Luns 18
10.15 h
No Pazo de Bendaña,
o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á reunión do padroado da Fundación
Granell.
11.00 h
O alcalde
compostelán, Ángel Currás, acompañado polo concelleiro de Medio Rural, Luis
Bello, visita os lavadoiros de Vilar de Outeiro-Verdía (11.00 h), da
Peregrina (11.45 h), e o campo da festa de Figueiras (12.30 h)
tralas obras de restauración e reforma realizadas.
NOTA: haberá un vehículo
a disposiciòn dos medios de comunicación que sairá da Praza do Obradoiro ás 10.45
h.
11.00 h
Na cafetería do
Centro Comercial Compostela (El Corte Inglés), ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para
presentar “Corre San”.
11.30 h
Na Casa do
Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo
municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.
12.00 h
No Salón Vermello,
a concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, recibe 120 alumnos de cinco
institutos de diversos lugares de España, dentro do programa Arce do Ministerio
de Educación.