Eloy Rodríguez Carbia portavoz do grupo político da C.I.Pa presenta á consideración da Corporación a seguinte MOCIÓN
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O xardín botánico histórico artístico de Padrón que ten a súa orixe nos inicios da segunda metade do século XIX foi concibido:
a.- como un espazo público municipal, unha aula grande da natureza que as autoridades municipais e os padroneses en xeral foron enriquecendo ao longo dos séculos con especies únicas dentro do mundo da botánica en Galicia tales como: a palmeira do Senegal (pola súa talle un dos exemplares máis importantes do Estado Español), as secuoias vermellas, o carballo cupresiforme, a arbore do amor ou coroa de Cristo etc, etc.
b.- Cunha vinculación ao mundo literario das letras padronesas: Macías o Namorado, Rosalía de Castro, Manuel Barros, Nicasio Pajares, Camilo José Cela, Castelao.
c.- Coa tradición xacobea e as peregrinacións.
Froito de todo elo dou como resultado a súa declaración como Monumento do Patrimonio Artístico Nacional (BOE do 28 de xaneiro de 1946) dándolle a denominación de Xardín Artístico.
Neste período de goberno bipartido PP-PGD vemos con preocupación a falla de solucións aos problemas que está a padecer o recinto do xardín botánico, histórico, artístico de Padrón, debido á falla de coidados, tratamento de pragas e mantemento do recinto nas mellores condicións en termos xerais.
Os buxos, especialmente o buxus sempervirens suffruticosa, que é a alma mater do xardin, ao ser o material vexetal empregado para a creación das figuras e o peche externo dos numerosos carteis, dando forma e fisonomía estrutural ao recinto botánico, está a piques de desaparecer co que elo conlevaría de ser unha perda irreparable para este espazo único
Dun tempo a esta parte observamos como unha especie de fungo ameaza a conservación dos buxos altos e baixos do xardín botánico histórico artístico, ata tal punto que xa está estendido case nun 80 % polo centenario recinto, levando consigo unha defoliación severa, xunto cunha serie de manchas negruzcas sobre as follas, ramas e tallos dos mesmos, presentando un aspecto acastañado, como desvastado (acompañase a esta moción dossier fotografico que así o testemuña).
O edificio multiusos, que se adicou a biblioteca, herbario, salón de actos e exposicións e no seu soto a almacén de xardiñería, é unha caricatura do que era, o tellado cuberto de liques, os vidros rotos, as paredes pintadas dan unha imaxe penosa dun recinto visitado por milleiros de persoas ao longo do ano. (acompáñanse fotografías actuais do seu estado)
A estatua de Macías, o insigne trovador padronés, aínda sigue coa man dereita mutilada (acompañase fotografía do seu estado actual).
A testa do busto de Castelao, doado pola Vila de Rianxo, manchado de excrementos de paxaros como si faltaran auga e esponxas para limpalo (acompañase fotografía do estado actual).
E polo que se PROPON o seguinte ACORDO DE RESOLUCIÓN:
Que se poñan en contacto coa Estación Fitopatoloxica do Areiro en Pontevedra para dar tratamento aos buxos, afectados presuntamente polo fungo “Cylindrocladium Buxícola”, que segundo as nosas informacións deberá realizarse con funxicidas sistémicos. O que levaría aparellado o peche do recinto debido a súa elevada toxicidade e para impedir que o tránsito de persoas contribuía a extensión do fungo.
Se proceda preventivamente á eliminación da follas mortas tanto da superficie das prantas como do chan, así como as malas herbas para evitar no posible a propagación do fungo na escasa zona aínda sán, aspecto este que o domingo 9 de decembro estaba sen facer, acompañanse fotografías que así o testemuñan,.
Se proceda a adecentar o edificio multiusos se máis demora, para recuperar o estado de decoro que debe de ter esta instalación.
Se proceda a repoñer a man da estatua de Macías, previa autorización da D.X. de Patrimonio da Xunta de Galicia.
Se proceda a limpeza periódica do busto de Castelao.
Ningún comentario:
Publicar un comentario