SILLEDA - PROGRAMA EMPREGA

O programa Silleda Emprega ofrece a posibilidade

aos desempregados de inscribirse on-line

-A día de hoxe recibíronse preto de 200 currículums de demandantes de emprego. Mentras, catro empresas do municipio e varios particulares solitaron personal a través deste servizo.

-O formulario estará disponible a partir de mañán venres na web municipal

Silleda, 11 de agosto de 2011. A Concellería de Emprego de Silleda, que dirixe Margarita Campos, vén de ampliar o programa Silleda Emprega outorgando a posibilidade aos que queiran achegar o seu currículum de inscribirse a través de Internet. Así, e a partir de mañá venres día 12 de agosto, está dispoñible na web municipal (www.silleda.es) un apartado específico para esta iniciativa que funciona como unha bolsa de emprego. Aquí ofrecerase aos usuarios un formulario que poden descargar e logo reenviar ao departamento municipal (na dirección emprego@silleda.es).

“Con esta medida pretendemos tamén facilitar as persoas interesadas a inscripción neste programa, dándolle a posibilidade de facelo on-line en lugar de achegarse ata as oficinas, ainda que tamén poden se o prefiren entregar en man o currículum nas oficinas municipais da rúa Alfonso Trabazo”, explica a concelleira delegada, Margarita Campos. O programa Silleda Emprega púsose en marcha a finais do pasado mes de xullo e dende entón a iniciativa segue recabando moi bos resultados. Así, a día de hoxe recibíronse preto de 200 currículums de persoas en situación de desemprego. Mentres as empresas do municipio tamén están acudindo a este servizo municipal para buscar personal. Así, e ademais de varios particulares que tamén solicitaron atopar empregados a través deste sistema, foron xa catro as empresas dos municipio que secundaron a iniciativa, en concreto dúas industrias, unha de servizos, e outra do sector da agricultura. “Todos os empresarios que acuden ao departamento manifestaron que a iniciativa é unha grande idea”, sinala a concelleira

AMES - FESTA DA AUGA NA ESCOLA DE VERÁN

Os nenos da Escola de Verán de Bertamiráns divertíronse na festa da auga

Os nenos e nenas que asisten a escola de verán de Bertamiráns puideron gozar este xoves dunha grata xornada no Pazo da Peregrina, onde participaron na festa da auga. Entre risas, e moita auga, pasaron unha gran mañá amenizada por diversos xogos. Este é o primeiro ano que se celebra ao grande esta pequena festa, que seguro terá continuidade en sucesivas edicións da Escola de Verán.

Ledicia, ganas de pasalo ben e moita auga. Con estas palabras se poden resumir a xornada que viviron no día de onte os pequenos que acoden diariamente a Escola de Verán de Bertamiráns. Ir ata o Pazo da Peregrina é unha visita ineludible para os nenos e nenas todos os veráns, pero este ano ofreceulles un encanto maior. Nas pasadas edicións ao realizar a visita e se había bo tempo, facíanse xogos con globos de auga. Pero nesta edición, avisouse xa os cativos e cativas para que foran preparados con bañadores e xoguetes (sobre todo pistolas) para combater a calor destes días.

O máis importante desta xornada, segundo os monitores que tamén gozaron deste día, era a oportunidade de facer algo diferente, tendo en conta que o San Roque está moi próximo e é o patrón da auga. Por iso esta actividade, que se realiza como un acto simbólico e que tamén garda relación con outras festas da auga que se celebran ao longo de Galicia, como o caso de Vilagarcía.

Ademais, o mes de agosto está dedicado na Escola de Verán a coida do planeta, e a auga tiña que estar presente nel, máis aínda co bo tempo que estamos a ter nestes días. A esta actividade uniránselle outras como a fabricación de papel reciclado para realizar diversos xoguetes, como un tres en raia, e tamén realizaranse monicreques con calcetíns, cos cales máis tarde se fará un pequeno teatro.

AMES - REDES SOCIAIS

A Concelleira de Xuventude, María González, convida á cidadanía a trasladarlle as súas inquedanzas ao Concello tamén a través das redes sociais coma o facebook e o tuenti da OMIX

Ames, 09 de agosto de 2011. Con motivo da celebración do día Internacional da Xuventude o próximo venres día 12 de agosto, o concello de Ames, e especialmente a concellería de Asociacionismo, Igualdade, Muller e Xuventude convida a tódolos mozos e mozas, así coma aquelas persoas que así o desexen, a achegarse ao Concello para transmitir as súas inquedanzas e proxectos. A Concelleira de Xuventude, María González, convida aos mozos e mozas a transladarlle as súas inquedanzas ao Concello tamén a través das redes sociais coma o facebook e o tuenti da OMIX de Ames.

Dende a concellería que dirixe, María González quere por en valor a promoción e participación dos mozos na vida municipal e para elo lembra que Ames dispón da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX). “É importante que os amienses saiban que sempre serán escoitados e que é a nosa responsabilidade adecuar a oferta ao que eles demanden”.

Dos 29.338 habitantes censados en Ames, 9.143 son persoas con idades comprendidas entre os 12 e os 30 anos polo que os datos do padrón indícannos que o 31,60%, do total de habitantes son mozos e mozas, o cal supón unha cantidade de persoas xoves moi importante e reforza o feito de que Ames é un dos concellos de Galicia cun maior crecemento demográfico, duplicando nos últimos anos por 20 a súa poboación.

Atención ao público da OMIX de Ames

A OMIX está ubicada na Casa do Concello en Bertamiráns, os luns, mércores e xoves e na casa da cultura de Milladoiro os martes e os venres. Esta oficina ofrece o servizo de información, asesoramento e documentación especializado en temas de interese para os mozos e mozas en formación, ocio, axudas e subvencións, voluntariado, asociacionismo etc. Ademais a Oficina Municipal de Información Xuvenil leva a cabo tamén a organización e xestión de programas de actividades no concello, a tramitación do carné xove, e información sobre como poder obter outros tipos de carnés que permiten gozar de vantaxes e descontos en moitos bens e servizos.

Na OMIX tamén se pode recabar información sobre programas da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado como por exemplo “xuventur”, “xuventude en Acción” e “Campaña de verán”. Ademais a OMIX está conectada ás redes sociais para ser máis accesible a tódolos cidadáns e para adecuarse ás prácticas de comunicación que teñen hoxe en día os mozos e mozas.

OROSO - ACOMÉTESE A REPARACIÓN DA PONTE DE ARDERIZ NA PARROQUIA OROSANA DE SENRA

ACOMÉTESE A REPARACIÓN DA PONTE DE ARDERIZ NA PARROQUIA OROSANA DE SENRA

O concelleiro de Obras e Servizos, Eduardo Veiras, supervisou esta mañá tamén os traballos de limpeza do cauce do río Samo na zona para previr as posibles enchentes en inverno

11 de agosto de 2011.- O concelleiro de Infraestruturas, Obras e Servizos, e durante estes días alcalde en funcións de Oroso, Eduardo Veiras, supervisou esta mañá as obras de reparación e rehabilitación da Ponte de Arderiz, que cruza o río Samo na parroquia de Senra. Uns traballos nos que xa se acometeu a limpeza e retirada de madeira do cauce, co fin de evitar enchentes pola acumulación de residuos nos piares da ponte.

En canto ás obras, Eduardo Veiras anuncia que nos vindeiros días comezará a última fase de acondicionamento da ponte, limitada ao uso peonil. Ademais de renovar o firme da zona de paso, vaise instalar unha nova varanda con materiais acordes á zona, situada en Rede Natura. Sustituirá á anterior, que presentaba un mal estado de conservación.

E no relativo ás medidas de prevención de enchentes, o concelleiro indica que se agardou ata o verán para aplicalas “porque era necesario que o caudal do río estivese o máis baixo posible”. En total, retiráronse do cauce unhas cinco toneladas de madeira que se acumulara nos piares da ponte. Deste xeito, a auga poderá fluír sen atrancos e cando cheguen as chuvias fortes do inverno o risco de inundación nas marxes será menor, e mesmo inexistente.

Eduardo Veiras explica que “o problema ten a súa orixe na seca de ameneiros nas beiras do río, que acaban caendo ao cauce e van río abaixo ata a ponte, onde paran porque dase a circunstancia de que ten os piares moi bastos”, de modo que se forma unha represa artificial coa acumulación de madeira e de residuos que retén o caudal.

O concelleiro e alcalde en funcións amosa a satisfacción do Concello de Oroso con estas actuacións, coas que se lle dá solución “a unha situación que podía acarrear bastante perigo”, sobre todo para as vivendas próximas. O goberno municipal levaba tempo trasladándolle á administración provincial a necesidade de restaurar a ponte, acción que a Deputación aprobou a principios da primavera pasada.

ASOCIACION HOSTELERÍA - A Asociación acolle a visita de dez estudantes de Kazajistán

A Asociación Hostelería Compostela acolle a visita de dez estudantes de Kazajistán • Unha parte das estudantes, de idades comprendidas entre os 18 e os 22 anos, cursarán estudos universitarios o próximo ano na Universidade de Santiago de Compostela • A visita enmárcase nun conxunto de actividades destinadas a aproximar a nosa cultura ós estudantes internacionais Dez mozas, de idades comprendidas entre 18 e 22 anos, visitaron esta tarde as instalacións da Asociación Hostelería Compostela no marco dunha serie de actividades de aproximación cultural e lingüística á realidade galega. Todas elas son universitarias, de perfil técnico na súa maioría, que o vindeiro curso desexan continuar os seus estudos na Universidade de Santiago de Compostela, dentro dun programa de cooperación e mobilidade a nivel europeo. Hostelería Compostela ve nestas iniciativas unha interesante forma de tender pontes con países xeograficamente afastados para así proxectar a nosa imaxe de destino turístico no exterior. Nesta primeira introdución á nosa idiosincrasia era preciso falar da identidade gastronómica galega así como da hospitalidade milenaria que caracteriza á cidade do Apóstolo. Esta preámbulo á nosa cultura correu por conta do equipo de Hostelería Compostela, que ofreceu unha visita guiada polas dependencias da asociación ás mozas, así como uns refrixerios que foron servidos polos alumnos de restauración ó rematar o percorrido. As estudantes, que só levan unha semana en terras galegas, comentaron en numerosas ocasións o seu entusiasmo por unha cidade que calificaron de “preciosa e acolledora”. Ó rematar a visita á Asociación, as dez estudantes visitaron os hoteis Costa Vella, Moure e Altaïr, onde José Antonio Liñares, presidente da sección de hospedaxe de Hostelería Compostela, exerceu de guía do grupo.

BRIÓN - O CONCELLO DE PECHA UN PROGRAMA PARA AS FESTAS DE SANTA MINIA CHEO DE MÚSICA, TEATRO E ACTIVIDADES DE LECERN

O CONCELLO DE BRIÓN PECHA UN PROGRAMA PARA AS FESTAS DE SANTA MINIA CHEO DE MÚSICA, TEATRO E ACTIVIDADES DE LECER

Durante as festas inaugurarase unha nova sala de exposicións na Casa da Cultura cunha mostra na que se recollerán os carteis destas festas

10 de agosto de 2011. Cun amplo programa que inclúe eventos culturais, relixiosos e de lecer, o Concello de Brión vén de pechar o programa de actividades da tradicional romería de Santa Minia, que terá lugar na carballeira entre o 25 e o 27 de setembro. Pasarrúas, teatro, charangas, actuacións de magos e de prestixiosas orquestras así como a xa tradicional queima da fachada compoñen un programa de festexos que xa está recollido no cartel anunciador, obra do ilustrador brionés Xosé Vizoso.

Precisamente este cartel anunciador será a última incorporación coa que contará a exposición que abrirá a nova sala de exposición da Casa da Cultura, que se inaugurará o próximo 23 de setembro. Segundo explicou o alcalde de Brión, Xosé Luís García, “estes días estáselle dando os últimos retoques á sala de mostras, de 186 metros cadrados, e qué mellor que abrila cunha mostra dos carteis orixinais das festas de Santa Minia, recompilados durante o último medio século”. A gran sala ocupa agora o lugar no que ata maio estivo a biblioteca pública municipal polo que a súa apertura, “suporá duplicar o espazo expositivo existente no Concello de Brión”, explicou o rexedor, quen lembrou que estas obras supuxeron un investimento de 10.400 euros, asumidos polo Concello de Brión. O municipio contaba ata o de agora con dúas pequenas salas de exposicións municipais no Espazo das Artes, de 55 metros cadrados cada unha.

Programa definitivo

O programa definitivo de Santa Minia combinará as actividades máis tradicionais (queima da fachada, romería e programación relixiosa) cun programa de espectáculos culturais, música e lecer que animarán o entorno da carballeira. Como xa é habitual, durante os tres días de festa o entorno da carpela de Santa Minia estará ocupado por centos de postos de rosquilleiras, roupa, froita, bisutería. Ademais, os máis pequenos poderán disfrutar de diversos xogos como caballitos, coches de choque, inchables e moitas máis atraccións.

As actividades comezarán o domingo, 25 coa charanga “Os Celtas”, nunha tarde na que o teatro será o gran protagonista, da man de Volta e Dalle Teatro e Os Quinquilláns e o seu teatro de rúa. A Escola de Baile e Pandeireta do Concello de Brión tampouco faltará á cita

Ás dúas da tarde, sesión vermú coa orquestra “Superfama”, que pola noite se encargará da gran verbena, xunto con Aramio.

O luns, 26 veciños e visitantes terán a súa cita pola mañá coa escola de samba Zumbón e a sesión vermú correrá de conta da orquesta Solara, que tamén será a encargada de amenizar a espera pola sesión de fogos de artificio, que terá lugar a partir das doce da noite coa xa tradicional queima da fachada. Antes, os rapaces e rapazas do grupo folclórico Rosalía de Castro poñerán a nota musical mentres que Culturactiva ofrecerá todo tipo de actividades para os rapaces coa súa iniciativa “PistaActiva”.

Por último, o martes 27 de setembro amencerá coa música da Charanga “Os Celtas” e da agrupación Brisas da Croa, que darán paso ás 14:00 horas á sesión vermú coa orquestra América. O teatro virá da man da compañía Femme Fatale e os pasarrúas e zancudos estarán a cargo de Gostoso Pá. O peche das festas de Santa Minia correrá a cargo das orquestras América e Los Satélites.

Nuns tempos de crise e austeridade, o concello de Brión continúa a súa aposta polo lecer e a cultura nunhas festas que forman parte do imaxinario dos brioneses, potenciando o seu aspecto cultural a través de actividades como o teatro e o folclore tradicional

BNG A ESTRADA - Estrada leva perdidos dous meses por mor dun goberno municipal lento na xestión e na toma de decisións

Estrada leva perdidos dous meses por mor dun goberno municipal lento na xestión e na toma de decisións


A Estrada, 11 de agosto de 2011
: O Consello Local do BNG reuniuse o pasado martes, entre outros asuntos, para analizar a inactividade do goberno local e as últimas declaracións do alcalde da Estrada, José López, a respecto do suposta liquidación negativa do orzamento de 2011 e das facturas pendentes de pago do ano pasado, que afectaban ambas á área da responsabilidade do BNG no goberno do anterior mandato.

Por unha banda o BNG reafirma as declaracións feitas polo seu portavoz municipal, Xosé Magariños, no sentido de que se trata dunha estratexia puramente electoralista para desacreditar a xestión de calquera goberno que non estea presidido polo Partido Popular; pero tamén para estender a psicose da débeda pública e xustificar así todo tipo de recortes sociais e de subida de impostos, e sobre todo para non facer todas aquelas fastuosas promesas electorais que fixo o PP durante a campaña electoral das municipais.

Mais por outra banda, o BNG considera que o Alcalde, entre declaración e declaración está a ser profundamente irresponsábel ao dar unha imaxe do concello que non se corresponde coa realidade, xa que dá sensación de que A Estrada está en bancarrota e isto é rotundamente falso.

Coa prudencia de quen descoñece exactamente cal vai a ser o montante final da liquidación do orzamento de 2010, si é conveniente que os veciños e veciñas coñezan que unha das facturas de maior importe, a de Fenosa, fora devolta no seu momento pola ex-concelleira de facenda Maribel Ruíz Ferro, por seren esta incorrecta; polo tanto, calquera retraso no pago desta factura só é imputábel á empresa por non remitir en tempo e forma a citada factura.

En todo caso, o máis lamentábel de todo, é que A Estrada leva perdidos dous meses por mor dun goberno municipal lento na xestión e na toma de decisións. A estas alturas a liquidación do orzamento de 2010 xa tiña que estar feita e as facturas pagadas, pero o novo goberno municipal manéxase mellor nos medios de comunicación que nos despachos.

Con todo, o da liquidación do orzamento de 2010 é unha mostra máis da lentitude deste goberno municipal, pero o BNG da Estrada non quere esquecer unha vez máis o PXOM; segundo palabras do alcalde José Lopez, o Plan Xeral sería unha prioridade, pero dous meses despois da toma de posesión, á parte das declaracións aos medios, oficialmente nada novo se sabe sobre o principal problema que ten o concello da Estrada.

FRADES - “DOUS PALLASOS EN APUROS” LEVOU O CIRCO CLÁSICO AOS PEQUENOS DO CONCELLO DE FRADES

“DOUS PALLASOS EN APUROS” LEVOU O CIRCO CLÁSICO AOS PEQUENOS DO CONCELLO DE FRADES

9 de agosto de 2011.- Os pequenos do Concello de Frades, de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, tiveron a aportunidade de gozar do espectáculo circense “Os sete magníficos +1”, que levaron ata o multiusos deste municipio o seu espectáculo “Dous pallasos en apuros”. A actividade, totalmente de balde, serviu para que os máis pequenos se familiarizaran coas figuras do circo tradicional, recuperando as antigas farsas de circo clásico sen esquecer a creactividade, a locura e a improvisación tampouco faltarán para compor un espectáculo dirixido a toda a familia.

TORDOIA - MÁIS DUN CENTO DE RAPACES PARTICIPAN NA FESTA DO NENO DO CONCELLO DE TORDOIA

MÁIS DUN CENTO DE RAPACES PARTICIPAN

NA FESTA DO NENO DO CONCELLO DE TORDOIA

Esta actividade culminou a Semana Lúdico-Deportiva promovida polo concello no marco das Escolas de Verán 2011

9 de agosto de 2011.- O tempo un tanto desapacible non impediu que preto de 100 rapaces de todas as idades participaran na Festa do Neno do Concello de FraTORDOIA - FESTA DO NENO - AGOSTO 2011des, que se celebrou no entorno do polideportivo o pasado venres pola tarde. Inchables, xogos deportivos, actuacións e unha lanzadeira de escuma fixeron as delicias de pequenos e grandes durante esa xornada. Con esta celebración o municipio pechou a súa Semana Lúdico Deportiva, especialmente dedicada para os máis pequenos, de entre 4 e 12 anos. Pero no peche da semana os participantes foron de todas as idades, desde os máis pequenos, que disfrutaron das atraccións e da animación de pallasos ata os maiores, que non pararon de xogar coa escuma. A concelleira de Cultura de Tordoia, Manuela González Pallas, destacou a “excelente acollida de todas as actividades de conciliación familiar que levamos adiante a través das Escolas de Verán, nas que participan regularmente arredor de 60 nenos e nenas”. González considera que “este é un servizo moi necesario para numerosas familias, ás que desde o concello tratamos de adaptarnos distribuíndo os monitores e as actividades por todas as parroquias para evitarlles excesivos desprazamentos”.

Durante cinco días a Semana Lúdico-Deportiva de Tordoia ofreceu actividades deportivas, xogos tradicionais, diversas actuacións orientadas especificamente ao público infantil ou xogos acuáticos, entre outras atraccións.

AMES – FESTAS EN AGRÓN

Agrón prende as luces de festa

Ames non só ten oferta festiva para todos os públicos os sábados e os domingos senón que pola semana os veciños e veciñas amienses tamén poden gozar de baile, música e moito divertimento grazas ao calendario de festas das parroquias amienses. A parroquia de Agrón celebra os días 10, 11 e 12 de agosto a festividade en honra a san Lourenzo, ao Santísimo Sacramento e a San Roque. Trátase dun evento lúdico, que terá lugar nas inmediacións da igrexa parroquial, organizado pola Asociación Cultural e Comisión de Festas de San Lourenzo de Agrón. Tres días de festa para os habitantes de Agrón. Tres días de entretemento para esta parroquia amiense.

Este mércores comezan as festas de Agrón. O 10 de agosto terá lugar o evento en honra a San Lourenzo que contará con misa solemne e posterior procesión a unha do mediodía. A sesión vermouth correrá a cargo do dúo Óbice, parella musical que lle amenizará a noite aos veciños/as de Agrón coa compaña da orquestra Philadelphia.

O día 11 de agosto, os veciños desta parroquia amiense venerarán ao Santísimo Sacramento cunha misa solemne ás trece horas e cunha procesión. Posteriormente comezará a sesión vermouth, que contará coa presenza do dúo Glamour. Pola noite, a gran verbena iniciará os seus primeiros pasos de baile coa participación de Glamour e da orquestra Gran Parada.

Este venres o protagonista da festa será san Roque que terá unha misa cantada a unha da tarde e unha procesión. Os veciños e veciñas amienses poderán gozar dunha sesión vermouth que contará coas voces do dúo Máster. Esta parella será a encargada de rematar os tres días de intensa festa e divertimento xunto coa orquestra Cinema.

Nas inmediacións da igrexa parroquial de Agrón haberá un aparcadoiro iluminado para aquelas persoas que desexen aloxar os seus automóbiles e a comisión de festas situará durante esta festividade unha gran cantina no campo da festa.

Divertimento asegurado para os veciños e veciñas amienses durante toda a semana posto que tras a celebración deste evento festivo en Agrón celebrarase esta fin de semana unha nova edición da festa da Peregrina en Bertamiráns.

AMES – AULA DE INFORMÁTICA

Durante os primeiros sete meses deste ano a Aula de Informática do Milladoiro rexistrou a visita de 1.555 usuarios/as

No primeiro semestre de 2011 realizáronse oito cursos e obradoiros aos que asistiron 116 persoas

A Aula de Informática do Milladoiro pechará por vacacións do persoal dende o 15 de agosto ata o 14 de setembro

Numerosos cursos desenvolvidos con grande éxito deixan un ben merecido mes de descanso á Aula de Informática do Milladoiro. Ata o de agora, nos meses de verán, a aula permaneceu aberta, en horario de 10:00 h. a 13:00 horas, como Aula Aberta. Para poder empregar o servizo de Aula Aberta só hai que cubrir unha ficha cos datos persoais e entregar unha fotografía coa que facer o seu carné de usuario. O novo programa de actividades para o último trimestre do ano sairá a mediados de setembro. Durante o primeiro semestre de 2011 realizáronse oito cursos e obradoiros aos que asistiron 116 persoas. Ademais, dende xaneiro ata xuño déronse de alta 55 novos socios e a Aula de informática rexistrou a visita de 1.555 usuarios/as.

Despois dos meses de verán, chega a quenda de vacacións para a Aula de Informática do Milladoiro que pechará por vacacións do persoal dende o 15 de agosto ata o 14 de setembro. Ata o de agora, a aula funcionaba como Aula Aberta nun horario de 10:00 h. a 13:00 horas. Esta iniciativa consiste en deixar a aula de informática libre para todo aquel que queira usar os computadores, tanto para buscar información como para deixarse levar polo lecer da rede.
Á Aula Aberta acoden adultos e maiores que acceden á Internet para ler a prensa, mirar o correo electrónico, entrar nas redes sociais ou buscar información puntual como pode ser para a preparación dunha viaxe. Para poder empregar o servizo de Aula Aberta só hai que cubrir unha ficha cos datos persoais e entregar unha fotografía coa que facer o seu carné de usuario. A persoa encargada da aula dálles un número de usuario/a e explícalles as normas. Ante calquera dúbida poden preguntar o que desexen á persoa responsable. Tamén poden acudir usuarios cos seus ordenadores portátiles persoais a resolver as dúbidas que teñan no manexo da informática.

A Aula de informática acolleu unha serie de obradoiros que se programan de forma trimestral, agás nos meses de verán que funciona exclusivamente como Aula aberta en horario de mañá de 10:00 a 13:00. Estes obradoiros e xornadas destínanse a sectores poboacionais establecidos por idade.
Normalmente, os cursos dispoñen de 40 horas en sesións de dúas horas de luns a venres, mentres que os obradoiros e xornadas dispoñen dunha duración de 10 horas (dúas horas ao día de luns a venres) ou de sete horas e media (unha hora e media ao día durante unha semana). As actividades de adultos fanse en horario de mañá (pensando sobre todo nas amas de casa que poden aproveitar o tempo que os seus fillos/as están na escola para formarse) e de tarde, mentres que as actividades de nenos/as organízanse pola tarde, despois da xornada escolar. Estas actividades son impartidas pola responsable da Aula polo que non teñen ningún custo.

Cursos desenvolvidos durante o primeiro semestre de 2011

Os obradoiros/xornadas que se realizaron este ano foron unhas xornadas de iniciación á internet en xaneiro e abril para persoas adultas, o obradoiro 'Descobre o entroido na rede' en marzo, que estivo dirixido a rapaces entre os 7 e os 10 anos, e un obradoiro de realización de presentacións co programa OpenOffice Impress, para nenos/as de entre 8 e 12 anos, organizado durante o mes de xuño. Nestas xornadas os nenos/as aprenderon a usar o programa OpenOffice Impress para realizar presentacións. A estes obradoiros/xornadas asistiron un total de 56 persoas.

Ademais, dende xaneiro ata xuño tamén se fixo un obradoiro de alfabetización dixital para a Escola de Maiores. Este obradoiro realizouse todos os venres, en horario de 17:00 h. a 18:00 horas. Esta actividade consistiu na realización dun obradoiro básico para que os maiores se achegaran ao mundo da informática no que poder descubrir a cantidade de información que podemos obter para actividades da vida diaria como ler xornais, pedir cita para o médico de cabeceira ou buscar receitas de cociña. Tamén realizaron algunhas actividades co procesador de textos Word.

Por outra banda, desde xaneiro ata abril, tamén se realizaron unhas xornadas de iniciación á Internet dirixidas aos membros do Club de Xubilados e Pensionistas do Milladoiro (JUPEMI) . Nestes dous obradoiros participaron 19 persoas.

En canto aos cursos que se fan na Aula de Informática son cursos básicos de procesadores de texto, follas de cálculo... Teñen unha duración de 40 horas. Ofértanse dúas quendas de 10:00 h. a 12:00 horas e de 19:00 h. a 21:00 horas e ao remate entrégase un diploma de asistencia a todas aquelas persoas que asisten regularmente a clase. No que vai de ano realizáronse o curso de iniciación aos programas Windows e Word durante o mes de febreiro ao que asistiron 21 persoas, e un curso de iniciación ás follas de calculo Microsoft Excel, que se organizou no mes de maio e ao que asistiron 20 persoas.

Ao conxunto dos obradoiros e cursos asistiron 116 persoas, sendo os de maior éxito as xornadas de iniciación á internet de xaneiro e abril, o curso de iniciación aos programas Windows e Word e o curso de iniciación ás follas de calculo Microsoft Excel, que reuniron a 81 persoas.

Datos xerais

A Aula de Informática do Milladoiro suma xa 1.302 socios, dos cales 55 foron novas altas que se produciron ao longo do primeiro semestre deste pasado. Ademais, de xaneiro a xullo un total de 1.555 persoas empregaron a aula para as súas necesidades informáticas. Se temos en conta o número de usuarios/as contabilizados durante o 2011 xa se superan os 31.000 usuarios/as que empregaron a Aula de Informática do Milladoiro dende que comezou a funcionar no ano 2003. Ademais, dende que comezou a funcionar esta aula de informática un total de 1.143 persoas asistiron aos cursos e xornadas organizadas.

MESIA – SAIDAS “IMOS A PRAIA 2011”

Máis de cen persoas participan cada semana nas saídas do programa "Imos á Praia 2011" do Concello de Mesía

09-08-2011.- As saídas semanais do programa do Concello de Mesía 'Imos á praia 2011' están superando os cen participantes, completando todas as prazas dos dous autobuses dispoñibles. O areal ao que máis están acudindo, todos os xoves de xullo e agosto, está sendo o de Boiro, escollido por ter tanto unha boa zona tranquila de baño como amplos espazos con sombra para pasar a xornada comodamente.MESIA - IMOS A PRAIA 2011

Esta é a cuarta edición do programa municipal no que foi pioneiro o Concello de Mesía e que foi imitado por outros da zona. Tal está sendo o seu éxito tamén este ano que o elevado número de inscricións (138 en total) obrigou a crear unha lista de agarda. O Concellos deulles sempre prioridade aos cidadáns empadroados no municipio.
Aínda que está aberto a todos os veciños, o programa foi creado especialmente para facilitarlles acudir á praia a aqueles cidadáns que carecen de posibilidades de transporte ata a costa, ben por non posuír permiso de conducir ou ben por non atreverse a guiar á praia, aínda que só sexa por comodidade. Deste xeito, os principais usuarios pertencen á franxa da terceira idade ou son menores de idade que acoden habitualmente cos seus avós. O alcalde de Mesía, Mariano Iglesias. explica que deste xeito "o programa 'Imos á praia' tense convertido nunha actividade interxeracional, no que mesmo participan familias enteiras ás que se lles dá unha oportunidade de lecer no periodo estival que doutro xeito non terían".

AMES - A suba das taxas das escolas deportivas ronda o euro mensual e garante a continuidade deste servizo

A suba das taxas das escolas deportivas ronda o euro mensual e garante a continuidade deste servizo

O goberno lamenta a intransixencia e a incoherencia dos socialistas, que deixaron o concello nunha nefasta situación económica obrigando ao actual executivo a tomar esta decisión

Ames, 09 de agosto de 2011. Esta mañá o goberno amiense reuniuse cos grupos da oposición para estudar a actualización das taxas das escolas deportivas en Ames, que teñen un déficit para o Concello de 170.000 euros ao ano, moi difícil de asumir tal e como deixou a situación económica o goberno do socialista Carlos Fernández. A actualización das taxas implica unha suba das mesmas que ronda o euro anual, variando uns céntimos dependendo do servizo. O goberno amiense non chegou a acordo ningún coa oposición que, no caso do Bloque Nacionalista Galego manifestou a súa oposición a calquera tipo de suba, por considerar que este servizo debería asumilo na súa totalidade a administración pública. O Partido Socialista pola súa parte reclamou a suba do IPC.

O goberno non entende a incoherencia na que incorren os socialistas reclamando a suba do IPC, cando dende o ano 2003 eles non aplicaron ningunha suba. O portavoz do Partido Popular, Ramón G. Argibay lamenta que a xestión irresponsable e de despilfarro que aplicou o partido socialista en Ames leve ao actual goberno a barallar soamente dúas opcións: a suba das taxas, ou o peche das escolas deportivas. Ata o de agora o servizo das escolas tiña un custe de 197.738,12 euros, e por cotas ingresábanse 27.942 euros, polo que o déficit ascende a practiamente os 170.000 euros. Os usuarios viñan pagando o 14% dos gastos. Esta suba permite a continuidade das escolas e o concello seguirá aportando máis do 50% do que custa este servizo que empregan uns 1.600 amienses.

Dende o goberno local aclaran que non se trata dunha suba de impostos, “isto é unha taxa, e resulta ridículo e malintencionado que se acuse de suba de impostos cando se trata da revisión dunha taxa para manter un servizo que ademais queremos por en valor”, explica o portavoz popular. O goberno manifesta ademais a súa sorpresa ante a actitude dos socialistas que chegaron á reunión con recortes de xornais e sen unha alternativa firme e coherente co que viña sendo a súa liña de actuacións.

O popular Ramón Argibay explica que esta medida axudará a mitigar o déficit do servizo, e recorda que o Concello segue asumindo máis do 50% do custe das escolas.

SILLEDA – ORDENANZA DE LIMPEZA

A ordenanza de limpeza viaria e ornato de

Silleda entra en vigor o xoves día 11 de agosto

-O goberno municipal remitirá nos vindeiros días cartas aos propietarios de solares urbanos revisados sen limpar informándolles da nova normativa municipal

-O executivo retomará a ordenanza de publicidade exterior, que se consensuará tamén con colectivos veciñais

Silleda, 9 de agosto de 2011. A ordenanza de Convivencia, Residuos, Limpeza Viaria e Ornato do Concello de Silleda, que fora aprobada en pleno o pasado mes de marzo entratará en vigor, logo da preceptiva exposición ao público pasado maná xoves, día 11 de agosto.

No texto recóllense distintos aspectos e normas relacionadas, como o seu nome indica, coa limpeza de solares, vías ou o tratamento de residuos. En canto ao mantemento de solares, a normativa establece que os propietarios de terreos situados no termo municipal deberán mantelos nas debidas condicións de hixiene, salubridade e seguridade.

“Para iso, realizarán as tarefas de mantemento necesarias co fin de que permanezan limpos de maleza, evitando que as augas de escorrentías e as ramas das árbores afecten ao espazo público. Esta obriga comprende tamén a esixencia de desratización e desinfección dos citados terreos, cando estean próximos ás vivendas”, reza un dos artigos referidos á limpeza de solares.

Igualmente, no artigo 80 do citado texto, e no relativo ao procedemento a seguir, recóllese que o Concello, logo do trámite de audiencia aos interesados, requiriralles que, no prazo que se lles indique, realicen as obras ou operacións necesarias para manter os terreos nas debidas condicións de hixiene, seguridade, salubridade, ornato público, e, de ser o caso, o valado dos mesmos.

Información a 31 propietarios

Dende o Concello remitiranse nos vindeiros días cartas aos propietarios de solares en terreos urbáns situados nos núcleos de Silleda e A Bandeira nos que tras unha revisión efectuada pola Policía Local se detectou a existencia de maleza e suciedade. En total, remitiranse comunicacións aos donos de 31 solares (27 de Silleda e outros 4 de A Bandeira) lembrándolles a obriga de manter limpas as súas parcelas. O incumprimento da ordenanza (tanto no caso da limpeza de solares como noutros aspectos recollidos no texto) pode implicar a apertura de expedientes sancionadores e tamén multas coercitivas As sancións económicas poden variar entre os 50 euros da infracción tipificada como leve ata 3.000 euros, para as moi graves. A ordenanza introduce tamén a posibilidade de convir traballos en beneficio da comunidade, en lugar de sancións económicas en función das circunstancias de cada caso.

Este procedemento adicional, segundo recolle a ordenanza será especialmente aplicable nos actos vandálicos (sustración, queima, rotura ou pintado en mobiliario urbano, ou realización das necesidades fisiológicas na vía pública, entre outros).

No tocante ao tema de residuos, outro dos puntos destacados da ordenanza é que se establece, dentro das normas de uso dos contenedores un horario para o depósito, como xa acontece noutros concellos.

Así, os resíduos domiciliarios débense botar nos colectores instalados na vía pública a partir das 21.00 horas. Ademais, para o depósito de vidro, este poderá facerse ao longo de todo o día, entre as 08.00 e as 22.00 horas, nos colectores específicos para estes residuos, e no caso do cartón papel non se detalla un horario concreto.

Publicidade exterior

Por outra banda, o executivo silledense retomará a confección da ordenanza de publicidade exterior, proceso que se inicio una anterior lexislatura pero cun texto que non se adaptaba á normativa xeral vixente. Agora tratará de simplificarse o contido deste texto municipal, revisando os artigos. A ordenanza será consensuada entre os grupos políticos da Corporación e tamén se abrirá a súa confección a colectivos veciñais e empresariais do municipio.

FRADES - MEDIO CENTO DE VECIÑOS E VECIÑAS DE FRADES PARTICIPAN NUNHA ANDAINA POLA RUTA DO TAMBRE

MEDIO CENTO DE VECIÑOS E VECIÑAS DE FRADES PARTICIPAN NUNHA ANDAINA POLA RUTA DO TAMBRE

A xornada rematou na área recreativa de Os Pasos de Aizo, onde alcalde e veciños inauguraron unha pista polideportiva

8 de agosto de 2011.- Un total de 50 veciños e veciñas de Frades tomaron parte nunha ruta de sendeirismo que organizou a Asociación de Veciños Os Pasos de Aiazo durante a pasada fin de semana co obxectivo de percorrer a ruta que percorre as orillas do río Tambre. A caminata, que percorreu oito quilómetros, culminou coa chegada a área recreativa de Os Pasos onde os veciños e o seu alcalde, Miguel Prado Patiño, deron por oficilamente inaugurada a recentemente rematada Pista Polideportiva de Aiazo, situada ao carón da mesma área recreativa.

A andaina trascurriu cun tempo variable, con vento e algo de choiva, pero todos coincidiron en sinalar que a ausencia de altas temperaturas permitiu facer o camiño con maior comodidade. Con saída no Local Social de Aiazo, os camiñantes puxeron rumbo ata a área recreativa pasando pola Ponte das Bestas e a Ponte Alajas. O percorrido tamén incluíu unha faceta cultural, ademais da deportiva, xa que os participantes puideron ter ocasión de facer unha visita a antiga maquía de Evaristo, situada na parroquia de Frades e tamén fixeron parada na Exposición Etnográfica situada a carón do Concello, no Multiusos José María Botana.

Acollerá a Festa da MerendaFRADES - sendeirismo2 AGOSTO 2011

Xa de regreso, a andaina, na que tamén participaron os concelleiros Manuel Ferreiro e Agustín Rey, rematou na área recreativa de Os Pasos, onde fixeron a comida para repoñer forzas. Ata alí acercouse o  Alcalde de Frades, Miguel Prado Patiño, para inaugurar a Pista Polideportiva de Aiazo que foi posible ejecutar grazas a un investimento do Concello. Ademáis de eventos deportivos, esta nova dotación tamén acollerá a seguinte edición da Festa da Merenda.

A completa xornada de deporte, cultura e lecer rematou despois do xantar coa actuación do Mago Marttyn, que amenizou unha sobremesa na que os máis novos aínda tiveron folgos para disputar unha carreira de sacos e tiro a corda.

OROSO – O CERTAME INTERNACIONAL GOISOROSO ARTES 2011 CONTA XA CON TRINTA PARTICIPANTES

O CERTAME INTERNACIONAL GOISOROSO ARTES 2011 CONTA XA CON TRINTA PARTICIPANTES

Hoxe pecha o prazo para facer as inscricións e, a falta de que cheguen as contribucións de Gois, a previsión é que se chegue ás 50 obras

8 de agosto de 2011.- A falta de escasas horas para que peche o prazo, hoxe ás 14 horas, o certame internacional de arte GoisOroso Artes 2011 conta xa con 30 participantes. Pintura, fotografía, deseño ou escultura son as modalidades que terán representación na segunda fase deste certame, que se desenvolverá en Oroso entre o 23 de setembro e o 14 de outubro. Segundo explicou o concelleiro de Cultura, Antonio Leira, “aínda quedan por inscribir os participantes que envíen as súas creacións desde Gois, polo que contamos con chegar ao medio cento de participantes”.

Nesta nova edición do certame, considerado xa como un referente cultural da comarca, o tema central xira arredor da solidariedade, aproveitando así a declaración de 2011 como Ano Europeo do Voluntariado. A exhibición está aberta tanto a artistas nacionais como internacionais, que puideron presentar as súas propostas baixo unha temática libre, pero sempre relacionada coa solidariedade e dentro das modalidades de pintura, fotografía, escultura e deseño. O Concello de Oroso continúa así coa súa firma aposta polo intercambio cultural, cumplindo así un doble obxectivo, “por un lado contribuimos a fomentar a arte entre os nosos veciños e, ao tempo, dámoslle un pulo aos nosos artistas locais e contribuimos a abrir Oroso ao exterior”, explicou o concelleiro de Cultura.

Primeira fase en Gois

Cabe lembrar que o GoisOroso Artes 2011 tivo xa unha primeira fase, que se celebrou neste municipio luso entre o 15 e o 31 de xullo. Ata alí concorreron un total de 21 obras, que contribuiron a fomentar o intercambio de experiencias culturais así como difundir o nome de Oroso fóra das nosas fronteiras. Daquela, a Asociación Musical Néboas desprazouse ata Gois para participar na presentación da mostra. Agora tocaralle a quenda a unha das agrupación musicais da cámara de Góis, que actuarán na presentación do Gois/Oroso Artes 2011 en Galicia, que terá lugar o 24 de setembro no centro cultural de Sigüeiro.

AMES - O domingo 14 de agosto celébrase a XXVI edición do descenso do Tambre

O domingo 14 de agosto celébrase a XXVI edición do descenso do Tambre

A praia fluvial de Tapia acolle o domingo 14 de agosto ás 16:00 horas a XXVI edición do descenso do Tambre. O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre, xunto co Concello de Ames, organiza unha competición que xa é unha referencia para o piragüismo galego debido pola alta calidade dos seus participantes. Este ano haberá dous circuítos, un de seis quilómetros para as modalidades de sénior e xuvenís, e outro de un e medio para os infantís e alevíns.

O contorno da área recreativa de Tapia e o curso do río Tambre compoñen unha paraxe ideal para a práctica do piragüismo. Por este motivo, un ano máis o Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre, en colaboración co Concello de Ames, organizan o xa tradicional descenso do Tambre. Nesta edición participarán arredor de 200 padexeiros de toda Galicia que descenderán polas augas do río Tambre e, como en anos pasados, serán moitos os club galegos que loiten por acadar un bo posto neste evento deportivo.
Para poder competir, os padexeiros deberán estar en posesión da licencia federativa debidamente actualizada para a tempada 2011 e será de uso obrigatorio o chaleco salvavidas para todos e todas os participantes. A recollida de dorsais será entre as 14:00 h. e as 15:00 horas do mesmo día de competición nas instalacións da praia fluvial e contarase cun posto de avituallamento para que ao remate das probas os padexeiros/as poidan recargar enerxías con bebidas e froita. Ademais, ao final da tarde haberá unha merenda para todos os participantes. Para os tres gañadores absolutos do descenso do Tambre (kayak masculino, canoista e kayak feminino) haberá un lote de material deportivo como agasallo.

AMES – TORNEO DE CHAVE DA MADALENA

Piño e Rocha convértense nos gañadores da VII edición do Torneo de Chave da Madalena

Tras unha intensa fin de semana onde a festa foi a principal aposta de entretemento para a maior parte dos veciños e veciñas amienses, o sábado 6 celebrouse a sétima edición do Torneo de Chave da Madalena no que subiu ao primeiro posto do podium a parella formada por Piño e Rocha. Un duro corpo a corpo na partida final permitiu que se situaran como gañadores quedando nun meritorio segundo posto a parella constituída por Ernesto e Emilio. O concelleiro de Deportes, Tempo Libre e Voluntariado, Manuel Ferreiro, foi o encargado de entregar os trofeos ao equipo campión e subcampión deste torneo.AMES - Trofeo da chave A Madalena1_AGOSTO 2011

O estado meteorolóxico acompañou con nubes e pequenas precipitacións aos habitantes de Ames durante a fin de semana polo que moitos decidiron deixar a praia a un lado e achegarse as festas da Madalena, evento que contou cunha gran variedade de actividades de entretemento entre as que destacou o campionato de Chave. Quince parellas participaron neste torneo onde Rocha e Piño gañáronlle a final a Ernesto e Emilio nunha intensa “batalla de chave” onde a puntería foi fundamental para que os gañadores se fixeran co ansiado trofeo.

O nivel dos participantes nesta sétima edición do Torneo de Chave da Madalena, ao igual que en anos anteriores, foi excelente o que fomentou que os asistentes as festas do Milladoiro observaran con interese e curiosidade esta práctica deportiva, situación que pretende conseguir o Concello de Ames para evitar que este xogo desapareza.

AMES - Trofeo da chave A Madalena2_AGOSTO 2011 Dende o Concello de Ames preténdese estimular con este tipo de iniciativas a práctica deste deporte tradicional que se atopa nunha situación de esquecemento debido a falta de coñecemento por parte da mocidade. Coa realización de diversos campionatos ao longo do ano, o goberno local busca lograr que a poboación nova se entreteña co xogo da chave e, por outra banda, pretende evitar que se perda a tradición. A oferta de chave para este mes de agosto complétase coa celebración do Torneo de Chave da Peregrina, que terá lugar na eira deportiva de Bertamiráns o 13 de agosto, e a Copa de Chave 2011, que se realizará no Bar A Granxa en Ortoño o 20 de agosto.

MELIDE – REUNION DA XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE

  • Este  luns reuniuse no salón de sesións da Casa do Concello de Melide a xunta local de seguridade co fin de coordinar as distintas forzas de seguridade.
  • A reunión asistiron a xefa territorial de presidencia, Ana Lado, o comandate interino da Garda Civil de Melide, membros da Policía Local, Protección Civil, a concelleira de Seguridade, María Jesús López xunto coa alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez.

tivo lugar no salón de sesións da Casa do Concello unha reunión coa xunta local de seguridade á que asistiron a alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez, acompañada pola concelleira de Seguridade, María Jesús López Mourón, xunto coa xefa territorial de presidencia, representantes da Garda Civil, da Policía Local e de Protección civil. A convocatoria foi urxente por parte da alcaldesa, Ánxeles Vázquez co fin de coordinar as distintas forzas de seguridade e así conseguir que a movida sexa totalmente sana e respetuosa en Melide. Segundo a alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez, foi unha xuntanza productiva onde o Concello de Melide se compromete a facer un esforzo para reforzar a seguridade no pobo e solventar todos os problemas herdados tales como a ausencia de policía local polas noites de sábado ademais de non posuír actualmente un xefe de policía local. Na reunión analizáronse polo miúdo os problemas de seguridade actuais de cara a favorecer nun futuro unha mellor cooperación entre as partes conseguindo desta maneira que Melide sexa un pobo máis seguro, se reduza o vandalismo e a convivencia entre veciños sexa o máis acomodada posible

SILLEDA – CURSO DE MONITOR AMBIENTAL

Os interesados en asistir ao curso de monitor ambiental poden cubrir solicitudes no Concello de Silleda ata o venres día 12

-A selección dos 15 alumnos terá lugar o vindeiro día 24 na Casa da Cultura

Silleda, 8 de agosto de 2011. O Concello de Silleda acollerá un curso formativo de monitor/a de educación ambiental, financiado pola Consellería de Traballo a través da Dirección Xeral de Formación e Colocación. O ciclo está destinado a persoas en situación de desemprego e desenvolverase dende o vindeiro día 1 de setembro ata o 16 de novembro, cunha duración de 318 horas ( o equivalente a 53 días lectivos). Como xa se informou en días pasados, poderán participar un total de 15 alumnos/as.

Os interesados, que deben de estar anotados como demandantes de emprego, poden obter máis información e tamén realizar solicitudes de última hora nas oficinas municipais de Emprego da rúa Alfonso Trabazo (ata o venres día 12 de agosto). A selección realizarase o vindeiro día 24 de agosto ás 09.30 horas na Casa da Cultura de Silleda, previa convocatoria realizada polo Servizo Galego de Emprego.

SILLEDA - O Concello de Silleda solicita unha axuda para a instalación de luz no parque das Pedrosas

O Concello de Silleda solicita unha axuda para a instalación de luz no parque das Pedrosas, con paneis solares, e agua quente no estadio de A Bandeira

A axuda tramitase a través dunha das liñas de Agader. O presuposto total das dúas actuacións sitúase nos 80.000 euros

Silleda, 8 de agosto de 2011. O Concello de Silleda vén de solicitar unha subvención a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) para dous proxectos de instalación de enerxías renovables en espazos públicos. Trátase da instalación fotovoltaica no parque municipal de As Pedrosas, en Silleda, e a dotación de auga quente sanitaria nos vestiarios do campo de fútbol de A Bandeira. A axuda enmárcase na liña de subvencións aos Proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia 2008-2013.

As dúas actuacións quedarán unificadas nun só proxecto. No caso da carballeira de As Pedrosas, a actuación suporía dotar ao recinto de alumeado (do que non dispón na actualidade) cun sistema de alimentación fotovoltaico de xeito sostible e ecolóxico, así como económicamente viable, polo baixo custe que suporá o mantemento e consumo posterior. O circuito proposto contaría con farolas de aceiro inoxidable de máxima perdurabilidade. A iluminación, que se alimentará a través de placas solares, realízase mediante lámpadas LED de baixo consumo. No caso da instalación do campo de fútbol de A Bandeira, a instalación de placas solares sería para un circuito de auga quente sanitaria no recinto deportivo. O presuposto total das actuacións ascende a 80.000 € (IVE incluído)

SILLEDA – REUNION COS RESTAURANTES

O concelleiro de Turismo, Matías Rodríguez da Torre, manterá o vindeiro mércores día 10 un encontro cos propietarios de restaurantes do municipio de Silleda. Esta convocatoria chega logo doutra reunión sectorial, neste caso cos responsables dos aloxamentos, e do mesmo xeito pretende converterse nun espazo para o intercambio de opinións.

Así, o concelleiro explicará aos membros de este sector da hostalería, que mantén un contacto directo cos turistas e visitantes, as liñas estratéxicas do seu departamento para esta lexislatura e ao mesmo tempo pulsará a opinión dos asistentes sobre a situación do turismo, así coma as súas suxerencias.

A cita será ás 17.00 horas nas instalacións da Casa da Cultura de Silleda.

PSOE AMES - O grupo socialista replica a Santiago Amor ás afirmacións infundadas de deslealdade institucional

O grupo socialista replica a Santiago Amor ás
afirmacións infundadas de deslealdade institucional.
En resposta ás afirmacións vertidas por Santiago Amor nos medios de
comunicación acusando aos socialistas de “falla de lealdade institucional “, o
grupo municipal socialista nega que exista deslealdade algunha. A verdadeira
burla institucional é a que practica o Partido Popular de Ames mentíndolle á
cidadanía:
1. Non hai maior deslealdade institucional que decir unha cousa cando
se está na oposición ou en campaña electoral e facer o contrario
cando se goberna. Durante a súa etapa na oposición, os populares
sistemáticamente votaron en contra das actualizacións dos prezos dos
servizos municipais e falaron mal da economía do concello ocasionando
dano á institución municipal, e agora, no goberno mudan radicalmente a
súa actictude, e non só propoñen unha actualización dos prezos, senón
unha suba moi considerable. Polo tanto, o Partido Popular de Ames é o
que está a practicar deslealdade institucional.
2. O Partido Popular de Ames, ademáis, amosa xa deslealdade co
electorado e ca cidadanía. Realizou unha campaña con mentiras e
falsidades, facendo agora o contrario do prometido. Durante a campaña
electoral prometeron conxelación de impostos e nos últimos catro anos
sempre mantiveron unha posición contraria a calqueira incremento ou
actualización dos prezos. E agora, aínda que falan dunha suposta
actualización, claramente trátase dunha suba das taxas. Polo tanto, agora
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Municipal PSOE Ames
son desleais con todo o electorado, especialmente cos seus votantes que
creron nas súas promesas.
3. O goberno popular non pode xustificar a subida das taxas deportivas debido
á situación económica e ao déficit que xeneran, posto que:
1. Os cidadáns deben ter claro que coa mesma situación económica e cos
socialistas no goberno, isto non pasaría. Durante os últimos oito
anos de goberno socialista a política fiscal orientouse a fomentar unha
política social que permitira a todos os veciños/as, con un prezo
asumible, acceder a todos os servizos de carácter social, cultural,
deportivo, educativo, formativo..., como é o caso das escolas deportivas.
Pola contra, o goberno popular decide aplicar unha política
economicista dos servizos frente á política social do goberno
anterior.
2. Entendemos que o concello, na súa labor institucional, ten que
asumir parte do custe dos servizos. Non se pode pretender que os
veciños sufraguen o 100% do custe das actividades municipais como se
se tratase da empresa privada. Aínda que exista déficit, o concello,
socialmente, ten que velar pola contención dos prezos. Alguén ten que
costear ese prezo. Aquí está a diferencia entre unha política social e de
progreso e unha política conservadora e economicista do Partido
Popular.
3. Insistimos novamente en que o goberno ten que xestionar o concello,
buscando alternativas xustas e equitativas, e sen recurrir ao atallo
fácil de meter a man no bolsillo dos cidadáns.

SD COMPOSTELA (GRUPO FACEBOOK) – SPOT DA CAMPAÑA DE CAPTACIÓN DE SOCIOS

AMES - O goberno conta coa oposición para revisar a actualización das taxas das escolas deportivas

O goberno amiense conta coa oposición para revisar a actualización das taxas das escolas deportivas

Santiago Amor lamenta a actitude do PSOE, que non presentou propostas nin esperou a pechar as conversas para lanzar falsas acusacións

Ames, 07 de agosto de 2011. O grupo de goberno de Ames está negociando co Partido Socialista e co Bloque Nacionalista Galego a actualización dos prezos das escolas deportivas porque teñen un déficit de 170.000 euros ao ano, difícil de asumir na situación económica na que o anterior goberno deixou ao Concello.

Dende o goberno de Santiago Amor aclaran que se trata dunha actualización das taxas, en ningún caso é unha subida de impostos. O rexedor amiense, Santiago Amor, considera unha falla de lealdade institucional as acusacións do PSOE, cando precisamente se está tendo en conta á oposición aínda tendo o goberno maioría absoluta. O Partido Popular amiense considera que os socialistas están empregando a infrapolítica.

A pesar de que os populares teñen maioría absoluta, contan coa oposición. O goberno expuxo unha proposta ante o PSOE e o BNG para que fose valorada entre todos e coa intención de escoitar tamén as opcións plantexadas dende a oposición. Santiago Amor manifesta a súa sorpresa ante as acusacións do PSOE, que non aportou ningunha alternativa.

Tras manter unha reunión a pasada semana cos grupos da oposición, o goberno local convocou outra xuntanza para o próximo martes día nove de agosto. Os populares pretenden así seguir tratando o tema, “pois non hai nada pechado polo momento, motivo polo cal tampouco son admisibles as acusacións do PSOE” explica Santiago Amor.

Compromiso coa conxelación de impostos

Dende o goberno interpretan este tipo de reaccións dos socialistas coma un síntoma de resentimento do ex-alcalde, Carlos Fernández por perder as pasadas eleccións. Os populares manteñen con firmeza o seu compromiso electoral de conxelar os impostos, con todo, a precaria situación económica que herdan do goberno do PSOE no concello, obrígaos ao axuste de taxas para poder manter os servizos que tan importantes son para a cidadanía.

MELIDE – ARRANXO CAMPO DE FUTBOL

O Concello de Melide comeza as labores de reparación e mantemento do Campo de Fútbol que se atopa nun estado lamentable

  • A alcaldesa Ánxeles Vázquez e a Concelleira Dolores Gómez anuncian que se trata dunha medida urxente que será acompañada doutras posteriores nos vestiarios que serán obxecto de estudio debido ó pésimo estado no que se atopan.
  • Ánxeles Vázquez acompañada de Dolores Gómez congregaron no Campo de fútbol ós directivos dos equipos co fin de comprobar in situ os traballos realizados.

Melide, 6 de agosto de 2011.- No día de onte comezaron os traballos de reparación e mantemento do campo de fútbol de herba artificial do Concello de Melide. Os traballos consisten no desbroce dos arredores do campo que leva anos sen executarse o que supuxo a desaparición dos xardíns orixinadis dando paso a un terreo aselvado ; motivo polo cal non se puido facer ningún tipo de aproveitamento da planta orixinais . A estes traballos hai que engadir o desbroce manual por parte de dous obreiros municipais por terse mezclado a herba natural co campo sintético.

A parte destes traballos realizados por persoal do Concello segundo nos explica a Concelleria de Deportes tivo que recurrirse á empresa que construíu no seu día o campo de fútbol para que leve a cabo un traballo técnico que recupere as calidades técnico- deportivas para as que foi concebido que consiten nunha limpeza perimetral, unha limpeza da superficie a descompactación do granulado de caucho, co conseguinte cepillado das fibras do céspede artificial inspeccionando posteriormente as liñas de xogo e xuntas sustituindo as que se atopan en mal estado .

Este traballo obedece a un informe realizado anteriormente pola empresa na cal se alertaba ó Concello de Melide do pésimo mantemento do campo así como do entorno con malas herbas e vexetación que contaminan o céspede ó xerminar no árido.

A alcaldesa de Melide Ánxeles Vázquez xunto á Concelleira Dolores Gómez afirman que esta é unha actuación urxente á que terá que dárselle continuidade(cando conten con posibles económicos) con outras nos vestiarios do campo de fútbol debido á situación de insalubridade na que se atopan. O Concello de Melide verase na obriga de pedir responsabilidades polas obras realizadas nos vestiarios hai menos dun ano que se atopan nun estado lamentable ó desintegrarse parte das paredes por terse utilizado materiais impropios para un lugar con humidade.

O Concello de Melide comeza as labores de reparación e mantemento do Campo de Fútbol que se atopa nun estado lamentable.