Axenda e tempo do sábado 13 de setembro - Música, exposicións

Santiago - Semana cultural de Conxo

Santiago - Centro cultural Santa Marta - Khitara

Santiago - Miúdo - Ghuin Pan Pun Selektah

Santiago - Embora- Festa do sombreiro

Santiago - Festival wos inc


Exposicións

Santiago - Galería 30 - Andrés Rábado (El roto)

Santiago - Museo do Pobo Galegos - Fotografías de Elisa Gianni

Santiago - Fundación Granell - Ana Gesto - a volta dun plato

Santiago - Museo das Peregrinacións - Miguel Ánxo Prado

O Tempo

Santiago Futsal - derrota no primeiro partido da liga

El Santiago Futsal dejó escapar los primeros tres puntos de la temporada en la pista del Magna Navarra, un equipo sólido que no se dejó batir por un conjunto gallego en el que debutaron 6 jugadores y que dio la cara hasta el final del encuentro.

El partido comenzó con claras ocasiones para ambos conjuntos, que llegaban a la meta contraria con mucho peligro. Chus y Quintela tuvieron las oportunidades más claras de adelantarse en el marcador, pero la intensidad del Magna Navarra en ataque doblegó las ocasiones del conjunto gallego y logró adelantarse en el marcador con gol de Pablo Ibarra. El debutante superó a Marcos Vara con un remate en el segundo palo a pase de Jesulito en el minuto 8 de partido.

El Santiago Futsal siguió intentando la igualada antes del descanso, pero los palos se interpusieron entre los gallegos y el gol. El balón tocaría en ambos palos y cuando ya se introducía en línea de gol, Raúl Jiménez logró detener el esférico.

Con el marcador en contra, y pese a las claras ocasiones que tuvieron los gallegos para empatar el encuentro, en el minuto 17 llegaría el segundo de los locales con un disparo con la zurda de Roberto Martil que se coló por la escuadra de la portería del meta compostelano.

Tras el descanso, y con un Santiago Futsal que se tuvo que aplicar en defensa por las llegadas de los locales, Dani Saldise amplió la ventaja para los suyos en el minuto 23 al aprovechar un rechace del Santiago Futsal.

Intentaba el conjunto gallego hacerse con el dominio del encuentro pero sin suerte. Quintela protagonizó la ocasión más clara de los gallegos de la segunda parte en un mano a mano con el portero navarro que salvó el meta del Magna Navarra.

Tan sólo un minuto después llegaría el cuarto tanto de los locales. Pablo Ibarra marcaría el segundo en su cuenta personal, en un remate al segundo palo a pase de Victor Rubi, que dejaría muy cuesta arriba el partido para los gallegos.

Sin tiempo para más, el partido concluyó con la victoria del Magna Navarra y el Santiago Futsal regresa a casa sin puntuar en la primera jornada de Liga. 

SALA DE PRENSA

Al finalizar el partido, Santi Valladares, entrenador del Santiago Futsal afirmó que “nos medimos a un equipo muy hecho y más experimentado, con jugadores que decidieron el partido. Nosotros somos un equipo en formación, hoy debutaron varios jugadores y se nota la falta de experiencia, pero se irá ganando a base de partidos. Tuvimos ocasiones que no pudimos materializar pero que con trabajo lograremos consolidar”.

FICHA DEL PARTIDO

MAGNA NAVARRA: Raúl Jiménez, Jesulito, Carlitos, Tolrá y Eseverri- cinco inicial- Roberto, Dani Saldise, Javi Saldise, Víctor, Pablo Ibarra, Samuel Carrillo

SANTIAGO FUTSAL: Marcos Vara, Diego Quintela, Pablo Tallón, Borja y Chus-cinco inicial- Dani M., Iván Rumbo, Gallego y Lucas Bolo

Árbitros: Bel Pascual y García Donas. Amonestaron con tarje amarilla a Roberto Martil y Jesulito en el Magna Navarra; y a Pablo Tallón y Lucas Bolo en el Santiago Futsal

Incidencias: Partido correspondiente a la 1ª Jornada de Liga en el Pabellón de Anaitasuna (Pamplona)

Goles: 1-0 min.8 Pablo Ibarra, 2-0 min.17 Roberto, 3-0 min.23 Dani Saldise, 4-0 min.29 Pablo Ibarra

Ordes - Aberto o prazo de inscrición na Escola Municipal de Música

O día 1 de outubro de 2014 dará comezo un novo curso académico na Escola Municipal de Música. Como todos estes anos, dende a escola continuaranse impartindo coñecementos de solfexo e clases de instrumento como: guitarra, piano, trompeta, clarinete, saxofón, oboe, frauta, batería-percusión, trombón, tuba e bombardino. 

As prazas por instrumento son limitadas, polo que o criterio a seguir será por rigorosa orde de inscrición. 

O prazo de inscrición estará aberto ata o 25 de setembro de 2014. A documentación que teredes que presentar no Departamento de Educación do Concello:

- Solicitude de matrícula.

- Resgardo do ingreso da matrícula anual: 67,00 €.

- Número de conta. Mensualmente aboaranse 20,00 € por alumno/a.

Para máis información poñerse en contacto co Departamento de Educación, 1º andar, novo edificio concello, en horario de 9:00 a 14:00 ou chamando ao teléfono 981680002 (EXTENSIÓN Nº 4)

Psoe Ordes - Petición a SOGAMA para que elimine o cheiro do vertedoiro de Areosa

O PSOE pide no Parlamento que SOGAMA evite os reiterados intensos cheiros causados pola súa actividade no vertedoiro da Aerosa
A petición faise a instancias da Agrupación Socialista de Ordes 

O deputados socialistas Patricia Vilán, Raúl Fernández e José A. Sánchez Bugallo veñen de presentar unha proposición non de lei para o seu debate polo pleno do Parlamento de Galicia na que insta a SOGAMA a realizar un control especial sobre a súa actividade e a solucionar os problema dos reiterados, intensos e insoportables cheiros que teñen que soportar os veciños e veciñas de varias localidades de Ordes derivados da súa actividade no vertedoiro da Areosa.

Deste xeito, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia faise eco dunha petición realizada pola Agrupación Socialista de Ordes na última sesión plenaria local, na que o propio Goberno de Ordes recoñeceu que xan ten realizado diversas peticións a SOGAMA, pero sen conseguir resultado ningún. “Unha cousa é un mal cheiro puntual e outra moi distinta é a intensidade que están soportando os veciños de Pepín, Bailía ou Vilasenín”, explica o secretario xeral dos socialistas ordenses, Xesús Pedreira, quen indica que “temos que tratar de buscarlle algunha solución e, como non a conseguimos a través do Concello, decidimos acudir á institución competente, neste caso o Parlamento de Galicia”. 

O escrito presentado polo Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia recolle que durante varios días do mes de agosto os veciños e veciños das localidades de Pepín, Bailía e Vilasenín, nas parroquias de Leira e de Mercurín, non podían nin abrir as fiestras das súas casas debido á intensidade dos cheiros que había. Uns cheiros que soportan habitualmente, pero que no último mes foron máis frecuentes e intensos.

Oroso - O concello anima os maiores a traballar como voluntarios

O Concello de Oroso anima aos seus maiores a colaborar como voluntarios

O local da terceira idade de Sigüeiro acolleu na tarde de onte martes a primeira sesión da nova temporada dos “Martes saudables”, unha iniciativa coa que o Concello de Oroso quere achegar cada mes información útil e práctica para os seus maiores. Nesta ocasión tivo lugar unha charla de iniciación ao voluntariado, que contou coa participación de Antonio Leira, concelleiro de Voluntariado; Ruth González Pais, técnica da Dirección Xeral de Voluntariado; e Alfonso Romero, voluntario en varios proxectos e entidades como Down Compostela.

Leira Piñeiro animou aos maiores de Oroso a achegarse ao mundo do voluntariado xa que “todos e todas temos algo que ofrecer, aínda que sexa a nosa simple compañía pode facerlle máis doado o día a día aos demais”. O concelleiro explica que “pretendemos canalizar dun xeito organizado a solidariedade dos veciños e veciñas de cara a colaborar nos distintos programas sociais que facemos en Oroso”.

Ruth González realizou un achegamento xeral ao mundo do voluntariado, dos voluntarios e das entidades de acción voluntaria, explicando as distintas iniciativas e axudas postas en marcha pola Xunta. Pola súa banda, Alfonso Romero falou da súa experiencia persoal como persoa voluntaria.

Oficina municipal
Na actualidade, o Concello de Oroso dispón dunha Oficina de Voluntariado no centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro, onde a técnico de Voluntariado atende os luns e martes en horario de 9:00 a 15:00 horas (teléfono 981 69 09 03). Na actualidade o Programa de Voluntariado contempla os seguintes proxectos: 

- apoio ás persoas maiores e dependentes: acompañamentos, xestións, recados

- voluntariado medioambiental: recuperación e mantemento dos espazos naturais, roteiros, Camiño de Santiago...

- solidariedade social: roupeiro social, recollida de xoguetes...

- voluntariado cultural e deportivo: apoio en actividades como exposicións, eventos deportivos, obradoiros...

- voluntariado cívico: coidado do mobiliario urbano, entrada/saída do colexio...

- infancia e xuventude: obradoiros, actividades...

- inmigrantes: axuda á integración, trámites, campañas de sensibilización...

- persoas con discapacidade: acompañamento, axuda...

Teo - Renovación dos parques biosaudables do concello

O concello de Teo renova a totalidade dos aparellos dos parques biosaudables
Nestes días a empresa que realiza os traballos de renovación está quitando as últimas máquinas e agárdase que queden de novo colocados a finais de mes 

O Departamento de Servizos Básicos encargou a renovación completa dos tres parques biosaudables, dous instalados na parroquia de Cacheiras e un nos Tilos. Esta renovación fíxose en dúas fases para que os/as usuarios/as puideran seguir facendo uso dos espazos e segundo explica Xurxo Francos “estamos neste momento na última fase e agardamos que a instalación remate para finais deste mes de setembro”. 

O concelleiro explica que se “acordou restaurar e pintar os 23 elementos que hai nos tres parques de cara a deixalos en condicións óptimas par ao seu uso”. O custe desta intervención, que está realizando a empresa Magal, é de cerca de 8.000 euros. 

Unha vez desmontados os aparellos procédese a quitar a pintura vella para poder darlle unha imprimación e unha nova capa de lacado. Os novos tonos utilizados para as pezas son o gris e o azul. Antes do lacado e da nova colocación tamén se revisaron todos os elementos, rodamentos... e se cambiaron ou arranxaron os que estaban deteriorados.

ANPA Monte dos Postes - Incredulidade ante as declaracións do alcalde

A ANPA do CPI do Monte dos Postes Móstrase incrédula diante das declaracións da Consellería de Educación e do Alcalde de Compostela
Diante da visita Realizada polo Alcalde e polo Concelleiro e o anuncio da construción de novas aulas de infantil e demais actuacións, a ANPA manifesta a sua sorpresa ao comprobar que perante o veran non se acometeron unha boa parte das actuacións que veñen reclamando nos últimos anos.

O que temos constatado no Monte dos Postes é a falta de profesorado (falta profesorado de Especialidade de Inglés e recorte en Pedagoxía Terapeutica), co que esto significa para a calidade do ensino.

Mais tamén temos comprobado como a grande parte das actuacións que vimos reclamando nas instalacións, practicamente están no mesmo estado que no curso pasado.

Si ben é certo que repararon parcialmente a cuberta e as baixantes e canalóns de auga e pintaron algunha das aulas, constatase que unha boa parte das aulas seguen sen nin sequera pintarse, presentando manchas de humidade. Os baños non se amañaron -so se pintou algún que estaba absolutamente deteriorado- mais seguen presentando un estado lamentábel (en algúns non hai tapas, non hai portapapel do baño, etc.).

A aula de Inglés segue cos paneis das persianas desprendidas, segue a haber persianas rotas, as fiestras da parte sur, ás mais expostas as inclemencias seguen sen cambiarse, os zócalos seguen rotos, ás fochancas seguen sen tocárselle e o comedor non se fixo ningunha actuación sobre él. Descoñecemos a que se refiren coa adecuación da antigua vivenda do conserxe para o comedor, xa que sobre este espazo non se actuou.

Aledámonos que anuncien a construción de catro aulas de infantil e de que van dotar de accesibilidade ao centro, mais esperamos que esto non sexa un anuncio "en diferido", pois sabemos que estamos próximos a unha eleccións municipais e non vai ser que despois desas eleccións se esquezan do prometido. A dotación das aulas e do ascensor, xunto con baños adaptados, é tan urxente como que este inicio de curso hai un neno que non pode asistir ao centro, xa que despois de sufrir un accidente domestico, ten que usar temporalmente unha cadeira de rodas, e non pode acceder ao centro.

BNG Compostela - Demanda para que se promova o uso do galego nas actividades do concello

Rafael Vilar requírelle ao Goberno local que promova o uso do galego nas actividades culturais que apoia
“O WOS INC é unha oportunidade perdida de achegarse en galego ao público destinatario deste evento”, afirma o concelleiro

O BNG requírelle ao Goberno local que promova o uso da lingua galega nas iniciativas culturais que apoia e pon como exemplo de exclusión o WOS INC, que se desenvolve esta fin de semana, amparado polo ciclo Compostela Rock e que está organizado pola Concellaría de Cultura de Santiago.

“É unha nova mostra da desidia do Goberno municipal coa lingua, pois a publicidade deste evento e a súa web informativa exclúen o galego cando a Administración ten o deber de promovelo nas campañas de divulgación das actividades que apoia”, explicou. “Trátase dunha oportunidade perdida de achegarse en galego ao público destinatario deste evento que aglutina música, gastronomía, fotografía e audiovisual”, sinalou o concelleiro nacionalista, “e que ademais ten escasa presenza de artistas do noso país”.

Lembrou que o BNG xa defendeu no Pleno unha proposición destinada a potenciar o sector cultural galego, mediante a contratación de profesionais das artes escénicas e musicais de Santiago e de Galiza na programación municipal de cultura e de festas. Así, Rafael Vilar advertiu de que o Goberno de Agustín Hernández persiste na “inexistencia de políticas públicas favorábeis á cultura galega” e demandoulle “unha xestión política responsábel e sostíbel para evitarmos o progresivo desmantelamento cultural e artístico da nosa cidade”.

