Axenda e tempo do sábado 23 de xaneiro - Música, obradoiros, exposicións

Santiago - Numax 

Lalín - Mes do Cocido

Santiago - Área central - sábados creativos

Santiago - Casa das CRechas - Machado

Ames - Charla sobre a Hepatitis C

Santiago - Pub Sonar - Heredeiros da Crus

Ames - Festa aniversario no Pub Mundo Celta 

Santiago - Teatro Principal - Homenaxe a Xoán Bello Mallou



Exposicións

Santiago - Gaias - José Suárez - Uns ollos vivos que pensan (ata o 27 de marzo) 

Ames - Casas da Cultura de Milladoiro e Bertamirans - Illa de Ons (ata o 31 de xaneiro)

Santiago - Museo do Poibo galego - "Unha porta do Rial. Ehlaba Carballo e Riobó Prada" (ata o 6 de marzo)

Santiago - Auditorio de Galicia - Salto de páxina (ata febreiro 2016)

Santiago - Casa do Cabildo - Postais antigas de santiago (ata mediados de febreiro) 


O Tempo

Área Central - talleres creativos de cocina y educación vial

Area Central contará hoy sábado con una nueva sesión de los talleres “Sábados creativos”, centrado en esta ocasión en dos temas, en principio, difíciles de conjugar, como son la cocina y la educación vial. En la actividad, que dará comienzo a las 18.00 horas en la esquina amarilla, los pequeños chefs aprenderán a cocinar coches de carreras, semáforos y osos-pilotos, entre otros “platos”.

Durante dos horas, los más jóvenes de la casa tienen asegurados minutos de creatividad y diversión con la participación en este taller. Las familias asistentes pasarán una tarde “deliciosa” y muy amena. Además, a quien no le apetezca realizar este taller, el espacio de celebración de “Sábados creativos” cuenta con varios libros en los que los niños pueden disfrutar con la lectura.

“Sábados creativos” es una apuesta estable y consolidada de ocio familiar para las tardes de los sábados de Area Central, en los que el arte, la educación y el entretenimiento van de la mano dirigidos por las responsables de Planeta Shalom, entidad que los gestiona.

El Carnaval se acerca

Area Central perfila ya los últimos detalles de la programación de actividades previstas para celebrar el Carnaval, en el que no faltará el concurso infantil de disfraces el próximo sábado 6 de febrero. Este concurso tendrá lugar en el escenario principal a partir de las 18.00 horas. Los disfraces más creativos serán los más valorados.

Para celebrar el Carnaval, Area Central también tiene organizados talleres propios de las fechas, en los que la música, el baile y las creaciones serán los pilares más importantes.

XII Certamen de Arte Escolar Eugenio Granell

Hasta el 31 de enero, los visitantes de Area Central son los miembros del jurado de la categoría “Premio del público” del XII Certamen de Arte Escolar Eugenio Granell, ya que los pasillos del complejo tienen dispuestas las más de 170 obras participantes en este concurso y pueden votar por su favorita. Las construcciones están distribuidas en vitrinas en la esquina azul, mientras que elresto de las obras de papel se pueden contemplar en la esquina verde.

Boqueixón - Mañá domingo teatro en Camporrapado

A Casa da Cultura de Camporrapado acolle mañá domingo día 24 de xaneiro ás 17:30h. a obra “Autoescola Fitipaldi” do Grupo de Teatro do Centro Social da Terceira Idade de Vedra. 

Este grupo de teatro creouse no ano 2013 e está composto por 8 persoas cunha media de idade entorno aos 72 anos (una delas conta con 80 anos). Despois dun tempo de ensaio, puxeron en escea a súa primeira obra no ano 2014.

“ Autoescola Fitipaldi” é a súa segunda obra. As esceas desta comedia transcorren nunha Autoescola, donde as personaxes, sumamente peculiares, teñen como obxectivo sacar o cané de conducir...toda unha aventura!

Ames - Charla no Milladoiro sobre os coidados e tratamento da Hepatites C

Hoxe sábado 23 de xaneiro, ás 18:00 a Dra. Esther Molina, médico especialista no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) ofrecerá unha charla informativa na Casa da Cultura do Milladoiro acerca do tratamento e coidados dos enfermos de Hepatite C.

A pesar de que a charla está dirixida especialmente aos afectados por esta doenza así como para os seus coidadores, toda a cidadanía amesá é convidada a acudir. A asistencia é gratuíta e as prazas completaranse até completar o aforo do auditorio da Casa da Cultura. 

A intervención da Dra. Esther Molina centrarase en dous cuestións: os coidados e o seguimento que se debe facer dos pacientes con hepatite C que están a recibir os novos tratamentos e o que ocorre unha vez rematado o mesmo. 

A hepatite C é unha enfermidade infecciosa, provocada polo virus da hepatite C ou VHC. Se ben pode curarse de forma estpontánea coa desaparición do virus, a súa permanencia no corpo humano provoca o deterioro progresivo do fígado. A cirrose ou o cancro de fígado son os derivados máis daniños desta enfermidade.

Pese a que aos enfermos de hepatite C en estado avanzado de infección éralles transplantado o fígado como un recurso de curación recentemente, no ano 2014, presentouse un novo tratamento: un fármaco antivírico que o SERGAS comezou a aplicar a parte dos pacientes con hepatite C no ano 2015.

