Axenda sábado 1 de xuño - Exposicións, Festas, Teatro

Santiago
11.00 h No antigo colexio do Castiñeiriño, V xornada de Percusión Afrobrasileira, Bate Batuke. Todo o día, diversas actividades (Escola Prucupá, Mago Charlangas, Cantigas e Agarimos etc).

Oroso - Pleno de Maio

O pleno municipal de Oroso aprobou na noite de onte darlle o nome de “Centro Cívico” ao inmoble do antigo centro de saúde de Sigüeiro. Un inmoble situado a carón da Casa do Concello e que na actualidade alberga as dependencias da Aula de Música de Oroso, pero que tamén acollerá a sé da Policía Local e unhas aulas destinadas á mocidade orosá

Silleda - O anterior concelleiro de turismo mandou presentar unha factura falsa o concello

No pleno ordinario celebrado o pasado xoves, na dación de conta de Decretos, a alcaldesa explicou, a preguntas do representante do PSOE, o decreto polo que se devolve a factura, de 1.299 euros á Asociación Feiral Semana Verde

Ames Novo - Aprobada a moción de Ames Novo pola profesionalización da extinción de incendios

O Pleno de Ames do 30 de maio ven de aprobar unha moción de Ames Novo para que o Concello non financie as “cuadrillas” municipais anti-incendios, ao entender que non son competencia súa, e sobre todo para garantir profesionalidade, medios adecuados e coordinación efectiva.

PSOE Ordes . O pleno aproba a moción socialista sobre os novos nichos do camposanto municipal

Xesús Pedreira critica que a Xunta non investira nin un euro en Ordes do recadado co canon da auga

BNG Santiago - O BNG pide un pleno extraordinario sobre as preferentes

“O PP debe posicionarse: ou está a favor da devolución dos cartos estafados a ou a favor da quita, do roubo e da expropiación”

Ames - resumo Pleno de Maio

O pleno do Concello de Ames aproba por unanimidade a ordenanza de emerxencia social e a decisión de non prorrogar o contrato de abastecemento e saneamento para o inicio da nova licitación

Ordes . Toma de posesión de Ramiro Recouso e Pablo Vidal como concelleiros

O pleno do Concello de Ordes comenzou a súa sesión ordinaria correspondente ao mes de maio coa toma de posesión de Ramiro Recouso e Pablo Vidal como novos concelleiros por parte do BNG. Ambos prometeron 'por imperativo legal' exercer fielmente o seu novo cargo con lealtade ao rei e á Constitución

Esquerda Unida Santiago - Valoración Pleno Maio

Unha vez máis o representante do Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela, Vicente Vázquez, tivo problemas para exercer o seu dereito de asistencia ao Pleno para valorar o que alí se faga ou diga

PSOE Teo - Pleno de Maio

O Pleno ordinario do mes de maio en Teo estivo marcado polo debate de seis propostas dos partidos da oposición, xa que o grupo de goberno de Martiño Noriega non tivo a ben presentar ningunha iniciativa.

Axenda venres 31 maio - Exposicións, tráfico, concertos, monólogos, festas

Santiago
11.00 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Relacións co Medio Rural, Francisco Noya, e do concelleiro Luis Meijide, sobre asuntos de carácter local. 

BNG Santiago - o BNG esixe no pleno a dimisión dos concelleiros imputados

“De non dimitir, seguiremos demandando a disolución desta Corporación e a convocatoria de eleccións anticipadas para devolverlle a palabra á veciñanza” 

PSOE Ames - Francisco Villaverde sustituirá a Patricia Conde no concello

Villaverde asume o cargo co “ánimo necesario para traballar e defender os intereses dos veciños e veciñas de Ames, sendo consciente de que este é un momento moi difícil pola situación económica e política que estamos a vivir”

Santiago - Albert Pla en concerto no teatro Principal

“Manifestación” é un espectáculo baseado nunha idea orixinal de Albert Pla, que xira arredor da historia dun home atrapado nunha manifestiacón eterna.

BNG A Estrada - O BNG leva ao Parlamento Galego o vertedoiro de San Xiao de Vea

O concello pasa olimpicamente dun vertedoiro ilegal onde hai máis de vinte e cinco coches, un camión, unha furgoneta, latas e recipientes de líquidos inflamábeis, metais e ferros de todo tipo amoreados a escasos vinte metros do río Vea e ao pé da Ruta do Salmón de bicicleta de montaña

Ordes - Máis de 200 cabalos participarán na III Xuntanza de Ardemil

Música, festa, encontros culinarios, agasallos sorpresa, cursos e competicións de distinto tipo completan o cartel deste ano

Silleda - Programas de microcréditos para mozos emprendedores

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) ofrece información sobre o plan de microcréditos promovido polo Instituto Nacional de Juventud (Injuve), a Dirección Xeral de Xuventude e a entidade Microbank, o banco social da entidade 'La Caixa', para financiar proxectos empresariais de mozos e mozas emprendedores

Teo - Solicitudes cacharelas San Xoan

Dende o Departamento de Medio Ambiente prevén unha cifra alta de solicitudes xa que o 23 de xuño é domingo e véspera de festivo
As solicitudes deben entregarse no Rexistro Xeral do Concello ata o 21 de xuño

Ames Firma de convenio coa Deputación para melloras nos campos de fútbol

O rexedor amiense subliñou “a importancia deste investimento, comprometido polo presidente da Deputación, é un símbolo do compromiso de Ames co deporte local e cos clubs deportivos”. O alcalde de Ames agradeceu “o compromiso da Deputación con Ames, unha aposta que permitiu levar a cabo nos últimos meses obras moi demandadas no noso municipio, como a mellora da Travesía do Porto, a pavimentación en Lapido ou a ampliación do abastecemento a Barouta”.

Oroso . máis de 300 rapaces clausurán hoxe as Escolas Deportivas do municipio

Máis de trescentos rapaces e rapazas de Oroso participarán hoxe venres 31 de maio nas exhibicións de clausura das escolas deportivas municipais, que terán lugar no centro deportivo Juanito Amigo de Sigüeiro entre as 17:30 e as 19:30 horas. A entrada é totalmente libre e de balde.

BNG Santiago - Recollida de sinaturas contra o adianto e a suba do IBE

O BNG inicia unha campaña informativa e de recollida de sinaturas contra a suba e o adianto do cobro do IBI Instalará unha mesa informativa este sábado na praza de abastos

Axenda xoves 30 maio - tráfico, exposicións, concertos,

Santiago
10.00 h En Área Central, a concelleira de Economía, Reyes Leis, asiste á apertura da III Edición de Getting Contacts. Tralo acto de apertura (10.30 h) haberá declaracións aos medios por parte da concelleira Reyes Leis, a secretaria xeral da Federación galega de xoves empresarios, Carmen López, e do xerente de Área Central, Juan Carlos Losada.

Oroso . o alcalde califica de chapuza o repintado da N-550

O alcalde orosán asegura que “parece mentira que unha das arterias principais de Galicia se atope nun estado tan lamentable”

PSOE Ames - Renuncia a acta de concelleira de Patricia Conde

O pleno de hoxeXoves tomará constancia da renuncia á acta de concelleira en Ames de Patricia Conde

Ames / Brión - Comisión de estudo de proxectos comúns de ambos municipios

O alcalde de Ames, Santiago Amor, subliñou que este encontro “supón un paso máis na colaboración entre os concellos de Ames e Brión, nunha aposta por seguir colaborando e traballando conxuntamente pensando nos cidadáns”.

Esquerda Unida Santiago - Moción sobre a Roche Forte

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela considera positivo o comezo da posta en valor do xacemento do Castelo de Rocha Forte, posto que a defensa do patrimonio galego é unha loita que o Partido popular está a deixar de lado.

PSOE Teo - Moción para a modificación das ordeanzas fiscáis do concello

Uxía Lemus defenderá unha moción para modificar as ordenanzas fiscais do Concello de Teo a fin de permitir o fraccionamento voluntario no pagamento das obrigas tributarias, como por exemplo do IBI ou da taxa pro servizos de hixiene urbana

BNG Padrón - Acto de homenaxe a Rosalía de Castro o sábado, na praza de Macias as 12 do mediodia

O BNG quere facer pública invitación ao acto que celebrará o sábado 1 de xuño, as 12 hora, na Praza de Macías de Padrón, en homenaxe a Rosalía de Castro no 150 aniversario da publicación de cantares Gallegos..

BNG Santiago - Proposta de creación dun programa para combater a pobreza

O Bloque Nacionalista Galego levará ao Pleno ordinario de maio sete iniciativas, destinadas á creación dun programa para loitar contra a pobreza e a exclusión social, rogos para mellorar a limpeza da cidade, para buscarlle unha solución á veciñanza do Banco do Pobre e para adoptar medidas de seguridade viaria na Pontepedriña, co obxectivo de construír unha pasarela sobre o Sar e recuperar o camiño das Brañas, ademais das mocións contra as reformas da Lei do aborto e do ensino e outra para garantir a asistencia a inmigrantes

PP Ordes - Presentación das irregularidades na tramitación do tanatorio detectadas polo Tribunal de Contas

Martínez Sanjurjo, portavoz do PP, esixe ao alcalde que explique por qué non se supervisou o proxecto, porqué se adxudicou o contrato antes da aprobación do expediente, por qué non se esixiu a execución inmediata e por qué non se reclamou a contratación de parados de Ordes.

Silleda - Declarase deserto o concurso para atopar un motivo institucional

Ningún dos 4 traballos presentados cumpría cos requisitos das bases, que serán modificadas para unha nova convocatoria

Santiago - a exposición "15 contos breves" no Auditorio de Galicia ata setembro

O proxecto xira en torno a relación e experiencia que 15 persoas con discapacidade tiveron con pezas contemporáneas de autores relevantes da arte galega.

Axenda mércores 29 - exposicións, tráfico, concertos, teatro

Santiago
11.00 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais e Festas, Francisco Noya, sobre asuntos da súa área. 

Fundación Granell - Inauguración de unha mostra do canadiense Gregg Simpson

Mañá 20:00 horas na Fundación Eugenio Granell inaugurarase unha nova exposición con obras do internacionalmente recoñecido artista canadense Gregg Simpson, que contará coa presenza do artista. A exposición poderá visitarse até o 15 de setembro

Ames - Aprobado o II PLan de igualdade entre homes e mulleres

No II Plan para a Igualdade entre homes e mulleres do Concello de Ames (2013-2015) realízase unha importante aposta pola transversalidade e pola integración da perspectiva de xénero en todas as áreas de traballo institucional

PSOE Ordes - Demanda de mantemento das pistas da parcelaria

O PSOE de Ordes pediralle ao Concello que cumpra coa Ordenanza sobre Plantacións e Repoboacións Forestais para garantir a conservación da rede viaria municipal. “Vendo o deterioro das pistas de concentración parcelaria, sobro todo no inverno, é necesario que o Concello tome medidas para preservalas e obrigue aos madeiristas a ingresar na Tesourería municipal unha fianza para a retirada da madeira”, apunta o voceiro municipal socialista, Xesús Pedreira

Silleda - Un xurado na busqueda dun motivo institucional para o concello

A sala de xuntas do Concello de Silleda acolle ás 19.45 horas a reunión do xurado do concurso para elixir o motivo institucional do Concello de Silleda.

Ames -Obradoiro sobre o manexo do estrés e a ansiedade


Esta actividade, que se desenvolverá entre as 17:00 h e as 20:00 horas na Casa da Cultura do Milladoiro, realízase en colaboración coa Escola Galega de Saúde para os Cidadáns.
O obradoiro será impartido por Lorel Scott, doutora en Comunicación pola Universidade de Texas, Austin

BNG Santiago - demanda de mellora da limpeza da cidade

“A imaxe dunha cidade, máis alá da súa monumentalidade, tamén é a da súa calidade de hixiene, de ornato e de limpeza”

Santiago - Primeiro campeonato de Improvisación Teatral Galego en Teatro&Danza



Catch de improvisación na Zona C e no Teatro Principal
Improfighter! Semifinal 1 e 2 e Finalísima
Sábado 1 de xuño ás 21.00h Semifinal 1 na Zona C
Sábado 8 de xuño ás 21.00h Semifinal 2 na Zona C
Sábado 15 de xuño ás 21.00 Finalísima ImproChampions League no Teatro Principal 

Santiago - Xornadas de música contemporánea

O luns 3 de xuño ás 12.00h no Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC, presentaranse as Xornadas de Música Contemporánea

Silleda - Fallados os concursos de microrelatos e microcurtas

Gala Sánchez García e Ana Colmeiro Corral son as gañanadoras nas dúas categorías do certame escrito, mentres que Nuno Pérez Fernández e Juan Luis Fontao Gestoso gañador no audiovisual

Axenda martes 28 - exposicións, manifestacións, transfusión de sangue, tráfico

Santiago
10.00 h A concelleira de Educación, María Castelao, visita, xunto co delegado territorial da Consellería de Educación, Indalecio Cabana, o Colexio de Educación Especial Manuel López Navalón (Lugar das Casas do Rego, nº 20). 

CxG Compostela - presentación do libro "Madrid es una isla" de Xoan Bascuas e Manuel González

Compromiso por Galicia celebrará hoxe martes día 28 ás 19 horas na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela, unha conferencia baixo o título "Todo para Madrid. Os custes económicos do centralismo", no que se presentará o libro de Óscar Pazos Madrid es una isla.

Plataforma Preferentes - Debate da proposición de Lei do BNG para anular a quita das preferentes

Hoxe debatirase, tanto no Congreso dos Deputados como no Parlamento Galego, a toma en consideración dunha Proposición de Lei do BNG de modificación da Lei 9/2012 de reestruturación e resolución das entidades de crédito, co obxecto de deixar sen efecto a quita que se impón aos afectados pola subscripción de participacións preferentes e subordinadas, asegurar o reintegro do 100% dos aforros e ordear ao FROB a revisión de oficio dos acordos adoptados para adaptarse a estas novas disposicións.No Parlamento Galego o debate e votación terá lugar en horario de mañá e no Congreso dos Deputados pola tarde.

Ames - comeza o programa Rede Xiana 2 de preparación de competencias clave

O programa Rede Xiana2, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, recolle cinco grandes liñas de formación específica a nivel provincial como son as enerxías renovables, a industria e maquinaria, as actividades da agricultura, o transporte e loxística e a atención á dependencia

Teo - máis de 1000 abonados na piscina municipal

Máis de 500 persoas están anotadas en cursiños durante os meses de maio e xuño
O 15 de xuño abrirán, como cada tempada, as piscinas descubertas de Luou e Os Tilos

Esquerda Unida Santiago - Día Internacional de acción pola saude das mulleres

No 28 de Maio, día Internacional de Acción pola saúde das mulleres, a Área de Mulleres de Esquerda Unida Compostela únese ás reivindicacións da Rede mundial de mulleres polos dereitos reprodutivos, recordando que millóns de mulleres no mundo non teñen acceso a servizos de saúde reprodutiva o cal supón unha violación sistemática dos dereitos humanos

Esquerda Unida Santiago - Petición de arranxo das beirarrúas de Quiroga Palacios

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela considera necesario e urxente que o Concello leve a cabo un plan de actuacións para solucionar as deficiencias existentes nas beirarrúas da cidade.

Santiago - no ciclo Teatro & Danza o "Viaxe a ningunha parte" e "El amor de Eloy"

‘Viaxe a ningunha parte’, mércores 29 e xoves 30 maio ás 21.00 h de Sarabela Teatro, adaptación dunha obra de Fernando Fernán Gómez.
‘El Amor de Eloy’, domingo 2 de xuño ás 21.00h con dramaturxia de Ernesto Caballero

Ames - reunión cos veciños de A Grela en Biduido

O alcalde de Ames, Santiago Amor, acompañado do concelleiro de Vías e Obras, Alfredo Taboada, e do edil de Promoción Económica, Bernardo Moar, visitaron esta semana o lugar da Agrela, na parroquia de Biduído, para coñecer de primeira man as necesidades dos veciños e veciñas desta zona

Brión - a viaxe dos maiores terá lugar o 14 de xuño

O prazo de inscrición estará aberto ata o 14 de xuño

Axenda luns 27 - exposicións, debates, teatro

Santiago
11.00 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, xunto co secretario xeral de Política Lingüística, Valentía García, e o reponsable da empresa Claqueta Coqueta, Rubén Riós, para presentar a actividade “Espello deportivo”. 

Teo - presentación do documental "Apash, los de fuera" de Cora Peña

Esta película documental de case 90 minutos conta a situación actual do pobo jíbaro e a súa loita na Amazonía peruana contra as consecuencias da globalización

Melide - inversión de máis de 50.000 euros en rebacheos

O Concello de Melide ven de precisar un plan especial de mellora de vías e rúas tanto no casco urbano como nas parroquias

BNG Negreira - o goberno de Negreira vive por enriba das suas posibilidades

Convidaron a 700 persoas a un xantar con fins electoralistas, despois de pedir un crédito de 1 millón de euros 

Ames - O concello conmemora o Día Nacional do Celíaco cun xantar no comedor do CEIP A Maía

 Como todos os anos desde 2005, o Concello de Ames conmemorará o Día Nacional do Celíaco cun xantar no comedor dun dos centros educativos do municipio. Neste 2013 a cita será o vindeiro luns, 27 de maio, no CEIP A Maía.

BNG Santiago - moción contra a reforma da lei do aborto

Co cambio desta norma que pretende o Goberno do PP aplicarase un retroceso de décadas que vulnera dereitos das mulleres de saúde sexual e reprodutiva

Axenda domingo 26 maio - exposicións, concertos,

Santiago
A partir das 9.00 h No pavillón de Vite, V Campionato de España de Hockey a patíns feminino sub-16. 

Plataforma Preferentes - acto diante da casa do presidente da Xunta

Achegamos o manifesto que se leu este medio día, diante da casa do Presidente da Xunta de Galiza, co motivo da manifestación organizada pola plataforma de afectados polas preferentes de Compostela e Comarca

Silleda - o concello pecha a liquidación do 2012 con todas as facturas pagadas

No pleno do vindeiro xoves darase conta deste resultado histórico no Concello de Silleda
Como xa avanzara no último pleno, a alcaldesa destaca “que un ano máis demostramos que é posible realizar unha boa xestión económica, encamiñando a maraña contable deste Concello”

Esquerda Unida Santiago - xuntanza con COGAMI

Os representantes do Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela, Xenxo Redondo e Vicente Vázquez, proseguindo co programa de reunións co tecido asociativo da cidade mantiveron unha xuntanza con representantes de COGAMI

Ames - este luns ábrese o prazo de renovación das escolas deportivas municipáis

O período para renovar praza, para as persoas xa inscritas no pasado curso, estará aberto entre os días 27 e 31 de maio. A renovación da praza pódese facer por vía telemática, nun banner que a partir do luns estará colocado na web municipal, ou de xeito presencial na oficina de Cultura e Deportes de Bertamiráns, situada no Pazo da Peregrina, e na Casa da Cultura do Milladoiro.

Silleda - a Semana Verde acollerá o 15 de xuño o Día de Silleda

O Salón de Alimentación do Atlántico (Salimat), dentro do certame Semana Verde acollerá o sábado día 15 de xuño unha xornada adicada a Silleda. O municipio será protagonista un ano máis , no stand de Depodeza, coa promoción da súa gastronomía, paisaxes e música e baile tradicional

Ordes - seminario sobre cooperativismo en inserción laboral

Terá lugar a vindeira semana e será totalmente de balde. Será impartido por UGACOTA dentro do seu programa Coopera

Teo - convocatoría de segunda bolsas de axudas o ensino para este curso

No BOP de hoxe tamén saen as convocatorias de subvencións a asociacións e entidades municipais ó que se destinan máis de 50.000 euros para gastos realizados no 2012

Ames - reunión con xefe territorial da consellería de educación

Ao encontro tamén asistiu o concelleiro de Educación, Bernardo Moar, que despois acompañou ao xefe territorial nunha visita por varios centros educativos de Ames