Amosando publicacións coa etiqueta BNG b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta BNG b>. Amosar todas as publicacións
O BNG de A Estrada esixe explicacións ao alcalde polo desmantelamento do Grupo de Cans de Rescate
A Estrada, 26/08/2016 - O portavoz municipal do BNG, Xosé Magariños, amosouse preocupado polo que está a acontecer co Grupo de Cans de Rescate da Estrada. Segundo Magariños, "vendo o que está pasando estes días en Italia, onde os cans de rescate son unha peza clave para salvar vidas humanas no terremoto que afectou a varias localidades do páis, é incomprensíbel que desde o concello non fagan nada para manter o Grupo de Cans de Rescate que era modélico e estaban sobradamente preparados para actuar en casos semellantes".o BNG de ordes contrario ao novo vertedoiro que se quere implantar en lesta
Ordes, 09/08/2016 - O BNG de Ordes manifesta a súa total repulsa ao novo vertedoiro que “Reciclaje ambiental Lesta S.L.” pretende implantar na parroquia de Lesta, nas inmediacións do vertedoiro da Areosa.
O BNG de Ordes posicionase ante unha posible moción de censura
Ordes, 03/08/2016 - A asamblea local do BNG de Ordes , despois da reunión mantida o 2 de agosto de 2016 ás 21:00 h quere manifestar o seguinte:
Pleno de xuño no concello de Ordes
Ordes,
30/06/2016 - O Pleno ordense rexeitou na sesión correspondente ao mes de xuño o
expediente de modificación de crédito proposto polo Goberno Local. En total
habería que falar de 358.000 euros, dos cales
218.000 € destinaríanse á amortización de débeda e 140.000 € para a
ampliación do aparcamento do tanatorio do Valado.A oposición de Trazo pide unha comisión para investigar a pranta de residuos e o PP a rexeita
Trazo, 24/06/2016 - Non fai moito tempo o Partido Popular de Trazo rexeitaba a construcción dunha pranta de residuos na canteira de A Picota. As propostas de Psoe e BNG, no pleno celebrado onte, e que consistían na creación dunha comisión na que traballaran todos para solucionar o problema foi rexeitada.
A continuación as posturas de Psoe e BNG.
A Estrada perde auga a tres días de empezar as festas
A Estrada, 22/06/2016 - A Estrada levantouse hoxe, -unha vez máis-, coa traída perdendo auga na Avenida Benito Vigo e centos de veciñas e veciños sen auga corrente nas súas casas, e todo isto ocorre a tres días do inicio das festas patronais.
O BNG de Teo pide explicacións ao concello porque, según un xornal, coches propiedade do conello non teñen seguro
Teo, 19/06/2016 - O BNG de Teo amosa a súa estupefacción, e pídelle explicacións ao goberno municipal de Son de Teo+PSOE despois de coñecerse e publicarse nun medio de comunicación a grave infracción de varios vehículos do concello aos que a Policía Municipal denunciou por circular sen o seguro obrigatorio.
O BNG da Estrada denuncia que unhas isletas provocan o caos entre os condutores
8/6/2016 - As novas isletas da N-640 para incorporarse á Avenida Benito Vigo desde a nova rúa aberta na Baiuca crean o caos e o desconcerto entre os veciños e veciñas da Estrada.
O BNG califica a Política lingüística na Estrada de "na casa do ferreiro, coitelo de pau"
6/6/2016 - Desde que o titular da praza
de normalizador lingüístico do concello, Valentín García, foi nomeado polo
goberno do PP Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta, A Estrada
carece de normalizador da nosa lingua. A pesar de que o concello iniciou o ano
pasado os trámites para cubrir temporalmente esa praza, a día de hoxe o concello
sigue sen esta figura tan importante para a normalización do idioma.
O IBI terá criterios sociais en Vedra
4/6/2016 - O Pleno de Vedra do día 30 de maio aprobou a moción presentada polo BNG-Asembleas Abertas para reestruturar o Imposto sobre Bens Inmobles incorporando un paquete de medidas – vía bonificacións - para acadar unha fiscalidade máis xusta socialmente.
Irmandades da Fala: 100 anos de nacionalismo galego na Estrada
O pleno de Ordes aproba unha moción do BNG para corrixir o proxecto da variante
O BNG de
Ordes defendeu unha moción para corrixir varios erros que detectaron no
proxecto da variante a Ordes proposto polo Ministerio de Fomento.
O BNG de A Estrada insta ao alcalde a acometer a limpeza das praias fluviais da Estrada
2/6/2016 - O BNG da Estrada insta ao alcalde a preparar
as praias fluviais para a época estival que xa está ao caer. En concreto, o BNG
solicita ao grupo de goberno do PP a actuar con urxencia na área recreativa do
Liñares, na praia fluvial de Barcala e na de Couso.
O BNG de Teo denuncia que as novas beiravías son auténticas “selvas”
27/5/2016 - Fernández Baz reclama o mantemento oportuno e insiste en que é
mellor facer dúas que catro, pero ben feitas.
O BNG de A Estrada pide ao equipo de goberno novos aparcamentos
26/5/2016 - Para os nacionalistas os aparcadoiros públicos non poden depender da boa vontade dalgúns veciños e veciñas
O BNG de Teo traslada ao Pleno as reivindicacións da Plataforma de Emigrantes Retornados
26/5/2016 - Require o apoio do Concello de Teo ás persoas afectadas polas reclamacións da Axencia Estatal Tributaria sobre as pensións percibidas no estranxeiro
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





