Consello da cultura Galega – actividades e orzamentos 2012

O Plenario aprobou o plan de actividades e os orzamentos da institución
O Consello da Cultura Galega continuará en 2012 a súa acción exterior con atención especial ao Brasil e a Valentìn Paz Andrade
Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2011.- O Consello da Cultura Galega continuará en 2012 as súas estratexias de acción exterior, nomeadamente no Brasil, coa exposición Valentín Paz Andrade, unha antena galega no Brasil. Proseguirá tamén, nun marco de importantes restriccións orzamentarias, as funcións de alta asesoría en materia cultural, os traballos de recuperación patrimonial e a realización de informes e debates que tendan pontes entre o sector cultural e a sociedade galega. O Plenario da institución, que preside Ramón Villares, aprobou o Plan de actividades e os orzamentos para o exercicio do 2012.
A proxección exterior da cultura galega, unha liña de traballo activada especialmente polo Consello da Cultura Galega nos últimos anos, terá no 2012 unha particular proxección no Brasil da man da obra de Valentín Paz Andrade (1898-1987), a quen está dedicado o Día das Letras Galegas. O prolífico autor de Galicia como tarea ou A galecidade na obra de Guimaräes Rosa permitirá proseguir a vía brasileira. A acción exterior completaráse un ano máis con actividades relacionadas coa emigración e o exilio en colaboración cos Centros Galegos. O 50 aniversario da Historia de Galicia dirixida por Ramón Otero Pedrayo e a conmemoración do centenario do nacemento de de Celso Emilio Ferreiro (1912-1979), emigrante e autor, entre outras obras, de Viaxe ao país dos ananos, posibilitarán iniciativas en Arxentina ou Venezuela.
Polo demais, o Plenario do Consello da Cultura Galega deu o seu visto e prace a un amplo programa de actividades que inclúen a recuperación de fondos patrimoniais (arquivos de Radio Nacional de España e Radiotelevisión Española en Galicia) ou fondos e documentos de Valentìn Paz Andrade e do Consello de Galiza.
A realización de informes e asesorías complementarase con xornadas de reflexión e debates, seguindo as liñas marcadas pola Reflexión estratéxica sobre a cultura galega ou o Informe sobre as Fundacións Culturais de interese galego. Impulsaranse asemade exposicións como Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975) ou Luces de Alén mar e continuaráse o programa de publicacións, privilexiando a edición electrónica a través da web institucional www.consellodacultura.org e o portal cultural www.culturagaleg.org
O Consello da Cultura Galega é unha institución estatutaria, autónoma e independente creada por lei do Parlamento de Galicia en 1983 como órgano asesor e consultivo da Comunidade Autónoma, con capacidade de iniciativa, investigación e organización. Está composto por representantes de entidades e por personalidades destacadas dos diversos campos da cultura galega.

Ames – festival de coráis

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu o festival de Nadal de Corais

Este venres 23 de decembro ás 20.30 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns celebrouse o festival de Nadal de Corais no que participaron a Coral Polifónica de Bugallido, a Coral Polifónica do Milladoiro e a Agrupación vocal Virxe da Barca de Muxía, que asistiu a este festival como coral convidada. As tres corais fixeron un pequeno repertorio de panxoliñas galegas, portuguesas e de castela. Ademais, os nenos e nenas da Escola Municipal de Música de Ames cantaron unha panxoliñas acompañados pola Coral de Bugallido. O festival tivo unha duración aproximada dunha hora.AMES - FESTIVAL DE CORÁIS NADAL 2011

A véspera de Noiteboa estivo cargada de música e panxoliñas en Ames. A Coral Polifónica de Bugallido foi a encargada de abrir o festival. Esta coral interpretou ademais de pezas tradicionais galegas coma "Canto de Berce", outras coma a panxoliña popular de castela "Ya viene la vieja" ou "En la noche más fría" de Spilman. Ademais, coa Coral Polifónica de Bugallido colaborou tamén a Escola Municipal de Música de Ames interpretando os temas "No Nadal" e "Paz na Terra". Os rapaces e rapazas da Escola de Música participaron cos as súas voces e con instrumentos de vento coma a frauta e con pequenos instrumentos de percusión.

De seguido actuou a Coral Polifónica de Milladoiro, que interpretou a coñecida "Noite de Paz" de Franz Gruber, a panxoliña tradicional galega "Cun sombreiro de palla", a peza arxentina "A la huella, a la huella" e unha peza composta polo concelleiro de Cultura, Alfonso Rey, con música da directora da Coral do Milladoiro, Anne Toming, chamada "Ollando ao neno recén nacido".

Para pechar o festival actuou a Agrupación vocal Virxe da Barca cun repertorio de dúas panxoliñas tradicionais portuguesas, "Natal..." e "Boliños do Pote". Ademais interpretaron unha panxoliña tradicional galega chamada "Na noite máis fermosa" e a panxoliña "Suite Navideña" de José Bernardo Álvarez.
A Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu un festival de Corais no que se interpretaron máis dunha ducia de panxoliñas por parte de tres corais e de 25 estudantes da Escola Municipal de Música de Ames. Este festival é unha actividade que se encadra dentro da programación cultural municipal de Nadal.

Silleda – modificacións no PXOM

Remata o prazo de exposición da modificación puntual do PXOM que permitirá os usos industrias no recinto feiral da Semana Verde de Silleda

-O Concello está á espera de que a Xunta remita un informe ao respecto para estabrecer se se precisa ou non avaliación ambiental

-Non se presentou ningunha alegación

Silleda, 23 de decembro de 2011. O Concello de Silleda está á espera de que a Xunta de Galicia emita un informe para precisar se a ampliación de usos no recinto feiral da Semana Verde precisa ou non de avaliación ambiental, logo de que o prazo de exposición pública da modificación do PXOM rematara o pasado xoves día 22 sen que se presentara ningunha alegación ao respecto. No caso de que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras precise que non é necesario realizar o citado trámite, como sostén o goberno municipal de Silleda, o proceso continuaría coa convocatoria dun pleno extraordinario para aprobar, de xeito provisional, a modificación do plan urbanístico, que permitiría flexibilizar os usos do recinto feiral silledense permitindo a instalacións de industrias complementarias da actividade terciaria, entre elas a da firma Agapel Pelting S.L.

O seguinte paso sería someter de novo a modificación urbanística á exposición pública antes da súa aprobación definitiva, que corresponde de novo ao pleno da Corporación.

A alcaldesa e concelleira de Urbanismo, Paula Fernández Pena, explica que de xeito paralelo a esta tramitación, (que comezou o pasado día 24 de novembro co visto bo inicial aos cambios urbanísticos, aprobados por unanimidade no pleno), o Concello está a tramitar a licenza de actividade da empresa peleteira. De feito, hoxe mesmo remitiuse dende o Concello de Silleda ao Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio de exposición pública, durante o prazo de 20 días do proxecto presentado por Agapel Pelting S.L para solicitar licencia de “acondicionamento e apertura de nave para adicala ao secado de peles no pavillón número 5” do recinto feiral. Poderase consultar no departamento de Urbanismo, en horario de 09.00 a 14.00 horas.

Autorización de Medio Rural

“Así, agardamos que cando se aprobe a modificación puntual do Plan Xeral, se poida conceder o pertinente permiso de actividade desta firma o máis axiña posible”, apunta a rexedora. Paula Fernández Pena advirte que o proceso a seguir para a correcta implantación desta actividade empresarial “segue os trámites regulamentarios” e engade que “aínda que non se lle concedera licenza por cuestións urbanísticas, a actividade que se está a realizar en periodo de probas e formación” está avalada pola propia Xunta de Galicia, a través dun informe de Medio Rural con data do pasado 2 de decembro, polo que se concede autorización condicional á empresa como planta de categoría 3, para o secado de peles, por un periodo de tres meses.

Modificación do plan de Área 33

Por outra banda, a alcaldesa tamén agarda que os servizos urbanísticos da Xunta resolvan á maior brevidade posible o expediente relativo á modificación do plan parcial do polígono Área 33, que permitirá dotar a este parque empresarial de usos administrativos, sociais e deportivos, permitindo entre outros a construción do demandado centro empresarial.

“Tanto a modificación urbanística no caso da Semana Verde, como a relativa ao polígono empresarial, son moi importantes para o desenvolvemento socioeconómico do municipio de Silleda”, reitera a alcal

Silleda – axenda dos próximos días

O domingo 25, día de Nadal celebrase na Bandeira o desfile do Pai Nadal que comezará ás 17.00 horas co pasarrúas animado pola Banda de Música Xuvenil da Bandeira e a continuación unha festa infantil no Centro Cultural Vista Alegre, que organiza este acto en colaboración coa Banda Recreativa e Cultural da Bandeira

O luns día 26, a programación de Nadal en Silleda continúa co obradoiro de cápsulas de café na Casa da Xuventude (de 17.30 a 20.30). Ás 18.30 está prevista a chegada de Papa Noel, para cumplir coas peticións que lle fixeron os nenos e nenos o pasado xoves no obradoiro de cartas para contar con xogos e xoguetes neste edificio municipal.

A Unidade Móbil do Centro de Trasfusión de Sangue visita Silleda o vindeiro mércores día 28

Silleda, 23 de decembro de 2011. A Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia visitará a localidade de Silleda o vindeiro mércores día 28 de decembro. Estará instalada, como de costume, na avenida do Parque, xunto á parada de taxis, en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.00 horas. O Concello e o CTG, amosan o seu agradecemento a todos os veciños que participan cada ano nas campañas de doazón de sangue e permiten deste xeito que moitos enfermos recuperen a súa saúde. O pasado ano 2010 houbo 498 doazóns no concello trasdezán, aínda que é preciso incrementar a participación para que Silleda continúe sendo uns dos concellos mais solidarios de Galicia.

Santiago – axenda do sábado 24 o luns 26

Sábado 24

13.15 h

Na Granxa do Xesto, entrega de premios do Campionato Galego de Ciclocross.

Luns 26

12.30 h

Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

21.00 h

Todo Lírica

No Teatro Principal, 'Novas voces galegas' con Gloria Amil, soprano, e Julio Muñoz, piano, dentro do ciclo Todo Lírica 2011. [Granados, Turina, Schubert, Donizetti, Massenet, Bernstein]

 

Canción e arias de ópera en ‘Novas voces galegas’, o segundo concerto do ciclo Todo Lírica

Será o luns 26 ás 21.00h. con pezas de Granados, Turina, Schubert e Donizetti, entre outros

  • As entradas poden mercarse en Novagalicia Banco e no Principal a un prezo de 8€ cada unha (4 as reducidas) e pode mercarse un abono para todo o ciclo por 25€

  • A soprano Gloria Amil estará acompañada ao piano por Julio Alexis Muñoz

SANTIAGO - AUDITORIO DE GALICIA - GLORIA AMIL Santiago de Compostela, 23/12/2011.- Co Nadal chegou de novo Todo Lírica, un ecléctico ciclo de concertos creado no 2001 co nome de Festival de Zarzuela de Santiago, que segue habitualmente o formato de recitais de voz e piano, e que cada ano vén ampliando os seus contidos a outros xéneros musicais. O ciclo, que se celebra ata o 3 de xaneiro con catro concertos continúa o luns 26 co concerto ‘Novas Voces Galegas’ no que a soprano Gloria Amil estará acompañada ao piano por Julio Alexis Muñoz. Será a partir das 21.00h. no Teatro Principal cando a soprano ferrolá cantará un variado programa que inclúe cancións de Granados, Turina, Schubert e Strauss e arias de ópera de Donizetti (La fille du régiment), Massenet (Manon) e Bernstein (Candide) secundada ao piano polo canario Julio Alexis Muñoz.

Gloria Amil naceu en Ferrol e aos oito anos comezou a súa formación musical no Conservatorio da Coruña. Encamíñase cara ao canto e estuda con dúas grandes mestras do canto: Inés Rivadeneira e Isabel Penagos. Tras ofrecer numerosos concertos como solista, en 2004 recibe o premio ao mellor intérprete de zarzuela no premio do Concurso Internacional de Canto Cidade de Logroño, inaugurando ao ano seguinte o Ciclo Nacional de Música desa cidade. Cantante versátil que compaxina as aparicións operísticas cos recitais cantou, entre outros, no Teatro Campoamor de Oviedo, Festival de Ópera da Coruña, Teatro Real, Festival de Ópera de Tenerife, Teatro Arriaga de Bilbao e Teatro da Maestranza de Sevilla.

Julio Alexis Muñoz, pianista, estuda nos conservatorios de Las Palmas e de Madrid. Desenvolve unha intensa actividade de concertos como intérprete de música de cámara e é colaborador habitual de primeiras figuras da lírica e da nova xeración de cantantes, como Ismael Jordi, Mª José Moreno, José Julián Frontal, Teresa Berganza, Yolanda Auyanet, Nancy Fabiola Herrera, etc. Foi profesor de piano no Conservatorio da Comunidade de Madrid, e está vencellado a Santiago pola súa colaboración nos Cursos Internacionais Música en Compostela. Desde 1991 é profesor de repertorio vocal na Escola Superior de Canto de Madrid.

Programa completo de Todo Lírica

Os concertos de Todo Lírica continuarán o 29 de decembro cun trío de artistas vascos, a soprano Ainhoa Zuazua, a mezzosoprano Marifé Nogales e o pianista Rubén Fernández; para rematar o 3 de xaneiro con ‘A fermosa de muiñeira’ de Franz Schubert co actor galego Quico Cadaval xunto ao barítono madrileño Gabriel Bermúdez e, de novo, o pianista bilbaíno Rubén Fernández Aguirre.

As entradas para cada concerto poden adquirirse a 8 euros no servizo de venda de entradas de Novagalicia Banco e na billeteira do Teatro Principal. E tamén está dispoñible un abono de 25 euros

para os catro concertos.

Frades – o equipo benxamín de campo a través estará no campionato de zona

O EQUIPO BENXAMÍN DE FRADES CLASIFÍCASE PARA O CAMPIONATO DE ZONA DE CAMPO A TRAVÉSFRADES - EQUIPO BENXAMIN CAMPO A TRAVES 2011

23 decembro de 2011.- O equipo de atletismo do Concello de Frades vén de acadar un gran éxito no Campionato Escolar de Campo a Través, disputado esta fin de semana no circuito do parque Eugenio Granell (Santiago de Compostela). De feito, o equipo benxamín logrou clasificarse para o Campionato de Zona, que se disputará o vindeiro 21 de xaneiro de 2012 no mesmo lugar. As escolas deportivas de Frades participaron en todas as categorías: benxamín (500 metros), alevín (800 metros), infantil (1.200 metros) e cadete (2.500 metros).

Oroso – firma convenio con Taller Alecrin

MÁIS DE CEN PERSOAS PARTICIPARON EN SIGÜEIRO NO ENCONTRO DE BAILES DE SALÓN, BAILE EN LIÑA

E HIP-HOP ORGANIZADO POLO TALLER ALECRÍN

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o director do Taller Alecrín, Francisco Muñiz, asinaron un convenio de colaboración para a realización de actividades formativas, recreativas e culturais

23 de decembro de 2011.- Máis de cen veciños e veciñas participaron no encontro de bailes de salón, baile en liña e hip-hop organizado polo Taller Alecrín co gallo do seu 25 aniversario. Unha exhibición celebrada na sala de baile do centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro e na que participaron os alumnos e alumnas orosáns dos cursos que imparte Taller Alecrín no municipio.OROSO - EXHIBICION TALLER ALECRIN

Previamente, o alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, e o director do Taller Alecrín, Francisco Muñiz Fontaíña, asinaron un convenio de colaboración para a realización de actividades formativas, recreativas e culturais no municipio. “É darlle forma a un traballo ben feito”, explicou o concelleiro de Cultura, Antonio Leira, xa que “o noso obxectivo é potenciar a formación integral dos nosos veciños, e consideramos que a actividade física e, en concreto, as diferentes modalidades de danza posúen valores formativos e son un instrumento axeitado para potenciar aspectos positivos entre os nosos veciños”.

Pola súa banda, Francisco Muñiz, salientou que “hai 25 anos isto era unha utopía e teño que agradecer ao Concello de Oroso que acollese esta proposta piloto”. Un agradecemento que personalizou, ademais de na persoa do alcalde, nos concelleiros de Cultura, Antonio Leira, e Xuventude, Vanessa Reboredo.

Chamamento aos varóns

Así mesmo, Muñiz Fontaíña fixo un chamamento “aos nenos de Oroso, nenos con “o”, para que se animen a participar”. Unha petición á que se uníu o alcalde orosán, que onte mesmo constatou que “vexo moi poucos homes, acaso os homes non bailan ou que? Dende aquí temos que animar aos homes de Oroso para que veñan bailar”.

O convenio asinado onte entre o Concello de Oroso e Taller Alecrín permite dotar dun marco formal a cooperación mutua que viñan mantendo ambas entidades. Un acordo que permitirá que Taller Alecrín poida deseñar e desenvolver actividades deportivas e socioculturais de mutuo acordo co Concello de Oroso, que apoiará o desenvolvemento das mesmas e achegará as instalacións axeitadas para levalas a cabo. Taller Alecrín implementará as clases con material axeitado e disporá de monitores titulados para impartir ditas actividades.

Exhibición de baile

Unha vez rematado o acto protocolario, os presentes trasladáronse ao salón de baile ubicado nos baixos do centro cultural de Sigüeiro, onde tivo lugar unha exhibición de baile co gallo do XXV Aniversario do Taller Alecrín. Baixo o nome de “A verdadeira historia de Joseíño. Un conto de Nadal”, Francisco Muñiz programou 15 actuacións “como se fose unha clase máis das que impartimos semanalmente”.

Baixo os acordes navideños de cancións e panxoliñas como “Santa Claus is coming to town” ou “We wish you a merry christmas”, o público disfrutou dos distintos estilos de baile que se imparte nas clases: valse vienés e inglés, baile en liña, tango, hip-hop, jive, pasodobre, rumba, bachata, salsa, merengue, salsa, cha-cha.chá, rueda e slow fox.

Ames – Papa Noel na escola infantíl da Madalena

O nenos e nenas da escola infantil municipal A Madalena recibiron a Papá Noel

Ames, 23 de decembro de 2011. Os nenos e nenas da escola infantil municipal A Madalena recibAMES - PAPA NOEL MDANELA 2011iron a visita de Papá Noel que chegou á escola cargado de agasallos para todos. En total máis de 100 nenos e nenas dende os seis meses ata os tres anos recibiron con ilusión a visita de Papá Noel que estivo en tódalas clases e lles deixou un agasallo a cada un dos  cativos. Segundo as profesoras os nenos reaccionaron a esta visita con gran ilusión e sorpresa. O Papá Noel da Madalena foi o papá dunha das nenas que vai a esta escola infantil que quixo colaborar nesta actividade.

Ordes – éxito dos espectáculos de nadal

Gran éxito dos espectáculos de maxia e títeres organizados polo Concello de Ordes con motivo do Nadal

Ordes, 23 de decembro de 2011: O Concello de Ordes continúa co programa de actividades organizadas con motivo do Nadal. Así o pasado mércores tiña lugar na Casa da Cultura do municipio un espectáculo de maxia protagonizado pola mago Cayetano Lledó, no que os nenos e nenas e tamén os adultos disfrutaron cos trucos do artista.ORDES - NADAL 2011

Onte xoves tocoulle o turno a un espectáculo de títeres tamén na Casa da Cultura que contou cun gran éxito de público.

De cara ao resto de actividades, a vindeira semana terán lugar os obradoiros con material de refugallo. O luns 26 realizaranse obxectos de decoración navideña, e o martes 27 os participantes no obradoiro crearán xoguetes con material reciclado.

O Concello de Ordes porá fin á programación navideña coa tradicional Cabalgata de Reis o 5 de xaneiro, unha cabalgata que percorrerá a partir das 17 horas as principais rúas do municipio con reparto de caramelos aptos para celíacos e diabéticos.

Silleda – visita Papa Noel

SILLEDA PAPA NOEL 2011 DOSSILLEDA PAPA NOEL 2011 UNO

 

 

Papa Noel visitou Silleda, desde o concello informan que luns 26 voltará para cumprir as peticións formuladas e que será unha sorpresa que non defraudará

Frades – éxito nas actividades do nadal

MÁIS DE SETENTA NENOS E NENAS DE FRADES DISFRUTAN DA ACTUACIÓN DO MAGO CAYETANO LLEDÓ

22 de decembro de 2011.- Máis de setenta nenos e nenas do CPI Pontecarreira (Frades) asistiron á actuación que o mago Cayetano Lledó impartiu no centro educativo fradense. Durante algo máis dunha hora, tanto os nenos como os maiores desfrutraron de grandes trucos de maxia e mesmo participaron como axudantes nalgún deles.FRADES - MAGO CAYETANO NADAL 2011

Esta actuación abre o programa de Nadal organizado polo Concello de Frades, que continuará a vindeira semana cunha viaxe a Xuvenlugo, unha feira que inclúe diversas atraccións e xogos dirixidos ao público infantil e xuvenil. A viaxe terá lugar o mércores 28 de decembro e, a día de hoxe, xa están anotados 42 veciños. O Concello de Frades porá autobuses de balde para os veciños e veciñas empadroados no municipio. Os veciños non empadroados terán que aboar unha cota de 3 euros para participar. En todo caso, todos os participantes deberán aboar os 5 euros da entrada ao recinto feiral.

Brión – a copa do mundo e a eurocopa esta noiteboa en Brión

OS TROFEOS DA COPA DO MUNDO 2010 E DA EUROCOPA 2008 VISITARÁN BRIÓN ESTA NOITEBOA

22 de decembro de 2011.- A Copa do Mundo gañada pola selección española no pasado Mundial de Sudáfrica 2010 e a Eurocopa conquistada diante de Alemaña en 2008 visitarán Brión este sábado 24 de decenbro. Ambos trofeos estarán expostos durante a mañá de Noiteboa, concretamente entre as 10 e as 14:00 horas, na sala de exposicións da Casa da Cultura, onde todos os veciños e veciñas que o desexen poderán velos e fotografarse con ambos trofeos. A entrada é totalmente libre e de balde.

Ames – notas goberno e BNG sobre as tasas dos comedores

Ames

O diálogo entre o goberno e o BNG propiciou o consenso na actualización das taxas dos servizos complementarios de Ames

O Goberno e o BNG acordan na reunión da comisión informativa que se celebrou antes do próximo pleno extraordinario de mañá venres 23 ás 12.00 a novas taxas para os comedores escolares

Ames, 22 de decembro de 2011. O goberno de Ames revisou a taxa dos comedores escolares e levará a proposta definitiva ao vindeiro pleno extraordinario que se celebrará mañá ás 12.00 horas. O concelleiro de Servizos, Ramón García Argibay levará ao próximo pleno a proposta de cinco tramos de taxas para as familias que leven os seus nenos e nenas a algún dos comedores dos centros escolares municipais de Ames en lugar de catro, como se plantexaba nun principio; outra das novidades que terá a proposta de actualización de taxas é a introdución da progresividade dentro dos servizos de Bos Días Cole e Tardes divertidas. Esta tarde celebrouse unha comisión informativa na que o Goberno de Ames e o BNG consensuaron as novas tarefas dos servizos de comedores, de Bos Días Cole e de Tardes Divertidas.

O concellerio de Servizos, Ramón García Argibay, explicou que haberá cinco tramos para aboar as taxas dos comedores e lembra que co novo sistema se introduce por primeira vez a progresividade e que se ten en conta a renda PER CÁPITA da unidade familiar. O primeiro dos tramos vai do 50% ao 75% do IPREM, o segundo tramo do 75% ao 100% do IPREM o cuarto vai do 100% ata o 150% do IPREM e o quinto tramo é para aquelas familias nas que os seus membros ingresan máis do 200% do IPREM. Por tramos, e en orde dende o primeiro ao quinto tramo, as taxas a pagar serán: 70 euros/mes para o primeiro tramo, 75 o segundo, 85 o terceiro, 100 o cuarto, e 110 o quinto.

Deste acordo adquiriuse tamén o compromiso de traballar para que a administración autonómica, que ten competencia en materia educativa, aporte para o mantemento deste servizo unha cantidade proporcional de igual xeito que o fixo en outros concellos coma Narón, Ferrol e Santiago de Compostela.

As novidades máis importantes son:

Primeiro: que ás familias con salarios máis baixos non se lles aplicará subida.

Segundo: outra das novidades é que nos servizos de Bos Días Cole e Tardes Divertidas aplicarase a progresividade en cinco tramos e na mesma proporción en canto ao IPREM de igual xeito que nos comedores escolares.

Os servizos Bos Días Cole e Tardes Divertidas terán tamén taxas progresivas segundo a renda per cápita da unidade familiar.

Os servizo complementarios de Ames, que engloban comedores, Tardes Divertidas e Bos días Cole poden empregarse coa frecuencia desexada por parte dos pais, ben por días soltos ou por un número inferior a cinco días na semana, para iso tamén se deberán calcular as novas taxas aplicándolles a progresividade. Pero a calidade e a oferta dos servizos é inamovible, nese aspecto non mudou nada.

O goberno e o BNG recolleron a maior parte das alegacións presentadas polas nais e pais, e introduciu o quinto tramo para facer máis equitativo o pago dos servizos en función da renta per cápita reforzando a filosofía de que o que ten máis pagará máis.

Co consenso acadado entre o grupo de goberno e o BNG imponse o sentido da responsabilidade e garántese a viabilidade a longo prazo dos Comedores escolares, Bos días Cole e Tardes Divertidas.

Os comedores escolares de Ames así coma os servizos de Bos Días Cole e tardes Divertidas son un servizo exemplar, un servizo que axuda a conciliar a vida laboral e familiar das nais e pais amienses, e un servizo que educa aos nenos nunha alimentación sá e equilibrada, así coma no correcto comportamento na mesa, é por iso que o Concello loita por manter e potenciar este servizo básico e de referencia para moitos Concellos, porque “somos conscientes da gran importancia que ten o feito de que os nosos fillos e as nosas fillas medren con servizos que potencien a súa saúde e a súa felicidade; porque eles son o futuro de Ames”, explicou Ramón G. Argibay, que afirma ademais que o seu empeño é facer sostible e garantir este servizo básico e valora moi positivamente a actitude do Bloque Nacionalista Galego amiense.

BNG Ames

O goberno de Ames acepta parte das alegacións das ANPA e do BNG e accede a modificar a proposta da suba dos comedores

Pilar Candocia: “Estamos en disposición de asumir a nova proposta por responsabilidade e compromiso coa comunidade educativa; é un avance importante respecto a inicial do PP pero non establece unha fórmula xusta para todas as rendas”

Ames (22.12.2011) No Pleno que terá lugar mañá día 23 de decembro o Concello de Ames vai tomar en consideración as reclamacións ás ordenanzas fiscais, entre as que se recolles as dos servizos educativos complementarios. Son preto de 400 alegacións de particulares, en especial, nais e pais de usuarios dos comedores escolares xunto as reclamacións dos grupos políticos municipais.

O goberno accedeu a modificar a súa proposta de suba aceptando certas alegacións promovidas tanto polas ANPA como polo BNG. En concreto, a aplicación da progresividade a Bos días cole e a Tardes divertidas cunha fórmula equivalente á de comedores; eliminar a subida para as rendas máis baixas, reaxustando a escala de forma que o primeiro tramo o prezo actual 70 € (en vez dos 80 € da proposta inicial do PP); a consideración do conxunto dos ingresos das familias (tamén as rendas do aforro); e iniciar de inmediato negociacións coa Xunta de Galicia comprometer o co-financiamento dos servizos.

Pola contra, rexeitan a idea da subida gradual para que o incremento se levase a cabo en 3 anos. Propoñen unha nova escala que non se axusta de forma xusta as rendas das familias, favorece ás rendas baixas e medias baixas (entre o 50% e o 100% do IPREM per capita) como propuxo o BNG, pero mellora escasamente os tramos medios, e mesmo mantén a proposta inicial para os tramos superiores. Tampouco establecen un horizonte de co-financiamento na liña de comprometer á Xunta con porcentaxes concretas, que o BNG cifraba en 50% os usuarios, 25% a Xunta, e 25% o Concello.

Unha vez vista a nova proposta do goberno, o BNG púxose en contacto con todas as ANPA afectadas para retomar o proceso de diálogo e valorar o novo escenario. A totalidade das ANPA estimaron como un avance a nova proposta a respecto da inicial, considerándoa como “menos mala” que a primeira. En coherencia co proceso de diálogo desenvolvido coa comunidade educativa, o BNG condiciona o seu voto favorable á avaliación das ANPA, quen nos manifestaron a súa preferencia cara un acordo que asumía unha parte das súas demandas.

O BNG valora moi positivamente que o goberno entre razóns e acepte parte das alegacións que eran de xustiza, e comprende como un auténtico logro social o feito de que o PP aceptase estas demandas; o que non acontecería de non plantarse as familias diante da proposta Popular. En concreto, a extensión da progresividade a outros servizos, a estimación do conxunto das rendas das familias para a súa valoración ou a baixada do primeiro tramo do pago de 80 a 70 €, son beneficios relevantes para as familias afectadas que mudan de forma substantiva a proposta inicial do PP.

A proposta presentada non é a do BNG, pero tampouco a das ANPA e as familias afectadas. Pensamos que continúa penalizando as rendas medias que son moi abundantes en Ames e que non ven atendida de forma xusta as súas demandas. A nova proposta mellora no referido ao efecto de inclusión para dar acceso ás familias de rendas baixas, pero non modifica o conxunto de cara a convertela nunha proposta realmente xusta.

O BNG saúda positivamente a nova posición do goberno e advirte que as cousas poderían terse desenvolvido de outro xeito se se abrise o diálogo desde o principio. O noso grupo actuou coa máxima responsabilidade xa que considera estes servizos de conciliación como un “tema de estado” para Ames, polo que nos comprometemos para garantir a súa viabilidade, sempre mantendo a súa calidade e o seu efecto de inclusión facéndoo accesible para todas as familias.

O BNG demostrou que existen alternativas factibles e non hai porque ceder ante as propostas de desmantelamento do estado do benestar, fai falta apostar por estes servizos con altura de miras, presentar iniciativas audaces e manter o diálogo coa cidadanía. Nos momentos actuais as institucións públicas teñen que estar do lado da xente e non velos como fontes de recadación.

Fondo galego de soliedariedade – encontros cos partidos

O Fondo Galego inicia os Encontros con representantes locais dos tres grandes partidos

- Os Encontros ‘Institucións locais e solidariedade’ dan comezo mañá na sede do PPdeG, mentres que as xuntanzas con PSdeG e BNG serán en 2012

- O obxectivo é consolidar o compromiso coa cooperación internacional de Concellos e Deputacións, e das forzas políticas, tras o cambio de lexislatura

Illa de San Simón, 22 de decembro de 2011. O Fondo Galego de Cooperación inicia mañá venres os Encontros ‘Institucións locais e solidariedade’, aos que se convoca os representantes políticos das Deputacións e Concellos socios. A primeira das tres xuntanzas, que se celebrará a partir das 10.30 horas na sede do PPdeG en Santiago de Compostela, está dirixida aos membros do Partido Popular. Os encontros con PSdeG-PSOE e BNG terán lugar no primeiro trimestre de 2012.

Abrirá a xornada a deputada no Parlamento de Galicia, María Seoane, e falará a continuación a presidenta do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, Teresa París. A Secretaría Técnica (Igadi) fará logo un balance da traxectoria da entidade e tamén participará o director de Servizos Sociais do Concello da Coruña, José Luis Quintela, membro da Comisión Executiva. Antes de dar paso ás conclusións, intervirá unha técnica de cooperación internacional da Xunta de Galicia.

Esta actividade enmárcase no Plan de Sensibilización do Fondo Galego, como unha fórmula de diálogo cos tres partidos políticos maioritarios en Galicia, piares do proceso de nacemento e consolidación da propia entidade. Tras o cambio de lexislatura, preténdese reflexionar sobre o compromiso das institucións locais coa solidariedade e muscular a implicación dos partidos políticos co Fondo Galego de Cooperación, despois de quince anos de andaina.

PPdeG, PSdeG e BNG están representados na Comisión Executiva, órgano directivo da asociación, e son artífices do consenso que vén rexendo o seu funcionamento. Trátase agora, pese ao contexto de crise económica, de non dar pasos atrás. O obxectivo é renovar ese compromiso e fortalecer esta rede de institucións e persoas a prol da solidariedade internacional, da promoción dos Dereitos Humanos, do desenvolvemento dos países do Sur e da sensibilización da cidadanía galega.

O Fondo Galego

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade é unha rede que engloba a 94 Concellos e ás catro Deputacións de Galicia. Fundouse en 1997 como un foro a través do que consensuar e concentrar os esforzos dos poderes locais galego no eido da cooperación ao desenvolvemento. Trátase deste xeito de garantir unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos ambiciosos que teñan un verdadeiro impacto nos países do Sur e facilitar unha meirande sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional.

Desde a súa fundación, a asociación ten desenvolvido 142 proxectos en máis de 20 países, e organizado e editado multitude de actividades e materiais en relación aos desequilibrios existentes entre os países do Norte e do Sur. Ten garantido a presenza da solidariedade do pobo galego nas catástrofes que afectan a aqueles países do mundo con menor capacidade para as enfrontar, con proxectos de reconstrución (como os casos de Sri Lanka, despois do maremoto de 2004, Cuba, despois dos furacáns de 2008 ou Gaza, despois dos bombardeamentos israelitas de finais de 2008 e primeiros de 2009). Na actualidade está a implementar unha intervención de post-emerxencia no Haití.

Santiago – axenda venres 23 decembro

Venres 23

10.00 h

En Pontepedriña (rúa Amor Ruibal), o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, visita as obras do local social de Pontepedriña.

11.30 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e do concelleiro de Deportes, Adrián Varela. Asiste o presidente da Federación Galega de Fútbol, José García Liñares e a futbolista Verónica Boquete.

12.45 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social, Paula Prado, sobre asuntos da súa área.

18.30 h

CSC CONXO Obradoiro de papel reciclado nenos/as [PROGRAMA ANIMACIÓN Á LECTURA BIBLIOTECA PÚBLICA JOSÉ SARAMAGO].

19.30 h

Na Casa do Concello, saúdo do alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, con motivo das festas de Nadal a asociacións veciñais e colectivos da cidade.

20.00 h

CSC CASTIÑEIRIÑO MAMA CABRA Xa me tardan estes magos.

21.00 h

No Auditorio de Galicia, concerto extraordinario de Nadal da Banda Municipal de Música dirixido por Manuel Bonachera Pedrós.

21.00 h

Todo Lírica

No Teatro Principal, 'Nadal de Jazz arredor do mundo' con Ximo Tebar & IVAM Jazz Ensemble e Miles Griffith, voz, dentro do ciclo Todo Lírica 2011.

Será o venres 23 ás 21.00h. inaugurando o festival Todo Lírica

Unha orixinal celebración de Nadal en clave de jazz con Ximo Tebar&IVAM Jazz Ensemble

  • As entradas poden mercarse en Novagalicia Banco e no Principal a un prezo de 8€ cada unha (4 as reducidas) e pode mercarse un abono para todo o ciclo por 25€

  • Entre os temas do concerto poderemos escoitar as versión particulares de clásicos de Nadal como ‘Noite de paz’, ‘White Christmas’ ou ‘Sleigh Ride’

Santiago de Compostela, 22/12/2011.- Co Nadal chega de novo Todo Lírica, un ecléctico ciclo de concertos creado no 2001 co nome de Festival de Zarzuela de Santiago, que segue habitualmente o formato de recitais de voz e piano, e que cada ano vén ampliando os seus contidos a outros xéneros musicais. O ciclo, que se celebra ata o 3 de xaneiro con catro concertos comeza este venres 23 cunha orixinal celebración de Nadal na que Ximo Tebar e IVAM Jazz Ensemble nos presentan ‘Nadal de jazz arredor do mundo’ ás 21.00h. no Teatro Principal. No concerto poderemos escoitar as versión particulares de clásicos de Nadal como ‘Noite de paz’, ‘White Christmas’, ‘Santa Claus is coming to town’ ou ‘Sleigh Ride’

AUDITORIO GALICIA - XIMO TEBAR

Todo Lírica amplía cada ano, como diciamos, os seus contidos e xéneros. Precisamente unha das grandes novidades desta edición 2011 chega neste concerto inaugural que protagoniza Miles Griffith, reputado e innovador cantante de jazz neoiorquino, acompañado no escenario polo IVAM Jazz Ensemble, a agrupación residente do Museo de Arte Moderno de Valencia que dirixe o guitarrista e compositor Ximo Tébar e que chega a Santiago en forma de cuarteto formado polo propio Ximo Tébar na guitarra, o pianista Ricardo Belda e dous músicos norteamericanos, o contrabaixista Darryl Hall e o batería Donald Edwards. Miles Griffith debuta en Galicia con este especial concerto de jazz dedicado á música de Nadal.

Ximo Tébar, guitarrista, compositor e produtor, está considerado un dos músicos españois de jazz con maior proxección na actualidade. Actuou en relevantes auditorios como o Apollo Theater de Nova York, o Jazz at Lincoln Center e nos máis prestixiosos clubes de jazz e festivais do mundo, como San Sebastián Jazzaldia, Vitoria- Gasteiz, San Petersburgo, Moscow Jazz Festival, Montreux, North Sea, Birdland, etc. A súa música foi avalada por grandes mestres do jazz como Benny Golson, Lou Bennett, Johnny Griffinn ou George Benson, así como polos numerosos premios e as excelentes críticas que recibiu, que o situaron nun lugar destacado dentro do jazz actual, tendo máis dunha ducia de discos como líder de bandas de jazz.

“O cantante Miles Griffith é un músico extraordinario. A súa voz e a súa creatividade asegúranlle formar parte da historia do blues e do jazz do século XXI” (Wynton Marsalis). As raíces musicais de Miles Griffith emanan das igrexas batista, metodista, pentecostés e yoruba, todas elas moi arraigadas no acervo cultural de Nova York.

O IVAM Jazz Ensemble, residente no Museo de Arte Moderno de Valencia e dirixido polo ecléctico guitarrista valenciano Ximo Tébar (calificado pola prensa especializada como un dos mellores músicos europeos de jazz), destaca como proxecto musical innovador, que experimenta cos mellores músicos do mundo na vangarda do jazz e a música moderna de forma continuada como parte integrada das actividades paralelas do IVAM. Amplíase desta forma a oferta cultural do museo e ábrese a outras disciplinas como a música de jazz de vangarda.

Programa completo de Todo Lírica

Os concertos de Todo Lírica continuarán o 26 de decembro con ‘Novas Voces galegas’ onde escoitaremos a Gloria Amil secundada ao piano polo canario Julio Alexis Muñoz; o 29 de decembro cun trío de artistas vascos, a soprano Ainhoa Zuazua, a mezzosoprano Marifé Nogales e o pianista Rubén Fernández; para rematar o 3 de xaneiro con ‘A fermosa de muiñeira’ de Franz Schubert co actor galego Quico Cadaval xunto ao barítono madrileño Gabriel Bermúdez e, de novo, o pianista bilbaíno Rubén Fernández Aguirre.

As entradas para cada concerto poden adquirirse a 8 euros no servizo de venda de entradas de Novagalicia Banco e na billeteira do Teatro Principal. E tamén está dispoñible un abono de 25 euros

para os catro concertos.

Será no Auditorio de Galicia ás 21.00h e estará dirixido por José Luis Represas Carrera

A Banda Municipal celebra este venres o Concerto Extraordinario de Nadal

  • Será un concerto baseado en obras clásicas, composicións propias e algunha peza propia do Nadal

  • Desta maneira a Banda Municipal súmase á programación especial de Nadal organizada polo Concello de Santiago

Santiago de Compostela, 22/12/2011.- Como xa vén sendo habitual nestes últimos anos, a Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela pecha o ano cun concerto extraordinario dirixido nesta ocasión por Xosé Luis Represas Carrera. Desta maneira a Banda Municipal súmase á programación especial de Nadal organizada polo Concello de Santiago. O concerto terá lugar o venres 23 de decembro ás 21h na sala Mozart do Auditorio de Galicia. Á batuta estará Xosé Luis Represas, actual director da Banda Municipal de A Coruña, que ofrecerá un concerto baseado en obras clásicas, composicións propias e algunha peza propia do Nadal.

auditorio de galicia - JOSE LUIS REPRESAS

José Luis Represas Carrera naceu en Xinzo (Ponteareas) no ano 1970. Comezou os seus estudos musicais na Banda de Música ‘Xuvenil de Xinzo’ co mestre Guillén. Licenciouse en Composición, Saxofón e Gaita nos Conservatorios de Vigo e A Coruña. Realizou cursos de dirección cos mestres Pirfano Zambrano e Enrique García Asensio.

Dirixiu numerosas bandas de música populares e tamén dirixe a importantes solistas, como Javier Galán, Amparo Navarro, José Antonio Campo, Sandra Míguez, Rubén Velázquez, Teresa Novoa, Francisco Javier Vidal, Marcos Represas e José Manuel López.

Participou como solista e director convidado en numerosas formacións musicais.

En 1990 gaña por oposición a praza de saxofón solista na Banda Municipal de A Coruña.

Coma compositor, a súa obra ‘Caballeros de Santiago’, foi estreada en Madrid pola Banda Sinfónica Municipal no ano 2002. O concerto, para trompeta e banda sinfónica, foi estreado por Esteban Batallán e a Banda de Música Municipal de A Coruña, dirixindo el mesmo a estrea. Posteriormente, esta obra foi editada pola editorial belga Beriato.

Actualmente compaxina a súa labor compositiva coa dirección da Banda Municipal de Música de A Coruña.

Ames – notas varias

Abriuse ao tráfico peonil a beirarrúa prolongación da rúa Cruxa no Milladoiro

AMES - PROLONACION RUA CURUXA Ames, 22 de decembro de 2011. O Concello de Ames xestionou a apertura ao tráfico peonil da prolongación da rúa Cruxa. Esta semana abriuse un tramo de beirarrúa que facilita a comunicación entre a zona de Novo Milladoiro e Travesía do Porto e o núcleo urbano de Milladoiro. Do mesmo xeito tamén se incrementa a proximidade entre o aparcamento da rúa Palmeiras e e as rúas céntricas da localidade así coma instalacións coma o Centro de Saúde. A zona de beirarrúa que se abriu está situada detrás do supermercado “Supercor” e da Escola Infantil de Milladoiro e supón un vial seguro para o tránsito peonil.

Máis de 230 nenos participarán no Nadal Lúdico

Ames, 22 de decembro de 2011. Chega o Nadal e con el as actividades dos lúdicos do Concello de Ames. Hoxe comezou o “Nadal lúdico” ao que se apuntaron en total 236 nenos, dezaseis máis que no Nadal lúdico do ano pasado. Coincidindo co inicio das vacacións ponse en marcha un ano máis o programa de actividades do Nadal lúdico que lles permita aos pais e nais conciliar a súa vida laboral e familiar. O programa desenvolverase dende o día 22 de decembro ata o 5 de xaneiro en horario de 7.30 h ata 16.30 horas. Os centros aos que acudirán os nenos e nenas serán o CEIP A Maía, en Bertamiráns, e en Milladoiro os nenos e nenas de educación infantil irán á EEI Milladoiro e os de educación primaria ao polideportivo. Nos lúdicos desenvólvense actividades e obradoiros que teñen por obxectivo ocupar o tempo de lecer dos máis cativos e cativas dun xeito divertido e educativo e permitindo a nais e pais conciliar o seu traballo coas vacacións dos seus fillos/as.

Esta iniciativa vai dirixida aos nenos e nenas escolarizados no 2º ciclo de Educación Infantil e en Educación Primaria, empadroados no Concello de Ames. Tamén poden acceder aos programas lúdicos as fillas e fillos de persoas que estando empadroados noutro Concello, teñan os seus postos de traballo neste municipio.

O Nadal Lúdico desenvolverase tanto en Milladoiro coma en Bertamiráns. En Milladoiro son 146 os nenos e nenas que participan no programa lúdico, mentres que en Bertamiráns son 91. Ao longo destes días de vacacións os nenos e nenas pasarán unhas mañás moi entretidas con obradoiros, talleres, contacontos e sesións de cine...Entre as actividades máis destacadas está un obradoiro de cociña para facer turrón, un taller de Carta aos Reis Magos, obradoiro de cociña de “Galletiñas de Nadal”, un taller para decorar a árbore de Nadal, murais, o xogo do amigo invisible, animación con contacontos, as proxeccións “La navidad mágica de Mickey” ou “Pesadilla antes de Navidad”etc.

En xeral, a dinámica que seguirán os nenos día a día será: de 7.30 h a 9.00 h almorzar co Bos Días Cole ( que é opcional), de 9.00 a 10.00 hai xogos e recepción de nenos e nenas, de 10.00 a 11.30 lévase a cabo a “Xornada educacional”, de 11.30 a 12.00 hai merenda e descanso, de 12.00 a 14.00 hai un obradoiro relacionado coa xornada educacional, de 14.00 a 14.30 hai xogos e tempo libre, de 14.30 a 15.30 é a hora do xantar e a xornada remata de 15.30 a 16.00h cunha sobremesa de xogos e descanso.

Hoxe foi a primeira xornada de Nadal lúdico tanto en Bertamiráns coma en Milladoiro. O día desenvolveuse con total normalidade e os nenos das dúas localidades fixeron un mural de Nadal, xogos de presentación para comezar a coñecerse mellor, e cantaxogos e animación musical.

O Nadal lúdico conta con coordinadores, e cun monitor por cada 15 nenos. Os monitores levarán a cabo tódalas actividades e coidarán dos participantes en todo momento. Tamén hai unha licenciada en Educación Especial que se ocupará, se é preciso, das necesidades educativas especiais que poidan darse na actividade.

A Asociación de Comerciantes de Bertamiráns organiza obradoiros os días 24 e 31 de decembro para os máis pequenos

Ames, 22 de decembro de 2011. A Asociación de Comerciantes de Bertamiráns, en colaboración co Concello de Ames, organizan diversos obradoiros para os máis pequenos/as. Estas actividades desenvolveranse os días 24 e 31 de decembro nunha carpa que estará instalada na praza do Concello, en Bertamiráns. Os obradoiros, que serán realizados por Educalia Bertamiráns, desenvolveranse dende as 16:00 h ata as 19:00 horas. A través desta iniciativa preténdese facilitar as compras de Nadal para a cidadanía amiense. Mentres os pais e nais realizan as compras para celebrar as festas de Nadal os seus fillos/as poderán divertirse participando en diferentes obradoiros.

O pequeno comercio instalado no termo municipal de Ames desempeña un papel fundamental no desenvolvemento do tecido económico e social. Desempeña un papel de relevancia dentro da economía local como xerador de riqueza e emprego, ademais de xogar unha importante función social de cohesión, vertebración e dinamización das rúas e prazas, tornándoas máis atraentes para a veciñanza e fomentando as relacións de convivencia tanto para a cidadanía amiense como para as persoas que chegan de fóra do concello.

Para fomentar as compras no pequeno comercio a Asociación de Comerciantes de Bertamiráns, en colaboración co Concello de Ames, organizan diversos obradoiros para os máis pequenos/as. Deste xeito, os veciños e veciñas e Ames poderán facer as súas compras con total tranquilidade, mentres que os seus fillos se entreteñen nos obradoiros que ten preparado a ludoteca Educalia Bertamiráns.

Este programa de actividades desenvolverase os días 24 e 31 de decembro, en horario de tarde, dende as 16:00 h ata as 19 horas. Para iso instalarase unha carpa na praza do Concello, lugar onde se realizarán os devanditos obradoiros. O sábado 24 de decembro os nenos e nenas poderán participar nun obradoiro de elaboración de bolsas de caramelos, onde os nenos/as aprenderan a decorar as bolsas antes de enchelas de caramelos. Noutro dos obradoiros os cativos aprenderan a facer broches e colares no obradoiro de bixutería.

Por outra banda, o sábado 31 de decembro, desenvolveranse os obradoiros de maquillaxe de Nadal (a rapazada poderase maquillar para celebrar a festa de fin de ano e comer as uvas) e o obradoiro de elaboración de bombóns. A través desta iniciativa preténdese facilitar as compras de Nadal para a cidadanía amiense.

   

Bertamiráns FC – campaña de recollida de xoguetes

Aínda estás a tempo de participar na campaña de recollida de xoguetes e roupa que puxo en marcha o Bertamiráns FC

O Bertamiráns FC, en colaboración co Concello de Ames, puxo en marcha a II Campaña de recollida de xoguetes e roupa para os menos favorecidos do municipio amiense. A roupa e os xoguetes pódense entregar no campo municipal de Bertamiráns, durante os horarios de adestramento dos distintos equipos, sendo os adestradores os encargados da recollida. Todos os interesados/as poden entregar roupa e xoguetes ata o 23 de decembro, polo que hai que darse présa xa que o prazo remata este venres. Prégase que os xoguetes doados se atopen en bo estado e non teñan carácter bélico ou sexista.

Nestas datas tan sinaladas o Bertamiráns FC mostra a súa cara máis social e humanitaria poñendo en marcha a II Campaña de recollida de xoguetes e roupa. Nesta campaña participan os integrantes e adestradores das distintas categorías do club. Sen dúbida, os rapaces/as son os que viven con máis ilusión a tempada de Nadal. Pero non todos os rapaces teñen a sorte de poder contar con agasallos e xoguetes nestes días. Para paliar esta carencia, o Bertamiráns Fútbol Club, en colaboración co Concello de Ames, puxo en marcha esta campaña de recollida de xoguetes e roupa.

Esta iniciativa xurdiu de xeito espontáneo na temporada pasada dende a directiva do club amiense e conta coa colaboración do Concello de Ames. Os xoguetes e a roupa recolleranse no campo de fútbol municipal de Bertamiráns, durante os horarios nos que haxa adestramentos, ata o día 23 de decembro. Prégase que os xoguetes doados se atopen en bo estado e non teñan carácter bélico ou sexista. Esta é a segunda edición desta campaña solidaria. Dende o Bertamiráns FC agardan poder levar a cabo a iniciativa moitos anos máis.

A través desta campaña, na que colaboraran as máis de 450 familias que integran o Bertamiráns FC, preténdese recoller xoguetes para os cativos das familias con menos recursos. Deste xeito, intentarase que estes nenos/as tamén poidan gozar nestas datas tan sinaladas dun agasallo. Ao mesmo tempo a roupa recollida ao longo desta campaña irá destinada tamén ás familias en risco de exclusión social do termo municipal de Ames.

Tordoia – aberto o prazo do programa de termalismo social

O CONCELLO DE TORDOIA INFORMA DA APERTURA DO PRAZO PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL DO IMSERSO PARA 2012

As solicitudes deberán entregarse no departamento de Servizos Sociais

21 de decembro 2011.- O Concello de Tordoia informa da apertura do prazo de inscición para participar no Programa de Termalismo Social do IMSERSO para o ano 2012, dirixido a pensionistas e aos seus cónxuxes ou parellas. O Departamento de Servizos Sociais de Tordoia recollerá as anotacións e informará aos veciños sobre os requisitos para participar na convocatoria.

Así, os solicitantes deberán valerse por si mesmos para as actividades da vida diaria e non padecer alteracións de comportamento que impidan a convivencia nun centro residencial, así como non padecer ningunha enfermidade infecto-contaxiosa. Ademais, os veciños que soliciten participar no programa deberán precisar dos tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicacións médicas para a recepción dos mesmos.

As visitas aos balnearios faranse en dúas quendas, polo que establécense dous prazos de anotación: ata o 16 de xaneiro (para os turnos entre febreiro e agosto) e ata o 16 de maio (para as quendas de setembro a decembro). Máis información no departamento de Servizos Sociais de Tordoia.

FES Galicia – convocatoria de folga de limpeza en Padrón

OS TRABALLADORES ENTENDEN O MALESTAR DOS EMPRESARIOS DO
SAR E CONSIDERAN QUE SON UNHAS VÍCTIMAS MÁIS XUNTO COS
VECIÑOS DE PADRÓN. DA INEPTITUDE E IRRESPONSABILIDADE DA
CLASE POLÍTICA DE PADRÓN E DA DESIDIA DA EMPRESA GLOBAL
VAMBRÚ.
Os traballadores queremos expresar que para nós é tremendamente doloroso ter que
convocar de novo outra folga nestas datas. Non só por la repercusión persoal das nosas
nóminas das que vivimos e mantemos ás nosas familias, se non tamén, porque somos
conscientes do dano indirecto, e en contra da nosa vontade, que podemos causar a
empresarios e cidadáns de Padrón.
Despois de dúas folgas, con acordos firmados, onde se daba saída ao conflicto da
recollida de lixo, tendo que facer unha gran cantidade de concesións por parte dos
traballadores para solucionalo, ocorre que en ambos casos o incumprimento dos
compromisos firmados por parte do Concello e a empresa fannos chegar de novo a
situación de folga.
Así mesmo, neste conflicto, o anterior goberno gastou máis de 70.000 euros en catro
recollidas feitas pola empresa TRAGSA, e máis os gastos do seu propio persoal na
intervención, podendo solucionar o problema por un custo de 14.000 euros, que eran as
melloras que pactaron os traballadores para os exercicios 2010 e 2011. Desde o inicio
deste conflicto os traballadores teñen conxelados os seus salarios. As remuneracións
que perciben os traballadores dos domingos por recoller todo a lixo do mercado son de
25 € por domingo, cantidade ridícula cos tempos que corren, e para que vexamos a
irresponsabilidade e cabezonería duns políticos que tendo na súa man arranxar un
problema da forma máis sinxela e cun menor custo, o complican, gastando máis e sen
dar solucións.
A día de hoxe, non só está sobre a mesa a situación que vivimos, se non que, temos
coñecemento que hai intereses por revanchismo electoral para intentar non chegar a
unha solución e quitar do medio aos traballadores. Cousa que baixo ningún concepto
imos permitir.
Desde o Sindicato facemos un chamamento á responsabilidade para que se busque unha
solución, e tendemos a man a tódalas partes para intentar non chegar á folga.

Frades, Mesía – obradoiro de emprego

TRABALLO FORMA E OFERTA PRÁCTICAS LABORAIS A 25 MOZOS E MOZAS A TRAFÉS DO OBRADOIRO DE EMPREGO DE FRADES E MESÍA

A Consellería de Traballo e Benestar investiu máis de 540.000 euros no obradoiro de emprgo, que permitiu formar a 13 desempregados en traballos forestais e 12 en axuda a domicilio

A Xunta investiu máis de 160.000 euros a accións de promoción do emprego en Frades e máis de 111.000 en Mesía, contías ás que hai que sumar os 540.000 euros que se destinaron para o obradoiro

21 de decembro de 2011.- A Consellería de Traballo e Benestar formou e ofertou este ano prácticas laborais a un total de 25 mozos e mozas desempregados nos concellos de Frades e Mesía a través do obradoiro de emprego, unha iniciativa mixta para mellorar a empregabilidade que clausuraron hoxe o director xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida, e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo. Un acto no que participaron os alcaldes de Frades, Miguel Prado, e Mesía, Mariano Iglesias.FRADES - OBRADOIRO EMPREGO

O departamento autonómico investiu máis de 540.000 euros nesta acción que permitiu a formación de 13 persoas desempregadas en traballos forestais e 12 en axuda a domicilio. Os labores que desenvolveron os alumnos e alumnas permitiron poñer en valor diversos espazos, como zonas axardinadas nas parroquias, así como a mellora da vexetación nas áreas recreativas de Frades e Mesía.

A representante do Executivo galego na provincia destacou que, coa realización destas actuacións, “ademais de reducir o paro nos concellos, dáselle aos participantes novas oportunidades laborais”. Do Campo apuntou que os traballos que realizan os alumnos ao abeiro deste obradoiro “serven para mellorar as dotacións públicas no ámbito local, o que repercute na mellora da calidade de vida e dos servizos para toda a sociedade”.

O director xeral de Promoción do Emprego explicou, ademais, que a Consellería financiou este ano con máis de 160.000 euros outras accións de promoción do emprego en Frades e con máis de 111.000 euros en Mesía. En concreto, desenvolvéronse plans de cooperación (contratáronse a 16 traballadores en Frades e 9 en Mesía) e contratáronse axentes de emprego.

Ademais, Hermida avanzou que de cara a 2012 reforzarase a aposta polos obradoiros de emprego, e, así, anunciou que se investirán máis de 20 millóns de euros nesta actuación. “As especialidades formativas vinculadas ao servizo de axuda a domicilio van ser priorizadas na próxima convocatoria fronte ás accións de obra civil, xa que o Goberno galego considera que as profesións do eido social son un xacemento de emprego ”, apuntou.

Por último, indicou que en 2012 destinaranse preto de 85 millóns de euros a financiar programas de mellora da empregabilidade en toda Galicia. Ademais dos 20 millóns que se investirán nos obradoiros de emprego, financiaranse con 64,8 millóns de euros os plans de cooperación. “Esta aposta está enmarcada no obxectivo principal do Goberno galego que é a recuperación da senda da estabilidade económica e do emprego”, concluíu.

Petición dun novo obradoiro

Pola súa banda, os alcaldes de Frades e Mesía coincidiron en solicitar o apoio de Docampo e Hermida para conseguir un segundo obradoiro conxunto pois “se neste momentos é dificil atopar un traballo, en concellos como Frades e Mesía, polas nosas características, é un pouco máis complicado. Os nosos veciños non poden acceder ao mercado laboral en igualdade de condicións con outros cidadáns de Galicia”, explicou Mariano Iglesias, alcalde de Mesía.

Pola súa banda, Miguel Prado destacou o nivel formativo acadado polos alumnos e o traballo desenvolto ao longo dos últimos doce meses. “Ímovos botar moito de menos, pois o voso traballo foi moi importante e puxo en valor gran parte do patrimonio natural e recreativo dos nosos concellos e está a ser moi disfrutado polos veciños de Frades e Mesía”, sinalou Miguel Prado, alcalde de Frades.

Prado Patiño agradeceu a colaboración da Xunta de Galicia na realización deste obradoiro e adiantou a súa intención de solicitar unha segunda edición en canto se abra o prazo de solicitudes. “Seguiremos insistindo e loitaremos por conseguir outro obradoiro para que os nosos veciños teñan acceso á formación e ao mercado de traballo”, apuntou o alcalde fradense. Finalmente, Mariano Iglesias desexou aos alumnos que “esta formación vos serva de trampolín para o mercado laboral e vos permita ter unha oportunidade”.

Santiago – axenda municipal xoves 22

Xoves 22

11.15 h

No Salón Nobre, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asina un convenio de colaboración co xefe provincial de tráfico, Pedro Pastor. Asiste o concelleiro de Tráfico, Albino Vázquez.

11.30 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, e o voceiro do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Reyes Leis, para presentar a nova edición do programa “Noites Abertas”.

12.30 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal socialista, Francisco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

17.00 h

CSCXM O ENSANCHE Encontro de Nadal de Xadrez Senior. Necesaria inscrición

18.30 h

CSC VITE Contacontos nenos/as [PROGRAMA ANIMACIÓN Á LECTURA BIBLIOTECA PÚBLICA JOSÉ SARAMAGO]

19.00 h

No Ensanche, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, visita xunto co concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, o centro sociocultural do Ensanche, onde se están a desenvolver diferentes actividades.

21.00 h

No Auditorio de Galicia, 'O Mesías de Haendel', concerto da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Antoni Ros Marbá, con Elena de la Merced, soprano; Carlos Mena, alto; Benjamin Hulett, tenor; Josep Miguel Ramón, barítono e o Rias Kammerchor.

21.00 h

No Teatro Principal, Sarabela Teatro presenta 'O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca' de Álvaro Cunqueiro. Con Fernando Dacosta, Tito Asorey, Nate Borrajo, Josito Porto, Sabela Gago, Elena Seijo, Fina Calleja e Suso Díaz. Dirección de Anxeles Cuña Bóveda. [RGTA]

Brión – aprobase a modificación dos postos de traballo do concello

O PLENO DE BRIÓN APROBA A MODIFICACIÓN DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO DO CONCELLO

O cambio, que permite un aforro de máis de 600.000 euros durante este mandato, só foi rexeitado polo PP

21 de decembro de 2011.- O pleno do Concello de Brión aprobou na sesión ordinaria celebrada este mediodía a modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT), cos votos a favor do grupo de goberno, a abstención do edil do BNG e a negativa do PP. A proposta, que previamente contara co apoio unánime dos representantes de todos os traballadores e funcionarios e das organizacións sindicais, permitirá un aforro de 152.344 euros anuais, o que equival a máis de 600.000 euros no conxunto deste mandato.

O alcalde, Xosé Luis García, explicou que o cambio na RPT serve para “adecuarse ás necesidades reais do Concello” e lembrou que “unha Relación de Postos de Traballo é algo vivo que hai que ir adaptando ás necesidades que surxan na administración”. García destacou o apoio unánime dos traballadores e dos seus representantes e o “espíritu de consenso” no que se desenvolveron as negociacións. Por eso, animou ao PP a abandonar a súa negativa e sumarse ao acordo.

Non obstante, o principal grupo da oposición mantivo o seu rexeitamento e mesmo cuestionou o aforro que permitirá a modificación da RPT. O primeiro edil detalloulle que “gústelles ou non lles guste, o aforro supera os 150.000 euros ao ano”. En concreto, uns 106.000 conséguense ao suprimir dous postos no departamento de Intervención, e outros 45.000 afórranse en dúas prazas de auxiliar administrativo, dentro da reorganización dos diferentes departamentos municipais.

García tamén rebatiu as acusacións de “favoritismo aparente” lanzadas polo portavoz do PP. O alcalde explicou que “hai unha completa igualdade de oportunidades, as prazas non levan nome e sairán a concurso para ser cubertas no seu momento”. Do mesmo xeito, ante as insinuacións do PP por “falta de coñecementos demostrados” de determinados empregados para o posto que ocupan, Xosé Luis García lamentou, ademais de amosar “un descoñecemento absoluto”, que Carlos Tomé “utilice insinuacións mezquinas e malintencionadas contra o persoal municipal nun sitio onde non poden defenderse para tratar de conseguir os seus fins políticos”.

Ademais, o alcalde valorou como congruente a abstención do BNG en relación coa aprobación da RPT en 2005. O edil do BNG, Xesús Pena, manifestou que o seu interesr principal é que “o cadro de persoal sexa suficiente e eficiente”. Sen embargo, non se pode aprezar a mesma coherencia por parte do PP, que entón si aprobara a Relación de Postos de Traballo. “Se non está de acordo, a quen ten que pedirlles explicacións e responsabilidades é aos seus compañeiros de partido que entón estaban na corporación”, aconselloulle García a Tomé.

A RPT en detalle

Cómpre lembrar que a modificación puntual da RPT permite unha reordenación e actualización da estrutura administrativa municipal e dos recursos humanos dispoñibles, dando lugar a un organigrama administrativo renovado e adaptado ás necesidades actuais do Concello de Brión. Unha reorganización que en ningún caso prevé o incremento de postos de traballo, senón unha optimización dos efectivos dispoñibles.

Deste xeito, a proposta asinada aposta pola polivalencia, flexibilidade e amplitude funcional dos postos de traballo. Un exemplo é a sustitución dos traballadores habilitados por persoal do propio Concello de Brión que se encargará, por exemplo, de cubrir unha baixa por maternidade repartindo o traballo a facer entre varios empregados municipais.

Cambios nos departamentos

Así mesmo, procédese á restruturación de varios departamentos, especialmente nos casos de Intervención e de Urbanismo. Así, no Departamento de Intervención suprímese o posto de Tesoureiro-Recadador, cuxas funcións serán asumidas por un posto xa existente: o Auxiliar Tesoureiro-Recadador. Ademais, no Departamento de Intervención, Urbanismo e Medio Ambiente desaparecen os postos de Xefe de Departamento e de Auxiliar Administrativo, éste último reasignado a Negociado de Persoal. Ademais, unirase este departamento co de Obras e Servizos, de xeito que o novo departamento pasará a denominarse: Departamento de Obras, Urbanismo e Medio Ambiente.

Finalmente, nesta modificación puntual da RPT do Concello de Brión non se realizou ningunha revisión das valoracións económicas dos postos, polo que seguirá vixente o nivel retributivo determinado na RPT que se atopa actualmente en vigor. A modificación puntual da RPT foi asinada polo alcalde de Brión, Xosé Luís García, os catro representantes do comité de empresa do Concello de Brión, o representante dos funcionarios do Concello, o representante da Sección Sindical do Sindicato Profesional de Policías Municipais e os representantes dos sindicatos maioritarios.

Contra a desactivación de tarxetas sanitarias

Por outra parte, a sesión plenaria de hoxe aprobou, co voto favorable do goberno e do edil nacionalista e o non do PP, unha moción do BNG que insta á Xunta a rectificar para que Sanidade non siga desactivando as tarxetas sanitarias de persoas sen recursos ou que leven un longo periodo de tempo en situación de desemprego. A proposta aprobada sinala que a sanidade pública debe seguir sendo universal e gratuíta e que Sanidade debe volver a activar as tarxetas bloqueadas para non deixar a ninguén sen o dereito a cobertura sanitaria. O contrario sería “unha regresión total inadmisible”, en palabras do alcalde, quen lembrou que o titular do dereito á saúde pública “é a cidadanía polo simple feito de selo, polo que non debemos volver á posguerra e á beneficiencia”.

