Ames - a exposición Ilusións Ópticas xapode verse no Milladoiro

A novidosa exposición Ilusións Ópticas xa pode visitarse no Milladoiro
A mostra, organizada pola Concellaría de Promoción Económica, está aberta ao público no local número 1 darúa Viorneira, cedido pola Asociación de PequenosComerciantes Viorneira, Palmira, Boulebar. Neste lugar, amostra poderá visitarse ata o 4 de xaneiro (excepto os días 31de decembro e o 1 de xaneiro) en horario de mañá, de 10:00 a13:00 horas, e de tarde, de 17:00 a 21:00 horas.

A inauguración da mostra contou coa asistencia do alcalde deAmes, Santiago Amor, e do concelleiro de PromociónEconómica, Bernardo Moar. Ademais, asistiron o presidente daAsociación de Pequenos Comerciantes Viorneira, Palmira,Boulebar, José Manuel Fernández; a presidenta da Asociación de Empresarios, Comerciantes e Profesionais do Milladoiro (AEMI), Dolores Mella, e o presidente da Asociación de Comerciantes de Bertamiráns, Juan Carlos Zaera.

Todos aqueles amienses que queiran gozar destas ilusións ópticas poden facelo presentando un ticket de compra de calquera establecemento comercial de Ames por importe de 10 euros. En caso de non presentar o recibo de compra deberán abonar 2 euros na entrada. Estes importes permiten o acceso dun adulto e dous nenos/as de ata 12 anos.

A mostra chega ao Milladoiro tras estar aberta ao públicoentre o 17 e o 23 de decembro no Pazo da Peregrina deBertamiráns. En total, en toda a semana pasaron pola mostra en Bertamiráns máis de 1.000 escolares e 650 persoas nos horarios de público xeral.

Ames, 26 de decembro de 2012. A mostra Ilusións Ópticas, unha das actividades máis novidosas que se inclúen este ano dentro da programación da campaña de Nadal do Concello de Ames, pode visitarse desde hoxe mesmo no Milladoiro. A exposición, organizada pola Concellaría de Promoción Económica, está aberta ao público no local número 1 da rúa Viorneira, cedido por JoséManuel Fernández, presidente da Asociación de PequenosComerciantes Viorneira, Palmira, Boulebar. Neste lugar, a mostrapoderá visitarse ata o 4 de xaneiro (excepto os días 31 dedecembro e o 1 de xaneiro) en horario de mañá, de 10:00 a 13:00horas, e de tarde, de 17:00 a 21:00 horas.

Esta exposición conta coa presenza de profesionais da maxia que,interactuando co público, explícanlle as diferentes percepcións etrucos de ilusión durante as visitas guiadas que duran arredor de45 minutos. É a primeira vez que se fai unha mostra deste tipo enGalicia. A exposición, que está creada polo Mago Romarís, está composta de máis de 50 ilusións. Todos aqueles amienses quequeiran gozar destas ilusións ópticas baseadas na fantasía e napercepción poden facelo presentando un ticket de compra decalquera establecemento comercial de Ames por importe de 10euros. En caso de non presentar o recibo de compra deberánabonar 2 euros na entrada. Estes importes permiten o accesodunha persoa adulta ou de dous nenos/as de ata 12 anos.

A inauguración da mostra contou esta mañá coa asistencia doalcalde de Ames, Santiago Amor, e do concelleiro

Ningún comentario: