Axenda e tempo do sábado 5 de marzo - Música, feiras, teatro, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Área Central - II Feira de MIneráis

Santiago - Teatro - para inventar o amor

Santiago - Sala Malatesta - Eskorzo

Ordes - II Feira de Oportunidades

Santiago - Capitol - Galadas

Santiago - Sala Sonar - La bien querida

Exposicións
Santiago - Gaias - José Suárez - Uns ollos vivos que pensan (ata o 27 de marzo) 

Santiago - Museo de Ciencias Naturais - Mostra sobre legumes

Santiago - Área Central - Exposicións de mineráis (ata o 6 de marzo)

Santiago - Exposicion XX Aniversario da Real Filharmonía de Galicia (ata xuño)

Santiago - Museo do Pobo galego - "Unha porta do Rial. Ehlaba Carballo e Riobó Prada" (ata o 6 de marzo)

O Tempo

Área Central - Sábados Creativos e Feira de Mineráis

Area Central celebra estos días su segunda edición de la Feria de Minerales y con ese motivo, los niños que asistan a la sesión de mañana de los “Sábados creativos” realizarán sus propias “piedras preciosas” y podrán jugar con ellas. De esta forma, Area Central centra sus acciones de este fin de semana en los minerales. 

La sesión de “Sábados creativos” dará comienzo a las 18.00 horas en la esquina amarilla y las responsables de Planeta Shalom volverán a recibir a todos los niños asistentes con los brazos abiertos en esta actividad lúdica, al mismo tiempo que didáctica. Los pequeños crearán piedras preciosas y de la suerte y jugarán con ellas. 

Feria de minerales hasta este domingo 

Miles de minerales de todas las formas, tamaños y colores, productos elaborados a partir de ellos y una amplia variedad de fósiles de colección se concentran en la esquina roja de Area Central hasta este domingo con motivo de la celebración de la segunda edición de su Feria de Minerales. Además, mañana sábado estarán operativas en la esquina verde de Area Central unas mesas de intercambio que servirán como punto de encuentro de coleccionistas y aficionados, quienes podrán realizar trueques. 

Esta feria reúne cerca de veinte expositores procedentes de varios puntos de Galicia y resto de España, Portugal y Lituania; con productos extraídos de Marruecos y Georgia, además de varios puntos de la geografía española y portuguesa. El horario de funcionamiento es de 10.00 a 21.00 horas. En esta actividad, los visitantes pueden admirar y adquirir minerales, fósiles de colección y objetos confeccionados a partir de éstos, como joyas y artículos de decoración del hogar. 

Una exposición con minerales extraídos de varios puntos de Galicia, una muestra fotográfica de Carlos Rodríguez y Moisés Núñez y varios paneles didácticos de la Escuela Técnica Superior de Ingeniería de Minas de Vigo sobre la importancia de los recursos naturales de Galicia y su relación con las tareas investigadoras complementan la feria y destacan la importancia de los minerales, así como sus usos y aplicaciones actuales. Paralelamente a la feria, la Escuela Técnica de Joyería del Atlántico realiza talleres-demostraciones de montaje de joyería.

Ordes - Inaugurada a II Feira de Oportunidades

A II Feira de Oportunidades abriu hoxe as súas portas no primeiro andar da Praza de Abastos, contando nesta primeira xornada con gran número de público ávido por atopar as mellores ‘gangas’. 

Ata mañá domingo, 6 de marzo, un total de quince establecementos ofrecen as súas novidades e o mellor do seu en téxtil, calzado, bixutería, marroquinería, agasallos, artesanía ou cerámica. Dress, Alfombra roja, Kukadas, Sombrero de copa, Sportec, Pasos, Tasmania, Carma, Muxa, Ekaté, Capitán, Arco iris, Andrea mercería, Xan Ferreiro, ou Juan Carlos Varela roupa infantil son as firmas que participan desta iniciativa. O horario de atención ao público irá de 10 a 14 e dende as 16 ata as 21 horas. 

A cita tamén inclúe a celebración de varios cursos de repostería, nos que tamén se aprenderá a facer receitas para persoas celíacas ou diabéticas.

Lalín - Procedemento para outorgar os postos vacantes da praza de abastos

O Goberno municipal vén de aprobar esta semana as bases que rexerán o procedemento para outorgar os postos vacantes na praza de Abastos de Lalín. O obxectivo desta iniciativa é favorecer a ocupación das zonas que agora mesmo están sen uso dentro do Mercado para, desta maneira, impulsar a súa actividade comercial incrementando a súa oferta de produtos e servizos. Co procedemento de concesión dos locais libres da Praza tamén se avanzará na dinamización da actividade económica no conxunto do municipio, xa que se toma como base a aposta polo produto de calidade e de proximidade, o que tamén permitirá seguir poñendo en valor e impulsando o sector agro gandeiro da comarca.

O alcalde explica que para o Goberno municipal “a praza de Abastos é un dos grandes eixos sobre os que debe pivotar a actividade comercial do Concello e, en consecuencia, é tamén un dos polos de dinamización económica máis importantes que temos”. Neste sentido, Rafael Cuíña indica que o Mercado reúne todas as características para avanzar nun “modelo de negocio que é esencial para a vida de Lalín e que é polo que sempre apostamos dende o Concello: o que ten como referencia o comercio de proximidade e o que pon en valor o produto local, ecolóxico e calidade”. 

Dotar de actividade aos espazos que na actualidade están sen uso no Mercado tamén supón avanzar na mellora da actividade tradicional, cunha oferta centrada en produtos de gran calidade e en alimentos de tempada. Nesta liña, unha das intencións do Goberno local de cara a este mandato é ampliar os postos centrais para implantar un sistema no que os clientes poidan preparar e probar os produtos que merquen na propia Praza e que, a outra escala, xa funciona con notable éxito no mercado de San Miguel, en Madrid.

En concreto, os locais obxecto de concesión están situados na planta baixa e na planta soto do Mercado Municipal de Abastos. Trátase dos postos 6, 13 e 54 e da renovación do espazo denominado “Parte nova da praza de Abastos de Lalín”, que inclúe os locais do 8 ao 12 e do 19 ao 24, e que a efectos destas bases se consideran un único posto. 

