Ames - o concello recibe o informe favorable de patrimonio para a cidade deportiva do Aero Club

O Concello de Ames recibe o informefavorable da Dirección Xeral de Patrimoniosobre o plan especial de dotacións da cidadedeportiva do Real Aero Club de Santiago
O informe considera que son suficientes as medidas protectoras do patrimonio cultural que incorpora o plan especial para a cidade deportiva que o Real Aero Club proxecta instalar na parroquia amiense de San Mamede de Piñeiro.

Con data de 17 de abril de 2012, a Xunta de Goberno Local de Ames deu luz verde a aprobación inicial do plan especial de dotacións. Por parte do Aero Club, presentouse un novo plan especial con data de 9 de outubro de 2012, que foi examinado polos técnicos municipais. A Xunta de Goberno Local do pasado 5 de novembro tomou coñecemento deste novo documento, que foi remitido a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia.

O Concello de Ames vén de recibir o informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia sobre o plan especial de dotacións da cidade deportiva que o Real Aero Club de Santiago proxecta instalar na parroquia amiense de San Mamede de Piñeiro. O obxectivo do plan especial de dotacións é establecer e ordenar unha instalación de uso deportivo nun ámbito territorial clasificado polo PXOM de Ames como solo rústico de especial protección forestal.

O informe considera que son suficientes as medidas protectoras do patrimonio cultural que incorpora o plan especial. Estas medidas consisten na catalogación do entorno mediante fichas individualizas; na delimitación dos correspondentes contornos de protección e a asignación a estes contornos do Nivel de protección II. Area de Respecto, regulado no PXOM do Concello.

Con data de 17 de abril de 2012, a Xunta de Goberno Local do Concello de Ames deu luz verde á aprobación inicial do plan especial de dotacións. Por parte do Aero Club, presentouse un novo plan especial con data de 9 de outubro de 2012, que foi examinado polos técnicos municipais. A Xunta de Goberno Local do pasado 5 de novembro tomou coñecemento deste novo documento, que foi remitido a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia.

Ningún comentario: