Axenda e tempo do sábado 29 de agosto - Música, festas, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Atardecer no Gaias - The Excitements

Oroso - I Festa do Salvaxe Oeste 

Ordes - Festas en Buscás 

Santiago - Festas en Aríns 

Santiago - Sala Moon - Cervan + Stoykan

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Museo do Pobo Galego - Estalote

Santiago - Fundación Granell - 20 formas de cambiar el mundo (ata decembro)

Santiago - Fonseca Elipsis de Rafael Navarro (ata o 29 de agosto)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)


O Tempo

Frades - Festa da auga este domingo

O Concello de Frades organiza para este domingo 30 de agosto a Festa da Auga 2015. As actividades comezarán a partir das 16 horas na piscina municipal de Papucín e na súa contorna. Os nenos e nenas que se acheguen ata a festa poderán xogar en inchables acuáticos e cun tobogán de auga, ademais de múltiples xogos. Para o remate, activarase unha lanzadeira de escuma.

Ordes - Prazo para inscribirse na liga de Fútbol Sala

As persoas interesadas en anotar un equipo na liga poden presentar as súas solicitudes ata o 18 de setembro no Rexistro Xeral da Casa do Concello. Para iso deben presentar a folla de solicitude cuberta, fotocopia do DNI e fotografía tamaño carné de cada integrante do equipo. 

O Departamento de Deportes informa tamén da apertura do prazo para solicitar o uso dos pavillóns municipais dos Tilos, Calo e A Ramallosa para realizar actividades deportivas durante o período comprendido entre o 1 de outubro e o 31 de maio. As persoas e entidades interesadas terán de prazo entre o 1 e o 15 de setembro para entregar a ficha de solicitude, debidamente cuberta, no Rexistro Xeral do Concello e o día 17, ás 20.30 horas realizarase un sorteo na Casa do Concello para cadrar as solicitudes.

O horario do Rexistro Xeral do Concello, no cal hai que realizar estes trámites, é de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas e os sábados entre as 09:00 e as 13:00 horas. Pódese solicitar máis información no Departamento de Deportes do Concello ou chamando ao teléfono do Concello 981 815 700.

Federación de Bandas - Concerto este domingo en Compostela da Banda Sinfónica da Federación

Ciclo "Música no Camiño"
O ciclo de concertos "Música no Camiño" é posible grazas ao convenio da Federación Galega de Bandas de Música Populares coa Axencia de Turismo de Galicia para facer visible o traballo e calidade das bandas de música galegas entre os peregrinos que visitan a cidade de Compostela. Este ciclo está composto por 24 concertos de bandas de música populares galegas realizados os domingos dos meses de abril, maio, xuño, setembro, outubro e novembro ás 13.00 na Praza da Inmaculada.

Para iniciar este segundo ciclo, programouse a actuación da Banda Sinfónica da Federación cun concerto este domingo día 30 de agosto ás 20.00 h. na Praza da Quintana

Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Populares
A Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) creou no ano 2000 o proxecto dunha gran agrupación bandística que representase artisticamente á entidade, e pola que levan pasado centos de músicos ao longo destes anos. A Banda Sinfónica da Federación Galega está formada por músicos de diferentes bandas de música federadas cun vínculo común: o amor pola música, a ilusión e o altruísmo.

No concerto deste domingo actuará unha plantilla duns 70 compoñentes, cunha media de idade de 23 anos. Para preparar a actuación, a banda realizará un encontro nas intalacións do Auditorio de Galicia, con ensaios sábado e domingo.

O programa a interpretar está formado íntegramente por obras compostas por Xosé Carlos Seráns, director actual da Banda Sinfónica, e que nesta actuación pecha un ciclo de dez anos como director da banda. Neste concerto terá lugar tamén a estrea do pasodobre "Angrois" de Xosé Carlos Seráns.

Xosé Carlos Seráns - Director da Banda Sinfónica da FGBMP
Tuba na Banda de Música Municipal de Santiago de Compostela, foi director titular da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela de 2009 a 2013. É impulsor de numerosos proxectos: Escola de Música Municipal de Catoira, Cuarteto de Tubas Euphonium, Grupo de Metais de Galicia, Solfa, Asociación Cultural-Musical, Musigalizando, campamento musical.

É autor de numerosas obras e arranxos orquestrais para banda de música e diversos grupos instrumentais, entre os que cabe salientar as súas composicións para coro e banda de música sobre poemas de destacados poetas galegosasí como adaptacións para banda sinfónica e coro e realiza numerosas estreas de composicións propias e de compositores galegos.

Forma parte dos xurados de diferentes certames de bandas e consursos de composición. Está en posesión do título de Dirección de Orquestra polo Real Conservatorio Superior de Música de Madrid.

BNG Compostela - Proposta de reforma do regulamento orgánico

O portavoz do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, presentou unha iniciativa, que defenderá no vindeiro Pleno “polo simbolismo de ser o primeiro deste mandato”, para gañar transparencia, favorecer a participación veciñal e mellorar o funcionamento do Concello de Santiago.

En concreto, na proposición rexistrada polo BNG requírese que o Concello de Santiago cree unha comisión con presenza dos catro grupos con representación municipal para a reforma do regulamento orgánico municipal do Pleno do Concello de Santiago -aprobado o 27 de decembro de 2007 e publicado no BOP da Coruña do 31 de xaneiro de 2008- co obxectivo de ter antes de que remate 2015 un novo documento normativo que rexerá o máximo órgano de decisión e de representación cidadá, como o é Pleno municipal. Quérese así “contribuír a promover a participación da veciñanza e do asociacionismo na xestión municipal, ao tempo que favoreza a democratización, axilidade e transparencia na toma de decisións”, recolle o texto da iniciativa.

Así, Rubén Cela afirmou que é “indispensábel” modificar o regulamento orgánico municipal do Concello de Santiago, que precisa dunha “revisión integral”. Lembrou que todos os partidos políticos na pasada campaña electoral “puxeron propostas enriba da mesa que é o momento de facer viábeis, ademais de que a experiencia indica que o texto actual é mellorábel”.

Para o BNG urxe facilitar a participación veciñal nos Plenos, así como o seu acceso, “para que mesmo se poidan convocar fóra do Pazo de Raxoi cando existen temáticas que espertan grande interese social” e lembrou os casos das preferentes, do mercado de gando de Amio e do parque de Galeras, entre outros, “onde quedaba moita xente sen poder asistir á sesión plenaria cando hai instalacións municipais que se poden habilitar para estes casos”. Ademais, no ámbito da participación, Rubén Cela destacou o interese de que “os orzamentos sexan verdadeiramente participativos para o 2016, algo no que en campaña electoral todos os grupos estaban de acordo, mais agora queda concretalo e regular a participación do asociacionismo veciñal na confección das contas municipais”. Para poder aprobalo en tempo en forma antes do 31 de decembro, o Goberno local xa debería estar traballando na elaboración dos orzamentos de 2016 e, de existir novos mecanismos de participación, hai que regulalos de xeito inmediato.

Sobre a transparencia, afirmou que “sen agardar xa se pode facer a retransmisión en streaming das sesións plenarias ou a publicación das axendas dos cargos”, por exemplo. En canto ao funcionamento do Pleno municipal, para o BNG é necesario revisar o regulamento para mellorar a axilidade, efectividade e tratar o máximo de temas con maior operatividade, explicou.

