Axenda e tempo do sábado 27 de decembro - Música, teatro, mercados, exposicións

Santiago - Área Central - actividades de Nadal 

Santiago - Cidade a Cultura - teatro infantil - Al Tun Tun

Santiago - Alameda - Pista de hielo

Ordes - Concerto de Nadal 

Pontecesures - N'Blanck - Festa Fluor

Santiago - Capitol - Thee Blind + Bala

Santiago - Mercado na Quintana

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Zona C - María Castellanos - Lo Real (ata o  1 de febreiro)

Santiago - Fonseca - Colección Betty tisinger de libros desplegables (ata o 26 de xaneiro)

Santiago - Iconos Rusos (Casa gótica) (ata o 31 de decembro)

Santiago - Museo das Peregrinacións - Imaxes de Santiago (ata o 31 de decembro)

Santiago - Museo do Pobo Galego - Barriga Verde, de feira en feira (ata o 11 de xaneiro)

Santiago - Fundación Araguaney - Manuel Vázquez Alemán (ata o 29 de decembro)

Santiago - Auditorio de Galicia - Xulio Maside (ata xaneiro 2015)

O Tempo

Teo - Convocatoria pública de concesión de hortas urbanas

· O prazo para presentar as solicitudes comeza o 27 de decembro e remata o 15 de xaneiro

· Das doce parcelas nas que se divide a finca en Tras do Eixo (Cacheiras), tres serán para persoas en situación de emerxencia social

O Concello de Teo publica a convocatoria pública de concesión de 12 parcelas para hortas urbanas nunha finca municipal en Tras do Eixo, na parroquia de Cacheiras. O prazo para presentar as solicitudes será de quince días hábiles dende o día seguinte da publicación do procedemento no taboleiro municipal e na web teo.gal. O prazo comeza o 27 de decembro e remata o 15 de xaneiro de 2015. 

A convocatoria xa se pode consultar na web municipal onde se pode descargar a solicitude que debe presentarse no Rexistro Xeral do Concello ata o 15 de xaneiro. A finca que se adica para hortas urbanas ten unha superficie de 1.214 metros cadrados que se dividen en 12 partes. Destas 12 parcelas, e segundo establece o Regulamento de funcionamento de hortas urbanas aprobado en pleno, tres delas estarán destinadas a persoas en situación de emerxencia social. Outras tres serán para persoas maiores de 65 anos e as outras seis aduxicaranse entre o resto das solicitudes. As nove hortas de acceso libre adxudicaranse mediante sorteo público. 

Para poder acceder a esta concesión, dun ano de duración prorrogable por outro ano, hai que ser unha persoa física e estar empadroado en Teo. Non se poderá conceder a unha mesma persoa nin a unha unidade familiar máis dunha parcela e os/as solicitantes deben estar ao corrente coas obrigas tributarias co Concello de Teo. 

A solicitude, que figura como Anexo I das bases da convocatoria, debe ir acompañada da seguinte documentación: fotocopia cotexada do DNI ou documento legal que o substitúa, declaración de estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias coa seguridade social, declaración xurada de compromiso de coidado e mantemento da horta, se é o caso informe dos servizos sociais, declaración xurada de que a persoa solicitante e/ou os membros da unidade familiar que vaian cultivar a finca poden realizar tarefas agrícolas sen risco para a saúde e calquera documento que se estime oportuno para acreditar as circunstancias especiais que xustifiquen a autorización de uso das hortas sostibles. 

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes publicarase na web e no taboleiro municipal unha listaxe provisional cun prazo para subsanar documentación. Unha vez rematado ese prazo e publicada a definitiva tamén se fará pública a data do sorteo. 

Dende o Departamento de Participación Veciñal destácase que para facilitar a posta en marcha das hortas prestarase ferramenta para poder traballar as parcelas.

Touro - Festival de maxia e contacontos mañá domingo

Touro celebra mañá domingo, 28 de decembro, un Festival de Maxia, Contacontos e Animación

O Concello de Touro programa para mañá domingo, 28 de decembro de 2014, un Festival de Maxia, Contacontos e Animación. 

Está destinado a grandes e pequenos e será na nova Casa da Cultura de Touro. Comenzará ás 17.00 horas co Espectáculo de maxia do Mago Xacobe, que celebra o seu 20 aniversario no mundo da maxia. Ás 18.00 horas darán inicio os contacontos e animación coa compañá Ni fu ni fa, onde se poderá disfrutar de maxia con música, contos de educación para a paz, igualdade de xénero e animación á lectura.

Oroso - O concello aproba os orzamentos para o 2015

Oroso aproba os seus orzamentos para 2015 que ascenden a 5,2 millóns, destinan 1,2 millóns a investimentos e reducen a débeda 12 puntos

O alcalde Manuel Mirás considera que é “un orzamento realista, que contén o gasto, conxela as taxas e contempla os investimentos que solicitan os veciños e veciñas de Oroso”

Os tres grupos da oposición votaron en contra dos orzamentos ao consideralos continuistas, mentres que o alcalde destacou que demostran a sostenibilidade económica dun Concello que pode acometer case o 50% dos investimentos con fondos propios

O pleno aprobou provisionalmente a modificación puntual número 5 do PXOM, que permitirá a construción do enlace sur da AP-9

O pleno municipal aprobou esta mañá os orzamentos do Concello de Oroso para 2015, que ascenden a 5.221.730,16 euros (un 0,73% máis que en 2014), destinan 1.220.238 euros a investimentos reais e contemplan unha redución da débeda de doce puntos porcentuais. “Un orzamento realista, que contén o gasto, conxela as taxas e impostos, e contempla os investimentos que solicitan os veciños e veciñas de Oroso”, explicou o alcalde orosán, Manuel Mirás. Uns orzamentos que foron aprobados cos sete votos a favor do Grupo de Goberno e cos seis votos en contra dos grupos da oposición.

Manuel Mirás destacou especialmente a boa saúde económica da que goza o Concello de Oroso, froito dunha boa xestión económica que foi quen de eliminar o gasto superfluo e apostar polos investimentos produtivos e sociais. Boa proba da sostenibilidade económica do Concello de Oroso é que o total dos ingresos correntes orzamentados para 2015 é de 4.154.622,99 euros, fronte a un total de gastos correntes de 3.734.701,03 euros. “Estamos falando dunha diferenza de case 420.000 euros. Os gastos representan un 47% e os ingresos un 53%, hai seis puntos de diferenza que demostran a boa xestión económica que fixo este equipo de Goberno”, concluíu Mirás Franqueira. Así mesmo, contémplase unha redución da débeda de doce puntos, polo que o Concello de Oroso pasará do 36% ao 24% ao rematar 2015.

Orzamentos con fondos propios
A boa saúde económica tamén se traslada á partida de investimentos reais, que ascende a 1,22 millóns de euros e dos que case o 50% serán financiados con cargo ao fondos propios do Concello de Oroso. “A gran maioría dos Concellos destinan o 40 ou o 60% do POS a gasto corrente. En Oroso levamos toda a lexislatura investindo o 100% en obras para os nosos veciños”, lembrou Manuel Mirás, quen salientou que “a nosa boa saúde económica permítenos achegar máis de 600.000 euros de fondos propios para a execución dos proxectos que nos solicitaron os veciños e veciñas de Oroso. É dicir, case a metade do investimento de 2015 será financiado con fondos propios, algo que non creo que poidan dicir moitos Concellos”.

Estes fondos propios mobilizados polo Concello de Oroso permitirán a realización de obras importantes como o punto de reciclaxe “Oroso verde” (102.000 euros), a construción das beirarrúas na N-550 para o acceso ao novo colexio (60.000 euros) ou o centro cívico da parroquia de Oroso (100.000 euros). Así mesmo, os orzamentos de 2015 recollen tamén pequenas obras solicitadas pola veciñanza orosá nos distintos Encontros co Alcalde celebrados ao longo do 2014 como son o acondicionamento dun espazo público na fonte e lavadoiro do Piñeirón (Gándara), a mellora dos accesos ao Refuxio, a colocación dun valado para a práctica do hóckey no polideportivo municipal, a reforma dos vestiarios do polideportivo Juanito Amigo ou o abastecemento de auga dende Cachopal a Igrexa (Calvente).

Por iso, fronte as acusacións de ser unhas contas continuistas, Mirás Franqueira asegurou que “son realistas e comprometidos cos veciños, xa que foron uns orzamentos participativos porque inclúen moitos dos proxectos que nos pediron directamente os veciños”. Ademais das achegas municipais, os orzamentos de 2015 contemplan 446.079 euros de achegas da Deputación da Coruña e outros 125.170 euros da Xunta de Galicia. 

Os orzamentos de 2015 inclúen 255.349 euros destinados ao Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (POS 2015) que inclúen a urbanización do vial de acceso á nova gardería de Sigüeiro, dende a estrada provincial CP-3801 (106.042,85 euros, dos que o Concello de Oroso achegará 12.961,41 euros de fondos propios); a mellora da rede viaria nos lugares de Burgao-Piñeiro, Castro-A Costa e A Costa (Trasmonte) e nos lugares de A Pena, Alto de Vilanova-Vilacide de Arriba e en Vilacide de Abaixo (Oroso), cun investimento de 73.954,51 euros; e outros 30.000 euros para a primeira fase da instalación de saneamento no lugar de O Barreiro (Sigüeiro). 

Voto en contra
Os tres grupos da oposición votaron en contra dos orzamentos de 2015. BNG e PP coincidiron en calificalos como “continuístas”. O voceiro municipal do BNG, Xosé Pérez, lamentou que “non se contara coa participación da oposición”, mentres que o concelleiro do PP Telmo Rodríguez afirmou que “debería haber un plan de dinamización local e se necesita máis gasto social”. Pola súa banda, o voceiro municipal do Partido Galeguista, Siverio Mirás, queixouse do pouco tempo dispoñible para analizar a documentación.

Fronte a estas críticas, o alcalde orosán admitiu que “non son uns orzamentos expansionistas, pero si é realista” e sobre ás críticas sobre o gasto social indicou que “que o gasto social do Concello de Oroso é elevado é algo que está recoñecido por todos e ninguén pode dicir o contrario”, polo que indicou ao PP que se fixen tamén nas achegas do Concello á Mancomunidade de Ordes.

PXOM
Por outra banda, o pleno municipal aprobou unha modificación puntual da relación de postos de traballo do Concello de Oroso e unha modificación do Regulamento de réxime interno da escola infantil “A Ulloa”, que saíu por unanimidade. Máis debate houbo na aprobación provisional da modificación puntual nº 5 do PXOM de Oroso, preciso para a construción do enlace sur da AP-9. A modificación saíu adiante cos votos a favor de PSOE e BNG e pese aos votos en contra de PP e PG.

O pleno aprobou provisionalmente a modificación puntual número 5 do PXOM do Concello de Oroso, logo de incluír as modificacións derivadas dos informes da Dirección Xeral de Carreteras do Ministerio de Fomento, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e da Dirección Xeral de Aviación Civil, así como unha alegación presentada polo Partido Galeguista para que se incluíra un informe do Ministerio de Fomento. Así mesmo, rexeitáronse as alegacións do PG sobre a delimitación do núcleo rural do Alto de Vilanova porque “responde a criterios de clasificación de núcleo rural expostos na Memoria do Documento os cales, á súa vez, responden ao artigo 13 da Lei 9/2002 de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia”, segundo explicou o Secretario Municipal no informe elevado hoxe ao pleno.

Tras a resposta de varias preguntas en pleno, o voceiro municipal do BNG cambiou a súa postura inicial de abstención a voto a favor, destacando que “voto a favor para que se vexa que dende o BNG mala fe: cero”. Pola súa banda, Partido Popular e Partido Galeguista mantiveron o voto en contra que xa manifestaran na aprobación inicial, feita en xuño de 2013, alegando que non estaban de acordo coa alteración da cualificación do chan no Alto de Vilanova. Se en 2013 o PP alegara que esperarían ás alegacións veciñais e a ver se se tiñan en conta as consideracións feitas pola Xunta, esta mañá xustificaron a súa oposición en que “o interese de sete familias non pode estar por riba do resto”, explicou Xosé Manuel Balado, “se hai que tirar as construccións, haberá que tiralas”. Unha posición semellante á mantida polo voceiro do PG, quen considerou que “non é preciso modificar a clasificación urbanística dos terreos colindantes” para facer o acceso á AP-9 e asegurou que “isto non responde ao interese público senón a intentar legalizar unha situación”.

Actuar con mala fe

O alcalde Manuel Mirás amosouse moi crítico cos voceiros de PP e PG, aos que acusou de “actuar con mala fe” para dificultar a construción do enlace sur da AP-9. “Hoxe estamos aprobando unha modificación puntual do PXOM que vén dada polo acordo co Ministerio de Fomento para a construción do enlace sur da AP-9. O informe da Secretaría é favorable. Isto xa foi á Xunta e non fixeron ningunha modificación. Estivo a exposición pública e só alegou o señor Siverio. Vostedes están actuando de mala fe”. O alcalde orosán insistiu en que “hoxe non estamos legalizando nada, estamos aprobando a modificación dun plan” e lembrou que a zona si que está afectada polas obras do enlace pois “diante das casas hai que facer unha rotonda e ampliar un carril a estrada N-550”.

Santiago Futsal - Campaña de abonos para a segunda volta

· El carné incluye los 8 partidos de liga que restan

· FC Barcelona, ElPozo Murcia y Prone Lugo pasarán por Sar

· Los abonados podrán retirar entradas a 5€

El Santiago Futsal ha abierto ya la campaña de abonados de la segunda vuelta con el objetivo de seguir aumentando su masa social. A día de hoy el club cuenta con 1254 abonados, por lo que desde la directiva se hace un llamamiento a los aficionados al fútbol sala para que hagan su abono y apoyen a un equipo que ha demostrado tener capacidad para superar cualquier adversidad y que a nivel deportivo mantiene una línea ascendente desde el inicio de temporada.

Cabe destacar que los precios de las entradas se mantendrán en esta segunda vuelta, pero los abonados volverán a tener la posibilidad de sacar dos entradas de adulto con su carné de abonado al precio de 5€ cada una, en vez de a 10€. Así, los precios y categorías establecidos para esta segunda vuelta son los siguientes*:

Adulto: 35€

Reducida: 25€ (mayores de 65 años, universitarios menores de 25, con Carné Xove, Parados de más de 6 meses, jugadores de la Agrupación de Veteranos o jugadores federados) **

Juvenil (de 13 a 18 años): 10€

Infantil (menores de 13 años): 5€

Empresa (5 carnés): 125€

* El club se reserva el derecho a declarar un Día del Club al precio de 5€ la entrada para adulto

** Será necesario presentar la documentación que lo acredite

Restan aún 8 partidos como local, entre los que destacan el enfrentamiento con ElPozo Murcia, FC Barcelona, y el derbi contra el Prone Lugo AD. El calendario para lo que resta de temporada es el siguiente:

J 15 - 19/12/2014 - Santiago Futsal - Palma Futsal 

J 16 - 04/01/2015 - Santiago Futsal - Magna Navarra 

J 18 - 16/01/2015 - Santiago Futsal - ElPozo Murcia 

J 20 - 30/01/2015 - Santiago Futsal - Prone Lugo F.S. 

J 22 - 13/02/2015 - Santiago Futsal - Jaén Paraíso Interior 

J 25 - 06/03/2015 - Santiago Futsal - Montesinos Jumilla 

J 27 - 03/04/2015 - Santiago Futsal - FC Barcelona 

J 29 - 17/04/2015 - Santiago Futsal - Peñíscola Bodegas Dunviro

Obradoiro CAB - Campaña de abonos para a segunda volta (con vídeo)

Maxi Kleber: “Aquí se siente una atmósfera especial que nos da energía”

El Rio Natura Monbus Obradoiro ha presentado hoy su Campaña de Abonos de segunda vuelta: Imaxínate no Sar, que invita a todos los aficionados del baloncesto que siguen al equipo desde casa a venir a conocer la experiencia desde dentro.

El Rio Natura Monbus Obradoiro lanza su campaña de abonos de segunda vuelta, que permitirá a los aficionados disfrutar de todos los partidos del equipo como local en la segunda vuelta de esta campaña de la Liga Endesa. Además, incluye de regalo para los más rápidos el último partido de la primera vuelta, ante el Morabanc Andorra.

Una vez más, el abono incluye diferentes ventajas además del cómodo acceso a los encuentros, como un 5% de descuento en los productos de la Miudiño Store o los descuentos ofrecidos en sus negocios por las empresas miembro del Club de Empresas Obradoiro.


El director general del club, José Luis Mateo, señaló en rueda de prensa que “es una magnífica oportunidad para, ahora que está de moda regalar experiencias, regalar diez de ellas vibrantes y diferentes, extendidas en el tiempo. En la segunda vuelta van a venir por Sar cuatro de los cinco equipos de Euroliga y dos de los tres de Eurocup, el gran nivel y las emociones fuertes están aseguradas”. Además, recordó que “el crecimiento del club pasa, entre otras cosas, por los abonados que seamos capaces de consolidar. A día de hoy el 25% del presupuesto del club procede de esa partida”.

También el jugador Maxi Kleber se ha pronunciado acerca de lo importante que es para cualquier jugador sentir el calor de sus aficionados jugando en casa: “dan una atmósfera especial que por supuesto que sientes mientras juegas y que te da energía. Nos hace partir con una cierta ventaja, y es que realmente es como tener a un sexto jugador. En Santiago se siente esa conexión especialmente, una unión tremenda tanto si ganamos como si perdemos”

Moncho Fernández, por su parte, recalcó que “para nosotros el equipo, es imposible medir en número el peso de la afición, básico y fundamental. Invito a todo el mundo en la medida de sus posibilidades a venir, que no vamos a defraudar y se lo pasarán francamente bien”.

Los precios, que van desde los 110 euros a los 330, volverán a tener numerosos descuentos: 30% accionistas con derecho a descuento, 10% abonados de la temporada 2013/14, 5% abonados de temporadas anteriores y 10% acumulable por traer a un nuevo abonado. Además, tendrán Precios Reducidos los siguientes grupos, presentando la documentación que acredite su condición: mayores de 65 años, menores de 18 años, estudiantes menores de 25 años, desempleados desde hace más de 6 meses y federados del baloncesto.

Los abonos se pueden realizar desde hoy mismo a través de la página web del club (www.obradoirocab.com) o en las oficinas del mismo, con horario de 10.00 a 14.00 y de 17.00 a 20.00 en días laborables.

Brión - Hoxe remata o Outono Cultural con Odaiko Percussion Group

A actuación hoxe sábado de Odaiko Percussion Group pon o punto e final ao programa Outono Cultural do Concello de Brión

O auditorio do centro social polivalente de Pedrouzos (Brión) acollerá hoxe sábado 27 de decembro, ás 20:30 horas, un recital musical a cargo de Odaiko Percussion Group, un cuarteto integrado por licenciados en percusión clásica, contemporánea e jazz formado en Holanda no ano 2003. Unha actuación de entrada libre e de balde que porá o broche de ouro ao programa Outono Cultural, que incluíu un total de doce actividades culturais programadas polo Concello de Brión para os tres últimos meses do ano e que incluíron 4 exposicións artísticas, 4 sesións de teatro, 2 actuacións musicais, a presentación dun libro e un magosto.

O concerto de hoxe sábado de Odaiko Percusión Group céntrase na exploración da música tradicional multi étnica, na súa variante da percusión. Polo tanto, todos os veciños e veciñas que se acheguen a ver este espectáculo disfrutarán con instrumentos de orixe oriental (odaikos, gongs, táboas), africana (djembé, sabar, dum-dum), latinoamericana (congas, bongos, maracas, caixón), galega (bombo, pratos, tamboril, tarrañolas) e instrumentos de creación posterior como a marimba, o vibráfono ou a batería.

BNG Compostela - Pleno Decembro

O BNG traslada ao Pleno de Santiago a reivindicación das persoas emigrantes retornadas que Facenda pretende multar

Reclamou tamén medidas de seguridade viaria na Volta do Castro, a reposición dun coidador no CEIP Quiroga Palacios, a execución de vivenda pública protexida en Xoán XXIII e unha tarifa eléctrica galega 

O BNG defendeu no Pleno de decembro unha moción destinada a recadar o apoio do Concello de Santiago ás persoas que perciben pensións do estranxeiro afectadas pola reclamación da Axencia Estatal Tributaria, posto que os datos oficiais falan de máis de 3.000 persoas que emigraron e que actualmente residen na nosa cidade. Ao fío desta moción do BNG, que o PP rexeitou, a Plataforma de Emigrantes Retornados solicitou a intervención no Pleno e concentrouse ás portas do pazo de Raxoi.

Ademais desta iniciativa, o BNG rexistrou outras tres mocións, un rogo e seis preguntas de control do labor do Goberno local do PP. Así, o BNG reclamou mediante un rogo que se adopten medidas de seguridade viaria e de mellora da mobilidade na Volta do Castro. En concreto, propuxo dotar dun paso de peóns e beirarrúas esta vía para mellorar a seguridade do tránsito peonil, cuestións aceptadas polo Goberno local, que desbotou facer as modificación necesarias no transporte público para favorecer as comunicacións neste lugar.

Outra das mocións do grupo nacionalista foi destinada a que o Goberno municipal se preocupe pola igualdade de oportunidades na educación e a que inste á Consellaría de Educación a que incorpore unha persoa coidadora máis ao CEIP Quiroga Palacios coa maior brevidade posíbel, posto que dende outubro, por mor dos recortes, só unha persoa está ao coidado do alumnado de infantil e primaria con discapacidade motriz e sensorial neste centro.

Ademais, o BNG avogou por que o Concello de Santiago inste á Xunta de Galiza a destinar a parcela que posúe o Instituto Galego de Vivenda e Solo na avenida de Xoán XXIII a construír vivenda protexida de acordo co proxecto inicial e co fin de evitar a especulación urbanística neste emprazamento.

A creación da Tarifa Eléctrica Galega que atenda á condición de Galiza como excedentaria na produción de electricidade e contribúa a rebaixar as peaxes das tarifas nun 30%, tanto para o consumo doméstico como para as empresas emprazadas no noso país, tendo en conta que hai 455.000 persoas con dificultades para pagar os recibos de luz e gas, foi outra das reivindicacións que o BNG trasladou á sesión plenaria de decembro. Deste xeito, o BNG non renuncia a dar a batalla por un cambio no actual modelo enerxético ao ser Galiza un país excedentario que exporta o 40% da electricidade que produce sen reportar beneficio ningún.

Silleda - Rexeitado un recurso do PP contra a adxudicación do Servizo de Axuda no Fogar

O Tribunal de Recursos Contractuales desestimou o recurso do PP pola adxudicación do SAF no Concello de Silleda

O Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuales vén de comunicar ao Concello de Silleda a desestimación do recurso interposto polo Partido Popular contra o proceso de adxudicación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), baseándose en que foi presentado fóra de prazo.

Segundo se recolle no escrito a adxudicación foi realizada pola Xunta de Goberno Local o día 19 de agosto e o acordo publicouse na web municipal 4 dias despois, o 23 de agosto, como consta na certificación do Secretario. O citado tribunal elaborou un informe no que declara inadminisible o recurso do PP, que foi presentado o día 2 de outubro.

O voceiro do PP alegaba que o acordo lle foi notificado formalmente o 17 de setembro e segundo a resolución aos concelleiros non se lle notifican as resolucións dun expediente “porque non forman parte do proceso”, se ben están lexitimados para recurrir. “Esto non significa que teñan a vía do recurso indefinidamente” , recolle o fallo, senon que contan cun prazo de 15 días, a contar dende a publicación do acto. O pasado mes de novembro, segundo recolle a resolución, deuse traslado ás partes do recurso para presentar alegacións. 

“O goberno municipal, que iniciou o proceso o 8 de xullo coa publicación das bases para adxudicar o Servizo de Axuda no Fogar, actuou como en todas as adxudicacións de acordo a lei”, engade o alcalde Manuel Cuiña, que critica a actitude do PP “que decidiu recurrir esta decisión e nin sequera foron capaces de presentar o escrito a tempo”. 



“Está visto que ao PP de Silleda con tal de enredar e empañar a xestión deste goberno lles da todo igual”, engade o alcalde, advertindo que “todo se fixo e se fai de acordo coa lei”.

Axenda e tempo do venres 26 de decembro - Música, mercados, títeres, exposicións

Santiago - Área Central - actividades de Nadal 

Santiago - Teatro Principal - Potted

Santiago - Alameda - Pista de hielo

Santiago - SGAE - Títeres - A pequena Lua

Santiago - Capitol - Concerto homenaxe os Beatles 

Santiago - Mercado na Quintana

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Zona C - María Castellanos - Lo Real (ata o  1 de febreiro)

Santiago - Fonseca - Colección Betty tisinger de libros desplegables (ata o 26 de xaneiro)

Santiago - Iconos Rusos (Casa gótica) (ata o 31 de decembro)

Santiago - Museo das Peregrinacións - Imaxes de Santiago (ata o 31 de decembro)

Santiago - Museo do Pobo Galego - Barriga Verde, de feira en feira (ata o 11 de xaneiro)

Santiago - Fundación Araguaney - Manuel Vázquez Alemán (ata o 29 de decembro)

Santiago - Auditorio de Galicia - Xulio Maside (ata xaneiro 2015)

O Tempo

Ordes . Mañá sábado Día da Solidariedade con futbol galaico e concertos

Ordes celebrará mañá sábado o ‘Día da solidariedade’ con partidos de fútbol galaico e concertos musicais 

Recolleranse alimentos, roupa, xoguetes e produtos de hixiene para repartir entre as persoas máis necesitadas do municipio

Mañá sábado día 27 Ordes celebrará o seu ‘Día da solidariedade’. Unha xornada que xurdiu da iniciativa popular co fin de recadar alimentos non perecedeiros, roupa, xoguetes en bo estado e produtos de hixiene. Todo será doado íntegramente a organizacións e asociacións benéficas da zona.

A primeira das citas desenvolverase a partir das 15 horas no campo de fútbol de Vista Alegre, onde todos e todas os que queiran poderán acceder gratuítamente e depositar os seus donativos. Unha hora máis tarde haberá unha charla introdutoria na que se explicará en qué consiste e as normas básicas do fútbol gaélico. Xa ás 16.30 horas terá lugar o primeiro partido entre nenos e nenas, que tamén poderán divertirse con multitude de xogos e actividades ao aire libre. Ás 17.30 dará comezo o partido de adultos. Posteriormente terá lugar o ‘terceiro tempo’ no que se intercambiarán opinións e impresións sobre a xornada. A música e a festa virá da man da asociación Camiño Real de Poulo, que ofrecerá unha foliada na compaña de todos daqueles que se queiran unir. 

Aqueles que queiran inscribirse nalgún dos encontros, aportar algunha xusestión ou ofrecer a súa colaboración, simplemente teñen que enviar unha mensaxe privada a través do Facebook da páxina ‘Día da soliedariedade de Ordes’. Tamén o poden facer na delegación de Cruz Vermella Ordes, nos baixos da Alameda.

Cita nocturna 

Xa pola noite, a partir das 22.30 horas, o pub Acero servirá de escenario para un concerto solidario. Nel actuarán os grupos Monchos, Fliying Boogaloos, Siempre Fiel e o colectivo tecno Boura Máis. As entradas xa se poden adquirir a 6 euros na hamburguesería A Bolera e no café Abaco. 



Esta iniciativa solidaria está organizada pola veciñanza de Ordes e entre os seus colaboradores figuran Cruz Vermella Ordes, Movida Ordes e o Concello de Ordes.

Santiago - Hoxe no Teatro Principal Potted, poética circense para todos os públicos

· Nadal circense no Teatro Principal, venres 26 de decembro ás 19.00h

Santiago de Compostela, 23/12/2014.- Este próximo venres temos dentro do ciclo Infantil e Familiar e no Teatro Principal, o espectáculo Potted recomendado para nenos e nenas a partir de 4 anos.

Potted é un espectáculo único e orixinal baseado na investigación do espazo, os obxectos, as estructuras e o ritmo. Por medio de disciplinas circenses, Potted crea unha comunicación directa e cargada de grande impacto visual co espectador. Potted é unha achega ambiciosa e diferente que busca os puntos comúns entre a harmonía escultórica e o caos, o estático e o dinámico, o artificial e o orgánico, a gravedad e a ingravidez...


Teatro negro infantil
La Trócola está formada por catro artistas entre os cales dominan diferentes disciplinas circenses, como equilibrios verticais, malabares, portes acrobáticos e trapecio. Compañeiros durante anos na asociación de Circo de Alicante Donyet Ardit e tras anos de traballo e formación por separado, é no ano 2010 cando deciden unirse para comezar a traballar xuntos. Durante dous anos crean diferentes espectáculos curtos de portes acrobáticos e malabares.
A finais do ano 2012 comezan un novo proxecto de creación dun espectáculo de mediano formato, no que a investigación de obxectos é a protagonista. Deste xeito poñen en marcha un elaborado traballo de análise do movemento, o espazo e o ritmo así como unha depurada técnica acrobática e malabarística.

O esforzo, disciplina, coordinación e compenetración son os detonantes que fan posible que este grupo de artistas reúnan a motivación necesaria para abrirse camiño no mundo do circo.

Ordes - Torneo de biberóns fútbol 6, hoxe venres no Concello

Á cita no pavillón Castelao II poderán acudir todos e todas os que o desexen de balde. 

A S.D. Club Órdenes en colaboración co Concello ten organizado para o hoxe venres día 26 un torneo de biberón fútbol 6. Unha cita lúdica e deportiva na que participarán decenas de nenos e nenas entre os 4 e os 6 anos de idade, e á que poderán asistir de balde todas as persoas que queiran. Os encontros disputaranse ao longo de toda a xornada no pavillón Castelao II. Entre os equipos que teñen confirmada a súa presenza figuran: S.D. Club Órdenes, Luis Calvo, Arteixo, Victoria, Once Caballeros e Calasanz A e B entre outros.

USC - Profesores da USC participan xunto con varios Nobel de Economía nunha obra monográfica dedicada a Partha Dasgupta

Os profesores de Economía da USC Manel Antelo e Sebastian Villasante acaban de publicar un estudo na obra monográfica Environment and Development Economics: Essays in Honour of Sir Partha Dasgupta en homenaxe ao profesor da Universidade de Cambridge, un dos economistas máis reputados do mundo que contribuíu de forma moi significativa aos avances sobre a economía do benestar, a pobreza, o desenvolvemento económico e a sustentabilidade dos recursos naturais.

A achega da USC ao volume, seleccionada entre máis de 500 propostas de traballos científicos, concrétase no capítulo ‘Why cooperation is better: The gains to cooperative management of the Argentine Shortfin Squid Fishery in South America’ no que se avalían, coas ferramentas da teoría de xogos, os beneficios biolóxicos e económicos que se derivarían da cooperación científica e institucional para a explotación da pesqueira da lura no Océano Atlántico Sur na que opera a flota galega desde hai décadas. Segundo os autores, os resultados do traballo representan unha “contribución relevante” para alcanzar acordos de xestión pesqueira ao máis alto nivel entre Arxentina, a UE e os organismos internacionais pertinentes como a ONU. 

A obra, publicada pola Oxford University Press, está editada por tres dos máis prestixiosos profesores de economía do mundo como son Scott Barrett, da Universidade de Columbia; Karl-Göran Mäler, director da Escola de Economía de Estocolmo e membro da Academia Sueca de Ciencias; e Eric S. Maskin, da Universidade de Harvard. Entre os autores participantes destacan cinco Premios Nobel en Economía: Kenneth Arrow, Eric Maskin, Elinor Ostrom, Robert Solow e Joseph Stiglitz.

O estudo, incluído na obra xunto con outros 14 capítulos, supón un importante logro para o avance das ciencias sociais en Galicia e España en tanto que permite visibilizar a experiencia e o coñecemento xerado desde Galicia no campo da economía e a xestión dos océanos. 

BNG Compostela - Defensa no parlamento do proxecto inicial de Xoan XXIII

O BNG defenderá no Pleno instar á Xunta a executar o proxecto inicial de vivenda de protección pública previsto para Xoán XXIII 

Rubén Cela rexistrou esta moción para evitar a especulación neste emprazamento, logo de anunciar o alcalde unha permuta urbanística

 O BNG defenderá unha iniciativa no Pleno municipal convocado para mañá venres co obxectivo de retomar o proxecto inicial para construír vivenda pública protexida en Xoán XXIII, en réxime de alugueiro para menores de 35 anos, co fin de evitar a especulación urbanística neste emprazamento.

En Santiago de Compostela, no espazo onde conflúen a rúa Xoán XXIII e a Costa Nova de Arriba, a tan só 350 metros da praza do Obradoiro, o Instituto de Vivenda e Solo (IGVS) conta cunha parcela en propiedade de 1.603 metros cadrados valorada en 2,9 millóns de euros que ía ser destinada á construción de vivenda pública protexida en virtude dun acordo de 2003 entre a Xunta de Galiza e o Concello de Santiago.