En marzo de 2015 foi presentada pola oposición unha moción, en pleno ordinario, de apoio aos afectados pola hepatite C que non poden acceder a este tratamento. O prezo do fármaco e a súa administración, que se adoita prolongar varias semanas, ten un alto custe. O Ministerio de Sanidade publicou en 2015 os perfís daqueles pacientes que accederían ao tratamento, provocando as protestas de todos aqueles homes e mulleres excluídos do mesmo. O pleno do Concello acordou por unanimidade naquel momento afirmar publicamente o seu apoio aos afectados por esta exclusión.

Casa das Crechas - Hoxe o trompetista cubano Machado

Hoxe sábado 23 de xaneiro a Casa das Crechas acolle un concerto de Machado, un trompetista cubano que vén con formación de sexteto e vén presentar o seu primeiro traballo discográfico propio: ‘Vivencias’, un proxecto de cubanía refrescante, con ritmática cubana de todos os tempos, pero que se enmarcaría en ‘smooth jazz’, un proxecto musical en que está presente o Latin jazz, aires flamencos, sons árabes. 

Este é o seu momento de madurez persoal, artística e creativa, e é por iso que agora decide liderar un proxecto con temas propios na súa maioría. Unha traxectoria profesional intachable percorrendo escenarios do mundo con multitude de artistas, permítelle incorporar diferentes culturas. A súa personalidade, o seu sorriso permanente, a súa profesionalidade, a súa seriedade, e a sonoridad da trompeta e do fiscornio nas súas mans converteron a este trompetista cubano-madrileño, en imprescindible nos mellores directos ou estudos de gravación.

Machado ten colaborado con artistas do talle de Paquito de Rivera, Chucho Valdés, Ketama, Luz Casal, Zenet, Pastora Soler ou Cuban Sound Project. 

Velaquí a formación (concerto que forma parte da rede Girando por Salas)

Manuel Machado (trompeta, fiscornio, Cuba)
Gherardo Catanzaro (piano, Italia)
Yrvis Méndez (baixo, Venezuela)
RAfael Arteaga (saxo, Cuba)
Juan Viera (percusión, Cuba)
Shayan Fathi (batería, Irán)

BNG A Estrada - Demanda de actualización dos nomes das rúas nos mapas da rede

O BNG rexistra unha moción para que os servizos de servidores de mapas virtuais como Google Maps ou Bing Maps (Microsoft) actualicen o rueiro da Estrada, eliminando as referencias da Ditadura como “Praza del Generalísimo”. Na mesma moción o BNG tamén busca o apoio dos demais partidos para que este tipo de servizos utilicen os topónimos correctos, evitando referencias como “Lagartones”, “Aguiones” ou “Cereijo”.

Segundo explica o BNG na moción hoxe en día millóns de persoas utilizan os servizos dos servidores de mapas na web e dispositivos móbiles, que proporcionan empresas como Google desde o seu servizo Google Maps, que ten cartografiado practicamente todo o planeta. Así, desde esta aplicación que se pode usar gratuitamente, e na que tamén aparece o noso concello, podemos localizar rúas, mesmo camiñar virtualmente por elas a través do seu servizo integrado, Google Street View, podemos trazar rutas e para as pequenas e medianas empresas, así como comercios e puntos turísticos de interese constitúe unha ferramenta moi útil de promoción virtual.

O éxito desta aplicación é tal que segundo o “Play”, a tenda virtual de Android, o Google Maps acada a escalofriante cifra mil millóns de descargas, e segundo diversas publicacións, máis do 20% das búsquedas en Google teñen a ver coa localización.

Desde o BNG entendemos que servizos deste tipo, que, como dixemos antes, serven tamén de promoción do noso concello, deben reflectir a realidade e non distorsionala. Neste sentido, unha ollada á vila do noso concello desde o Google Maps atopámonos con referencias como “Praza del Generalísimo” no canto de Praza de Galicia (nome oficial, aínda que o popular é Praza da Farola), “Praza de Martínez Anido” no canto de Praza do Mercado, ou “Camiño da Caldesina” no canto de “Camiño da Caldesiña”.

Mais Google non é a única empresa de internet que fornece este tipo de servizos. Empresas como Microsoft tamén teñen os seus propios servizos de servidores de mapas para a web, neste caso Bing Maps. Unha ollada a este servizo reflicte, -se cabe-, unha realidade aínda esperpéntica que o caso de Google, xa que, ademais dos exemplos do rueiro anteriormente citados, Microsoft ten os topónimos das nosas parroquias completamente deturpados, o que se coñece comunmente como castrapo. Así atopámonos con “La Estrada”, “Lagartones”, “Aguiones”, “Guimarey”, “Santa Marina de Barcala”, Cereijo, etc; pero o que xa é o colmo é que os topónimos reflíctense deturpados cando o/a usuario/a define a interface web da aplicación en galego, poñéndoos correctamente cando se escolle o castelán.

É deber das administracións públicas galegas non só cumprir a lei de normalización lingüística, empregando os topónimos correctamente e todas as súas publicación; mais as administracións públicas deben velar polo seu cumprimento estrito por parte das empresas coas que teña algún tipo de relación, así como onde se vexa reflectido o noso concello dun xeito tan esperpéntico como os exemplos que acabamos de ver, dando unha imaxe bastante deplorábel e distorsionada do que é a nosa cultura, que poden ver millóns de persoas.

