Axenda sábado 29 de xuño - Exposicións, teatro, deportes, mercado

Santiago
13.00 h O alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á romaría do Castelo da Rocha Forte, xunto co concelleiro Francisco Noya. 

BNG A Estrada . Militantes do BNG ocuparon a delegación de facenda

No marco da campaña “Non é unha crise, é un roubo”, varios militantes do Bloque Nacionalista Galego da comarca A Estrada-Deza ocuparon este mediodía as oficinas da Delegación de Facenda no noso concello, para pór en evidencia o drama que está a padecer o pobo galego e para sinalar, directamente, os responsábeis deste roubo, a banca especulativa, e quen o ampara, o Partido Popular, desde o Goberno español e desde a Xunta de Galiza.

Consello escolar Ventín - Carta o director sobre as obras no centro

Sr. Director:
Nestes últimos meses, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria deu a coñecer e sacou a licitación pública as obras de ampliación do CEP de Ventín (Ames). Rematado o curso, a comunidade educativa está a espera de que se lle aclare como se van a realizar esas obras, dada a súa importancia e prolongación no tempo. Reunido o Consello Escolar do centro quere facer públicas as seguintes manifestacións:

Barrio de San Pedro - Hoxe día grande das festa do barrio

Hoxe sábado será o gran día das Festas do Barrio coa feira, verbena e espectáculo pirotécnico, entre outros

Ames - Notas sobre o pleno de xuño

Concello
O pleno do Concello de Ames aproba por unanimidade a adhesión a un novo convenio con Tráfico e dá luz verde á desafectación da parcela do Milladoiro para un equipamento relixioso

Ordes - Notas sobre o pleno de xuño

Concello
O pleno do Concello de Ordes acorda aplicar bonificacións no IBI ás explotacións gandeiras e agrícolas do municipio
No resto de propiedades a subida dos recibos situarase en 1,74 euros de media, tras decidir manter conxelado o IPC

Oroso - O concello habilita unha parcela para ubicar un punto limpo

O pleno aproba inicialmente a modificación puntual nº 5 do PXOM para a creación do enlace sur da AP-9 e o convenio de traballo do persoal laboral

Psoe Compostela - Visibles naigualdade hoxe no Pazo da Peregrina

O colectivo LGTB 7 Cores Compostela, que forma parte do PSdeG-PSOE, xunto cos Socialistas de Ames celebran, con motivo do Día Mundial do Orgullo LGTB 2013, a segunda edición do Acto Cívico e Cultural Aberto "Visibles na Igualdade".

Esquerda Unida Santiago - Valoración do pleno municipal

Proseguindo co traballo municipal do Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela un representante, Vicente Vázquez, acudiu ao Pleno ordinario para valorar o que alí se faga ou diga

PSOE Teo - aprobada por unanimidade a proposta socialista de transparencia municipal

O PSdeG-PSOE de Teo presentou no Pleno do mes de xuño unha moción a fin de mellorar a transparencia no funcionamento e xestión do Concello de Teo, que foi aprobada por unanimidade

Ordes - O luns abre a piscina municipal

A piscina municipal de Ordes abrirá as súas portas este luns
A tempada irá dende o 1 de xullo ata o 15 de setembro. Novamente haberá cursos de natación para adultos e menores

Axenda venres 28 xuño - Teatro, exposicións, tapas

Santiago
9.00 h Na sala de xuntas da Consellería de Cultura, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á reunión do padroado da Fundación Cidade da Cultura.

BNG Santiago - Demanda no pleno municipal para que fomento non recorte servizos ferroviarios

Elvira Cienfuegos avogou por mellorar a mobilidade do polígono SUNP-7, en Pontepedriña, no que se sitúa o CEIP Ramón Cabanillas e instalar as placas cos nomes das rúas nestas urbanizacións

Psoe Santiago - O PP non quixo debater a prevención da homofobia nas escolas

O Grupo LGTB dos socialistas de Santiago denunciou a "insensibilidade amosada polo goberno municipal do PP" ao negarse sequera a debater no Pleno de onte a moción do grupo socialista de medidas para o estudo e a prevención dos casos de acoso escolar aos mozos e mozas lesbianas, gais e bisexuais.

Ante a "total ausenza de apoio por parte do concello", o grupo LGTB "/ cores Compostela" traballa na posta en marcha dun Plan de Sensibilización nos centros educativos da cidade en colaboración co Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, co que xa levou a cabo unha experiencia piloto no IES Xelmirez I. Un recente estudo da FELGTB pon de manifesto a grave situación existente en torno ao acoso escolar homofóbico e o risco de suicidio en adolescentes. O 17% das e dos mozos que sofren acoso homofóbico na escola "culmina a súa desesperanza en intentos de suicidio". 

No Acto conmemorativo do Día Mundial do Orgullo LGTB, que se celebra cada 28 de xuño en lembranza á redada policial no "Stonewall" de Nova York en 1969 e que supuxo o nacemento do movemento de liberación gai, lésbico, transexual e bisexual, os socialistas de Santiago e as Xuventudes Socialistas de Galicia leron no exterior da sede local o Manifesto do PSdeG-PSOE e colocaron na súa fachada a bandeira LGTB, que permanecerá toda a fin de semana.
Este ano as organizacións LGTB adícano á Diversidade Afectivosexual na xuventude, co lema "Mozos e Mozas sen Armarios" 

O grupo LGTB 7 cores compostela pechará o programa de actos do Dia do Orgullo 2013 coa celebración este sábado ás 12 no Pazo da Peregrina de Bertamiráns da segunda edición do Acto Cívico e Cultural Aberto, "Visibles na Igualdade", no que participarán o xornalista da TVG Alfonso Hermida, a deputada no Congreso Paloma Rodríguez e o arquitecto compostelano José A Vázquez Martín.

Ames - a Deputación respalda a proposta de formación das comisións informativas

A Deputación respalda a proposta feita pola Secretaría do Concello de Ames sobre a representación dos concelleiros non adscritos nas comisións informativas

Oroso - O pleno aprobará hoxe unha modificación do PXOM que permita o enlace coa autoestrada

O Concello cumpre así cos prazos comprometidos polo alcalde Manuel Mirás, quen espera que a tramitación estea finalizada en breve e lembra que “isto non é obstáculo para que Fomento vaia avanzando na obra”

Melide - A alcaldesa acusa o BNG de querer colapsar a administración municipal

BNG minte ó dicir que o goberno local non fai caso ás recomendacións do Valedor do Pobo cando a realidade e que se está a cumprir cos prazos legais establecidos

Ames Novo - Os veciños poderán transmitir preguntas o pleno municipal por medio de Ames Novo

Ames Novo abre unha nova canle de participación co obxectivo de que calquera cidadán ou cidadá de Ames poida facer preguntas ou rogos que logo as concelleiras ou concelleiro de Ames Novo formularan no Pleno.

Teo - Peche do ciclo Música nos Tilos cun concerto de Narf

A actuación será na Casa Común dos Tilos ás 22:30 horas con entrada de balde

Ordes - Inaugurase Xeira Consultoria que contou co apoio a oficina de cooperativismo da mancomunidade

Representantes da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes brindaron pola inauguración oficial dunha nova cooperativa, nacida ao aveiro da Oficina de Promoción ao Cooperativismo. 

Santiago - Comezan os horarios de verán do transporte urban

Tras as últimas adaptacións da rede de transporte urbano á nova realidade da cidade, búscase agora un asentamento da mesma. É por iso que os cambios nos horarios respecto ao verán pasado son mínimos. Ademais, dáselle continuidade ás ampliacións introducidas nos horarios de inverno nas liñas circulares C2, C4, C5 e C6

Camara de Comercio - Servizo de mediación entre empresas

Evitarán acudir aos tribunais para solucionar estes conflitos aforrando tempo e recursos económicos
A entidade cameral creará un rexistro de mediadores e ofrecerá formación específica para estes profesionais

Barrio de San Pedro - continúan as festas con ganchillo e música

Hoxe en San Pedro a protagonista é a mocidade coa Noite do Lastro con Som do Galpom, Nao e Malandrómeda

Area Central - festa de fin de curso do grupo "Pasito de Baile"

Más de sesenta alumnos del grupo “Pasito de baile” tienen organizada para la tarde de mañana viernes 28 una gran despedida de fin de curso en Area Central, en la que mostrarán a sus familiares y a los visitantes del complejo comercial sus divertidas coreografías de las canciones que más suenan hoy en día.

Esquerda Unida Santiago - Defensa da democracia participativa

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela defende a necesidade de avanzar na Democracia Participativa da cidadanía moito máis aló do, necesario pero insuficiente, voto cada catro anos.

Ordes - Concerto de fin de curso da Escola de música de Ordes

Por primeira vez incluiranse acordeóns e trombóns. A cita será pola tarde na Casa da Cultura e a entrada será de balde

Axenda xoves 27 xuño - Música, teatro, performance

Santiago
10.00 h No edificio Cersia, apertura das presentacións de empresas candidatas aos Premios AJE Emprende Santiago. Asisten a concelleira de Economía, Reyes Leis; o presidente de AJE A Coruña, Oscar Valcuende; o director IFFE, José Luis Cabarcos; o presidente de Espina Obras Hidráulicas e padriño desta edición, Antonio González de Espina; e a coordinadora de AJE Santiago, Carmen José López. A continuación, e ata as 12.00 horas, desenvolveranse as presentacións das empresas candidatas nun acto aberto ao público.

Teo - Resposta do alcalde ante a reunión do PP local co conselleiro de Medioambiente


O alcalde de Teo lamenta o uso partidista que fai o PP das instituicións mentras non da solucións ao problema de vertidos nos verxeis

Plataforma Lixo - A plataforma denuncia a actitude do alcalde dende fai 1 ano, 3 meses e un día

1 ano, 3 meses e 1 día: a Plataforma do lixo denuncia a condena deste alcalde aos veciños do rural

Brión - Roberto Vidal Bolaño eixe central dos Encontros coa Arte

Unha trintena de artistas participarán nesta iniciativa cultural, que terá lugar os días 28, 29 e 30 de xuño e que inclúe un Mercado da Arte

Barrio de San Pedro - Continúan as festas esta noite con Foliada

Continúan as Festas do Barrio de San Pedro, que celebran a súa décima edición, cunha noitaza de foliada na que brillarán o melloriño do panorama tradicional galego actual: Lagharteiras, Vaamonde, Lamas e Romero e Radio Cos.

Ordes - "Contiños para compartir" na biblioteca municipal

‘Contiños para compartir’, novos talleres de igualdade e contacontos na biblioteca municipal de Ordes

Ames - Arranxo da pergola da praza de Chavian en Bertamiráns

O Concello de Ames está arranxando a pérgola da praza de Chavían, en Bertamiráns, que se atopaba en mal estado

Silleda - O concello non terá que abonar, polo momento, a débeda dos semaforos

O Concello de Silleda non terá que abonar aínda a débeda reclamada pola empresa instaladora dos semáforos

PP Ordes - O concello deixa sen desbrozar gran parte das pistas municipáis

O PP local trasladará esta carencia ao Pleno de hoxe para esixir a limpeza de todas as pistas

Oroso - Concerto fin de curso da aula de música


Corenta nenos e nenas protahonizan este venres no centro cultural de Sigüeiro o concerto de fin de curso da aula de música

Axenda mércores 26 xuño - teatro, concertos, exposicións

Santiago
10.30 h Na Casa do Concello (sala anexa á sala de prensa), a concelleira de Turismo e Emprego, Reyes Leis, reúnese con representantes de Cogami. Declaracións ao remate

PP Ordes - Demanda de revisión dos puntos de auga para prevención de incendios

A ausencia de labores de mantemento por parte do Concello fai que algunhas desas instalacións estean cubertas pola maleza e case ilocalizables

Fundación Granell - Estrea da obra teatral As Raiñas Magas

o Grupo de Teatro da Asociación Cultural para ó desenvolvemento sen fronteiras, estrea no Museo-Fundación Eugenio Granell, a obra de teatro “As Raíñas Magas”, con texto e dirección de María Montaña

Ames Novo - Sobre o futuro dos comedores escolares

Ames Novo pregúntalle ao goberno polo futuro dos servizos educativos complementarios, unha vez que a prorroga remata neste curso e non hai coñecemento de como se lle vai dar continuidade

Ames - Mellora no peche do Pazo da Peregrina

O Concello de Ames reforza a protección do ben patrimonial do Pazo da Peregrina de Bertamiráns, acometendo obras de mellora no seu peche

Casa das Crechas - Matinee e foliada con David Salvado

Hoxe mércores ‘matinée’ na terraza con canto tradicional a cargo de Davide Salvado e coctelería

Barrio San Pedro - Continuan as festas con Arrolos de Salitre e ACadaCanto

Luxazo de música en San Pedro con Arrolos de Salitre para nenos e ACadaCanto para os maiores

Santiago - Prazo de inscrición para unha viaxe a costa Vasca

A Concellería de Centros Socioculturais abre a partir deste martes 25 de xuño, ás 17:00 horas, o prazo para participar na próxima viaxe organizada no marco do programa “Imos de excursión 2013”. Será a denominada “Costa vasca”, que se desenvolverá os días 11,12,13 e 14 de xullo de 2013.

Asociación Solfa - Actividades da Semana Cultural da asociación

A asociación cultural e musical Solfa comezou onte unha semana cultural chea de concertos, conferencias e teatro. Desenvolverase no Centro Sociocultural das Fontiñas de 19.00h. a 21.00h.
máis informción en

Esquerda Unida Santiago - Moción polo día do orgullo LGTBI

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela quere lembrar que o próximo 28 de xuño terá lugar a celebración do Orgullo LGTBI, que rememora os acontecementos ocorridos fai agora 45 anos no barrio neoiorquino de Stonewall como un referente histórico na loita de gais, lesbianas, bisexuais, transexuais e intersexuais polo recoñecemento dos seus dereitos e liberdades.

Axenda martes 25 xuño - Tráfico, tapas, deporte

Tráfico
Con motivo da reparación da calzada na rúa Canteira de Arriba, á altura da igrexa de San Lázaro, cortarase ao tráfico o tramo entre a igrexa e a rúa de San Lázaro durante 15 días a partir do mércores 26 de xuño.
O acceso á rúa Canteira de Arriba farase pola rúa Avelino Pousa Antelo ou pola rúas que van do campo de fútbol de San Lázaro a esta rúa que se corta, e a saída farase polo camiño que vai dende a igrexa á rúa Fernando Casas Novoa ou tamén polas rúas que van ao campo de fútbol.
------------
Con motivo dos traballos de mantemento dos pavimentos históricos da cidade, dende o luns 27 de maio e ata o 15 de xullo permanecerá cortada ao tráfico a rúa Algalia de Abaixo no tramo comprendido entre o cruce coa praza de Algalia de Abaixo e o cruce coa rúa das Ánimas.

Actividades
Santiago - Mofa e Befa con "Sempre o lonxe" no teatro Principal

Teo - I Concurso de tapas

Ordes . III Campus de Atletismo

Exposicións
Oroso - Exposición Perez alonso - camiño de Santiago da pintura
Santiago - MUPEGA - Luces de Alén M ar - As escolas de americanos en Galicia +INF
Santiago - "Detido o pe da lomba" de García Bello +INFO
Santiago - Auditorio de Galicia - 15 contos breves


Ames - O concello ofertará no próximo curso 4 novas actividades

O Concello de Ames ofertará catro novas actividades dentro do programa das escolas deportivas para o próximo curso

Camara de Comercio - Conenio con Energy Lab

A Cámara de Comercio de Santiago asinará  un convenio de colaboración co centro tecnolóxico EnergyLab

Santiago - Mofa e Befa pecha esta temporada e inaugura a próxima do ciclo Teatro&Danza

‘Sempre ao lonxe’ e ‘Románticos’, O teatro de Mofa e Befa no Teatro Principal
‘Sempre ao lonxe’ será martes 25 e mércores 26 e ‘Románticos’ xoves 27 e venres 28 de xuño ás 21.00h no Teatro Principal

Axenda luns 24 de xuño - Tapas, exposicións

Santiago
13.45 h Na escalinata da Praza do Obradoiro, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, recibe os membros da Asociación contra o Cancro de León, que rematan o Camiño de Santiago.

Oroso - O concello porá en marcha no vindeiro curso unha Escola de Pais

A iniciativa, que pretende que pais e nais compartan experiencias sobre a educación dos seus cativos, botará a andar o vindeiro curso escolar

Ames Novo - Remate da campaña Regalar primaveras o ensino público

Aproveitamos o remate do curso escolar para dar conta da magnífica recepción da campaña de Ames Novo Regalar primaveras ao ensino público entre toda a comunidade educativa de Ames

PP Ordes - A débeda bancaria do concello incrementouse nun 430%

O PP de Ordes vota en contra dos Orzamentos municipais para 2013 porque entre o documento e a realidade media un “abismo”

Ordes . Aprobado o orzamento para o presente ano

Ordes aproba uns orzamentos para o ano 2013 de 11.5 millóns de euros

Santiago - Peche de tempada no ciclo Blues Nite

Little Mike, en colaboración con Blues Galicia e Idea Rock, pecha a temporada do ciclo Blues Nite. A Sala Capitol acollerá este son de impecable blues xoves 27 ás 21.00h,

Brión - A asociación O Esquío no Piñeiro organiza unha pedalada nocturna gratuita

A distancia será de 30 kilometros e terá lugar o próximo sábado

Ames - VI Concurso de salto Val da Mahia

Centos de persoas asistiron no paseo fluvial de Bertamiráns ao VI Concurso de Saltos Val da Mahía, que contou coa colaboración do Concello de Ames

Silleda - O concello solicita axudas para o comercio de Silleda e Bandeira

O Concello de Silleda concorre á liña de axudas para mellora de eixes comerciais nos cascos urbanos de Silleda e A Bandeira

Axenda domingo 23 xuño - Tráfico, tapas, exposicións

Santiago

18.00 h Saída do pazo do Faramello, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, participa na primeira excursión organizada polo grupo Área Santiago. 

Ames - Comeza o proceso para agrupar os servizos de limpeza nos colexios

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ames vén de aprobar o inicio do proceso de contratación do servizo de limpeza en centros de educación infantil e primaria e nas escolas unitarias do municipio.

Esquerda Unida Santiago - renovación do consello comarcal

O consello comarcal de EU Compostela escolleu como novo coordinador comarcala de Esquerda Unida a Vicente Vázquez Freire

Teo - 200 cacharelas esta noite no concello

Dende o Departamento de Medio Ambiente lémbranse as precaucións que se deben ter en conta para evitar accidentes

Ames - Dobre quenda de traballo para o tractor municipal

O tractor municipal traballa entre os meses de xuño e outubro a dobre turno de mañá e tarde, tendo en conta as necesidades que presenta cada zona. No día de hoxe, estase acometendo a limpeza de cunetas e pistas asfaltadas que discorren entre Capeáns e O Lombao, na zona de Covas. Os traballos neste ano están resultando especialmente dificultosos debido á situación meteorolóxica que se rexistrou nos últimos meses.

Ordes - Arranxo do pavimento da rúa Recreo

O Concello de Ordes procede co arranxo do pavimento da estrada que transcorre pola rúa O Recreo 

BNG Santiago - iniciativa para mellorar a mobilidade na Pontepedriña

A concelleira do BNG de Santiago Elvira Cienfuegos presentou en rolda de prensa unha iniciativa que defenderá no vindeiro Pleno sobre mobilidade no SUNP-7, en Pontepedriña, en concreto nas rúas José Antonio Souto Paz, Alejandro Pérez Lugín, Josefa García Segret e Manuel Vázquez Cacharrón.

Santiago - Desde setembro se celebrarán as Xornadas de Música Contemporánea

No ano 2012 renacen en Santiago de Compostela as Xornadas de Música Contemporánea co obxectivo de fomentar e difundir as últimas tendencias e a innovación da música contemporánea.