Auditorio de Galicia – Mesías de Haendel

A Real Filharmonía de Galicia e o RIAS Kammerchor interpretan ‘O Mesías’ de Haendel

  • As entradas están xa esgotadas para o que é unha das grandes citas do ano dentro do programa de abono

  • O berlinés RIAS Kammerchor está considerado un dos mellores coros de Europa

Santiago de Compostela, 25/05/2011.- A Real Filharmonía de Galicia, baixo a batuta do mestreSANTIAGO - REAL FILHARMONIA Ros Marbá e o berlinés RIAS Kammerchor , considerado como un dos mellores coros de Europa, interpretan mañá sobre o escenario do Auditorio de Galicia ‘O Mesías’ de Haendel. Farano a partir das 21.00h nunha das citas máis importantes do programa de abono e para a que xa están esgotadas as entradas. Como solistas actuarán a soprano Elena de la Merced, o alto Carlos Mena, o tenor Benjamin Hulett e o barítono Josep Miquel Ramón.

O RIAS, que acaba de presentar o seu último disco fai un mes (Misa de Requiem de Bach,) está dirixido desde 2005 por Hans-Christoph Rademann, un dos maiores especialistas en música antiga, especialmente a familia Bach. No 2010, a revista Gramophone sinalou ao RIAS como un dos mellores dez coros do mundo. Nestes meses pasados o coro acaba de realizar unha xira polas embaixadas culturais alemás en diferentes partes do mundo, como Corea do Sur, Francia, Italia, Luxemburgo, Holanda ou Austria.

Oroso – incremento dos usuarios do servizo de ofertas de traballo por internet

O SERVIZO DE OFERTAS DE TRABALLO POR INTERNET DO CONCELLO DE OROSO INCREMENTA NUN 89% O

SEU NÚMERO DE USUARIOS ATA AS 556 PERSOAS

O servizo “Emprega Oroso” asesorou a 399 veciños, dos que o 83% interesouse por ofertas de traballo e cursos formativos

A concelleira de Emprego, Vanessa Reboredo, espera que “nun futuro pretendemos que funcione como unha plataforma na que empresas e buscadores de emprego poidan contactar de xeito directo”

21 de decembro de 2011.- O Concello de Oroso fai un balance moi positivo das súas iniciativas para loitar contra o desemprego: o servizo de envío de ofertas de traballo por Internet, que conta cun total de 556 anotados (un 89% máis ca en 2010); e o servizo “Emprega Oroso”, que durante o ano 2011 asesorou a un total de 399 veciños. Dous servizos que están profundamente relacionados, de tal xeito que o incremento de usuarios que reciben ofertas de traballo por Internet traduciuse nun descenso do 20% das persoas que se desprazan ata o Departamento de Servizos Sociais para facer as correspondentes consultas.

Así, todos os martes e xoves, estes 556 veciños reciben nas súas casas toda a información sobre ofertas de emprego, oposicións, cursos de formación, obradoiros, información sobre listas abertas, convocatorias de competencias clave, recoñecementos da experiencia... que van xurdindo cada día e ás que anteriormente só se podía acceder a través dun taboleiro de anuncios colocado no departamento de Servizos Sociais. Unha iniciativa na que pode participar calquera veciño de Oroso simplemente enchendo unha simple autorización para poder enviarlles os e-mails informativos.

Previsións para o futuro

A concelleira de Emprego, Vanessa Reboredo, indica que “o servizo está funcionando moi ben, a pesares de que se puxo en marcha nun momento moi delicado e estou segura de que veremos aínda unha maior eficacia do programa en canto mellore a situación económica”. Neste sentido, Reboredo Mirás destaca que “a resposta dos veciños a este servizo é moi positiva porque é máis cómodo e evita ter que desprazarse ata a oficina de Servizos Sociais que, á súa vez, queda máis liberada para atender outro tipo de consultas”.

De cara ao futuro, “a idea é que esta aplicación poida funcionar como unha plataforma na que empresas e buscadores de emprego poidan contactar de xeito directo. Pero agora, nos inicios, queremos que sexa o axente de emprego quen medie entre eles xa que pensamos que é unha fase inicial necesaria”.

Autoemprego e formación

Durante este ano 2011, o servizo “Emprega Oroso” atendeu un total de 399 informacións e asesoramentos sobre emprego e formación, o que significa un 20% menos que no ano anterior. O 51% das consultas están relacionadas con ofertas e demandas de emprego, mentres que o 32% das mesmas son sobre cursos formativos. Tamén destaca un importante número de consultas sobre asesoramento legal.

No servizo “Emprega Oroso” están anotados un total de 266 persoas, 86 homes e 179 mulleres. O perfil tipo dos anotados é o de muller, de entre 30 e 45 anos, con menos de seis meses en situación de desemprego. Tamén é significativo o alto número de parados de longa duración rexistrados no servizo, un total de 79. O horario de atención ao público do servizo “Emprega Oroso” é martes, mércores e venres, de 9:30 a 13:30 horas, no departamento de Servizos Sociais.

Silleda – novas ordeanzas municipáis

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a aprobación provisional de tres novas ordenanzas municipais

-Trátase das normativas abordadas no pleno de novembro: para axilizar a apertura de establecementos, pola entrada e visita ao mosteiro de Carboeiro, e uso lucrativo de instalacións culturais municipais

Silleda, 21 de decembro de 2011. O Boletín Oficial da Provincia (BOP), de Pontevedra publica hoxe o anuncio da aprobación provisional das ordenanzas municipais que se aprobaron, de xeito inicial, no último pleno ordinario, celebrado o pasado 24 novembro.

Trátase da ordenanza reguladora para axilizar a concesión de licenzas de apertura de establecementos que non precisan de avaliación ambiental, xunto coa correspondente ordenanza fiscal da mesma. Outra das normativas publicadas hoxe no BOP é a que regula a taxa por entrada e visita ao mosteiro románico de San Lourenzo de Carboeiro. Por último, tamén se publica a aprobación provisional da ordenanza fiscal reguladora da taxa polo uso de inmobles municipais para o desenvolvemento de actividades lucrativas (en concreto o uso da Casa da Cultura, Casa da Xuventude e o auditorio Manuel Dopazo da Bandeira).

Nos tres casos, e segundo recolle o anuncio do BOP, os textos municipais sométense a información pública polo prazo de 30 días hábiles contados a partir de mañá, día 22. Así, o 26 de xaneiro será o último día para poder facer alegacións ás citadas ordenanzas, que se aprobarían definitivamente no caso de non haber reclamacións e entrarían en vigor logo da publicación íntegra dos textos.

Tordoia – remate curso de informática

VINTE VECIÑOS DE TORDOIA REMATAN CON ÉXITO OS CURSOS DE INICIACIÓN Á INFORMÁTICA IMPARTIDOS POLO CONCELLO

21 de decembro 2011.- O Concello de Tordoia ven de pechar os cursos de iniciación á informática coa entrega dos diplomas de aproveitamento aos vinte alumnos que tomaron parte nesta formación promovida polo concello. Durante os meses de outubro, novembro e decembro nun total de 60 horas de formación, os veciños e veciñas que tomaron parte no curso puideron familiarizarse co uso do ordenador e se amosaron moi satisfeitos de poder acadar algunhas habilidades básicas que lles permitan perder o medo á informática, adquirindo coñecementos precisos para poder manexarse no sistema operativo Windows e algúns dos seus programas, así como adentrarse tamén na Internet.

Os cursos impartíronse na Casa da Cultura de Tordoia, en sesións de dúas horas, dúas veces por semana. Segundo explicaron os responsables da aula de informática do concello de Tordoia, a previsión é que próximamente se poidan volver celebrar este tipo de cursos dirixidos a todos os veciños que queiran participar.

Frades – entrega de diplomas

Entregados os diplomas aos participantes en tres cursos de informática promovidos polo Concello de Ordes

Un total de 30 veciños e veciñas do municipio participaron nestes cursos enmarcados dentro do Circuíto Deportivo e Cultural

Ordes, 21 de decembro de 2011: Un total de 30 veciños e veciñas do municipio recibiron onte os diplomas acreditativos de tres dos cursos de informática organizados polo Concello de Ordes para o trimestre pasado enmarcados dentro do Circuíto Deportivo e Cultural.

Nesta ocasión entregáronse os diplomas aos participantes en dous cursos de iniciación de Microsoft Windows 7, e aos alumnos doutro curso de Microsoft Windows 7 de nivel avanzado.

Ao acto de entrega dos diplomas acudiu o concelleiro de Cultura, José Ramón Vázquez Raña, que mostrou a súa satisfacción polos bos resultados que están a ter estas iniciativas formativas entre a poboación adulta, ademais de tratarse das máis demandadas cada curso.

Ames – notas mércores 21

Os nenos e nenas da escola infantil municipal O Bosque visitan a oficina de Correos para enviar a carta aos Reis MagosAMES - INFANTIL EN CORREOS 2011 Ames, 21 de decembro de 2011. Os nenos e nenas de 2 a 3 anos da Escola Infantil Municipal O Bosque visitaron a oficina de Correos de Bertamiráns para enviarlles aos Reis Magos as cartas que estiveron facendo na escola. Chega o Nadal e con el chegan Papá Noel e os Reis Magos e os nenos e nenas piden os seus agasallos para este ano. Por iso na EIM O Bosque os nenos/as escribiron os seus desexos e peticións nunha carta que logo lle enviaron aos Magos de Oriente, e que estes responderán na noite do día 5 de xaneiro. Se se portaron ben, seguro que os Reis Magos lles traen algo.

Aproveitando esta visita os empregados da oficina de Correos ensináronlles aos nenos e nenas as instalacións e explicáronlles como facían para que as cartas chegasen ata os Reis Magos e así estes soubesen que agasallo quere cada neno/a. O encargado da oficina deulles varios regalos que cada neno e nena puido levar á súa casa. Ao rematar a visita nenos, nenas e mestras volveron en autobús á escola para seguir con normalidade as actividades de cada día.

As escolas infantís municipais de Ames fan moitas actividades lúdicas durante o ano nas que os nenos e nenas ademais de divertirse, se educan en valores e aprenden novas cousas sobre o mundo que os rodea. Entre as actividades que fan está a vendima e o magosto o Samaín.

Panxoliñas para a véspera de Noiteboa

Ames, 20 de decembro de 2011. O próximo venres 23 de decembro ás 20.30 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns celébrarase o festival de Nadal de Corais no que participarán a Coral Polifónica de Bugallido, a Coral Polifónica de Milladoiro e como convidada a Agrupación vocal Virxe da Barca de Muxía. As tres corais farán un pequeno repertorio de panxoliñas galegas, portuguesas, e de Castela así coma algunhas adaptacións; e a Coral de Bugallido estará acompañada por alumnos/as da Escola Municipal de Música que tamén participarán neste festival. O festival terá unha duración aproximada dunha hora.

A véspera de Noiteboa vén cargada de música e panxoliñas. A Agrupación vocal Virxe da Barca actuará en Ames cun repertorio de dúas panxoliñas tradicionais portuguesas, “Natal...” e “Boliños do Pote”; cunha panxoliña tradicional galega chamada “Na noite máis fermosa” e con “Suite Navideña” de José Bernardo Álvarez.

A Coral Polifónica de Milladoiro interpretará a coñecida “Noite de Paz” de Franz Gruber, a panxoliña tradicional galega“Cun sombreiro de palla”, a peza anxertina “A la huella, a la huella” e unha peza composta polo concelleiro amiense de Cultura, Alfonso Rey, con música da directora da Coral de Milladoiro, Anne Toming, chamada “Ollando ao neno recén nacido”.

A Coral Polifónica de Bugallido interpretará ademais de pezas tradicionais galegas coma “Canto de Berce”, outras coma a panxoliña popular de Castela “Ya viene la vieja” ou “En la noche más fría” de Spilman. Ademais, coa Coral Polifónica de Bugallido colaborará tamén a Escola Municipal de Música de Ames participando nos temas “ No Nadal”, e “Paz na Terra”. Os membros da Escola de Música participarán ademais de con voces, con instrumentos de vento coma a frauta e con pequenos instrumentos de percusión.

Polo tanto, o vindeiro venres celébrase na Casa da Cultura de Bertamiráns un festival de Corais no que se interpretarán máis dunha ducia de panxoliñas por parte de tres corais e de 25 estudantes da Escola Municipal de Música. Este festival é unha actividade que encherá de espírito de Nadal a todos os que decidan achegarse a gozar das mellores voces e as mellores panxoliñas.

O Concello repartiu máis de 20.300 quilos de comida entre 300 familias amienses sen recursos

Ames, 21 de decembro de 2011. O Concello de Ames, a través do departamento de Educación Familiar, repartiu diversos alimentos procedentes de excedentes da Unión Europea entre as familias amienses máis necesitadas. Este programa, que leva funcionando máis de 10 anos, está xestionado pola Cruz Vermella. No reparto dos alimentos colaboraron os técnicos e traballadores de diferentes departamentos (Servizo de Atención ao Migrante, Oficina de Voluntariado e o departamento de Educación Familiar), a brigada municipal de obras e varios/as voluntarios/as. Os días 1, 2 e 5 de decembro realizouse o reparto en Bertamiráns, mentres que no Milladoiro realizouse os días 7 e 8 deste mesmo mes. En Bertamiráns beneficiáronse 160 familias e no Milladoiro 140. Repartíronse máis de 20.300 quilos de comida entre a poboación de Ames que se atopa nunha situación de desvantaxe social, derivada de múltiples e diferentes situacións.

Os técnicos e traballadores do Servizo de Atención ao Migrante, da Oficina de Voluntariado e do departamento de Educación Familiar, así como varios traballadores da brigada municipal de obras e voluntarios/as colaboraron no reparto de alimentos proporcionados pola Cruz Vermella para arredor de 300 familias sen recursos que residen en todo o municipio. Este reparto realizouse os días 1, 2 e 5 de decembro en Bertamiráns, mentres que no Milladoiro realizouse os días 7 e 8 deste mesmo mes. Nos últimos anos produciuse un importante incremento en familias que piden esta axuda.

Deste campaña puideron beneficiarse todas as familias que se atopan en situación de risco de exclusión social. O reparto realizouse nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. Ademais, as familias que teñen algún problema de mobilidade, recibiron o lote de alimentos nos seus domicilios. Disto encargáronse os técnicos e traballadores que colaboraron nesta campaña. Proporcionóuselles produtos básicos como leite, arroz, pasta ou fariña. Este programa leva funcionando máis de 10 anos e soen repartirse tres lotes ao ano.
Nos últimos anos este servizo viu un incremento nas familias solicitantes, debido en boa medida a crise. Para solicitar esta axuda é preciso acudir aos servizos sociais do Concello de Ames e, a través dunha traballadora social, realizarase un informe e se adxudicará ou non a susodita axuda. Esta é concedida polo Concello, pero os víveres son proporcionados pola Cruz Vermella. Unha vez que estes alimentos chegan ao almacén do Concello, estímase como se pode facer o reparto equitativo entre as familias, deixando sempre uns excedentes para casos de urxencia.
Este programa leva en funcionamento máis de 10 anos, repartindo comida unhas tres veces ao ano. Nesta ocasión, repartíronse alimentos como leite, arroz, pasta, colacao, leite para nenos/as, cereais, papillas para cativos, galletas, salsa de tomate, caldo, sopa ou queixo.

Un saúdo

 
   

Boqueixón – accións formativas do 2011

AS ACCIONS FORMATIVAS E DE ORIENTACION FORON UNHA PRIORIDADE NO CONCELLO DE BOQUEIXON NESTE ANO 2011.

O ano que estamos a vivir estivo marcado por la importante crise económica que nos está tocando vivir e que afectou tamén de maneira moi importante os índices de desempregados na nosa comarca.

Ante esta situación e xa anticipándose a ela, dende o Concello de Boqueixón e especialmente dende o seu departamento de emprego, estivo a traballarse activamente por intentar aumentar o número de accións formativas encamiñadas a mellorar as aptitudes dos demandantes de emprego e a orientar a estas a novos perfís laborais con mais opción dentro do mercado laboral.

Sen dúbida a acción estrela do ano foi o Obradoiro de Emprego Pico Sacro, no que 27 persoas, todos elas desempregados e desempregadas, que grazas a esta actividade tiveron a oportunidade de formarse en torno a 2 especialidades de traballo: carpintería e albanelería.

Xunto con obradoiro caben destacar os cursos de Teleasistente domiliciliario, Mantededor Reparador de Edificios ou dinamizador Social, manipulador de alimentos todos eles realizados dentro dos Cursos AFD baixo fondos Europeos.

En total neste ano preto de 100 desempregados e desempregadas participaron en actividades formativas coordinadas dende o Concello de Boqueixón.

Xunto coas accións formativas, o Concello de Boqueixón conta dende o ano 1998 cun Servizo de Orientación Laboral, en colaboración co Servizo Público de Emprego de Galicia, realizando en tarefas de intermediación laboral e inserción ou reinserción laboral de vital importancia nos tempos actuais. Así no que vai de ano un total de 197 demandantes de emprego, que foron direccionados a Boqueixón dende o Servizo Público de Emprego de Galicia, xunto con estes outras 190 persoas tamén acudiron a este servizo por propia iniciativa, xa que se atopan en situación de desemprego e queren acadar toda a información dispoñible.

O perfil tipo do usuario deste servizo correspóndese cun varón de entre 30 e 50 anos de idade,

sen formación específica e procedente do sector da construción.

Tamén neste último semestre iniciáronse 19 itinerarios personalizados de inserción, un programa que ofrece a posibilidade a persoas demandantes de emprego de que o persoal técnico os asesore e apoie no proceso de busca de emprego de maneira personalizada,

explorando alternativas de inserción socio – laboral.

Polo tanto mais de 500 persoas se viron beneficiadas das acción formativas ou de orientación laboral postas en marchas dende o Concello de Boqueixón, unha aposta que pese os recortes e a situación económica actual vai a ser prioritaria para o Concello para este novo exercicio. Para Adolfo Gacio, a “ formación continua e o asesoramento ós desempregados son fundamentais nos tempos de crise actual, permitindo así formarse en novas especialidades con mais saídas laborais e oportunidades de mercado”.

Silleda – teatro de nadal con Monty Pyton interpretados por Teatro da Falúa

Teatro da Falúa trae a Silleda o mellor do mítico grupo humorístico dos Monty Pyton

-A cita será ás 21.00 horas na Casa da Cultura, dentro da programación do Nadal

Silleda, 20 de decembro de 2011. A compañía Teatro da Falúa inaugura hoxe mércores a cita co teatro dentro do programa de Nadal 2011-2012. A cita coa obra Falúa’s Flying Circus, unha reinterpretación dos mellores sketches dos míticos Monty Pyton terá lugar ás 21.00 horas tamén na Casa da Cultura. O elenco está formado polos actores Amantia Coello, Pablo Fontenla, David Carrea, Esther F. Carrodeaguas, Félix Álvarez, Anxo Senén, Lucía Puebla, Alberto Martínez e conta coa colaboración especial de Alba Barrio. A compañía formouse no ano 2006 a partir dun curso teatral de creación de personaxes organizado pola USC. Dende entón acadaron premios en certames coma o GzCrea, ou a Mostra de Teatro Universitario. O espectáculo que traen a Silleda é o novo reto da compañía, un proxecto grupal no que todos os integrantes se atreven a dirixir os seus sketches favoritos do programa Monty Pyton Flying Circus, da BBC.

BNG Ordes – o alcalde olvídase da escola de música

O BNG ACUSA AO ALCALDE DE MANTER NO ABANDONO Á ESCOLA E Á BANDA DE MÚSICA

Os nacionalistas manifestan que o Concello leva moitos meses sen pagar os profesores e a limpeza da Escola de Música e un ano sen pagar o convenio coa Banda

O portavoz do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, acusou ao alcalde de Ordes “de manter no absoluto abandono á Escola e á Banda de Música”.

Gonzalo Castro manifestou que “o alcalde de Ordes mantén aos profesores da Escola de Música con 2 meses sen cobrar do pasado curso 2011/2011, sen que teñan cobrado tampouco ningún mes do actual curso 2011/2012”.

O portavoz nacionalista salientou que “a situación de abandono á que o alcalde ten condeado á Escola de Música, chega ao extremo de non pagar á persoa encargada da limpeza das instalacións da Escola, que desde o mes de maio non está a percibir ningunha cantidade do Concello, facéndose cargo do pago a esta persoa a Asociación de Amigos da Música de Ordes diante da pasividade do alcalde e o seu goberno para solucionar esta situación”.

Con respecto á Banda de Músca, Castro fixo fincapé en que “o alcalde leva todo o ano 2011 sen pagar ningunha cantidade do convenio suscrito entre o Concello e a Banda de Música, o que está colocando nunha difícil situación a esta entidade, que ten problemas para sufragar os gastos derivados das súas actividades”.

Gonzalo Castro salientou que “os responsábeis da Banda de Música dirixíronse ao alcalde o pasado mes de agosto e pediron unha reunión para buscar unha solución a esta situación, coa proposta de reducir significativamente a cantidade do convenio, pero esta solicitude ainda non foi respondida polo alcalde, nunha mostra do seu desprezo e da súa atitude irresponsábel”.

O Portavoz do BNG lamentou que “o alcalde teña abandonado e discriminado deste xeito a unha entidade que está a facer unha gran labor cultural, e que está a levar e prestixiar o nome de Ordes por moitos lugares, isto demostra a nula sensibilidade deste alcalde coas iniciativas culturais no noso concello ”.

Moción do BNG

Gonzalo Castro anunciou que “o BNG presentará unha moción no Pleno de xaneiro na que instará ao goberno municipal a pagar todos os atrasos aos profesores da Escola de Música, á limpadora e á Banda de Música”.

Finalmente, o portavoz nacionalista acusou ao alcalde e o seu goberno de “hipocresía, porque mentres manteñen no máis absoluto afogo económico á Escola e á Banda de Música, o goberno municipal negouse, co apoio do PP, á diminución dos gastos en dietas dos concelleiros, reducindo o seu número nas comisións informativas, algo que propuxo o BNG no Pleno de outubro e que suporía un aforro de 15.000 euros anuais ás arcas municipais, cantidade que costearía o convenio de todo un ano coa Banda de Música”.