O proxecto inicial pretendía construír 40 vivendas (31 estudos e nove apartamentos de dous cuartos) pensadas para mozos e mozas de menos de 35 anos e en réxime de alugueiro por un tempo máximo de dez anos e sen dereito a compra. Esta medida pretendía evitar a especulación e, sobre todo, introducir vivenda protexida na malla urbana como elemento de cohesión social e de valorización desta propia figura que, na maioría das ocasións, queda relegada á periferia das cidades.

Logo de que a Xunta paralizase este proxecto durante anos, o alcalde de Santiago vén de anunciar un cambio no mesmo, cunha permuta para construír en Lamas de Abade vivendas de promoción pública a cambio de edificar vivenda libre en Xoán XXIII.

Santiago - Help! A Beatles Tribute hoxe en Santiago en dúas sesións

HELP! llegan a Galicia por primera vez para recrear el espíritu y el repertorio de The Beatles 
La banda de Liverpool recreará los clásicos de los de The Beatles en dos noches sixties que tembién contarán con la sensación ye-yé Los Chavales

HELP! A Beatles Tribute llegan por primera vez a España desde Liverpool para ofrecer dos noches del mejor tributo al grupo que cambió la historia de la música para siempre: The Beatles. Con una fiel puesta en escena y cuidados detalles que reproducen de manera fidedigna la estética y las canciones de los Fab Four, HELP! interpretan un extenso repertorio que va desde Can’t Buy Me Love a Here Comes The Sun, o de I Want To Hold Your Hand a Hey Jude, con una similitud que pone la carne de gallina.

Los conciertos se celebrarán en Santiago de Compostela el viernes 26 y en A Coruña el sábado 27 de diciembre. Serán dos noches en las que las universales composiciones de Lennon, McCartney, Harrison y Starkey (por supuesto) revivirán de la mano de HELP! A Beatles Tribute, transportándonos a The Cavern, al Shea Stadium o los tejados de Apple Corps.

Y para que las dos noches se conviertan en una absoluta fiesta, los liverpoolianosHELP! contarán con unos perfectos invitados: Los Chavales, que además de ser una de las mejores bandas gallegas, son señeros en su recreación del espíritu sixtie ibérico, interpretando clásicos de Los Salvajes, Los Brincos, o Los Sírex, entre muchos otros. En definitiva, un inmejorable regalo para esta Navidad...

Santiago de Compostela
Viernes 26 de diciembre
21:30h Apertura de puertas
Entradas: 16€ anticipada | 19€ taquilla
A la venta en: A Reixa Tenda, Kunsthalle, Miranda.
taquilla.servinova.com y 902 504 500

Santiago de Compostela (Pase infantil)
Viernes 26 de diciembre
17:30h Apertura de puertas
Entradas: 10€ anticipada | 12€ taquilla
A la venta en: A Reixa Tenda, Kunsthalle, Miranda.
taquilla.servinova.com y 902 504 500

Axenda da Noiteboa 2014 - Cea

Santiago - Cena na casa o cos Paluso

Exposicións

Santiago - Zona C - María Castellanos - Lo Real (ata o  1 de febreiro)

Santiago - Fonseca - Colección Betty tisinger de libros desplegables (ata o 26 de xaneiro)

Santiago - Iconos Rusos (Casa gótica) (ata o 31 de decembro)

Santiago - Museo das Peregrinacións - Imaxes de Santiago (ata o 31 de decembro)

Santiago - Museo do Pobo Galego - Barriga Verde, de feira en feira (ata o 11 de xaneiro)

Santiago - Fundación Araguaney - Manuel Vázquez Alemán (ata o 29 de decembro)

Santiago - Auditorio de Galicia - Xulio Maside (ata xaneiro 2015)

O Tempo

Psoe Teo - Queixas polo estado do Centro Socio Cultural dos Tilos

No Pleno do luns 22 de decembro, a concelleira socialista Uxía Lemus reiterou a denuncia sobre o estado do centro sociocultural dos Tilos, como xa fixemos no mes de xaneiro e abril deste ano.

Estamos a falar dunha obra cun coste inicial de 429.994,60 €, IVE engadido e que finalmente tivo un sobrecusto de mais de 40.000 euros, por sentencia xudicial, sobrecusto polo que os Socialistas de Teo pedimos unha comisión de investigación, ao que se negou o grupo de goberno de Anova Teo.

Xa en marzo deste ano, o Concello denegou a devolución do aval á empresa constructora do centro debido á existencia de diversas deficiencias, entre as que destacaban os desprendementos de paneis de madeira na fachada, a dificultade na apertura da porta da sala de caldeiras, ou problemas na instalación da calefacción.

Comprobado polos Socialistas de Teo o mantemento destas deficiencias nove meses despois, Uxía Lemus preguntou no Pleno ao grupo de goberno as causas do retraso nos arranxos, e se tiñan algunha previsión para os mesmos, así como para as pintadas no centro.

A resposta do concelleiro de urbanismo, Rafael Sisto, cando menos pode ser cualificada como vaga e sorprendente. 

Por un lado, argumentou que a falta de arquitecto municipal durante moitos meses deste ano provocou a non solución do tema, escusa que resulta curiosa, unha vez que a resolución de Alcaldía de nomeamento do novo arquitecto municipal é do 15 de outubro deste ano, xa hai mais de 2 meses. 

Por outro lado, ante a pregunta de Uxía Lemus sobre a posibilidade de execución do aval da obra, por importe de 18.534,25 euros, o concelleiro respondeu cunha das súas clásicas saídas cara adiante, bastante habitual nos Plenos: que se fará, sen determinar ningunha data, unha reunión para determinar as accións futuras.

Para finalizar esta ocorrente exposición, Rafa Sisto sinalou que non vía como estritamente necesario proceder á retirada das pintadas do centro, primeiro, porque suporía un desgaste do revestimento, e segundo, porque pode entenderse como unha especie de provocación ao vandalismo.

Escusas varias aparte, o certo é que unha obra que foi vendida como unha infraestrutura modelo da xestión do goberno de Martiño Noriega está desde hai moitos meses nun estado pésimo. Desde os responsables municipais non se ofrecen mais que boas palabras, o que claramente non chega para unha obra que desde o seu inicio os Socialistas de Teo cualificaron como un exemplo do desleixo nas obras deste goberno, unha obra que foi, é e será unha clara e cara chapuza.

Podemos Teo - Primeiras decisións do círculo

A elección de Bea Calavia Rodríguez como primeira voceira do círculo e a implicación da cidadanía de Teo na vida política, primeiros acordos da formación que dirixe Pablo Iglesias.

O Círculo Podemos de Teo ven de celebrar unha xuntanza o día 18 deste mes na que se decidiu comezar a traballar para chegar á xente do municipio que aínda non os coñece. Un dos problemas que ven arrastrando é a escasa participación nel malia o éxito que está acadando Podemos dende que presentou candidatura para as eleccións Europeas deste ano en Maio. Logo dos procesos constituíntes na formación na Asemblea Cidadá “Si se puede” e de estructura municipal, no que se está nestes intres, a formación decidiu nunha anterior xuntanza non concurrir ó proceso municipalista pero sí formularse como ferramenta que traballe pola xente do Concello para que ésta comece a implicarse na vida política.

Para elo un dos acordos tomados foi o de elexir unha Voceira para o Círculo que comece a singladura de dar a coñecer caras no Concello e ser a voz da asemblea de cara afora. O acordo foi tomado por unanimidade dos presentes, sendo Bea Calavia Rodríguez, avogada e residente en Montouto, a elexida para comezar esta tarefa. Outro dos acordos foi iniciar conversacións con xente do municipio para a creación dunha plataforma veciñal (virtual e física) onde se cree un espazo de comunicación, opinión e información entre a veciñanza, asociacións, agrupacións e demáis vida activa do Concello na que non só se debatan temas cotiás, problemas ou informacións, se non que tamén se poidan chegar a tomar acordos en forma de documentos que logo poderían ser levados ós organismos correspondentes e mesmo votar algún tipo de consulta popular se fixera falta.

Outro dos acordos foi dar a coñecer o Círculo, xa que os medios dos que se dispoñen son escasos, e só as redes sociais e os medios electrónicos son os que poden facer máis doada unha labor que se entende complicada polo carácter rural do concello na súa ampla maioría con núcleos urbanos onde se concentra a maior parte da poboación. Facendo chamamento para que a veciñanza se implique coas súas opinións, ideas, aportacións e todo o que poida axudar a que o Concello de Teo sexa un lugar no que cada vez máis xente queira sentirse orgullosa de vivir nel.

Que si se pode? Claro que se pode. Entre tod@s Podemos!

BNG A Estrada - Campaña en apoio ao comercio local e aos produtos da horta

Temos uns produtos de primeira, porque temos un país de primeira, e o PP pon todo o seu empeño en afogar a potencialidade do noso rural

Militantes e simpatizantes do BNG da Estrada realizaron hoxe unha campaña de apoio ao comercio local e de defensa dos produtos galegos. Encabezados polo portavoz municipal do BNG, Xosé Magariños, repartiron polos comercios da vila folletos informativos coas propostas dos nacionalistas para o comercio local.

O concelleiro do BNG animou “a consumir produtos galegos e a facelo no comercio de proximidade, un sector básico da nosa economía, e na Estrada un sector estratéxico que debemos protexer e potenciar”.

“No BNG,” engadiu Magariños, “defendemos que se prestixien os noso produtos primarios, e apostamos porque os poderes públicos faciliten a súa comercialización en circuítos curtos para garantir o máximo beneficio ás persoas produtoras e que a actividade agrícola, a súa transformación e comercialización sexa un elemento de creación de emprego e de dinamización económica.”

“Neste sentido,” explicou o concelleiro nacionalista, “temos que criticar unha vez máis ao goberno do PP na Xunta de Galiza, por aprobar unha orde pola que dificulta e pon maiores trabas aos produtos producidos nas nosas hortas para beneficiar coma sempre ás grandes superficies comerciais e ás grandes distribuidoras alimentarias, unhas políticas do PP que desertizan o rural e traerán a desaparición das prazas dos nosos produtos naturais e ecolóxicos”.



Por outra parte o concelleiro do BNG afirmou que "o Goberno municipal non está a facer nada polo comercio local, cada día pechan máis comercios, mentres -iso si- preocúpase polos campos de fútbol e véndenos a Praza do Mercado, que se está a converter nunha obra eterna, como o dinamizador do sector primario, pero o Goberno no explica como o vai facer, e no BNG temos que claro que o edificio por si só non servirá para aumentar os usuarios da praza de abastos".

“Fronte a estas políticas suicidas, que está a practicar o goberno de Feijóo, e fronte a pasividade do goberno local,” explicou o concelleiro do BNG, “os nacionalistas apostamos pola oposición total á instalación de grandes superficies comerciais e pola recuperación dos mercados municipais e as zonas comerciais tradicionais.” “Apostamos”, engadiu Magariños, “por incentivar a compra de produtos locais e galegos, impulsando unha marca de calidade dos produtos de horta galega.”

“Temos uns produtos de primeira, porque temos un país de primeira”, afirmou Magariños, “e o PP pon todo o seu empeño en afogar toda a potencialidade que ten o noso rural; vainos a vida mudar esta estratexia suicida!”.

Brión - Extraordinaria colaboración na recollida de alimentos de Nadal

O alcalde de Brión agradece a extraordinaria colaboración de veciños, empresas e entidades locais na recollida especial de alimentos do Nadal

As achegas veciñais ao programa “Brión solidario” incrementáronse significativamente con respecto a campañas anteriores, cando aínda falta a achega do partido solidario deste domingo

Os Servizos Sociais destacan o éxito da recollida directa nos supermercados Froiz e Claudio de Brión, así como o incremento na achega do Banco de Alimentos

O Concello de Brión ven de repartir nestes días os alimentos recollidos na terceira edición da campaña de Nadal de “Brión Solidario”, que este ano practicamente duplicaron as achegas de edicións anteriores. O alcalde de Brión, Xosé Luís García, indica que “a solidariedade dos veciños e veciñas de Brión, ben de xeito individual ben a través de movementos veciñais ou mesmo de empresas e entidades do municipio, foi realmente asombrosa e non temos máis que palabras de agradecemento por tal nivel de cooperación nuns tempos que non son nada doados para ninguén”.

Xosé Luís García explica que “este sorprendente incremento das achegas por parte da veciñanza non só permitiu practicamente duplicar os alimentos que se lle entregan as familias que precisan desta axuda, senón que grazas tamén a que a contribución do Banco de Alimentos foi moi superior a anos anteriores podemos dicir que mesmo levamos bastante traballo adiantado de cara a próxima entrega. Sen dúbida será un importante reforzo para o reparto de marzo”.

O alcalde brionés agradece especialmente a implicación amosada por algunhas asociacións veciñais e parroquias que, coma no caso da parroquia de Ons, se organizaron para realizar unha recollida masiva entre a veciñanza. Ademais, salienta que moitas empresas do municipio respostaron ao chamamento do Concello e colaboraron economicamente coa campaña. “E falta aínda a achega do partido solidario do UD Bastavales, que terá lugar este domingo pola tarde e no que o Bastavales, a SD Brión e a SD Luaña xogarán un triangular onde a entrada será doar algún alimento non perecedoiro”, apunta Xosé Luís García.

Recollida nos supermercados
Así mesmo, dende os Servizos Sociais de Brión salientan o éxito doutra das novidades deste ano: a recollida de alimentos directamente nos supermercados. Unha iniciativa á que se sumaron o supermercado Froiz de Monte Balado e o supermercado Claudio de Pedrouzos. Ademais, salientan a importante achega recibida este ano polo Banco de Alimentos, especialmente con produtos como leite e galletas, así como unha significativa partida de turrón, típico destas datas. 

O programa “Brión Solidario” é un proxecto municipal para a recollida e reparto de alimentos entre as familias máis necesitadas do municipio nacido en decembro de 2012 e que entrega alimentos trimestralmente a unha trintena de familias desfavorecidas no municipio, axudando directamente a case un centenar de persoas.

Estas familias son seleccionadas polos Servizos Sociais de Brión, a través de criterios totalmente obxectivos, e durante os últimos días puideron puideron recoller de forma totalmente discreta os paquetes de alimentos elaborados polas integrantes da Asociación de Mulleres Xuntanza de acordo ás necesidades de cada familia.

Psoe Ordes - O PSOE entrega 1.000 cueiros e 100 litros de leite enriquecida para nenos aos Servizos Sociais

A Agrupación Socialista de Ordes fixo entrega esta mañá nos Servizos Sociais do Concello de Ordes dunha achega de 1.000 cueiros e 100 litros de leite de crecemento enriquecida dirixida a nenos e nenas do municipio. O voceiro municipal socialista, Xesús Pedreira, explica que “este ano, en vez de facer a nosa habitual achega de alimentos non perecedoiros, pensamos que sería mellor idea centrarnos nos nenos, por coherencia coas iniciativas que presentamos contra o recorte dos alimentos incluídos no Plan de Axuda Alimentaria para 2014”.

Neste sentido, o voceiro municipal socialista lembra que “ante o recorte de produtos que consideramos básicos, como os cereais infantís, preferimos centrar a achega deste ano en dous produtos fundamentais para as familias con nenos, como son os cueiros e o leite”. A aportación foi entregada esta mesma mañá aos Servizos Sociais do Concello de Ordes. A tenente de alcalde, Silvia Marín, agradeceu a achega da Agrupación Socialista de Ordes, destacando que se trata de dous produtos dos que apenas se dispoñen de doazóns no municipio.

Ames - Obras no pavillón polideportivo do Milladoiro

O Concello de Ames está executando obras de mellora nas instalacións do pavillón polideportivo do Milladoiro

Estes traballos estanse realizando principalmente na cuberta do edificio, na fachada sur, e na sala de usos múltiples co fin de acabar cos problemas de humidade existentes. Estes traballos teñen un custo de 27.317 euros e contan cunha subvención duns 7.000 euros da Deputación da Coruña

Previamente, no pasado mes de febreiro substituíronse 6 paneis na cuberta do pavillón polos danos provocados polo temporal. Esta actuación tivo un custo de 3.180 euros. Ademais, realizáronse obras de pintado no interior do pavillón do Milladoiro, que tiveron un custo de 10.252 euros

A concelleira de Deportes, Eugenia Martín, explicou que “a través destas obras o Goberno municipal dedica 37.569 euros á mellora do pavillón municipal do Milladoiro”

O Concello de Ames está realizando obras de mellora nas instalacións do pavillón polideportivo do Milladoiro. Estes traballos estanse realizando principalmente na cuberta do edificio, na fachada sur, e na sala de usos múltiples do pavillón co fin de acabar cos problemas de humidade existentes. Estas obras teñen un custo de 27.317 euros. Para sufragar este proxecto cóntase cunha subvención de 6.993 euros da Deputación da Coruña, mentres que o importe restante achégao o Concello. Previamente, no pasado mes de febreiro substituíronse 6 paneis na cuberta do pavillón polos danos provocados polo temporal. Esta actuación tivo un custo de 3.180 euros. Ademais, realizáronse obras de pintado no interior do pavillón do Milladoiro, que tiveron un custo de 10.252 euros. En total vanse investir 40.749 euros na mellora do pavillón municipal do Milladoiro.

No pavillón polideportivo do Milladoiro desenvólvense unha gran parte das actividades e cursos organizados pola Concellaría de Deportes. Nestas instalacións pódense practicar tanto deportes colectivos (voleibol, baloncesto, balonmán, fútbol-sala, patinaxe, predeporte) como individuais (tenis, bádminton, tenis de mesa). Esta instalación presta servizo á veciñanza do Milladoiro, que con máis de 12.000 habitantes censados soamente no núcleo urbano, representa o 40% da poboación total do concello de Ames, que supera os 30.000 veciños na actualidade. Este pavillón dispón dunha superficie en planta de 1.560 metros cadrados, sendo a superficie útil de planta baixa de 1.478 metros cadrados e a superficie útil de planta alta de 360 metros cadrados.

Esta instalación presentaba graves problemas de humidades que proviñan en gran medida de dúas zonas: da cuberta, por perda da estanqueidade do material de cubrición, e da fachada sur, moi castigada polos temporais, e que presentaba graves desperfectos no revestimento de fachada, con falta da impermeabilización do soporte e no remate superior. Debido a iso o Concello decidiu levar a cabo varios traballos na tanto no exterior como no interior -na aula de usos múltiples afectada pola entrada de auga- do pavillón.

Os traballos que se están executando consisten no revestimento da fachada sur do pavillón con panel de chapa prefabricado; a formación dun zócalo dun metro de altura nesa mesma fachada empregando tabicón enfoscado; e a reparación da cuberta para eliminar os puntos polos que entra auga. Ademais, vaise actuar na aula de usos múltiples do pavillón na que se vai substituír o pavimento de tarima flotante e reparar o falso teito modular. Estas obras teñen un custo de 27.317 euros. Para sufragar este proxecto cóntase cunha subvención de 6.993 euros da Deputación da Coruña, mentres que o importe restante achégao o Concello.

Previamente, no pasado mes de febreiro substituíronse 6 paneis de 6x1 metro na cuberta do pavillón debido aos danos provocados polo temporal nesta instalación. Esta actuación tivo un custo de 3.180 euros.

Pintado interior do pavillón

Ademais, realizáronse obras de pintado no interior do pavillón municipal do Milladoiro, que consistiron na aplicación de pintura plástica lisa impermeabilizante para exteriores de ladrillo ou cemento. Estes traballos de pintado realizáronse nas catro paredes interiores do pavillón e nas zonas de acceso. En total, esta actuación levouse a cabo nunha superficie de 1.883 metros cadrados. As obras de pintado tiveron un custo de 10.252 euros. 

A concelleira de Deportes, María Eugenia Martín, explicou que “a través destas obras o Goberno municipal dedica 40.749 euros á mellora do pavillón municipal do Milladoiro. María Eugenia Martín engadiu que “trátase dunhas actuacións moi necesarias para O Milladoiro xa que o pavillón polideportivo ten un gran uso por parte da veciñanza desta localidade”.