HOxe venres 21 de decembro viviremos unha noite de rock e garaxe na Zona C, en Santiago de Compostela. Mujeres, a banda barcelonesa que con tan boa man se fixo un oco nos corazóns dos afeccionados en toda España, virá presentar o seu segundo LP, ‘Soft Gems’ (Sones, 2012) co que demostran que ninguén lles fai sombra no seu xénero, ascendendo do fenómeno de culto que foron co seu debut, ‘Mujeres’ (Sones, 2009), a banda imprescindible do actual underground peninsular
A pesar da súa mocidade, Mujeres curtíronse ao longo de centos de concertos que os levaron desde os escenarios do Primavera Sound ao imprescindible South by Southwest norteamericano, cun son cheo de impurezas que respira de bandas como The Sonics, The Velvet Underground, Black Lips, The Kinks ou o garaxe-punk latino que abanderaron Los Saicos.
De este modo a banda deu un salto de calidade que confirma que Mujeres teñen un brillante porvir e desterraron do seu dicionario a palabra hype... se algunha vez estivo nel. Desde a inicial ‘Soft gems pt1’ percibimos que o seu son medrou e que estamos ante unha das bandas máis interesantes e con mellor e máis divertido directo que podemos atopar hoxe en día.
E abrindo a noite estarán Wild Balbina, un novísimo grupo vigués que irrompeu na escena independente cun marcado estilo que lembra aos grupos con moza californianos no ronsel de Best Coast ou Vivian Girls. As catro cancións incluídas no seu single de debut para Elefant, ‘Eat Tacos’, contan con melodías excelentes, medio surfeiras, medio punk-pop, sempre melancólicas, que atrapan enseguida.
Zona C (Bonaval)
venres 21 decembro
21:30 (apertura portas)
8 euros máis gastos distribución (anticipada) / 10 euros (billeteira)
Teatro Principal (18-21h., de martes a sábado), A Reixa Tenda, ticketea.com
en colaboración con: Please Say Thanks e En Panties Producciones
MUJERES (Barcelona, garaje)
presentación do seu novo disco Soft gems
WILD BALBINA (Vigo, surf-pop)


Ningún comentario:
Publicar un comentario