Reverter o investimento público na consolidación de emprego
O concelleiro require, deste xeito, que se incremente a porcentaxe de contratacións culturais de artistas da propia cidade e de Galiza, para contribuír ao mantemento dos postos de traballo no sector cultural. Lembra que só así se pode favorecer o uso do idioma galego no ámbito cultural da nosa cidade, “revertendo o investimento público na consolidación do emprego e na expresión artística galega”.

Ademais, afirmou, Santiago de Compostela foi historicamente unha referencia clara a favor da lingua e da dinamización artística do país e, na actualidade, moitas destas industrias culturais está en risco de desaparecer pola falta de apoio dende as administracións públicas.

Axenda e tempo do venres 12 de setembro - Música, exposicións

Santiago - Semana cultural de Conxo

Santiago - Festival wos inc


Exposicións

Santiago - Galería 30 - Andrés Rábado (El roto)

Santiago - Museo do Pobo Galegos - Fotografías de Elisa Gianni

Santiago - Fundación Granell - Ana Gesto - a volta dun plato

Santiago - Museo das Peregrinacións - Miguel Ánxo Prado

O Tempo

Psoe - O Secretario Xeral do socialistas galegos inaugurou o curso escolar en Ames

José Ramón Gómez Besteiro inaugurpu o curso escolar vistando o Milldoiro en Ames.

O Secretario Xeral do PSdGA reuniuse coa presidenta de CONFAPA Galicia, Helena Gómez Vecino, e os pais e nais da ANPA do IES Milladoiro, xunto co secretario de Educación do PSdeG, Vicente Docasar, e o voceiro socialista en Ames, José Miñones.

No transcurso da reunión visitaron as instalacións do IES do Milladoiro onde quedou  de relieve a falta de seguridade de algúns dos espazos e a falta de equipamento. O portavoz socialista no concello, José Miñones o explicaba así


Ames - O goberno de Ames considera unha burla a visita do secretario xeral socialista o Milladoiro

O Goberno de Ames considera unha burla ós veciños do Concello a visita do Secretario Xeral do PSOE ao IES do Milladoiro

É inaudito que un partido que non foi quen de facer as inversións en infraestruturas educativas necesarias no Concello de Ames en época de bonanza económica pretenda dar leccións de xestión de recursos.

O Grupo Municipal Socialista, encabezado polo seu voceiro José Manuel Miñones, debería rexeitar acudir á rolda de prensa do Secretario Xeral do PSOE galego, se realmente quere demostrar o seu compromiso coas necesidades educativas de Ames.

O Goberno de Ames considera que a rolda de prensa programada para a mañá de hoxe polo Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Xosé Ramón Gómez Besteiro, no Instituto de Educación Secundaria de Milladoiro, para falar presumiblemente de educación, constitúe unha auténtica burla ós veciños de Ames, e máis concretamente aos de Milladoiro. Máis aínda cando educación é unha materia na que suspenderon en todos os anos que estiveron no goberno municipal.

O feito de que o PSOE amiense dea por boa a visita de Gomez Besteiro ó Milladoiro, pon de manifesto que están sometidos ó aparato do seu Partido e non comprometidos cos veciños de Ames, que son quenes deberían preocuparlles na súa acción política. Este feito constata unha vez máis que o PSOE amiense non ten capacidade de facer unha análise crítica dos feitos, que falan por sí sós.

O Grupo Municipal Socialista, encabezado polo seu voceiro José Manuel Miñones, só busca promocionarse e facer méritos ante o Secretario Xeral do PSOE. Non obstante, se realmente quere demostrar o seu compromiso coas necesidades educativas de Ames, debería rexeitar acudir á rolda de prensa.

Só se pode catalogar de esperpento a visita de Gomez Besteiro a Ames para falar das necesidades educativas do municipio, da man do voceiro municipal do PSOE, José Manuel Miñones, cando en época de bonanza económica, cunhas administracións que dispoñían de máis recursos, non se aportaron solucións ás necesidades que os veciños reclamaban para o concello máis novo de Galicia.

Durante a época de Goberno bipartito en Galicia, co PSOE na Presidencia e coas competencias en educación tamén na súa man, os grandes proxectos de infraestruturas educativas do Concello estiveron paradas.

Tivo que ser baixo mandato do Partido Popular cando se concretaron as grandes inversións educativas en Ames, coa construción do IES de Milladoiro, cunha inversión de máis de 6 millóns de euros, ou coas recentes obras no CEP de Ventín, no que se investiron case 1,3 millóns de euros.

Ademais durante este goberno popular asinouse o primeiro convenio económico de colaboración coa Xunta de Galicia para os comedores escolares de Ames, e xestionouse e conseguiuse a xornada única para o colexio de Ventín, tan demandada nos últimos anos.

É inaudito que un partido que non foi quen de facer as inversións en infraestruturas educativas necesarias no Concello de Ames cando tivo responsabilidades de goberno na Xunta e en Ames, pretenda dar leccións de xestión de recursos

Santiago Futsal - O equipo comeza a liga ante o Magna Navarra

Hoy a las 20.30h el Santiago Futsal jugará su primer partido de Liga de la temporada 14-15 en la pista del Magna Navarra, donde intentará conseguir la primera victoria de la temporada.

La plantilla del Santiago, que cuenta con 8 nuevos jugadores, de los que 7 de ellos debutarán mañana en la máxima categoría, intentará conseguir en la pista del Magna Navarra la primera victoria en Liga de los últimos 5 años.

Para este partido, Santi Valladares no podrá contar con Lucho, que sigue con el proceso de recuperación; Hugo, que sufre una talalgia; ni Marci, que aún se incorporó esta semana a los entrenamientos.

Santi Valladares, técnico del Santiago Futsal, compareció esta mañana en sala de prensa previa al partido de mañana. 

En cuanto al rival el técnico afirmó que “tiene jugadores muy importantes y un equipo muy intenso y aguerrido, pero nosotros también”. Recordó, a su vez, que “los partidos allí son muy igualados, de competir de verdad, de llevar el resultado muy igualado y al final dar la estocada, y si podemos ser nosotros, mejor”. Santi también destacó que lo importante es “competir, independientemente del juego, tenemos que dar lo mejor de nosotros”

Resaltó, a su vez, que la pista del Pabellón de Anaitasuna es “una pista de las más bonitas para jugar. Siempre se llena y el apoyo del público les da a los jugadores una motivación extra”.

Teo - O Centro sociocultural da Ramallosa pecha temporalmente

Nos próximos días unha empresa especializada avaliará a estructura do auditorio e presentará as alternativas técnicas para o arranxo 

O Concello de Teo informa que o auditorio do Centro Socioculutural da Ramallosa péchase temporalmente por un problema detectado onte nunha das vigas do teito. Trátase dunha estructura interior de madeira laminada das que cruzan o espazo do auditorio na que se aprecian fendas. Neste momento xa está apuntalada a zona e non corre risco de rotura mais o espazo permanece fóra de servizo. 

Nos próximos días unha empresa especializada nestas estruturas avaliará a situación de cara a detectar se hai algunha outra viga con risco aínda que non sexa visible. Ademais pediráselle que presente as posibles alternativas técnicas para o arranxo. 

Aínda que mesmo edificio do auditorio están as oficinas de Servizos Sociais, Cultura e a Aula de informática, estes servizos seguen funcionando na mesma ubicación con normalidade xa que son estruturas diferentes e os servizos técnicos municipais aseguran que non existe risco. 

Ata que se avalíe a estrutura e o estado das vigas os actos programados neste espazo serán trasladados a outras ubicacións, do que se irá infomando na web municipal e nas redes sociais. Mañá venres 12 estaba previsto un espectáculo de maxia do Mago Antón que se fará no local da Pontevella en Reis (o carón do campo de fútbol do Praíña). A actividade comezará á mesma hora, as 20:00 horas, e será de balde.

BNG A Estrada - O alcalde pon a brigada contraincendios a facer labores de xardinería


Magariños: “A brigada contraincendios debía estar realizando labores de prevención nos montes que boa falta fai e non colocando flores diante do concello”

O BNG vén de denunciar que o alcalde da Estrada utilizou a brigada contraincendios do concello para labores de xarinería. O concelleiro nacionalista, Xosé Magariños, afirmou que “os estradenses non deixamos de sorprendernos pola inconsciencia do alcalde da Estrada ao poñer brigada local contra os lumes a poñer bonita para “La Vuelta” a xardineira que hai diante do concello”.

“Non é para o que foron contratados”, engadiu o concelleiro do BNG, “de feito a subvención que recibe o concello da Xunta de Galiza para manter esta brigada é para loitar contra o lume e para desbrozar un mínimo de hectáreas no rural e nos montes, pero non para colocar flores diante do concello”. “É certo que o tempo axudou bastante para que este ano non teñamos incendios”, explicou Magariños, “por iso mesmo é importante que a brigada se adique a labores de prevención e non a outro tipo de tarefas”.

Xosé Magariños explicou que “foron os propios veciños e veciñas os que nos alertaron e o nos proporcionaron as fotografías, que proban a sobervia e a inconsciencia dun alcalde entregado completamente á causa de “La Vuelta” e do espectáculo que leva aparellada, deixando o resto á súa sorte, como os desbroces do rural, por exemplo”.

“Por que iso é outra”, afirmou Magariños, “os veciños e veciñas da Estrada fican sorprendidos ao ver que se deixou moi bonito todo alí por onde pasaron os ciclistas, que a cuadrilla de obras do concello varreu literalmente as beirarrúas da N-640, e mentres o resto da vila, e xa non digamos o rural, está a monte”. “Menos mal que non está ao alcance do alcalde, senón o resto metíao debaixo da alfombra para que non se visen os despropósitos”, afirmou o concelleiro do BNG.

Oroso - Música e Danza portuguesa hoxe no concello

O rancho folclórico “Os Mensageiros da Alegria” ofrecerá hoxe venres un espectáculo de música e danza portuguesa en Oroso
A actuación porá o broche de ouro á inauguración da exposición Gois/Orosoartes 2014, que reunirá 65 obras de artistas galegos e lusos

O rancho folclórico “Os Mensageiros da Alegría”, de Vila Nova do Ceira (Góis-Portugal) ofrecerá hoxe venres 12 de setembro un espectáculo de música e danza tradicional portuguesa, que terá lugar ás 21:00 horas na praza de Isaac Díaz Pardo (Oroso). A participación é libre e de balde, xa que está incluída dentro dos actos de inauguración da exposición Gois/Orosoartes 2014, que reunirá un total de 65 obras de artistas galegos e lusos no centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro ata o vindeiro 3 de outubro.

Previamente, ás 20:00 horas, o alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, e a presidenta da Cámara Municipal de Góis, María de Lurdes Oliveira Castanheira, inaugurarán unha mostra de 65 pezas de pintura, escultura e fotografía, das que 40 son de artistas galegos e outras 25 corresponden a artistas portugueses. Os artistas estarán representados pola pintora orosá Ofelia Ángeles De Bartolomé Battista, quen estará acompañada polo concelleiro de Cultura, Antonio Leira, e polo presidente da Asemblea Municipal de Góis, José Antonio Pereira de Carvalho.

Entre os participantes nesta nova edición de Gois/Orosoartes 2014 figuran os 25 artistas que representaron ao Concello de Oroso o pasado mes de xullo durante a celebración do certame en terras portuguesas. Son: Guadalupe García Ferreiro, Mary Carmen Calviño, Fran Lareo, Marina Cocós, Constantino Cuesta Ibáñez, Blanca Arocas Rivera, María José Fiaño Lois, María Esther Rodríguez Noya, Teresa Barrós, Mary Olivares Lara, Xoán Vila, María Del Carmen Rodríguez Garrido, Avelino Castro Fernández, Manuel F. Castro, María Del Carmen Tabeada, Celia Santos, Carmen Torres, Isabel González Andrés, M. Carmen Sampedro López, María Esther Piñan Orujo, Josefa Mariño, Jesús Pereira Ríos “Suly”, Belén Rodríguez Pazo, Marta Lucía Dubra Ríos e Ofelia Ángeles De Bartolomé Battista. Agárdase a presenza de moitos deles no salón de exposicións do centro cultural de Sigüeiro para asistiren á inauguración da mostra.

Oroso TM - Completada a plantilla para a superliga


El Oroso TM cierra su plantilla para luchar por la permanencia 

Hace pocos dias el Oroso TM anunciaba la incorporación del jovencísimo Javier Benito a su primer equipo, el Oroso TM Deporte Galego, que militará en la máxima liga española, la Superdivisión Masculina. Si bien, la Dirección Técnica del club admitía que muy probablemente habría más incorporaciones a la plantilla, con el objetivo de reforzarla y alcanzar el objetivo de la permanencia. Hoy, el club confirma su segunda y última incorporación, la del jugador catalán Pere Navarro, con el que da por cerrada su plantilla. 

Pere Navarro es un jugador de un nivel contrastado, que se encuentra dentro de los mejores nacionales del país y con una amplia experiencia en la máxima categoría. La pasada temporada militó en las filas del Arteal TM donde alcanzó el subcampeonato de liga. Junto a los ya confirmados Lawal Abiodun, Javier Obelleiro y Javier Benito, el cuarteto orosino será uno de los equipos más jóvenes de la liga, y casi con toda seguridad, el único equipo de la liga con un jugador gallego en sus filas, el canterano Javier Obelleiro. 

Aunque el club acaba de hacer público el fichaje, fuentes del mismo reconocen que la incorporación de Pere Navarro al Oroso TM estaba ya cerrada hace tiempo. Tanto club como jugador llegaron a un rápido acuerdo gracias al interés mutuo de ambos. 

El Oroso TM ha hecho un gran esfuerzo para poder incorporar a sus filas a estos dos jugadores internacionales con el fin de poder luchar por la permanencia en la categoría. El debut será el próximo 4 de Octubre en las instalaciones del complejo Deportivo Juanito Amigo de Sigüeiro contra el Burgos, equipo que a priori podría ser un rival directo de los orosinos en la lucha directa por la permanencia. El club quiere hacer un llamamiento a todos los socios y simpatizantes para que acudan a lo que será un debut histórico para el Oroso TM.

Compromiso por Galicia - Compromiso será o primeiro partido en escoller candidato a alcaldía por primarias


Calquera cidadán censado no concello, maior de dezaoito anos, que non milite noutra organización política e sen auto de procesamento ou apertura de xuízo oral pode presentarse como candidato 

O Secretario Local de Compromiso por Galicia, Modesto Toribio, presentou esta mañá aos medios o calendario de primarias que CxG celebrará na capital galega. Será a primeira vez que un partido político da cidade elixa ao seu candidato á alcadía por este sistema. 

Neste sentido, Toribio indicou que estas si son primarias e que calquera cidadán que cumpra unhas mínimas condicións se pode presentar como candidato ou participar como elector, incluso sen estar afiliado a Compromiso. Os único requisitos son: estar censado en Compostela, ser maior de dezaoito anos, no caso dos candidatos, e maior de dezaseis, no caso dos votantes, e manifestar por escrito que comparten os principios e apoian o proxecto político que representa Compromiso por Galicia e que non estan afiliados a ningún partido político. 

O período no que se vai desenvolver todo este proceso dará comezo o venres 19 de setembro, coa apetura do prazo de presentación de candidaturas, que rematará o xoves 25 ás 24h. Serán sete días nos que as persoas interesedas poden inscribirse como elexibles na web www.compromiso.gal, onde existe un modelo de formulario, ou no correo info@compromisoxgalicia.org. Logo de concluída esta parte, o martes 30 de setembro, a coordinación territorial fará públicos o nome dos candidatos. O seguinte paso, a campaña dos candidatos. Durará unha semana e comprenderá desde o sábado 4 de outubro ao venres 10 ás 24h. 

Desde a apertura do prazo, o 19 de setembro, e até unha hora antes do peche das urnas, todo cidadán interesado en votar poderá rexistrarse nun lugar habilitado na páxina web de Compromiso, ou ben enviando un correo electrónico ao enderezo nacional. Só é necesario pagar unha cota de dous euros, para sufragar gastos, e cumprir os requisitos antes mencionados. 

O proceso de primarias finalizará o sábado 11 de outubro coas votacións. Os electores terán seis horas para poder votar e elixir á persoa que encabezará as listas de Compromiso por Galicia nas municipais de 2015.

Asociación Hostelería - VII edición do Santiago (é) tapas


O Santiago(é)Tapas vai celebrar a súa sétima edición entre o xoves 6 e o domingo 23 de novembro de 2014, segundo se anunciou esta mañá no Centro de Formación e Cultura Gastronómica da Asociación Hostelería Compostela, nunha rolda de prensa na que os organizadores, que animaron a todos os hostaleiros a participar e a propoñer melloras as melloras que consideren oportunas na mecánica do concurso. 

O colectivo empresarial volve organizar esta cita co obxectivo de consolidar este evento e de melloralo introducindo algúns cambios importantes despois de seis edicións nas que se venderon máis de 170.000 petiscos, mantendo como sinal de identidade o tapasporte e as diferentes etapas pola cidade, propoñendo unha peregrinación moi particular pola mellor da gastronomía en miniatura. 

O concurso Santiago(é)Tapas é unha referencia a nivel estatal e autonómica nos concursos de petiscos, por traxectoria, modelo e prestixio dende o 2008. Na edición ano pasado servíronse 37.000 petiscos nos 66 establecementos hostaleiros que ofreceron 109 creacións. Ademais, dez locais de hostalería nocturna ofreceron combinados especiais dentro da oferta complementaria de Santiago(é)Noite. 

Santiago(é)Tapas 2014... A polos 200.000 petiscos! 

A organización avanzou esta mañá que aspira a que neste 2014 se superen os 200.000 petiscos servidos na historia do certame, promovendo ademáis nesta edición a creación de atractivos paquetes turísticos que durante o mes de novembro se poidan comercializar e que inclúan tapas, hospedaxe e transporte, combinando este evento gastronómico coa programación cultural de Cineuropa. 

Tralo anuncio das datas e da vontade da organización de mellorar o certame e facer medrar o seu ámbito teritorial, chega o momento de introducir algúns cambios que solicitan os participantes dende hai anos, coma o de dar máis protagonismo ao público e introducir o escandallo das tapas, para comezar nas vindeiras semanas coa produción do Santiago(é)Tapas e anunciar xa a mecánica do concurso e a apertura do prazo de inscrición para os participantes. 

Na rolda de prensa desta mañá estiveron Germán González e Jesús Peón, como representantes da Sección de Restauración de Hostalería Compostela, Maruxa Ledo, de Incolsa, e diversos representantes do sector hostaleiro compostelán, que animaron aos seus compañeiros “a participar nesta nova edición do mellor concurso de tapas de Galicia”.

Ames - A Directora Xeral de Turismo visita as obras do Camiño de Santiago

Nava Castro e Santiago Amor visitan as obras realizadas no Camiño de Santiago ao seu paso por Ames

A Directora Xeral de Turismo, Nava Castro, en compañía do alcalde de Ames, Santiago Amor e o concelleiro de Vías, Obras, Parques, Xardíns, Patrimonio e Urbanismo, Alfredo Tabaoda, visitou onte o tramo do Camiño de Santiago que discorre entre Auga Pesada e Trasmonte. Nava Castro tivo a oportunidade de comprobar in situ as obras de mellora realizadas pola Sociedade de Xestión do Xacobeo e o Concello de Ames nese tramo do Camiño de Santiago a Fisterra. Na visita estivo presente tamén o presidente da recentemente creada “Asociación do Camiño Portugués de Ames e Teo”, Jesús Fernández que lle expuxo a Nava Castro os proxectos que esta asociación quere levar a cabo para poñer en valor e e dinamizar o Camiño Portugués ao seu paso por ámbalas dúas localidades. Pola súa banda, o alcalde de Ames avanzoulle a Secretaria Xeral de Turismo o proxecto pedagóxico baseado no Camiño que o Concello quere poñer en marcha para os escolares de Ames.
A visita da Directora Xeral de Turismo serviu para comprobar o estado das obras realizadas no Camiño a Fisterra ao seu paso por Ames pola Sociedade de Xestión do Xacobeo, dependente da Dirección Xeral de Turismo. Os traballos consistiron fundamentalmente no acondicionamento do firme e na limpeza da cunetas. Para iso desbrozáronse as malas herbas que nacen á beira do camiño, e cortáronse as polas das árbores que invaden a senda peonil. Ademais abríronse cunetas, en ambas marxes do camiño, para que discorra a auga sen problema, e repúxose a grava naquelas zonas que sufriron un lavado do firme debido ás choivas do inverno. Por último, realizouse unha limpeza superficial das zonas do camiños que teñen adoquíns no seu firme. Aqueles que estaban soltos fixáronse correctamente e substituíronse os que estaban rotos. Por outra banda, o Concello de Ames limpou recentemente as beira rúas de Auga Pesada. 

A directora de Turismo de Galicia explicou no transcurso da visita que a administración autonómica realiza grandes esforzos en conservar e protexer as rutas xacobeas, facendo labores de mantemento, medidas correctoras e acondicionamento dos diversos tramos do Camiño. Cada ruta do Camiño ten as súas peculiaridades singulares non só paisaxísticas senón tamén orográficas, de trazado polo que é preciso adaptar as actuacións de acondicionamento destas ás súas peculiares características. Durante a visita, Nava Castro destacou que as obras realízanse respectando sempre as condicións do camiño coma o seu ancho ou os valos tradicionais. 

Para o alcalde de Ames é fundamental manter en boas condicións os camiños xacobeos que pasan por Ames de xeito que “tanto o Camiño a Fisterra como o Camiño Portugués estean en boas condicións para acoller os peregrinos que durante todo o ano e, especialmente no verán, os percorren”. “Porén -engade Santiago Amor- as actuacións nos camiños deben ir máis alá. É a nosa obriga dalo a coñecer e poñelo en valor tamén a través de programas que o fagan presente, mesmo entre os sectores da sociedade máis próximos a nós” Neste sentido o alcalde anuncioulle á Directora Xeral de Turismo que o Concello de Ames está traballando nun proxecto pedagóxico destinado aos escolares do Concello que ten como base o Camiño de Santiago. 

Destacou tamén o alcalde de Ames a importancia da colaboración con Concellos lindeiros polos que tamén descorren rutas xacobeas. Con respecto a esta cuestión, Santiago Amor destacou a presenza na visita do presidente da recentemente creada“Asociación do Camiño Portugués de Ames e Teo”, Jesús Fernández que lle expuxo a Nava Castro os proxectos que esta asociación quere levar a cabo para poñer en valor e e dinamizar o Camiño Portugués ao seu paso por ámbalas dúas localidades.

Ames é un dos pouco concellos galegos polo que discorren máis de un dos camiños de peregrinación xacobea. Dúas rutas de peregrinación discorren polo seu termo municipal: o Camiño Real de Santiago a Fisterra-Muxía e o Camiño Portugués. No ano 2012 púxose en marcha durante os meses de xullo e agosto no Milladoiro un punto de información ao peregrino que atendeu un voluntario do arcebispado de Santiago. Nesa ocasión seláronse 1.300 compostelás. Ao ano seguinte, o punto de información ao peregrino mantívose aberto durante catro meses nos que se selaron 6000 compostelás. 

Cómpre salientar tamén que recentemente a brigada de obras do Concello de Ames estivo realizando labores de limpeza e desbroce no Camiño Portugués ao seu paso polo municipio. Estes traballos de acondicionamento realizáronse co obxectivo de que tanto o Camiño que vai de Santiago de Compostela ata Fisterra, como o Camiño Portugués estean en perfectas condicións para os peregrinos que durante todo o ano transitan por estas rutas. 

O Camiño Real de Santiago a Fisterra é o camiño de finalización da peregrinación xacobea, o único que ten en Santiago o seu punto de arranque e non o seu final. A primeira etapa do Camiño Real na procura das terras de Fisterra desenvólvese por terras de Ames. O Camiño entra en Ames polo Alto do Vento e discorre por Ventosa e Lombao para logo descender ata Augapesada. A continuación, o Camiño pasa por diferentes localidades amienses como Carballo, Trasmonte, Burgueiros ata chegar ao núcleo histórico de Ponte Maceira, onde abandona o concello de Ames e cruza o río Tambre, para entrar en terras de Negreira por unha fermosa ponte gótica.

Axenda e tempo do xoves 11 de setembro - Música, semana cultural de Conxo, exposicións

Santiago - Semana cultural de Conxo

Santiago - Casa das Crechas - cata de viños e libros

Santiago - Capitol - The Original Wailers

Santiago - Festival wos inc


Exposicións

Santiago - Zona C - Cruz Guimarey

Santiago - Museo do Pobo Galegos - Fotografías de Elisa Gianni

Santiago - Fundación Granell - Ana Gesto - a volta dun plato

Santiago - Museo das Peregrinacións - Miguel Ánxo Prado

O Tempo

Psoe Ames - Sobre os casos de desahucios no concello

Os Socialistas de Ames ante as manifestacións do concello de Ames nas que mediante nota de prensa di o seguinte: "O Concello de Ames, a través do departamento de Benestar Social, traballa a diario nos posibles casos de desafiuzamentos que se poden dar no termo municipal" queremos puntualizar o seguinte: 

1. O mes de decembro de 2012, e a petición do Grupo Municipal dos Socialistas de Ames mediante unha moción, a corporación amiense aprobou unha Comisión de Desafiuzamentos que tiña como cometido o seguinte: a mediación entre as persoas afectadas e as entidades financeiras ou propietarios da vivenda, asi como vixiar a actuación das entidades financeniras e bancarias, así como programar as actuación do concello amiense, unha vez avaliadas todas as posibilidades efectivas de protección das persoas afectadas. 

2. Esta Comisión constituíuse o 25 de marzo do ano 2013, tras presentar o Grupo Socialista un escrito no que se lle lembraba ao goberno municipal do PP o acordo plenario e o cumprimento do mesmo. 

3. Despois desta celebráronse cinco comisións máis, celebrándose a última o 8 de outubro de 2013, tamén a petición do PSdeG-PSOE. 

4. Desde esta última comisión non volvemos a recibir ningún tipo de información do goberno municipal sobre a situación de posibles casos de desafiuzamentos nin actuacións desenvolvidas. 

5. O 23 de decembro do 2013 solicitamos, novamente e por rexistro, que se convocara a Comisión a raíz dun caso de desafiuzamento existente no Milladoiro. Con data 9 de xaneiro deste ano recibimos resposta do Goberno no que se nos dicía que: “non se cree necesario convocar esa comisión ...” 

6. No día de onte, e ante o que está a acontecer volvemos a solicitar por escrito a convocatoria dunha nova Comisión. 

7. O Grupo Socialista do PSdeG considera que o Goberno municipal do PP de Ames está a amosar unha actitude de pasotismo e de despreocupación ante a situación que viven varios veciños e veciñas de Ames, polo cal consideramos pouco serio e carente de rigor realizar a afirmación de que traballan a diario para arranxar asuntos de desafiuzamento. 8. Como na maioría dos temas e asuntos de índole municipal o Grupo maioritario da oposición consideramos que estamos a ser ninguneados e menospreciados por un goberno en minoría que carece do máis mínimo respecto institucional.

BNG Touro - O punto de atención infantil non comezou a funcionar

O BNG de Touro denuncia que o Punto de Atención Infantil non comezou a funcionar, tal e como se comprometera o goberno do PP

Ademais critican que o alcalde lle pida aos pais que só leven aos nenos media xornada porque non é suficiente para todos, converténdose nun “PAI a tempo parcial”

O BNG de Touro denuncia o incumprimento do grupo de goberno local do PP que asegurou que o novo local do Punto de Atención Infantil (PAI) estaría listo para o comezo do presente curso escolar e agora veñen de recoñecer que como mínimo até decembro non se poderá utilizar. Até por dúas veces no Pleno Municipal asegurou o alcalde, ante as preguntas do BNG, que estaría listo o día 1 de setembro con total seguridade. Ademais, o pasado mes de agosto, coincidindo coa celebración da festa da 3ª idade, o Concello presentou este local -xunto co do centro sociocultural- e invitou aos veciños a que o visitaran, dando a entender que estaba listo para o seu uso.

O problema xa non é o incumprimento do goberno local do PP, senón as consecuencias que os pais/nais teñen que sufrir por este incumprimento, posto que o actual local onde se ubica o PAI non ten capacidade para todos os nenos/as que solicitaron a súa inscrición.

A solución “salomónica”, por non dicir absurda, que lles dou o alcalde foi a de que os nenos/as se turnaran dentro do horario de atención do PAI. É dicir un neno/a vai até media mañá e na metade da xornada debe ser recollido polo pai/nai e ten que deixar o seu posto a outro neno/a. Os nacionalistas denuncian que “falamos pois dun PAI a tempo parcial”.

Nesta situación, unha das principais funcións do PAI, se non a principal, como é a de facilitar a conciliación laboral e familiar non se cumpre e convértese en algo inútil, xa que, como destacan desde o BNG, “ ningún pai ou nai pode a media mañá abandonar o seu posto de traballo para ir recoller ou levar o seu fillo ao PAI e ademais, que fai con el nas horas restantes?”

Dende o BNG de Touro esixen ao goberno local do PP que cumpra a súa palabra e solucione con celeridade e inmediatez o problema que impide abrir o novo local –os pais/nais non teñen a posibilidade de modificar o seu horario laboral por incompetencia do grupo de goberno- e ao mesmo tempo garanta a todos os pais/nais que o queiran que poidan utilizar o PAI no horario completo para poder conciliar o seu traballo coa súa vida familiar.

Ames - Información sobre o convenio de promoción turística conxunta da área de Compostela

En relación co convenio de promoción turística conxunta da área de Compostela infórmase do seguinte:

O Concello de Ames asinou o protocolo de colaboración para participar nesta iniciativa.

Non obstante estase a negociar co Concello de Santiago de Compostela para a entrada do Concello de Ames en dito proxecto. Para elo solicitáronse aportacións ao convenio e o Concello realizounas.

Non obstante, presentábanse unha serie de dúbidas ao respecto que nestes momentos están sendo obxecto de aclaración.

No borrador dos orzamentos deste ano figura unha partida orzamentaria para a entrada de Ames nesta iniciativa.

En canto se aclaren todas as dúbidas relativas a este convenio, procederase a tramitar o acordo plenario para a adhesión de Ames a esta iniciativa.

Pacto X Ames - O goberno quita o concello do mapa turístico

PxA presentou por rexistro de entrada esta mañá un escrito no que solicita explicacións a negativa do goberno do PP de participar no convenio de promoción turística conxunta da Área de Santiago. No próximo pleno PxA presentará unha moción para solicitar a adhesión.

Ames desaparece do mapa. O convenio é unha plataforma máis para que Ames tivera presenza nos distintos foros relacionados co turismo, outra oportunidade perdida polo goberno do PP.

PxA considera que renunciar a formar parte deste colectivo, que ten como obxectivo a promoción turística conxunta con Compostela, é unha irresponsabilidade más do goberno popular, unha falla de preocupación por un sector en alza e renunciar a unha fonte máis de ingresos económicos, de creación riqueza para Ames coa promoción de sitios emblemáticos como a Ponte Maceira, o Pazo da Peregrina, a Madalena ou a praia fluvial de Tapia, ou a promoción do turismo rural e por ende, a creación de emprego. 

O goberno renuncia a unha iniciativa na que xurde un novo mapa turístico da zona de Compostela que conta cunha web na que terán presenza os 16 concellos asinantes, así como campañas de promoción das que Ames non formará parte, como é o caso de FITUR. 

PxA pedirá explicación tamén en sede plenaria e presentará unha a moción para a adhesión a esta área de promoción porque é, cando menos rechamante, que representantes do goberno de Ames estiveran presentes na maioría das reunións para renunciar posteriormente. Concellos como Lalín ou a Estrada que son de outra provincia, si estarán mentres que Ames desaparece do mapa. 

Chama a atención que sendo o concello de Ames punto de paso de peregrinos que visitan Compostela a través do Camiño Portugués e do camiño de Fisterra, non estea representado a pesar de que tanto a ruta do Camiño Portugués como o de Fisterra teñen un aumento considerable de peregrinos ano tras ano.

Chama tamén a atención que tendo a oportunidade de potenciar nun entorno global asociado a marca “COMPOSTELA”, o goberno do PP renuncie a formar parte deste grupo e Ames quede illado e ao marxe da promoción da marca COMPOSTELA que a bo seguro tería para Ames unha importante repercusión e por ende, unha fonte de ingresos para as empresas, comerciantes e hostalería de Ames.

O goberno do PP terá que explicar porqué renunciou a formar parte de esta área de promoción turística e económica tan necesaria para as empresas, autónomos, comerciantes, restauradores, cafeterías e en xeral, a todo o tecido empresarial de Ames sabendo que hai moito que gañar e nada que perder.

PxA xa presentara no pleno de xullo unha moción para o acondicionamento do Camiño Portugués e de Fisterra ao paso polo Milladoiro e no tramo cara a Ponte Maceira.

Na mesma moción insistíase na necesidade de aproveitar o tirón destas rutas para levar a cabo iniciativas encamiñadas a que os peregrinos se sentiran atraídos polo noso concello na procura de non ser soamente lugar de paso, se non tamén de visita e estancia.

Teo - O concello persónase nuha causa contra o ex alcalde Armando Blanco

O alcalde de Teo, Martiño Noriega, explica que esta decisión se adopta por considerar que naquel proceso administrativo no 2007 “a institución foi gravemente perxudicada”
 O pleno do Concello iniciaba a revisión de oficio a finais do ano pasado do contrato ampliado de xeito irregular en 2007
 O goberno municipal de Teo informa que o Concello se personará na causa aberta contra Armando Blanco por prevaricación administrativa. O Xulgado de Instrución número 1 de Santiago iniciou dilixencias previas contra o anterior rexedor, do Partido Popular, pola prórroga do contrato de subministro e depuración de auga por 20 anos aprobada nun pleno en abril do ano 2007, a escasas semanas das eleccións locais na que Martiño Noriega se converteu en alcalde.
 
O Xulgado fixo xa unha petición de documentación ao Concello na que, entre outros documentos, se solicitan as actas plenarias do 30 de abril e do 20 de agosto. Trátase dos plenos no que se ampliou o contrato cos votos a favor do PP e InTeo e no que se impediu, catro meses despois, que se iniciara a revisión de oficio naquel momento. 
Noriega explica que “diante das informacións que temos sobre esta instrucción xudicial acordamos personarnos por entender que con aquela prórroga a propia institución municipal foi gravemente perxudicada como temos denunciado publicamente en numerosas ocasións nestes anos”. O actual rexedor lembra que naquel pleno do 2007, dende a oposición, xa alertara de que o que se estaba aprobando era claramente irregular e podía derivar en responsabilidades xudiciais 
En agosto do 2007, despois das eleccións locais nas que Martiño Noriega se converte en alcalde, o goberno municipal leva a pleno por primeira vez a revisión desta prórroga ilegal. Nesa sesión a proposta foi rexeitada con 7 votos en contra do PP e InTeo, 6 votos a favor do goberno e 4 abstencións do PSdG-PSOE. O pleno naquel momento ratificaba “de facto” a prórroga do citado contrato que se xestionou nos últimos anos “asumindo todas as obrigas e os poucos beneficios establecidos na mesma” destaca o goberno teense. 
En maio do ano 2013 a empresa concesionaria pretendeu unha nova modificación contractual, que segundo os servizos xuríodicos non se podía realizar. Viaqua (antes Aquagest) presentaba dous escritos nos que pedía un incremento de tarifas. Esta petición da empresa permitiu ao goberno de Teo defender politicamente a revisión deste acordo por considerar que estaba incurso nunha causa de nulidade e pedir que o Consello Consultivo de Galicia dictaminara sobre a declaración de nulidade do acordo aprobado en abril do 2007. O ditame do Consello, comunicado en xuño deste ano, foi favorable á petición municipal o que permitiu que se anulara o contrato coa concesionaria. 
O Concello de Teo remitiu o expediente á Fiscalía ao mesmo tempo que se enviou ao Consello Consultivo de Galicia nos primeiros meses deste 2014. Un dos informes xurídicos que obran no expediente destacaba que “é conveniente aludir á posible relevancia penal derivada da adopción do acordo plenario discutido” en referencia á prórroga do contrato no 2007. A asesoría xurídica considera que hai circunstancias observadas nesta ampliación poden levar a concluír que naquela decisión concorreron indicios de delito, polo que o goberno lle fixo entrega de toda a información á Fiscalía. 

Ames - Sobre os posibles casos de desafiuzamentos

O Concello de Ames continúa traballando nos posibles casos de desafiuzamentos.

O Concello de Ames, a través do departamento de Benestar Social, traballa a diario nos posibles casos de desafiuzamentos que se poden dar no termo municipal. Así, dende os Servizos Sociais aténdense todos os casos detectados, poñendo á disposición todas as axudas posibles ás que se poidan acoller as persoas que se atopen en situación de posible perda de vivenda.

En ningún momento se deixou de atender un caso de desafiuzamento detectado, e nestas situacións non só se informa acerca das axudas municipais que dispón o concello, senón que se tramitan tamén aquelas axudas de carácter supramunicipal ás que se poidan acoller, como poden ser a RISGA, que depende da Xunta de Galicia.

No caso concreto da veciña C.M.G.D., á que fai referencia Stop Desafiuzamentos, trátase dunha usuaria dos servizos sociais do Milladoiro, onde non consta ningunha demanda de desafiuzamento. Así, dende este departamento estase tramitando unha axuda de emerxencia social que permita cubrir as débedas que presenta a usuaria. Neste caso o IVGS non pode facilitar unha vivenda debido a que a usuaria conta con débedas con Facenda.

Dende o Concello de Ames estánselle prestando as axudas que se poden facilitar á usuaria e facendo o posible para mellorar a súa situación: permitíndolle o acceso ás escolas deportivas e facendo un programa personalizado para o seu fillo, facilitándolle unha axuda de alimentos ou poñéndoa en contacto con entidades que traballan con este tipo de situacións e que poidan comprobar a dispoñibilidade dalgunha vivenda.

Así mesmo, estase tramitando a solicitude de Emerxencia Social de data 28 de agosto de 2014, para a cal os servizos técnicos están comprobando toda a documentación de cara a informar a mesma e resolver o expediente e cubrir as súas necesidades básicas mentres non se resolva a solicitude de RISGA tramitada dende Benestar Social.

De todas estas actuacións déuselle información á Plataforma Stop Desafiuzamentos.

Brión - Aprobada a conta xeral do 2013

O Pleno do Concello de Brión aproba por unanimidade a Conta Xeral de 2013 
Os festivos locais de 2015 serán o 14 de maio (Ascensión) e o 24 de xuño (San Xoán)

O Pleno municipal de Brión aprobou por unanimidade a proposta da Alcaldía sobre a Conta Xeral do Orzamento de 2013, que recolle uns fondos líquidos de Tesourería de 721.635,52 euros; uns dereitos pendentes de cobro de 353.825,72 euros e unhas obrigas pendentes de pago de 327.026,65 euros. Unha Conta Xeral que conta co dictame favorable da Comisión Especial de Contas e que foi exposta durante 15 días sen que se presentase reclamación algunha, polo que agora será enviada en tempo e forma ao Consello de Contas de Galicia.

De feito, a necesidade de remitir a Conta Xeral de 2013 ao Consello de Contas foi o que motivou o cambio da data inicialmente prevista para o pleno ordinario de setembro, establecida por acordo de todos os grupos para o pasado mércores 3 de setembro. Porén, todos os grupos municipais aceptaron a proposta do alcalde brionés, Xosé Luís García, de pospoñer a sesión unha semana para evitar ter que convocar un pleno extraordinario e os gastos que isto conlevaría. Unha decisión que foi ratificada co apoio unánime do Pleno no inicio da sesión de hoxe.

Festivos locais
O Pleno tamén ratificou por unanimidade a proposta de festivos locais para 2015: 14 de maio (Festas da Ascensión) e 24 de xuño (San Xoán). Así mesmo, Intervención e Secretaría deron conta dos informes trimestrais sobre cumprimento dos prazos previstos na Lei 15/2010 de loita contra a morosidade correspondentes ao 2º Trimestre de 2014, que determinan que non existe ningunha factura pendente de recoñecemento. Finalmente, deron conta de que o Concello de Brión cumpre coa regra de gasto e co principio de estabilidade orzamentaria.

A unanimidade da sesión rompeuse na quenda de mocións. Os grupo municipal socialista presentou catro mocións, que saíron adiante cos mesmos resultados na votación: 9 votos a favor (PSOE e BNG) e 4 votos en contra (PP). Nas mocións aprobadas, o pleno de Brión insta ao Goberno de España a derrogar a parte do Decreto Lei que entregou os Rexistros Civís aos rexistradores da propiedade; a non modificar a lei electoral a tan só 9 meses dos comicios; a manter ou incrementar os fondos para o Plan de Axuda Alimentaria de persoas necesitadas; e a estender o subsidio de desemprego aos parados de longa duración con responsabilidades familiares.

Finalmente, o Pleno aprobou por unanimidade unha moción do PP, emendada polo grupo socialista, para esixirlle á Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia a instalación dos horarios nas paradas do autobús metropolitano en Brión así como marquesiñas naquelas paradas que carecen delas. A moción do PP instaba inicialmente ao alcalde de Brión a colocar estes horarios, polo que Xosé Luís García solicitou un cambio na moción xa que a colocación dos horarios e das marquesiñas é un compromiso e unha obriga da Xunta de Galicia, tal e como está regulado no convenio de Transporte Metropolitano do 3 de decembro de 2010. Aceptado o cambio, a moción aprobouse por unanimidade.