“A modificación do regulamento é unha condición necesaria pero non suficiente; hai que aplicalo”, advertiu, “porque o actual regulamento contiña aspectos positivos que non se realizaban como o Debate do Estado do Concello ao que se negou o PP no último mandato ou a contestación das preguntas por parte do Goberno local nun prazo máximo de 15 días, que non se aplicaba antes nin se fai agora”. Así, puxo como exemplo unha pregunta realizada polo BNG o 21 de xullo sobre os comedores escolares, da que aínda non se obtivo resposta por parte do executivo local “e que sae contestada precisamente hoxe na prensa e ese non debe ser o cauce”, subliñou.

Lalín - Novas deficiencias no Lalín Arena

Os técnicos municipais do Concello de Lalín seguen a detectar novas deficiencias no Lalín Arena. Aos desperfectos xa localizados nos últimos días súmanse agora novas pingueiras, filtracións e gretas. Estes problemas afectan a espazos que son utilizados de forma habitual polos usuarios do Lalín Arena, como o ximnasio ou o spa, e tamén a instalacións que están sen actividade, como o lugar no que estaba prevista a construción dunha pista de xeo ou no exterior do edificio.

O Concello segue a analizar o estado destas instalacións deportivas, sobre as que os técnicos do Concello están a realizar un informe. En base a ese informe dirimiranse as posibles responsabilidades nas que se sustentarán as reclamacións que realice o Concello. 

Nas últimas semanas, o concelleiro de Deportes, Nicolás González Casares, referiuse tamén ao espazo “inacabado e completamente desaproveitado e descoidado”, no que inicialmente se ía facer a pista de xeo. Así mesmo, tamén sinalou, entre outros defectos, a necesidade de ter que pasar polo aseo de persoas discapacitadas para acceder ao pavillón desde a zona de ximnasios, ou a aparición dunha porta tapiada na baixada dunhas escaleiras que se converte nun claro problema de seguridade. Este defecto quedará cuberto coa colocación dunha cancela que impida o acceso a ditas escaleiras.

Silleda - Catro empresas optan á adxudicación do Servizo Lúdico Educativo do Concello

Un total de catro empresas presentaron oferta para a xestión do Servizo Lúdico Educativo de Silleda, que saiu a concurso por un periodo de 4 anos. O proceso iniciouse coa publicación dos pregos de contratación na web municipal (perfil do contratante) e no BOP de Pontevedra, o pasado día 5 de agosto.

A Mesa de Contratación procedeu á apertura das plicas esta semana e o luns día 31 volverá a reunirse para valorar a documentación presentada así coma os informes técnicos ao respecto, entre eles o da Educadora Social sobre as propostas programáticas que presentan as empresas ofertantes.

O servizo comezará a prestarse o día 10 de setembro, coincidindo co inicio do curso. 

O servizo sae a concurso por un periodo de 4 anos, e cun prezo de licitación de 160.000 euros.

Prazas cubertas
Por otra banda o prazo de inscrición no programa, destinado a alumnos e alumnas de Primaria (de 3 a 12 anos) rematou onte venres. As 45 prazas ofertadas están xa cubertas e hai 6 nenos en lista de agarda.

Obradoiro CAB - 2X1 en entradas para ver al Rio Natura Monbus Obradoiro gracias al Grupo Cenor

Cenor Electrodomésticos, miembro del Club de Empresas Obradoiro, ofrece a todos sus clientes una oportunidad única de disfrutar del mejor baloncesto gallego con una promoción que mantendrá durante toda la temporada 15/16.

Tras la renovación de su convenio de patrocinio con el club, y por el que los jugadores volverán a lucir en sus camisetas el nombre de la firma, esta quiere premiar a sus clientes con una ventaja única: todo aquel que realice una compra por un importe igual o superior a 100 euros en cualquier punto de venta del Grupo Cenor, podrá comprar dos entradas en venta anticipada para el partido posterior del Rio Natura Monbus Obradoiro en Sar por el precio de una. Para beneficiarse de este 2X1, los clientes solo tendrán que presentar su ticket de compra en las oficinas del club al adquirir las entradas. 

La primera ocasión en la que se podrá hacer efectiva la promoción es en el partido de presentación del 4 de octubre ante el F.C. Porto, organizado con motivo del XLV Aniversario del club. Así, trayendo su ticket de compra superior a 100 euros, los aficionados podrán llevarse dos entradas por 5 euros o por 12, según la tarifa correspondiente.

Las entradas para esta ocasión única ya están disponibles tanto mediante www.obradoirocab.com como en oficinas, y hasta el 24 de septiembre, tendrán un precio reducido de 5 euros para abonados (en su mismo asiento) y para menores de 18. Los Amigos de la Fundación Heracles, por su parte, las podrán adquirir a este precio reducido indefinidamente. A partir del 24 de septiembre, el precio general será de 12 euros en cualquiera de los sitios disponibles.

Además, el grupo sigue así demostrando que es diferente y comprometíendose con su comunidad a través del deporte. Prueba de ello es también su colaboración con la cantera del Rio Natura Monbus Obradoiro a través de la Fundación Heracles, y por la que el equipo obradoirista de la Minicopa del Rey 2015 en A Coruña se denominará Cenor Electrodomésticos Obradoiro.

Axenda e tempo do venres 28 de agosto - Música, cine, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Atardecer no Gaias - Paracetamol

Santiago - Casa das Crechas - DJ Floro

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Museo do Pobo Galego - Estalote

Santiago - Fundación Granell - 20 formas de cambiar el mundo (ata decembro)

Santiago - Fonseca Elipsis de Rafael Navarro (ata o 29 de agosto)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)


O Tempo

Oroso - I Festa do salvaxe Oeste en Sigüeiro

O Concello de Oroso colabora coa organización da I Festa do Salvaxe Oeste, que se celebra esta fin de semana en Sigüeiro. Desde mañá venres ata o domingo, o paseo fluvial do Carboeiro acollerá un poboado especialmente ambientado no que se concentrarán as actividades da festa. A organización recomenda que os participantes acudan coa indumentaria característica.

A primeira actuación da festa será a do grupo Alborada, a partir das 22 horas na praza de Isaac Díaz Pardo. Xa no Paseo do Carboeiro, a partir das 23 horas actuará a orquestra Pacífico e no fío da media noite subirán ao escenario os integrantes da Asociación Cultural Amigos do Acordeón de Sigüeiro-Oroso. O sábado á noite actuarán a orquestra Panorama e Enmemusic. E para o domingo está previsto o grupo Unión y Fuerza. O cartel desta I Festa do Salvaxe Oeste complétase con música do estilo country, a cargo dos grupos Karaoke Experience, Rockabilly e The Howling Drifters. 

No poboado, os participantes poderán atopar postos de churrasco, polbo e outros xantares festivos. Á vez, vaise desenvolver unha concentración moteira e cabalar, na que os participantes contan con acampada, piscina e duchas de balde.

Ames . O Concelleiro de Educación asiste a reunión da Rede Municipal de Comedores

O concelleiro de Educación, David Santomil, participou esta mañá na reunión que os traballadores/as da Rede Municipal de Comedores mantiveron para preparar o inicio do curso escolar. Á reunión acudiron as 22 persoas que conforman o cadro de persoal dos comedores e que se encargan dos servizos de cociña e de limpeza deste servizo municipal. Os traballadores do Servizo Municipal de Comedores de Ames adoitan a facer esta reunión antes de que comece o curso co obxectivo de organizar os equipos de traballos, distribuír ao persoal nos distintos comedores e cociñas, establecer os horarios necesarios, preparar os equipamentos e avaliar as necesidades concretas de cada comedor. “A reunión serve tamén para coñecer as impresións dos traballadores/as, avaliar as deficiencias que poida haber e falar do modo arranxalas e escoitar as suxestións do persoal, sempre cara á mellora do servizo”, declara Cecilia Borges, coordinadora deste servizo municipal. 

A reunión establecer os traballos de posta en marcha dos equipamentos de comedores e comezar a preparar os equipamentos, a intendencia e as compras. Serve ademais esta xuntanza para organizar a posta en marcha do programa de conciliación da vida laboral e familiar “Setembro Lúdico” que comeza a desenvolverse o martes, día 1 de setembro e do que tamén se encargan os traballadores da Rede Municipal de Comedores Escolares. 

Á reunión de hoxe acudiu o concelleiro de Educación David Santomil. “Foi unha primeira toma de contacto, un xeito de coñecer ás persoas que se encargan deste servizo emblemático do Concello de Ames, do que estamos absolutamente orgullosos e por cuxo fortalecemento e continuidade apostamos sen reservas”, declarou Santomil quen ademais comprometeuse a que unha vez iniciado o curso escolar, se achegaría a comprobar en directo o funcionamento das cociñas, poñería gorro e mandil e colaboraría na elaboración dun prato. 

A Rede Municipal de Comedores Escolares de Ames, incluída na oferta de servizos complementarios do Concello, ten como principal obxectivo conciliar a vida familiar e laboral de todos os veciños e veciñas de Ames. O Concello xestiona directamente este servizo que está dirixido ao alumnado de infantil e primaria. Actualmente a Rede conta con cinco comedores no CEIP Agro do Muíño, no CEIP A Maía, no CEIP de Barouta, no CEP de Ventín e na Escola de Educación Infantil do Milladoiro.

Oroso - Asesoramento sobre instalacións eléctricas

O Concello de Oroso avaliará a posibilidade de ofrecer un servizo de asesoramento sobre instalacións eléctricas para os establecementos do municipio, en especial os do sector da hostalería. Así o anuncia o alcalde, Manuel Mirás, logo dunha reunión na casa consistorial co delegado en Santiago do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG), Fernando Blanco, que estes días está realizando unha serie de presentacións institucionais da entidade a diversas administracións locais. 

Manuel Mirás amósase moi interesado na colaboración que ofrece o ICOIIG. En concreto, o alcalde explica que lle vai solicitar aos servizos xurídicos do Concello a viabilidade de contratar un enxeñeiro industrial co cometido de inspeccionar as instalacións eléctricas, asesorar os establecementos para o cumprimento da normativa neste eido, e tamén efectuar as certificacións enerxéticas de todos os edificios de titularidade municipal.

A contratación deste profesional podería levarse a cabo ao abeiro dun convenio entre o ICOIIG e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), que contempla que Concellos e Deputacións poidan contratar colexiados de maneira temporal e cumprindo a normativa de contratación establecida polo Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas. 

Fernando Blanco declara que estas presentacións do Colexio serven para poñerse a disposición dos Concellos para as consultas que poidan realizar sobre instalacións, estruturas ou calquera outro ámbito da enxeñería industrial. O delegado do ICOIIG en Santiago fixo tamén especial fincapé en que as administración locais fagan un especial esforzo en evitar o intrusismo profesional, polo que cre necesario que os Concellos resolvan as súas dúbidas en canto ás atribucións profesionais doutras profesións reguladas, e en especial das que non están legalmente reguladas.

Blanco e Mirás tamén abordaron a existencia do visado voluntario para os proxectos. Este documento, tal como explico o delegado do ICOIIG en Santiago, garante que a súa autoría é un profesional colexiado coas competencias recoñecidas, que dispón dun seguro de responsabilidade civil en vigor e que supón ademais a existencia dun control por parte do ICOIIG sobre estes proxectos. Mirás coincidiu na conveniencia de que se cumpra a normativa na tramitación de aperturas de establecementos.

Ordes - nova xornada de portas abertas no concello

Este vindeiro sábado, 29 de agosto, o alcalde de Ordes atenderá a todas e todos aqueles que desexen acudir ao Conello para realizar calquera consulta ou suxestión. Así de 10 a 13 horas José Luis Martínez Sanjurjo estará a disposición da veciñanza. Aínda que non é imprescindible solicitar cita previa, sí que se aconsella facelo por cuestións organizativas.

Os ‘sábados de portas abertas do goberno local’ foi unha das promesas electorais do actual rexedor, coa que se persegue facilitar o contacto directo cos representantes institucionais para a quelas persoas que teñan dificultade en facelo ao longo da semana no horario habitual (de 8 a 15 horas). Unha medida de apertura de cara aos habitantes de Ordes á que se lle engade o formulario de contacto directo, tanto co alcalde como cos demais concelleiros, ao cal se pode acceder a través da web do Concello (www.ordes.gal). Un xeito de aproveitar as novas tecnoloxías para permitir unha comunicación directa, rápida e eficaz entre a poboación e os representantes institucionais do eido local. 

Os ‘Sábados de portas abertas do goberno local’ lévanse a cabo o último sábado de cada mes, e neles non particicipan os demais traballadores municipais, polo que non se levarán a cabo trámites administrativos.

Brión - A aula de idiomas incorpora Francés e Alemán

Tras o éxito acadado nos cursos de Inglés organizados para persoas adultas (a partires de 16 anos), a Aula de Idiomas do Concello de Brión incorporará por primeira vez clases de Francés e Alemán. Así, ampliarase a oferta ata tres idiomas para o presente curso escolar. As sesións impartiranse no Centro Social Polivalente brionés.

Os novos cursos das Aula de Francés e de Alemán desenvolveranse todos os martes e xoves en horario de 21.00 a 22.00 horas. As clases comezarán en outubro.

O prazo de inscrición para os cursos xa está aberto e poderanse presentar as solicitudes ata o próximo 18 de setembro na Casa da Cultura. Os empadroados en Brión terán preferencia e para poder desenvolverse os cursos deberá haber un mínimo de oito alumnos, sendo un máximo de dez por aula. As probas de nivel de inglés para os cursos máis avanzados realizaranse na semana do 14 ao 18 de setembro (as persoas que asistiron ás clases de inglés no pasado curso non terán que realizar ditas probas). 

A oferta da Aula de Idiomas tamén inclúe aos máis cativos. Establécense dous grupos. O primeiro diríxese a rapaces de 4 a 6 anos, que terán clase os luns e mércores entre as 17.45 e as 18.45 horas. O segundo é para nenos de 7 a 10 anos con horario de 16.45 a 17.45 horas os lunes e mércores. O prezo destes cursos é de 150 euros ao ano.

No tocante aos adultos, ofrécense dous grupos de inglés de iniciación con clases os luns e mércores de 11.00 a 12.00 horas (Grupo 1) ou ben de 21.00 a 22.00 horas (Grupo 2). Tamén haberá dous grupos de nivel intermedio, con horario de mañá (de luns a mércores entre 12.00 e 13.00 horas) ou de tarde (os mesmos días, entre as 20.00 e as 21.00 horas).

Ofértanse tamén para este ano os cursos de preparación das probas oficiais do PET (cuxas clases se desenvolverán todos os luns e mércores de 20.00 a 21.00 horas) e do FIRST (os martes e xoves de 20.00 a 21.00 horas). Complétase a oferta formativa coas sesións específicas de Inglés para o Comercio (os martes e xoves de 11.00 a 12.00 horas) e para Hostalería (os martes e xoves de 19.00 a 20.00 horas). Estes dous últimos cursos só se impartirán de outubro a decembro.

Os prezos dos cursos da Aula de Idiomas para adultos (a partires dos 16 anos) é de 90 euros por trimestre, que se deberá abonar nos meses de setembro, decembro e marzo. Se se precisa máis información, só hai que acudir á Casa da Cultura, chamar ao teléfono 981 509 908 ou enviar un e-mail a empregobrion@gmail.com.

Casa das Crechas - Hoxe DJ Floro

A Casa das Crechas acolle mañá desde as 23.30h unha sesión DJ cun dos picadiscos máis reputados da world music. Ten pinchado en salas de todo o mundo e presenta ademais o programa Sonideros de Radio 3.

DJ Floro é un dj sen fronteiras e ten actuado en salas de todo o mundo, e tamén en festivais como o Art Futura (Madrid), Womad, La Mar de Músicas (Cartagena), Mestival (Elche), Etnosur (Jaén), Festigal (Santiago De Compostela), Popdeurope (Berlín), Festa De la Diversitat (Barcelona), Mercat de Música Viva (Vic), Reggus (Reus), Womex, Funky Elephant Festival (Helsinki), Festival Xeex (Dakar-Senegal), Dia De África (Madrid), Bless The Mic Arts & Music Festival (Accra-Ghana), Nunya (Lomé-Togo)…

Ten varias compilacións publicadas de afrobeat, música latina, funk jazz e moitas máis. Compilou tamén a colección ‘Rumbo Al Caribe’ para o diario El País composta por 5 cds. Pasou por programas de radio como Trópico Útopico de Radio 3, Al Son de Cacique en Cadena 100 ou Latido Global en Radio Gladys Palmera. Actualmente participa no programa Sonideros de Radio 3.

Un dos seus últimos traballos foi, xunto a Alex Acosta de Mojo Project, como remesturador de artistas como José Mercé, Ska Cubano, Los Delinqüentes, Ojos De Brujo, Muchachito Bombo Infierno, Amparanoia, Kokolo, Zulú 9.30, The Cherry Boppers e Fanga.

As súas sesións actuais son unha viaxe no espazo e no tempo nas que prima o concepto de Cancións, cunha mestura de sonoridades e elementos de Electrónica, Afrobeat, Asian, Brasil, África, Cuba, Funk, Soul, Drum ‘N’ Bass, Balkan, Jazz, Ragga, Boogaloo, Reggae, Hip Hop, Salsa Dura, Latin...… Das raíces aos cables.

BNG Compostela - O BNG lembra que o centro de saude de Conxo segue pendente

O portavoz do grupo do BNG de Santiago, Rubén Cela, sobre a visita do alcalde e da conselleira de Sanidade ás obras do centro de saúde de Galeras, afirmou que ten consignado un orzamento con 600.000 euros menor do previsto e que agardaba que aproveitasen “para algo máis que para tirar unhas fotos”, tendo en conta os equipamentos sanitarios pendentes na cidade.

Sobre o centro de saúde de Conxo explicou que o Plan director está comprometido dende 2010 e sometido a información pública o estudo de detalle cunha previsión de edificación en 2011, cun orzamento de 3 millóns de euros. Para Rubén Cela, esta dotación sanitaria supón “unha infraestrutura básica para completar a rede de atención primaria de Santiago de Compostela e para dar servizo á zona sur do concello con notábel crecemento de poboación, que prevía consulta para 10 médicos de familia e unidade de fisoterapia”.

Pacto X Ames - Demanda de plan especial de espacios cardio protexidos

Pacto por Ames empeza o curso político instando ao goberno municipal a que leve acabo un plan especial para que Ames sexa un concello con ESPAZOS CARDIO PROTEXIDOS mediante o estudo e posterior implantación de desfibriladores.

Segundo o informe elaborado pola Dirección General de la Agencia de Calidad del SNS e Oficina de Planificación Sanitaria y Calidad do Ministerio de Sanidad, en España cada ano 68.500 pacientes sofren un Infarto Agudo de Miocardio (AIM) dos que aproximadamente o 30% falecen antes de poder ser atendidos nun hospital.

O informe tamén di que a fibrilación ventricular é a responsable inicial de ata un 85% das paradas cardíacas extrahospitalarias. A experiencia acumulada nestas décadas nas Unidades de Coidados Intensivos demostra que a efectividade da desfibrilación temperá na recuperación dun ritmo cardíaco eficaz é do 90% cando é posible efectuar a desfribilación no primeiro minuto de evolución da fibrilación ventricualar. Esta efectividade diminúe moi rapidamente, concretamente por cada minuto de retraso en desfibrilar redúcese a supervivencia nun 7 – 10%, de tal xeito que despois de 10 minutos as posibilidades de sobrevivir son mínimas. 

Na moción tamén se di que os desfibriladores poden ser manexados por persoal no médico, é por iso dende Pacto x Ames entendemos necesaria que en estreita colaboración coa Consellería de Sanidade ou de calquera outro órgano competente nesta materia, o Concello promova a formación das persoas que están nestes centros, conserxes, monitores e demais persoal que traballe en instalación municipais ben de forma directa (funcionarios e persoal laboral) ou mediante asistencias técnicas ou de servizos como poden ser as escolas deportivas, lúdicos etc.

Outra cuestión importante é a información e comunicación aos sectores asociativos e empresariais para que colaboren e animalos a que participen neste proxecto. 

Así na moción tamén se solicita que en colaboración coas demais institucións, Goberno Autonómico, Deputación etc. Se canalice por parte do Concello unha campaña informativa cara as empresas que están en Ames a través das asociacións de empresarios e comerciantes, de tal xeito que poidan ter toda a información sobre a conveniencia de contar nas súas instalación ou preto delas (por exemplo no polígono do Milladoiro, nos centros comerciais, en JUPEMI...) cun desfibrilador, poñendo en valor as claras vantaxes que para a saúde ten este aparello con un custe asumible.

Ordes - Festas en Buscás

A parroquia de Buscás celebrará esta vindeira fin de semana as súas festas na honra a San Agustín e da Virxe do Carme.

A primeira delas arrancará este sábado a partir das 13 horas cunha misa solemne, seguida de sesión vermú e verbena a cargo da orquestra Gran Vía. O domingo renderáselle tributo á Santa, tamén con misa ás 13 horas e con actuación musical do grupo Alaska, tanto a mediodía como á noite.

Ames - Axilización dos trámites no departamento de urbanismo

O departamento de Urbanismo do Concello de Ames estará máis cerca do cidadán a partir do mes de setembro para o que esta preparando unha serie de medidas encamiñadas á axilización de trámites e a mellora da información e o contacto coa cidadanía. 

A primeira destas medidas consiste na creación nas dependencias de urbanismo dun rexistro específico. Ata de agora calquera escrito que tivera como destinatario ao departamento, tiña que presentarse en primeira instacia no Rexistro Xeral do Concello para despois derivalo ao departamento. Esta medida reducirá o tempo de tramitación de licencias e demais actuacións do departamento, de xeito que ao presentar directamente a documentación nas dependencias de Urbanismo se informará directamente aos usuarios e usuarias da documentación necesaria que debe presentar e dos modelos oficiais necesarios para a tramitación de cada expediente. Os responsables de Urbanismo calculan que con esta medida se poden acelerar os expedientes entre 3 e 10 días. 

Outra das medidas que se van a tomar é a da ampliación do horario de atención ao público. Ata o de agora os técnicos de urbanismo, a arquitecta e os aparelladores/as, atendían á cidadanía dous días á semana. A partir do mes de setembro ampliarase nun día máis a atención ao público. 

Presenza do concelleiro nas dependencias de Urbanismo
Cómpre salientar entre as novas medidas que o concelleiro de Urbanismo atenderá ao público de xeito fixo e habitual nas dependencias do departamento, circunstancia que ata de agora non era habitual no Concello de Ames. Para elo, o concelleiro-delegado fixará unha axenda específica de atención cidadá. Estas citas coa veciñanza levaranse a cabo no propio departamento de Urbanismo. “Somos conscientes de que a labor deste departamento é en ocasións escura e ás veces ata desagradable, porque son os responsables de velar pola legalidade urbanística do concello e porque teñen que aplicar a normativa e a lexislación vixente, pero esa función é fundamental e clave para que se respecte unha planificación harmónica e un desenvolvemento sostible”, declara o concelleiro de Urbanismo Blas García, quen tamén indica que “Urbanismo vai a ser un departamento clave para este Goberno, e imos a dotalo dos medios necesarios e da atención oportuna para que abandone o desamparao ao que o someteu o anterior goberno”. 

Polo departamento de Urbanismo pasan todo tipo de licencias de obras, maiores e menores, licencias de actividades de negocios e empresas, licencias das festas e a xestión do PXOM. Na actualidade o departamento está composto por: unha arquitecta, dous aparelladores, tres asesores xurídicos, catro administrativos e un vixiante de obras. O departamento conta ademais coa colaboración da Policía Local para notificacións, denuncias e infraccións. 

Cómpre salientar que previamente ás medidas que se poñerán en funcionamento no mes de setembro, durante os primeiros meses deste goberno se creou unha bolsa de asesores xurídicos para cubrir as baixas existentes e que se contrataron dous novos asesores xurídicos para cubrir unha baixa e unha redución de xornada. Todas as medidas responden, Segundo Blas García, “a necesidade de poñer en valor a importancia deste departamento para o concello, xa que o seu bo e áxil funcionamento permite un mellor desenvolvemento de Ames”.

Melide - Mercamelide de verán

Como é habitual o último fin de semana de agosto en Melide hai unha cita obrigada coas compras na XVI edición do Mercamelide de verán.

O Palacio de Congresos de Melide, instalación que estará abertaao público durante o sábado 29 e o domingo 30 de 11.00 h a 20.00 h, poderáatoparartigos variados como téxtil, calzado, ferretería, xardinería, suministros industriais, lencería, agasallos, mobles, electrodomésticos, entre outros. 

Ademais programanse tamén dous sorteos cada día, un único de 500 euros o domingo día 30 ás 19.00 h da tarde, xunto con dúas cestas-agasallo de produtos da terra entre aqueles que decidan efectuar a lo menos tres compras nos establecementos ofertados. Os sorteos serán ás 19.00 h no Palacio de Congresos da vila para as cestas o sábado e o domingo.

Nesta edición, como nas anteriores, agárdaseunha boa resposta do público xa que nestafeira de stocks é habitual encontrar artigosmoirebaixados e de alta calidade, razón pola cal o comercio local segue a confiar neste tipo de eventos para rematar a temporada.

Axenda e tempo do xoves 27 de agosto - Circo, música, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Atardecer no gais - Palito

Santiago - Verán na Rúa - Compañía Bambolea

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Museo do Pobo Galego - Estalote

Santiago - Fundación Granell - 20 formas de cambiar el mundo (ata decembro)

Santiago - Fonseca Elipsis de Rafael Navarro (ata o 29 de agosto)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)


O Tempo

Lalín - Contratación de policis locais

A concelleira de Emprego e Educación, Katia Procino, vén de anunciar a aprobación por parte do Concello das bases de selección para a contratación de 3 novos policías locais. Ditas contratacións inclúense dentro da oferta de emprego público do Concello para o 2015.

As solicitudes para tomar parte no proceso selectivo faranse mediante instancia, que deberá ser presentada durante o prazo de 20 días naturais, tras a publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO), Diario Oficial de Galicia (DOGA) e Boletín Oficial do Estado (BOE).

Para acceder a unha praza será necesario superar unha proba física e outra de carácter teórico. Neste senso esíxese, ademais, estar en posesión da titulación que se require para ter acceso como funcionario do grupo C1, consorte a normativa de función pública: bacharelato ou técnico. Así, o proceso de selección realizarase segundo o establecido nos procedementos específicos establecidos para as Policías Locais de Galicia na Lei 4/2007 do 20 de abril, de Coordinación de Policías Locais, Decreto 243/2008, do 16 de outubro, polo que se desenvolve a Lei de coordinación de Policías Locais de Galicia e na Orde do 28 de xaneiro de 2009, pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de mérito para o ingreso, promoción interna e mobilidade nos corpos de Policía Local. 

O procedemento selectivo levarase a cabo ao longo do 2015, posto que unha vez rematadas todas as probas e, antes do nomeamento e a posterior toma de posesión, os aspirantes deberán superar o curso de formación teórico-práctico da Academia Galega de Seguridade Pública que está previsto que se inicie en xaneiro de 2016.

PECHE DA OFCINA DE EXPEDICIÓN DO DNI O DÍA 2

Membros do Corpo Nacional de Policía, responsables da oficina de expedición do Documento Nacional de Identidade de Lalín, informaron de que dita oficina permanecerá pechada ao público o vindeiro día 2 de setembro. O motivo é a actualización dos sistemas informáticos e a realización das probas de funcionamento pertinentes de cara á produción do novo D.N.I electrónico 3.0, dende o día 3 de setembro.

Silleda - Axudas para transporte escolar

A Xunta de Goberno Local de Silleda aprobou onte martes a proposta da concelleira de Educación e Benestar Social, Pili Peón, as bases que regulan a concesión de becas para o transporte, destinados a universitarios/as e estudantes de ciclos formativos que cursen estudos oficiais en algún dos Campus e/ou institucións da Comunidade Autonóma

O importe máximo da subvención por beneficiario/a será de 450 euros, para todo o curso 2015/2016. Poderán optar a estas axudas persoas residentes e empadroadas no municipio de Silleda (alomenos un ano antes da publicación das bases), e que cursen os referidos estudos universitarios e ciclos formativos. Así mesmo, a renda per cápita familiar debe de ser igual ou inferior a 10.000 euros.

A diferencia de anos anteriores, e ao igual que aconteceu xa o pasado ano, as axudas serán con ingreso directo na conta bancarias dos beneficiarios. As solicitudes poderán presentarse nun prazo de 15 días naturais a contar dende a publicación das bases na web municipal. Dado que a publicación se realiza con data de hoxe, o prazo remata o vindeiro día 10 de setembro. 

As solicitudes deben de presentarse no Rexistro Xeral do Concello, cumprimentando o formulario anexo as bases e achegando outra documentación. Así, os solicitantes deben presentar fotocopia do seu DNI, da matrícula do curso escolar en curso, copia da renda familiar do exercicio 2014, ou no seu caso certificado da Axencia Tributaria de non telo e certificación bancaria da conta a nome do beneficiario da axuda ou no seu caso do titor/a legal do mesmo.

Estas axudas chegan con cargo ao orzamento municipal de 2015 que se aprobouo pasado mes de xuño. 

Axudas para material escolar

Por outra banda, na mesma sesión o goberno local aprobou tamén as bases que rexerán as axudas complementarias para que as familias con poucos recursos poidan completar os gastos destinados a mercar libros e material escolar, que non lle cubre o vale concedido pola Xunta de Galicia. 

As condicións e requisitos desta convocatoria tamén poden consultarse na web municipal, coa normativa que rexerá as axudas, como os formularios que deben de cubrir as persoas interesadas que cumpran os requisitos estabrecidos.

Serán beneficiarias aquelas familias que precisan de protección especial ou con todos os seus membros en situación de desemprego, con alumnos/as que cursen estudos de Primaria ou ESO.

As solicitudes poden recollerse no departamento de Benestar Social (ou descargarse tamén da web) e unha vez cubertas deben de presentarse no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 09.00 a 14.00 horas, tamén ata o vindeiro 10 de setembro. As persoas beneficiarias das axudas recibirán un vale coa achega necesaria que lles entregarán en Benestar Social, para canxear nas librerías do municipio de Silleda que vendan material escolar.

BNG Santiago - Obriga de usar o .GAl na web municipal

O grupo municipal do BNG de Santiago lémbralle ao Goberno local a iniciativa aprobada hai un ano para que rexistre e active o Punto Gal no enderezo da web institucional e nas demais de ámbito municipal.

De igual xeito, aprobouse en sesión plenaria que o Concello de Santiago emprendese un plan local de promoción entre as diferentes entidades e asociacións locais co obxecto de que comecen a mudar as súas páxinas web cara ao .gal, incluíndo o preceptivo asesoramento para a migración de todos estes enderezos cara a este novo dominio que nos identifica como país.

Outro dos puntos aprobados vai dirixido a xestionar unha liña extraordinaria de axudas destinadas ás entidades e asociacións para facer fronte á tarifa da Asociación PuntoGal.

O recoñecemento público e o éxito de acollida do PuntoGal demostra que a sociedade galega apoia a normalización do idioma nos máis diversos ámbitos. Xa hai un ano, cando se aprobara en Pleno esta iniciativa do BNG, máis de 120 colectivos, as principais institucións culturais do país, as tres universidades, colexios profesionais, empresas de novas tecnoloxías, medios de comunicación, asociacións culturais de base, formacións políticas e milleiros internautas a título individual amosáronse a prol deste identificador para a lingua e cultura galegas na longa carreira para que a ICANN concedese este dominio propio para Galiza.

Deste xeito, o BNG quere que o Concello de Santiago se sume co uso deste dominio a que a comunidade galega no mundo, a nosa lingua e a nosa cultura gocen dunha marca propia con que identificar os contidos xerados na Rede e, así, facer máis visíbel o noso país dentro deste espazo de comunicación global.

Santiago - A compañia Bambolea presenta As irmás Bambalas

A compañía Bambolea, en coprodución con Alas Circo, preséntanos ás irmás Bambalas, cada unha máis presumida ca outra. Será mañá, xoves 27 de agosto, ás 19.30 h na praza da Quintana (en caso de choiva, o espectáculo trasládase ao Teatro Principal). Con esta cita, que será con entrada de balde, chegamos ao fin de Verán na Rúa, festival no que a concellaría de Acción Cultural engloba a súa programación de agosto nos espazos públicos da cidade.

‘Bambalas’, o espectáculo

É un espectáculo de clown, malabares e acrobacias aéreas (telas, trapecio triple…) que ten unha duración aproximada de 50 minutos e está dirixido a un público familiar. O espectáculo principia no momento en que as dúas irmás se espreguizan nunha hamaca a catro metros de altura.

O día sorprendeunas durmindo e, ao espertar, descobren a presenza do público e afanaranse en demostrar as súas habilidades. Mais nesa obsesión por agradar á audiencia acabarán por errar unha e outra vez. As irmás aínda non o saben, pero con cada fallo demostrarán unha nova habilidade incomparable dende o seu impresionante bambán en forma de trapecio. Un espectáculo de gran volume e cheo de grandiosos movementos que non quererá que remate nunca...

A compañía

Bambolea Producións vive, respira e actúa como unha auténtica troupe: sempre ao servizo do espectáculo, sempre á disposición do público. Confórmana unha ampla variedade de artistas, os cales dotan as súas pezas de todo tipo de actuacións e elementos. No aire atópase a súa arte. Os aparellos aéreos, os trapecios, as teas acrobáticas ou a danza vertical son algunhas das especialidades da formación.

E cos pés na terra, a compañía tamén fai de cada lousa un escenario. A animación na rúa é unha das súas grandes paixóns. Os pasarrúas, os zancudos, os monociclistas, os malabaristas e os acróbatas invaden as cidades, un pode atopalos á volta da esquina. En calquera espazo, Bambolea convídanos a soñar.

Lalín - Reunión con lain Michaud

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, mantivo hoxe unha xuntanza con Alain Michaud, representante do Comité de Irmanamento da localidade francesa de Lalinde. A reunión serviu como toma de contacto entre o Goberno Municipal e a Federación Linden á que pertence Lalín, xunto con outras 5 vilas de distintos países europeos. Neste senso, o rexedor expresou a intención de “mellorar a comunicación e as relacións entre o Concello e as localidades irmanadas -que o anterior goberno tiña abandonadas- co fin de contribuír ao impulso cultural de Lalín”. “O contacto con outros lugares de Europa é moi interesante, pois serve para reactivar o municipio a través de actividades culturais, que antes estaban ligadas exclusivamente ao cocido durante 8 meses ao ano”, explicou Cuíña.

Por outra parte, o rexedor anunciou que se presentará ante a futura comisión de rueiros a proposta de adicarlle un espazo público ao irmanamento. Cabe destacar que a única vila da Federación que non ten ningún lugar asignado ao recoñecemento deste círculo de relacións internacionais é Lalín.

A reunión tamén serviu para dar os primeiros pasos de cara á organización do “Día de Europa”, que o ano que vén, no mes de maio, acollerá Lalín. Trátase dun evento ao que asisten representantes das diferentes vilas pertencentes á Federación Linden, que serve para reforzar lazos e programar o funcionamento da organización de cara próximos anos.

Oroso - Reunión con Darío Rivas, impulsor da denuncia contra o Franquismo en Arxentina

.- O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, vén de reunirse con Darío Rivas, impulsor da querela presentada en Arxentina contra os crimes do franquismo. No encontro, o alcalde destacou a importancia de recuperar e manter a memoria histórica “porque un país sen memoria é un país sen alma”. Rivas agradeceu o apoio de Mirás, aprezou o seu interese pola causa e desexoulle moita sorte na xestión municipal.

Darío Rivas, de 95 anos, é fillo de Severino Rivas, que levaba só uns meses como alcalde do Concello de Castro de Rei (Lugo) cando foi asasinado polos golpistas o 29 de outubro de 1936. Por aquelas datas, o fillo tiña 16 anos e xa levaba sete emigrado en Bos Aires, onde emigrara con outros integrantes da familia para estudar. Desde o país americano, Rivas iniciou un proceso xudicial contra os crimes do franquismo. En 2004, logrou localizar o corpo de seu pai nunha cuneta. En 2005, foi exhumado e enterrado no panteón familiar.

Sobre a súa iniciativa xudicial, Darío Rivas precisa que “non me move so o recordo de meu pai, senón que reclamo por 115.000 vítimas, que para min son os heroes do drama español, dunha barbarie que ninguén pensaba que puidese suceder en España entón, no momento máis glorioso das letras españolas”. Rivas confía en que chegue a facerse xustiza: “se non fose así, non tería feito tanto labor”, comenta.

Algunhas satisfaccións xa tivo porque “polo menos estase dicindo algunha verdade e estanse procesando persoas que cometeron crimes de lesa humanidade, que non prescriben nunca”. Rivas incide en que “non busco vinganza, a vinganza para min non serve, o que serve é que dunha vez por todas esa xente razoe e que polo menos diga que cometeu unha equivocación”. “Non quero que os axusticien, como fixeron eles coas vítimas –engade-, eu quero unha xustiza humanitaria, non de prepotencia, crime e vinganza, que non sería xustiza”.

Rivas considera que os Concellos poden contribuír “moito” á recuperación da memoria histórica, aínda que “ás veces tampouco poden facer tanto porque teñen que seguir as directrices do goberno central”, dentro dun sistema co que é moi crítico. “En España –describe- practicouse a lei do esquecemento, e aínda actualmente séguese manexando polas leis de Franco e por un sistema monárquico imposto pola dictadura”. Nese sentido, considera que o país ten que dar aínda moitos pasos para superar esa “herencia” e ser “unha democracia plena, con liberdades e sen opresións e onde a palabra ‘democracia’ non se utilice para atropellar a ninguén”, comenta.


Manuel Mirás puxo de manifesto o exemplo e a lucidez humana de Darío Rivas. O alcalde de Oroso advertiu que “estamos falando de feitos que non se deben ocultar, mesmo porque son bastante recentes e aínda somos moitos hoxe os que vivimos as consecuencias da guerra, cunha posguerra que en moitos aspectos foi peor que a guerra”, manifesta Manuel Mirás.

Ames - Aceptadas tódalas solicitudes para o setembro lúdico

Un total de 127 escolares accederán este ano ao programa de conciliación da vida laboral e familiar Setembro Lúdico. Non haberá listaxe de garda, dado que todas as inscricións, incluídos todos os casos de emerxencia social. O programa se desenvolverá os días 1, 2, 3, 4, 7, 8 e 9 de setembro en Bertamiráns, con 52 usuarios/as e no Milladoiro onde participarán este ano 75 rapaces e rapazas. O Setembro Lúdico é un programa de conciliación que se desenvolve nos días que van desde o final da Escola de Verán ata o inicio do curso escolar.

O Setembro Lúdico iniciarase cada día ás 7:30 horas. Ás nove, os nenos e nenas pasarán a desenvolver as actividades programadas ata as 14:30 horas. No caso de Bertamiráns, os nenos e nenas desenvolverán as actividades no CEIP A Maía, mentres que no Milladoiro as actividades terán lugar na escola infantil, situada na Travesía do Porto, e no pavillón polideportivo. Os nenos e nenas que non vaian usar o servizo de comedor serán recollidos/as antes desta hora. Os usuarios de comedor terán xogo libre e comedor ata as 16.00 horas. 

Facer compatible a vida familiar coa laboral é un dos obxectivos deste programa de conciliación da vida laboral e familiar. Porén, tamén se pretende integrar a todos os nenos e nenas dentro do seu grupo de iguais, fomentar as habilidades sociais e achegar os cativos e cativas á importancia da chegada do cole. O Setembro Lúdico, unha edición máis, consistirá en sete días de diversión, aprendizaxe e novas amizades.

Lalín - Preocupación polo estado do paseo de Pontiñas

A concelleira de Medio Ambiente, Parques e Xardíns, Celia Alonso, recoñeceu a “súa fonda preocupación e a de todo o Grupo de Goberno” polo “nefasto estado” no que se encontra o Paseo Pontiñas. Alonso, ao igual que fixera tempo atrás o alcalde, Rafael Cuíña, atribuíu a mala situación do espazo fluvial “aos anos de absoluta desidia do goberno do PP en canto o coidado desta zona verde”. Neste sentido, indicou que “en dous meses que levamos no goberno, só puidemos facer actuacións urxentes, pero non temos a capacidade de recuperar por completo o sendeiro fluvial”, unhas tarefas que segundo indicou requerirán de “moito tempo e diñeiro”.

Non obstante, Alonso explicou que o Concello xa conta con presuposto “para retirar máis de 100 árbores en mal estado que supoñen un perigo para os usuarios”. Unhas tarefas complexas que xa se lle comunicaron a Augas de Galicia e que comezarán, nun principio, cando rematen as actuais obras de adecentamento. No referente ao convenio de cesión de uso de obra anunciada polo anterior goberno no 2013, que permite o mantemento directo das ribeiras do Pontiñas por parte do Concello, Celia Alonso cuestiona o motivo polo que  “aínda tendo as mans libres para actuar no lugar, o goberno de Crespo non fixo absolutamente nada”.

A concelleira tamén sinalou que no paseo se “gastaron cantidades inxentes de diñeiro con moi pouco criterio ambiental e que para pouco serviron”. Refírese, entre outros aspectos, á introdución de especies animais e vexetais “nun medio que non lles corresponde e que nos obriga agora a ter que reorganizar todo o parque, eliminando aquelas que poden ser prexudiciais”.
 Por outro lado, con respecto á proliferación de lixo, Alonso criticou ao goberno do PP, por “ter un convenio de xestión de residuos no que non entra o Pontiñas, sendo este un dos espazos máis utilizados polos lalinenses”. Deste xeito, explicou que o departamento que ela dirixe está tratando coa empresa concesionaria da recollida, para que limpe tamén no Pontiñas. A edil  finalizou facendo fincapé en que “por máis que nos pese, en dous meses de goberno é totalmente imposible arranxar unha desfeita como a que nos deixou Crespo e a súa inexistente política ambiental no Pontiñas”. 

Ordes - modificación de crédito para poder acometer a última fase de reforma da praza de abastos

O pleno extraordinario que tivo lugar no Concello de Ordes na mañá de onte finalizou coa aprobación da modificación de crédito para acometer a última fase das obras de reforma da praza de abastos. Así, por parte do Concello achegaranse 53.000 € derivados dos remanentes das achegas á gardería municipal (22.700 €) e ás partidas á Seguridade Social do corpo funcionarial, (20.000 €), ademais doutros 10.000 € procedentes doutros apartados. 

En total hai que falar de 175.000 € para a adecuación e modernización do mercado, dos cales 122.000 corresponden á subvención achegada pola Xunta de Galicia a través dos fondos FEDER europeos. Tal e como informou o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, a dita modificación conta co informe favorable do departamento de Intervención, “e non suporá ningún prexuízo para a gardería xa que non se terá que renunciar a ningún servizo nin obra prevista”. 

O rexedor cualificou a medida de necesaria por ser “o único sitio de onde podemos sacar cartos”. Situou a orixe desta situación no xeito de proceder por parte do equipo de goberno anterior (UXO). Segundo manifestou o rexedor este “non procedeu co recoñecemento de crédito correspondente no momento no que se solicitou esta subvención”, polo que os 53.000 € imprescindibles para poder facer as obras non aparecen reflectidos nas contas municipais. Sanjurjo volveu ser moi crítico co gasto desmesurado e partidista realizado “en base aos cartos do orzamento do ano 2015, simplemente porque estaban as eleccións ás portas”, denunciou abertamente. “Estamos aquí facendo esta modificación de crédito pola súa culpa”, expúxolle a Silvia Marín, voceira de UXO, “porque con data 3 de xullo (momento no que o PP asumiu a alcaldía de Ordes) o grupo de gasto 1-2 presentaba un saldo deficitario de -195.000 €”. 

Tanto Verónica Gómez como Ramiro Recouso, voceiros do PSOE e do BNG respectivamente, cualificaron esta obra de “importante para a actividade económica do municipio”. Neste punto os nacionalistas foron moi críticos coas intervencións realizadas ata o momento en ambas as plantas do inmoble situado na rúa Mercado. Tamén se emitiron críticas en base á súa dotación, organización do espazo e ás facilidades de acceso para persoas con discapacidade. A abstención nas votacións de ambas as forzas permitiu sacar adiante a modificación de crédito, que si contou cos votos favorables tanto de UXO como do PP.

Santiago Futsal - O equipo imponse ao Cofersa Parrulo Ferrol na cuarta cita de pretemporada

Saltaron á pista de A Malata os xogadores do Santiago Futsal con moitas intensidade en ataque e cuxas contínas acción ofensivas conlevarían a que chegara o primeiro tanto do Santiago Futsal coa firma de Hugo Sánchez aos dos minutos do comezo. Dani Montes aumentaría a conta co segundo gol tras unha boa xogada en combinación con Pablo Mel, pero os de Ferrol lograrían reducir distancias co 1-2 aproveitando a inferioridade numérica do Santiago Futsal tras a expulsión de Diego Quintela.

De novo sería Dani Montes o protagonista do terceiro e do cuarto tanto dos santiagueses. Cun Cofersa O Parrulo que acumulara xa as cinco faltas no seu contador,  o pívot salmantino anotaría, até en dous ocasións, dende os 10 metros.

Tralo descanso, o Santiago Futsal mantería o seu plantexamento ofensivo da primeira metade e non tardaría en aumentar a conta co quinto tanto. O xogador do filial Isma, superaría ao meta ferrolán no 1x1 tras un excelente pase de Hugo Sánchez dende o seu propio campo.
Cofersa O Parrulo FS non desistiría e tería a oportunidade de reducir distancias, pero o meta Marcos Vara estaría contundente baixo paos para frenar as acometidas locais. No ecuador da segunda metade, os de Santiago cometerían a quinta falta acumulativa e Jacobo faría o segundo tanto de O Parrulo dende os 10 metros.

O conxunto local sumaría cinco faltas e Dani Montes anotaría, de novo e até en dúas ocasións consecutivas, dende a línea dos 10 metros, para facer o 2-6 e o 2-7 con só un minuto de diferenza.
A falta de 3 minutos para o final, Jacobo pecharía a conta co 3-7 definitivo para o Cofersa O Parrulo Ferrol.
Santiago Futsal suma xa tres vitorias nos encontros de pretemporada, e o venres afrontará a súa quinta cita no Torneo ‘E para comer Lugo’ que terá lugar venres e sábado en Burela, e no que se medirá a Palma Futsal e a Cidade de Narón ou Burela FS nas finais do sábado.

Ficha do partido

Cofersa O Parrulo FS: Ángel, Miguel, Cristian, Dani e Iñigo –cinco inicial- Rubi, Rubén Mouriz, Chicha, Isma, Jacobo, Cagi,
Santiago Futsal: Iker López, Isma, Hugo Sánchez, Pablo Mel e Dani Montes –cinco inicial- Diego Quintela, Álex Diz, Iván Rumbo, Quique, Dani Quintela, Santi e Marcos Vara.
Árbitros: Dans Rey e Montero Garrido. Expulsaron a Diego Quintela no Santiago Futsal con doble cartón amarelo e a Rubi no Cofersa O Parrulo con doble cartón amarelo. Amonestaron a Hugo Sánchez, Santi e Isma no Santiago Futsal; e a Chicha, Jacobo, Dani e Cristian no Cofersa O Parrulo FS.
Incidencias: Partido celebrado no Pavillón Municipal de A Malata (Ferrol) cunha asistencia aproximada de 300 personas.

Goles: 0-1 min.2 Hugo Sánchez, 0-2 min.8 Dani Montes, 1-2 min.13 Isma, 1-3 min.13 Dani Montes, 1-4 min.19 Dani Montes, 1-5 min.23 Isma, 2-5 min.30 Jacobo, 2-6 Dani Montes min.34, 2-7 Dani Montes min.35, 3-7 Jacobo min.37.

Axenda e tempo do mércores 26 de agosto - Música, cabaret, maxía, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Feito a Man - Ultranoite nos país do soviets

Santiago - Verán na Rúa - Mago Romarís

Santiago - Unitaria - Caña & Charla con directores y guionistas

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Museo do Pobo Galego - Estalote

Santiago - Fundación Granell - 20 formas de cambiar el mundo (ata decembro)

Santiago - Fonseca Elipsis de Rafael Navarro (ata o 29 de agosto)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)


O Tempo

Silleda - Malla tradicional

A malla tradicional volta a Silleda o vindeiro domingo día 30, na que será a cuarta edición desta cita na que exalta esta labor ligada ao noso rural. O certame celebrarase no entorno da rúa Pintor Colmeiro, a partir das 11.00 horas, organizado por Aurelio Fernández Villaverde, en colaboración co Concello de Silleda e diversos establecementos comerciais, empresas e panaderías do municipio.

Aurelio Fernández explica que ao igual que en anos anteriores os espectadores poderá “rememorar, ou no caso dos máis novos aprender, como se mallaba o trigo antigamente, con diversos métodos”, engade.

Así, ademais da malla á pedra –cos chamados males- a celebración incluirá unha demostración de malla usando unha máquina de motor con máis de 100 anos de antigüidade.

A demostración comezará ás 11.00 horas e o público asistente poderá disfrutar tamén dunha exposición de coches e maquinaria antiga.

A xornada complétase cun xantar popular, servido polo restaurante “O que dirán”. O menú está composto por callos, carne ao caldeiro, pan, viño e café, cun prezo de 15 euros.

As persoas que desexen participar no xantar poden retirar as entradas en Silleda (Casa da Cultura e Café Bar Lago); en Bandeira (Hotel Victorino); en Piñeiro (Cereales Piñeiro) ou no propio resturante “O que dirán”, situado en Margaride.

Animará a xornada o Grupo de Gaitas Carqueixas e Acordeóns.

A malla tradicional pretende convertirse nunha xornada de convivencia arredor dunha tarefa agrícola de interese dende o punto de vista etnográfico, que forma xa parte da cultura rural.

Dende a Concellería de Cultura, a súa responsable, María José Fernández, fai un chamamento aos veciños e colectivos para “asistir a esta celebración, que vai camiño de consolidarse no calendario de festas de Silleda, co que se busca revivir unha das nosas tradicións”, engade.