Segundo especifican as bases da convocatoria o destino dos locais será a realización de actividades comerciais destinadas á venda de produtos típicos de Lalín e comarca, á venda de produtos ecolóxicos ou á venda de alimentos e plantas, entre outros. Tamén se poderán dedicar a establecemento tipo ultramarinos ou supermercado ou a pequenos locais de hostalería. A duración máxima da concesión será de 10 anos, prorrogables por períodos anuais ata un máximo de 15 anos.

Santiago - Concello e USC recuperan o premio Xohana Torres

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o reitor da USC, Juan Viaño, asinaron este venres un convenio que garante a posta en marcha do I Premio Xohana Torres de ensaio e creación audiovisual sobre a memoria histórica das mulleres de Compostela. Recupérase así un certame, interrompido en 2012, cuxos case 20 anos de vixencia o converteran nun símbolo da cidade. O 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, abrirase o prazo para participar nesta convocatoria, dotada con dous premios de 2.500 euros.

Tal como sen indica no propio convenio e nas bases do certame, o Concello e a USC recuperan neste 2016 o Premio Xohana Torres. Mantendo a esencia pola que se creou, oriéntase agora á recuperación da memoria histórica das mulleres de Santiago de Compostela. Ademais de estar dirixido a ensaios literarios ou científicos, o Premio ábrese tamén a traballos audiovisuais que teñan como finalidade explorar a historia social e política das mulleres compostelás, facer visible as súas experiencias e os diversos roles sociais que estas teñen desempeñado.

Este galardón encádrase nas medidas da Concellaría de Igualdade para potenciar a presenza e o recoñecemento social das mulleres en todos os ámbitos da sociedade; facer visible as súas diversas achegas ao longo da historia; promover a igualdade efectiva de mulleres e homes; e erradicar as diferentes formas de discriminación e desigualdade que viven a día de hoxe as mulleres.

Segundo o convenio asinado esta mañá, o Concello de Santiago será o encargado da organización e promoción do Premio, así como dos gastos que este xere, premios incluídos. Entre outras obrigas, a USC comprométese a editar un mínimo de 300 exemplares do traballo de ensaio gañador e de 300 CDs do traballo audiovisual. Destes, 100 exemplares distribuiraos o Concello entre a cidadanía.

Bases 

Os traballos que se presenten ao premio tratarán da participación social e política das mulleres e terán como obxectivo reconstruír a súa memoria histórica. Poderán ser ensaios literarios ou científicos ou pezas audiovisuais e sempre se referirán a mulleres compostelás. Os ensaios presentaranse en formato papel, mentres que os traballos audiovisuais deberán ter unha duración mínima de 15 minutos, aceptándose calquera tipo de expresión artística: flashmob, textos biográficos lidos ante a cámara, videoclips, fotografías, fotomontaxes, curtametraxes, etc.

O prazo de presentación dos traballos comeza o día 8 de marzo e remata o 31 de decembro de 2016. Será tamén o 8 de marzo, pero do ano seguinte, 2017, cando se dea a coñecer a decisión do xurado, nun acto público celebrado no Concello de Santiago.

Premiaranse dous traballos, un na modalidade de ensaio e outro na modalidade de creación audiovisual. Cada un dos premios estará dotado con 2.500 euros, a conta dos dereitos de edición das obras pola USC.

O xurado estará formado polo alcalde ou concelleira/o no que delegue, o reitor da USC ou persoa na que delegue, seis profesores/as da USC do ámbito da ciencia política, da filosofía, da historia, da antropoloxía ou da literatura e do xornalismo ou comunicación audiovisual.

Historia 

O Premio Xohana Torres foi instituído pola Concellaría da Muller do Concello de Santiago de Compostela no ano 1993, co obxecto de contribuír ao coñecemento sobre as mulleres que destacaron nalgún eido, tanto na actualidade como no pasado, na vida da nosa comunidade. Nas primeiras 17 edicións premiáronse os traballos inéditos de investigación referidos a calquera aspecto social, histórico ou humano das mulleres dentro da comunidade galega. Nas edicións correspondentes aos anos 2009 e o 2010, decidiuse abrir o premio ao ensaio, tanto literario como científico, para abarcar diversas disciplinas como a ciencia, a filosofía, a historia, a antropoloxía ou a literatura, tendo como obxectivos e protagonistas as mulleres galegas. Entre o 2011 e o 2015 este premio no foi convocado.

Xohana Torres 

Xohana Torres, poeta, dramaturga e novelista, naceu en Santiago de Compostela en 1931. A súa infancia e mocidade transcorreron en Ferrol, onde foi alumna de Ricardo Carvalho Calero, con quen se inicia no coñecemento da literatura galega. Comezou a publicar poemas nas revistas Aturuxo, Vida Gallega e Vieiros e no ano 1958 recibiu o primeiro Premio de Poesía da Asociación de Prensa de Vigo. A súa obra poética mereceu tamén o Premio da Crítica Española (1981).

Como dramaturga é autora das obras Á outra banda do Iberr (1965) e Un hotel de primeira sobre río (1968), esta última Premio Castelao de Teatro. No ano 1971 publica a novela Adiós María, gañadora do Premio de Galicia do Centro Galego de Bos Aires. No ano 1992 foi galardoada co Premio á Creación Feminina, instituído pola Xunta de Galicia.

Autora tamén de obras de literatura infantil e tradutora, Xohana Torres obtivo o Premio de Etnografía da Deputación da Coruña polo seu ensaio San Andrés de Lonxe, mitos e ritos, e no ano 1972 recibiu o Pedrón de Ouro polo seu continuado labor en prol de Galicia.

Como recoñecemento á súa obra, o 15 de febreiro de 2001 foi proposta polos académicos Salvador García Bodaño, Xosé Luis Méndez Ferrín e Xosé Luís Franco Grande para ocupar a vacante na Real Academia Galega que correspondera ata daquela a don Aquilino Iglesia Alvariño, logo do cal ingresou como académica numeraria o 27 de outubro de 2001 cun discurso titulado "Eu tamén navegar".

Ames - Día Internacional da Muller

O Concello de Ames prepárase para sumarse á conmemoración do Día Internacional da Muller Traballadora. Esta mañá a colocación dunha pancarta nun dos balcóns da Casa do Concello daba pé ao inicio dunha serie de actividades que comezan hoxe en torno á reivindicación, feita dun xeito especial en vistas ao día 8 de marzo, dunha maior igualdade na sociedade. "Ames pola igualdade" é o lema desta campaña que terá o seu acto central o martes, 8 de marzo, na Casa da Cultura do Milladoiro.

O Concello de Ames manifestou hoxe o seu apoio á manifestación convocada este domingo 6 de marzo en Santiago de Compostela pola Plataforma Feminista Galega. A concelleira de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade Luísa Feijóo invita á veciñanza "a participar e acudir á marcha que sairá da estación de tren compostelá, ás 12:00 horas, e que vai percorrer a cidade para desembocar na praza da Quintana". 

Os actos programados para conmemorar o Día da Muller comezaron esta mañá. A concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Luísa Feijóo, acompañada doutros membros do goberno municipal, reuníronse na Casa do Concello, en Bertamiráns, para colocar unha pancarta na fachada co lema "Contra as violencias machistas". 

A próxima semana terá lugar, o luns 7 de marzo, a primeira reunión da Mesa Local de Coordinación Institucional contra a Violencia Machista. Trátase dun organismo, creado o pasado mes de xaneiro, que conta con representación de todos os ámbitos implicados directa ou indirectamente na loita contra a violencia de xénero no municipio de Ames. Os e as representantes reuniranse nas instalacións do Pazo da Peregrina de Bertamiráns. 

O día 8 de marzo, data na que se celebra o Día Internacional da Muller Traballadora, terá lugar un acto na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 20:00 horas. Este acto servirá tamén para homenaxear á falecida Carmen Feteira, primeira concelleira de Servizos Sociais de Ames.

Foron invitadas á gala as mulleres que ocuparon o cargo da concellería relacionada cos servizos sociais e as políticas de igualdade previamente a Luísa Feijóo, que considera á súa experiencia fundamental para comprender o papel que o Concello pode xogar na loita contra a desigualdade e a violencia machista. As voces destas mulleres servirán ademais para ilustrar o papel da muller na política e como mudou co paso dos anos. 

Ademais, neste acto daranse a coñecer os nomes dos gañadores/as do Concurso de Marcapáxinas "Día Internacional da Muller", no que participaron esta semana os nenos e nenas dos centros públicos amesáns. Baixo a temática da muller o alumnado tivo que decorar os marcapáxinas, entre os cales serán expostos nas Casas da Cultura amesás os escollidos polo xurado. Os nenos ou nenas cuxos traballos sexan seleccionados recibirán como premio material escolar e un diploma.

Ames Radio contará cunha programación especial

A emisora de radio municipal, Ames Radio, vólvese sumar á conmemoración dunha data sinalada preparando unha programación especialmente pensada para acompañar o festexo do Día Internacional da Muller Traballadora. As condutoras da programación entrevistáronse estas semanas con decenas de veciños e veciñas de Ames, nunha serie de reportaxes e entrevistas que se retransmitirán ao longo da vindeira semana. Cincuenta mulleres e homes de todas as idades prestaron as súas voces para gravar os indicativos que se poderán escoitar en Ames Radio, nos que recitan textos de distintas pensadoras e activistas a prol da igualdade de dereitos. 

Unha das entrevistas tráelles aos ouvintes a voz de Ana Viqueira, xornalista de investigación na páxina de Feminicidio.net e veciña deste municipio. O colectivo de traballadoras e traballadores do Centro de Información da Muller (CIM) de Ames tamén falará na radio municipal. A reportaxe explicará o día a día desta institución e dos obradoiros, charlas e actividades que organiza ou apoia para conseguir un impacto positivo na sociedade amesá apoiando a igualdade de xénero. 

As actividades organizadas polo profesorado dos centros escolares amesáns tamén terán o seu espazo radiofónico. Os espazos consolidados da grella de Ames Radio, "Memoria de Ames" e "Palabreando", adicaralle o seu tempo a falar do papel da muller e da súa evolución. Esta evolución será analizada tamén polos amesáns e amesás en entrevistas a pé de rúa, nas que a veciñanza reflexionará "os pasos dados para conseguir a igualdade de xénero e os pasos que quedan por dar". No eido concreto da política local "os pasos dados" serán avaliados polas invitadas á gala do Día da Muller este 8 de marzo, mulleres que ocuparon os cargos de concelleiras de Servizos Sociais e que en Ames Radio falarán das súas experiencias vitais.

Mancomunidade de Ordes - Conmemoración do Día Internacional da Muller

A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes súmase á conmemoración que administracións, institucións, entes, asociacións e todo tipo de organismos levarán a cabo o vindeiro martes, 8 de marzo, Día Internacional da Muller. 

Por isto cada un dos sete Concellos que a integran veñen de manifestar a súa adhesión ao manifesto asinado dende o Centro de Información á Muller (CIM) comarcal no que se condenan a discriminación en materias como “a ocupación laboral, realidade salarial e diversas formas de explotación que sofre a muller en todo o planeta; as agresións sexuais e a violencia de xénero, e as sobrecargas sociais e familiares que a día de hoxe seguen lastrando o seu desenvolvemento persoal e profesional”. O texto tamén fai fincapé na “feminización da pobreza, a invisibilidade da muller en importantes ámbitos de poder e prestixio, e, ao contrario, a súa visualización como obxecto de comercio”.

Dende a Mancomunidade de Ordes apoiase así a campaña da ONU cuxo lema para este ano é “Por un Planeta 50-50 en 2030: Deamos o paso para a igualdade de xénero”. O obxectivo é reflexionar sobre como acelerar e impulsar a aplicación efectiva da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible. Así mesmo, centrarase nos novos compromisos dos gobernos baixo a iniciativa “Deamos o paso” da ONU Mulleres e outros compromisos existentes en materia de igualdade de xénero, o apoderamento e os dereitos humanos das mulleres. 

Ademais disto tamén se fai un chamamento á xuntanza de forzas e a concienciación para seguir “conquistando e consolidando posicións, sen esquecerse dos colectivos de mulleres que merecen unha consideración especial pola súa vulnerabilidade: mulleres con diversidade funcional, mulleres rurais, mulleres inmigrantes ou mulleres mozas e de todas aquelas que día a día se enfrontan a un muro de dificultade no seu contorno mais cotián”.

‘Fai unha foto e únete a nós’

Por outra banda a ata o vindeiro 8 de marzo continuará aberta a campaña ‘Por un planeta 50-50 en 2030: Deamos o paso pola igualdade de xénero’. As persoas que queiran poderán enviar unha fotografía na que apareza algunha muller no seu posto de traballo ou en calquera situación cotiá ao evento creado especialmente para a ocasión na páxina de Facebook do CIM de Ordes (http://on.fb.me/1RkoDBA).

Con todas as imaxes recibidas confeccionarase un mosaico que aparecerá no cartel da campaña e nas redes sociais. Con esta proposta a Mancomunidade de Ordes pretende fomentar a campaña promovida pola ONU e que insta a Gobernos e institucións a traballar en prol da igualdade de oportunidades e dereitos para as mulleres e as nenas. Pasos que se traduzan na promulgación de leis, marcos normativos, políticas e plans de acción tanto nacionais como internacionais que veñan acompañados de investimentos adecuados. Con esta idea tamén se lles quere dar visibilidade a tantas e tantas mulleres do municipio ordense e doutros lugares que realizan unha actividade fundamental para o desenvolvemento social, económico, político, humano etc.

Manifesto

O 8 de marzo é unha data para a conmemoración, a denuncia e a reivindicación da plena igualdade entre mulleres e homes en todas as ordes da vida en todo o mundo. 

O Día Internacional da Muller xurdiu das actividades dos movementos obreiros a finais do século XX en América do Norte e Europa. Dende entón, o Día Internacional da Muller adquiriu unha dimensión global para as mulleres dos países desenvolvidos . O crecente movemento internacional das mulleres, fortalecido por catro conferencias mundiais das Nacións Unidas sobre a muller, axudou a que a súa conmemoración ofreza a oportunidade de incrementar o apoio aos dereitos e á participación das mulleres nas esferas política e económica. 

Estamos aínda moi lonxe deste e doutros moitos obxectivos, como o evidencian anualmente os datos de ocupación laboral, realidade salarial e diversas formas de explotación que sofre a muller en todo o planeta; as agresións sexuais e a violencia de xénero, e as sobrecargas sociais e familiares que a día de hoxe seguen lastrando o seu desenvolvemento persoal e profesional. 

A feminización da pobreza, a invisibilidade da muller en importantes ámbitos de poder e prestixio, e, ao contrario, a súa visualización como obxecto de comercio, son tres eixes dun mesmo fenómeno de minusvaloración que condicionan o avance cara a unha sociedade de plena igualdade, na que mulleres e homes poidan decidir e planificar as súas vidas conforme a criterios de autonomía, xustiza e liberdade. 

Dende a Mancomunidade de Ordes apoiamos a campaña da ONU cuxo lema para este ano é “Por un Planeta 50-50 en 2030: Deamos o paso para a igualdade de xénero”. O obxectivo é reflexionar sobre como acelerar e impulsar a aplicación efectiva da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible. Así mesmo, centrarase nos novos compromisos dos gobernos baixo a iniciativa “Deamos o paso” da ONU Mulleres e outros compromisos existentes en materia de igualdade de xénero, o apoderamento e os dereitos humanos das mulleres. 

As mulleres conseguimos moitos logros, inimaxinables hai só unhas décadas, pero entendemos que hoxe máis ca nunca debemos mirar cara adiante e dar sentido a este Día, co noso compromiso nunha proxección positiva de nós mesmas, xuntarmos forzas e concienciármonos de que imos seguir conquistando e consolidando posicións, sen esquecérmonos dos colectivos de mulleres que merecen unha consideración especial: mulleres con diversidade funcional, mulleres rurais, mulleres inmigrantes ou mulleres mozas e de todas aquelas que día a día se enfrontan a un muro de dificultade no seu contorno mais cotián.

PP santiago - Agustín Hernández propón unha actuación integral en Trasparlamento

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Agustín Hernández, a través dunha proposición que trasladará o vindeiro pleno, insta ao Goberno local a que leve a cabo unha actuación integral no parque da praza da Constitución, entre a avenida de Lugo e a rúa Ramón Piñeiro, na zona popularmente coñecida como Trasparlamento. Tal e como explicou Agustín Hernández, é unha zona “moi deteriorada e descoidada”, que precisa mellorar a seguridade, o mantemento e o ornato deste espazo. 

Neste senso, o portavoz popular detallou numerosas pintadas en paredes, mobiliario público, carteis e mesmo no monumento que lembra ás mulleres vítimas da violencia de xénero. Do mesmo xeito, fixo especial fincapé na falta de labores de mantemento e fallos no relativo á accesibilidade. “É preciso resolver o problema de accesibilidade para persoas con mobilidade reducida desde a avenida de Lugo”, explicou. 

Agustín Hernández incidiu tamén na necesidade de abordar o problema de ordenación e convivencia que se dá na propia praza, xa que moitos usuarios quéixanse de que conviven actividades dificilmente compatibles. É frecuente que a explanada onde se atopa o parque infantil sexa empregada para a práctica de skate e que, tamén fóra do espazo delimitado, as persoas paseen os seus cans na zona alta do parque, onde se sitúa a zona de xogos; o que provoca que, en varias ocasións, se xeren tensións entre os veciños. Por último, o voceiro popular centrouse no mal estado da caseta de información –trasladado no seu día desde a Praza de Galicia- e avogou porque se arranxara e se cedese a algunha organización de interese social e sen ánimo de lucro. 

Rogo en Quiroga Palacios

O voceiro popular avanzou, tamén, a presentación dun rogo no próximo pleno para que o Goberno local acondicione os alcorques da rúa Quiroga Palacios e opte por un pavimento de grava que vaia acorde ao novo estilo da vía.

Silleda - Modificación da ordenanza para rebaixar o cobro do IBI ás instalacións agrarias

A revisión posta en marcha en Galicia pola Dirección Xeral do Catastro en setembro de 2013, obriga ó pago da contribución rústica por granxas, estabulacións, naves, galpóns, ou invernadoiros, que ata o de agora estaban exentos do pago, xa que so tributaban as fincas

Silleda, 04 de marzo de 2016. A Alcaldía do Concello de Silleda presentará unha proposta ó próximo pleno para a solicitude de bonificación do IBI nun 95% para os titulares de explotacións agrícolas e gandeiras. 

Esta medida da resposta á aplicación da resolución da Dirección Xeral do Catastro, que marca como prazo ata o ano 2016 para levar a cabo a actualización pola cal se teñen que catastrar todas as fincas do rural, así como dar de alta bens como instalacións rústicas, que son catalogadas como almacéns ou vivendas.

A consecuencia disto, as instalacións agrarias inclúense no Imposto de Bens e Inmobles, co cal pasarán a pagar a cota correspondente.

Dende o Concello, e acolléndose á normativa que permite as bonificacións potestativas, instará ó pleno a establecer o máximo permitido de bonificación da cota íntegra do IBI, (95%), para os bens inmobles nos cales se desenvolvan actividades agrícolas ou gandeiras.

“Dado o peso que o sector agrícola e gandeiro ten neste concello, como base da nosa economía produtiva, e considerando a grande crise que está 

a sufrir o sector, engadirlle o pago deste imposto sería abocalo á ruina” – explica o alcalde, Manuel Cuíña. 

O vindeiro luns, os rexedores de Lalín e Silleda manterán unha reunión para falar deste tema, así como do encontro mantido hoxe no Concello de Lalin cos representantes de Unións Agrarias.

USC - Un proxecto da USC seleccionado para o programa DiscoveryFast Track deGlaxoSmithKline

O programa DiscoveryFast Track da compañía GlaxoSmithKline (GSK) seleccionou entre os proxectos gañadores da súa convocatoria de 2015 un proxecto no que colaboran a Plataforma Innopharma da USC e o Centro Nacional de Biotecnoloxía (CNB-CSIC). Esta é unha das seis propostas gañadoras, elixidas entre 378 proxectos procedentes de 21 países de Europa e Norteamérica. A investigación centrarase no desenvolvemento dun programa de inmunidade fronte ao cancro aplicado á estratificación de pacientes.

O obxectivo da convocatoria DiscoveryFast Track é acelerar a traslación da investigación desenvolvida nos laboratorios ao tratamento de novas terapias. Os profesores Ángel Carracedo e MabelLoza de Innopharma, e Isabel Mérida do CNB-CSIC, colaborarán co equipo científico de GSK do programa DiscoveryPartnershipswith Academia (DPAc) para cribar os compostos da quimioteca de GSK fronte dianas concretas. Os compostos activos poderían constituír as bases dun programa de descubrimento de fármacos completo que podería, en última instancia, conducir ao achado de medicamentos innovadores fronte o cancro.

DPAc

O programa DPAcxunta a ampla experiencia dos centros académicos no campo da bioloxía e en certas enfermidades coa da compañía farmacéutica en descubrimento de fármacos co fin de crear equipos integrados que colaboren no descubrimento de tratamentos.

Innopharma

A Plataforma de FarmacoxenómicaInnpharma da USC reúne as capacidades dasplataformas de Xenómica e a de cribados de fármacos que dirixen Ángel Carracedo e MabelLoza, respectivamente. Innopharma é unha plataforma de alto rendemento da USC recoñecida como unha das oito asociadas á Rede Europea ESFRI EU-OPENSCREEN, sendo a única de farmacoxenómica. Esta é unha iniciativa financiada polo Fondo para a Tecnoloxía da UE a través do Ministerio de Economía e Competitividade, promovida pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) cun orzamento total de 10 millóns de euros para o período 2012-2015.

Unha das actividades de Innopharma é a colaboración na aplicación de mecanismos innovadores a descubrimento de fármacos co obxectivo de xerar codesenvolvementos temperás cos axentes implicados no traslado rápido e eficiente aos pacientes. É unha iniciativa construída sobre os máis de quince anos de experiencia de colaboracións público-privadas e máis de dez novas entidades químicas (NCE) en fases clínicas.

CNB

O Centro Nacional de Biotecnoloxía (CNB-CSIC) é un centro pertencente á Axencia Estatal Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC). Inaugurouse en 1992 coa misión de liderar o desenvolvemento da Biotecnoloxía moderna en España. Con máis de 600 profesionais, traballa nas áreas de viroloxía, microbioloxía, bioloxía de plantas, inmunoloxía e oncoloxía.

O CNB caracterízase ademais polas súas plataformas científico/técnicas que proporcionan os últimos avances tecnolóxicas nas áreas de bioloxía estrutural e procesamento de imaxe, xeración de ratóns e plantas modificadas xeneticamente, xenómica, proteómica, bioinformática e bioloxía computacional. Destaca ademais polas súas instalacións, incluíndo animalario, invernadoiro, e un dos poucos laboratorios de alto nivel de bioseguridade en España. Foi recoñecido por un xurado internacional como un dos oito centros de excelencia ‘Severo Ochoa na área das Ciencias da Vida e a Medicina’.

ANPA Agro do Muiño - A asociación quere evitar a masificación do centro e a perda de servizos.

A ANPA do CEIP Agro do Muíño (Ames) amosou o seu malestar pola modificación “por sorpresa” da lista de prazas vacantes en 1º de Primaria para o vindeiro curso 2016-2017. Dita lista, que foi publicada o día 1 de marzo, como marcan os prazos, reflectía 0 vacantes pero o día 2 a última hora da mañá publicouse un novo listado con 15 novas prazas dispoñibles.

No mes de xaneiro, en reunión do Consello Escolar, informouse de que o vindeiro curso 11 nenos e nenas da escola unitaria da Tarroeira comezarían o ensino primario no centro Agro do Muíño. Esta escola está adscrita ó colexio polo que a súa escolarización no centro queda fora de toda dúbida. O problema é que, cos rapaces que xa están matriculados en 5 anos no CEIP, non hai prazas vacantes para o curso que ven.

Por todo isto, e en vista de que tampouco é factible sobrecargar ós dous grupos de primeiro de primaria, xa que se incumpliría o tema da ratio de alumnos/aula, a inspección decidiu crear unha nova aula de primaria para estes nenos e nenas. Aproveitando esta situación, insinuou tamén a posibilidade de completar o número de alumnos nesa clase, engadindo prazas ás 11 necesarias ata sumar os 25 nenos permitidos por aula. Con isto, poderían pasar a ofertar máis prazas no colexio.

O CEIP Agro do Muíño, deseñado inicialmente para acoller a dúas liñas por curso, atópase nestes momentos ó máximo da súa capacidade. A ANPA considera que, así como os nenos e nenas da escola unitaria pódense asumir sen grandes problemas, a chegada de un total de 25 alumnos/as máis sí afectaría a calidade do ensino no centro e faría máis complicada a convivencia, ó masificar espazos comúns e afectar a servizos complementarios como o comedor ou o transporte escolar, ambos xa con problemas de desfase oferta/demanda. 

Ante esta insinuación e para intentar ter máis información ó respecto, a directiva da ANPA reuniuse coa inspección educativa, quen non foi quen de dar detalles concretos e que remitiu en todo momento ó xefe territorial que é o que “toma as decisións respecto as prazas”. Solicitouse unha xuntanza coa xefatura territorial, xuntanza que tivo lugar a finais de febreiro e na que estivo presente o director do CEIP e na que se lles dixo que a decisión última non estaba aínda tomada (soamente catro días antes da publicación das vacantes) pero que con case toda seguridade non se ofertarían máis das 11 prazas xa reservadas para os nenos/as da escola unitaria. Tamén indicou que a decisión lle sería comunicada ó centro antes da publicación das listas. Esa chamada non chegou a recibirse e no prazo estipulado o colexio publicou as 11 prazas reservadas para a unitaria e 0 vacantes. 

A sorpresa xorde cando, a última hora do día 2, esa lista é substituída por outra coas 15 prazas vacantes xa mencionadas. A dirección do centro explica á ANPA que pola mañá se recibe unha chamada da inspección indicando que, tras falar co inspector xefe, é necesario incluir esas vacantes xa que, por lei, se se crea un aula nova hai que ofertar a totalidade das prazas.

En ningunha das reunións mantidas ata ese momento, a ANPA foi informada deste aspecto, polo que non pode dicir se as inspectoras e o xefe territorial descoñecen a lei baixo a cal desempeñan os seus cargos ou se, simplemente, non lles interesou informar das súas verdadeiras intencións ata que fosen feitos consumados. Esta falta de transparencia é considerada totalmente fora de lugar. Ademáis, existe un precedente: hai catro anos xa se deu esta mesma situación e, neste caso, creouse un aula nova para estes rapaces e rapazas (xa en 5º de Primaria) que nunca se “completou” ata 25; ata este momento seguen a ser 12 alumnos. É difícil atopar unha explicación ó feito de que, o que non é legal agora, sí o era hai catro anos. E sen cambios da lei de por medio.

Esta situación poderíase ter evitado se as prazas destinadas ós nenos e nenas da escola unitaria xa se reservaran ó comezo da educación infantil. Deste xeito, ó comezar o ensino primario, simplemente terían que integrarse no CEIP nas aulas xa existentes.

A este respecto, tamén se lle preguntou á inspección se se ían reservar de cara ó futuro as prazas dos nenos e nenas que agora mesmo están na escola unitaria e que pertencen ó Agro do Muíño. A resposta foi un claro “non”. É dicir, que dentro duns tres anos, o colexio volverá a ter este mismo problema por vontade da administración.

O centro todavía non sabe cales van a ser as condicións nas que se escolarizará a estes nenos e nenas, qué espazos comúns se van a suprimir (aínda que a inspección xa mencionou a aula de música), se se vai dotar de máis profesorado ó colexio e de qué xeito repercutirá nos xa masificados servizos complementarios. Non hai que olvidar que neste curso implementouse a dobre quenda no comedor e que hai rapaces que están xantando as catro da tarde. 

De todos é sabido que o concello de Ames, un dos máis novos de Galicia, ten un gran problema de falta de prazas escolares. Cunha poboación en idade escolar moi numerosa, faise necesario pensar na creación tanto dun centro de ensino infantil e primario como de ensino secundario. Son moitos os despropósitos levados a cabo nos diversos colexios do concello para poder escolarizar a tódolos nenos, situacións en principio provisionais que se teñen convertido en crónicas. A administración debe atopar solucións e deixar de poñer parches, que é o que a ANPA do Agro do Muíño considera que se vai facer no seu centro.

Cámara de Comercio - Alumnos de económicas da USC visitan o viveiro de empresas

A Cámara de Comercio de Santiago desenvolveu en 2015 unha serie de xornadas de fomento do espírito emprendedor no ámbito educativo para escolares de Santiago de Compostela e a súa área metropolitana. 

Celebráronse doce visitas guiadas ao viveiro de empresas de Costa Vella e unha charla divulgativa a centros escolares da demarcación cameral. Nestas actividades participaron un total de 368 alumnos. Visitaron a incuabora empresarial alumnos dos centros de COGAMI, IES Lamas de Abade, Facultade de Económicas da Universidade de Santiago (USC), CIFP Compostela, Escola Técnica Superior de Enxeñería, IES Eduardo Pondal e do Colexio Nosa Señora dos Remedios. A responsable do viveiro de empresas, Rosa Cardeso, considera “imprescindibles este tipo de actuacións para avanzar no emprego, igualdade, crecemento, competitividade e innovación” das empresa do futuro contribuíndo a enriquecer a cultura emprendedora dos máis novos. 

As visitas guiadas ao viveiro de empresas permiten ao alumnado coñecer de primeira man o funcionamento da incubadora empresarial e os servizos de Creación de Empresas que se prestan aos emprendedores e empresarios da demarcación cameral. Para pechar estas visitas, os alumnos asisten a unha charla sobre a experiencia profesional e vital dalgún emprendedor ubicado no viveiro de Costa Vella. Ademais, a entidade programa xornadas divulgativas nos centros escolares para orientar e sensibilizar aos alumnos sobre o espírito emprendedor. 

E para seguir apostando pola difusión do autoemprego entre os estudantes, a Cámara de Comercio recibiu hoxe a un grupo de universitarios dos últimos cursos e do máster da Facultade de Económicas da USC que visitaron as instalacións da incubadora. Tres emprendedores instalados no viveiro compartiron as súas experiencias na creación de empresas cos alumnos. Foron Acar Gestión de Flota, Retnova Proxectia Consulting e Galensigna.

Lalín - X Premios á Muller Empresaria Dona Maruja Gutiérrez

O xurado dos X Premios á Muller Empresaria Dona Maruja Gutiérrez 2016, composto pola concelleira de Muller e Igualdade, Celia Alonso, pola concelleira de Comercio e Emprego, Katia Procino, polos axentes de Igualdade, Mª Jesús Payo e Celso Taboada, e pola representante da AED, Yolanda Rial, emitiu onte o fallo dos galardóns, logo dunha meditada deliberación. 

Finalmente saíron premiadas nas distintas categorías Rosa Hernández, da empresa A Taza Doce, co recoñecemento á Xoven Empresaria, Marisol Rey da empresa Pizza Park S. C, como Empresaria Innovadora, Concepción Lamazares, pola empresa Restaurante Agarimo, co premio á traxectoria profesional Toda unha vida. Bárbara Navaza foi recoñecida co premio Mulleres en movemento pola súa labor social, solidaria, intercultural e investigadora na promoción da saúde e da igualdade. 

En total foron 7 as candidaturas presentadas para optar aos 4 premios dos que se compón o recoñecemento Dna. Maruja Gutiérrez, que xa vai pola súa décima edición. As 4 gañadoras destacaron pola súa traxectoria tanto profesional como persoal ou no eido social. A entrega de premios terá lugar o próximo día 8 de marzo, ás 20.30 horas, no Museo Ramón Mª Aller, coincidindo coa celebración do Día Internacional da Muller Traballadora. Ao acto asistirán entre outros, o alcalde, Rafael Cuíña, as concelleiras de Igualdade e Cultura, Celia Alonso e Lara Rodríguez, así como a Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella. 

As premiadas recibirán unha peza orixinal creada especificamente para este galardón, que ten como obxectivo distinguir a profesionalidade, a capacidade e e a iniciativa empresarial, así como a traxectoria social e persoal da muller lalinense

Axenda e tempo do venres 4 de marzo - Música, feiras, libros, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Área Central - II Feira de MIneráis

Brión - Club de lectura Camaleón

Santiago - Inauguración da exposiciòn de fotografía Ailleurs: adverbio de ausencia(as)

Ordes - II Feira de Oportunidades

Santiago - Sala Sonar - Rubén Pozo

Exposicións
Santiago - Gaias - José Suárez - Uns ollos vivos que pensan (ata o 27 de marzo) 

Santiago - Museo de Ciencias Naturais - Mostra sobre legumes

Santiago - Área Central - Exposicións de mineráis (ata o 6 de marzo)

Santiago - Exposicion XX Aniversario da Real Filharmonía de Galicia (ata xuño)

Santiago - Museo do Pobo galego - "Unha porta do Rial. Ehlaba Carballo e Riobó Prada" (ata o 6 de marzo)

O Tempo

USC - Inauguración da exposición Ailleurs: adverbio de ausencia(as)

O proxecto campUSCulturae trae ao Colexio de Fonseca a obra fotográfica do galego residente en París Gonzalo Vázquez, ben coñecido na súa dimensión de estudoso, artista e deseñador.A exposición Ailleurs: adverbio de ausencia(as)inaugurarase hoxe venres 4 ás 19.00 horas na Biblioteca Internacional campUSCulturae da Diversidade Cultural.

A mostra, que permanecerá aberta ata o 20 de abril, propón unha reflexión intercultural arredor da ausencia nos temas universais do amor e a vida, o corpo e a beleza. Desde o cotiá do París do autor, ofrece unha reflexión breve e intensa sobre todo o que non está fisicamente no lugar da voz e a mirada.




Ordes - Comeza a II Feira de oportunidades

A II Feira de Oportunidades abrirá as súas portas dende mañá venres ata o vindeiro domingo, 6 de marzo. Unha cita na que quince establecementos da zona ofrecerán as últimas tendencias en téxtil, calzado, bixutería, marroquinería ou cerámica. Dress, Alfombra roja, Kukadas, Sombrero de copa, Sportec, Karma, Muxa, Ekaté, Capitán, Arco iris, Andrea mercería, Xan Ferreiro ou Juan Carlos Varela roupa infantil son os comercios que participarán nesta iniciativa que se desenvolverá no primeiro andar da Praza de Abastos de Ordes. O horario de atención ao público irá de 10 a 14 e dende as 16 ata as 21 horas.
 
Á par terán lugar varios cursos de repostería dirixidos a persoas adultas e que serán impartidos polos profesionais da panadería Milagros. O primeiro deles terá lugar mañá venres, 4 de marzo, de 18 a 20 horas e nel elaboraranse receitas para persoas celíacas e diabéticas. Xa de cara ao sábado, 5 de marzo, e á mesma hora, desenvolverase o de iniciación á repostería. En ambos os casos a actividade tamén terá lugar na aula de cociña instalada no primeiro andar da praza de abastos. As persoas interesadas están aínda a tempo de inscribirse no Departamento de Cultura e Deporte, situado no primeiro andar do Concello.

Brión - Hoxe volven as actividades do Club de lectura Camaleón

O Concello de Brión retoma un ano máis o Club Camaleón, un programa de animación á lectura dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos de idade, que participan acompañados dun adulto. Hoxe venres 4 de marzo, de 18:00 a 19:00 horas, a sala infantil da biblioteca municipal acollerá un novo serán de entretidas actividades de animación para os pequenos: xogos, contacontos, obradoiros... todos co obxectivo de fomentar o hábito da lectura entre os nenos e nenas de Brión. 

Uns xogos, contacontos e obradoiros nos que tamén poden participar activamente os pais, nais, avós e avoas dos pequenos que se acheguen para interactuar cos seus fillos durante a actividade. A participación no Club Camaleón é totalmente de balde, basta con reservar a praza na biblioteca municipal de Brión (981 50 99 69).

Numax - Programación do 4 ao 10 de marzo

«O amor é máis forte cás bombas» e «Janis», propostas da semana en NUMAX

A semana cinematográfica enceta no cinema NUMAX o venres 4 de marzocoa estrea de O amor é máis forte cás bombas, última longametraxe do cineasta noruegués Joachim Trier. O filme, que colle prestado para o título un álbum mítico da banda británica The Smiths, achégase aos problemas de comunicación dunha familia que se ve irremediabelmente condicionada pola perda da nai, unha fotógrafa de guerra encarnada por Isabelle Huppert. O crítico Ángel Quintana, que sitúa a fita a medio camiño entre os dramas familiares de Susanne Bier e o primeiro Atom Egoyan, sinala que «o filme avanza como un coidado puzzle no que se superpoñen as capas temporais, intercámbianse os puntos de vista e constrúese un meticuloso exercicio de posta en escena».

O propio venres 4 de marzo o rock and roll de Janis Joplin encherá o Cinema NUMAX de boa música. En Janis, a cineasta norteamericana Amy Berg reconstrúe a apaixonante figura da cantante texana, cuxa morte prematura a levou a facer parte, canda Jimi Hendrix, Kurt Cobain, Jim Morrison ou, máis recentemente, Amy Winehouse, do coñecido como club dos 27. Artellada a partir das cartas manuscritas de Joplin que son lidas ante a cámara pola cantante Cat Power, o filme de Berg centra boa parte do seu foco na importancia da artista como icona feminista. Segundo indica a propia cineasta, «Janis foi a primeira muller no rock and roll e tivo que atravesar sucesivos muros para construír un camiño que, máis tarde, transitaron moitas mulleres até os nosos días».

Outros filmes en carteleira

Ao carón das estreas sinaladas, continúa en cartel Ave, César!, dos irmáns Coen, definida por Andrew Pulver en The Guardian como «un magnífico filme, irmán de Barton Fink, moi divertido e marabillosamente elaborado». A nova comedia dos Coen terá o seu último pase en NUMAX o xoves 10 de marzo.

Asemade, durante toda a semana podedes seguir gozando da restauración en 4K de Sayat Nova, a obra mestra censurada de Sergei Paradjanov da que Serge Daney ten escrito: «Nesta sucesión de iconas-secuencia unha imaxe non sucede a outra, reemprázaa. Ningún movemento de cámara no filme. Ningún raccord entre as imaxes. O seu único punto en común somos nós».

Pere Portabella visita NUMAX para impartir a Aula «Os ollos verdes» e presentar «Informe general II»

O cineasta catalán Pere Portabella, un dos grandes nomes do cinema independente no Estado español, achegarase ao Cinema NUMAX o vindeiro xoves 17 de marzo, para ofrecer unha clase maxistral na Aula «Os ollos verdes» a partir das 20:00, e presentar en sala o seu último filme, Informe general II, ás 17:30. A entrada á Aula é de balde até completar aforo, previa reserva de praza.

O amor é máis forte cás bombas
(Joachim Trier, 2015)

Unha exposición da obra da fotógrafa de guerra Isabelle Reed, tres anos despois da súa morte, leva ao seu fillo maior de volta á casa familiar. Alí pasará tempo co seu pai Gene e o seu irmán menor. Estando os tres baixo o mesmo teito, Gene tratará de estreitar lazos cos seus dous fillos mentres eles loitan por reconciliar os seus sentimentos cara á súa falecida nai.

Janis
(Amy Berg, 2015)


Janis Joplin é unha das cantantes de rock and roll máis admiradas e icónicas de todos os tempos; unha tráxica e incomprendida figura que fixo estremecer a millóns de persoas e trazou rumbos inéditos antes da súa morte en 1970, aos 27 anos. Amy Berg analiza por vez primeira a historia de Joplin no cinema e presenta un retrato íntimo e revelador da artista.

Programación

Venres 4 de marzo

12:00 O amor é máis forte cás bombas
Estrea
15:45 Ave, César!
17:45 Sayat Nova
19:30 O amor é máis forte cás bombas
21:40 Janis Estrea


Sábado 5 de marzo

12:00 Ave, César!
15:45 O amor é máis forte cás bombas
18:00 Sayat Nova
19:40 Janis
21:45 O amor é máis forte cás bombas


Domingo 6 de marzo

12:00 Sayat Nova
15:45 Ave, César!
17:40 O amor é máis forte cás bombas
19:50 O amor é máis forte cás bombas
22:00 Janis

Martes 8 de marzo

12:00 O amor é máis forte cás bombas
15:45 Janis
17:45 O amor é máis forte cás bombas
20:00 Ave, César!
22:00 Sayat Nova


Mércores 9 de marzo

12:00 Janis
15:45 O amor é máis forte cás bombas
18:00 Ave, César!
20:00 Sayat Nova
21:40 O amor é máis forte cás bombas


Xoves 10 de marzo

12:00 O amor é máis forte cás bombas
15:45 Sayat Nova
17:30 Ave, César!
Último pase
19:30 O amor é máis forte cás bombas
21:40 Janis
VO: Versión orixinal sen subtítulos | VOSG: Versión orixinal subtitulada en galego

Na Libraría NUMAX

Autobiografía de rojo
Anne Carson

A que nos referimos cando falamos dos libros de Carson? a) Un libro de poemas. b) Unha novela. c) Un relato en verso. d) Unha reescritura. e) Un volume misceláneo. f) Todas as anteriores. Chamar a este conxunto unha colección de poemas? Habería que pensalo de novo.
 
Andrew Wyeth: Memory & Magic
Andrew Wyeth

Até os anos 60 Andrew Wyeth gozou de sona mundial como estrela recoñecida no mundo da arte. Desde entón, foi en gran medida ignorado por críticos e estudosos.
Una cata de poder
Elaine Brown

Unha combinación inusual de relato épico e crónica íntima converte o libro nun documento excepcional, non só arredor da utopía revolucionaria dos Black Panthers, organización que Brown presidiu con apenas 30 años, senón tamén verbo dun dos períodos máis decisivos e turbulentos da historia contemporánea.