A Deputación da Coruña aprobou no pleno celebrado o pasado venres a sinaturade catro convenios de colaboración co Concello de Ames para financiar actuacións que suman, en total, 116.153,15euros. En virtude destes convenios, acometeranse melloras viarias en Ortoño, nas instalacións do Pavillón do Milladoiroe nos colexios e comedores de Barouta, A Maía e Agro do Muíño, así como nas escolas unitarias de Guimaráns, Tarroeira e Agrón.