Touro - O Entroido do concello, un dos máis madrugadores

O Entroido de Touro será un dos máis madrugadores da comarca do Ulla. Xa todo está listo para que veciños e visitantes poidan disfrutar dunha das festas con máis tradición no concello de Touro. O último domingo de xaneiro, día 31, a parroquia de Bama celebra o seu domingo de ‘corredor’, unha das celebracións do entroido que ten como protagonistas aos ‘xenerais da Ulla’, que lembran a batalla entre o xeneral amotinado Solís e o xeneral que capitaneaba as forzas leais á raiña Isabel II. Será a partir das 16.00 horas no Campo da Festa de Bama. Haberá enfrontamentos ‘verbais’ sobre a situación política en España e no resto do mundo entre xenerais e tamén a ‘parranda’ contará ás súas coplas. Ao remate haberá concurso de disfraces.

Xa o venres día 5 de febreiro Fonte Díaz, capital do Concello de Touro, será o escenario principal do entroido na comarca do Ulla. E os ‘xenerais da Ulla’ das parroquias de Bama e Fao serán os encargados de darlle colorido e emoción á ‘Feira do día 5’, tamén denominada ‘Feira do Entroido’. Os xinetes, cos seus cabalos e os seus uniformes napoleónicos, participarán nunha xuntanza ás 12.30 horas diante da sede do Concello de Touro. Lucirán as súas mellores galas e percorrerán as rúas da capital de Touro. Os visitantes e veciños poderán degustar produtos típicos do entroido nos locais de hostelería de Fonte Díaz.

O remate do entroido en Touro chegará o martes de carnaval, día 9 de febreiro na parroquia de Fao. Alí celébrase o Entroido de Fao. Comenzará ás 16.00 horas no Campo da Festa. Contará co discurso do ‘correo’ e dos ‘xenerais da Ulla’. Estos dous protagonistas abordarán en coplas a viva voz temas de actualidade política e do momento. Os ‘xenerais’ replicaránse e contrarreplicaránse ante os veciños e forasteiros que acudan ata o campo da festa de Fao. Tamén participará a ‘vellada coa súa troulada’. E non faltarán os ‘consellos dos frades’, que predicarán en verso as anécdotas acontecidas na parroquia de Fao.

TOURO PROGRAMACIÓN ENTROIDO 2016
-Domingo 31 de xaneiro. BAMA. 16.00 horas. Entroido de Bama. Campo da Festa.
-Venres 5 de febreiro. FONTE DÍAZ. 12.30 horas. Fonte Díaz. Feira do Entroido. Desfile dos ‘Xenerais da Ulla’ e dos diferentes personaxes do Entroido.
-Martes 9 de febreiro. FAO. 16.00 horas. Martes de Entroido. Entroido de Fao. Campo da Festa.

USC - A Rede de Paradores, un modelo de reaproveitamento de inmobles históricos

En 1928,baixo o auspicio do marqués De la Vega-Inclán, nacía a rede de Paradores de Turismocoa apertura dun establecemento hoteleiro de nova construción na Serra deGredos e a redacción do proxecto de adaptación do convento-hospital de Jesús Nazareno en Mérida. Esta sería a orixe dunha longa lista de aloxamentos turísticos localizados en paraxes naturais de singular beleza ou inmobles histórico-artísticos espallados por toda a xeografía española. O parador de Mérida aparece no extenso catálogo que a historiadora da arte Patricia Cupeiro elaborou para a súa tese de doutoramento e que inclúe unha análise histórico-artística, documental e arquitectónica de 46 establecementos da rede.

No seu traballo doutoral ‘Patrimonio y turismo. La intervención arquitectónica en el patrimonio cultural a través del programa de Paradores de Turismo’, dirixidoporJuan Monterroso,profunda na análise dos factores que propiciaron a adaptación de edificios histórico-artísticos para un uso turístico, “unha idea orixinal e rendible que forma parte da política turística estatal e que implica unha política tácita de protección patrimonial que, aínda que emerxe dun modo un tanto intuitivo nun tempo con normativa insuficiente, foi evolucionando cara a un maior interese”. 

Para estudar a renovación do patrimonio cultural con fins hoteleiros en España Patricia Cupeiro elixiu a empresa Paradores de Turismo de España S.A. porque presenta as peculiaridades de ser de titularidade estatal e atesorar un vasto patrimonio que permite comprender a historia da rehabilitación arquitectónica cun punto de vista alternativo, o do valor turístico e evocativo do patrimonio cultural. Afin do franquismo e a promulgación da Lei 16/85 de Patrimonio Histórico Español supuxeron un punto de inflexión en canto aos criterios de intervención arquitectónica aínda que, nos exemplos analizados, pódese comprobar quea súa efectividade resultoumoi desigual. 

“Atopámonos ante un modelo único e innovador de contribución estatal á renovación do seu patrimonio que exerceu influencia a nivel internacional”, explica Cupeiro, á vez que sinala que é un dos primeiros produtos de turismo cultural da historia de España que mesmo nace nun período histórico previo á propia definición dese concepto. E aínda que a imaxe da rede cambiou nos útimos tempos,“continúa asociada a un estándar de calidadeea salvagarda do patrimonio cultural constitúe, a priori, un dos piares fundamentais do seu desenvolvemento aínda que na práctica os criterios económicos adoitancondicionar as intervencións”, matiza.

Santiago - Exposición Henry Moore

O alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega Sánchez, o director territorial de Caixabank en Galicia, Marc Arthur Benhamou; e o xefe de Coleccións da Henry Moore Foundation, Sebastiano Barassi, presentaron  en Santiago de Compostela a exposición Henry Moore.

A idea dunha arte integrada no espazo urbano existe desde tempos inmemoriais. Xa na antigüidade, esfinxes, touros alados e guerreiros colosais exercían de gardiáns xunto ás murallas das cidades e fronte ás portas de entrada aos templos e outros recintos sagrados. 

Co programa Arte na rúa, a Obra Social ”la Caixa” pretende converter a cidade de Santiago de Compostela nun museo a ceo aberto, para dotar así dun novo sentido á escultura monumental, ao tempo que amosa obras de artistas de renome no panorama internacional. O programa Arte na rúa iniciou a súa andadura no 2006, e desde entón achegou ao público as creacións de artistas contemporáneos como Manolo Valdés ou Igor Mitoraj, así como referentes da modernidade como Auguste Rodin.

Esta iniciativa responde a unha vontade dinamizadora e de creación de novos referentes visuais. Neste caso, as monumentais pezas de Henry Moore dialogan co entorno, por afinidade ou por contraste, e provocan un grande impacto nas persoas que as descobren por primeira vez. Con este espírito, as exposicións cumpren unha función social: son unha ferramenta de coñecemento e de integración ao alcance de todos, o que representa o obxectivo último da Obra Social ”la Caixa” no plano cultural.

Desde hoxe, a cidade de Santiago de Compostela acolle unha nova exposición ao aire libre, dedicada neste caso a un dos escultores modernos máis significativos. Henry Moore volve deste xeito ás rúas do noso país tras a gran retrospectiva da súa obra que tivo lugar en Madrid e Barcelona en 1981, cinco aos antes da morte do artista, e da gran exposición que a Obra Social ”la Caixa” presentou en CaixaForum Barcelona no ano 2006. Ademais, en 1995, o Auditorio de Galicia organizou unha mostra, ‘Escultura británica contemporánea. De Henry Moore aos anos 90’, na que se incidía en seis xeracións da escultura británica e que trouxo a Compostela algunha das obras de Moore.

A organización da exposición ‘Henry Moore. Arte na rúa’ conta coa colaboración da Henry Moore Foundation e do Concello de Santiago de Compostela.

Henry Moore (1898-1986) é un dos grandes mestres da escultura moderna. Nas décadas que seguiron á Segunda Guerra Mundial alcanzou fama mundial polos bronces monumentais expostos en espazos exteriores, cívicos e públicos de todo o mundo, de Escocia a beiras do Mar Roxo, da escola secundaria do pobo onde naceu (Castleford, en Inglaterra), á sede de Nacións Unidas en Nova York. A exposición Henry Moore forma parte do programa Arte na rúa, a través do cal a Obra Social ”la Caixa” quere aproximar a arte ás persoas fóra do marco habitual de museos e salas de exposicións. Os seis bronces monumentais que forman a mostra, organizada en colaboración co Concello de Santiago de Compostela e a Henry Moore Foundation, foron creados polo escultor na cúspide da súa carreira, entre os anos 1960 e 1982. Estas seis esculturas son unha mostra representativa dos motivos principais da obra de Moore: a fascinación pola figura reclinada e os temas sobre "nai e fillo"; a exploración da relación entre a figura humana e a paisaxe, tanto urbana como rural; a tensión entre o natural e o abstracto; e a transformación dos obxectos naturais en formas escultóricas

Mancomunidade de Ordes - Aposta decidida polo emprego

A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes arranca este novo ano apostando firmemente polo seu Programa de Emprego. Todos os concellos integrantes acordaron no pleno que tivo lugar esta semana solicitar a subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria para a contratación por período dun ano dun prospector de emprego. A cantidade solicitada ascende a algo máis de 26.000 €. Nas funcións desta figura constan tarefas de información sobre o mercado de traballo e de ofertas de emprego, sobre políticas activas e pasivas dos servizos públicos e os incentivos e medios para a posta en marca de iniciativas emprendedoras. Tamén informará e xestionará as ofertas axeitadas para cada usuario ou usuaria, potenciando a súa captación e cobertura a través dun sistema de intermediación transparente e eficaz. Será tamén o responsable das relacións con empresas e axentes do mercado de traballo para difundir información sobre as iniciativas que faciliten a inserción laboral, á par que realizará prospeccións sobre as necesidades das empresas e o casamento entre as ofertas e as demandas de emprego. Por último atenderá á dinamización e ao afloramento de ofertas latentes.

Unha figura que se unirá ás do axente e orientador de emprego que veñen prestando os seus servizos na Mancomunidade de Ordes. Preténdese así o fomento na creación de emprego de calidade e o incremento da empregabilidade das persoas desempregadas, mellorando as condicións do mercado de traballo. Sempre no marco da Estratexia Europea para o Emprego, do Programa nacional de reformas, da Estratexia Española de Activación para o Emprego (2014-2016) do respectivo Plan anual de política de emprego (PAPE), e no eido da colaboración institucional e o diálogo social entre o Goberno galego e os axentes económicos e sociais de Galicia.

Fomento de novas iniciativas

Outra das decisións acadadas na sesión que tivo lugar onte foi a concorrencia da mancomunidade ordense ao Premio á Promoción do Cooperativismo, dotado con 5.000 € para o gañador. Con esta convocatoria a Consellería de Economía, Emprego e Industria quere fomentar e difundir o cooperativismo na Comunidade Autónoma, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas e outras institucións e persoas veñen realizando neste sentido. A Mancomunidade de Ordes vén desenvolvendo un labor importante neste eido a través da súa Oficina de Fomento ao Cooperativismo. Participación en feiras a través de postos temáticos ou o asesoramento e fomento na creación de cooperativas no eido comarcal son algunhas das funcións postas en marcha nestes últimos anos.

CIPA Padrón - Moción mercado dominical

Eloy Rodríguez Carbia portavoz do grupo político da C.I.Pa presenta á consideración da Corporación a seguinte MOCIÓN o abeiro do disposto respectivamente nos artigos 91.4 e 97.3 do ROF e 40.3 do ROM para o seu debate na sesión plenaria ordinaria a celebrar o 28 de xaneiro de 2016

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O mercado dominical é unha fonte importante de ingresos para o concello de Padrón, un punto de encontro para compradores e vendedores e un reclamo para unha ampla comarca, pero este mercado precisa urxentemente da toma de decisións e xestión política que procuren unha reordenación axeitada por sectores, mellorala condicións de venda dos produtos ao desenvolverse ao aire libre, toma de medidas de control sobre a venda no referido a vendedores ilegais, desmontaxe dos postos, recollida de plásticos e bolsas e limpeza en xeral trala celebración do mercado.

O que deberían ser cumprimento de cuestións básicas vemos como cada domingo a situación empeora, non se toman medidas as beiras do río Sar, o solo do Espolón e incluso as rúas e prazoletas da vila, segundo sopre o vento convértense nun auténtica esterqueira ata ben avanzada a tarde 

. E polo que PROPOÑEMOS o seguinte ACORDO DE RESOLUCIÓN:

a. Tomar acordo plenario de facer un estudio exhaustivo por parte de persoal cualificado sobre o mercado dominical para mellorala funcionalidade do mesmo, reordenación dos postos de venda por produtos, mellorala situación e condicións de venda dos vendedores en todo o recinto feiral e control dos vendedores ilegais.

b. Tomar acordo plenario para que haxa un control exhaustivo, por parte de persoal municipal, no desmontaxe dos postos e se garanta e esixa unha recollida efectiva de plásticos e cartóns e estes non queden espallados polo chan trala celebración do mercado.

Axenda e tempo do venres 22 de xaneiro - Música, cine, exposicións

Santiago - Numax 

Lalín - Mes do Cocido

Santiago - Real Filharmonía de Galicia

Santiago - Capitol - Los chicos del maíz

Santiago - Dado dada - Johnny Vergara

Santiago - Cachan Clube - Air Waves + Myrna Minkoff



Exposicións

Santiago - Gaias - José Suárez - Uns ollos vivos que pensan (ata o 27 de marzo) 

Ames - Casas da Cultura de Milladoiro e Bertamirans - Illa de Ons (ata o 31 de xaneiro)

Santiago - Museo do Poibo galego - "Unha porta do Rial. Ehlaba Carballo e Riobó Prada" (ata o 6 de marzo)

Santiago - Auditorio de Galicia - Salto de páxina (ata febreiro 2016)

Santiago - Casa do Cabildo - Postais antigas de santiago (ata mediados de febreiro) 


O Tempo

Santiago - Concerto da Real Filharmonía co baritono André Morsch


La Real Filharmonía de Galicia celebra su concierto semanal de abono mañana viernes, 22 de enero, a las 21:00 horas en el compostelano Auditorio de Galicia. La batuta la llevará el director asociado de la orquesta, el maestro Maximino Zumalave.

La velada musical comenzará con la obra Rückert lieder del compositor austriaco Gustav Mahler (1860-1911). Son un conjunto de cinco canciones compuestas entre 1901 y 1902, basándose en poemas escritos por Friedrich Rückert. En esta ocasión les pondrá voz el barítono alemán André Morsch.

Morsch ha actuado con las grandes orquestas de Europa, en los mejores escenarios y con los directores más prestigiosos. Completó con altas calificaciones sus estudios, tanto en Austria como en el Conservatorio de Ámsterdam y en la Academia de la Ópera de La Haya. A lo largo de su carrera ha recibido importantes premios internacionales por su extraordinarias interpretaciones en obras como Las bodas de Fígaro, La flauta mágica, El Mesías, El barbero de Sevilla o Don Giovanni, entre otras.

“La Grande” de Schubert

El concierto concluirá con la Sinfonía nº 9 del austriaco Franz Schubert (1797-1828), considerado el introductor del romanticiscmo musical. Es su última sinfonía y una de sus mejores obras, estrenada once años después de su muerte bajo la dirección de Felix Mendelssohn. Se la conoce como “La Grande” por su larga duración, de casi una hora.

La obra fue rechazada por su excesiva duración y dificultad para ser interpretada en público, y el compositor sólo recibió un pequeño pago por ella. Quedó abandonada en un cajón durante años hasta que Robert Schumann encontró un manuscrito en casa del hermano de Schubert en Viena en 1838. Le entregó la obra a Mendelssohn, quien la estrenó en 1839. Schumann afirmó que “la sinfonía ha causado entre nosotros un efecto como no lo había causado ninguna otra desde Beethoven. No hay temor a que sea olvidada, a que no sea tenida en cuenta, lleva en sí el germen de la eterna juventud”.

Numax - Programación do 22 ao 28 de xaneiro

«A xuventude», de Paolo Sorrentino, encabeza a nosa carteleira semanal

Dous anos despois de asombrar a crítica e público coa celebrada La gran belleza, o cineasta italiano Paolo Sorrentino asina A xuventude, unha emocionante reflexión sobre o paso do tempo que será estreada en NUMAX o vindeiro venres 22 de xaneiro. A pesar do seu título, A xuventude conta con dous protagonistas de avanzada idade, encarnados por dous xigantes da interpretación coma Michael Caine e Harvey Keitel. Ambos personaxes dedicaron os mellores anos das súas vidas á creación artística, coma compositor musical e cineasta respectivamente, e danse cita nun luxoso hotel dos Alpes no que han reflexionar arredor de candanseu percorrido vital. Dotada dun fino sentido do humor e o innato instinto visual do seu autor, A xuventude aborda temáticas centrais da filmografía de Sorrentino, como son o amor, a amizade e a aceptación. Tal e como sinala Nicolás Ruiz, «o filme medra a través da diversidade de personaxes que, como é habitual no cinema de Sorrentino, poboan a historia, sen o nervio da aparencia mais coa autoridade do xenuíno.»

Máis propostas en carteleira

Se aínda non puidestes gozar de Os odiosos oito, de Quentin Tarantino, tedes novas oportunidades na grella de programación desta semana. O encontro de oito personaxes de escuro pasado nunha parada de dilixencias en Wyoming devólvenos a un Tarantino en estado puro, con diálogos tensos, espléndida fotografía e unha análise desencantada da historia dos Estados Unidos que atopa un inesperado espello no tempo presente.

Pola súa banda, Sufraxistas, de Sarah Gravron, segue a entusiasmar ao público asistente, completando o aforo en moitas das súas sesións. A épica loita dun grupo de sufraxistas británicas a prol dos dereitos da muller afronta a súa quinta semana en carteleira.

A perspectiva de xénero define tamén El gran vuelo, de Carolina Astudillo, ensaio documental arredor da militancia feminina na República e a Guerra Civil que vivirá o vindeiro martes 26 de xaneiro a súa derradeira proxección en NUMAX.

O Festival de Cine de Rotterdam visita NUMAX no IFFR Live

NUMAX súmase a unha nova edición do IFFR Live, unha novidosa proposta do Festival Internacional de Cinema de Rotterdam que permitirá ao público asistente o visionado de catro filmes do certame que serán proxectados de maneira sincrónica en decenas de salas de toda Europa. O evento, que terá lugar do 29 ao 31 de xaneiro, completarase co visionado en streamingda presentación de cada filme desde Rotterdam e a posibilidade, ao remata do visionado, de participar nun coloquio vía Twitter. As entradas para participar no IFFR Live xa se atopan á venda na nosa billeteira virtual.

Albert García presenta na Libraría NUMAX «Tres días / Tres dies», o seu novo poemario

O poeta valenciano Albert García presentará en NUMAX o seu último libro, Tres días / Tres dies, un poemario escrito en catalán e español que nos achega unha ollada diferente cara á cidade de Barcelona. Publicado pola editorial Contrabando, o novo poemario reúne e condensa as impresións vivas e palpitantes do seu autor a cando, en 2005, deixa a súa Valencia natal para ir vivir a Barcelona. O acto terá lugar o vindeiro xoves 28 de xaneiro ás 19:30na Libraría NUMAX.

A xuventude
(Paolo Sorrentino, 2015)


Primavera. Fred e Mick, dous vellos amigos que agora se aproximan aos oitenta, están de vacacións nun elegante hotel ao pé dos Alpes. Fred, compositor e director de orquestra, está a piques de retirarse. Mick, director de cine, aínda traballa. Namentres Mick apura o guión do que el coida que será o seu último filme importante, Fred, renunciou hai tempo á súa carreira musical e non pensa volver a ela.

Programación

Venres 22 de xaneiro

12:15 Sufraxistas
16:00 El gran vuelo (VO)
17:15 A xuventude Estrea
19:30 Os odiosos oito
22:30 A xuventude


Sábado 23 de xaneiro

12:00 Sufraxistas
16:00 A xuventude
18:15 Os odiosos oito
21:15 El gran vuelo (VO)
22:30 A xuventude


Domingo 24 de xaneiro

12:00 Os odiosos oito
16:00 El gran vuelo (VO)
17:15 Os odiosos oito
20:15 A xuventude
22:30 A xuventude

Martes 26 de xaneiro

12:00 Sufraxistas
16:00 A xuventude
18:15 Os odiosos oito
21:15 El gran vuelo (VO)
Último pase
22:30 A xuventude


Mércores 27 de xaneiro

12:00 Sufraxistas
16:00 A xuventude
18:15 Os odiosos oito
21:30 A xuventude


Xoves 28 de xaneiro

12:15 Os odiosos oito
16:00 Sufraxistas
18:10 A xuventude
20:25 A xuventude
22:40 Sufraxistas
VO: Versión orixinal sen subtítulos | VOSG: Versión orixinal subtitulada en galego

Na Libraría NUMAX

El día del Watusi
Francisco Casavella

Novela inesgotábel sobre «os comos, os porqués, os para ques e os e ques» da transición española, en palabras do autor, a súa relectura dá por boa a imaxe casavelliana do novelista como o guía mestizo dos westerns, aquel que se adiante á tropa, expresándose nunha lingua estraña e avísanos de que as cousas non son o que parecen.
 
Imago Ergo Sum
Joan Fontcuberta
 
Un percorrido polas series fotográficas máis emblemáticas dun dos fotógrafos españois con maior prestixio a nivel internacional.

USC - Aberta a matricula na nova escola de running

O Campus de Santiago incorpora ao seu catálogo de actividades deportivas unha escola de ‘Running’ para a que xa está aberta o prazo de matrícula. O curso comezará o día 1 de febreiro e estenderase ata o 31 de maio. Quen estea interesados/a poderá participa nas sesións durante a primeira semana do curso na modalidade de ‘Portas abertas’sen necesidade de formalizar a matrícula.

Tamén o día 1 de febreiro comezará o segundo cuadrimestre para a escola de natación. Na web do Servizo de Deportes xa están dispoñibles os horarios e as distintas modalidades desta escola

Sendeirismo á Illa da Palma

Coincidindo co décimo aniversario do programa de actividades de sendeirismo da USC, o Servizo de Deportes mantén aberta ata o próximo 31 de xaneiro unha enquisa na que as persoas interesadas poden deixar constancia do seu interese por participar nunha ruta de sendeirimos pola illa da Palma. A información sobre o proxecto desta nova saída está dispoñible, xunto coa sondaxe.

Santiago - Plan municipal de igualdade

A concelleira de Igualdade, Marta Lois, presentou esta mañá a diagnose sobre as desigualdades de xénero na cidade, elaborada entre setembro e decembro de 2015. Este documento servirá de base para sustentar o próximo Plan de Igualdade, incluído no anteproxecto de orzamentos de 2016.

Marta Lois destacou que "a última diagnose sobre desigualdades de xénero se fixo en 2008, mentres que o último Plan de Igualdade data de 2009. Elaborouse por un período de dous anos e, en 2011, o Goberno local de entón decidiu prorrogalo ata o 2014 en troques de deseñar un novo, polo que na nosa cidade actualmente carecemos dun Plan de Igualdade". A concelleira asegurou que o "Goberno municipal ten unha vontade firme de promover unhas políticas municipais de igualdade de xénero transformativas seguindo as recomendacións internacionais".

Este estudo está formado por unha parte cuantitativa de análise da información e outra cualitativa, que se sustentou nun amplo proceso participativo onde interviñeron máis de 40 entidades e colectivos de mulleres. Nesta parte realizáronse entrevistas en profundidade a responsables de asociacións e colectivos en defensa da igualdade, ás que se sumaron mesas de traballo e un encontro de mulleres.

Principais resultados 
O documento ofrécenos datos que amosan os niveis de desigualdade en todos os eidos na cidade de Santiago. A nivel laboral, as taxas de paro femininas son superiores ás masculinas e o maior número de mulleres desempregadas están entre os 35 e os 39 anos. Ademais, para as mulleres, o nivel de estudos resulta fundamental para conseguir emprego, cun 55,8% de contratacións iniciadas cun nivel de formación superior.

Dende o punto de vista educativo, hai unha clara feminización do profesorado no ensino non universitario (65,7%) mentres que na educación universitaria só o 39,2% son mulleres. Onde se observa unha maior fenda é no caso das cátedras, xa que en 2014 as mulleres tiñan só un 21,8% destes postos. Pervive polo tanto, unha situación de desigualdade no persoal docente universitario, a pesares de que o número de alumnas neste tipo de educación segue a ser superior ao número de alumnos, sobre todo en artes, humanidades e ciencias sociais.

Nas mulleres de máis de 65 anos obsérvase tamén unha importante desigualdade. Santiago conta cunha poboación de 1.480 persoas beneficiarias de pensións por xubilación, das que o 68,6% son mulleres. A maioría delas cobran 631,3 euros de pensión, mentres que os homes chegan aos 887,93 euros.

Nesta diagnose tamén se reflicte un dato preocupante en materia de violencia de xénero. Segundo datos do partido xudicial de Santiago, no 2014 produciuse un incremento substancial do número de denuncias con respecto ao ano anterior, pasando das 126 en 2013 ata as 244 en 2014.

A nivel cualitativo, as mulleres que participaron na diagnose sobre desigualdades de xénero en Compostela coinciden en que a falta de igualdade é patente en eidos como o emprego, o benestar ou o tempo de lecer. Aseguran que segue existindo gran dificultade para conciliar a vida laboral e familiar e que se produce invisibilización das mulleres en moitos traballos, como por exemplo en relación á muller labrega. Nas empresas, só as que contan con máis de 250 traballadores/as están obrigadas a elaborar un Plan de Igualdade.

No ámbito da saúde, o estudo di que existe unha ausencia de formación de profesionais en relación coa atención específica que requiren as mulleres e as súas crianzas, ao que se lle suma a falta de recursos para a interrupción voluntaria do embarazo e a vulnerabilidade das mulleres maiores ou sen teito.

Plan de Igualdade 
Este estudo, elaborado polo Concello en colaboración coa consultora Cidadanía, servirá para elaborar o vindeiro Plan de Igualdade, considerado "polas persoas expertas o principal instrumento de xestión que teñen as administracións públicas para desenvolver as políticas de xénero".

O Plan de Igualdade vén recollido no anteproxecto de orzamentos presentado polo Goberno, cunha partida orzamentaria en materia de igualdade de 517.356 euros, un 57% máis que o recollido no orzamento de 2015.

Marta Lois insistiu ademais na necesidade de facer políticas transversais. Por iso destacou que "dende a Concellería de Igualdade se promoverá que todas as demais incorporen e teñan en conta o enfoque de xénero nas súas políticas".

Psoe Padrón - Moción inundacións

O Grupo Municipal Socialista no concello de Padrón, a través do seu voceiro Camilo Forján Seoane, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que poida resultar de aplicación, presenta diante do Pleno da Corporación a MOCIÓN relativa a " INUNDACIÓNS"

Exposición de motivos:

Días pasados, lugares como Lamas, Cambelas..., accesos ao polígono de Pazos, sofriron as consecuencias do desbordamento do río Sar.

Grave foi a situación no lugar de Lamas, onde a auga entrou en vivendas, dúas veces en oito días, provocando danos e molestias aos seus propietarios.

Os desbordamentos nesa zona vironse facilitados pola construcción da nova carretera que partindo da N-550 leva á rotonda de Rois, ao ser construída sen deixar paso suficiente para as augas que leva o río Sar nos días de fortes choivas.

Desde o Grupo Municipal Socialista, e non nos cabe a menor dúbida que tamén desde os outros grupos municipais, poñémonos a disposición do goberno municipal para axudar e apoiar as xestións necesarias para intentar minimizar os desbordamento do río Sar.

Recordamos a prometida e nunca realizada canalización do río Sar augas arriba da ponte nova que leva a Extramundi.

Polo exposto, o GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA, presenta ó Pleno a seguinte PROPOSTA DE ACORDO:

Instar ao grupo de goberno a realizar as xestións necesarias para mellorara a canalización de río Sar ou aquelas actuacción que técnicamente axuden a minimizar esta inundacións.

Pacto X Ames - O "novo" transporte adaptado ten un vehiculo con máis de 13 anos

O Transporte Adaptado en Ames ten unha escura historia que agora culmina o goberno tripartito, de xeito improvisado, e sen exercer os controis mínimos para dotar aos usuarios dun vehículo coas mellores condicións.

Si durante anos se estivo pagando un sobre custe por non licitar o servizo, agora chama a atención que o actual alcalde socialista,JoséMiñones, cando estaba na oposición criticara con vehemencia os problemas que padecía o transporte adaptado e agora, adxudican este servizo utilizando os mesmos pregos que o seu antecesor do PP, con un vehículo de 13 anos, con máis de 370.000 km. E con 10 revisións da ITV desfavorables, a primeira o 19 de xuño do 2009 e a última o 25 de novembro de 2015 na estación de Cembranos en León.

Chama a atención como a primeira Tenente de Alcalde de Podemos, Genma Otero, fixo unha campaña prometendo grandes melloras sociais e agora, na primeira ocasión, consinte esta situación.

Pacto x Ames considera que se perdeu unha boa oportunidade para dotar a este servizo dun vehículo moderno e cunhas condicións manifestamente mellorables onde os potenciais usuarios tiveran un vehículo axeitado, con novos avances e coas máximas prestacións e garantías en comodidade e seguridade, xa que todos somos conscientes que a diferenza de ter un vehículo novo a ter un de 13 anos é salientable.

Un vehículo que ademais dos 13 anos e 370.000 km. Debe ter infinidade de problemas ao tenor do acontecido a partir do ano 2009 nas revisións periódicas da ITV xa que como se pode ver no seguinte cadro, as revisións desfavorables son 10.

O servizo está contratado para 4 anos e por unha cantidade que alcanza os 422.400 euros, é dicir, 105.000 euros ao ano e prestará o servizo dende as 08:00 ás 19:00 h.

CADRO DAS REVISIÓNS DESFAVORABLES DENDE O 2009
MATRÍCULA
DATA INSPECCIÓN
INFORME INSPECCIÓN
LUGAR INSPECCIÓN
0979CJL
19/06/2009
DESFAVORABLE
ITV ASTURIAS
0979CJL
10/12/2009
DESFAVORABLE
ITV ASTURIAS
0979CJL
30/05/2011
DESFAVORABLE
ITV ASTURIAS
0979CJL
28/11/2011
DESFAVORABLE
ITV ASTURIAS
0979CJL
17/05/2013
DESFAVORABLE
NO SE APRECIA
0979CJL
19/11/2013
DESFAVORABLE
ITV ASTURIAS
0979CJL
20/05/2014
DESFAVORABLE
ITV ASTURIAS
0979CJL
21/11/2014
DESFAVORABLE
ITV ASTURIAS
0979CJL
22/05/2015
DESFAVORABLE
ITV ASTURIAS
0979CJL
25/11/2015
DESFAVORABLE
ITV LEON

Pacto x Ames instará ao goberno tripartito a que busque o xeito de resolver esta situación, ben sexa esixindo a empresa que facilite un novo vehículo ou buscando a maneira de rescindir o contrato e facer unha nova adxudicación.