Axenda e tempo do sábado 25 de outubro - Motor, títeres, contos, música, exposicións


Santiago - Área Central 21º Aniversario

Teo - Mes do teatro - Fanfarra títeres

Santiago - Casa das Crechas - Eliseo Parra

Touro - XVI Slalom concello de Touro

Santiago - Biblioteca Ánxel Casal - Choiva de contos

Santiago - Embora - sesión vermú con Mr Cool


Santiago - Borriquita de Belem - Ceumar


Exposicións

Brión - Metagénesix - (Ata o 29 de outubro)

Santiago - Bus Station Space - Imaxinar que soño (ata o 4 de nadal)

Santiago - Auditorio de Galicia - Xulio Maside (ata xaneiro 2015)

Santiago Ánxel Casal - Preistoria polos rapacesdo colexio de Calo (ata o 31 de outubro)

Santiago - Museo do Pobo Galego - fotografía de Elisa Gianni (ata o 26 de outubro)

O Tempo

Santiago - Alejandro Vargas e a Orquestra do Espazo de Cámara da Universidade nas Xornadas de Música Contemporánea

Este domingo poderemos gozar de dous novos eventos dentro das Xornadas de Música Contemporánea. Pola mañá, ás 12.30h, no Centro Galego de Arte Contemporánea poderemos escoitar á Orquestra do Espazo de Cámara da Universidade dirixida por Mario Diz e co programa ‘Experimenta coa música’. E xa pola tarde, ás 20.00h e tamén no CGAC, o pianista cubano Alejandro Vargas presenta ‘Ama Aza LaNdo’, o seu novo disco. A entrada para as dúas propostas é de balde, previa retirada de convite no despacho de billetes do Teatro Principal, ou tamén no CGAC desde unha hora antes de cada concerto

Alejandro Vargas estrea ‘Ama Aza LaNdo’
O pianista cubano afincado en Galicia Alejandro Vargas estrea a súa última creación. AMa AZa LaNdo é un fulgor de figuracións representativas de paisaxes sonoras onde se recrean ambientes do minimalismo, o orientalismo, a improvisación libre e o jazz. É un traballo de relustros sonoros onde a participación instrumental adquire un valor orquestral a través de distintas posturas, étnicas, folclóricas, populares, conceptuais, políticas... é unha reflexión da técnica pianística na amplificación de rexistros posibles cara á fantasía libre comprometida.

Alejandro Vargas (1980)

MaLaZa
JOcOSiDAdes
CaNtOs ALeGóricOs
áMe
COinCidenCias
AMefriKa
NOdaa
BLUe
MANsorO
AGUaceROs
OdO

* estrea absoluta, presentación do seu novo disco AMa AZa LaNdo

ALEJANDRO VARGAS piano

Pianista e compositor nacido en Holguín (Cuba) en 1980, graduado na Universidade de Artes de Cuba. Formou o seu primeiro trío de jazz en 2001e nese ano recibiu o primeiro premio no concurso Cuba JoJazz 2001e foi Premio ao mellor disco de Jazz no Certamen Cubadisco en 2008 con Trapiche e Premio Especial no Certamen Cubadisco 2013 con Miniaturas de Eugenio Granell. En 2003 crea a súa agrupación musical Alejandro Vargas e Oriental Quartet, coa que realiza xiras internacionais e gravou o compacto Vir ao mundo (mellor disco de jazz de Cubadisco 2009). Co seu New Trío gravou o disco Oceanía en 2010. Participou en festivais de jazz de Ecuador, Brasil, España, Noruega, Portugal, Cuba, Trinidad e Tobago, Suíza etc. E actuou con Irakere, Pupi e os que son Son, Chucho Valdés, o saxofonista Donald Harrison, o trombonista Steve Turre, José Luis Gutiérrez ou as cantantes Ugia Pedreira e Lucrecia. En decembro de 2012 presentou Miniaturas de Eugenio Granell. Música revelada producido pola Central Folque con un elenco de reconocidos artistas; un traballo polo que o Premio Especial no Certamen Cubadisco 2013.

Mario Diz dirixe á Orquestra do Espazo de Cámara da Universidade de Santiago

A través de diferentes técnicas experimentais trataranse diversos obxectivos para poder achegar a música aos máis pequenos. Partindo do tratamento da música contemporánea experimental, os nenos non só coñecerán a música contemporánea de primeira man, senón tamén o funcionamento dunha orquestra e os instrumentos que a compoñen. O material musical constará, por unha parte, de obras xa preparadas previamente nas que o público participará de forma activa na súa interpretación. Por outra parte, a base de musicogramas (técnica compositiva con debuxos) elaboraranse unhas pezas curtas totalmente compostas in situ... Nenos e nenas serán os principais compositores... experimentando coa música.

ORQUESTRA DO ESPAZO DE CÁMARA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO
O Espazo de Cámara da USC naceu co obxectivo de impulsar nos mozos universitarios e, por extensión na cidadanía de Compostela, un proxecto educativo e cultural onde o eixo fundamental é a música. Co patrocinio da Vicereitoría de Cultura, o grupo que conforma a Orquestra da Universidade de Santiago, dirixida por Mario Diz, procura de maneira prioritaria a formación musical dos seus membros que, semana tras semana, adquiren un maior compromiso co estudo e a difusión dos valores da música. Para este fin, conta e agradece todo tipo de colaboracións como as de membros da Real Filharmonía de Galicia e outros mestres salientables da música en Galicia. Dende 2010 afondou en proxectos como o aniversario de Debussy (Concerto para arpa e orquestra interpretado coa solista Reyes Gómez ), monográfico sobre Astor Piazzolla, o Concerto en re para cello de Haydn (xunto a Carlos García Amigo), un programa sobre a música galega (Gregori Nedobora interpretou o concerto do violinista Manuel Quiroga) e participa tamén nas Xornadas de Música Contemporánea de Santiago de Compostela.

Ames - O goberno amiense conxelará as taxas e os prezos públicos para o ano 2015

Santiago Amor, alcalde: “A xestión económica destes anos permítenos manter outro exercicio máis as taxas municipais sen minguas da calidade dos servizos”

O goberno municipal de Ames non modificará as ordenanzas fiscais e reguladoras de prezos públicos para o ano 2015. Por segundo ano consecutivo, as taxas da auga e saneamento quedarán conxeladas.

O alcalde, Santiago Amor, destaca que a intención do Concello é facilitar todo o posible as condicións de vida dos veciños no que atinxe ao sistema público: “A xestión económica destes anos permítenos manter un ano máis as taxas municipais sen minguas da calidade dos servizos”.

A sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de outubro adoita abordar as actualizacións anuais das ordenanzas fiscais e reguladoras de prezos públicos. Nesta ocasión, o coeficiente a aplicar ascende ao 1’4%, equivalente ao incremento do índice de prezos do consumo experimentado entre xullo de 2012 e xullo de 2014. Para aplicar as actualizacións deste tipo de ingresos é preciso considerar a variación experimentada polo índice dende a derradeira modificación aprobada, que neste caso foi no mes de outubro do ano 2012, empregándose o IPC correspondente ao mes de xullo:

Variación IPC xullo 2012/2013 

1,8 %

Variación IPC xullo 2013/2014 

-0,4 %

Variación IPC xullo 2012/2014 

1,4%

O pasado ano, o pleno acordou conxelar as taxas e prezos públicos, en contra do previsto no plan de axuste aprobado por ese mesmo órgano municipal. Á vista disto e dos argumentos empregados no seu momento para a adopción do acordo, “é a miña intención non propor modificacións a este respecto na próxima sesión ordinaria a celebrar o vindeiro 30 de outubro”, aclara o rexedor amiense.

Psoe Ordes - A Xunta recortou 22 profesores en Ordes durante os últimos dous anos

O PSOE de Ordes denuncia un escandaloso recorte de 22 profesores no municipio nos últimos 2 anos e pide que se repoña o mesmo número de docentes que había no 2010 
Os socialistas ordenses instarán á Xunta a incluír nos Orzamentos de 2015 unha partida específica para mellorar e reparar as infraestruturas dos centros educativos do municipio
Denuncian un abandono das infraestruturas educativas por parte da Xunta, como o ascensor inhabilitado no IES nº 1 por falta de orzamento, incumprindo a Lei de Supresión de Barreiras Arquitectónicas

O PSOE de Ordes denuncia o brutal recorte que a Xunta de Galicia aplicou nos dous últimos anos no número de profesores nos centros educativos do municipio, onde se recortaron 22 profesores sen que o número de matrículas teña diminuído. “Unha situación moi grave que, unido ao abandono das infraestruturas educativas, traducirase nunha importante merma na calidade da formación que reciben os nosos nenos e nenas”, denuncia Xesús Pedreira, secretario xeral da Agrupación Socialista de Ordes.

Así, nos últimos dous anos perdéronse 22 profesores nos centros educativos de Ordes. A ensinanza secundaria é a máis afectada, pois pasou de 104 profesores no 2010 a 86 profesores en 2014. “Perdemos 5 profesores no Maruxa Mallo e a Xunta fixo un recorte escandaloso de 13 profesores no IES Nº 1 de Ordes. E todo sen que diminúa o número de matrículas en ningún dos casos”, sinala Xesús Pedreira. A estas cifras hai que engadir os 4 profesores perdidos despois do peche de tres colexios rurais e 1 profesor recortado en primaria, que conta con 93 docentes.

“A isto habería que engadir que moitos dos profesores están impartindo asignaturas nas que non son especialistas, co conseguinte deterioro na calidade do ensino que reciben os nosos mozos e mozos”, indica Pedreira Mirás, “sirva como exemplo que hai filólogos impartindo clases de música e outras materias que nada teñen que ver coa súa especialidade”. Por iso, os socialistas veñen de presentar unha moción para o seu debate na sesión plenaria do vindeiro 30 de outubro na que instan á Consellería de Educación a repoñer nos seus postos o mesmo número de profesores que había nos centros educativos de Ordes no ano 2010.

Infraestruturas

Paralelamente, os socialistas ordenses denuncian tamén a situación de abandono que sofren as infraestruturas educativas no municipio. “A mellor proba deste abandono é o IES Nº 1, que dispón dun ascensor inhabilitado por falta de orzamento, incumprindo de xeito evidente a Lei de Supresión de Barreiras Arquitectónicas da propia Xunta de Galicia”, denuncia Xesús Pedreira, quen lamenta que “o máis demoledor é comprobar que nos próximos orzamentos da Xunta para 2015 non se contempla ningunha partida específica para os centros educativos de Ordes, a pesar do grado de deterioro que presentan algúns deles”.

Neste sentido, a Agrupación Socialista de Ordes lembra que no ano 2010 elaborou un estudo no que se demostraba que a “gratuidade solidaria” pregoada pola Xunta de Galicia lles custaba aos pais e nais de alumnos de primaria de Ordes uns 24.000 euros. “Daquela a Consellería de Educación dicía que este aforro económico ía redundar en melloras nas infraestruturas dos centros educativos e no aumento dos equipos para incrementar a calidade da formación. O certo é que nin unha nin outra pois, ademais dos recortes de profesorado, as únicas obras que se teñen realizado nos centros educativos de Ordes foron de mantemento e foron realizadas polo propio Concello de Ordes”, denuncia o voceiro municipal socialista.

Por iso, o PSOE de Ordes espera conseguir o apoio dos demais grupos municipais para instar á Consellería de Educación a que inclúa nos seus Orzamentos para 2015 unha partida específica para mellorar e reparar as infraestruturas nos centros educativos de Ordes.

Teo - Títeres e As Fillas Bravas no mes do teatro do concello

O mes do teatro de Teo continúa coa función familiar de títeres “a modernidade chega á vila”
As Fillas Bravas de Chévere comezan unha minixira en Teo con actuacións nas vindeiras semanas en Reis, nos Tilos, en Calo e en Luou 

O mes de outubro continúa en Teo con teatro. Esta sábado prográmase unha función familiar de títeres indicada para nenos/as de máis de 5 anos. Fanfarra títeres presenta “A modernidade chega á vila” o sábado 25 ás 18:30 horas no Centro Cultural da Pontevella en Reis. A entrada é de balde ata completar aforo. 

Na historia que nos contará Fanfarra títeres preséntase a Glon, un novo aprendiz nunha biblioteca, na que Flora lle mostrará todos os segredos sobre os libros perdidos, aqueles que están en perigo de perdese pola falta de interese da xente neles. Gofken é o gran mestre bibliotecario e coñece cada historia de cada un dos libros das bibliotecas de todo o mundo. Na historia da “modernidade chega á vila” fálase desa modernidade destrutiva que moitas veces esquece a beleza polo que sempre foi da xente: o amor pola natureza. 

O domingo o mes do teatro cambia de rexistro coa presenza das Fillas Bravas de Chévere no Centro Cultural da Pontevella ás 18:00 horas. Con esta actuación comeza unha minixira deste espectáculo por Teo. As Fillas Bravas estarán o 30 de outubro ás 20:00 horas no local da Asociación Recreativa e Cultural dos Tilos, o domingo 9 de novembro ás 17:00 horas na Carballeira do San Martiño en Franco se o domingo 30 de novembro ás 18:00 horas no local da Asociación Cultural A Mámoa en Luou. 

As fillas bravas é unha montaxe de Chévere na que están en escea tres mulleres: Patricia de Lorenzo, Mónica García e Arantza Villar. Con esta peza a compañía residente do Concello de Teo segue explorando as posibilidades dun teatro con perspectiva de xénero. E nesta liña de traballo estas fillas bravas veñen a reafirmar modelos empoderados de muller, vencellados a expresións culturais tradicionais que agochan berros emancipatorios e cantos de rebeldía insospeitados, segundo indican as propias artistas. 

O VII Mes do teatro péchase o 2 de novembro ás 19:00 horas en Reis coa peza “Sede de mal” de Boneca Lareta- Culturactiva dirixida a un público adulto. A entrada de todas as funcións do Mes do teatro son gratuítas. Dende o Concello de Teo agradécese que os/as espectadores/as fagan unha contribución ao Banco Veciñal de Alimentos de produtos non perecedeiros. Dende o propio Banco solicitan de xeito prioritario leite e conservas.

Compromiso X Galicia - O PP so cambiou de alcalde pero non de política

Xosé Antón López quere “unha nova Compostela que lidere o País”
“O único que fixo o PP foi cambiar de alcalde, pero non mudar as políticas”

O candidato de Compromiso por Galicia á alcaldía de Santiago de Compostela, á espera de posibles diálogos con outras forzas, Xosé Antón López, vén de anunciar que quere “unha nova Compostela que lidere o País”, cun concello que irremediablemente tense que “abrir a unha cidadanía farta de corruptelas e de corruptos”, e que se poida fiscalizar non só dende dende as propias institucións e dos seus representantes, senón que tamén “dende o movemento veciñal”. Para isto, López recordou as propostas da organización galeguista en materia de redención de contas da actividade política dos representantes públicos.

Acompañou a Xosé Antón López o Secretario Xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, que citou o carácter participativo que tiveron as primarias abertas á cidadanía para escoller o candidato galeguista, “ e que foi un fito histórico noso País”, cunha asistencia “alta” e que amosa “que é posible construír unha nova cultura política, e nas formas de facer política, de base democrática onde sexa a cidadanía quen tome a palabra e que sexan os aparellos dos partidos quen dean un paso atrás”. 

Pola súa banda, o candidato lembrou que o PP “o único que fixo foi cambiar de alcalde durante esta lexislatura, ata tres, pero máis aló de iso non hai propostas novas nin un cambio nas formas”, e que Compostela non merece a un alcalde como Agustín Hernández, “que non quere selo”. “Nós queremos un alcalde que lle guste ser alcalde e que non o faga obrigado, senón que o faga polo compromiso coa súa cidade”. López indicou tamén a necesidade dunha nova fiscalidade , “onde non se lle esixan facer máis esforzos aos que menos teñen”, e desenvolver un proxecto de cidade integral, “máis aló de falar do casco histórico, do ensanche e do rural, falemos de Compostela, con proxectos transversais dende as políticas sociais ata a mobilidade”.

Psoe Oroso - Manuel Mirás, precandidato a secretaría provincial, reuniuse coa agrupación de Ordes

O precandidato no proceso de primarias para a Secretaría Xeral Provincial Manuel Mirás iniciou onte en Ordes a súa programación de encontros coa militancia. 

Mirás explicou aos asistentes as propostas que propón para o reforzamento do PSdeG na provincia coruñesa, que pasan en primeira instancia polo reforzamento das agrupacións locais. O rexedor orosán ten como obxectivo conseguir unha executiva provincial que traballe en permanente contacto coas bases do partido, e por iso para as vindeiras semanas ten preparada unha planificación de visitas por toda a xeografía coruñesa, coa intención de poder explicar persoalmente o seu proxecto a todas as agrupacións locais. De feito, a proximidade e a unidade son as dúas claves do traballo que Mirás quere abordar como Secretario Provincial. 

En primeiro lugar, o seu obxectivo é lograr comunicación periódica e estable coas agrupacións locais, de tal forma que se poida analizar en conxunto a problemática que viven en cada municipio, e desenvolver plans de actuación que permitan trasladar á veciñanza o proxecto socialista. Esta comunicación periódica, a xuízo de Mirás, ha de ser estrutural, pois abrangue tamén aos distintos cargos do partido (parlamentarios, deputados provinciais, senadores e alcaldes). 

Segundo o político orosán, todos os cargos electos deben manter reunións periódicas para traballar en conxunto. Á súa vez, os cargos electos han de manter encontros periódicos cos militantes e simpatizantes. A misión deste proceso será promover un proxecto unánime e identificable do PSdeG provincial. Manuel Mirás explicou pormenorizadamente estas ideas á militancia de Ordes, e durante a fin de semana manterá encontros similares en Frades, As Pontes e O Pino, foros nos que se encontrará tamén coa militancia de Touro, A Capela e Cabanas. Nestas xuntanzas agarda recoller máis ideas a partir das demandas e suxestións que lle transmitan os asistentes.

Santiago Futsal - Los tres puntos no pudieron venir a Santiago

El Santiago Futsal cae ante el Jaén Paraíso interior en un partido muy igualado

Los gallegos lograron el empate en la segunda parte y los locales lograron la victoria con un gol de Dani Martín.

Santi Valladares “Fue un partido muy igualado y el equipo compitió muy bien”

No pudo llegar la cuarta victoria consecutiva del Santiago Futsal, que plantó cara a su rival, Jaén Paraíso Interior, durante todo el partido. La recompensa al esfuerzo y al trabajo del equipo de Santi Valladares no pudo llegar en una cancha muy complicada.

En una primera parte muy igualada para los dos conjuntos, en los que ambos equipos llegaban a meta contraria con peligro, serían los locales los que se adelantarían en el marcador con un gol de Cuco en el minuto 16. Pero los de Santiago no bajarían la marcha, y a pesar de las ocasiones de Dani 'Chino' con tiros lejanos, la igualada no llegó hasta la segunda parte.

Tras el paso por vestuarios, los de Santi Valladares tuvieron que emplearse en defensa para detener la ofensiva del conjunto local. El Santiago Futsal logró hacerse con el control del esférico, y en el minuto 30 Borja conseguiría la igualada para los gallegos. Cuando los visitantes generaban las mayores ocasiones de peligro, en una contra de los de Santiago que no lograron finalizar, los locales, en el contragolpe, pusieron el 2-1 en el marcador con un gol de Dani Martín.

En los compases finales del encuentro, el Santiago Futsal logró, sin premio, conseguir la igualada. La buena cara ofrecida por los de Santiago no obtuvo recompensa en la pista del Jaén Paraíso Interior.

Sala de prensa

El técnico del Santiago Futsal, Santi Valladares, analizó el encuentro tras la finalización “Ha sido un partido muy igualado, con una primera parte muy ajustada, en la que en la mejor ocasión de ellos no hicieron el primer gol. Tras los 5 primeros de la segunda parte, nosotros fuimos superiores. Pero justo lo que no queríamos, que eran goles a la contra, fue como llegó el segundo de ellos. El equipo compitió bien, y quizás lo más justo hubiera sido el empate. Tenemos que seguir trabajando.

Ficha del partido:

Jaén Paraíso Interior: Prieto, Fabián, Chino, Cuco y José López- cinco inicial- Eloy Rojas, Carlinhos, Campoy, Dani Martín, Fabián, 

Santiago Futsal: Marcos Vara, Iván Rumbo, Chus, Pablo Tallón, Hugo Sánchez- cincos inicial- Marci, Borja, Gallego, Diego Quintela

Árbitros: Peña Díaz y Peña Gómez. Amonestaron con tarjeta amarilla a Fabián en el Jaén Paraíso Interior; y a Hugo Sánchez y Diego Quintela en el Santiago Futsal.

Incidencias: Partido de la 7ª Jornada de Liga celebrado en el Pabellón de La Salobreja

Goles: 1-0 min. 16 Cuc, 1-1 min. 30 Borja, 2-1 min.33 Dani Martín

Axenda e tempo do venres 24 de outubro - Música, baile, teatro, xogos, exposicións


Santiago - Área Central 21º Aniversario

Ames - Milladoiro - compañía Caramuxo - As Fabas Máxicas 

Santiago - Casa das Crechas - Pierre Aderne e DJ Floro

Santiago - Museo do Pobo Galego - Literatura de Cordel 

Santiago - Gallaecia In Armis - curso intensivo de Lindy Hop

Santiago - Borriquita de Belem - Hugo Arán


Exposicións

Brión - Metagénesix - (Ata o 29 de outubro)

Santiago - Bus Station Space - Imaxinar que soño (ata o 4 de nadal)

Santiago - Auditorio de Galicia - Xulio Maside (ata xaneiro 2015)

Santiago Ánxel Casal - Preistoria polos rapacesdo colexio de Calo (ata o 31 de outubro)

Santiago - Museo do Pobo Galego - fotografía de Elisa Gianni (ata o 26 de outubro)

O Tempo

BNG Ordes - O BNG prioriza obras de abastecemento e saneamento no pos 2015

Ramiro Recouso, portavoz municipal do BNG de Ordes, anunciou que “os nacionalistas ordenses priorizarán a inclusión de obras de abastecemento de auga e saneamento sobre o asfaltado de pistas e alumeados, aínda que tamén proporán algunha obra destas características” no Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña 2015

O edil nacionalista manifestou que, sen deixar de lado o mantemento das vías de circulación, “considera que o mais importante é que a maior parte dos 400.000€ asignados ao Concello de Ordes, sirvan pra dotar de servizos sanitarios básicos dos que aínda carecen grandes áreas do Concello”.

A proposta mais significativas do BNG inclúe obras de abastecemento de auga e saneamento en:


Abastecemento auga nos lugares de: Queis, Porta dos Condes, O Castrelo, Carrás, Albariña e Piñeiro (Parroquia de Montaos) 
Ampliación do abastecemento de auga e saneamento na parroquia de Pereira. 
Ampliación do saneamento no lugar de Labandeira de Abaixo (Poulo) ate a depuradora do Ceidón. 
Sustitución da rede de pluviais e saneamento na Avda. Alfonso Senra de Ordes, entre os números 107-129, para solucionar o problema de desbordamento do mesmo nos días de fortes chuvias. 
Instalación dun bombeo de saneamento no lugar da Maquía (Parroquia de Buscás) 
Instalación dun bombeo de saneamento no lugar de Guindiboo de Abaixo (Montaos) 



En canto ás obras de asfaltado e mellora de pavimentación, o BNG propón as seguintes actuacións.


Asfaltado das testas (20m) das pistas de concentración parcelaria de Bean-Pereira. 
Aglomerado da pista entre o lugar da A Igrexa e a N550 (Parroquia de Pereira) 


Asfaltado da pista: Os Ramos-Carballedo (Parroquia de Buscás) 
Sustitución do enlousado para peóns invidentes, nas beirarrúas de Ordes, por outro menos esbaradizo.

Negreira - A Xunta transfire o concello as avenidas de Santiago e da Barcala

Os dous tramos de estradas, obxectos deste cambio de titularidade, suman unha lonxitude total de 1,7 km

A entrega das vías formalizarase no prazo dos dous meses seguintes á publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia (DOG)

Correspóndenlle ao Concello de Negreira, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación das vías

O Consello da Xunta de Galicia aprobou hoxe o Decreto polo que se aproba o cambio de titularidade duns treitos de dúas estradas autonómicas Negreira-Negreira (AC-447), e Negreira-A Pereira (AC-546), a prol do Concello de Negreira.

Trátase do tramo coñecido coma avenida de Barcala, treito inicial da AC-546, de 510 metros de lonxitude; e a denominada avenida de Santiago, treito final da AC-447, de 1,25 km de lonxitude.

Os dous treitos presentan características de vía urbana cun tráfico eminentemente local, dado que actualmente o tráfico de longo e medio percorrido canalízase a través da variante de Negreira, alternativa viaria que proporciona un mellor nivel de servizo.

A teor do previsto no artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas. Neste caso, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ten entre as súas funcións a tramitación dos cambios de titularidade das estradas incluídas nas redes dependentes da Comunidade Autónoma e das entidades locais.

Correspóndenlle ao Concello de Negreira, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación das vías, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular da estrada.

A continuación, un plano no que se amosan os treitos que se van transferir ao Concello de Negreira.


Brión - O Concello reduce a menos de 18 días o período medio de pago a provedores

Abonou facturas por un importe de 308.350 euros durante o terceiro trimestre de 2014

O Concello de Brión reduce a menos de 18 días, concretamente 17,16 días, o período medio de pago a provedores no terceiro trimestre de 2014. Así consta no Informe realizado pola Intervención Municipal en cumprimento do Real Decreto 365/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das Administracións Públicas. Uns datos que xa foron enviados ao Ministerio de Facenda e que serán publicados ao longo do día de hoxe na páxina web do Concello de Brión.

O alcalde de Brión, Xosé Luís García, amosa a súa satisfacción por uns datos que “demostran que estamos moi por debaixo dos trinta días naturais que contempla a lexislación actual, o que é un bo síntoma da boa saúde económica do Concello de Brión e tamén unha boa noticia para todos os nosos provedores, que reciben un pronto pago dos seus produtos ou servizos”. Durante o terceiro trimestre do 2014 o Concello de Brión abonou un total de 308.350 euros a provedores.

Este informe é o primeiro que ten que presentar o Concello de Brión de acordo ao mencionado Real Decreto 365/2014, que obriga á elaboración deste tipo de informes de xeito trimestral a municipios do tamaño de Brión. Aqueles municipios que non cumpran cos obxectivos marcados neste Real Decreto enfróntanse á posibilidade de que o Ministerio de Facenda asuma o pago desas facturas con cargo ás achegas da Administración Central ao Concello, que se verían reducidas case de xeito automático.

Ames - Obras de seguridade vial nas inmediacións do centro educativo Alca

O Concello de Ames está executando as obras que permitirán mellorar a seguridade peonil nas inmediacións do centro educativo Alca

O concelleiro de Obras do Concello de Ames, Alfredo Taboada, achegouse esta mañá ata os accesos do colexio para comprobar o desenvolvemento dos traballos, que teñen un orzamento superior aos 53.300 euros. A finalidade destas obras é mellorar as condicións de seguridade dos peóns que circulan polos accesos ao centro educativo, e que na súa maioría son escolares, pais e nais e persoal docente.

O concelleiro de Obras do Concello de Ames, Alfredo Taboada, achegouse esta mañá ata as inmediacións do centro educativo Alca para comprobar o desenvolvemento dos traballos de mellora da seguridade peonil e de asfaltado que se están a acometer nesta zona. A finalidade destas obras é mellorar as condicións de seguridade dos peóns que circulan polos accesos ao centro educativo situado na parroquia amiense de Biduído e que na súa maioría son escolares, pais e nais e persoal docente. Estes traballos, que contan cun orzamento de máis de 53.300 euros, están incluídos no Plan de Obras e Servizos da Deputación 2014.

Os traballos están divididos en dous treitos de 265x1,00 e 95x1,50 metros e supoñen a pavimentación do terreo con dez centímetros de zahorra e dez de formigón. Previamente á execución do pavimento, levouse a cabo unha canalización de 365 metros de tubería de PVC e a execución de 12 arquetas con sumidoiro para a recollida de augas pluviais. Todo elo previa escavación dunha gabia e posterior compactado da mesma.

A obra ten como obxectivo mellorar a capa de rodaxe de acceso ao centro educativo mediante o emprego de tratamento asfáltico, reparación de baches e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo. Deste xeito, conséguese que a circulación dos peóns se poida realizar nunhas condicións máis seguras. No lugar onde se están realizando os traballos, Alfredo Taboada reuniuse co responsable das obras, co que abordou o seu desenvolvemento e os pasos que se darán nas vindeiras xornadas.

Estas obras enmárcanse no conxunto de traballos que está realizando o concello amiense para mellorar os accesos a centros educativos e deportivos. Estas actuacións, ademais da mellora dos accesos a Alca, inclúen tamén a obra de asfaltado no aparcadoiro do campo de fútbol do Milladoiro e no camiño de entrada a este recinto. Ademais, repararanse as sendas para garantir unha maior seguridade peonil no traxecto que vai dende Tras do Río ata o CEIP Agro do Muíño e no tramo comprendido entre Casanova e Raíces.

Santiago - A Casa do Cabildo ofrece a imaxe da Torre do Reloxo da Catedral proxectada de xeito invertido

Unha das súas salas convértese en cámara escura, co que os visitantes experimentan a sensación de estar dentro dunha cámara fotográfica

Na Casa do Cabido, na Praza das Praterías, remata mañá venres a exposición “Santiago Cidade Ilustrada”, que reúne máis de 60 obras de distintos ilustradores españois e estranxeiros que retrataron a cidade de Santiago de Compostela nas súas creacións, en particular na literatura infantil e xuvenil e o cómic. 

Aproveitando que durante a fin de semana as salas de exposicións da Casa do Cabido quedan baleiras, o Consorcio convida a todos os cidadáns e visitantes a asistir a un curioso espectáculo na segunda planta do edificio. O sábado e o domingo os interesados terán a oportunidade de ver, en total escuridade, a imaxe da Torre do Reloxo da Catedral proxectada de xeito invertido nas paredes do interior da Casa do Cabido. 

As cámaras escuras representan a orixe da fotografía e o cine
En 2011 o Consorcio rehabilitou a Casa do Cabido, que se adaptou para o seu novo uso cultural. Daquela, a orientación norte da súa fachada e a distancia desta co muro paralelo da parede medianeira posterior inspirou a idea de converter as diferentes salas do edificio en cámaras escuras, que representan a orixe da fotografía e do cine. O deseño das contraventás de madeira permite a escuridade total interior, de xeito que, a través de minúsculos orificios, nas salas penetran os raios reflectidos coa imaxe do fluír da Praza das Praterías, a fachada da Catedral e a Torre Berenguela; proxectándose invertidas sobre a parede medianeira.

O efecto “cámara escura” recreado na Casa do Cabido permite experimentar a sensación de estar no interior dunha cámara fotográfica. E ofrece momentos máxicos coa proxección do fascinante escenario urbano da Praza das Praterías sobre as paredes interiores do edificio. 

Poderase gozar deste espectáculo no horario habitual da Casa do Cabido, o sábado de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00, e o domingo de 11:00 a 14:00 horas.

Casa das Crechas - Pierre Aderne e DJ Floro hoxe venres

A Casa das Crechas acolle o concerto do cantor brasileiro Pierre Aderne ás 20h e a partir das 00:00 horas acollerá unha sesión DJ de DJ Floro. 

Naceu en Francia pero desenvolveu a maior parte da súa vida (tamén musical) no Brasil. É un dos novos valores da bossa nova e coa súa voz aveludada ten conquistado o público brasileiro coas súas cancións delicadas. O seu último álbum titúlase ‘Caboclo’. Ten cantado con Tito Paris e outros moitos músicos de todo o mundo. 


DJ Floro é un dos picadiscos máis reputados da world music. Ten pinchado en salas de todo o mundo e presenta o programa Sonideros de Radio 3.


PROGRAMACIÓN DA SEMANA WOMEX NAS CRECHAS

Sábado 25 19:30h 

ELISEO PARRA

O músico vallisoletano Eliseo Parra presenta o seu próximo traballo, ‘El Man Sur’, cuxo proxecto está a financiar a través de crowdfunding. Parra mantén desde sempre unha fructífera relación con Galiza. Foi produtor do disco de Chouteira ‘Folla de Lata’ e tamén de ‘Árnica Pura’, do artista Davide Salgado. Ademais de colaborar con varios músicos galegos, impartiu ‘master classes’ no Conservatorio Folque de Lalín.

Eliseo Parra (Sardón de Duero, 1949) comezou a súa carreira musical nos anos 60 en grupos de rock, continuou no jazz e logo comezou a investigar a música tradicional castelá. Hoxe o seu labor máis coñecido é o de divulgador e renovador da música tradicional española. 

Inicia a súa carreira en solitario nos 90, centrada na revisión do repertorio tradicional do folclore español desde parámetros musicais contemporáneos, con influencias das músicas tradicionais doutros países, da música caribeña, do jazz e do rock. Publicou nove discos en solitario. 

Además de como intérprete, Parra realizou traballo etnolóxico de campo en colaboración con José Manuel Fraile. Froito desta colaboración son os libros Romancero tradicional de la provincia de Madrid, Cuentos de la tradición oral madrileña, La poesía infantil en la tradición madrileña e El mayo y sus fiestas en tierras madrileñas.


Sábado 25 20:30h 

OREKA TX

Oreka TX é un dos mellores grupos de txalaparta, o instrumento tradicional vasco construído a base de placas de madeira. Harkaitz Martinez e Mikel Ugarte teñen tocado con Kepa Junkera Pat Metheny, Alasdair Fraser, Hendingarna, Dulce Pontes... Gravaron tres discos, ‘Silex’ o último, no que se centran na pedra como material para tocar música. 


Sábado 25 00:00h 

DJ Click (Francia)

DJ Click é un coñecido DJ que pincha gipsy, novo flamenco, balkan, música brasileira, worldtrónica... Ten a súa propia discográfica, No Fridge. 

Silleda - Posta en marcha do programa "Coeducamos"

A Concellería de Benestar e Igualdade pon en marcha de novo o programa ‘Coeducamos’, con catro liñas de actuación

-A iniciativa, para afianzar no ensino e na familia os valores e prácticas coeducativas, comeza o vindeiro mes, con sesións e obradoiros que chegarán tamén aos centros educativos. Un obradoiro sobre desigualdade de xénero e sexismo nas Redes Sociais, entre as novidades

Dolores García, pon en marcha un ano máis o programa Coeducamos, dentro das iniciativas encamiñadas a promover a igualdade entre homes e mulleres. Este programa, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, está deseñado para afianzar no ensino e tamén no ámbito familiar os valores e prácticas coeducativos.

O programa consta de diferentes actuacións. Así, ademais dos obradoiros de corresponsabilidade a nenos/as e mozos/as, baixo o título Os saberes diarios, (para os que continúa aberto o prazo de inscrición ata este venres día 24), celebraranse outras tres actividades. 

Iguais ou diferentes, é o título do obradoiro de Coeducación destinado ao alumnado de Infantil. Este ano celebrarase no CEIP da Bandeira, con dúas sesión que serían impartidas pola entidade Illa Bufarda. As situación de aprendizaxe baseadas no xogo serán as protagonistas. A primera cita será o 13 de novembro (de 09.30 a 11.00), baixo o título “Estereotipos na sociedade. Publicidade e consumo de xoguetes”. O día 20 de novembro, Illa Bufarda volta ao CEIP da Bandeira para tratar as relacións sociais nos xogos e o papel do xogo no desenvolvemento infantil.

O terceiro obradoiro chega baixo o nome Elixe, está destinado a alumnos/as da ESO e versa sobre a orientación académico vocacional para unha toma de decisións non discriminatoria. O obxectivo é garantir a igualdade de oportunidades para os alumnos e alumnas no acceso a todas as formas de ensino e tipos de formación, así como axudarlles a elixir, sendo conscientes da imposición dos valores sexistas, tipo de estudos, carreiras, ou emprego que mellor se adapte ás súas aptitudes e actitudes. Tamén se pretende ampliar o coñecemento das novas opcións ocupacionais para ambos sexos e a importancia da búsqueda de novos referentes profesionais. 

A cita neste caso será no Colexio Plurilíngüe María Inmaculada con sesión impartidas por Consuelo Cajide Labandeira, psicóloga e directora do Centro de Información á Muller (CIM) de Teo. Terán lugar os días 5 e de 12 de novembro (de 15.00 a 16.40 horas, nas dúas xornadas).

Sexismo nas redes sociais

Por último, dende a Concellería de Benestar e Igualdade, tamén se organiza o Obradoiro sobre desigualdade de xénero e sexismos nas Redes Sociais, que se desenvolverá no IES Pintor Colmeiro. A psicóloga e terapeuta familiar Paula Sánchez, será a encargada de dirixir as dúas sesión, nas que se analizarán o significados das redes sociais como instrumento de comunicación e relación, os usos que delas fan os mozos/as, e se afondará, dende unha perspectiva de xénero o papel deste novo medio.

Os riscos das redes, os contidos que se comparten, ou as dificultades e beneficios para a mocidade, serán outros dos temas de análise e debate.

A primeira sesión será o xoves día 6 de novembro (de 12.50 a 14.30 horas), baixo o título Enredando Alumn@s e a segunda o venres 7, titulada “Ciberacoso”, tamén no mesmo horario.

Ordes - Aberto o prazo de inscrición para participar no programa ‘Xuntos polo Nadal’

Finaliza o 15 de novembro e está dirixido ás persoas maiores que están soas nestas datas. Posibilita a convivencia durante varios días nun centro

Un ano máis o Concello de Ordes fai pública a convocatoria do programa social ‘Xuntos polo Nadal’. Dirixido especialmente ás persoas maiores que se atopan soas nestas datas, posibilita a celebración das festas na compaña doutras persoas na mesma situación. Todo iso de maneira gratuíta para aqueles cuxos ingresos sexan inferiores a 532 euros mensuais. En caso contrario deberase aboar un importe de 50 euros.

Entre os requisitos exixidos están o de ser maior de 60 anos, estar empadroado nalgún concello galego, valerse por si mesmos e non padecer enfermidade infectocontaxiosa nin trastornos mentais que alteren a convivencia, ademais de non estar acollido en ningún centro residencial.

Os interesados e interesadas en participar deberán entregar as súas solicitudes no departamento de Servizos Sociais do municipio ata o 15 de novembro como data límite. Ademais tamén deberán achegar unha copia do DNI, tarxeta sanitaria, informe médico actualizado, xustificante da pensión e do certificado de convivencia. 

Para calquera aclaración basta con chamar ao 981 680 002.

Área Central - Un 21º Aniversario pensando nos cativos

Para este viernes 24 y sábado 25 hay programados hinchables, actuaciones de magia, talleres y espectáculos musicales

Este viernes 24 y sábado 25, Area Central celebra su 21º aniversario con una programación de actividades dirigida al público infantil en la que habrá un espectáculo de magia, globoflexia, talleres infantiles, hinchables y un espectáculo musical con los personajes Disney más conocidos. 

Tanto el viernes 24 como el sábado 25, a las 18.00 horas, la esquina roja acogerá unas actividades lúdico-educativas de mano de la Asociación Planeta Shalom compuesta por unos talleres creativos con alusiones al cumpleaños de Area Central, en donde los niños podrán realizar diferentes manualidades, además de disfrutar en una zona de lectura y pintura. 

Además, el viernes 24 el escenario principal acogerá una sorprendente actuación de magia infantil, a partir de las 19.00 horas. En el transcurso de esta actuación se fusiona la magia con la globoflexia. Se trata de un espectáculo de magia cómica, fresca, muy visual, divertida y participativa. 

El sábado 25, además de los talleres infantiles, de 17.00 a 21.00 horas un hinchable situado en la esquina verde de la planta primera hará saltar y disfrutar a los pequeños de la casa. Además, a partir de las 19.00 horas comenzará en el escenario principal un divertido espectáculo musical en el que participarán los personajes Disney más queridos por los niños.

Oroso - cursos gratuítos sobre estratexias de márketing en liña, comercio electrónico e venda por Internet

O Concello de Oroso convoca dous novos cursos formativos gratuítos sobre estratexias de márketing en liña, comercio electrónico e venda a través de Internet. Dous cursos enmarcados dentro do Plan de Inclusión Dixital do Concello de Oroso e en colaboración co programa “Faite Dixital”, posto en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa Aula CeMIT de Oroso e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. 

O primeiro dos cursos, denominado “Marca Persoal”, está dirixido á aprendizaxe de novas competencias dixitais no desenvolvemento de estratexias de marca persoal e márketing en liña, dirixidas a implementar ou mellorar o comercio electrónico dentro dun modelo de negocio. Desenvolverase do 29 de outubro ao 6 de novembro, en horario de 16:00 a 20:00 horas.

O segundo curso será sobre “Redes Sociais” e está dirixido á aprendizaxe de competencias dixitais no desenvolvemento relacionadas co márketing en liña, dirixida tanto a cidadanía como a empresas e emprendedores que queiran iniciarse ou mellorar a súa visibilidade na rede de cara ao comercio en liña. Terá lugar do 10 ao 18 de novembro, de 16:00 a 20:00 horas.

En ambos casos, os veciños e veciñas interesados en participar deberán reservar a súa praza ben na Aula CeMIT do Concello de Oroso (rúa do Deporte, 7. Sigüeiro), no teléfono 981 973 927 ou na web https://cemit.xunta.es/gl/actividade/11748.

Touro - As rúas de Fonte Díaz acollen o sábado o XVI Slalom do Concello

El XVI Slalom Concello de Touro se celebrará el próximo sábado, día 25 de octubre, en un circuito urbano en las calles de Fonte Díaz, capital del Concello de Touro. La prueba será puntuable para el Campeonato Galego de Slalom. El plazo de inscripción de los pilotos finaliza mañana. Los organizadores confían en que participen en torno a 25 pilotos y escuderías procedentes de toda Galicia.

Patrocinado por el Concello de Touro, la organización de la prueba corre a cargo de la escudería Touro Motor, una de las firmas más activas del panorama automovilístico en Galicia. Durante la mañana del próximo sábado se desarrollarán las verificaciones técnicas de los vehículos participantes. A las tres de la tarde comenzarán los entrenamientos previos a las dos mangas oficiales de las que consta la competición. La primera manga será a las 16.00 horas y la segunda está prevista para las 18.00 horas. Ambas serán sobre un circuito urbano sobre asfalto. La organización espera numerosa presencia de pilotos y público.

El slalom de Touro forma parte del amplio abanico de actividades deportivas que celebra anualmente el Concello, en un elevado número de casos al aire libre. “Estamos satisfeitos da participación dos veciños e dos profesionais que, cada vez en maior número, acuden a participar nas probas que organizamos”, afirma el alcalde del municipio, Ignacio Codesido, quien espera una numerosa afluencia de público durante el XVI Slalom Concello de Touro.

Pazo do Faramello - Outubro remata cun obradoiro de maridaxe con cervexas artesás

Mentres aínda se pode visitar a exposición 'Faladoiro do Viño' e logo do éxito acadado polo obradoiro celebrado este pasado domingo, o ciclo vinícola remata no Pazo do Faramello cunha nova demostración de cociña e maridaxe o vindeiro día 26. Desta volta, a protagonista será a cervexa artesá galega. Os cociñeiros que impartirán o obradoiro son Miguel Rodríguez e Mark Wernik, dous dos máis afamados chefs que temos en Galicia. As entradas xa están dispoñibles a un prezo de 25 euros. 

Durante o tempo no que estará dispoñible para visitar o 'Faladoiro do Viño' tamén se quixo atender á parte gastronómica con dous obradoiros ligados ao viño e á cervexa artesá galega. Os ditos cursiños están impartidos polos chef Miguel Rodríguez Pereira e Mark Wernik. Logo da grande acollida do celebrado o pasado domingo e que maridou viños galegos e produtos do país, o cursiño deste domingo día 26 terá como protagonista na parte das bebidas á cervexa artesá galega. 

Neste sentido, Jesús Rivera, un dos socios de Fillos da Malte -unha das tendas máis puxantes de cervexas artesás galegas situada en Compostela- falará sobre as distintas variedades que se van poder probar no obradoiro. Pola súa banda, os chefs diseñarán unha serie de pinchos ou tapas axeitados para cada cervexa. 

No obradoiro, ademais de ver como preparan os pratos, resolverán todas as nosas dúbidas sobre a maridaxe, darán pistas e claves para aprender a deseñar menús que se adecúen a unha cervexa en concreto e, por suposto, farase unha degustación. 

As entradas para poder asistir á celebración deste último obradoiro xa están dispoñibles para a súa venda online na web http://www.madapro.es/tenda/ Ademais, cada billete dará dereito a unha visita guiada ao Pazo do Faramello, prevista para as 11:30 da mañá, seguida por outro percorrido comentado á exposición 'Faladoiro do Viño' ás 12:30 para rematar na celebración do obradoiro xa ás 13 horas. 

Grandes profesionais
Estes dous obradoiros estarán impartidos polo chef Miguel Rodríguez Pereira. Orixinario de Tui, Miguel Rodríguez é un dos chefs máis importantes de Galicia, que conta cunha amplísima experiencia laboral. Na actualidade é o chef do Parador de Tui e con anterioridade foi axudante de cociña no 'Restaurante Marcelino Pan y Vino' no Museo de Arte Contemporánea de Vigo, o MARCO, dirixido por Marcelo Tejedor. Foi tamén responsable da cociña do Campo de Golf de Mondaríz Balneario e xefe de partida no Hotel Valentín Star de Menorca, entre outros. A este envidiable curriculum sumaráselle o feito de que estará acompañado polo tamén gran chef do Casino La Toja Mark Wernink. 

Wernink, un dos maiores expertos de cociña asiática que temos en Galicia, foi o encargado de realizar os catro obradoiros gastronómicos realizados durante a exposición “Asia Magna”, que tanto éxito acadaron. 

Nesta ocasión Mark Wernink e Miguel Rodríguez, grandes profesionais que xa se coñecen e teñen traballado conxuntamente en múltiples ocasión, uniranse para realizar estes dous obradoiros onde traballarán con produto cento por cento galego, tanto na parte gastronómica como na enolóxica.

Ames - A compañía Caramuxo achega este venres a Milladoiro a obra de teatro infantil “As fabas máxicas”

Trátase dun espectáculo de monicreques e actor dirixido aos nenos e nenas a partir de 4 anos

As entradas poden reservarse ata o venres 24 de outubro, ás 14:00 horas, a través do teléfono 981 53 59 40 ou enviando un correo electrónico ao enderezo cultura.milladoiro@concellodeames.org

O pasado venres, o auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns rexistrou un cheo absoluto para ver a Carlos Blanco e Luís Davila no espectáculo Menú do día

Este venres, 24 de outubro, ás 18:30 horas, volve o teatro infantil ao Concello de Ames da man da compañía Caramuxo Teatro que representará na Casa da Cultura do Milladoiro “As fabas máxicas”. Trátase dun espectáculo de monicreques e actor dirixido ao público infantil. As entradas para asistir a este espectáculo poden reservarse ata o venres 24 de outubro, ás 14:00 horas, a través do teléfono 981 53 59 40 ou enviando un correo electrónico ao enderezo cultura.milladoiro@concellodeames.org.

As fabas máxicas é unha proposta teatral pensada para nenos e nenas de máis de 4 anos e as súas familias, que gozarán do espectáculo tanto coma os cativos por mor da coidada escenografía, do humor e da poesía con que se vai tecendo a historia. Trátase dunha versión renovada do conto tradicional “Xan e as fabas” no que o propio Xan, coa axuda duns xeitosos monicreques, narran en primeira persoa as súas aventuras. Xan vive agora nun pequeno apartamento dun dos edificios máis altos de Nova York coidando as plantas da súa terraza e descobre algo sorprendente que lle lembra unha asombrosa infancia chea de aventuras.

As entradas para asistir a esta función teñen un prezo de 4 euros para os maiores de 12 anos e os menores desa idade terán un desconto do 50 por cento así como os que posúan carné de estudante e os maiores de 65 anos. As entradas poden reservarse ata o venres 24 de outubro, ás 14:00 horas, chamando ao número de teléfono 981 53 59 40 ou enviando un correo electrónico a cultura.milladoiro@concellodeames.org. As entradas reservadas terán que ser recollidas o día da función entre as 17:30 h e as 18:00 horas e as que non se recollan nese horario serán vendidas a partir das 18:00 horas. Despacharanse un máximo de 4 pases por persoa.

Programación teatral para o mes de outubro

O pasado venres, 17 de outubro, o auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns rexistrou un cheo absoluto para ver a Carlos Blanco e Luís Davila no espectáculo Menú do día. O actor Carlos Blanco narrou historias durante 80 minutos, mentres o debuxante Luís Davila ilustrou estas historias nunha pantalla xigante. Cómpre destacar que nunha parte do espectáculo, Carlos Blanco, fixo mención ao baby boom que se está producindo no Concello de Ames, que é un dos municipios coa poboación máis nova de todo Galicia.

A programación de teatro de outubro rematará o venres, día 31, coa presentación de As mil vidas de Matías Houseman, de Teatro do Adro, interpretada polo veciño de Ames Josito Porto que o ano 2013 acadou o premio María Casares ao mellor actor protagonista pola interpretación deste texto.

Axenda e tempo do xoves 23 de outubro - Deportes, música, exposicións


Santiago - Sala Capitol  Showcase

Santiago - Borriquita de Belem - Narf 

Santiago - Casa das Crechas - La Musgaña

Santiago - Sonar - Miguel Alonso

Vedra - Exhibición de defensa persoal


Exposicións

Brión - Metagénesix - (Ata o 29 de outubro)

Santiago - Bus Station Space - Imaxinar que soño (ata o 4 de nadal)

Santiago - Auditorio de Galicia - Xulio Maside (ata xaneiro 2015)

Santiago Ánxel Casal - Preistoria polos rapacesdo colexio de Calo (ata o 31 de outubro)

Santiago - Museo do Pobo Galego - fotografía de Elisa Gianni (ata o 26 de outubro)

O Tempo