Ofelia Rey falseou as contas de 2010 para que o resultado da liquidación fose positivo
-Facturas de caixón e débedas de imposible cobro maquillan o resultado final do exercicio
-O informe de Intervención é claro e contundente: “o remanente que reflicte a liquidación non é real”, reza
-Non se contabilizaron pagos pendentes por valor de 720.000, co que se desvirtua o resultado final
Silleda, 12 de agosto de 2011. O goberno municipal de Silleda deu hoxe a coñecer o resultado da liquidación do exercicio 2010, que arroxa unhas cifras totalmente desvirtuadas como demostra o informe de Intervención ao respecto. O resultado orzamentario arroxa un saldo de + 353.000 euros porque Ofelia Rey “olvidou” contabilizar facturas por máis de 720.000 euros. De terse contabilizadas estas facturas, que pasaron directamente aos xa tristemente famosos caixóns de Silleda, o resultado sería de -336.000 euros.
A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, analizou hoxe en rolda de prensa o informe de Intervención, que advirte claramente deste e outros "erros". Na súa intervención centrouse na débeda. “O anterior goberno, utilizando un asesor externo que cobrou 6000 euros para deseñar argucias e disimular as miserias económicas, pretende facernos crer que correxiron a débeda municipal, cando en realidade o que fixeron foi case duplicala". Fernández Pena analizou o dato do remanente de tesourería que pasou de -693.000 euros no 2009 a +794.000€ en 2010, apoiándose para elo no informe de Intervención, que di textualmente que "esta mellora radical do remanente de tesourería non responde a unha mellora real da situación económica e financieira do Concello”. A alcaldesa explicou as razóns de esta teórica mellora: "Sen ningún pudor decidiron que o Concello de Silleda iba a ingresar 1.084.000 euros ata agora
considerados como de imposible cobro” conseguindo así un aumento tan inmediato como irreal nos ingresos que maquilla as contas.
Segundo a alcaldesa, de terse contabilizado correctamente as facturas, e se non houberan inflado os ingresos con cartos que non se van a cobrar, o resultado do remanente de tesourería sería de -1.213.806,94 euros, “o que supón un retroceso nas políticas económicas de difícil recuperación", engade.
En canto ao gasto corrente, a liquidación establece que houbo unha reducción do 6,71%, cando en realidade, se se contabilizaran os 720.000€ mencionados (e que corresponden a gastos correntes e servicios) se reflexaría "un incremento real do 34,50%". A alcaldesa di que o goberno de Rey "non deu contabilizado estes cartos porque gastaron moito máis do que había no presuposto". Esto demostra a falla de rigor xa denunciada dende a oposición na redacción do orzamento. Así tal e como se advirte no informe de Intervención, foi necesario realizar numerosas transferencias de crédito (cambio de partidas), “o que demostra que o presuposto estaba mal plantexado, como xa advertimos no seu día, e que o tiveron que retocar durante todo o exercicio.
Ademais, realizáronse ata 26 xeracións de crédito, correspondentes a axudas de outras Administracións. Estas ascenden en total a 1.682.000 euros. “Se temos en conta que 1 millón de euros desta cantidade correspondía ao Plan E, queda claro que da Xunta e a Deputación só viñeron 682.000 euros, co que non cadran as cifras dadas nas súas valoracións sobre inversións millonarias para Silleda”, engade a rexedora.
O mesmo acontece no apartado de persoal, onde os datos non reflicten a realidade. A liquidación di que se aforrou un 18,49% neste apartado ao pasar de 2,7 no 2009 a 2,2 millóns de euros en 2010. Pero o informe de Intervención aclara que no ano 2009 un total de 473.000 euros corresponden ao Obradoiro de Emprego sufragado pola Xunta. Tamén hai que ter en conta que no 2010 produxose unha reducción salarial dun 5% a nivel estatal para os funcionarios. “Polo tanto, en canto ao gasto de persoal non houbo reducción senon máis ben o contrario”, destaca Fernández Pena.
O apartado de ingresos tamén arroxa comparativas que deixan en evidencia a xestión do anterior goberno non adscrito. Así, o informe determina que durante a etapa de goberno socialista a previsión inicial de ingresos aumentou en 2.644.000 euros, mentres, a previsión inicial de ingresos feita polos non adscritos só se incrementou en 1.719.000 €.
Outro dato curioso refírese aos dereitos recoñecidos netos, que se rebaixaron respecto ao ano 2009, mentres que os impostos directos se incrementaron nun 6,12% ; os indirectos nun 38,35% e as taxas nun 36,46%. “Ofelia Rey cobroulles aos veciños de Silleda duas taxas de lixo nun ano, mentres que as empresas que operan no noso territorio non lles pasaba o recibo”, sinala a alcaldesa.
Potenciar ingresos propios
Nas súas conclusións, o departamento de Intervención alude á excesiva dependencia do Concello das transferencias doutras Administracións, que suponen o 64% dos ingresos, fronte ao 36% de recursos propios. É por iso que Intevención recomenda potenciar medidas para a recadación de ingresos propios e que as taxas sirvan para cubrir a prestación de servizos. “Dende este goberno municipal seguiremos traballando na posta en marcha de ordenanzas para regular os servizos municipais”, explica a alcaldesa.
Así mesmo, Paula Fernández apuntou que se está a evaluar, coa elaboración da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello a creación dunha oficina municipal de recadación.
Ademais, á vista do informe de Intervención considérase necesario a depuración tanto de obrigas e os dereitos recoñecidos de cobro, anteriores ao ano 2002, xa que existen “indicios razoables de que poida haber posibles duplicidade e erros, ademais de ser posible que existan dereitos e obrigas prescritos” , di o informe.
Do mesmo xeito, o informe recomenda adoptar medidas urxentes de control de gasto, aparte de mellorar os ingresos.