Caney - continúan os faladoiros no restaurante Caney

Continúan os faladoiros no Araguaney
O restaurante Caney, do Hotel Eurostars Araguaney, acollerá mañan luns 10 de Decembro o seguinte dos seus faladoiros, integrado polos habituais Alfredo Conde, escritor;
Miguel Anxo Fernán Vello, escritor e editor; Chema Paz Gago, escritor e catedrático da universidade; Darío Villanueva, catedrático e membro da Real Academia Española e Luís González Tosar, profesor e escritor galego.
Compartirá mesa con eles Camilo Franco, escritor e xornalista, invitado nesta ocasión. A iso das 14,30 h iniciarán o faladoiro degustando durante o mesma as ledicias servidas polo equipo do Restaurante Caney. Quen desexe sumarse a esta comida, poderá facelo comunicándoo previamente por correo electrónico (deberá enviar un email a prensa2@araguaney.com), asumindo o seu propio menú. O que prefira poderá unirse abertamente á hora do café, sobre as 15,30 h, para manter unha charla cos tertulianos.


SANTIAGOYCOMARC

Ningún comentario: