Axenda e tempo do sábado 24 de outubro - Música, teatro, contacontos, exposicións

Santiago - Numax

Santiago - Teatro Principal - 

Oroso - Conferencia sobre Drones

Santiago - Fundación Granell - Homenaxe a Begoña Caamaño

Brión - Oquetiqueiras Teatro - As Raiñas 

Santiago - Xornadas de Música Contemporánea

Arzua - 9º Ciclo de Teatro de Outono

Santiago - Casa das Crechas - 

Padrón - Hotel Scala - Charla sobre o programa vacacións en Paz

Santiago - Libraría Pedreira - Contacontos

Santiago - Área Central - festa de aniversario

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Fonseca - retrospectiva Montero Ríos (ata o 31 de outubro)

Santiago - Colexio de psicólogos - Elana ivonne Daprá (ata finais de novembro)

Santiago - Auditorio de Galicia - Salto de páxina (ata febreiro 2016)

Santiago - Fundación Granell - 20 formas de cambiar el mundo (ata decembro)


O Tempo

Brión - Oquetiqueiras Teatro representa en Ons as Raiñas

O grupo Oquetiqueiras Teatro representará hoxe sábado 24 de outubro, ás 20:30 horas, a súa obra “Raiñas” no teleclub parroquial de Ons. Unha peza incluída dentro do ciclo de teatro afeccionado “Teatro e punto”, que organiza o Concello de Brión. A entrada é totalmente libre e de balde, ata completar aforo.

“Raíñas” é unha divertida historia chea de crítica social na que unha ama de casa, unha prostituta e unha intelectual inician un proceso de catarsis persoal para cambiar as súas respectivas vidas. Unha obra que conta coa actuación de Fernanda Martínez, María Polo e Eva Castro.

Santiago - Recomendacións de tráfico pola XXXVIII Carreira Pedestre

A Concellería de Medio Ambiente e Convivencia do Concello de Santiago de Compostela informa aos condutores e ao público en xeral que, por mor da celebración da XXXVIII Carreira Pedestre Popular organizada por “El Correo Gallego” o vindeiro domingo 25 de outubro, produciranse modificacións temporais no tráfico da cidade durante o transcurso deste certame deportivo.

A saída da carreira de adultos está prevista ás 10.00 horas da Avenida Xoán XXIII e a de nenos, ás 11.30 h desde o mesmo punto. A competición rematará na Praza do Obradoiro.

Prégase aos cidadáns que se absteñan na medida do posible de utilizar os seus vehículos na mañá do domingo, especialmente entre as 9:00 e as 14:00 horas, co obxecto de facilitar o desenvolvemento desta proba deportiva.

Como norma xeral, en todas as rúas do itinerario da Carreira Pedestre produciranse restricións no tráfico, que se levantarán unha vez que pasen os últimos participantes.

ITINERARIO DA CARREIRA PEDESTRE (ADULTOS):

Xoán XXIII, Praza da Paz, San Caetano, Camiño Francés, rúa das Fontiñas, Concheiros, rúa de San Pedro, Porta do Camiño, Virxe da Cerca, Fonte de Santo Antonio, Praza de Galicia, rúa Doutor Teixeiro, Ponte Castro, rúa da Rosa, Santiago de Chile, Praza de Vigo, Rosalía de Castro, Avenida da Coruña, Avenida das Ciencias, Avenida do Doutor Novoa Santos, Avenida das Burgas, Avenida de Compostela, rúa do Cruceiro do Galo, Pombal, Galeras, Salvadas, Santa Isabel, Vista Alegre, Avenida de Castelao, Praza da Paz, Avenida Xoán XXIII, Praza da Paz, rúa Pastoriza, Basquiños, Santa Clara, San Roque, Algalia de Arriba, Praza de Cervantes, Preguntoiro, rúa do Castro, Praza da Universidade, Praza de Mazarelos, rúa do Cardeal Payá, Orfas, Toural, rúa do Vilar, Praza das Praterías, Fonseca y Praza do Obradoiro.

A carreira de nenos, que discorrerá por parte do percorrido anterior, tamén pasará polas rúas da Senra, Campo da Estrela, Porta Faxeira, avenida de Figueroa e Pombal.

Consellos para o tráfico de vehículos

- Queda prohibido o estacionamento de vehículos na Avenida de Xoán XXIII dende as 22:00 horas do sábado 24 de outubro, ata as 14:00 horas do domingo 25 de outubro. 

- Os vehículos que accedan á cidade polo norte poderán circular en sentido descendente pola Avenida de Castelao, enlazando con Salvadas e Galeras e saíndo por Poza de Bar, San Lourenzo e Avenida Mestra Victoria Míguez (Vidán, estrada AC-543 a Noia) ou por Vista Alegre xirando cara ao Romaño.

- Os vehículos que accedan á cidade a través da estrada de Santa Comba circularán obrigatoriamente a través de Salvadas e Galeras no mesmo sentido de dirección que os anteriores cara á estrada de Noia. 

- Os vehículos que desexen entrar ou saír da zona das rúas Hórreo, Gómez Ulla ou área de influencia destas, poderán circular polas rúas Bernardo Barreiro, Sar e Ramón Piñeiro, enlazando coa avenida de Lugo.

- O tráfico procedente das estradas de Noia (AC-543), Ourense (N-525) e Pontevedra (N-550) en sentido de dirección ao norte da cidade deberá utilizar obrigatoriamente a autoestrada A-9 ou o periférico.

- Deberá utilizar tamén a autoestrada A-9 ou o periférico o tráfico procedente das estradas da Coruña (N-550) e Lugo (N-634 e C-547) que se dirixa ao sur da cidade.

- Quedará dividida con valos a calzada no tramo que transcorre desde o cruce do Cruceiro do Galo polas rúas Galeras, Salvadas, Vista Alegre e Avenida de Castelao; tamén se dividirán as rúas Santa Clara e San Roque, para facilitar o tráfico en sentido ascendente, que subirá por Santa Clara, Basquiños, Pastoriza hacia a Praza da Paz, tamén se dividirá a calzada no tramo de Rosalía de Castro entre a Praza de Vigo e a avenida da Coruña, e esta última entre Rosalía de Castro e Feáns, de forma que quedará habilitado para a carreira o carril de subida e o de baixada para permitir o acceso e saída dos aparcamentos da zona. 

A Concellería de Medio Ambiente e Convivencia do Concello prega aos cidadáns desculpen as molestias causadas pola celebración deste acontecemento deportivo e acaten as indicacións dos axentes da Policía Local, membros de Protección Civil e persoal da organización da carreira.

Silleda - O Concello realizará unha inspección das taxas que deben ingresar as grandes compañías

-Bonafide S.L. realizará o traballo nun prazo de seis meses revisando os ingresos das operadoras de telefonía, electricidade… ao Concello de SIlleda dende o ano 2011. Este contrato só implica o abono á asesoría do 9,9% do importe das contías que se detecten sen pagar

-“Con esta iniciativa continuamos a mellorar a xestión na recadación, tratando de que as grandes operadoras, que son as que realmente teñen que tributar polos beneficios que obteñen, aporten o que realmente deben ás entidades locais”, indica o alcalde

Silleda, 24 de outubro de 2014. O Concello de Silleda vén de asinar un contrato coa firma Bonafide Tributos Locales para a asistencia técnica e colabroación material na inspección dea taxa por ustilización privativa ou aproveitamento especial das vías públicas, unha taxa que deben de abonar as grandes compañías operadoras de sectores como a telefonía, gas, electricidade…

“A través desta auditoría queremos mellorar a recadación destes tributos, e saber se as grandes compañías están pagando ao noso Concello o que realmente lles corresponde”, explica o alcalde e responsable de Facenda, Manuel Cuiña.

Esta inspección realizarase con carácter retroactivo, revisando os datos de facturación das grandes empresas e compañías que operan no municipio dende o ano 2011. 

Cuiña explica que a través desta inspección a empresa contratada só cobrará o 9,90 por cento do importe das contías netas que se logren recadar a maiores froito do traballo da empresa. “Se efectivamente as liquidacións se fixeron ben o traballo encargado non terá custes para o Concello”, engade o rexedor.

A inspección está previsto que se realice nun prazo de seis meses, revisando as liquidacións da ducia de grandes compañías que deben de tributar ás arcas municipais silledenses.

“Con esta inspección queremos continuar mellorando a xestión na recadación de impostos, centrando os esforzos nestas grandes compañías, que son as que realmente deben de tributar polos beneficios que obteñen”, explica Cuiña.

Aumento dos ingresos municipais

O responsable municipal de Facenda advirte que con este tipo de iniciativas “estamos a conseguir un aumento histórico nos últimos anos no orzamento municipal acadando máis recursos e sen incrementar os impostos e taxas aos nosos veciños e veciñas”, explica.

Dende a chegada do novo goberno municipal ao Concello melloráronse e ampliáronse os ingresos das taxas das compañías enerxéticas e operadoras de telefonía. Así, no ano 2011 as arcas municipais ingresaron preto de 120.000 euros por estas taxas. “A maioría desta cantidade correspondía aos exercicios de 2009 e 2010 que estaban entonces sen cobrar porque o executivo anterior nin sequera se molestou en reclamarle estes cartos ás empresas”, explica Cuiña.

Dende o goberno municipal quere comprobarse a través desta inspección se as grandes compañías están a cotizar nos últimos anos polo que realmente facturan.

“É a nosa obriga e responsabilidade velar porque este tipo de compañías paguen relixiosamente os seus impostos, aportanto ao Concello recursos que poidan reinvertirse na mellora de servizos e a calidade de atención aos nosos veciños”, remata o alcalde.

Cuiña presidirá o vindeiro luns a mesa de persoal e a comisión informativa para iniciar o deseño dos orzamentos municipais de 2016.

Santiago Futsal - Primeira vitoria do equipo na competición

Santiago Futsal resolve na primeira parte e consegue a primeira vitoria ante a súa afección

· Os celestes resolveron nos 10 primeiros minutos do encontro cos 2 tanto de Antonio e o gol de Diego Quintela

· A segunda parte foi máis trabada e sen ocasións claras

· Primeira vitoria do Santiago Futsal da tempada que suma 3 puntos moi importantes para mirar cara arriba na táboa

Brilou con luz propia o Santiago Futsal na primeira parte do encontro, que nos dez primeiros minutos resolveu sen complicacións. Cando só transcorrera minuto e medio dende o asubío inicial, Antonio Diz abríu o marcador, e a súa conta persoal esta noite, co 1-0, con celebración adedicada a un dos referentes do equipo, David Palmas, que esta semana sufríu rotura do ligamento cruzado anterior e terá que ser intervido cirurxicamente.

O pívot lucense volveu ser protagonista e goleador no 2-0, ao rematar ao fondo da rede un balón que Álex deixou ao segundo pau tras recuperar no seu propio campo. Co 2-0 no minuto 9, os celestes deixaban claro o seu dominio sobre o parqué e facíanse cada vez máis grandes ante a súa afección.

E ao subidón que se vivía no Multiusos, Diego Quintela poñería a guinda do pastel co 3-0, aproveitando un pase maxistral en diagonal do debutante coa celeste na noite de hoxe, Juanjo Catela, para deleite da afección compostelá.

Nunha acción desafortunada en defensa da zaga santiaguesa, UMA Antequera conseguiría o seu único tanto da tarde e poñería o 3-1 co que se chegaría ao descanso.

Na segunda parte cambiou por completo o guión do encontro e veríase un xogo máis trabado e sen ocasións clara por ningún dos dous conxuntos. Claudio sería o xogador que maior perigo crearía en área rival, pero o meta Iker López desbarataría toda ocasión visitante.

Tras a sexta falta de CD UMA Antequera a 3 minutos do final do encontro, Dani Montes anotaría o cuarto e definitivo gol da tarde desde o punto de dobre penalti e pecharía así o marcador favorable aos santiagueses.

Santiago Futsal consegue a primeira vitoria da tempada e suma 3 puntos de ouro que lle permiten afastarse dos postos de perigo e mirar para arriba na clasificación.

Ficha do partido

Santiago Futsal 4: Iker, Santi, Iván Rumbo, Hugo Sánchez e Antonio Diz ?cinco inicial- Dani Montes, Pablo Mel, Diego Quintela, Quique, Álex Diz e Catela

CD UMA Antequera 1: Juan Varela, Cecilio, Miguel, Javi Sánchez e Tete- cinco inicial- Crispi, Armando, Claudio, Óscar, Lucio e Fernando

Árbitros: Cid Bragado e Torres Martínez. Amonestaron con cartón amarelo a Crispi, Óscar e Armando en CD UMA Antequera; e a Marcos Vara, Dani Montes e Santi no Santiago Futsal.

Incidencias: Partido correspondente á 7ª xornada de Liga celebrado no Multiusos Fontes do Sar cunha asistencia aproximada de 1000 persoas.

Goles: 1-0 min.2 Antonio Diz; 2-0 min. 6 Antonio Diz, 3-0 min.10 Diego Quintela, 3-1 min.13 Iván Rumbo p.p, 4-1 min.37 Dani Montes

Lalín - Moción do grupo de goberno para a construción en Lalín do centro de alta resolución

No ano 2007 comezouse a propoñer en Lalín por parte do Grupo Municipal Socialista, a través do seu voceiro Manuel González Aller, a necesidade de apostar por un salto de calidade na Sanidade Local mediante a construción dun Centro de Alta Resolución. Por aqueles tempos, as propostas dos que daquela eran o Goberno Local, consistían en reclamarlle á Xunta de Galicia un hospital comarcal, baseando a súa proposta nun estudo que xustificaba a necesidade dun hospital en Lalín, pero metendo no seu ámbito de influencia, dun xeito descabelado, a concellos das áreas sanitarias de Lugo e Ourense. 

Hai agora 8 anos, concretamente en novembro do 2007, a Consellería de Sanidade enviáballe ao ex-alcalde de Lalín, José Crespo, unha proposta de protocolo para a construción do Centro de Alta Resolución (CAR) en Lalín e, mesmo en novembro do 2008, lle solicitaban os terreos para o seu levantamento. Non obstante, en todo ese tempo o goberno anterior de Lalín rexeitou a proposta do CAR, continuando coa súa aposta polo hospital, perdendo así un valiosísimo tempo no que se tería podido avanzar na consecución desta importantísima infraestrutura para Lalín, nuns anos nos que a situación económica e orzamentaria das administracións permitían afrontar maiores investimentos que agora.

Cando cambia o Goberno da Xunta e pasa a mans do Presidente Feijóo, muda por completo o discurso do ex-goberno municipal do PP e, dándolle a razón aos que propoñían o CAR apostan por el e abandonan acertadamente a posición pola que reclamaban o Hospital.

A pesares de ter rexeitado a proposta previa de conseguir 10.000 m2 de terreos para o CAR previamente, cambian de postura e consideran que o máis sensato é continuar a proposta inicial do Grupo Municipal Socialista.

Posteriormente vanse dando pasos administrativos que culminan na sinatura do convenio o 31 de xaneiro de 2011, no cal a Xunta se comprometía a investir 11 millóns de euros nun centro que se integraba no Plan de Modernización de Infraestruturas Sanitarias 2010-2013, e polo que o Concello de Lalín se responsabilizaba da posta a disposición dos terreos necesarios para a súa construción.

Dende aquela, o Concello de Lalín foi cumprindo o seu compromiso coa Consellería de Sanidade, pero dende a Xunta de Galicia non se dou ningún paso nin técnico nin orzamentario para a construción do CAR. Simplemente houbo discursos baleiros por parte das distintas titulares da Consellería.

Agora, tras 4 anos esperando, vemos que no proxecto de orzamentos da Xunta de Galicia para o 2016 tampouco se contempla ningunha partida para a súa construción, polo que a cidadanía de Lalín vai ter que seguir esperando por unha ansiada infraestrutura sanitaria, vendo namentres como se queda pequeno o seu ambulatorio, que xa non ten espazo para máis servizos.

ACORDOS

1. Esixirlle á Consellería de Sanidade que cumpra o convenio de construción dun Centro de Alta Resolución en Lalín.

Frades - Curso de manipulador de alimentos

O Concello de Frades convoca un curso de manipulador de alimentos, que terá lugar durante o mes de decembro no multiúsos fradense. Un curso de tres horas presenciais, cun custe de 20 euros. As persoas interesadas en participar deberán anotarse no Concello de Frades ou no teléfono 981 695 567.

Este curso está dirixido a persoas interesadas en obter o carné de manipulador de alimentos, unha credencial imprescindible á hora de optar a un emprego en empresas relacionadas coa manipulación de alimentos durante a súa preparación, fabricación, transformación, elaboración, envasado, almacenamento, transporte, distribución, venda, subministro ou servizo. Así, o carné de manipulador é preciso para traballar en bares, restaurantes, supermercados, garderías, transporte e distribución de alimentos, fábricas de envasado e manipulación, hostalería, comercio, sector cárnico e pescados, comedores escolares, residencias xeriátricas, axuda a domicilio, etc.

Ao longo deste obradoiro, os alumnos adquirirán coñecementos relacionados coa nutrición e coa hixiene, así como coa manipulación dos alimentos. Ademais, analizarán os métodos para a conservación dos alimentos e os riscos que supón a súa alteración. Nos últimos cinco anos xa son 74 os veciños e veciñas de Frades que obtiveron ou renovaron o carné de manipulador de alimentos.

Santiago - Clases co clarinetista de Harry Potter e Star Wars

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. Ao longo do ano ofrécese a posibilidade de asistir a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. O afamado clarinetista británico Andrew Marriner formará neste instrumento tanto aos estudantes da escola como a alumnos externos interesados en perfeccionar a súa interpretación co clarinete.

As clases celebraranse ao longo de tres días. Comezarán o mércores 4 de novembro, en horario de 16:00 a 19:00 horas. O xoves 5 terán lugar de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas. O venres 6 a sesión será de 10:00 a 14:00 horas. Os músicos externos ao centro que desexen participar nestas clases poderán matricularse a través da páxina web da Escola -www.eaem.es-. Para eles ofrécense un total de dez prazas.

Imparte clases en conservatorios de todo o mundo
Andrew Marriner foi clarinete principal na Orquestra Sinfónica de Londres e tamén na Academia de St. Martin in the Fields. Ademais da súa carreira orquestral mantén unha intensa actividade como solista internacional e como músico de cámara. Tocou con agrupacións de todo o mundo, en particular en Europa, América, Asia e Australia e compartiu escenario coas figuras máis distinguidas no ámbito da música camerística. Os seus concertos retransmítense con regularidade pola BBC Radio.

Como membro da Orquestra Sinfónica de Londres ten colaborado en varias bandas sonoras de cine e televisión. Destacan as oscarizadas Amadeus, Braveheart e O discurso do rei. Tamén participou na música doutras producións cinematográficas tan populares como Star Wars ou Harry Potter. 

Marriner imparte clases en conservatorios de distintos continentes, mesmo en Australia e China, e é docente da Real Academia de Música de Londres. Ten gravado a maior parte do repertorio para clarinete con selos discográficos como Philips ou EMI.

Santiago - mañá domingo SRTPS. Episodio 1: Mirlo&Rula’ de Cinema Sticado

Dentro do ciclo de teatro da concellaría de Acción Cultural do Concello de Santiago, e enmarcado na Rede Galega de Teatros e Auditorios, chega a Compostela este domingo ‘SRTPS. Episodio 1: Mirlo&Rula’ de Cinema Sticado. Será ás 20.30 h no Teatro Principal e as entradas, a 10 euros, poden mercarse en entradas.abanca.com, no 902 434 443, ou no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18.00 a 21.00 h). 

Cinema Sticado é un colectivo de artistas que fai cine ao vivo. Interesados nas novas linguaxes narrativas o colectivo nace no 2013 co obxectivo de explorar as posibilidades expresivas que xorden nas fronteiras entre os campos escénico e audiovisual para contar historias no ámbito da representación en vivo e en directo. O núcleo do colectivo está composto por Xosel Díaz (enxeñeiro e creador audiovisual) e Helena Varela (actriz de teatro e cine). Despois de dous anos de experimentación presentan este seu primeiro traballo. 

Un home sixiloso (Mirlo) e unha muller soñadora (Rula) cruzarán os seus destinos nunha fuxida inesperada por culpa dun segredo a voces, unha fuxida tinguida de intriga e sangue nun mundo en desequilibrio coa natureza e os dereitos sociais e ateigado de corrupción política. Prepárate para entrar nun mundo que nunca antes viras. Intriga, corrupción, asasinatos… e unha fuxida inesperada.

Quererás ver máis!

Manipuladores en directo: Xosel Díez e Helena Varela

Creación: Xosel Díez e Helena Varela

Debuxos: Xabi Varela

Programación Pure Data: João Pinheiro

Iluminación LED: Man Núñez

Decorados: Noela Rivera

USC - Reanuda a súa actividade o ciclo de debates ‘Chuvia de Ideas’

‘A animación infantil para pais e educadores’ é o tema da xornada co que a Unidade de Atención Temperá reanudará o próximo 6 de novembro o ciclo de debates ‘Chuvia de ideas’. Esta nova sesión impartiraa a psicopedagogaLeticia López Castro a partir das 20.00 horas nas instalacións da Unidade. Aínda que con carácter gratuíto, as persoas interesadas, entre as que se fomentará o debate e o intercambio de ideas, deberán enviar un correo electrónico a mjosecarmen.buceta@usc.es para realizar a inscrición.

Os seguintes temas a abordar neste ciclo de debates serán ‘Meu fillo é un tirano, que fago?’, o día 27 de novembro da man de José Luis Pedreira Massa, do Hospital Niño Jesús de Madrid, mentres que o 18 de decembro o profesor da USC Santiago Brage disertará sobre sectas.

Abertaa caixa de suxestións
Co obxecto de seguir dándolle corpo á programación de Choivas de Ideas, a Unidade de Atención Temperá da USC abre unha caixa de suxestións para que tanto pais e nais como persoas interesadas envíen as súas propostas de temas a tratar, como base para os debates que se celebrarán entre xaneiro e maio de 2016. Quen estea interesado en achegas a súa proposta deberá facelo a través da web da Unidade ou enviando un correo a mjosecarmen.buceta@usc.es. 

Con estas sesións de charlas informativas, a Unidade de Atención Temperá retoma un ciclo de debates que arrancaba hai un ano e no que se trataron temas como as adopcións internacionais, os nenos roubados ou a nutrición infantil, entre outros asuntos.

Ames - Lab Class - Inventa no Milladoiro

A empresa amiense Escola Inventa, en colaboración co Concello de Ames, organiza este sábado 24 de outubro, en horario de 16:20 a 20:00 horas, a sexta edición do evento Lab Class-Inventa a túa comunicación. Neste evento, que se celebrará na Casa da Cultura do Milladoiro, directivos de diferentes sectores trasladarán a súa experiencia profesional e aprendizaxe aos participantes. O evento ten lugar logo da celebración dunha xuntanza entre representantes do Concello e da propia empresa, co fin de abordar diferentes temas relacionados coa organización do acto. Na reunión, celebrada na sede de Escola Inventa, na rúa Palmeiras do polígono empresarial Novo Milladoiro, estiveron presentes o alcalde de Ames, José Miñones, a concelleira de Promoción Económica, Isabel González, dous técnicos municipais das áreas de Promoción Económica e Turismo, o director de Escola Inventa, Eloy Gesto, e a asesora comercial da empresa, Sandra Castro.

Logo de acoller o pasado mes de xullo a quinta edición do evento Lab Class-Inventa a túa comunicación, a Casa da Cultura do Milladoiro volve ser o escenario elixido para a realización da sexta edición do acto que organiza a empresa Escola Inventa. Trátase dunha oportunidade de coñecer historias reais que inspiren aos asistentes para o día a día na empresa, ademais de descubrir novos relatores. Este evento, que se desenvolverá entre as 16:20 e as 20:00 horas, estará composto de mesas redondas e momentos inspiradores. Tamén se poderán establecer contactos con outros profesionais no descanso, facendo networking. Igualmente, haberá mesas abertas ao público, nas cales se establecerán dúas quendas de preguntas de 20 minutos, onde os relatores responderán as preguntas dos asistentes.

Para os asistentes, o evento Lab Class-Inventa a túa comunicación suporá unha oportunidade para comprender a importancia da comunicación na empresa, sociedade ou institucións. Unha demostración de que as persoas poden mellorar a súa comunicación e amosar as súas experiencias, aprendizaxes e novas visións. Para os poñentes é o final dun seminario de Alto Rendemento onde viven unha experiencia dun evento real con máis de 100 persoas asistentes, un punto de inflexión na súa comunicación e o inicio dun camiño para atopar a confianza, naturalidade, autenticidade e comprensión da comunicación.

As temáticas do evento

O evento Lab Class-Inventa a túa comunicación estará impartido por directivos de diferentes sectores, que trasladarán a súa experiencia profesional e aprendizaxe aos participantes. “Gas a fondo", de César Felípez, "Sweet home", a cargo de Rosana Núñez, "La vida es como es", de Óscar Varela, "Especies digitales", por Cristina Sande, "Plan A, trading y bolsa", de Fran Fialli, "Esta película la dirijo yo", de Borja Alemparte e “Cadena de favores”, a cargo de Manuel L. Pan, serán as oito temáticas que se abordarán o próximo sábado na Casa da Cultura do Milladoiro.



Trátase dun evento aberto ata completar o aforo de 100 persoas. Para obter máis información sobre este evento (programa, horarios, biografías dos poñentes, inscricións, etc.) podes consultar a páxina web de www.escuelainventa.com

Santiago - Xornadas de Música Contemporánea

As Xornadas de Música Contemporánea continúan coa súa programación durante esta fin de semana e o luns. Hoxe sábado poderemos escoitar ás 20.30 h na Igrexa da Universidade a Xocas Meijide, clarinete, con Celso Fernández Sanmartín de narrador. Domingo ás 12.00 h no Auditorio de Galicia chega a colaboración da Banda Municipal de Música nas Xornadas, nun concerto no que participa o coro de Cantigas e Agarimos e o gaiteiro ‘Josele’ e que estará presentado por Beatriz e Alberto Cancela. Na xornada do luns chega a Compostela o Cuarteto Gerhard: ás 20.30 h estarán no Paraninfo da Universidade e ás 21.30 h na Igrexa da Universidade.

Ademais, esta fin de semana temos dúas propostas dentro de AdesTempo, o programa didáctico das Xornadas. Sábado 24 ofreceremos a versión familiar do concerto da Real Filharmonía de Galicia interpretando o Frankenstein de Gruber dirixida por Diego García e con Julián Hernández, ex Siniestro Total, de chansonnier. Será a partir das 18.30 h no Auditorio de Galicia. E xa o domingo, no Salón Teatro a partir das 19.00 h o Grupo de Danza Contemporánea do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo e o Grupo de Percusión do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes presentan ‘Resonancias en movemento’.

O concerto da Banda será con entrada libre ata completar aforo; o familiar da RFG terá un prezo de 5 euros (os menores de 14 anos, coa entrada mercada, terán á súa disposición dous convites) e os outros concertos serán de balde pero hai que retirar antes invitación. As entradas poden mercarse en entradas.abanca.com, no 902 434 443 ou no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de martes a sábado e días de evento de 18.00 a 21.00 h) onde tamén se poden retirar os convites. Ademais tanto mercar entradas como retirar convites pode facerse tamén nos propios lugares de celebración dos concertos desde unha hora antes de que comecen.

Nas seguintes páxinas engadimos información de cada un dos concertos por orde cronolóxica:

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA. AdesTempo

Sábado ás 18.30 h no Auditorio de Galicia
Frankenstein!! é teatro musical, cabaré, ópera... iso e máis. O singular compositor e artista vienés HK Gruber atravesa as barreiras entre xéneros na estela dos heroes de cómic e iconas cinematográficas que enchen os versos de H. C. Artmann. As fantasías infantís mestúranse con pesadelos de adultos na medida en que atopamos a Frankenstein, vampiras, a Superman ou a Batman, en situacións que van do macabro ao humorístico... A desmitificación que fai no seu texto H. C. Artmann dos heroicos viláns ou dos vilanescos heroes atopan un paralelo musical na persistente “alienación” do son orquestral convencional creada por HK Gruber, utilizando instrumentos de xoguete cuxo papel principal é musical máis que cómico. HK Gruber combina idiomas musicais tradicionais con outros máis novidosos e máis populares na súa intención de permanecer fiel á enganosa simplicidade duns textos que a primeira vista suxiren unha atmosfera inxenua e de inocente felicidade.

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Iniciou a súa actividade en 1996 no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, onde presenta a súa temporada estable de concertos. O seu primeiro director titular foi Helmuth Rilling (1996-2000), a quen sucedeu Antoni Ros Marbà (2000-2012). Dende 2013, Paul Daniel é o seu director titular e artístico. O compostelán Maximino Zumalave, vinculado á orquestra dende o seu nacemento, é director asociado, e Christoph König o principal director convidado. Ademais da temporada de concertos en Santiago mantén unha activa presenza no resto de cidades galegas e realizou varias xiras internacionais por Austria, Alemaña, Francia, Brasil, Arxentina e, especialmente, Portugal. Paralelamente, potencia a súa actividade en Santiago cun ciclo de cámara e cos concertos didácticos que dende 1996 organiza co Auditorio de Galicia e polos que pasan máis de 7.000 escolares galegos cada ano. En 2009 presentou dous traballos discográficos inéditos dedicados a Manuel de Falla e Frederic Mompou e, en 2012, un novo disco dedicado a Ravel. Estreitamente vinculada á RFG está a Escola de Altos Estudos Musicais que imparte o Curso avanzado de especialización orquestral, cos músicos da orquestra como profesores. Forma parte da Asociación Española de Orquestas Sinfónicas.

DIEGO GARCÍA RODRÍGUEZ director
Traballa regularmente con orquestras en España, Inglaterra, Polonia e Francia. Os seus compromisos máis recentes inclúen programas sinfónicos coa Real Filharmonía de Galicia, Orquestra Sinfónica de Galicia, Orquesta de Extremadura, Orquestra Académica e Coro de Bydgoszcz (Polonia) e da Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia. En xaneiro de 2015 realizou o seu debut no Teatro Real (Madrid) coa produción Hänsel e Gretel de Humperdinck. Dirixiu a estrea mundial de It makes no Difference... de Simone Spagnolo no Festival Tête á Tête en Londres e encargouse da dirección musical de Carmen de Bizet na Opera Baltykca en Gdansk (Polonia) e da produción do Centro Dramático Galego A ópera dos tres reás de Kurt Weill. É director artístico do Taller Atlántico Contemporáneo (TAC), ensemble co que desenvolve unha intensa actividade a prol da música contemporánea e de colaboración con outras disciplinas artísticas. Na tempada 2010-2011 do Teatro Real de Madrid foi director asistente de Josep Pons en The turn of the screw de Britten e de Paul Daniel en Król Roger de Szymanowski. En Inglaterra traballou con Diego Masson e dirixiu Madama Butterfly de Puccini e As vodas de Fígaro de Mozart.

JULIÁN HERNÁNDEZ chansonnier
Aínda que nacido en Madrid, pasou a súa infancia en Vigo onde comeza a súa relación co rock and roll e se relaciona con poetas do movemento Rompente, así como outros intelectuais da época. Formou parte dos grupos Coco y los del Mil Quinientos e Mari Cruz Soriano y los que afinan su piano. En 1981 comeza a súa actividade como membro fundador de Siniestro Total, grupo no que inicialmente tocaba a batería; posteriormente pasou a tocar a guitarra, teclados, harmónica e será a voz solista manténdose á fronte da banda ata hoxe. Durante este tempo, gravan 18 discos oficiais entre os que destacan ¿Cuándo se come aquí?, Ante todo mucha calma, Made in Japan ou o recente Country & Western. Tamén foi integrante de grupos como Def con Dos e Transportes Hernández y Sanjurjo, no que se achega a un estilo máis próximo ao folk e ao blues acústico. Julián Hernández creou o selo discográfico Discos de Freno, formou parte de proxectos cinematográficos con Antonio Blanco, Ricardo Llovo, Marco Aurelio Beviá e Antonio Díaz e foi columnista en diversos medios de comunicación como Público, El País ou 20 minutos, entre outros. Xunto a Manuel M. Romón participou no V Festival Internacional de Spoken Word Palabra e Música no Teatro Lope de Vega de Sevilla co espectáculo audiovisual Arte efímera e tamén puxo en escena o recital Ópera Aperta (en parte) Volume 1 na Fundación Luís Seoane, representando no Auditorio Municipal Praza do Rei de Vigo a segunda parte do recital titulado Ópera Aperta (en parte) Volume 2. Ademais foi invitado no ciclo Os seráns do Taller Atlántico Contemporáneo no que se combinaba música contemporánea, humor e cociña.

XOCAS MEIJIDE e <CELSO FERNÁNDEZ SANMARTÍN

Sábado ás 20.30 h na Igrexa da Universidade

Joaquín Meijide, máis coñecido como Xocas, é un versátil e inquedo clarinetista galego, apaixonado da música contemporánea e de cámara, cunha traxectoria avalada, entre outros moitos argumentos, polo prestixioso galardón Henri Selmer para clarinete baixo… Co poeta Celso Fernández Sanmartín como cómplice compañeiro de viaxe, Xocas presenta en Doubles un singular programa con obras para clarinete e clarinete baixo (unha obra por instrumento e compositor) de referencias das vangardas musicais do século XX, como o italiano Luciano Berio ou o norteamericano Elliott Carter, e creadores de diferentes recunchos do mundo, algúns clarinetistas, que atoparon unha frutífera fonte de inspiración neste instrumento.

XOCAS MEIJIDE clarinete / clarinete baixo
Nacido en Lalín, estudou principalmente con Orentino Sueiro, Joan Enric Lluna, Jo
sé Luís Estellés, Nancy Braytwaite e Henri Bok. É licenciado superior en clarinete pola Guidhall School of Music and Drama of London e polo Rotterdam Conservatorium, máster en interpretación en clarinete pola Universidade da Coruña e posúe cadanseu posgrao en clarinete e en clarinete baixo polo Rotterdam Conservatorium (CODARTS). Como solista de ambos os dous instrumentos está considerado como un dos mellores solistas galegos e gañou varios concursos a nivel internacional como o Concurso Internacional do Forum de Música de Barcelona, o primeiro premio de xurado e público no Concurso de Música de Cámara de Link (Tilburg, Holanda) e o primeiro premio no Henri Selmer Bass Clarinet Competion (Holanda). Na súa xuventude foi seleccionado para participar no Ciclo de Novos Intérpretes da Fundación Barrié e coa Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia e, xa no ámbito profesional, colaborou coa Orquestra de Cámara de Galicia, Orquestra Sinfónica de Galicia e Real Filharmonía de Galicia. Tocou como solista coa Sinfónica de Galicia, Orquestra de Cámara de Galicia e, en numerosas ocasións, coa Banda Municipal da Coruña e nos principais festivais galegos, Cameralia, Festival Internacional de Música de Galicia, Imaxinasons etc. Ten actuado no Auditorio Nacional (Madrid) e La Pedrera (Barcelona) e en países como Cuba, Arxentina, Francia, Portugal, Bélxica, Holanda, China etc. A súa discografía inclúe gravacións como Doubles (Xingra.com), Windsongs (Vienna Modern Masters, con música de D. Loeb para dous clarinetes baixos e para clarinete e clarinete baixo xunto ao prestixioso solista Henri Bok e a Banda Municipal da Coruña), A Berenguela (Xingra.com, un conto de Manuel María musicado por Nani García interpretado polo cuarteto Xeríon e María Inés Cuadrado), 8 Pezas Europeas (Ézaro Ediciones, libro-disco con novela de Quinito Mourelle e música de Roberto Somoza interpretadas pola Orquestra Voland) e The Wind Factor (Xingra.com, concerto para clarinete baixo solista e banda composta por Nani García). Apaixonado da música contemporánea e da música de cámara compaxina o seu traballo de clarinete baixo na Banda Municipal da Coruña coa súa faceta de concertista cos proxectos manOcas ensamble (plataforma de linguaxes sonoras electroacústicas para clarinetes, percusión, poesía e electrónica formado por Xocas, Javier Ferreiro e Celso Fernández Sanmartín), Orquestra Voland, Vertixe Sonora, Orquestra de Jazz de Galicia, Axente das palabras (espectáculo poético-musical de María Inés Cuadrado con clarinetes), 8 Sons (proxecto de cadros sonoros) etc.

CELSO FERNÁNDEZ SANMARTÍN narrador
Nado en Lalín en 1969, é poeta e contacontos, faceta profesional que o levou por diferentes lugares do mundo con enorme éxito. Aínda que a súa obra poética foi publicada, na súa gran maioría, en edicións de autor de moi pequena tirada, esta circunstancia non representou un impedimento para lograr o aprecio de lectores e crítica. Así, é unha voz referencial á hora de estudar a poesía dos anos noventa e posteriores en Galicia. En palabras de Helena González (profesora da Universidade Central de Barcelona), Celso Fernández Sanmartín ofrécenos "unha poesía que se ve, úlese, tócase e ten sabor, porque o mundo sensorial se converte nun revelador máxico do oculto, ata o punto de que non escapan os seus versos á dimensión memorística que subxace tamén na literatura popular, pero tampouco á tenrura que permite ao autor volver os seus ollos ao que para os demais nos resulta invisible". Xa o crítico e profesor Miro Villar sinalaba que o poemario sen título que edita en 1995 –e que, en boa medida, o dá a coñecer ao gran público– era "un libro sedutor, inclusive para lectoras e lectores que non frecuenten a palabra poética xa que a proposta poética de Celso Fernández Sanmartín é froito da distensión, da busca do equilibrio e da unidade expresa do discurso". Tematicamente, toda a súa obra ten como epicentro a experiencia vital dun eu poético que nos revela, utilizando as formas dunha fabulación e a sinxeleza do naif, todo aquilo que de maxia e pureza existe na infancia, no amor, na amizade... A natureza é outro dos grandes eixes temáticos da súa obra e a súa linguaxe poética oscila entre os códigos identificativos da oralidade, algúns termos dialectais, certos elementos da fraseoloxía popular e algún trazo surrealista para plasmar a memoria ancestral. Esa materia coa que traballa na súa faceta de colleiteiro-contador que tamén nos transmite con admiración e profundo respecto na súa poesía. Así, a experta en literatura comparada e profesora María do Cebreiro Rábade Villar sinala que Celso Fernández Sanmartín outorga á palabra "a ese coro comunal de voces que alimentan a memoria da colectividade", mentres que o crítico Xosé M. Eiré afirma que nela sempre se dá unha busca constante e inconformista da poesía".

Banda Municipal de Música, coro de Cantigas e Agarimos e ‘Josele’. 

Domingo ás 12h no Auditorio de Galicia

Froito do proxecto de recuperación do arquivo histórico da formación compostelá impulsado polo programa Descubrindo as nosas músicas, na primeira parte dedicada á música galega de finais do século XIX e principios do XX, poderemos gozar da inspiración que Rosalía de Castro supuxo no compostelán Pepe Curros (A orillas del Sar e Airiños da miña terra) e dun valse de Felipe Paz Carbajal. Dúas estreas absolutas incluídas (Simón Couceiro e Mario Diz), xunto a recuperación dunha fantasía para banda e gaita do coruñés Antón Alcalde, conforman a segunda parte de autores actuais deste programa da Banda Municipal de Santiago de Compostela dedicado á música para banda de compositores galegos.

BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO
É unha das máis antigas de Galicia (1849). Durante os primeiros anos foi unha agrupación de afeccionados, ata que en 1876 o Concello decide facerse cargo dela e comeza a profesionalizarse. Na actualidade realiza os seus concertos no Teatro Principal, na rúa do Vilar, na praza da Quintana, na Alameda e noutros lugares e barrios da cidade na temporada de verán. A súa actividade baséase fundamentalmente nos concertos dominicais ao longo de todo o ano, concertos de verán xoves e domingos, concertos didácticos en período lectivo nos que participan centos de escolares de Santiago e da bisbarra, intercambios e actos culturais e protocolarios.

JUAN MIGUEL ROMERO LLOPIS director
Foi director titular da Banda Musical La Lira de Monforte del Cid, a Agrupación Musical Santa Cecilia de Castalla e a Orquesta Sinfónica de San Vicente del Raspeig e, durante catro tempadas, director asistente da Banda Municipal de Barcelona. Acompañou a solistas internacionais como Ara Malikian, Ionut Podgoreanu, Ximo Vicedo, Marta Matheu etc., e participou en espectáculos con artistas como o coreógrafo Cesc Gelabert ou a bailaora flamenca Eva “la Yerbabuena", entre outros. Ocupou a cátedra de dirección de orquestra no Conservatorio Superior de Música Manuel Massotti Littel de Murcia ata 2013, momento no que gaña a praza de director titular da Banda Municipal de Santiago de Compostela.

GRUPO DE DANZA CONTEMPORÁNEA DO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE DANZA DE LUGO e GRUPO DE PERCUSIÓN DO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA XOÁN MONTES

Domingo 25 ás 19.00 h no Salón Teatro

Duración, intensidade, altura e timbre: estes son os catro parámetros do son como fenómeno acústico considerados e estudados tradicionalmente, pero a estas catro calidades hai que engadirlles unha máis, que toma vida e emerxe no contexto dunha sala ou espazo concreto, a resonancia. Resonancias en movemento é un espectáculo didáctico de música e danza para público xuvenil e familiar que reflexiona sobre as diferentes formas nas que a resonancia pode ser tratada e abordada, así como os reflexos que poden inspirar na danza. Música e danza camiñan xuntas na busca dunha sinerxía que converta sensacións paralelas (ondas sonoras e movementos) nun todo máxico.

GRUPO DE PERCUSIÓN DO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA XOÁN MONTES

Formado por alumnos e exalumnos de percusión do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes, desenvolve a súa actividade no marco das clases deste conservatorio baixo a dirección académica e artística dos profesores de percusión do centro. A formación do grupo é flexible e adáptase ás diferentes necesidades de cada un dos proxectos musicais desenvoltos.

GRUPO DE DANZA CONTEMPORÁNEA DO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE DANZA DE LUGO

Formado por alumnas de grao profesional da especialidade de danza contemporánea do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, desenvolven a súa actividade no marco das clases deste centro baixo a dirección académica e artística das profesoras. A formación do grupo é flexible e adáptase ás diferentes necesidades de cada unha das coreografías propostas.

Cuarteto Gerhard. Luns ás 20.30 e 21.30 h no Paraninfo e Igrexa da Universidade

O Cuarteto Gerhard nace en 2010. Máster de Música de cámara na Hochschule für Musik de Basilea (Suíza), con Rainer Schmidt (Hagen Quartett). Obtivo o primeiro premio INJUVE de Música de Cámara Ciutat de Vinaròs, primeiro premio no Concurso Internacional de Música de Capellades e o segundo premio no Concurso Permanente de Jóvenes Intérpretes de Juventudes Musicales de España.

Foron seleccionados ademais polo programa Clásicos en Ruta da AIE realizando concertos por todo o estado español. Recibiron o premio The most convincing newcomer ensemble 2011 de Mocidades Musicais de Alemaña no marco do International Music Campus de Weikersheim. Actuaron no Festival de Segovia, no Círculo de Bellas Artes de Madrid e no prestixioso festival MozartFest de Würzburg (Alemaña) dentro do ciclo Rising Stars. As súas interpretacións foron retransmitidas pola SWR (a radio pública alemá) e RNE. Recentemente actuaron en L'Auditori de Barcelona no ciclo de Cámara e Recitais.

Ames - Campionato Galego de Pádel 2015

Preto de 100 parellas procedentes de toda Galicia participarán do 24 de outubro ao 1 de novembro no Campionato Gallego Absoluto 2015 de Pádel que organiza Let Pádel Ames en colaboración co concello de Ames. O evento, que por primeira vez se desenvolve na comarca de Compostela, foi presentado en rolda de prensa polo alcalde José Miñones, o presidente da Federación Galega de Pádel, Manuel Fernández Prado, e o xerente da empresa Let Pádel Ames, Miguel Martínez de Orense Villar. No transcurso da presentación, o alcalde suxeriu a posibilidade de que, tendo en conta que Ames é o primeiro concello de Galicia en número de nacementos, o próximo Campionato Galego de Menores de Pádel, se celebre no municipio, cuestión á que o presidente da Federación se mostrou favorable. Éstá previsto que acudan ao evento os mellores xogadores e as mellores xogadoras de pádel de Galicia.

Na presentación do evento, o alcalde de Ames, José Miñones, apuntou a posibilidade de que, do mesmo xeito que agora se celebra o Campionato Galego de Pádel na modalidade de adultos, nunha vindeira ocasión se poida celebrar o Campionato Galego de Menores: “Ames é o concello de Galicia onde se rexistran máis nacementos e sería un bo escaparate para dar a coñecer entre a poboación máis nova este deporte”. Pola súa banda, o presidente da Federación Galega de Pádel, Manuel Fernández Prado, amosou a súa satisfacción por este convite e manifestou que a Federación faría todo o posible para que así fose e poñería todos os medios para axudar a difusión do deporte entre os cativos e as cativas. Pola súa banda, o xerente de Let Pádel, Miguel Martínez de Orense Villar, corroborou as palabras do presidente e mostrouse disposto a chegar a acordos de colaboración co Concello para difundir a práctica do pádel entre os/as máis novos.

É a primeira vez que o Campionato Galego de Pádel se celebra en Ames. O evento, no que participarán ao redor de sesenta parellas masculinas e máis de trinta femininas, realizarase nas instalacións que a empresa Let Pádel Ames ten no lugar de Firmistáns, na parroquia de Bugallido. O sábado 24 e o domingo 25 celebraranse as roldas previas de cadros das categorías feminina e masculina e a fin de semana seguinte, os días 31 de outubro e 1 de novembro, desenvolveranse os cadros finais. O Campionato outorgará 7.200 premios en metálico e varios agasallos máis, entre eles reloxos dunha importante marca. Ademais todos os asistentes ás finais participarán nun sorteo de agasallos que inclúe estancias en hoteis e equipamentos para a práctica deste deporte. Esta previsto que ao remate das competicións se celebre unha festa que, en palabras do xerente de Let Pádel “será a gran festa do pádel galego”.

A iniciativa de traer o Campionato Galego de Pádel 2015 a Ames parte da empresa Let Pádel Ames, radicada no Concello desde hai tres anos. Cunha superficie de 3.200 metros cadrados construídos e preto de 4.200 exteriores e 8 pistas de pádel Indoor, este recinto deportivo é o club de pádel máis grande de toda Galicia. Dáse a circunstancia de que ademais Led Pádel Ames conta cunha pista panorámica, a primeira posta en marcha na Comunidade Autónoma. O Concello de Ames e a Xunta de Galicia, ademais de varias empresas privadas, colaboran con este evento deportivo.

Casa das Crechas - Mañá Sumrrá

Mañá a Casa das Crechas acolle a volta aos domingos de Sumrrá. Este trío, o grupo de jazz galego máis lonxevo e internacional, está formado polo pianista Manuel Gutiérrez, o contrabaixista Xacobe Martínez Antelo e o batería L.A.R. Legido e veñen de gañar os Premios Galegos da Música 2014 ao mellor grupo de jazz.

Trátase dunha formación cunha das traxectorias máis sólidas e constantes da escena jazzística española, cunha gran proxección internacional, como certifican as súas xiras por festivales de Bolivia, Francia, Bulgaria ou Sudáfrica e o seu paso por numerosos festivais como Festival San Juan Evangelista (Madrid), Johannesburg Joy of Jazz (Southafrica), Festival de Jazz ImaxinaSons (Vigo), Ciclo de Jazz 1906 (Valencia, Barcelona, Bvilbao, Oviedo), Festival de Jazz de la Paz (Bolivia), Festival de Jazz de Santa Cruz ( Bolivia), Festival de Jazz de Alcudia (Mallorca), Jazz Plus Festival (Sofía)...

Sumrrá fórmase no ano 2000 e ata hoxe deixou atrás centos de concertos e catro discos, dous deles gravados ao vivo.

Desde os seus inicios na cidade de Compostela, Sumrrá cautivou a crítica e público cun jazz inclasificable, melódico e moi aberto, destacando a orixinalidade das súas composicións, a calidade dos seus integrantes e a frescura dos seus directos. Sumrrá non entende de modas, de etiquetas, nin de estilos. Pasaron 14 anos dende a súa formación, que no jazz é moito tempo, desta feliz reunión, e o trío continúa reinventándose e alimentándose dos proxectos paralelos dos seus compoñentes.

Axenda e tempo do venres 23 de outubro - Música, bibliotecas, exposicións

Santiago - Numax

Santiago - Teatro Principal - Amigos ata a morte

Oroso - Día das bibliotecas 

Brión - Día das bibliotecas 

Santiago - Real Filharmonía + Julián Hernández (ex-Siniestro Total)

Santiago - Casa das Crechas - Yusa

Santiago - Libraría Pedreira - Presentación do libro - Historia de Galicia

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Fonseca - retrospectiva Montero Ríos (ata o 31 de outubro)

Santiago - Colexio de psicólogos - Elana ivonne Daprá (ata finais de novembro)

Santiago - Auditorio de Galicia - Salto de páxina (ata febreiro 2016)

Santiago - Fundación Granell - 20 formas de cambiar el mundo (ata decembro)


O Tempo

Oroso - Conferencia maña sabado sobre os drones na Centro sociocultural de Sigüeiro

Conferencia sobre os drones a cargo de Fernando Beteta.

No centro cultural Fernando Casas e Novoa ás 12 horas de este sábado 24

- Tipos de drones
- Aplicacións
- Normativa
- Características e calibrado

Haberá exposición dun drone profesional e un simulador a disposicición dos asistentes.

Ordes - Visita do presidente da Deputación Valentín González

O Concello de Ordes recibiu esta onte a visita institucional do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso. Nesta primeira toma de contacto co municipio dende o seu nomeamento González Formoso foi recibido polo alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, así como polos concelleiros de Educación e Deportes, Luis Caamaño e Susana García, esta última tamén deputada provincial. Tamén asistiron representantes das demais forzas políticas que conforman a corporación municipal.

Tanto o rexedor de Ordes como o presidente da Deputación compartiron abertamente as súas inquedanzas por colaborar na execución de proxectos, “que supoñan un beneficio para a veciñanza e un avance para o municipio”. Neste eido Martínez Sanjurjo destacou a importancia dos 950.000 € outorgados por parte da Deputación destinados ó Plan de Obras e Servizos e ó Plan de Acción Social. Tamén señalou que se trata dunha dotación económica que “permitirá sacar adiante proxectos moi importantes para Ordes, os cales están incluídos nos seus orzamentos”. Neste momento Valentín González mostrou a súa intención de incrementar este tipo de partidas económicas nun futuro. Tamén manifestou o coñecemento e comprensión de cara ás problemáticas e necesidades das administracións locais, grazas ao seu traballo e experiencia como alcalde o que, unha vez máis, o levou a comprometerse públicamente co Concello de Ordes e amosarlle a súa disposición. Intención que así plasmou no libro de honor, no que asinou tras o acto levado a cabo no salón de plenos.

Novos proxectos
Tras isto o alcalde de Ordes presentoulle ao presidente diversos proxectos para os que lle solicitou a súa colaboración. Entre eles destácase a construción dunha senda peonil na zona da Brea, en Mesón do Vento, cun orzamento total de 317.000 euros. Un proxecto no que se reflexan a canalización de augas pluviais, fecais, abastecemento e sistma luminoso, así como o afirmado.

Tamén tiveron ocasión de concretar máis pormenorizadamente a mellora do firme da estrada que une Ordes con Cerceda por Virís, a día de hoxe aprobada e asinada cun orzamento de 241.700 €. Concretamente solicitouse un reaxuste do proxecto para ampliar a plataforma de 7 a 9 metros, o que permitiría incluír arcenes aumentar a seguridade tanto para peóns como para os condutores das zonas poboadas, como por exemplo a Bailía.

Outro punto que se abordou foi a ampliación e mellora do pavillón do CEIP Campomaior, xusto a carón do centro escolar. Unha obra que permitiría a construción dun ximnasio anexo que se destinaría tanto á actividade do centro académico como para o resto da poboación. Unha medida que ademais permitiría desconxestionar algúns dos espazos onde o Concello desenvolve varias actividades do seu programa municipal.

Pola súa banda o concelleiro de Deportes, Luis Caamaño, demandou a construción dun segundo campo de herba artificial na zona deportiva de Vista Alegre, co fin de poder ofrecer un mellor servizo ás escolas deportivas e demais usuarios aleccionados ao fútbol.

Santiago Rugby Club - O equipo enfróntase o Fendetestas de As Pontes

O Santiago Rugby Club enfróntase ao Fendetestas.

O SRC viaxa a As Pontes para enfrontarse ao Fendetestas este sábado ás 16,30h. Neste partido amistoso o conxunto da capital aproveitará para comprobar o seu estado tanto física como tácticamente de cara á tempada que comezará o 7 de novembro con outro enfrontamento entre estes dous mesmos equipos. O equipo de Santiago, baixo as ordes de Guillermo Landrove, conta con obter os mellores froitos tras unha pretemporada que veñen traballando dende mediados de agosto.

Numax - Programación do 23 ao 29 de outubro

Á volta da infancia

O programa desta semana no Cinema NUMAX pon en relación tres filmes á volta da infancia e da xente nova: a reestrea en copia nova 2K da primeira longametraxe de François Truffaut, Os 400 golpes, acompaña a estrea en salas do último e esperado filme de Marc Recha, Un día perfecto para voar, que vén de competir na sección oficial do Festival Internacional de Cine de San Sebastián pola Cuncha de Ouro.

Canda eles, Zumzeig Distribució estrea en NUMAX Loubia Hamra (Feixóns encarnados), ópera prima de Narimane Mari con música de Zombie Zombie. Unha reinterpretación da Guerra de Independencia de Alxeria, narrada e interpretada por enteiro desde o punto de vista duns cativos de seis a catorce anos. Lonxe da especulación, o traballo de Mari procura unha dimensión onírica e metafórica. Loubia Hamra levou o premio da competición francesa do FID Marseille en 2013, entre outros moitos (máis de trinta mencións en numerosos festivais internacionais), e a súa realizadora, Narimane Mari, acaba de recibir o premio Open Doors no festival de Locarno 2015 ao proxecto do seu vindeiro filme: Le fort des fous.

O mércores 28 estreamos El complejo de dinero de Juan Rodrigáñez, última proposta de Márgenes Distribución que foi presentado na Berlinale 2015 como o único filme español que competiu polo premio á mellor ópera prima. Montado e coescrito por Eloy Enciso (realizador de Arraianos), é unha adaptación libre da novela Der Geldkomplex, escrita en 1916 pola autora feminista Franziska Von Reventlow, que nos propón unha «sugerente aproximación a un contradictorio universo de penurias económicas, afectivas y culturales que, por muy terrorífico que resulte, se parece bastante al nuestro» (Manu Yáñez, Otroscines Europa).

Últimos pases

Ademais, continuamos con Ventos de Agosto —último pase o martes 27—, o filme brasileiro premiado en Locarno 2014 de Gabriel Mascaro (que acaba de recibir tamén o premio especial do xurado do Festival de Venecia co seu último traballo, aínda sen distribución en España, Boi Neon) e con Amama —último pase o xoves 29—, realizado por Asier Altuna, premio do Cinema Basco na última edición do Festival de San Sebastián 2015.

Un día perfecto para voar
(Marc Recha, 2015)


Nun lugar apartado, perto da costa, un cativo fai voar o papaventos que lle fixo o seu pai. Vai vento e o papaventos enreda entre a vexetación. O pequeno precisa do seu pai para seguir a voar o papaventos. Xuntos os dous, en medio da natureza, comparten un conto íntimo e especial: o dun xigante que sempre ten fame.

Loubia Hamra
(Narimane Mari, 2013)


Nunha praia corren uns pequenos, báñanse e dormen até que de súpeto se xuntan e deciden que teñen que iniciar unha guerra. Están na Alxeria actual, mais as preocupacións e motivos da súa loita son as medio século atrás, cando o Frente de Liberación Nacional combateu o colonialismo francés. Unha reinterpretación da Guerra de Independencia de Alxeria, narrada e interpretada por enteiro desde o punto de vista duns cativos de seis a catorce anos.

El complejo de dinero
(Juan Rodrigáñez, 2014)

O fillo de Rafael está de volta na casa familiar para presentar a súa moza e anunciar os seus planos de voda. Na casa tamén viven os mellores amigos do seu pai: Francisca, Henry, Lucas e Domingo, todos vítimas dun complexo de diñeiro.

Programación

VOSG: Versión orixinal subtitulada en galego
VOSI: Versión orixinal subtitulada en inglés
VO: Versión orixinal sen subtítulos

Venres 23 de outubro

12:00 Amama
16:00 Amama
18:00 Ventos de agosto
19:30 Un día perfecto
          para voar [Estrea]
21:00 Loubia Hamra [Estrea]
22:30 Os 400 golpes
 

Sábado 24 de outubro

12:00 Os 400 golpes
16:00 Amama
18:00 Ventos de agosto
19:30 Loubia Hamra
21:00 Un día perfecto para voar
22:30 Amama
 

Domingo 25 de outubro

12:00 Ventos de agosto
16:00 Amama
18:00 Os 400 golpes
20:00 Un día perfecto para voar
21:30 Loubia Hamra
 

Martes 27 de outubro

12:00 Os 400 golpes
16:00 Amama
18:00 Un día perfecto para voar
19:30 Loubia Hamra
21:00 Ventos de agosto [Último pase]
22:30 Amama
 

Mércores 28 de outubro

12:00 Amama
16:00 Un día perfecto para voar
17:30 Amama
19:30 Loubia Hamra
21:00 El complejo de dinero [Estrea]
22:30 Os 400 golpes
 

Xoves 29 de outubro

12:00 Os 400 golpes
16:00 Loubia Hamra
17:30 El complejo de dinero
19:00 Un día perfecto para voar
20:30 Amama [Último pase]
22:30 Os 400 golpes