Brión – Ames – o sebri extingue un lume en Ames

O SERVIZO DE EMERXENCIAS DE BRIÓN EXTINGUE UN LUME FORESTAL EN AMES A PETICIÓN DO DISTRITO FORESTAL III SANTIAGO-MESETA INTERIOR

O alcalde de Brión critica que “a Consellería do Medio Rural non cumpre coa súa apotación ao SEBRI pero despois nos chama para atender un lume noutro concello porque non dispoñen de medios”

12 de xaneiro de 2012.- O Servixo de Emerxencias e Protección Civil de Brión (SEBRI) participou na noite de onte mércores na extinción dun pequeno lume forestal no veciño municipio de Ames, que non tivo apenas consecuencias materiais pola súa escasa entidade. Ás dez da noite, a central do SEBRI en Pedrouzos recibiu unha chamada do Distrito Forestal III Santiago-Meseta Interior na que avisaba do devandito incendio e solicitaba a intervención dos operarios brioneses ante a imposibilidade de atender a situación.

O alcalde de Brión, Xosé Luís García, critica o feito de que “a Consellería do Medio Rural non cumpra coa súa aportación ao SEBRI, pero despois nos chama para que atendamos un lume noutro concello porque eles non dispoñen dos medios precisos. Parecería unha broma se non estiveramos a falar dun tema tan serio”. Neste sentido, o alcalde brionés recolle tamén a incredulidade do persoal do SEBRI diante da actitude de Medio Rural, que recurta as axudas pero despois ten que solicitar axuda por non poder atender os sinistros.

O Concello de Brión recibiu o 28 de decembro unha carta da Consellería do Medio Rural na que “nos dicían que non ían renovar as axudas que se viñan concedendo ata agora para subvencionar aos tres traballadores do persoal estable do SEBRI para 2012 e nos anunciaban que non tiñan intención de aboar os 25.000 euros correspondentes ao ano 2011”, apunta Xosé Luís García. “Parece unha inocentada pero é algo moi serio pois nós tivemos que adiantar eses cartos para pagar as nóminas dese ano e agora non imos recibir a parte comprometida, polo que temos que asumir eses 25.000 euros”, explica o alcalde brionés.

Coherencia

O alcalde de Brión fai un chamamento á responsabilidade dos responsables da Xunta, xa que a política de defensa do medio rural contra os lumes non pode ser implementada de xeito aillado, senón integrándose nun contexto máis amplo de planificación do territorio e comprometendo a todas as administracións, tal e como recolle a propia Consellería do Medio Rural na súa páxina web.

O Servizo de Emerxencias e Protección Civil de Brión está composto por un total de 16 efectivos, dos cales 1 é o xefe de Protección Civil (posto asumido polo Concello de Brión), tres son persoal estable (oficiais-xefes de grupo cuxos salarios estaban subvencionados polo Concello de Brión e a Consellería de Medio Rural) e as outras 12 persoas están encadradas dentro do apartado de persoal eventual (3 oficiais-capataces e 9 peóns contratados en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar e cuxo contrato rematou a 31 de decembro –aínda que seguen a colaborar como membros da Agrupación de Protección Civil de Brión).

O parque móbil do SEBRI está composto por 4 vehículos (1camión forestal, 1 coche de mando, 1 vehículo de intervención con bomba e 1 camión urbano). De entre todos eles destaca ese camión urbano, unha Bomba Urbana Lixeira (BUL) que dispón dun equipamento tan completo que o fan o vehículo ideal para todo tipo de intervencións. Trátase dun gran camión de 9 toneladas, con 240 cabalos de potencia e con capacidade para 2.000 litros de auga, é dicir, 5 veces máis que as tradicionais “pick-up” que prestan os seus servizos noutros municipios.

O SEBRI realizou en 2011 un total de 356 intervencións, das que case a metade se corresponden con extinción de lumes e actuacións en accidentes de tráfico. De feito, se excluimos as pequenas actuacións realizadas en Brión (desatasco de sumidoiros, apertura de portas, desconexións de alarmas...), as 171 actuacións en extinción de lumes e accidentes de tráfico representan o 81,8% da actividade realizada polos efectivos do SEBRI. Unhas importantes actuacións que, xeográficamente, se concentraron en Brión (105 intervencións) e Ames (68 actuacións), o que representa o 82,7% dos casos rexistrados. Ademais, os operarios do SEBRI tamén realizaron actuación en Teo (16), Santiago (9), Rois (5), Negreira (4), Padrón (2) e Boiro (2).

Fundación Araguaney – Amal comeza a preparar a súa X edición

O FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE EUROÁRABE AMAL COMEZA A PREPARAR A SÚA X EDICIÓN

Ábrese o prazo para participar no 2º Concurso de Carteis da X edición de Amal

Santiago de Compostela, Xoves 12 de Xaneiro de 2012. O Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal que organiza a Fundación Araguaney de Santiago de Compostela no mes de Outubro, abre o prazo para participar no “2º Concurso de Carteis Amal” cuxo gañador será a imaxe da X edición. Trátase dunha iniciativa que xurdiu na IX edición e que, debido ao gran número de participantes e á calidade dos traballos presentados, este ano volve organizarse.

Os obxectivos que persegue a organización do Festival con este concurso de carteis son, por unha banda, obter a imaxe que represente ao Festival na súa décima edición e, por outro, fomentar a creatividade nos novos deseñadores, outorgándolles a oportunidade de que os seus traballos sexan vistos polos asistentes ao Festival de Cine Amal. De todas as propostas recibidas farase unha preselección de carteis que se exporán durante a semana do Festival para que o público poida velos.

O prazo de presentación dos carteis ábrese o Venres 13 de Xaneiro e pecharase o 13 de Abril. A participación é gratuíta.

Nesta ocasión o concurso terá 2 fases:

Na primeira fase, farase unha preselección de carteis enviados en formato dixital (pdf), en dvd por correo postal ou por email (formacion@araguaney.com).

Na segunda fase os carteis que sexan preseleccionados deberán ser enviados en soporte físico para a súa futura exposición.

Esta é a segunda edición do concurso de carteis Amal. O ano pasado, foron máis de 200 os carteis recibidos, sobre todo de España, pero tamén de todo o mundo, Reino Unido, Italia, Polonia, Xordania, etc. A gañadora da pasada edición foi a deseñadora exipcia Reem Naeim, que levou o premio de 1200 euros e cuxo cartel “The Arab Revolt” representou á novena edición do festival.

Participaron entón numerosas escolas de deseño, xa que o concurso está destinado sobre todo a novos artistas, aínda que calquera persoa con talento e imaxinación poida inscribirse.

Toda a información do concurso publicarase na web: www.amalcreativity.com

Ames – II andaina Rego dos Pasos

O Concello de Ames organiza a II Andaina co fin de promover unha nova ruta polo Rego dos Pasos

O Concello limpou as marxes fluviais do Rego dos Pasos e promove agora unha ruta para que a cidadanía colabore no seu mantemento e conservación e goce da beleza paisaxística

A concelleira de Medioambiente, Eugenia Martín Vicente, anima a todo o mundo a que participe na II Andaina Concello de Ames

Ames, 12 de xaneiro de 2012. O Concello de Ames, a través da brigada de restauración de marxes fluviais e forestal dependente da concellería de Medioambiente, Desenvolvemento Sostible e Sanidade, limpou durante os últimos meses as marxes fluviais do Rego dos Pasos. Agora vai promover unha nova ruta para dar a coñecer este fermoso entorno natural. O vindeiro domingo 22 de xaneiro levarase a cabo a II Andaina Concello de Ames co lema “Camiña pola conservación do río” e coa finalidade de ofrecer unha nova ruta neste municipio e de concienciar ás persoas da importancia de colaborar no mantemento e conservación do entorno natural. A II Andaina Concello de Ames partirá ás 11.00h do aparcamento de Carrefour que está a carón do paseo fluvial de Bertamiráns para facer un percorrido aproximado de 6 quilómetros. As incripcións deben facerse ata o venres día 20 de xaneiro no departamento de medio ambiente situado na Casa do Concello, nos teléfonos 660 004 665 ou 662 377 544 entre as 9.00h e as 21.00h ou no correo electrónico medioambiente@concellodeames.org.

O Concello de Ames organiza a II Andaina co lema “Camiña pola conservación do río” que se celebrará o próximo 22 de xaneiro a partir das 11.00 h. Trátase de promocionar unha nova ruta que percorre uns seis quilómetros a carón do Rego dos Pasos. A dificultade da ruta é baixa, polo que con calzado e roupa cómodos é sinxela de facer. Recoméndase levar auga e comida xa que se prevé facer unha parada na metade da ruta, nos muíños de Pousada.

O Rego dos Pasos

O Rego dos Pasos é un regato que percorre varios quilómetros do municipio amiense dende a parroquia de Ames ata a localidade de Bertamiráns, onde desemboca no río Sar. O Concello de Ames, a través da concellería de Medioambiente, Desenvolvemento Sostible e Sanidade, comezou a limpeza do Rego dos Pasos a principios do mes de setembro e rematará a finais deste mes.

As principais actuacións que se levaron a cabo son a retirada de madeira das árbores que estaban caídas no río, a roza das marxes fluviais entre un e tres metros, a retirada de madeira, follas e pequenos materiais orgánicos acumulados nas raíces das árbores da ribeira debido á corrente da auga. Tamén se levou a cabo a retirada de residuos sólidos inorgánicos que foron aparecendo por todo o cauce así como a eliminación de especies invasoras.

A importancia de manter a ruta

A importancia da nova ruta radica principalmente en que a xente que se anime a camiñar por ella pode contribuír á conservación do entorno coa recollida de residuos ou avisando ao Concello da caída de árbores ou de posibles problemas que se poidan atopar.

A concelleira de Medioambiente, Eugenia Martín Vicente, explicou que “ dende o Concello de Ames se está a traballar para coidar o medioambiente, e para a súa conservación”. A concelleira anima a todo o mundo a que participe na II Andaina Concello de Ames “ na que unha técnico municipal dará unha pequena charla sobre aspectos relacionados coa ruta e coa limpeza levada a cabo nas marxes fluviais”. Eugenia Martín fai un chamamento "para que as familias se animen a pasar unha mañá diferente camiñando pola natureza".

Silleda – adecuación de un camiño en Cortegada

A Concellería de Obras e Servizos arranxa un camiño en Cortegada que permitirá a un veciño con discapacidade sair da súa vivienda

-O concelleiro Manuel Cuíña destaca o carácter social desta actuación, que tamén foi posible gracias á cesión doutros veciños do lugar de Regalade

Silleda, 12 de xaneiro de 2012. O departamento municipal de Obras e Servizos de Silleda, que dirixe o concelleiro Manuel Cuíña, vén de acometer unha serie de traballos na mellora de accesos en Regalade, na parroquia de Cortegada. Así, realizouse a mellora dun camiño, ao que hoxe se lle botou formigón, e que foi dotado de maior anchura, xa que apenas collía un automóbil. Esta actuación foi posible grazas ao xesto dos veciños do lugar que cederon terreo para ampliar o acceso.

Trátase dunha obra que ten ademais un marcado carácter social, xa que esta actuación permitirá que un veciño con discapacidade poida sair da súa vivenda, algo que ata o de agora non ocorría polas dimensións do acceso. “Esta obra supón dar ademais un servizo a este veciño, que estaba prácticamente condenado a non poder saír da casa”, engade o concelleiro.

Manuel Cuíña tamén agradece a inestimable colaboración dos veciños de Regalade que cederon os terreos, “xa que sen este xesto sería imposible acometer a obra, que ademais de mellorar os accesos na parroquia se convirte nunha actuación de carácter social”, sinala.

PP Oroso - El PP exige explicaciones al alcalde de Oroso por su imputación en un caso de irregularidad urbanística

El PP exige explicaciones al alcalde de
Oroso por su imputación en un caso de
irregularidad urbanística
 José Manuel Balado, portavoz del PP en esta localidad,
considera que “los ciudadanos tienen derecho a saber que hay
un proceso judicial abierto, y que sea el propio alcalde quien
se lo explique”
 El PP pide, además, que se aclare si la causa está vinculada
de alguna manera al servicio prestado al Concello de Oroso
por una asesoría jurídica, cuya contratación asciende a casi
20.000 euros desde el mes de mayo
Oroso, 12 de enero de 2012.- El portavoz del Partido Popular de
Oroso, José Manuel Balado, exige explicaciones al alcalde del
municipio, el socialista Manuel Mirás Franqueira, por su imputación en
un caso de irregularidad urbanística.
Como el PP ha podido saber a través de los medios de comunicación,
el regidor está inmerso en un proceso judicial que estimará si cuatro
edificios del municipio fueron construidos en base a irregularidades
como ocupar zonas verdes o tener más alturas de las legalmente
permitidas.
José Manuel Balado considera que “los ciudadanos tienen derecho a
saber que hay un proceso abierto y que sea el propio alcalde quien se
lo explique”. Balado ha destacado que “si el gobierno municipal pone al
corriente a los ciudadanos de Oroso cuando toma cualquier medida,
igualmente debe informarles si varios representantes públicos están
involucrados en un proceso judicial”.
Por este motivo, el PP presentará un escrito por registro en el Concello
para inquirir cuestiones como de qué se acusa exactamente al alcalde,
Sánchez Bregua, 5 y 6 -4º - 15004 A Coruña. Telfs: 981 223742. Fax: 981223981
OROSO
cuántas licencias irregulares se están investigando y en qué medida va
a afectar esto a las arcas municipales.
“El PP ha preguntado varias veces en pleno por qué se gasta tanto
dinero en unos servicios de asesoría jurídica que presta al
Ayuntamiento una empresa de Santiago”, explica José Manuel Balado.
El Concello de Oroso ha desembolsado casi 20.000 euros en lo que va
de legislatura (desde el mes de mayo) en este tipo de servicios
jurídicos. A pesar de las constantes preguntas de los ediles del PP
respecto a este misterioso gasto, el gobierno municipal se ha negado a
explicar a qué es debido. “El PP exige saber si este desembolso de
dinero está relacionado con el proceso judicial que ahora ocupa al
regidor”, apostilla Balado. “En caso afirmativo, solicitamos que el pago
corra a cargo de los imputados y no del dinero de los contribuyentes”,
concluye el portavoz popular.

Oroso – Manuel Mirás declara que non tiña responsabilidade cando se tramitou a licencia do Portiño

MANUEL MIRÁS DECLARA QUE NON TIÑA NINGÚN TIPO DE RESPONSABILIDADE DE GOBERNO CANDO SE TRAMITOU A LICENCIA DUN EDIFICIO NO PORTIÑO

Lembra que o caso séguese a raíz dunha denuncia de Siverio Mirás, “que mantén unha persecución e acoso cara a miña persoa dende hai dez anos e pola que mesmo ten abertas dilixencias xudiciais”

Pídelle a José Manuel Balado que “se mire o ombligo, pois o que se está investigando é precisamente de cando o PP gobernaba en Oroso”

12 de xaneiro de 2012.- O alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, acudiu esta mañá a Ordes para declarar na fase de dilixencias previas que o fiscal está a executar por unha denuncia realizada polo voceiro do Partido Galeguista, Siverio Mirás, sobre unha licencia na rúa do Portiño (Sigüeiro). Manuel Mirás explicou que o edificio conta cunha licencia do ano 1999, data na que non tiña ningunha responsabilidade de Goberno no Concello de Oroso.

Mirás Franqueira sinalou que “dende que entrei na Alcaldía de Oroso todas as licencias que se outorgaron se fixeron coa maior transparencia do mundo e con arreglo á lexislación vixente, cos informes técnicos e xurídicos ao efecto”. Así, lembra que “foi precisamente o meu Goberno quen puxo orde no urbanismo de Oroso, quen aprobou un Plan Xeral e quen puxo en marcha unha oficina técnica de urbanismo”.

Persecución política

Manuel Mirás considera que esta denuncia forma parte “da campaña de persecución e acoso continuo e permanente cara a miña persoa que dende hai dez anos segue Siverio Mirás e pola que mesmo ten dilixencias xudiciais abertas”. Neste sentido, Mirás Franqueira lamenta que o voceiro do PP, José Manuel Balado, “se sume a Siverio co único obxectivo de cargar contra a figura do alcalde, querendo utilizar para iso aos medios de comunicación”.

Por iso, recoméndalle a Balado que “se mire o ombligo, pois o que se está investigando é precisamente de cando o PP gobernaba en Oroso”. Ademais, explica que o Concello de Oroso dispón dos servizos dunha asesoría xurídica para todos os contenciosos que ten calquera municipio do país, pero recorda que “no caso que nos ocupa quen tería que pagalo sería o Partido Popular, pois esas presuntas irregularidades que se denunciaron tiveron lugar na época do PP”.

Santiago – axenda venres 13 xaneiro

Venres 13

11.30 h

Na pista de xeo da praza da Quintana, a concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, asiste ao sorteo dos premios para os participantes nas Noites Abertas do comercio compostelán. O primeiro premio será unha viaxe a Eurodisney para catro persoas.

12.00 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, sobre asuntos da súa área.

13.00 h

No exterior do colexio Compañía de María (rúa da Ensinanza, 3), o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e o concelleiro da Brigada de Vías e Obras, Juan de la Fuente, asisten á colocación da figura da Virxe da Cerca, tras a súa reparación.

13.00 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

21.00 h

No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Pablo González, con Isabelle Faust, violín. [Mozart, Schumann, Mozart].

Auditorio de Galicia - The Answer inauguran este sábado o Compostela Rock

Elixidos por AC/DC como teloneiros na súa última xira mundial, presentan o seu disco ‘Revival’

Os irlandeses The Answer inauguran este sábado o Compostela Rock

  • Chegan a Santiago para dar o único concerto en Galicia, logo de estar en Madrid, Barcelona e Bilbao

  • Compostela Rock, nova aposta da concellaría, continuará cun concerto de Corizonas o 10 de febreiroThe Answer_reducida

Santiago de Compostela, 02/01/2012.- Compostela Rock, nova aposta da concellaría de Cultura, inaugurase o vindeiro sábado, 14 de xaneiro, cos irlandeses The Answer, na Sala Capitol ás 21.30h. A banda, elixida por AC/DC como teloneiros na súa última xira mundial, chega a Compostela para dar o único concerto en Galicia, logo de estar en Madrid, Barcelona e Bilbao, no que presentan o seu novo disco, ‘Revival’. As entradas, cun custe de 15€+gastos anticipadas e 18€ na billeteira, poden mercarse xa na rede ticketmaster (incluída a web), Discos Gong, Carrefour, FNAC, Halcón Viajes e Tiendas Tipo.

A maior parte da crítica e do público está de acordo á hora de afirmar que The Answer soan como unha versión actualizada de AC/DC e Led Zeppelin, aderezados polo toque bluesy de bandas como Bad Company ou Free. Puro hard rock co que demostran a súa inusitada habilidade para combinar temas luminosos con estribillos demoledores. Fundada en Irlanda do Norte no ano 2000, a banda pasou a última década mostrando as súas credenciais de rock 'n' roll por todo o mundo. Despois dalgúns lanzamentos auto financiados, de pouca repercusión na prensa, a banda viuse de cheo baixo o foco de atención mainstream en 2005, cando o seu primeiro single "Keep Believin'' se converteu en obxecto de grandes eloxios da crítica e levounos a ser a " Mellor Nova Banda " nos premios Classic Rock Awards.

O resultado final da súa gran reputación como banda en directo e como unha das máis brillantes esperanzas do rock, foi a xira de máis dun ano como banda convidada na mastodóntica xira de AC/DC, o que lles levou aos principais recintos por todo o mundo; 412 días xirando por medio planeta, 118 concertos e máis de 3 millóns de persoas asistindo a eses shows.

A banda acaba de lanzar o seu terceiro álbum, 'Revival', que foi gravado polo produtor Chris "Frenchie " Smith, en El Paso e Austin, Texas. Un emocionante e potente álbum de rock’n’roll, cheo de enerxía, que incorpora os mellores elementos da traxectoria de “The Answer” combinados con un brillante arsenal de novas ideas en canto a son, que seguro levará a banda a subir a súa popularidade. Cada concerto seu fai aumentar a lexión de fans que a banda irlandesa comeza a acumular por medio mundo.

Compostela Rock, novo ciclo da concellaría

Dentro das novidades na programación para 2012 que pon en marcha a concellaría de Cultura, unha das apostas firmes é o Compostela Rock, ciclo que se alongará durante todo o ano e se celebrará en diversos espazos da cidade. Abranguerá concertos de rock, pop e xéneros próximos en todos os seus estilos e variantes intentando así achegarse ao maior rango de idades entre o público ao que vai dirixido. O que se busca é dar estabilidade na programación da concellaría a un tipo de música que ata o de agora non o tiña e materializar unha realidade da programación da cidade.

Compostela Rock continuará, tamén na Capitol, o 10 de febreiro co concerto de presentación dos Corizonas, a nova banda de moda do rock español, que nace da unión de Los Coronas e Arizona Baby e que elixiron Compostela para presentar o seu novo traballo ‘The News Today’.

Hotel TRYP Santiago – acto inagural

image

Ordes – novo circuito cultural

Ábrese o prazo de inscrición para participar no novo circuito cultural e deportivo organizado polo Concello de Ordes

Ioga, pilates, cociña, baile ou calceta serán algunhas das modalidades que se impartirán dende febreiro ata o vindeiro mes de maio.

Ordes 11 xaneiro 2012. O Concello de Ordes pon en marcha un novo circuito de actividades culturais e deportivas de cara os vindeiros meses de febreiro, marzo, abril e maio. Deste xeito cotinuarase coas clases de ioga, pilates e baile, concretamente nas modalidades de salón e en liña. Como novidade neste ciclo preséntanse os cursos de cociña, calceta e punto. Cada un deles desenvolverase durante catro meses, unha duración planificada e estructurada para que os participantes poidan superar o nivel de inicación e profundizar nos distintos contidos. Todas as clases terán lugar a partir da última hora da tarde co fin de poder compaxinalas co traballo e a vida familiar.

Deste xeito o Concello de Ordes aposta unha vez máis polos valores e coñecementos obtidos a través do deporte e da cultura como elemento dinamizador e integrador dos seus veciños. O prazo de inscripción dará comenzo a partir do vindeiro 16 de xaneiro e concluirá o 24 deste mesmo mes. Para apuntarse basta con acudir ó departamento de Cultura e Deporte, ubicado na primeira planta de Casa do Concello e cubrir unha folla de solicitude adxuntando unha fotocopia do DNI. Debido o número limitado de prazas éstas asignaranse por rigurosa orden de inscrición.

Por outra banda, ante a gran aceptación que dende o seu inicio están a ter os cursos de informática o Concello de Ordes continúa eles. Nesta ocasión os ineresados poden inscribirse tanto nun curso de iniciación a Internet coma noutro sobre o sistema operativo Windows 7. Nesta última opción os niveis que se imparten son os de iniciación, medio e avanzado. En ambos casos as clases desenvolveranse entre os meses de febreiro e abril.

Ames – prazo de inscripcion para cursos de informática

Xa está aberto o prazo para inscribirse nos cursos que acollerá o próximo trimestre a aula de informática do Milladoiro

Ames, 11 de xaneiro de 2012. Hoxe comeza o prazo de inscrición para acudir aos cursos que se impartirán durante os meses de xaneiro, febreiro e marzo na aula de informática de Milladoiro. A programación desta aula situada na Casa da Cultura de Milladoiro para o inverno 2012 xa está pechada e dende o día 11 de xaneiro todos aqueles que o desexen poderanse inscribir na propia aula de luns a venres de 16.00h a 20.00h. No mes de xaneiro impartirase un curso de iniciación a internet, no mes de febreiro a aula acollerá un obradoiro de elaboración de diapositivas de Entroido; e xa en marzo impartirase un curso de iniciación a Windows e ao procesador de textos Writer. Os veciños e veciñas de Ames que estean interesados nos cursos deben inscribirse canto antes pois as prazas son limitadas.

A programación da aula de informática para o primeiro trimestre de 2012 comeza cun curso de iniciación a Internet que se celebrará dende o día 25 ao día 31 de xaneiro en horario de 10.00 a 11.30 ou de 18.00 a 19.30. O número de prazas para este curso é de 10 e a duración do mesmo é de sete horas e media. O curso é gratuíto e está destinado ás persoas maiores de 18 anos sen coñecementos previos de informática.

Xa no mes de febreiro impartirase un curso de elaboración de diapositivas de Entroido. Os destinatarios deste curso son os nenos e nenas de 8 a 12 anos interesados en aprender a manexar un programa de elaboración de diapositivas. Este curso celebrarase dende o día 13 ao 17 de febreiro en horario de 18.00h a 19.00h e a súa duración será de 5 horas. O curso é gratuíto e o número de prazas coas que conta é de 10.

En marzo celebrarase un curso de iniciación a Windows e ao procesador de textos Writer. O curso durará dende o día 2 ao 30 de marzo e levarase a cabo nos horarios de 10.00 h a 12.00 h ou de 19.00 h a 21.00h Os destinatarios deste curso son os maiores de 18 anos sen coñecementos de informática. A duración deste curso é de 40 horas e ao contrario que os anteriores este non será de balde, custará 10 euros. As prazas para asistir tamén están limitadas a 10.

Balance do funcionamento da aula durante o ano 2011

O pasado ano 2011 a Aula de Informática de Milladoiro rexistrou case 2.481 usuarios e usuarias e o número de socios aumentou en 74 persoas, polo que a aula conta xa con 1.319 socios e socias. O número de usuarios aumentou este ano respecto ao ano pasado, poida que isto se deba a que algunhas familias prescindiron de ter o servizo de Internet nas súas casas ao telo gratis na aula.

Durante as horas de Aula Aberta calquera persoa que estea empadroada no Concello pode facer uso da aula de informática. Para iso debe cubrir unha ficha cos seus datos persoais e entregar unha foto para obter o carné de usuario/a. A persoa encargada da aula daralle un número de usuario e explícalle a norma. Normalmente as horas de Aula Aberta son polas tardes, de 16.00 h a 20.00h durante o período de setembro a xuño, e nos meses de xullo e agosto abre de 10.00 a 13.00h; neste tempo os usuarios poden entrar na aula e facer traballos persoais; crear ou consultar o correo electrónico, ler o xornal, xogar, buscar información...na aula sempre está a persoa encargada da súa xestión para aclarar dúbidas e levar o control dos usuarios.

Durante o ano 2011 fixéronse vairas actividades, obradoiros e xornadas nesta aula. Entre elas están as xornadas de Iniciación a Internet, un obradoiro de realización de presentacións para nenos, xornadas de iniciación a Internet para o Clube de Xubilados e pensionistas do Milladoiro, actividades coas novas tecnoloxías no Nadal... Ofertáronse actividades para tódolos públicos ás que asistiron máis de 100 persoas.

PSOE Ames – a peor campaña de nadal dos últimos anos

A PEOR CAMPAÑA DE NADAL DOS ÚLTIMOS ANOS EN AMES.

Os recortes tamén afectan ao comercio amiense.

O grupo socialista valora negativamente a Campaña de Nadal realizada polo goberno do PP.

É o ano no que o comercio amiense recibe menos apoio. Prometeron “a bombo e platillo” apoio ao comercio pero cando chega o momento, a realidade é que “lle dan as costas”.

Unha das actividades económicas máis importantes do Concello de Ames é a actividade comercial, polo que o goberno socialista, tanto en coalición como en solitario, lle dedicou unha especial atención e dedicación. Todos os anos se mellorou a iluminación, existía megafonía con villancicos e cancións navideñas, realizábanse actividades de animación na rúa, se colaboraba cos comerciantes facilitándolles papel de agasallo para conseguir a unión do comercio amiense, existían garderías nas que os pais podían deixar os nenos/as mentras facían as compras, realizáronse sorteos de promoción para fomentar as ventas e a fidelización dos clientes e incluso se facilitaba o transporte para as persoas que carecían de medios para achegarse os nosos comercios ... entre outras colaboracións. Todo isto supoñía crear un ambiente navideño que favorecía ao comercio local nunha das épocas de maior trascendencia económica para os negocios. Pero a realidade é que, en época de crise, o Concello non apoiou aos comerciantes nunha das campañas navideñas de peores resultados en ventas.

Resultou especialmente chamativo a mala iluminación das rúas máis comerciais. En contraposición aos anos anteriores onde estas rúas presentaban unha iluminación acorde a súa categoría comercial, este nadal so contaba cuns arcos orfos e testimoniais.

Este ano converteuse tamén no primeiro ano que non hai cabalgata de reis, quedándose nunha simple recepción nos pavillóns polideportivos municipais, cunha baixísima asistencia de público, consecuencia da falta de organización e información previas que provocou unha enorme confusión entre a cidadanía.

A esta falta de xestión hai que unirlle unha nova incoherencia do goberno popular, que no seu día criticaban o retraso que, nalgún caso, se produciu no pagamento dalgunha das axudas anuais ao comercio e, agora, nin sequera convoca ás axudas anuais ao comercio deixando a este sector orfo no momento no que necesita máis apoio municipal, e, a maiores, forzando ás asociacións de comerciantes a asumir parte do custe da iluminación navideña.

Por todo isto, o grupo socialista califica a campaña de nadal 2011-2012 como a peor campaña da historia de Ames, e pídelle ao goberno popular que rectifique na súa política de recortes que, inxustificadamente e sen fundamento económico algún está a levar a cabo, xa que está perxudicando moi seriamente a economía deste concello.

Teo – balance servizo de emerxencias

O SERVIZO MUNICIPAL DE EMERXENCIAS DE TEO CONTINÚA INCREMENTANDO A SÚA ACTIVIDADE POR TERCEIRO ANO CONSECUTIVO CON MÁIS DE 800 INTERVENCIÓNS

· Os accidentes, as recollidas de animais e as sinalizacións continúan a ser as cuestións que máis atención demandan por parte de Protección Civil

· Durante o último ano tamén se traballou na actualización de documentos como a clasificación de hidrantes ou a localización de puntos de aterraxe de aeronaves de emerxencia

12 de xaneiro de 2012. O Servizo Municipal de Emerxencias (SME) de Teo vén incrementando a súa actividade de xeito continuado nos últimos exercicios. No 2009 as intervencións achegáronse ás 500, no 2010 achegáronse ás 600 e neste último ano, no 2011 contabilizáronse máis de 800 saídas.

O SME de Teo conta con sete persoas contratadas e o no último semestre do ano grazas a unha subvención puido reforzarse o servizo con outros catro operarios. Facendo unha análise dos datos de actividade despréndese que os accidentes e a recollida de animais siguen a ser as cuestións que máis atención precisan por parte de Protección Civil. A sinalización, e os operativos específicos nas épocas de incendios (44 saídas) ou nos momentos de temporal, xeadas ou inundacións (24 saídas) son outros dos aspectos que requiren dunha atención específica por parte do persoal do servizo.

No caso dos accidentes de tráfico con 115 saídas en todo o ano pasado e no caso da recollida de animais con 224 saídas. As intervencións son estables durante todos os meses do ano con variacións pouco destacables.

Protección Civil tamén realizou limpezas de vías e taxeas con 35 saídas, sinalizacións con 72 saídas, servizos e colaboración a outros departamentos do Concello con máis de 200 saídas.

Respecto á recollida de animais cabe destacar que no 2011 se fixeron máis saídas que no 2010 e se recolleron máis animais. Do total de 224 animais recollidos entregáronse no Refuxio de Animais de Bando 100. Dos restantes algúns estaban mortos, outros devolvéronse ós donos cando foi posible atopalos e outros foron adoptados. Noutras ocasións xa se ten chamado a atención sobre a cantidade de animais abandonados no Concello “o que amosa unha falta de humanidade, ademais de supoñer un perigo para a circulación viaria e un custe para o propio Concello”. No caso de que se precise da recollida dalgún animal deben poñerse en contacto con SME de Teo no teléfono 649 804 720 en horario de 08:00 a 22:00 horas.

Durante este último ano Protección Civil tamén traballou na actualización de documentación importante para o bo desenvolvemento do traballo no momento das emerxencias. Concretamente localizáronse e clasificáronse os hidrantes que hai no Concello segundo o diámetro da mangueira que se pode usar. Esto facilitará o traballo nun incendio de calquera equipo de extinción propio ou foráneo. Outro tema que se atendeu foi a actualización de puntos de aterraxe de aeronaves de emerxencia, tendo case en cada aldea do municipio un lugar localizado e despexado no que se poida aterrar.

A localización de puntos de lixo, así como a súa recollida e a realización de informes de prevención son outros dos cometidos que fan dende Protección Civil durante todo o exercicio.

A formación é sen dúbida un elemento imprescindible para este tipo de traballo. No 2011 os integrantes do servizo e os voluntarios do Agrupación de Voluntarios de Protección Civil asistiron a máis de 1.500 horas de formación entre a formación propia e a formación oficial impartida pola Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).

O traballo dos voluntarios, que neste momento son 45, tamén é unha parte destacable xa que realizan operativos propios e colaboran en moitos operativos do servizo, como poden ser incendios, prevención nos momentos de temporal, xeadas, ou en temas máis lúdicos como os entroidos, o San Martiño, actividades deportivas ou outras citas con aglomeración de persoas.

Santiago – axenda xoves 12 xaneiro

Xoves 12

11.00 h

No Centro de Información á Muller (Isaac Díaz Pardo, 2-4), o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, asinan un convenio de colaboración para instalar un servizo de teletradución a 51 idiomas neste centro. A continuación do acto realizarase unha demostración deste servizo.

12.30 h

Na Facultade de Dereito, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste ao acto de homenaxe ao catedrático Francisco Puy.

Fundación Araguaney – concierto de jazz el día 19

Concierto de jazz en el Araguaney Gran Hotel

Santiago de Compostela, Martes 10 de Enero de 2011. El Araguaney Gran Hotel acogerá el jueves 19 de Enero un concierto de jazz a cargo de “Coralie Yap Chine Quartet”. Se celebrará a las 22,00 horas de la noche en el Salón de Actos del Araguaney Gran Hotel. Las entradas están a la venta en la recepción del hotel (Alfredo Brañas, 5. Santiago de Compostela) y en la Galería Caroní (Rúo do Vilar, 21) a un precio de 5 euros.

Será un concierto en el que, durante una hora y media, podrán disfrutar de estándares de jazz con improvisación, es decir, de temas musicales que han adquirido cierta notoriedad en el género del jazz y han sido objeto de numerosas versiones, interpretaciones e improvisaciones. Por lo tanto habrá temas conocidos como "Fly me to the moon" que cantó Franck Sinatra con Count Basie, "The man I love" de Gershwin y popularizada por la gran Ella Fitzgerald, "The shadow of your smile" con la que Tony Bennett se llevó un Grammy, "I fall in love too easily", que se hizo famosa por los arreglos de Chet Baker primero, y de Bill Evans después, "Summer Samba", una canción brasileña que cantaba la dulce Astrud Gilberto en los 60's…

Coralie Yap-Chine nació en 1984 en París. Allí estudió letras y música, y desarrolló una gran pasión por la chanson française y por el jazz. Estudió canto moderno con Véronique Murillo, siendo habitual de los locales de jazz de La Rue des Lombards. Con 20 años descubre Galicia y crea Les Trois de Cora, una banda de canción francesa en la que tocaron numerosos jóvenes artistas gallegos, músicos, bailarines y actores de teatro… También conoce entonces a dos de los músicos que la acompañan en la actualidad, Pablo Seoane y Alvaro Trillo.

Pablo Seoane (Ferrol, 1968) es pianista, compositor, profesor, escritor… su energía se transmite en la música que hace y en sus múltiples discos. Los últimos Falou, Audia Records y Lupercal Sar, 40.

El batería de jazz Alvaro Trillo (Suiza, 1980) formó parte de muchos grupos. Entre ellos Mr Dixie (Jazz Tradicional), Jazz Vides Quartet (BeBop), José Luís Pardo & The Modjo Workers (Blues), Xoán Curiel (Cantautor, Fusión), Bronco Trio (Jazz Fusion), A5 (Jazz), Los Lombardi (Surf-Rock)… También compartió escenario con músicos como Guillermo Lancelotti, Quique Alvarado, Abe Rábade, Virxilio da Silva, Uxía Senlle, Guim García-Balasch e innumerables más. Es un incansable.

Finalmente, el cuarteto está integrado por el contrabajista cubano José Manuel Diaz, que con una sólida formación musical académica clásica, acompaña desde hace dos años a Guadi Galego, Marful, Marcos Teira y a L.A.R. Legido.

El próximo 19 de enero, el cuarteto de jazz invitará al saxofonista Pablo Castaño para que los acompañe.

INTEGRANTES:

Coralie Yap-Chine QUARTET + Pablo Castaño

Coralie Yap-Chine: voz

Pablo Seoane: piano

José Manuel Diaz: contrabajo

Alvaro Trillo: batería

Pablo Castaño: saxo alto

Ames – programa de emprego Rede Xiana

A Deputación da Coruña en colaboración co Concello de Ames iniciou a segunda fase do programa de emprego Rede XIANA

A concellería de comercio, promoción económica Traballo e Turismo colabora co programa para a mellora de empregabilidade Rede Xiana

Bernardo Moar anuncia que dende a súa concellería se está a traballar para desenvolver diferentes accións de formación e emprego ao longo do ano 2012

Ames, 10 de enero de 2012. A Deputación de Coruña en colaboración co Concello de Ames ven de iniciar a segunda fase do programa de emprego Rede XIANA na comarca de Compostela. Onte iniciáronse os talleres de empregabilidade que consisten en acción formativa en dinámicas de grupo para a mellora da capacidade de inserción laboral dos participantes. A formación terá dúas fases, a primeira durará un mes, dende o día 9 de xaneiro ao 3 de febreiro e nela levarase a cabo a formación teórica grupal. A segunda fase durará dende o 6 de febreiro ata abril e nela desenvolveranse 35 sesións de titorías personalizadas.

Para os beneficiarios da Rede XIANA no Concello de Ames tamén se desenvolverá un curso de operario de almacén a partir do día 6 de febreiro. Neste curso haberá dúas fases, unha para formación na aula e outra para a realización de prácticas non laborais en empresas. En Ames está a sede do programa da Rede Xiana para os concellos de Val do Dubra, Santa Comba, A Baña, Negreira, Brión e o propio Ames.

O Concello de Ames leva dende o ano 2001 sendo sede de programas e colaborando activamente na mellora da empregabilidade e na formación para o emprego con programas similares á Rede XIANA, como son o programa Inserta , Insertamos , Proximitas ou Proximitas + no que se impartiu formación en sectores emerxentes na creación de emprego como é o das enerxías renobables.

InserAmes V

O Concello de Ames está desenvolvendo tamén nas instalacións do edificio de usos múltiples de Aldea Nova o programa de emprego InserAmes que acada xa a súa quinta edición. Este é un programa que atende a 100 persoas desempregadas e no cal se inicia na vindeira semana a formación práctica do curso de iniciación á enfermidade do alzheimer. Trátase de prácticas non laborais que levarán a cabo as participantes en seis centros para a atención á terceira idade. Os centros nos que poderán obter a súa formación práctica os 17 alumnas deste curso serán centros de día, vivendas comunitarias ou residencias da comarca.

Bernardo Moar anuncia que dende a súa concellería se está a traballar para desenvolver diferentes accións de formación e emprego ao longo do ano

O Concelleiro de Comercio, Promoción Económica, Traballo e Turismo, Bernardo Moar, explicou que “se está facendo un gran esforzo dende o Concello de Ames, que ten poucos recursos económicos e humanos, para facilitar a accesibilidade ao mercado laboral das persoas que non teñen emprego”. Moar avanzou tamén que se “pretende ao longo deste ano 2012 facer polo menos 2 cursos máis para a inserción laboral que se poderían levar a cabo no novo Centro de Formación de Aldea Nova que o Concello inaugurará proximamente”. “Esforzámonos para que a xente encontre traballo, xa que a situación é complicada” afirmou Bernardo Moar.

Silleda – comezan a aplicarse as tasas dos recintos deportivos

As taxas por uso dos recintos deportivos municipais de Silleda comezan a aplicarse dende a vindeira semana

-A reserva e pago deberá realizarse para o pavillón de Silleda, pistas de O Castro e o campo do Outeiriño na Casa da Xuventude, mentres que para utilizar o pavillón da Bandeira os trámites serán como ata agora no centro Vista Alegre

Silleda, 10 de xaneiro de 2012. A partir do vindeiro luns día 16 comezarán a aplicarse as taxas públicas polo uso e funcionamento das instalacións deportivas municipais de Silleda. As tarifas están reguladas pola ordenanza fiscal e o regulamento elaborado polo departamento de Deportes, que dirixe o concelleiro Klaus Brey, que entrou en vigor a mediados do pasado mes de decembro, logo da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra.

A partir de agora será preciso realizar a reserva das instalacións para facer uso das mesmas. No caso do pavillón polideportivo de Silleda, o campo de herba sintética de Outeiriño e as pistas de tenis e pádel situadas en O Castro, as reservas e pagamentos deben de realizarse na Casa da Xuventude. As reservas poderán facerse no horario de apertura deste centro municipal: de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.30 horas, e tamén vía telefónica (chamando ao 986 580064). Os usuarios deben efectuar o pago previo ao uso das instalacións e deixar como depósito un DNI cando recollan as chaves.

A recollida e entrega das chaves, si se realiza fóra do citado horario de apertura da Casa da Xuventude deberá efectuarse no Concello (pola mañá, se é antes das 11.00) ou no pavillón de Silleda (despois das 20.30 horas).

No caso do pavillón polideportivo da Bandeira, as reservas e pago deben de efectuarse, como se viña facendo, no Centro Cultural Vistalegre, en horario de 16.00 a 22.00 horas. No resto das instalacións (campos de fútbol de Lamela, A Bandeira e Laro, a fórmula acordarase cas respectivas directivas dos clubes).

A ordenanza tamén recolle os dereitos e obrigas dos usuarios. Quedan exentos do pagamento de prezos públicos os clubes federados do municipio, as actividades organizadas polos colexios de Silleda, as asociacións municipais ou organizacións de carácter político.

Klaus Brey lembra que a ordenanza, coa que xa contan outros concellos da comarca, pretende “poñer orde no calendario de uso das infraestructuras deportivas de titularidade municipal, con taxas que servirían ademais para cubrir os gastos xerados en ditas instalacións” , engade.

(Adxúntase a continuación listado cos prezos públicos aprobados)

BNG Ames – plan económico para o concello

O BNG de Ames propón directrices para elaborar un Plan de futuro e afrontar a situación económica municipal garantindo os servizos e os postos de traballo

Anxo Doval: “A situación económica do Concello non é alarmante, e en todo caso o goberno debe actuar con coherencia: primeiro coñecer as necesidades de axuste e despois adoptar unha estratexia global para afrontar as dificultades presupostarias.”

Ames (09.01.2012) O BNG de Ames ven de presentar unha moción que se debaterá no Pleno do municipal do vindeiro xoves días 12 de xaneiro. A proposta formula unha serie de directrices para a elaboración do Plan de Equilibrio Económico e Financeiro que o goberno municipal se comprometeu a a presentar no pleno de final de ano. Esta proposta será presentada aos representantes sindicais do Concello este mércores día 11 nunha reunión conxunta co fin de recoller a seu parecer antes da súa presentación no Pleno.

O BNG considera que a postura alarmista do goberno sobre a situación económica municipal non se corresponde coa realidade, en termos comparativos o Concello de Ames atópase nunha posición bastante mellor que outros concellos galegos equivalentes. Neste sentido entendemos que o intento de recortes de servizos e persoal carece de xustificación. Saúdamos a elaboración do Plan de equilibrio para que, no caso de que o Concello precise facer axustes, estes se fagan con base a datos reais e razóns obxectivas.

A moción comeza matizando a “crítica” ou incluso a “situación de quebra” que económica que o alcalde ten utilizado, xa que cos datos da Conta Xeral aprobados no último Pleno extraordinario a débeda por habitante é das máis baixas dos concellos galegos que teñen máis de 25.000 habitantes. O Concello de Ames ten unha débeda situada nos 202 euros por habitante, mentres a media dos concellos galegos ascende aos 229 €/hab e a media española está nos 750 €/hab; situándose ademais bastante por baixo dos concellos equiparables ao noso (Narón 278 €/hab, Lalín 234, Ribeira 237, Culleredo 295 ou Vilagarcía 509 euros por habitante).

No mesmo sentido a débeda viva do Concello Ames atópase nunhas marxes que están moi lonxe do máximo autorizado –Ames está no 27% dos seus ingresos correntes cando a Lei de orzamentos para 2011 autoriza o 75%-, e por tanto consideramos que a facenda municipal é solvente, sendo o dato máis preocupante o do remanente de Tesourería negativo.

O BNG considera que a situación económica do Concello non xustifica as propostas de peche de servizos e despidos por dúas razóns:

1. A ratio de gastos en persoal sobre o orzamento do ano 2010 é a máis baixa dos concellos galegos con máis de 25.000 habitantes, se en Ames o capítulo I supón o 26,86% do orzamento, a media dos municipios españois sitúase no 33,73%. Por tanto o gasto de persoal no pode considerarse excesivo nin responsable do desaxuste presupostario.

2. É un contrasentido elaborar un Plan de equilibrio económico que determinará unha serie de disposicións para logralo e ao mesmo tempo estar adoptando medidas traumáticas que non se sabe se van facer parte do Plan. O razoable para o BNG é elaborar o Plan para valorar globalmente a situación económica municipal e adoptar as medidas necesarias pensando tanto na eficiencia económica como no papel que xogan os servizos públicos municipais no benestar da cidadanía de Ames.

O BNG solicita que o Plan se elabore en diálogo coa representación social e política municipal e cun horizonte de tres anos (2012-2014). Propóñense as seguintes directrices: o recurso ao crédito debe facerse conforme aos obxectivos do Plan, a presión fiscal debe ser progresiva en función das rendas e facilitar o pago a través da incorporación gradual ou o fraccionamento, o Concello debe procurar novos recursos públicos e privados para financiar diversos servizos e os axustes non deberán implicar recortes no actual nivel de servizos municipais ou nos postos de traballo. Como conclusión o BNG solicítalle ao goberno que suspenda as negociacións de redución de persoal ata a elaboración do Plan de equilibrio económico e financeiro do Concello de Ames.

Santiago – axenda mércores 11 xaneiro

Mércores 11

12.00 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social, Paula Prado, sobre asuntos da súa área.

12.30 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros Reyes Leis, María Pardo e Francisco Noya para facer balance das actividades do Nadal.

Tordoia – os locais sociais acolle charlas sobre seguridade para maiores

OS LOCAIS SOCIAIS DO CONCELLO DE TORDOIA ACOLLERÁ CHARLAS INFORMATIVAS SOBRE SEGURIDADE DIRIXIDAS AOS MAIORES

As actuacións están encadradas no Plan Maior Seguridade dirixido a previr delictos no colectivo da terceira idade

9 de xaneiro de 2012.- Os locales sociales do Concello de Tordoia acollerán este mes de xaneiro e de febreiro unha serie de actuacións encadradas no Plan Maior Seguridade do Concello de Tordoia, dirixido a prevención e mellora da seguridade das persoas maiores do municipio. Tal e como explicou o alcalde do municipio, Antonio Pereiro, “as charlas están dirixidas a toda a poboación, pero facemos especial fincapé nos maiores porque son un colectivo sensible, que moitas veces está máis exposto a ser obxecto de roubos e estafas”.

As charlas informativas, que estarán a cargo de funcionarios da Garda Civil son totalmente de balde e non é precisa ningunha inscrición para poder participar. Entre os temas que se abordarán estarán os problemas de seguridade máis frecuentes como roubos en domicilios, hurtos cometidos nas inmediacións das entidades bancarias, tiróns, estafas, así como outro tipo de delictos que, en moitas ocasións, non son denunciados por medo ou por vergonza como o uso fraudulento de fondos, contas ou cartillas de aforro ou os distintos maltratos dos que poden ser obxecto os nosos maiores.

O calendario de estas charlas comezará o vindeiro 24 de xaneiro no local social de Anxeriz e en Viladabade; continuará o 30 de xaneiro en Bardaos e Andoio e, xa en febreiro, haberá outras catro charlas en Gorgullos, Numide, Castenda e Cabaleiros.

Brión . remata o prazo de inscripcion para o campionato de futbolín

HOXE MARTES REMATA O PRAZO DE INSCRICIÓN  NO CAMPIONATO GALEGO DE FUTBOLÍN, QUE TERÁ LUGAR ESTE SÁBADO NO POLIDEPORTIVO DE BRIÓN

Os interesados en participar poden anotarse no teléfono 647 488 606

9 de xaneiro de 2012.- O pavillón polideportivo municipal de Pedrouzos acollerá este sábado 14 de xaneiro o Campionato Galego de Futbolín 2012, organizado pola Organización Nacional de Futbolín (ONF) en colaboración co Concello de Brión. Unha competición para a que mañá martes 10 de xaneiro se pecha o prazo de anotación na Categoría Primeira, aberta a todos os afecionados. Aqueles que o desexen, poderán anotarse en parellas no teléfono 647 488 606. O prezo de inscrición é de 30 euros por parella.

Os xogadores competirán por un primeiro premio de 200 euros, un segundo premio de 100 euros e un terceiro premio de 50 euros. Tamén levarán 25 euros os clasificados entre os postos 4º e 8º. Estes oito primeiros levarán tamén un trofeo conmemorativo. Pola súa banda, na Categoría Élite participarán parellas de toda Galicia e tamén de fóra, que competirán por un primeiro premio de 1.000 euros, un segundo premio de 600 euros e un terceiro de 300 euros. Tamén levarán premio de 100 euros os clasificados entre os postos 4º e 8º. Todos eles gañarán cadanseu trofeo conmemorativo.

A competición terá lugar este sábado 14 de xaneiro, a partir das 14:00 horas, no pavillón polideportivo de Pedrouzos. Alo instalaranse unha serie de mesas modelo Fisterra, un deseño realizado en homenaxe ao creador da variante española (xogadores con pernas separadas) deste popular xogo: Alexandre de Fisterra.

Ames – novo vehiculo para os comedores escolares

Os servizo de comedores escolares de Ames comeza o ano cun novo vehículo para o transporte de alimentos elaborados, máis amplo e mellor acondicionado

A Deputación da Coruña cedeulle unha furgoneta ao Concello de Ames para o reparto de alimentos cociñados entre os comedores escolares

Ames, 09 de xaneiro de 2012. O servizo de comedores escolares de Ames ten á súa disposición un novo vehículo para o transporte de alimentos elaborados. Trátase dunha furgoneta máis ampla que cobre as novas necesidades que mudaron ao mesmo tempo que aumentaron os usuarios dos comedores escolares e o número de centros que ofertan comedor. O servizo de comedores amiense estrea coche para o transporte dos alimentos elaborados que se preparan nas cociñas dos centros de Agro do Muíño e a Escola Infantil do Milladoiro e se reparten ao CEIP Ventín, ao CEIP a Maía e a Barouta.

Ata o de agora o transporte de alimentos cubríase cunha pequena furgoneta marca Citroen C15 que se empregaba para este servizo dende o 2005, aínda que era un vehículo de propiedade municipal dende antes. Aquel vehículo, que estaba correctamente acondicionado, quedou pequeno ante o aumento dos usuarios dos comedores, que pasaron de 300 no curso 2005-2006 a máis de 1.100 na actualidade. O feito de que o novo goberno popular de Ames dotase ao colexio de Barouta de servizos complementarios aumentou tamén a necesidade de ter un vehículo máis grande para a tarefa diaria de reparto de alimentos.

A nova furgoneta é máis ampla que a anterior e foi acondicionada para o servizo que vai cumprir. Trátase dunha Renault Trafic que foi cedida ao Concello de Ames pola Deputación da Coruña. A cargo do Concello correu o acondicionamento que consistiu na adaptación da furgoneta para que cumpra os requisitos sanitarios para o transporte de alimentos envasados. Entre as actuacións que se levaron a cabo está o acabado das superficies lisas e non porosas, fáciles de limpar e desinfectar, o tintado de portas traseiras e ventás laterais e o acabado hermético das mesmas así como disposición de anclaxes en paredes e chan para que os contedores non se movan e non haxa vertidos.

En Ames hai cinco comedores escolares dos que dous están dotados de cociña. Dende a cociña do CEIP Agro do Muíño repártense os pratos do día ao CEIP Ventín. En Agro do Muíño elabóranse tamén arredor de 100 menús adaptados por necesidades específicas de tipo nutricional coma os menús especiais para nenos e nenas con alerxias ou intolerancias. A outra cociña da rede de comedores escolares amiense é a da Escola Infantil de Milladoiro que prepara a comida tamén para o CEIP Barouta e para o CEIP A Maía.

A tarefa diaria do vehículo é o transporte de comida entre os centros. Ás 12.00 h recolle a comida en Agro do Muíño e vai ata Ventín onde descarga. A continuación diríxese á EEI Milladoiro para cargar de novo comida e levala ao centro da Maía e a Barouta. O circuíto que leva a cabo este vehículo está coordinado de tal xeito que se axusta ó horario dos centros. Despois de comer, a partir das 15.30 o coche recolle os contedores de novo para levalos de volta ás cociñas. A condutora habitual da furgoneta chámase Begoña e a parte de facer o reparto é a encargada de facer recados no supermercado durante as primeiras horas da mañá e da desinfección diaria do vehículo.

Silleda – denegación do credito do ICO

O Concello de Silleda, avocado a un maior esforzo económico, logo da denegación do crédito ICO para pagar dúas sentenzas condenatorias

-O Ministerio de Economía negou o préstamo porque as facturas de Sumicóns González non cumprían ningun requisito da lei contractual

-Paula Fernández Pena segue a negociar con Urbaser para a rebaixa nos intereses de demora

Silleda, 9 de xaneiro de 2011. O goberno municipal de Silleda non poderá finalmente contar co crédito do ICO, por importe de 169.000 euros, para afrontar o pago de dúas sentenzas condenatorias herdadas de anteriores executivos municipais. Trátase dos litixios con Urbaser, antiga concesionaria da recollida de lixo, e a empresa local Sumicóns González. O Ministerio de Economía comunicou hai uns días ao Concello a denegación do préstamo (que só suporía o abono de débeda principal, e non de intereses de demora), alegando que as facturas presentadas por Sumicóns González, emitidas entre os anos 2001 e 2005, non cumprían cos requisitos legais, e que non existía ningún tipo de procedemento contractual, tal e como se recolle na sentenza condenatoria.

“Esta nova supón un varapau para a xestión de goberno, que unha vez máis ten que asumir os gravísimos erros cometidos no pasado”, sinala a alcaldesa e responsable do departamento municipal de Facenda, Paula Fernández Pena, que compareceu hoxe en rolda de prensa xunto co primeiro tenente de alcaldesa, Manuel Cuíña.

O goberno municipal levou ao último pleno ordinario, celebrado en novembro, a solicitude deste préstamo a través do Instituto de Crédito Oficial (ICO), acolléndose a unha das liñas que permite á Administración local realizar este tipo de operación para cancelar a débeda contraída con empresas e autónomos. Con esta posibilidade, abríase unha vía para que os concellos poidan saldar débedas con proveedores.

No caso de Silleda, con esta operación estaba previsto abonar cantidades adeudadas a dous acreedores que gañaron senllos pleitos contra o Concello de Silleda: Urbaser, a empresa que foi concesionaria no seu día do servizo de recollida de lixo, e Sumicóns González. Aínda así, esta liña crediticia só permitía amortizar débeda principal (87.317, 53 euros no caso e Urbaser e 81.751,88 no de Sumicóns González S.L.), co que quedarían pendentes de abonar os intereses de demora, que no caso, por exemplo de Urbaser supoñen máis do dobre da cantidade antes reseñada.

“Pero agora, coa denegación do crédito teremos que volver a facer enxeñería financieira para afrontar o pago destas dúas sentenzas herdadas”, prosigue a rexedora.

Sumicóns: un caso paradóxico

A empresa silledense Sumicóns González demandou ao Concello de Silleda polo impago de facturas emitidas entre os anos 2001 e 2005, reclamando o abono de 81.760 euros. Na súa demanda, a empresa presentou como proba unhas poucas facturas presentadas polo rexistro do Concello de Silleda, que é a forma legal de traballo na institución municipal; mentres que o resto das mesmas, a maioría, presentan un selo do Concello de Silleda, unha suposta rúbrica ilexible, que eles alegan que é do anterior alcalde, e unha expresión: “recibido e conforme”. A data deste conforme nas facturas é de 14 de xuño do 2007, dous días antes de que Paula Fernández tomara posesión como alcaldesa no seu primeiro mandato.

En outubro de 2008, o Concello de Silleda defendeu ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra que non existía ningún contrato de subministro, como esixe a Lei de Contratos das Administracións Públicas, nin tampouco constancia que acredite, a través de faxes ou burofax, a relación comercial. “Era unha situación case surrealista porque non apareceron albaráns firmados, documentos pedindo o material, facturas por rexistro e, o máis curioso, no Concello se lle conforman as facturas cunha sinatura do alcalde dous días antes de que eu tomase posesión”.

En febreiro de 2011, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificaba a sentencia que condena ao Concello de Silleda a abonar eses 81.760 euros máis o pago das costas do proceso e rexeitando o recurso que presentamos no seu día. As sentenzas tanto do TSXG como do Xulgado de Pontevedra recollen que aínda que non había vinculación contractual entre o Concello e a empresa sí había constancia dos suministros “tal e como declararon membros do goberno do PP levados pola empresa como testigos”.

“E paradóxicamente, agora o Ministerio agora denéganos o crédito para poder pagar ás dúas empresas porque dí que non se pode demostrar que existira relación contractual con Sumicóns González”, engade Paula Fernández, sinalando que o Concello verase agora avocado a afrontar a débda con fondos municipais. “O xuíz condénanos a pagar aínda que as facturas non sexan legais e precisamente vemos cómo nos denegan este créxigo por non axustarse á normativa”, sentencia Paula Fernández advertindo que este varapau económico implicará “que teñamos que deixar facturas do pasado exercicio de 2011 sen pagar”.

A alcaldesa remarca que dende os departamentos de Secretaría e Intervención se tratou de enmendar a situación, “pero a convocatoria do ICO esixía o cumprimento da Lei de Contratos do Estado, e non fomos capaces de xustificar o caso de Sumicóns González.

O impago destas dúas sentenzas, que proveñen de gobernos anteriores, suporía ademais a imposición de multas coercitivas, que irían enriba do patrimonio persoal da alcaldesa.

Negociacións con Urbaser

No caso da débeda con Urbaser, cómpre lembrar que xa en xullo do pasado ano o goberno local viuse obrigado a abonarlle a Urbaser un total de 42.923,60 euros, correspondentes tamén a unha setenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dictada no ano 2006. Logo deste abono, o goberno municipal silledense abriu negociacións coa entidade, que nestes momentos estaría disposta a facer un esforzo rebaixando os intereses pendentes para non agravar a difícil situación que atravesan as arcas municipais. En principio, Urbaser estaría disposta a facer unha quita dos intereses que teríamos que ter abonado de ser concedido o ICO, un 6% durante tres anos.

“Lamentablemente perdemos unha grandísima oportunidade para poder facer frente a estas dúas sentenzas que volven a ameazar as contas municipais de Silleda, e que o Concello vén arrastrando nos últimos anos pola xestión neglixente de gobernos anteriores que segue a perjudicar aos cidadáns deste municipio”. Outro dos datos que demostran que “as cousas non se fixeron nada ben”, é que nalgún caso os intereses de demora, que seguen correndo, superan a débeda principal” (a Urbaser débenselle a maiores dos 87.000 euros, outros 120.000 de intereses).

Auditorio de Galicia – concerto da Orquestra Niva Sinfónica de Galicia

A Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia ofrece un concerto no Auditorio de Galicia

Santiago de Compostela, 09/01/2012.- A Orquestra Nova Sinfónica de Galicia ofrece un concerto mañá, martes 10 de xaneiro, ás 21.00h. no Auditorio de Galicia. Dirixida por Diego García interpretará na primeira parte do concerto 'Déserts para ventos, percusión e banda magnética', de Edgard Varèse e na segunda parte a 'Sinfonía Nº 2' de Ludwig van Beethoven. A entrada ao concerto é de 3€ e os abonados poderán entrar de balde previa recollida dos convites na billeteira do Auditorio de Galicia que permanecerá aberta para a venta e recollida de entradas mañá martes de 12.30 a 14.00 e de 18.00 ata a hora do concerto.

En pouco máis de dez anos a Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia permitiu a centos de mozas instrumentistas completar a súa formación musical participando en espectáculos operísticos e concertos sinfónicos, baixo o maxisterio de mestres como Alberto Zedda, Víctor Pablo Pérez, James Judd, Pietro Rizzo, Michael Gilbert, James Ross ou Joan Company entre outros.

A Orquestra Nova participou como orquestra de foso no Festival Mozart da Coruña, no que baixo a dirección de Alberto Zedda interpretou a ópera barroca Os amores de Apolo e Dafne, interpretación que a discográfica Naxos acaba de publicar, compartiu escenario coa Orquestra Sinfónica de Galicia na Sinfonía nº 8 de Gustav Mahler e ofreceu concertos sinfónicos en Madrid, San Sebastián, Murcia, Valencia, León, Segovia, Xerez, Xavea e Concentaina.

Convertida xa nun dos proxectos educativos máis orixinais do panorama musical español, a Orquestra Nova supón unha das poucas posibilidades reais de achegar aos futuros profesionais á práctica do seu instrumento no seo dunha orquestra sinfónica. Os mozos reciben unha completa formación musical por medio do traballo á beira dos profesores instrumentistas da OSG, das innumerables clases maxistrais de grandes profesores e intérpretes —nas que participaron artistas como Wolfgang Klos, Anne Gastinel, Geneviéve Laurenceau ou Mario Brunello entre outros moitos— e do contacto diario co atril nos tres encontros anuais de que consta cada curso e nos que se abarca un repertorio que vai desde a música barroca até a dos nosos días.

Santiago – axenda martes 10 xaneiro

AXENDA MUNICIPAL

Martes 10

11.30 h

O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, xunto co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visita o Polígono do Tambre. Punto de encontro: sede da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre (Vía Edison,1).

21.00 h

No Auditorio de Galicia, concerto da Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia dirixida por Diego García. [Varese, Beethoven]

Ames – o III partido benéfico recaudou 2600 euros

O III Partido benéfico de Baloncesto Concello de Ames recadou 2.600 euros para axudar a Paula

O marcador quedou moi axustado con 51 puntos para o equipo local e 49 para o equipo de famosos galegos

Ames, 07 de xaneiro de 2012. O pavillón polideportivo de Bertamiráns acolleu esta tarde o III partido benéfico de Baloncesto Concello de Ames. O obxectivo desta cita deportiva era recadar diñeiro para Paula, unha nena de 16 meses que sofre agenesia sacara, unha enfermidade considerada rara que consiste na ausencia dunha ou máis vértebras sacras e causa a deformidade da espiña dorsal. Neste partido o XL Milladoiro mediuse contra un equipo de famosos de Galicia entre os que se atopaban Pepo Suevos, Óscar Pereiro, Xavier Deive, Terio Carrera, David AMES - III PARTIDO BENEFICO EQUIPOSAmor e Federico Pérez entre outros. Tras un partido no que non defraudaron ningún dos equipos e no que non faltou o espectáculo e a deportividade, o marcador quedou moi axustado con 51 puntos para o equipo local, XL Milladoiro, e 49 para o equipo de famosos galegos. A entrada para o III Partido Benéfico de Baloncesto Concello de Ames era gratuita, unicamente as persoas que o desexaron entregaron un donativo e tamén puideron mercar rifas para un sorteo que se celebrou no descanso. En total recadáronse 2.600 euros.

Despois da magn ífica acollida que tivo esta iniciativa nas edicións pasadas, decidiuse organizar a terceira edición do partido benéfico de Baloncesto Concello de Ames. O encontro deste ano non se quedou atrás e foron moitos os veciños e veciñas de Ames os que se achegaron esta tarde ao pabillón de Bertamiráns e que puideron gozar dunha gran cita deportiva. Neste encontro enfrontáronse o XL Milladoiro contra un equipo formado por famosos de Galicia. A principal novidade deste ano foi que o equipo de famosos estivo adestrado por Alberto Corbacho e Oriol Junyent, xogadores do Blusens Mombus Obradoiro.

Os xogadores foron presentados polos xornalistas e presentadores da TVG Diego Viaño e Terio Carrera. No equipo de famosos tamén xogaron AMES - III PARTIDO BENEFICO XOGOdeportistas galegos da talla de Óscar Pereiro, gañador do Tour de Francia en 2006, Iván Raña, triatleta cun longo palmarés de premios e copas e campionatos de todo o mundo e que acadou o quinto posto nos Xogos Olímpicos de Sidney en 2000 ou Miguel Juane, ex-xogador do Club de Amigos Baloncesto Obradoiro.

Con este partido benéfico recadáronse 2.600 euros que irán destinados en favor de Paula, unha nena de 16 meses que ten agenesia sacra. Paula naceu sen sacro e con dúas vértebras mal formadas o que lle afecta ás extremidades inferiores. A nena non pode andar e necesita un tratamento dun custo moi elevado, pero con ese tratamento pode curarse. Francisco Santos, o avó de Paula, asistiu ao partido benéfico e recibiu un agasallo no nome do Concello de Ames por parte do concelleiro de deportes, Manuel Ferreiro. O avó de Paula amosouse moi agradecido polos esforzos que está facendo moita xente pola súa neta, explicou que a súa enfermidade ten cura e que loitarán pola nena. Francisco Santos agradeceu tamén as iniciativas semellantes á de Ames que se levarán a cabo en Ribeira e Boiro, de onde é natural a familia de Paula.

No tempo de descanso do partido sorteáronse entre o público asistente numerosos agasallos que doaron as 14 empresas colaboradoras con este evento.

PSdGa – petición de plan para o Barbanza

image