Teo - varias asociacións do concello organizan un mercadillo solidario de nadal

VARIAS ASOCIACIÓNS DO CONCELLO DE TEO ORGANIZAN UN MERCADILLO SOLIDARIO DE NADAL
Funcionará no local da AAVV dos Tilos os días 16, 16, 22 e 23 de decembro en horario de mañá e tarde

Varias asociacións do Concello de Teo volven a unirse, como xa fixeran o ano pasado, para poñer en marcha un mercadillo solidario de Nadal. Será esta fin de semana o sábado 15 e o domingo 16 no local da Asociación de Veciños dos Tilos na Rúa Ameneiro. O horario de funcionamento será de 11:00 a 14:30 e de 17:00 a 21:00 horas. 

Participan nesta iniciativa a AAVV dos Tilos, a Asociación Cultural e Recreativa Os Tilos, Teenses pola Igualdade, Aspamite e as Mulleres rurais de Teo. Se aínda non tes mercados os agasallos de Nadal será unha boa oportunidade para colaborar xa que o mercadillo se realiza para axudar a financiar o funcionamento das asociacións.

Esta “feira de oportunidades” continuará os días 22 e 23 de decembro no mesmo horario de funcionamento. O ano pasado fíxose por primeira vez este mercadillo, concretamente na Casa Común de Rarís, cunha boa acollida xa que durante os días que funcionou achegáronse bastantes persoas e a recadación para as asociacións tamén foi moi valorada.

Nestes momentos nos que o financiamento das entidades sen ánimo de lucro se fai complicado ideas coma esta axudan a que cada unha poida seguir desenvolvendo o seu traballo nos diferentes ámbitos de actuación nos que traballan.

Ningún comentario: