Brión - hoxe no teleclube de Ons actuación de Trangalleiro Teatro

TRANGALLEIRO TEATRO REPRESENTA HOXE SÁBADO “O ENFERMO IMAXINARIO” NO TELECLUBE DE ONS
O grupo brionés actuará ás 20:30 horas dentro do Festival de Teatro Afeccionado “Pedra do Moucho”

O grupo brionés Trangalleiro Teatro representará mañá sábado 15 de decembro a súa obra “O enfermo imaxinario” dentro da sexta edición do Festival de Teatro Afeccionado “Pedra do Moucho”. Unha representación de hora e dez minutos de duración que terá lugar no teleclub de Ons (Brión) ás 20:30 horas. A entrada é libre e de balde.
“O enfermo imaxinario” é unha adaptación da famosa obra de Moliére, que conta a historia dun home hipocondríaco que quere casar á súa filla cun médico para garantirse un tratamento de por vida. O Festival de Teatro Afeccionado “Pedra do Moucho” tomarase agora un descanso ata o vindeiro 19 de xaneiro de 2013, data na que a compañía Andaravía Teatro porá en escena a obra “Asamblearias”, coa que se pechara esta sexta edición.

Ningún comentario: