista na que tamén se interesará pola construción da Galescola para a que xa se cederon os terreos no ano 2008. Con respecto ao Fogar Residencial, a rexedora municipal lembrará ao Consorcio que hai, a día de hoxe, 22 persoas en lista de espera para a Residencia de Maiores, polo que pedirá que se dote ás habitacións da parte alta do inmoble de camas, o único que lle falta para poder poñela en funcionamento.

AYUNTAMIENTO DE MELIDE


Durante toda a semana o Concello de Melide vén desenvolvendo diversas actividades con motivo do Día da muller, que se celebra cada 8 de marzo, e que terán continuidade na vindeira semana. O pasado luns comezou unha das propostas dirixidas especificamente a mulleres menores de 65 anos. Trátase dun curso de iniciación á informática que se desenvolve dous días á semana dende o luns, 1 de marzo, e ata o 31 de maio.
Entre as actividades organizadas pola Concellaría de Benestar e Igualdade hai propostas para o público infantil e tamén para adultos.
LUNS 8 DE MARZO
11.45 h: No IES de Melide
Proxección de curtas: A visión do mundo desde a óptica feminina.
17.30 h: No Edificio Multiusos
Para os máis pequenos: Contacontos e xogos pola igualdade.
19.30 h: No Edificio Multiusos
Proxección cinematográfica para todos os públicos: "La sonrisa de Mona Lisa"

MARTES 9 E XOVES 11 DE MARZO.-
17.30 h: Na cociña da Casa do Concello.
Obradoiro de cociña para os máis pequenos, nenos e nenas: Cociñando en igualdade.



MÉRCORES E XOVES (ata finais de abril).-
20.00 - 22.00 h: Na cociña da Casa do Concello.
Curso de cociña para homes.
O Concello de Melide tamén ten preparada unha exposición de diversos traballos de pintura e artesanía elaborados por moitas mulleres de Melide e que representan tamén imaxes de mulleres. Estas artistas anónimas terán así ocasión de ver os seus traballos na sala de exposicións de Melide. A inauguración da mostra será ás 19:00 h.
Ese mesmo día, darase a coñecer os tríticos elaborados polo Concello de Melide no que as protagonistas son importantes mulleres que dan nome a diferentes rúas de Melide: Rosalía de Castro, Concepción Arenal, Maruxa Mallo, María Casares, María Barbeito, Francisca Herrera, Inés de Castro, Emilia Pardo Bazán, Olimpia Valencia ou Clara Campoamor, entre outras. Con esta material preténdese dar a coñecer e divulgar a vida e obra destas importantes mulleres, descoñecidas en moitos casos