O Goberno amiense cualifica de inadmisible a actitude dos grupos da oposición, alentando e incitando aos veciños do rural a impedir o normal desenvolvemento do pleno
O Executivo denuncia que se está manipulando o sentir e a opinión dos veciños e rompendo a ecuanimidade e principio de equilibrio de todos os veciños amienses, tanto do rural como da zona urbana. Denuncia, ademais, que se está chamando á rebelión ante unproblema herdado do anterior Executivo socialista, que oactual Goberno asumiu, buscando sempre solucións eaportando propostas e alternativas como a rebaixa do 50% dataxa do lixo a partir de 2013 ou as facilidades defraccionamento e aprazamento do pago.
Ante esta situación, o Executivo considera que se está politizando e ideoloxizando o conflito, tentando violentar unha xestión democrática que foi respaldada por ampla maioría nas urnas. Con todo, e pese a estas protestas durante medio ano e da revolta e disturbios acontecidos onte, o Goberno segue buscando solucións, tendendo a man e preocupándose polos veciños, os verdadeiros afectados pola retroactividade.
O Executivo quere facer fincapé en que en ningún momento se prohibiu o acceso ao pleno, o que se fixo foi garantir que o aforo non se desbordase e dese lugar a calquera problema de orde publico. Para garantir o correcto desenvolvemento da sesión plenaria, o Concello solicitou un informe aos técnicos municipais co obxectivo de establecer o aforo do salón de plenos por motivos de seguridade e ante os acontecementos rexistrados en anteriores ocasións.
Sobre o procedemento, destacar que se trata dun expediente moi voluminoso e con numerosas alegacións. A dia de hoxe, o Concello iniciou o expediente mediante as notificacións por correo e, no caso que corresponda, a posterior publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP). Actualmente, hai resoltos 2.686 expedientes e, ademais, declarouse por parte do Concello a caducidade de 417 expedientes que non se puideron resolver no prazo porque non se puideron recabar todos os informes necesarios para a súa resolución e que se volveron a iniciar para evitar agravios e incumprimentos legais.
Ames, 30 de novembro de 2012. O Executivo amiense lamenta a actitude amosada na xornada de onte polos grupos da oposición durante a celebración do pleno ordinario, no que se dedicaron a incitar aos veciños e veciñas afectados polo cobro da taxa do lixo do rural para impedir o normal desenvolvemento da sesión plenaria. O Goberno cualifica como inadmisible a actitude mantida polos concelleiros da oposición, que tentaron boicotear a celebración do pleno como en outras ocasións, instando aos veciños e veciñas a proferir consignas e a interromper as intervencións do alcalde, que en numerosas ocasións tivo que chamar á orde e ao silencio e incluso facer un receso para pedirlle aos cidadáns que deixasen celebrar a sesión. Ademais, víronse vulnerados os dereitos dos concelleiros do goberno ao non poder explicar os asuntos de pleno. Xa no exterior, coas súas declaracións e manifestacións, os edís alentaron a violencia verbal das persoas que asistiron á concentración, unha cuestión da que tomou nota a Garda Civil.
Durante estes altercados, na tarde de onte, a Garda Civil abriu dilixencias contra a concelleira Pilar Candocia e identificou a dúas persoas por ameazas e agresión a un concelleiro do grupo popular. Hai que destacar que esta e a terceira vez na que se producen altercados, comportamentos e actitudes agresivas durante a celebración dos plenos da Corporación. Esta situación non só afecta aos concelleiros, senón aos traballadores municipais que asisten ao pleno, que xa amosaron o seu temor e incomodidade coas situacións que se viven nas sesións plenarias. Durante a sesión, os concelleiros do grupo popular mantivéronse no salón de plenos do Concello para ir logo abandonando a Casa Consistorial de xeito progresivo e escalonado por recomendacións das forzas de seguridade e ante a agresividade dos manifestantes.
En canto ás mostras de civismo das que fala a oposición, destacar que existen abundantes probas gráficas sobre as que cada un debe sacar as súas propias conclusións.
O Goberno amiense denuncia que se está manipulando o sentir e a opinión dos veciños e rompendo a ecuanimidade e principio de equilibrio de todos os veciños amienses, tanto do rural como da zona urbana. Considera, ademais, que se está chamando á rebelión ante un problema herdado do anteriorExecutivo socialista, que o actual Goberno asumiu, buscandosempre solucións e aportando propostas e alternativas. Unha dasprincipais medidas tomadas polo Goberno amiense foi a rebaixado 50% da taxa do lixo no rural a partir do 2013, un compromisoadquirido e proposto en exclusiva polo Executivo e aprobado ensolitario polo grupo de goberno, mentres que o resto abstivéronse.
Ademais, o Goberno amiense ofrece facilidades de fraccionamento e aprazamento do pago, ofrecéndolle aos cidadáns todas as facilidades posibles e permitindo, sen ningún tipo de xuro de demora, o aprazamento do pago ou o fraccionamento en cotas mensuais, en función das cantidades.
Ante esta situación, o Executivo amiense considera que se está politizando e ideoloxizando un conflito, tentando violentar unha xestión democrática que foi respaldada por ampla maioría nas urnas. Con todo, e a pesar destas protestas durante medio ano e da revolta e disturbios acontecidos na xornada de onte, o Goberno segue buscando solucións, tendendo a man e preocupándose polos veciños, os verdadeiros afectados pola retroactividade.
O Executivo lamenta profundamente a politización que os grupos da oposición están a facer dunha plataforma que debería estar pensada para defender os intereses dos veciños e veciñas do rural e non no beneficio propio dos grupos políticos que a integran. O Goberno amiense entende e defende o dereito dos veciños e veciñas a protestar e facer chegar a súa opinión ao Executivo, pero reproba os intentos da oposición de recruar as protestas e alentar aos veciños e veciñas con datos non contrastados e erróneos sobre o procedemento. De feito, os membros do grupo popular puideron constatar onte, en conversación con diferentes veciños e veciñas, que os grupos da oposición están ofrecendo aos afectados información tóxica e interesada, manipulando os datos e non ofrecendo aos veciños que presuntamente defenden información sobre a posibilidade de fraccionamento e aprazamento do pago.
Acceso ao salón de plenos
O Goberno amiense quere facer fincapé en que en ningún momento se prohibiu o acceso ao pleno, o que se fixo foi garantir que o aforo non se desbordase e dese lugar a calquera problema de orde publico.
Para garantir o correcto desenvolvemento da sesión plenaria, o Concello de Ames solicitou un informe aos técnicos municipais co obxectivo de establecer o aforo do salón de plenos por motivos de seguridade e ante os acontecementos rexistrados en anteriores ocasións. O Goberno amiense decidiu facer un control do acceso de publico á sala ata completar o aforo co obxectivo de que a sesión plenaria se puidese desenvolver con total normalidade e en condicións de seguridade, extremo este recomendado pola Policía Local.
O informe elaborado polos técnicos municipais establece o aforo máximo do salón de plenos amiense en 40 persoas, tendo en conta os asentos situados na zona de publico e deixando o espazo correspondente ao corredor de evacuación.
Procedemento
Sobre o procedemento, destacar que se trata dun expediente moi voluminoso e con numerosas alegacións. A dia de hoxe, o Concello iniciou o expediente mediante as notificacións por correo e, no caso que corresponda, a posterior publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP). Actualmente, hai resoltos 2.686 expedientes e, ademais, declarouse por parte do Concello a caducidade de 417 expedientes que non se puideron resolver no prazo porque non se puideron recabar todos os informes necesarios para a súa resolución e que se volveron a iniciar para evitar agravios e incumprimentos legais.
Segundo os datos actualizados, pagáronse xa 561 liquidacións por parte dos veciños de Ames e no expediente figuran sobre 100 casos relacionados con ruínas, galpons ou persoas falecidas. Unha cifra que se incrementará por que está en prazo de recurso.
Estes datos son provisionais, xa que a información estase a actualizar continuamente a medida que se reciben no Concello. Cando se teñan datos definitivos, realizarase o informe correspondente por parte dos servizos económicos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario